3. O centeo é unha
planta herbácea
gramínea que pode
acadar 1,60 m de
altura.
Ten unha fácil
nascencia e resiste os
climas fríos mellor que
os outros cereais.
8. espiga e grans de centeo
FROITOS (GRANS)
De tipo cariópside, cunha
única semente soldada ao
froito.
9. O centeo é un cereal que se cultiva desde finais do
paleolítico.
Os indicios máis antigos son de Abu Hureyra, ao norte
de Siria, no val do Éufrates.
10. O centeo está moi ben adaptado aos solos ácidos e de pouca
fertilidade e ao clima rigoroso do interior de Galiza. Noutros tempos
foi o cereal máis cultivado (o pan) e a base fundamental da
alimentación en moitas zonas rurais, en especial da montaña.
Hoxe en día este cultivo está practicamente abandonado. Cultívase
sobre todo nas montañas de Lugo e Ourense, a maior parte para
forraxe.
campo de centeo na Mezquita
12. Seméntase no outono (grandal) e recóllese de xuño a
agosto. Tamén se pode sementar na primavera (serodio)
se o mal tempo non o permite no outono.
CULTIVO
13. A sementeira
Tradicionalmente cultivábase de
varias maneiras:
-Anovando o monte facendo rozas,
estivadas ou cavadas.
As "searas" ou "senras" de centro
cultivadas polo sistema de rozas
aproveitaban un ano a fertilidade natural
do monte e cun lixeiro estercado
podíanse sementar outro ano máis, Logo
deixábanse outra vez a monte.
-En barbeito cultivando a terra un
ano si e outro non.
-En rotación con outros cultivos,
alternándoo xeralmente con patacas.
Cando a planta acada unha certa
altura pódese aproveitar como
forraxe dándolle un corte ou
pacéndoo co gando, A este alimento
para o gando chámaselle "ferraña",
Na primavera volve agromar e
déixase ata a sega.
14. ARADOS: Empréganse para labrar a terra arrastrados por máquinas
ou animais.
Cambela: é un arado tradicional galego moi
primitivo. Está feito aproveitado a camba
natural dunha árbore á que se lle engadía unha
rella de ferro. Usábase nas montañas do
Cebreiro, Ancares e O Courel
.
Arado romano: é o arado tradicional máis
común. Usouse desde a prehistoria ata a
actualidade. Está construído en madeira agás
a rella ou ferro que cobre o dente.
Museo da Fonsagrada
15. A seitura
Ten lugar cando o froito está maduro desde finais de xuño ata agosto,
segundo as zonas.
Faise utilizando fouciños, gadañas ou máquinas segadoras.
Tradicionalmente a seitura facíase á man, cortando e xuntando as plantas en
gavelas que se ataban en feixes ou mollos. Os mollos poñíanse de pé
apoiados uns nos outros formando medeiros para que secasen, logo
fórmábanse as medas, onde se amoreaban os mollos colocándoos en víos
horizontais e cos grans cara adentro.
Actualmente só se fai a seitura á man en parcelas pequenas. Nas grandes
utilízanse máquinas.
17. GADAÑA
Formada por unha lámina
de ferro triangular e
curvada, afiada pola parte
cóncava, é un mango
perpendicular para
manexala. Úsase para
segar herba e cereais.
FOUCE, FOUCIÑO ou
FOUCIÑA
Formado por unha folla de ferro en
forma de media lúa, afiada pola
parte cóncava, cun mango para
suxeitala. Úsase para cortar herba,
cereais...
18. A malla
É o labor que se realiza para separar o grao da palla. Pódese realizar de varias
formas:
-Golpeando directamente as espigas dos mollos contra un obxecto (pedra,
táboa...).
-Lavadoiro: golpéanse as espigas cun pau sobre unha pedra ou unha táboa
inclinada. Deste xeito só se mallan cantidades pequenas.
-Con mallo: labor que se facía colectivamente na eira propia ou nunha eira
común por turnos. Faise con tempo soleado para que o centeo estea ben
seco e quente e salte ben o gran.
19. Os malladores postos en dúas ringleiras, unha fronte da outra, van mallando
alternativamente, cando os dunha ringleira baten co mallo, os da outra téñeno
levantado. Comezan mallando de vagar (desbicar ou decruar) e logo baten
más forte facendo resoar o golpe (bourear). Vanse desprazando por todas as
fileiras de mollos ata que rematan.
20. Rematada a malla vanse collendo os feixes de palla, sacúdense e átanse con
vincallos, facendo colmeiros que se levan para o palleiro. Logo várrese
superficialmente para eliminar os coaños (pallas miúdas, espigas...) e xúntase
o grao coa axuda de rodos.
21. Malla mecánica
Faise con máquinas malladoras que separan a palla do gran. É un
traballo que se pode facer na mesma leira onde están as medas ou na
eira da casa. Tamén é costume xuntarse os veciños para axudar.
As malladoras adoitan ser dun particular que as aluga a cada casa
cobrando segundo o tempo de traballo.
22. MALLO
Formado por dous paus,
un longo (mangueira) e
outro máis curto (pírtigo
ou malladoiro)
articulados entre sí por
medio dunhas pezas de
coiro, corno ou ferro.
Úsase para mallar ou
debullar os cereais.
23. GALLAS, GALLETAS,
FORCADAS,
FORQUILLAS.
Instrumentos de formas
diversas con varios dentes
longos e finos dispostos,
unhas veces alineados, e
outras en planos diferentes.
Úsanse para cargar e remexer
herba, palla...
forquilla galla galleta
PA DE AVENTAR
Formadas por unha peza
de madeira rectangular
cun mango. Úsábanse
para aventar os cereais.
PANDEIRO,
PENEIRA, CRIBO
Recipientes cilíndricos
formados por un marco
de madeira e un fondo de
coiro ou rede metálica.
Úsanse para aventar os
cereais.
24. O centeo podíase gardar como estaba
ou limpar de palla (quitándolle as
abixardas). Para iso érguese ou
avéntase nun sitio no que haxa vento
para que se separen os anacos de
palla, as arganas e o po do gran.
Facíase cun pandeiro ou un cribo
deixándoo caír desde o alto para que
o vento leve as abixardas.
Máis recentemente este labor
realizábase cunhas máquinas
aventadoras.
Logo xuntábase o gran, recollíase,
medíase cun ferrado e gardábase en
sacos, nunha tulla ou nunha hucha.
As tullas son recipientes de
madeira nos que tradicionalmente
se almacenaba o gran.
Tulla feita cun toro oco
de castiñeiro.
(Museo Liste, Oseira)
25. USOS DO CENTEO
A fariña úsase para facer pan, soa ou mesturada con fariña
de trigo ou de millo (mistura ou mistilla).
A fariña de centeo é máis escura que a de trigo e contén
menos glute, o que fai o pan máis escuro e máis compacto.
O pan de centeo consérvase moi ben.
26. O centeo forma parte de numerosos alimentos a base
de cereais: pastas, galletas, copos...
En Rusia o centeo utilízase para elaborar unha cervexa.
É un dos cereais que se empregan na elaboración do
whisky.
27. O gran e a palla úsanse para alimentación do gando.
Coa palla longa e flexible (colmo) fanse cubertas para
alboios e pallozas, sombreiros, cestos, cordas...
28. O CORNELLO DO CENTEO,
caruncho, cornizo, dentón, grao
de corvo, dente de can
(Claviceps purpurea) é un fungo
ascomicete que ataca o centeo
instalándose no ovario da flor.
Contén varias substancias
tóxicas e foi moi utilizado en
medicina popular.
29. MUÍÑOS
Son distintos tipos de
aparellos que se
empregan para moer o
gran e facer fariña.
Coñécense desde
tempos moi antigos.
Funcionan con enerxía
muscular, hidráulica,
eólica, das mareas,
eléctrica...
34. REFRÁNS
-O que sementa sen semente sega sen fouciña.
-Por San Xoan bótalle a fouciña ao pan, e en Santa Mariña da meda fai fariña.
-En abril espigas mil, en maio todo espigado.
-Polo San Simón tapa o portelo da sazón (gran sementado do seu tempo), o da resteva non.
-Polo San Clemente bota a túa semente.
-No agosto a fariña e no setembro a fouciña.
-Por Santa Mariña deixa o sacho e colle a fouciña.
-A auga por San Xoán tolle o viño e non da pan.
-Polo San Xoán seca a raíz do pan.
TRADICIÓN ORAL
35. Festa da malla en Allariz
Existen moitos costumes e tradicións relacionados
coa malla nos diferentes puntos de Galiza.
Actualmente xa non se fai, pero nalgúns lugares
celébranse festas etnográficas que reproducen a
tradición (AlIariz, Xunqueirade Ambía, Vilalba,
Noceda do Caurel...)
36. MONTAXE: Adela Leiro
TEXTOS: Adela Leiro, Manuel Núñez
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet
DEBUXOS: Mon Daporta
Decembro 2014