SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 62
Baixar para ler offline
ALEGACIÓNS
     DA SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL
        Ó Proxecto sectorial da Plataforma
       Loxística, Empresarial e Portuaria de
               Ferrol e o seu informe
          de sustentabilidade ambiental,
             DOG nº 19, de 28 de xaneiro de 2009.

   Calquera utilización que se faga deste texto
          deberá citar a procedencia.

Juan Ignacio Díaz da Silva, Delegado da Sociedade Ga-
lega de Historia Natural de Ferrol, con enderezo, para
os efectos de notificación, no Apartado de Correos nº 356,
CP 15480, actuando en representación da citada asocia-
ción, comparece e como mellor proceda en dereito,
EXPÓN:

1.Que por medio do presente escrito a SGHN - Ferrol for-
mula alegacións ao Proxecto sectorial da plataforma
loxística, empresarial e portuaria de Ferrol e ao seu informe
de sustentabilidade ambiental, DOG nº 19, de 28 de
xaneiro de 2009, co obxecto de que se modifique nos seus
actuais termos para axustalo segundo criterios de
sustentabilidade ambiental, económica e social .

2. A construción desta Plataforma loxística, empresarial e
portuaria suporía unha ameaza para a viabilidade do
ecosistema do Río Sardiña, último curso fluvial en bo
estado de conservación que, dentro do Concello de Ferrol,
verte na Ría. Neste senso, a Lei 9/2001, de conservación
da natureza, indica no artigo 2, a necesidade de conservar:
“la biodiversidad a través del mantenimiento de los proce-
sos ecológicos esenciales, garantizando la conexión de las
poblaciones de fauna y flora silvestres y preservando la
diversidad genética.
La prevención y planificación para impedir el deterioro am-
biental. Las políticas sectoriales integrarán las conside-
raciones medioambientales en su planificación y pondrán
en marcha los mecanismos necesarios para evitar los
daños al medio ambiente”.

A existencia, na súa desembocadura, dun espazo natural
protexido de interese ambiental (humidal recollido no
Inventario de Humidais de Galicia coa denominación “Río
Sardiñeira”, Código IHG 1110187, superficie 5,41ha e
cadrícula UTM X fuso 29T(m) 561575), o Inventario de
Humidais de Galicia forma parte do Plano Estratéxico
español para a conservación e uso sostíbel dos humidais;
o feito de que o río actúe como parte dun corredor ecoló-
xico, conectando a través da rede hidrográfica os ecosis-
temas costeiros de mar aberto cos ecosistemas de ría, fan
que se tome en consideración a lexislación vixente no que
atinxe á ordenación do territorio e á conservación da natu-
reza, toda vez que a alternativa elixida para elaborar o
proxecto que se presenta produciría graves perturbacións
ao espazo natural protexido (perda de caudal, contami-
nación das augas, efecto barreira, etc.)

O feito de carecer dos instrumentos básicos de ordenación
do territorio impide analizar con claridade á hora da toma
de decisións tan transcendentais como, neste caso, deter-
minar a ubicación dunha plataforma loxística. A este res-
pecto, a Lei 9/2001, no artigo 4, sinala como obxectivos
dos planos de ordenación dos recursos naturais:
a) Definir y señalar el estado de conservación de los recur-
   sos naturales y ecosistemas dentro de su ámbito.
b) Establecer la regulación que, en su caso, proceda apli-
   car en las distintas áreas del espacio.
c) Fijar el marco para la ordenación de los espacios natu-
   rales protegidos incluidos en su ámbito.
f) Formular los criterios orientadores de las políticas sec-
   toriales y ordenadoras de las actividades económicas y
   sociales, públicas y privadas, para que sean compatibles
   con los objetivos de los planes de ordenación de los
   recursos naturales.

Artículo 6.Efectos.
2. Los planes de ordenación de los recursos naturales
   serán obligatorios y ejecutivos en todo lo que afecte a la
conservación, protección o mejora de la flora, la fauna, la
  gea, los ecosistemas, el paisaje y los recursos naturales.
3. Los planes de ordenación de los recursos naturales a
  que se refiere la presente ley prevalecerán sobre
  cualesquiera otros instrumentos de ordenación territorial
  o física, constituyendo sus disposiciones un límite para
  éstos, cuyas determinaciones no podrán alterar o
  modificar aquéllas y se aplicarán, en todo caso,
  prevaleciendo sobre los instrumentos de ordenación
  preexistentes.
4. Las previsiones de los planes de ordenación de los re-
  cursos naturales tendrán carácter vinculante para cuales-
  quiera otras actuaciones, planes o programas sectoriales
  en todo lo relativo a las materias a que se refiere el apar-
  tado 2 del presente artículo y revestirán carácter indica-
  tivo en todo lo demás.
3. Este proxecto, de carácter supramunicipal, como tantos
outros da mesma entidade, e dentro do contexto da
Comunidade Autónoma de Galicia, non se pode realizar
sen ter en conta unha planificación a nivel global do
territorio galego, pero no caso que nos ocupa os danos
serían graves e de carácter irreversíbel, perdéndose no
Concello de Ferrol e na súa contorna un ecosistema de alto
interese, non valorado dabondo ata o momento presente.

Despois da lectura da Lei 10/1995, de Ordenación do
Territorio, a SGHN interpreta que, sen estar formuladas as
Directrices de Ordenación do Territorio, non se pode levar
adiante a aprobación de Planos Sectoriais e demais ins-
trumentos de ordenación territorial. Partindo de que é
preciso agardar a definitiva aprobación das directrices de
ordenación do territorio, ou cando menos o remate da
elaboración do avance das directrices, e tendo en conta,
non obstante, os criterios indicados no devandito avance
de directrices elaborado polo actual goberno en funcións,
consideramos que o proxecto obxecto destas alegacións
non cumpren os condicionantes mínimos esixibeis a unha
actuación destas características.
A este respecto, a Lei 10/1995, de ordenación do territorio,
sinala, no artigo 6:

Con la finalidad de establecer las pautas espaciales de
asentamiento de las actividades, de acuerdo con las po-
líticas sociales, económicas y culturales demandadas de la
Comunidad, corresponden a las directrices de ordenación
del territorio las siguientes funciones:
b) Construir un marco general de referencia para la for-
mulación de los restantes instrumentos de ordenación
territorial, así como de los planes de ordenación previstos
en la legislación urbanística, y para la formulación y eje-
cución de las distintas políticas sectoriales de la Comu-
nidad, al que habrán de acomodarse los planes, programas
y acciones con incidencia en el territorio que puedan desa-
rrollar las administraciones públicas de carácter autonó-
mico o local, a fin de garantizar una adecuada coordinación
y compatibilización de todas ellas.

4. A meirande parte dos terreos que se verán afectados
pola implantación da Plataforma Loxística no val de Mandiá
cualifícanse no PXOM de Ferrol como rústicos, con dife-
rentes categorías: de interese pasaxístico, de protección
agropecuaria, de protección forestal, de protección das
augas. O val de Mandiá considérase ademais un dos bens
naturais do concello polo seu sistema hidrográfico e o
interese paisaxístico do entorno. É preciso lembrar o que
ao respecto do solo rústico observa a Lei Lei 9/2002
ordenación urbanística e protección do medio rural de
Galicia:

Artigo 32º.-Categorías. No solo rústico distinguiranse as
seguintes categorías:
2. Solo rústico especialmente protexido, constituído polos
terreos que polos seus valores agrícolas, gandeiros, fores-
tais, ambientais, científicos, naturais, paisaxísticos, cultu-
rais, suxeitos a limitacións ou servidumes para a protec-
ción do dominio público ou doutra índole deban estar
sometidos a algún réxime especial de protección incom-
patible coa súa transformación, de acordo co disposto
neste apartado.
Dentro deste tipo de solo rústico especialmente protexido
  distinguiranse as seguintes categorías:

a) Solo rústico de protección agropecuaria, constituído
   polos terreos de alta productividade agrícola ou gan-
   deira, posta de manifesto pola existencia de explotacións
   que a avalen ou polas propias características ou poten-
   cialidade dos terreos ou das zonas onde se enclaven,
   así como polos que sexan obxecto de concentración
   parcelaria a partir da entrada en vigor desta lei ou o
   fosen nos dez anos anteriores a esta data, agás que
   deban ser merecedores doutra protección.
   Consideraranse tamén solo rústico de protección
   agropecuaria as áreas de cultivo libres de edificación de
   extensión maior de 10 hectáreas.
b) Solo rústico de protección forestal, constituído polos
   terreos destinados a explotacións forestais e os que sus-
   tenten masas arbóreas que deban ser protexidas por
   cumprir funcións ecolóxicas, productivas, paisaxísticas,
   recreativas ou de protección do solo, e igualmente por
   aqueles terreos de monte que, aínda cando non
   sustenten masas arbóreas, deban ser protexidos por
   cumpri-las ditas funcións e, en todo caso, polas áreas
   arbóreas formadas por especies autóctonas.

d) Solo rústico de protección das augas, constituído polos
   terreos, situados fóra dos núcleos rurais e do solo
   urbano, definidos na lexislación reguladora das augas
   continentais como leitos naturais, ribeiras e marxes das
   correntes continuas ou descontinuas de auga e como
   leito ou fondo das lagoas e encoros, terreos inundados e
zonas húmidas e a zona de servidume. Así mesmo,
  incluiranse nesta categoría as zonas de protección que
  para tal efecto delimiten os instrumentos de planeamento
  urbanístico e de ordenación do territorio que se esten-
  derán, como mínimo, á zona de policía definida pola
  lexislación de augas, agás que o plan xustifique suficien-
  temente a reducción. Igualmente terán a dita conside-
  ración os terreos situados fóra dos núcleos rurais e do
  solo urbano, con risco de inundación, e aqueles baixo os
  cales existan augas subterráneas que deban ser
  protexidas.

g) Solo rústico de protección de interese paisaxístico,
   constituído polos terreos lindantes coas estradas e
   demais vías públicas, exteriores ós núcleos rurais e ó
   solo urbano, que ofrezan vistas panorámicas do
territorio, do mar, do curso dos ríos ou dos vales, dos
  monumentos ou edificacións de singular valor, así como
  os accesos a fitos paisaxísticos significativos e os
  propios fitos.

Artigo 34º.-Usos en solo rústico.
1.c) Usos prohibidos: os incompatibles coa protección de
   cada categoría de solo ou que impliquen un risco
   relevante de deterioración dos valores protexidos.

Artigo 95º.-Modificación dos plans en solo rústico.
1. Prohíbese toda modificación do planeamento urbanístico
   que implique a conversión ou inclusión directa de solo
   rústico na clase de solo urbano.
2. Só será admisible o cambio de clasificación do solo
   rústico en urbanizable cando se xustifique de modo
fidedigno e manifesto a perda dos valores rurais,
tradicionais, paisaxísticos, etnográficos, culturais e, en
xeral, as razóns determinantes da súa inclusión no solo
rústico.

As características do val de Mandiá adáptanse totalmente
ao especificado na clasificación de solo rústico expresada
na devandita Lei. Polo tanto, non é posible cuestionar os
valores do contorno, expresados igualmente no Informe de
Sustentabilidade. Así pois, non se sustenta a observación,
á hora de analizar as diferentes alternativas, de que non
existen afeccións significativas sobre o medio. Moi pola
contra, e toda vez que se baralla unha alternativa con
menores afeccións, é imposible xustificar a declaración de
interese público para esta actuación.
O PXOM de Ferrol, adáptandose á lexislación en materia
de ordenación do territorio, fixa as bases para a protección
dos núcleos rurais e do solo rústico nestes termos:

Normas e ordenanzas reguladoras do solo rústico.
Art. 143. Concepto e clases.
3. A consideración de inadecuación para o desenvolve-
mento urbano dos terreos incluídos nesta clase de solo,
coas excepcións mencionadas, realízase en atención ó
modelo de asentamentos determinado polo Plan a partir do
estudio do medio rural, en función da capacidade definida
neste planeamento do solo susceptible de acoller desen-
volvementos urbanísticos dado o carácter prioritario do seu
desenvolvemento pola súa vinculación co modelo territorial
establecido no Plan Xeral e coa resolución de problemas
estructurais do mesmo.
Art. 147. Ordenanza 19 do solo rústico común
7. Nas áreas de solo rústico común incluídas en ámbitos de
Concentración Parcelaria estarase ás limitacións
establecidas na Lei 10/1985 do 14 de agosto en función da
súa potencialidade productiva agropecuaria. Nelas só se
autorizará a construcción de explotacións agrarias ou
casais nos termos establecidos no artigo 18 de dita Lei.

Art. 151. Ordenanza 20 de protección do monte e da
paisaxe forestal
En particular os sistemas vencellados ó bosque atlántico
estarán suxeitos á tutela definida pola Lei 4/1989 de 27 de
marzo de conservación das especies naturais e da flora e
fauna silvestre, coas determinacións establecidas no
Decreto 82/1989 de 11 de maio da Consellería de
Agricultura polo que se regula a figura de espacio natural
en réxime de protección xeral.
Quedan prohibida-las nivelacións do terreo que modifiquen
as características naturais do solo e alteren a paisaxe,
salvo nos casos excepcionais de actividades extractivas
coa condición previa de garantía que asegure a adecuación
final dos terreos explotados á paisaxe.
3. Prohíbense en xeral tódolos usos que supoñan edifica-
ción, coa excepción das instalacións vencelladas á Defen-
sa, construccións e instalacións vencelladas á execución,
entretemento e servicios das obras públicas, as relacio-
nadas coa gardería do monte e as instalacións propias da
explotación forestal ou pecuaria que garden relación coa
natureza da finca ...

5. Existe unha peculiar figura de protección para o solo de
Galiza: o núcleo rural. O deterioro destes núcleos, por
malas prácticas urbanísticas, así como o importante
número destes núcleos, fana particularmente necesaria en
Galiza, con respecto a outros territorios peninsulares. Con
ela preténdese protexer os núcleos rurais, potenciando os
seus valores culturais, naturais e paisaxísticos. Segundo o
Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol, na parroquia
de Mandiá existen sete núcleos rurais (Bustelo-Casas
Barrascosas, Confurco-Fontela, Cha de Mandiá, Fontá,
Rilo, Taboada e Vilela) situados no ámbito da proxectada
plataforma loxística, incumprindo polo tanto, a lexislación,
ao non observarse ningún dos criterios presentes no arti-
culado: non se respetan as distancias, agrédese o medio
circundante (paisaxe, función agraria, calidade biolóxica,
pureza das augas) características que fixeron posible a
cualificación de núcleo rural para estas concentracións
poboacionais.
A Lei 9/2002 ordenación urbanística e protección do medio
rural de Galicia, indica:

Artigo 13º.-Solo de núcleo rural.
1. Constitúen o solo de núcleo rural os terreos que serven
de soporte a un asentamento de poboación singularizado
en función das súas características morfolóxicas, tipoloxía
tradicional das edificacións, vinculación coa explotación
racional dos recursos naturais ou de circunstancias doutra
índole que manifesten a imbricación racional do núcleo co
medio físico onde se sitúa e que figuren diferenciados
administrativamente nos censos e padróns oficiais, así
como as áreas de expansión ou crecemento destes
asentamentos.
3. O planeamento delimitará o ámbito dos núcleos rurais
atendendo a proximidade das edificacións, os lazos de
relación e coherencia entre lugares dun mesmo asenta-
mento con topónimo diferenciado, a morfoloxía e tipoloxías
propias dos ditos asentamentos e da área xeográfica en
que se atopan (casal, lugar, aldea, rueiro ou outro), de
modo que o ámbito delimitado presente unha consolidación
pola edificación de, como mínimo, o 50 %, de acordo coa
ordenación proposta e trazando unha liña perimetral que
encerre as edificacións tradicionais do asentamento
seguindo o parcelario e as pegadas físicas existentes
(camiños, ríos, regatos, cómaros e outros) e, como máxi-
mo, a 50 metros das ditas edificacións tradicionais.
Igualmente delimitará a área de expansión dos ditos nú-
cleos, de acordo cos criterios de crecemento que o planea-
mento urbanístico prevexa. A dita área estará comprendida
polos terreos delimitados por unha liña poligonal paralela á
de circunscrición do núcleo existente e como máximo a 200
metros lineais dela sen que, en ningún caso, poida afectar
a solo rústico especialmente protexido.

Sección 3ª Núcleos rurais Subsección 1ª Dereitos e
deberes
Artigo 24º.-Réxime.
1. Os terreos que os plans xerais inclúan nas áreas
delimitadas como núcleos rurais de poboación serán
destinados ós usos relacionados coas actividades propias
do medio rural e coas necesidades da poboación residente
nos ditos núcleos.
Os propietarios desta clase de solo teñen dereito ó seu uso
e edificación nas condicións establecidas nesta sección.

Artigo 27º.-Usos permitidos nos núcleos rurais.
O uso característico das edificacións nos núcleos rurais
será o residencial. Así mesmo, poderanse permitir usos
comerciais, productivos, turísticos e tradicionais ligados á
vida rural, así como pequenos talleres, sempre que non se
altere a estructura morfolóxica do asentamento e o novo
uso contribúa a revitaliza-la vida rural e mellora-lo nivel de
vida dos seus moradores e que, en todo caso, resulten
compatibles co uso residencial.

Artigo 28º.-Actuacións prohibidas.
Dentro do núcleo rural non se permitirán:
c) Naves industriais de calquera tipo.
d) Aqueles movementos de terras que supoñan unha
agresión ó medio natural ou que varíen a morfoloxía da
paisaxe do lugar.
h) Aqueles usos que, xa sexa polo tamaño das
construccións, pola natureza dos procesos de producción,
polas actividades que se van desenvolver ou por outras
condicións, aínda cumprindo cos requisitos da lexislación
medioambiental, non sexan propios do asentamento rural.

6. Non hai posibilidade de paliar os efectos sobre o medio
(perda de valores paisaxísticos e naturais) a partir de
medidas correctoras, cando menos no que se refire ao
fondo do val, xa que a maior parte da superficie corres-
póndese con zonas asolagadas cunha porcentaxe alta de
asolagamento permanente, circunstancia que non queda
reflitida dabondo no Informe de Sustentabilidade Ambiental
do Proxecto.
Cómpre ter en conta, ademais, as parcelas, enumeradas
no Proxecto, con recheos recentes, a maior parte deles con
materiais procedentes das obras realizadas nas
inmediacións de Mandiá para a construción dos accesos ao
Porto Exterior. Trátase de recheos feitos sen as autoriza-
cións pertinentes e algunhas delas xa denunciadas no seu
momento por esta asociación. A obriga de restaurar o solo
ao estado anterior aos recheos, no caso de que as nosas
denuncias fosen atendidas, daría como resultado unha
superficie maior de zonas asolagadas.
A perda destes espazos conlevaría a desaparición de
biótopos imprescindibeis para as diferentes especies de
interese presentes na zona, moitas delas declaradas como
vulnerabeis pola Directiva Hábitats da Unión Europea,
sobre todo no que atinxe a anfibios, e, polo tanto, para as
aves e demais elementos da cadea trófica. Non é difícil
establecer a interrelación e influenza deste espazo sobre
os demais espazos de interese do contorno: franxa litoral,
montes que contornean a costa, Ría de Ferrol, etc.
Neste senso, a xa citada Lei 9/2001, establece:
Artículo 49.Catálogo gallego de especies amenazadas.
Las especies, subespecies o núcleos poblacionales que se
incluyan en el Catálogo gallego de especies amenazadas
habrán de ser catalogados en alguna de las siguientes
categorías:
a) En peligro de extinción, reservada para aquellas cuya
supervivencia es poco probable si los factores causantes
de su actual situación siguen actuando.
b) Sensibles a la alteración de su hábitat, referida a
aquéllas cuyo hábitat característico está particularmente
amenazado, en grave regresión, fraccionado o muy
limitado.
c) Vulnerables, destinada a aquellas que corren el peligro
de pasar a las categorías anteriores en un futuro inmediato
si los factores adversos que actúan sobre ellas non son
corregidos.
d) De interés especial, aquellas otras merecedoras de
catalogación y cuyo grado de amenaza sea
insuficientemente conocido.

Artículo 53.Régimen general de protección.
1. Queda prohibido dar muerte, dañar, molestar o inquietar
intencionadamente a las especies animales objeto de la
presente ley, con especial atención a las especies
autóctonas, así como capturarlas vivas y recoger sus
huevos o crías.
3. Excepcionalmente, y siempre que ello no suponga
perjudicar el mantenimiento, en un estado de conservación
favorable, de las poblaciones de la especie de que se trate
en un área de distribución natural, podrán quedar sin efecto
estas prohibiciones, previa autorización expresa de la
Consellería de Medio Ambiente, cuando concurra alguna
de las siguientes circunstancias:
f) Por razones imperativas de interés público de primer
orden.

Artículo 64.Infracciones graves.
Serán infracciones graves:
2) La destrucción o degradación severa del hábitat de
especies vulnerables o de interés especial, en especial de
los lugares de reproducción, invernada, reposo o
alimentación incluidos en los espacios naturales
protegidos.

Vólvese indicar que non hai razóns imperativas de interese
público, dado que existe unha alternativa con menos
afeccións.
7. A zona arborada do fondo do val, na súa maior parte
ameneirais, considerados hábitat prioritario co Código 91E0
e a denominación “Bosques aluviais de Alnus glutinosa e
Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion
albae)” no Anexo I (“Tipos de hábitats naturais de interese
comunitario cuxa conservación require a designación de
zonas de especial conservación”) da Directiva 97/62/CE do
Consello, de 27 de outubro de 1997, pola que se adapta ao
progreso científico e técnico a Directiva 92/43/CEE, relativa
á conservación dos hábitats naturais de fauna e flora
silvestres.
A utilización xeralizada, para este tipo de proxectos, de
espazos coas características antes descritas, está dando
lugar á desaparición sistemática dos ameneirais asociados
a chairas de asolagamento, facendo caso omiso das
continuas recomendacións feitas por parte de organismos,
asociacións, etc., nin ter en conta as funcións ecolóxicas de
primeria orde que estes espazos desenvolven.
O Decreto 1/2001, polo que se aproba o texto da Lei de
Augas con respecto ás zonas húmidas, no seu artigo tres
indica:

“Os organismos de Cunca e a Administración ambiental
competente coordinarán as súas actuacións para a
conservación, a protección eficaz, a xestión sostíbel e a
recuperación das zonas húmidas, especialmente aquelas
que posúan un interese natural ou paisaxístico.”

Entendemos, polo tanto, que é necesario e obrigado
protexer o val de Mandiá, pois a prescrición do devandito
artigo faise con carácter xeral, extensíbel a todos os
humidais.
8. O espazo ameazado sustenta unha rede hidrográfica
sulcada por varios regos que verten as súas augas á ría. A
confluencia do Rego dos Corgos co Rego Citula e o Rego
de Aneiros dá orixe ao Río da Sardiña, que desemboca na
Enseada da Malata, na Ría de Ferrol. Representa un anaco
de natureza que atesoura importantes valores ecolóxicos
ás portas do núcleo urbano do concello de Ferrol. En
contraste con el, atópanse os ecosistemas de ría, moi
degradados polas diferentes actividades relacionadas coa
cidade de Ferrol e a súa contorna. Cómpre salientar a
necesidade de recuperar estas zonas. O río da Sardiña
serve ata o momento como modelo de ecosistema fluvial.
Do nacemento á desembocadura transcorre, por diferentes
áreas de alto interese ecolóxico. Na cabeceira aséntase
nunha zona asolagada, que coincidiría co ámbito de
actuación deste proxecto. Son doadas de atopar no mapa
catastral un mínimo de oito fontes ou mananciais, que
xeran unha mesta rede de fíos de auga que entrecruzan un
mosaico de predios utilizados maiormente para pastos,
acadando un alto valor ecolóxico.
Desta riqueza patrimonial, tanto no eido natural coma no
eido cultural dá boa mostra a seguinte listaxe referida ao
Val de Mandiá: Furado de Bustelo, Río da Fonte Vella, Río
da Fonte dos Caños, Río da Fonte Rabascosas, Río da
Fonte de Pociñas (Vilela), Río da Fonte de Ameneiros. Río
da Fonte de Outeiro, Río da Fonte de Vilela, Río da Fonte
da Ponte, Fonte da Pedra e Fonte de Taboada.
As técnicas empregadas para o labradío en hortas e
pasteiros son de tipo tradicional, presentando un alto valor
produtivo, coas emendas pertinentes, engadindo un
elevado indice de respecto polo medio ambiente.
No fondo do val as tenzas plantadas con especies
alóctonas son escasas, presentado varias formacións de
especies autóctonas, coincidindo coas canles polas que
discorren os regos e as zonas asolagadas.
Todo isto procura ao espazo un gran valor paisaxístico.
O impulso construtor desenfreado tenta rematar con esta
situación. Conservar o Val de Mandiá significaría deixar
constancia dos valores paisaxísticos e culturais dos
espazos lindantes coa cidade de Ferrol.

9. Tomando en consideración a listaxe de especies, que
para ser conservadas necesitan a protección do seu
hábitat, habería motivo máis que xustificado para evitar as
actuacións que se pretende levar a cabo neste val, polo
menos nas zonas máis sensíbeis.
INVENTARIOS
             DE VERTEBRADOS PRESENTES

O listado que aparece a continuación é o que figura no
Apéndice nº 1: INVENTARIO FAUNÍSTICO do informe de
sostenibilidade ambiental. Sobre ese listado destacamos
aquelas especies que están incluídas no Anexo II ou no
Anexo III do Convenio de Berna, co que o inventario de
especies con algún tipo de protección aumenta ata case a
totalidade das especies citadas.

Anexo II do Convenio de Berna: As especies de fauna silvestre que figuran
no anexo II deben ser obxecto asimesmo de disposicións legais ou
regulamentarias adecuadas a fin de garantir a súa conservación. Quedan
prohibidos:
todo tipo de captura, posesión ou morte intencionadas;
o deterioro ou a destrucción intencionados dos lugares de reproducción ou das
zonas de repouso;
a perturbación intencionada da fauna silvestre, especialmente durante o
período de reproducción, crianza e hibernación;
a destrucción ou la recolección intencionadas de ovos no seu entorno natural
ou a súa posesión;
a posesión e ol comercio interior dos animais enumerados, vivos ou mortos,
incluídos os disecados, e de calquera parte ou de calquera producto obtido a
partir do animal.

Anexo III do Convenio de Berna: as especies da fauna silvestre, cuxa lista se
enumera no anexo III, deben ser obxecto de regulamentación a fin de manter a
existencia desas poboacións fóra de perigo (prohibición temporal ou local de
explotación, normativa para o seu transporte ou venta, etc.). As partes
prohibirán a utilización de medios non selectivos de captura ou morte que
poidan ocasionar a desaparición ou perturbar a tranquilidade da especie.

Sobre este listado, destacamos algunhas especies de
anfibios incluídas no Catálogo Galego de Especies Amea-
zadas como vulnerables e que non estaban catalogadas
como tal no Listado do Apéndice nº 1: INVENTARIO
FAUNÍSTICO do informe de sostenibilidade ambiental.
Ó remate deste listado, citamos outras especies que non
están incluídas non inventario de vertebrados presente
elaborado para o informe de sostenibilidade ambiental e
das que temos constatado a súa presenza na zona onde se
proxecta a actuación.

          LISTADO           (Informe de sostenibilidade ambiental)

ANFIBIOS:                                    Triturus helveticus Tritón palmado
Alytes obstetricans Sapo partero común       Triturus marmoratus Tritón jaspeado
Bufo bufo Sapo común
                                                         AVES:
Bufo calamita Sapo de cañaverales
                                             Acanthis cannabina Pardillo común
Chioglossa lusitanica Salamandra rabilarga
                                             Accipiter gentilis Azor común
Discoglossus galganoi Sapo rajado
                                             Acipiter nisus Gavilán común
Hyla arbórea Rana de San Antonio
                                             Acrocephalus arundinaceus Carricero tordal
Rana ibérica Rana ibérica
                                             Acrocephallus stirpaceus Carricero común
Rana perezi Rana verde
                                             Aegithalos caudatus Mito
Rana temporaria Rana bermeja
                                             Alauda arvensis Alondra común
Salamandra salamandra Salamandra jaspeada
                                             Alcedo athis Martín Pescador
Triturus boscai Lagartija de agua
Alectoris rufa Perdiz Roja                     Emberiza schoenidus Escribano palustre
Anas patyrhynchos Anade azulón                 Erithacus rubecula Petirrojo
Anas querquedula Cerceta carretona             Falco peregrinus Halcón peregrino
Anas strepaera Anade friso                     Falco tinnunculus Cernícalo vulgar
Apus apus Vencejo común                        Fringilla coelebs Pinzón vulgar
Athene noctua Mochuelo europeo                 Fulica atra Focha común
Botarus stellaris Avetoro común
                                               Gallinula chloropus Gallineta común
Buteo buteo Busardo ratonero
                                               Garrulus glandarius Arrendajo
Carduelis carduelis Jilguero
                                               Hippolais polyglota Zarcero común
Cardulelis chloris Verderolo común
                                               Hirundo rustica Golondrina común
Certhia brachydactyla Agateador común
                                               Ixobrychus minutus Avetorillo común
Cettia cetti Ruiseñor bastardo
                                               Lanius collurio Alcaudón dorsirrojo
Charadrius alexandrinus Chorlitejo patinegro
                                               Larus argentatus Gaviota argéntea
Cisticola juncides Buitrón
                                               Larus michaellis Gaviota patiamarilla
Colulmba livia Paloma bravía
                                               Lullula arborea Totovia
Columba palumbus Paloma torcaz
                                               Monticola solitarius Roquero solitario
Corvus corone Corneja
                                               Motacilla alba Lavandera blanca
Cuculus canorus Cuco común
Delichon urbica Avión común                    Motacilla cinerea Lavandera cascadeña
Dentrocopus major Pico picapinos               Motacilla flava Lavandera boyera
Emberiza cia Escribano montesino               Muscicapa striata Papamoscas gris
Emberiza cirlus Escribano soteño               Oriolus oriolus Oropéndola
Emberiza citrinella Escribano cerillo          Parus ater Carbonero garrapinos
Parus caeruleus Herrerillo común            Troglodytes troglodytes Chochín
Parus major Carbonero común                 Turdus merula Mirlo común
Passer domesticus Gorrión común             Turdus phylomelos Zorzal común
Passer montanus Gorrión molinero            Turdus viscivorus Zorzal charlo
Phalacrocorax aristotelis Cormorán moñudo   Tyto alba Lechuza común
Phoenicurus ochruros Colirrojo tizón        MAMÍFEROS
Phylloscopus collybita Mosquitero común     Apodemus sylvaticus Ratón de campo
Pica pica Urraca                            Arvicola sapidus Rata de agua
                                            Crocidura russula Musaraña gris
Picus viridis Pito real
                                            Crocidura suaveolens Musaraña de campo
Prunella modularis Acentor común
                                            Eliomys quercinus Lirón careto
Pyrrhula pyrrhula Camachuelo común
                                            Erinaceus europaeus Erizo
Rallus aquaticus Rascón europeo
                                            Genetta genetta Gineta
Regulus ignicapillus Reyezuelo listado
                                            Lepus capensis Liebre
Saxicola torquata Tarabilla común
                                            Lutra lutra Nutria
Serinus serinus Verdecillo
                                            Meles meles Tejón
Streptopelia decaocto Tórtola turca
                                            Microtus agrestis Topillo agreste
Streptopelia turtur Tórtola europea         Mus musculus Ratón doméstico
Sturnus unicolor Estornino negro            Mustela erminea Armiño
Sylvia atricapilla Curruca capirotada       Mustela nivalis Comadreja
Sylvia melanocephala Curruca cabecinegra    Mustela putorius Turón
Sylvia undata Curruca rabilarga             Myotis Myotis Murciélago ratonero grande
Tachybaptus ruficollis Zampullín chico      Neomys anomalus Musgaño de Cabrera
Oryctolagus cuniculus Conejo del monte                      PECES:
 Pipistrellus pipistrellus Murciélago común                  Anguilla anguilla Anguila
 Pitymys lusitanicus Topillo portugués                       Chondrostoma duriense Boga del Duero
 Rattus norvegicus Rata común                                Cobitis calderoni Colmilleja
 Rattus rattus Rata negra                                    Salmo trutta fario* Trucha común
 Rhinolopus ferrumequinum Murciélago Grande de Herradura     Salmo trutta trutta* Reo
 Rhinolopus hippossideros Murciélago pequeño de herradura
 Sciurus vulgaris Ardilla
                                                       REPTILES:
 Sorex coronatus Musaraña tricolor
                                                       Anguis fragilis Lución
 Sorex granarius Musaraña ibérica
                                                       Chalcides striatus Eslizón tridáctilo ibérico
 Sorex minutus Musaraña enana
                                                       Coronella austríaca Culebra lisa europea
 Sus scrofa Jabalí
                                                       Lacerta schreiberi Lagarto verdinegro
 Talpa occidentalis Topo
                                                       Podarcis bocagei Lagartija de Bocagef
 Vulpes vulpes Zorro
                                                       Timon lepidus Lagarto ocelado
                                                       Vipera seoanei Vívora de Seoane


NOTA: Las especies marcadas con un asterisco (*) no se tiene constancia
actualmente de que aún estén presentes en los cursos de agua que discurren por
la zona donde se proyecta la actuación, según conversaciones mantenidas con
vecinos de la zona.
Listado de especies non incluídas do Apéndice nº 1:
INVENTARIO FAUNÍSTICO do informe de sostenibilidade
ambiental e das que hai constancia da súa presenza na
zona onde se proxecta a actuación.

                         AVES:
Scolopacidae
Arcea (Scolopax rusticola); Anexo III da Directiva
79/409/CEE, “Vulnerable” (Decreto 88/2007). Anexo III
Convenio de Berna.
Stringidae
Avelaiona (Strix aluco); especie de quot;Interese Especial quot;
(R.D. 439/1990, do 30 de marzo). Anexo II Convenio de
Berna.
Caprimulgidae
Avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus); Anexo I
da Directiva 79/409/CEE quot;Avesquot;; especie de quot;Interese
Especial quot; (R.D. 439/1990, do 30 de marzo); Anexo IV da
Lei 42/2007, 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da
Biodiversidade. Anexo II Convenio Berna
Motacillidae
Pica dos prados (Anthus pratensis); especie de quot;Interese
Especial quot; (R.D. 439/1990, do 30 de marzo). Anexo II
Convenio Berna.
Corvidae
Corvo carnazal (Corvus corax).
Fringillidae
Liñaceiro común (Carduelis cannabina). Anexo II
Convenio Berna.
MAMÍFEROS:
Quirópteros
Morcego das ribeiras (Myotis daubentonii); Anexo IV da
Directiva 92/43/CEE quot;Hábitatsquot;; Anexo II do Convenio de
Berna; Anexo II do Convenio de Bonn; especie quot;Sensibel á
alteración do seu hábitatquot; (R.D. 439/1990, do 30 de marzo).
Morcego orelludo común (Plecotus auritus) Anexo IV da
Directiva 92/43/CEE quot;Hábitatsquot;; Anexo II do Convenio de
Berna; Anexo II do Convenio de Bonn; especie quot;Sensibel á
alteración do seu hábitatquot; (R.D. 439/1990, do 30 de marzo).
Carnívoros
Visón americano (Mustela vison).
Garduña (Martes foina); Anexo III do Convenio de Berna.
Artiodáctilos
Corzo (Capreolus capreolus).
Roedores
Corta dos prados (Microtus lusitanicus).
RÉPTILES:
Natricidae
Natrix natrix Cobra de colar / Preocupación menor LC.
Anexo III Convenio de Berna.

10. O Concello de Ferrol vén de publicar o seguinte
EDICTO no DOG nº 57 de 24 de marzo de 2009:

“O Concello Pleno, con data do 27 de novembro de 2008,
acordou aprobar a proposta de suspensión do
procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación
de terreos, edificación e demolición durante o prazo dun
ano para o ámbito do eixe verde, seguindo os ríos que
desembocan na Malata, segundo o artigo 77 da Lei 9/2002,
do 30 de decembro, de ordenación e protección do medio
rural de Galicia, así como o estudo do dito ámbito para a
elaboración da documentación de reforma do PXOM. Así
mesmo, acordouse a contratación dos traballos de estudo
do ámbito delimitado, a publicación dos acordos de estudo
e a suspensión de licenzas no DOG, BOP e nun dos
xornais de maior circulación da provincia, con notificación
persoal aos peticionarios de solicitude de licenzas con
anterioridade á data do acordo de suspensión de licenzas,
e nos supostos previstos no artigo 93 da Lei 9/2002, do 30
de decembro, a remisión do resultado do estudo que
constitúe o expediente de modificación do PXOM ao
conselleiro competente en materia de urbanismo antes de
proceder á súa aprobación inicial”.

Con este edicto, o Concello de Ferrol recoñece o interés
que pode ter a conservación deste espazo e atendendo ó
artigo 57 da lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime
Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento
Administrativo Común:

“Artículo 57. Efectos.
1. Los actos de las Administraciones Públicas sujetos al
Derecho Administrativo se presumirán válidos y producirán
efectos desde la fecha en que se dicten, salvo que en ellos
se disponga otra cosa.
2. La eficacia quedará demorada cuando así lo exija el
contenido del acto o esté supeditada a su notificación,
publicación o aprobación superior”.

Enténdese que antes de tomar disposicións sobre os te-
rreos potencialmente afectados polo proxecto presentado,
deberá terse en conta o prazo de finalización do estudo de
ámbito delimitado citado no edicto.
A pesar de que sexa un organismo da Administración do
Estado Español o promotor do Proxecto sectorial da plata-
forma loxística, empresarial e portuaria de Ferrol, en base ó
artigo 18.2 da mesma lei:

“Artículo 18. Coordinación de competencias.
2. Las normas y actos dictados por los órganos de las
Administraciones Públicas en el ejercicio de su propia
competencia deberán ser observadas por el resto de los
órganos administrativos, aunque no dependan jerárqui-
camente entre sí o pertenezcan a otra Administración”.

Hai obrigación de observar o edicto publicado polo
Concello de Ferrol.
11. A conexión dos ecosistemas de ría e os ecosistemas
de litoral, a través das canles fluviais, permite a elaboración
dun plano turístico, educativo e ambiental de alto valor
engadido. A comarca de Ferrolterra é rica en espazos natu-
rais de interese, pero é necesario potenciar eses valores,
dalos a coñecer por medio dunha promoción eficaz, así
como conectar a cidade con estas zonas por medio de vías
naturais e culturais atractivas, potenciándose así mesmo o
turismo rural (casas rurais, restauración, etc.). Unha destas
vías está en estudo, e mesmo o Concello de Ferrol promo-
ve a conservación de varios dos seus puntos. Un roteiro
encargado polo propio Concello recoñece os valores
ambientais, educativos, recreativos e científicos desta
zona, propoñendo un percorrido que, partindo da desem-
bocadura do Río da Sardiña na Malata, discorrería augas
arriba na procura do nacemento do río. Así, irían apare-
cendo as distintas fases evolutivas do río, a súa paisaxe e
a súa fauna e flora, así como toda a riqueza patrimonial
que atesoura: Esteiro e Humidal da Malata, curso baixo do
río, lavadoiros, muíños, bosques de galería, Carballeira de
Menáncaro, Castro de Mandiá, Fraga do Castro, mostras
do bosque potencial que de xeito natural ocuparia esta
parte do territorio galego, representantes do bosque
atlántico húmido, dominado pola especie Quercus robur
(carballo), acompañado doutras especies arbóreas e
herbáceas, destacando un felgo macaronésico, (Dryopteris
guanchica), relito da Era Terciaria, incluído no apartado de
VULNERABEIS no Catálogo Galego de Especies Amea-
zadas e, por tanto, de moi escasa distribución (só está
presente en certas localizacións de Galiza, Asturias,
Algeciras, Sintra (Portugal) e Macaronesia e outras
especies botánicas de interese como o Narcissus triandrus
e o Narcissus bulbocodium, así como un xunco (Juncus
foliosus), citado no concello de Ferrol como única
localización provincial, pasteiros húmidos da beira do río,
fontes e mananciais, pontes, canles de rego, modos de
poboamenteo rural (núcleos rurais), ameneiral da cabeceira
do val, nacemento dos distintos tributarios do Río Sardiña...
Pola proximidade das súas cabeceiras, resulta doado
enlazar, mediante o devandito roteiro, o Río da Sardiña co
Rego de San Xurxo, que, nacendo nos Montes da Lagoa,
percorre o Val de Papoi, e desemboca na Praia de San
Xurxo, non sen antes recibir as augas do Rego de Esmelle,
o que permitiría conectar doadamente con este val e os
seus valores, moi potenciados nun traballo colectivo pola
súa veciñanza a través do recoñecido “Proxecto Esmelle”.

12. Con este proxecto, a afección ás zonas de interese
natural, como o xa citado humidal protexido da Malata, será
segura. Non hai posibilidade de evitar a contaminación das
augas, aínda cando non se instalasen empresas xeradoras
de contaminación. Calquera actividade industrial xera
vertidos residuais dabondo como para contaminar un río de
pouco caudal como é a cunca do Río Sardiña, sobre todo
en época estival. A contaminación dos acuíferos está
tamén asegurada, o que impedirá que moitas vivendas da
zona se poidan abastecer das saudabeis augas das que
agora se benefician. Simplemente coa construción do
polígono e a realización das obras imprescindibeis para
poñelo en funcionamento vanse cegar fontes e desviar
cursos de augas freáticas.
Así mesmo, a variación dos caudais de auga dos ríos van
sufrir modificacións considerabeis. Unha vez que desapa-
rezan os humidais, que actúan como reguladores dos
caudais, absorbendo auga durante as enchentes (evitando
ou reducindo as crecidas de caudal e os asolagamentos), e
liberándoa pouco a pouco en tempo seco, durante a estia-
xe, esta regulación natural quedará anulada. Como conse-
cuencia disto, haberá que regular artificialmente o caudal,
eliminándoo en parte, o que afectará ó humidal protexido
da desembocadura do río.

Cómpre ter en conta o establecido na Lei 29/1985, de
augas, modificada:

De las zonas húmedas
ARTICULO 103.
4. Los Organismos de cuenca y la Administración
ambiental competente coordinarán sus actuaciones para la
conservación, la protección eficaz, la gestión sostenible y la
recuperación de las zonas húmedas, especialmente de
aquellas que posean un interés natural o paisajístico.
13. As condicións climatolóxicas do Golfo Ártabro son
diferenciadas con respecto dos espazos xeográficos cir-
cundantes, tendo un carácter de certa mediterraneización,
o que dá lugar a peculiaridades na climatoloxía, e tamén
nos ecosistemas. Unha das consecuencias é a aparición
dunha estación veraniega máis seca. A existencia de zonas
húmidas axuda a paliar os efectos da seca estival, pero a
desparición progresiva e sistemática destes espazos, con
diferentes motivacións (entre outras, procesos urbanísticos
e industrializadores), impiden que se desencadeen os
mecanismos benefactores para o medio natural e urbano
que no pasado actuaban, aparecendo, como consecuenca
desta situación, unha atmosfera máis seca e as secuelas
aparelladas en forma de afeccións sobre o medio e as
persoas.
A destrución de acuíferos, debido ás mesmas causas
conleva maiores dificultades no suministro de auga para a
poboación. Se a isto se engade as enormes cantidades de
aporte de auga para as actividades industriais, podémonos
atopar nun futuro próximo con situacións críticas.

14. Expostas as anteriores alegacións, semella evidente
que non foi esta a alternativa máis axeitada. Se ben é certo
que non o son tampouco as alternativas estudadas en
Leixa e máis en Pedroso. A primeira, que constitúe un eco-
sistema de características moi similares ás do Val de Man-
diá, está gravemente afectada xa pola proxectada cons-
trución dun polígono industrial. En canto ao Val de Pedro-
so, a cercanía do Lugar de Importancia Comunitaria
“Xubia-Castro”, incluído na Rede Natura 2000, da Unión
Europea, faino merecedor dun grao de protección que non
permite a execución de preoxectos como o que nos ocupa.
A primeira das alternativas avaliadas, a da Boieira, non
presenta tantos inconvintes coma as outras tres, polo que
resulta sorprendente a elección de Mandiá como futuro
enclave da Plataforma Loxística. Conclúese desa elección
que se deixou de lado o carácter supramunicipal da actua-
ción, véndose o concello de Ferrol como unha unidade,
cando debera englobarse nunha contorna cando menos
metropolitana. Hai que salientar a necesidade de elaborar
un plano territorial integrador e un proxecto sectorial e un
plano de ordenación do medio físico.

A lei 10/1995, que regula a ordenación do territorio,
establece:

Artículo 13.Contenido.
Los planes territoriales integrados contendrán los
documentos gráficos y escritos que sean necesarios para
reflejar las siguientes determinaciones:
a) Diagnóstico territorial del área, en especial en lo
referente a los recursos naturales, población, planeamiento
vigente y situación socioeconómica.

Artículo 22.Finalidad de los planes y proyectos sectoriales
1. Los planes y proyectos sectoriales de incidencia
supramunicipal tienen por objeto regular la implantación
territorial de las infraestructuras, dotaciones e instalaciones
de interés público o utilidad social cuando su incidencia
trascienda del término municipal en que se ubiquen, por su
magnitud, importancia o especiales características, o que
se asienten sobre varios términos.

Enténdese que a alternativa Mandiá-Leixa non é a elixida,
polo que non precisa de ningún tipo de alegación especí-
fica. De todos os xeitos, os termos nos que se describe
esta alternativa son ambiguos, dando a entender que esta
é a alternativa escollida, cando se dá a circunstancia de
que no Proxecto presentado non hai ningunha referencia a
Leixa, e limitándose en todo momento a referirse á super-
ficie de Mandiá. Quede clara, non obstante, a negativa
absoluta da nosa asociación a aceptar esta alternativa, que
redundaría nun desastre ecolóxico de maiores dimensións.

15. A superficie proposta para realizar o proxecto excede
en moito as intencións iniciais, nas que se sinalaba unica-
mente a dotación de superficie para unha plataforma
loxística asociada ao Porto Exterior de Ferrol. Polo que se
ve no Proxecto presentado, únese a esa Plataforma Loxís-
tica un Polígono Industrial. A cercanía de zonas densa-
mente poboadas, aínda que dispersas, fan inapropiada a
ubicación de tal desenvolvemento. A concentración de tres
polígonos industriais, ubicados sen case solución de
continuidade entre Narón e Ferrol, crearía a longo e medio
prazo problemas de contaminación difíciles de solucionar,
con consecuencias para a saúde das persoas e do medio
natural que se sumarán aos non desdeñables efectos de
industrias xa instaladas, como son as dúas cementeiras do
Polígono do Pozo e MEGASA en Xubia, aos que hai que
engadir os derivados do considerábel aumento do trans-
porte de materiais e mercadorías por estrada (contamina-
ción atmosférica e acústica). Por outra banda, cómpre ter
en conta a contaminación xerada polas centrais térmicas
de As Pontes (a de carbón e a de ciclo combinado), así
como o continuo tráfico de camións a transportar carbón
dende o Porto Exterior.
Calculando as emisións de CO2, SO2 e NOX acadaríanse
uns valores que exceden en moito as concentracións
permitidas para estes contaminantes, sen que no Proxecto
aparezan estimacións sobre estas cuestións.
A este respecto, cómpre ter en conta as prescricións da Lei
34/2007, de calidade do aire e protección da atmosfera,
que no seu articulado establece:

Artículo 4. Principios rectores.
1. La aplicación de esta ley se basará en los principios de
cautela y acción preventiva, de corrección de la
contaminación en la fuente misma ...
3. … se promoverá la integración de las consideraciones
relativas a la protección de la atmósfera en las distintas
políticas sectoriales como una variable clave para
conseguir un desarrollo sostenible.
Artículo 5. Competencias de las Administraciones públicas.
Las entidades locales, en el ámbito de sus competencias,
deberán adaptar las ordenanzas existentes y el
planeamiento urbanístico a las previsiones de esta ley y de
sus normas de desarrollo.

Non hai que esquecer as perdas por chuvia áceda nos
ecosistemas da comarca, os danos no arborado, nos culti-
vos e na saúde das persoas, o aumento de enfermidades
respiratorias infantís e en maiores, como consecuencia da
contaminación atmosférica. Durante as tres últimas déca-
das, por esta causa, perdéronse variedades froiteiras e a
posibilidade de emprender con éxito cultivos de horta que
supoñian un recurso importante para a poboación rural da
zona, ademais de abastecer os mercados de Ferrol e
Narón. Perdas que nunca se cuestionan por parte das
administracións públicas, polo que non se esixiron respon-
sabilidades ás empresas contaminadoras.
Coa presente actuación non se conseguiría outra cousa
  que aumentar o problema en termos de custes econó-
  micos. A situación, obxectivamente analizada,
  saldaríase moi negativamente.
Tendo en conta o exposto nestas alegacións, as valora-
  cións feitas no estudo de sostibilidade son insuficientes,
  non recolléndose todos os parámetros precisos.

16. A xeito de conclusión, consideramos preciso atender
  ás seguintes cuestións:
a) Volver estudar alternativas para a
  plataforma loxística tendo en conta un plano
  supramunicipal.

b) Valorar e prever a contaminación a curto e
  longo prazo, sumando as fontes de conta-
  minación existentes.
c) Asegurar a protección absoluta das zonas
  húmidas e, polo tanto, excluilas do proxecto.

d) Realizar un estudo obxectivo de medio
  económico e social, reflitindo as
  características reais do lugar de ubicación.

e) Agardar as prescricións do Avance das
  Directrices de Ordenación do Territorio.

Por todo o exposto

                      SOLICITA:

1.- Que se teñan por formuladas alegacións ao Proxecto
   sectorial da plataforma loxística, empresarial e
   portua-
ria de Ferrol e ao seu informe de sustentabilidade ambien-
tal (D.O.G. nº 19, de 28 de xaneiro de 2009) por parte da
Delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Histo-
ria Natural, e se dea por persoada esta entidade no
expediente de referencia.

2. Que se modifique o proxecto nos termos expostos nas
presentes alegacións, manexando axeitadamente a elección
das alternativas (incluíndo a alternativa cero), para melloralo
ambientalmente conforme a criterios de sustentabilidade
ambiental, económica e social.
Ferrol, a 26 de marzo do 2009
                                          O Delegado da SGHN - Ferrol
                                       Asdo.: Juan Ignacio Díaz da Silva




SR . DIRECTOR XERAL DO INSTITUTO GALEGO DA
VIVENDA E SOLO.

Mais conteúdo relacionado

Destaque

Rehabilitación, una puerta al futuro
Rehabilitación, una puerta al futuroRehabilitación, una puerta al futuro
Rehabilitación, una puerta al futuroteredonaire
 
Reconocimiento permanente a la tripulación del submarino de la Armada Argenti...
Reconocimiento permanente a la tripulación del submarino de la Armada Argenti...Reconocimiento permanente a la tripulación del submarino de la Armada Argenti...
Reconocimiento permanente a la tripulación del submarino de la Armada Argenti...senadorcolazo
 
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...jignacioYosy
 
Presentación xornada lei de augas abril 2011 páxina web sen fotos
Presentación xornada lei de augas abril 2011 páxina web sen fotosPresentación xornada lei de augas abril 2011 páxina web sen fotos
Presentación xornada lei de augas abril 2011 páxina web sen fotosRTBest
 
Resumen legislatura def
Resumen legislatura defResumen legislatura def
Resumen legislatura defJuntaInforma
 
Ctma 1 teoria_sistemes
Ctma 1 teoria_sistemesCtma 1 teoria_sistemes
Ctma 1 teoria_sistemesraimonjimenez
 

Destaque (9)

Rehabilitación, una puerta al futuro
Rehabilitación, una puerta al futuroRehabilitación, una puerta al futuro
Rehabilitación, una puerta al futuro
 
Reconocimiento permanente a la tripulación del submarino de la Armada Argenti...
Reconocimiento permanente a la tripulación del submarino de la Armada Argenti...Reconocimiento permanente a la tripulación del submarino de la Armada Argenti...
Reconocimiento permanente a la tripulación del submarino de la Armada Argenti...
 
Camardelli UNSa
Camardelli UNSaCamardelli UNSa
Camardelli UNSa
 
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
 
Presentación xornada lei de augas abril 2011 páxina web sen fotos
Presentación xornada lei de augas abril 2011 páxina web sen fotosPresentación xornada lei de augas abril 2011 páxina web sen fotos
Presentación xornada lei de augas abril 2011 páxina web sen fotos
 
Resumen legislatura def
Resumen legislatura defResumen legislatura def
Resumen legislatura def
 
El cambio
El cambioEl cambio
El cambio
 
Ctma 1 teoria_sistemes
Ctma 1 teoria_sistemesCtma 1 teoria_sistemes
Ctma 1 teoria_sistemes
 
Trampantojos2
Trampantojos2Trampantojos2
Trampantojos2
 

Semelhante a AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuaria De Ferrol Sghn

ALEGACIÓNS AL PLAN DE XESTIÓN DO LOBO EN GALICIA
ALEGACIÓNS AL PLAN DE XESTIÓN DO LOBO EN GALICIAALEGACIÓNS AL PLAN DE XESTIÓN DO LOBO EN GALICIA
ALEGACIÓNS AL PLAN DE XESTIÓN DO LOBO EN GALICIAjignacioYosy
 
Alegación contra a canteira de Cotodeira
Alegación contra a canteira de CotodeiraAlegación contra a canteira de Cotodeira
Alegación contra a canteira de CotodeiraHumberto Martínez
 
Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019Vane Siso Calvo
 
Pnl age incendios ditame comisión 1987
Pnl age incendios ditame comisión 1987Pnl age incendios ditame comisión 1987
Pnl age incendios ditame comisión 1987Jorge Suárez
 
Sos Ria De Vigo
Sos Ria De VigoSos Ria De Vigo
Sos Ria De Vigomaeloc
 
Sos Ria De Vigo
Sos Ria De VigoSos Ria De Vigo
Sos Ria De Vigommeixide
 
Traballo cmc depuradora aguiño-sara martinez
Traballo cmc depuradora aguiño-sara martinezTraballo cmc depuradora aguiño-sara martinez
Traballo cmc depuradora aguiño-sara martinezEncarna Mariño Villa
 
Proxecto de cogoberno para o concello de forcarei
Proxecto de cogoberno para o concello de forcareiProxecto de cogoberno para o concello de forcarei
Proxecto de cogoberno para o concello de forcareiBngForcarei
 
Proxecto voz natura 11 12
Proxecto voz natura 11 12Proxecto voz natura 11 12
Proxecto voz natura 11 12montx189
 
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   SghnAlegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghnguestd00645
 
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   SghnAlegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle SghnjignacioYosy
 
Decreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artes
Decreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artesDecreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artes
Decreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artesASOAR-ARMEGA
 
Planificación dunha explotación marisqueira
Planificación dunha explotación marisqueiraPlanificación dunha explotación marisqueira
Planificación dunha explotación marisqueiraIES A Basella
 
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   SghnPropuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia Sghnguestd00645
 
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   SghnPropuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia SghnjignacioYosy
 
Presentacion borrador Plan Hidroloxico de Galicia-Costa
Presentacion borrador Plan Hidroloxico de Galicia-CostaPresentacion borrador Plan Hidroloxico de Galicia-Costa
Presentacion borrador Plan Hidroloxico de Galicia-CostaAlejandro Maceira
 

Semelhante a AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuaria De Ferrol Sghn (20)

ALEGACIÓNS AL PLAN DE XESTIÓN DO LOBO EN GALICIA
ALEGACIÓNS AL PLAN DE XESTIÓN DO LOBO EN GALICIAALEGACIÓNS AL PLAN DE XESTIÓN DO LOBO EN GALICIA
ALEGACIÓNS AL PLAN DE XESTIÓN DO LOBO EN GALICIA
 
Alegación contra a canteira de Cotodeira
Alegación contra a canteira de CotodeiraAlegación contra a canteira de Cotodeira
Alegación contra a canteira de Cotodeira
 
Xestion2016pdf
Xestion2016pdfXestion2016pdf
Xestion2016pdf
 
Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019
 
Pnl age incendios ditame comisión 1987
Pnl age incendios ditame comisión 1987Pnl age incendios ditame comisión 1987
Pnl age incendios ditame comisión 1987
 
Sos Ria De Vigo
Sos Ria De VigoSos Ria De Vigo
Sos Ria De Vigo
 
Sos Ria De Vigo
Sos Ria De VigoSos Ria De Vigo
Sos Ria De Vigo
 
Traballo cmc depuradora aguiño-sara martinez
Traballo cmc depuradora aguiño-sara martinezTraballo cmc depuradora aguiño-sara martinez
Traballo cmc depuradora aguiño-sara martinez
 
Proxecto de cogoberno para o concello de forcarei
Proxecto de cogoberno para o concello de forcareiProxecto de cogoberno para o concello de forcarei
Proxecto de cogoberno para o concello de forcarei
 
Proxecto voz natura 11 12
Proxecto voz natura 11 12Proxecto voz natura 11 12
Proxecto voz natura 11 12
 
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   SghnAlegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
 
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   SghnAlegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
 
Decreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artes
Decreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artesDecreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artes
Decreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artes
 
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegasProxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
 
Planificación dunha explotación marisqueira
Planificación dunha explotación marisqueiraPlanificación dunha explotación marisqueira
Planificación dunha explotación marisqueira
 
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   SghnPropuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia Sghn
 
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   SghnPropuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia Sghn
 
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
 
Macho et al.
Macho et al.Macho et al.
Macho et al.
 
Presentacion borrador Plan Hidroloxico de Galicia-Costa
Presentacion borrador Plan Hidroloxico de Galicia-CostaPresentacion borrador Plan Hidroloxico de Galicia-Costa
Presentacion borrador Plan Hidroloxico de Galicia-Costa
 

Mais de jignacioYosy

AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...
AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...
AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...jignacioYosy
 
AlegacióNs Da Sghn Ao Proxecto De Mellora De Calados Na Canle Da RíA De Ferrol
AlegacióNs Da Sghn Ao Proxecto De Mellora De Calados Na Canle Da RíA De FerrolAlegacióNs Da Sghn Ao Proxecto De Mellora De Calados Na Canle Da RíA De Ferrol
AlegacióNs Da Sghn Ao Proxecto De Mellora De Calados Na Canle Da RíA De FerroljignacioYosy
 
AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...
AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...
AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...jignacioYosy
 
Sghn AlegacióNs á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atlá...
Sghn   AlegacióNs á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atlá...Sghn   AlegacióNs á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atlá...
Sghn AlegacióNs á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atlá...jignacioYosy
 
Biodiesel Licencia De Obra
Biodiesel   Licencia De ObraBiodiesel   Licencia De Obra
Biodiesel Licencia De ObrajignacioYosy
 
Denuncia realizada pola Sociedade Galega de Historia Natural e as Asociacións...
Denuncia realizada pola Sociedade Galega de Historia Natural e as Asociacións...Denuncia realizada pola Sociedade Galega de Historia Natural e as Asociacións...
Denuncia realizada pola Sociedade Galega de Historia Natural e as Asociacións...jignacioYosy
 
Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"
Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"
Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"jignacioYosy
 
Alegaciones Zona Norte da Ría de Ares e Zona Sur da Ría de Ferrol
Alegaciones Zona Norte da Ría de Ares e Zona Sur da Ría de Ferrol Alegaciones Zona Norte da Ría de Ares e Zona Sur da Ría de Ferrol
Alegaciones Zona Norte da Ría de Ares e Zona Sur da Ría de Ferrol jignacioYosy
 
Alegacións da SGHN - "MEGASA"
Alegacións da SGHN - "MEGASA"Alegacións da SGHN - "MEGASA"
Alegacións da SGHN - "MEGASA"jignacioYosy
 

Mais de jignacioYosy (9)

AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...
AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...
AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...
 
AlegacióNs Da Sghn Ao Proxecto De Mellora De Calados Na Canle Da RíA De Ferrol
AlegacióNs Da Sghn Ao Proxecto De Mellora De Calados Na Canle Da RíA De FerrolAlegacióNs Da Sghn Ao Proxecto De Mellora De Calados Na Canle Da RíA De Ferrol
AlegacióNs Da Sghn Ao Proxecto De Mellora De Calados Na Canle Da RíA De Ferrol
 
AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...
AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...
AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...
 
Sghn AlegacióNs á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atlá...
Sghn   AlegacióNs á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atlá...Sghn   AlegacióNs á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atlá...
Sghn AlegacióNs á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atlá...
 
Biodiesel Licencia De Obra
Biodiesel   Licencia De ObraBiodiesel   Licencia De Obra
Biodiesel Licencia De Obra
 
Denuncia realizada pola Sociedade Galega de Historia Natural e as Asociacións...
Denuncia realizada pola Sociedade Galega de Historia Natural e as Asociacións...Denuncia realizada pola Sociedade Galega de Historia Natural e as Asociacións...
Denuncia realizada pola Sociedade Galega de Historia Natural e as Asociacións...
 
Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"
Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"
Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"
 
Alegaciones Zona Norte da Ría de Ares e Zona Sur da Ría de Ferrol
Alegaciones Zona Norte da Ría de Ares e Zona Sur da Ría de Ferrol Alegaciones Zona Norte da Ría de Ares e Zona Sur da Ría de Ferrol
Alegaciones Zona Norte da Ría de Ares e Zona Sur da Ría de Ferrol
 
Alegacións da SGHN - "MEGASA"
Alegacións da SGHN - "MEGASA"Alegacións da SGHN - "MEGASA"
Alegacións da SGHN - "MEGASA"
 

AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuaria De Ferrol Sghn

  • 1. ALEGACIÓNS DA SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL Ó Proxecto sectorial da Plataforma Loxística, Empresarial e Portuaria de Ferrol e o seu informe de sustentabilidade ambiental, DOG nº 19, de 28 de xaneiro de 2009. Calquera utilización que se faga deste texto deberá citar a procedencia. Juan Ignacio Díaz da Silva, Delegado da Sociedade Ga- lega de Historia Natural de Ferrol, con enderezo, para os efectos de notificación, no Apartado de Correos nº 356, CP 15480, actuando en representación da citada asocia- ción, comparece e como mellor proceda en dereito,
  • 2. EXPÓN: 1.Que por medio do presente escrito a SGHN - Ferrol for- mula alegacións ao Proxecto sectorial da plataforma loxística, empresarial e portuaria de Ferrol e ao seu informe de sustentabilidade ambiental, DOG nº 19, de 28 de xaneiro de 2009, co obxecto de que se modifique nos seus actuais termos para axustalo segundo criterios de sustentabilidade ambiental, económica e social . 2. A construción desta Plataforma loxística, empresarial e portuaria suporía unha ameaza para a viabilidade do ecosistema do Río Sardiña, último curso fluvial en bo estado de conservación que, dentro do Concello de Ferrol, verte na Ría. Neste senso, a Lei 9/2001, de conservación da natureza, indica no artigo 2, a necesidade de conservar:
  • 3. “la biodiversidad a través del mantenimiento de los proce- sos ecológicos esenciales, garantizando la conexión de las poblaciones de fauna y flora silvestres y preservando la diversidad genética. La prevención y planificación para impedir el deterioro am- biental. Las políticas sectoriales integrarán las conside- raciones medioambientales en su planificación y pondrán en marcha los mecanismos necesarios para evitar los daños al medio ambiente”. A existencia, na súa desembocadura, dun espazo natural protexido de interese ambiental (humidal recollido no Inventario de Humidais de Galicia coa denominación “Río Sardiñeira”, Código IHG 1110187, superficie 5,41ha e cadrícula UTM X fuso 29T(m) 561575), o Inventario de Humidais de Galicia forma parte do Plano Estratéxico
  • 4. español para a conservación e uso sostíbel dos humidais; o feito de que o río actúe como parte dun corredor ecoló- xico, conectando a través da rede hidrográfica os ecosis- temas costeiros de mar aberto cos ecosistemas de ría, fan que se tome en consideración a lexislación vixente no que atinxe á ordenación do territorio e á conservación da natu- reza, toda vez que a alternativa elixida para elaborar o proxecto que se presenta produciría graves perturbacións ao espazo natural protexido (perda de caudal, contami- nación das augas, efecto barreira, etc.) O feito de carecer dos instrumentos básicos de ordenación do territorio impide analizar con claridade á hora da toma de decisións tan transcendentais como, neste caso, deter- minar a ubicación dunha plataforma loxística. A este res- pecto, a Lei 9/2001, no artigo 4, sinala como obxectivos
  • 5. dos planos de ordenación dos recursos naturais: a) Definir y señalar el estado de conservación de los recur- sos naturales y ecosistemas dentro de su ámbito. b) Establecer la regulación que, en su caso, proceda apli- car en las distintas áreas del espacio. c) Fijar el marco para la ordenación de los espacios natu- rales protegidos incluidos en su ámbito. f) Formular los criterios orientadores de las políticas sec- toriales y ordenadoras de las actividades económicas y sociales, públicas y privadas, para que sean compatibles con los objetivos de los planes de ordenación de los recursos naturales. Artículo 6.Efectos. 2. Los planes de ordenación de los recursos naturales serán obligatorios y ejecutivos en todo lo que afecte a la
  • 6. conservación, protección o mejora de la flora, la fauna, la gea, los ecosistemas, el paisaje y los recursos naturales. 3. Los planes de ordenación de los recursos naturales a que se refiere la presente ley prevalecerán sobre cualesquiera otros instrumentos de ordenación territorial o física, constituyendo sus disposiciones un límite para éstos, cuyas determinaciones no podrán alterar o modificar aquéllas y se aplicarán, en todo caso, prevaleciendo sobre los instrumentos de ordenación preexistentes. 4. Las previsiones de los planes de ordenación de los re- cursos naturales tendrán carácter vinculante para cuales- quiera otras actuaciones, planes o programas sectoriales en todo lo relativo a las materias a que se refiere el apar- tado 2 del presente artículo y revestirán carácter indica- tivo en todo lo demás.
  • 7. 3. Este proxecto, de carácter supramunicipal, como tantos outros da mesma entidade, e dentro do contexto da Comunidade Autónoma de Galicia, non se pode realizar sen ter en conta unha planificación a nivel global do territorio galego, pero no caso que nos ocupa os danos serían graves e de carácter irreversíbel, perdéndose no Concello de Ferrol e na súa contorna un ecosistema de alto interese, non valorado dabondo ata o momento presente. Despois da lectura da Lei 10/1995, de Ordenación do Territorio, a SGHN interpreta que, sen estar formuladas as Directrices de Ordenación do Territorio, non se pode levar adiante a aprobación de Planos Sectoriais e demais ins- trumentos de ordenación territorial. Partindo de que é preciso agardar a definitiva aprobación das directrices de ordenación do territorio, ou cando menos o remate da
  • 8. elaboración do avance das directrices, e tendo en conta, non obstante, os criterios indicados no devandito avance de directrices elaborado polo actual goberno en funcións, consideramos que o proxecto obxecto destas alegacións non cumpren os condicionantes mínimos esixibeis a unha actuación destas características. A este respecto, a Lei 10/1995, de ordenación do territorio, sinala, no artigo 6: Con la finalidad de establecer las pautas espaciales de asentamiento de las actividades, de acuerdo con las po- líticas sociales, económicas y culturales demandadas de la Comunidad, corresponden a las directrices de ordenación del territorio las siguientes funciones:
  • 9. b) Construir un marco general de referencia para la for- mulación de los restantes instrumentos de ordenación territorial, así como de los planes de ordenación previstos en la legislación urbanística, y para la formulación y eje- cución de las distintas políticas sectoriales de la Comu- nidad, al que habrán de acomodarse los planes, programas y acciones con incidencia en el territorio que puedan desa- rrollar las administraciones públicas de carácter autonó- mico o local, a fin de garantizar una adecuada coordinación y compatibilización de todas ellas. 4. A meirande parte dos terreos que se verán afectados pola implantación da Plataforma Loxística no val de Mandiá cualifícanse no PXOM de Ferrol como rústicos, con dife- rentes categorías: de interese pasaxístico, de protección agropecuaria, de protección forestal, de protección das
  • 10. augas. O val de Mandiá considérase ademais un dos bens naturais do concello polo seu sistema hidrográfico e o interese paisaxístico do entorno. É preciso lembrar o que ao respecto do solo rústico observa a Lei Lei 9/2002 ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia: Artigo 32º.-Categorías. No solo rústico distinguiranse as seguintes categorías: 2. Solo rústico especialmente protexido, constituído polos terreos que polos seus valores agrícolas, gandeiros, fores- tais, ambientais, científicos, naturais, paisaxísticos, cultu- rais, suxeitos a limitacións ou servidumes para a protec- ción do dominio público ou doutra índole deban estar sometidos a algún réxime especial de protección incom- patible coa súa transformación, de acordo co disposto neste apartado.
  • 11. Dentro deste tipo de solo rústico especialmente protexido distinguiranse as seguintes categorías: a) Solo rústico de protección agropecuaria, constituído polos terreos de alta productividade agrícola ou gan- deira, posta de manifesto pola existencia de explotacións que a avalen ou polas propias características ou poten- cialidade dos terreos ou das zonas onde se enclaven, así como polos que sexan obxecto de concentración parcelaria a partir da entrada en vigor desta lei ou o fosen nos dez anos anteriores a esta data, agás que deban ser merecedores doutra protección. Consideraranse tamén solo rústico de protección agropecuaria as áreas de cultivo libres de edificación de extensión maior de 10 hectáreas.
  • 12. b) Solo rústico de protección forestal, constituído polos terreos destinados a explotacións forestais e os que sus- tenten masas arbóreas que deban ser protexidas por cumprir funcións ecolóxicas, productivas, paisaxísticas, recreativas ou de protección do solo, e igualmente por aqueles terreos de monte que, aínda cando non sustenten masas arbóreas, deban ser protexidos por cumpri-las ditas funcións e, en todo caso, polas áreas arbóreas formadas por especies autóctonas. d) Solo rústico de protección das augas, constituído polos terreos, situados fóra dos núcleos rurais e do solo urbano, definidos na lexislación reguladora das augas continentais como leitos naturais, ribeiras e marxes das correntes continuas ou descontinuas de auga e como leito ou fondo das lagoas e encoros, terreos inundados e
  • 13. zonas húmidas e a zona de servidume. Así mesmo, incluiranse nesta categoría as zonas de protección que para tal efecto delimiten os instrumentos de planeamento urbanístico e de ordenación do territorio que se esten- derán, como mínimo, á zona de policía definida pola lexislación de augas, agás que o plan xustifique suficien- temente a reducción. Igualmente terán a dita conside- ración os terreos situados fóra dos núcleos rurais e do solo urbano, con risco de inundación, e aqueles baixo os cales existan augas subterráneas que deban ser protexidas. g) Solo rústico de protección de interese paisaxístico, constituído polos terreos lindantes coas estradas e demais vías públicas, exteriores ós núcleos rurais e ó solo urbano, que ofrezan vistas panorámicas do
  • 14. territorio, do mar, do curso dos ríos ou dos vales, dos monumentos ou edificacións de singular valor, así como os accesos a fitos paisaxísticos significativos e os propios fitos. Artigo 34º.-Usos en solo rústico. 1.c) Usos prohibidos: os incompatibles coa protección de cada categoría de solo ou que impliquen un risco relevante de deterioración dos valores protexidos. Artigo 95º.-Modificación dos plans en solo rústico. 1. Prohíbese toda modificación do planeamento urbanístico que implique a conversión ou inclusión directa de solo rústico na clase de solo urbano. 2. Só será admisible o cambio de clasificación do solo rústico en urbanizable cando se xustifique de modo
  • 15. fidedigno e manifesto a perda dos valores rurais, tradicionais, paisaxísticos, etnográficos, culturais e, en xeral, as razóns determinantes da súa inclusión no solo rústico. As características do val de Mandiá adáptanse totalmente ao especificado na clasificación de solo rústico expresada na devandita Lei. Polo tanto, non é posible cuestionar os valores do contorno, expresados igualmente no Informe de Sustentabilidade. Así pois, non se sustenta a observación, á hora de analizar as diferentes alternativas, de que non existen afeccións significativas sobre o medio. Moi pola contra, e toda vez que se baralla unha alternativa con menores afeccións, é imposible xustificar a declaración de interese público para esta actuación.
  • 16. O PXOM de Ferrol, adáptandose á lexislación en materia de ordenación do territorio, fixa as bases para a protección dos núcleos rurais e do solo rústico nestes termos: Normas e ordenanzas reguladoras do solo rústico. Art. 143. Concepto e clases. 3. A consideración de inadecuación para o desenvolve- mento urbano dos terreos incluídos nesta clase de solo, coas excepcións mencionadas, realízase en atención ó modelo de asentamentos determinado polo Plan a partir do estudio do medio rural, en función da capacidade definida neste planeamento do solo susceptible de acoller desen- volvementos urbanísticos dado o carácter prioritario do seu desenvolvemento pola súa vinculación co modelo territorial establecido no Plan Xeral e coa resolución de problemas estructurais do mesmo.
  • 17. Art. 147. Ordenanza 19 do solo rústico común 7. Nas áreas de solo rústico común incluídas en ámbitos de Concentración Parcelaria estarase ás limitacións establecidas na Lei 10/1985 do 14 de agosto en función da súa potencialidade productiva agropecuaria. Nelas só se autorizará a construcción de explotacións agrarias ou casais nos termos establecidos no artigo 18 de dita Lei. Art. 151. Ordenanza 20 de protección do monte e da paisaxe forestal En particular os sistemas vencellados ó bosque atlántico estarán suxeitos á tutela definida pola Lei 4/1989 de 27 de marzo de conservación das especies naturais e da flora e fauna silvestre, coas determinacións establecidas no Decreto 82/1989 de 11 de maio da Consellería de Agricultura polo que se regula a figura de espacio natural
  • 18. en réxime de protección xeral. Quedan prohibida-las nivelacións do terreo que modifiquen as características naturais do solo e alteren a paisaxe, salvo nos casos excepcionais de actividades extractivas coa condición previa de garantía que asegure a adecuación final dos terreos explotados á paisaxe. 3. Prohíbense en xeral tódolos usos que supoñan edifica- ción, coa excepción das instalacións vencelladas á Defen- sa, construccións e instalacións vencelladas á execución, entretemento e servicios das obras públicas, as relacio- nadas coa gardería do monte e as instalacións propias da explotación forestal ou pecuaria que garden relación coa natureza da finca ... 5. Existe unha peculiar figura de protección para o solo de Galiza: o núcleo rural. O deterioro destes núcleos, por
  • 19. malas prácticas urbanísticas, así como o importante número destes núcleos, fana particularmente necesaria en Galiza, con respecto a outros territorios peninsulares. Con ela preténdese protexer os núcleos rurais, potenciando os seus valores culturais, naturais e paisaxísticos. Segundo o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol, na parroquia de Mandiá existen sete núcleos rurais (Bustelo-Casas Barrascosas, Confurco-Fontela, Cha de Mandiá, Fontá, Rilo, Taboada e Vilela) situados no ámbito da proxectada plataforma loxística, incumprindo polo tanto, a lexislación, ao non observarse ningún dos criterios presentes no arti- culado: non se respetan as distancias, agrédese o medio circundante (paisaxe, función agraria, calidade biolóxica, pureza das augas) características que fixeron posible a cualificación de núcleo rural para estas concentracións poboacionais.
  • 20. A Lei 9/2002 ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, indica: Artigo 13º.-Solo de núcleo rural. 1. Constitúen o solo de núcleo rural os terreos que serven de soporte a un asentamento de poboación singularizado en función das súas características morfolóxicas, tipoloxía tradicional das edificacións, vinculación coa explotación racional dos recursos naturais ou de circunstancias doutra índole que manifesten a imbricación racional do núcleo co medio físico onde se sitúa e que figuren diferenciados administrativamente nos censos e padróns oficiais, así como as áreas de expansión ou crecemento destes asentamentos. 3. O planeamento delimitará o ámbito dos núcleos rurais atendendo a proximidade das edificacións, os lazos de
  • 21. relación e coherencia entre lugares dun mesmo asenta- mento con topónimo diferenciado, a morfoloxía e tipoloxías propias dos ditos asentamentos e da área xeográfica en que se atopan (casal, lugar, aldea, rueiro ou outro), de modo que o ámbito delimitado presente unha consolidación pola edificación de, como mínimo, o 50 %, de acordo coa ordenación proposta e trazando unha liña perimetral que encerre as edificacións tradicionais do asentamento seguindo o parcelario e as pegadas físicas existentes (camiños, ríos, regatos, cómaros e outros) e, como máxi- mo, a 50 metros das ditas edificacións tradicionais. Igualmente delimitará a área de expansión dos ditos nú- cleos, de acordo cos criterios de crecemento que o planea- mento urbanístico prevexa. A dita área estará comprendida polos terreos delimitados por unha liña poligonal paralela á de circunscrición do núcleo existente e como máximo a 200
  • 22. metros lineais dela sen que, en ningún caso, poida afectar a solo rústico especialmente protexido. Sección 3ª Núcleos rurais Subsección 1ª Dereitos e deberes Artigo 24º.-Réxime. 1. Os terreos que os plans xerais inclúan nas áreas delimitadas como núcleos rurais de poboación serán destinados ós usos relacionados coas actividades propias do medio rural e coas necesidades da poboación residente nos ditos núcleos. Os propietarios desta clase de solo teñen dereito ó seu uso e edificación nas condicións establecidas nesta sección. Artigo 27º.-Usos permitidos nos núcleos rurais. O uso característico das edificacións nos núcleos rurais
  • 23. será o residencial. Así mesmo, poderanse permitir usos comerciais, productivos, turísticos e tradicionais ligados á vida rural, así como pequenos talleres, sempre que non se altere a estructura morfolóxica do asentamento e o novo uso contribúa a revitaliza-la vida rural e mellora-lo nivel de vida dos seus moradores e que, en todo caso, resulten compatibles co uso residencial. Artigo 28º.-Actuacións prohibidas. Dentro do núcleo rural non se permitirán: c) Naves industriais de calquera tipo. d) Aqueles movementos de terras que supoñan unha agresión ó medio natural ou que varíen a morfoloxía da paisaxe do lugar. h) Aqueles usos que, xa sexa polo tamaño das construccións, pola natureza dos procesos de producción,
  • 24. polas actividades que se van desenvolver ou por outras condicións, aínda cumprindo cos requisitos da lexislación medioambiental, non sexan propios do asentamento rural. 6. Non hai posibilidade de paliar os efectos sobre o medio (perda de valores paisaxísticos e naturais) a partir de medidas correctoras, cando menos no que se refire ao fondo do val, xa que a maior parte da superficie corres- póndese con zonas asolagadas cunha porcentaxe alta de asolagamento permanente, circunstancia que non queda reflitida dabondo no Informe de Sustentabilidade Ambiental do Proxecto. Cómpre ter en conta, ademais, as parcelas, enumeradas no Proxecto, con recheos recentes, a maior parte deles con materiais procedentes das obras realizadas nas inmediacións de Mandiá para a construción dos accesos ao
  • 25. Porto Exterior. Trátase de recheos feitos sen as autoriza- cións pertinentes e algunhas delas xa denunciadas no seu momento por esta asociación. A obriga de restaurar o solo ao estado anterior aos recheos, no caso de que as nosas denuncias fosen atendidas, daría como resultado unha superficie maior de zonas asolagadas. A perda destes espazos conlevaría a desaparición de biótopos imprescindibeis para as diferentes especies de interese presentes na zona, moitas delas declaradas como vulnerabeis pola Directiva Hábitats da Unión Europea, sobre todo no que atinxe a anfibios, e, polo tanto, para as aves e demais elementos da cadea trófica. Non é difícil establecer a interrelación e influenza deste espazo sobre os demais espazos de interese do contorno: franxa litoral, montes que contornean a costa, Ría de Ferrol, etc. Neste senso, a xa citada Lei 9/2001, establece:
  • 26. Artículo 49.Catálogo gallego de especies amenazadas. Las especies, subespecies o núcleos poblacionales que se incluyan en el Catálogo gallego de especies amenazadas habrán de ser catalogados en alguna de las siguientes categorías: a) En peligro de extinción, reservada para aquellas cuya supervivencia es poco probable si los factores causantes de su actual situación siguen actuando. b) Sensibles a la alteración de su hábitat, referida a aquéllas cuyo hábitat característico está particularmente amenazado, en grave regresión, fraccionado o muy limitado. c) Vulnerables, destinada a aquellas que corren el peligro de pasar a las categorías anteriores en un futuro inmediato si los factores adversos que actúan sobre ellas non son corregidos.
  • 27. d) De interés especial, aquellas otras merecedoras de catalogación y cuyo grado de amenaza sea insuficientemente conocido. Artículo 53.Régimen general de protección. 1. Queda prohibido dar muerte, dañar, molestar o inquietar intencionadamente a las especies animales objeto de la presente ley, con especial atención a las especies autóctonas, así como capturarlas vivas y recoger sus huevos o crías. 3. Excepcionalmente, y siempre que ello no suponga perjudicar el mantenimiento, en un estado de conservación favorable, de las poblaciones de la especie de que se trate en un área de distribución natural, podrán quedar sin efecto estas prohibiciones, previa autorización expresa de la Consellería de Medio Ambiente, cuando concurra alguna
  • 28. de las siguientes circunstancias: f) Por razones imperativas de interés público de primer orden. Artículo 64.Infracciones graves. Serán infracciones graves: 2) La destrucción o degradación severa del hábitat de especies vulnerables o de interés especial, en especial de los lugares de reproducción, invernada, reposo o alimentación incluidos en los espacios naturales protegidos. Vólvese indicar que non hai razóns imperativas de interese público, dado que existe unha alternativa con menos afeccións.
  • 29. 7. A zona arborada do fondo do val, na súa maior parte ameneirais, considerados hábitat prioritario co Código 91E0 e a denominación “Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)” no Anexo I (“Tipos de hábitats naturais de interese comunitario cuxa conservación require a designación de zonas de especial conservación”) da Directiva 97/62/CE do Consello, de 27 de outubro de 1997, pola que se adapta ao progreso científico e técnico a Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais de fauna e flora silvestres. A utilización xeralizada, para este tipo de proxectos, de espazos coas características antes descritas, está dando lugar á desaparición sistemática dos ameneirais asociados a chairas de asolagamento, facendo caso omiso das continuas recomendacións feitas por parte de organismos,
  • 30. asociacións, etc., nin ter en conta as funcións ecolóxicas de primeria orde que estes espazos desenvolven. O Decreto 1/2001, polo que se aproba o texto da Lei de Augas con respecto ás zonas húmidas, no seu artigo tres indica: “Os organismos de Cunca e a Administración ambiental competente coordinarán as súas actuacións para a conservación, a protección eficaz, a xestión sostíbel e a recuperación das zonas húmidas, especialmente aquelas que posúan un interese natural ou paisaxístico.” Entendemos, polo tanto, que é necesario e obrigado protexer o val de Mandiá, pois a prescrición do devandito artigo faise con carácter xeral, extensíbel a todos os humidais.
  • 31. 8. O espazo ameazado sustenta unha rede hidrográfica sulcada por varios regos que verten as súas augas á ría. A confluencia do Rego dos Corgos co Rego Citula e o Rego de Aneiros dá orixe ao Río da Sardiña, que desemboca na Enseada da Malata, na Ría de Ferrol. Representa un anaco de natureza que atesoura importantes valores ecolóxicos ás portas do núcleo urbano do concello de Ferrol. En contraste con el, atópanse os ecosistemas de ría, moi degradados polas diferentes actividades relacionadas coa cidade de Ferrol e a súa contorna. Cómpre salientar a necesidade de recuperar estas zonas. O río da Sardiña serve ata o momento como modelo de ecosistema fluvial. Do nacemento á desembocadura transcorre, por diferentes áreas de alto interese ecolóxico. Na cabeceira aséntase nunha zona asolagada, que coincidiría co ámbito de actuación deste proxecto. Son doadas de atopar no mapa
  • 32. catastral un mínimo de oito fontes ou mananciais, que xeran unha mesta rede de fíos de auga que entrecruzan un mosaico de predios utilizados maiormente para pastos, acadando un alto valor ecolóxico. Desta riqueza patrimonial, tanto no eido natural coma no eido cultural dá boa mostra a seguinte listaxe referida ao Val de Mandiá: Furado de Bustelo, Río da Fonte Vella, Río da Fonte dos Caños, Río da Fonte Rabascosas, Río da Fonte de Pociñas (Vilela), Río da Fonte de Ameneiros. Río da Fonte de Outeiro, Río da Fonte de Vilela, Río da Fonte da Ponte, Fonte da Pedra e Fonte de Taboada. As técnicas empregadas para o labradío en hortas e pasteiros son de tipo tradicional, presentando un alto valor produtivo, coas emendas pertinentes, engadindo un elevado indice de respecto polo medio ambiente. No fondo do val as tenzas plantadas con especies
  • 33. alóctonas son escasas, presentado varias formacións de especies autóctonas, coincidindo coas canles polas que discorren os regos e as zonas asolagadas. Todo isto procura ao espazo un gran valor paisaxístico. O impulso construtor desenfreado tenta rematar con esta situación. Conservar o Val de Mandiá significaría deixar constancia dos valores paisaxísticos e culturais dos espazos lindantes coa cidade de Ferrol. 9. Tomando en consideración a listaxe de especies, que para ser conservadas necesitan a protección do seu hábitat, habería motivo máis que xustificado para evitar as actuacións que se pretende levar a cabo neste val, polo menos nas zonas máis sensíbeis.
  • 34. INVENTARIOS DE VERTEBRADOS PRESENTES O listado que aparece a continuación é o que figura no Apéndice nº 1: INVENTARIO FAUNÍSTICO do informe de sostenibilidade ambiental. Sobre ese listado destacamos aquelas especies que están incluídas no Anexo II ou no Anexo III do Convenio de Berna, co que o inventario de especies con algún tipo de protección aumenta ata case a totalidade das especies citadas. Anexo II do Convenio de Berna: As especies de fauna silvestre que figuran no anexo II deben ser obxecto asimesmo de disposicións legais ou regulamentarias adecuadas a fin de garantir a súa conservación. Quedan prohibidos: todo tipo de captura, posesión ou morte intencionadas; o deterioro ou a destrucción intencionados dos lugares de reproducción ou das zonas de repouso;
  • 35. a perturbación intencionada da fauna silvestre, especialmente durante o período de reproducción, crianza e hibernación; a destrucción ou la recolección intencionadas de ovos no seu entorno natural ou a súa posesión; a posesión e ol comercio interior dos animais enumerados, vivos ou mortos, incluídos os disecados, e de calquera parte ou de calquera producto obtido a partir do animal. Anexo III do Convenio de Berna: as especies da fauna silvestre, cuxa lista se enumera no anexo III, deben ser obxecto de regulamentación a fin de manter a existencia desas poboacións fóra de perigo (prohibición temporal ou local de explotación, normativa para o seu transporte ou venta, etc.). As partes prohibirán a utilización de medios non selectivos de captura ou morte que poidan ocasionar a desaparición ou perturbar a tranquilidade da especie. Sobre este listado, destacamos algunhas especies de anfibios incluídas no Catálogo Galego de Especies Amea- zadas como vulnerables e que non estaban catalogadas como tal no Listado do Apéndice nº 1: INVENTARIO FAUNÍSTICO do informe de sostenibilidade ambiental.
  • 36. Ó remate deste listado, citamos outras especies que non están incluídas non inventario de vertebrados presente elaborado para o informe de sostenibilidade ambiental e das que temos constatado a súa presenza na zona onde se proxecta a actuación. LISTADO (Informe de sostenibilidade ambiental) ANFIBIOS: Triturus helveticus Tritón palmado Alytes obstetricans Sapo partero común Triturus marmoratus Tritón jaspeado Bufo bufo Sapo común AVES: Bufo calamita Sapo de cañaverales Acanthis cannabina Pardillo común Chioglossa lusitanica Salamandra rabilarga Accipiter gentilis Azor común Discoglossus galganoi Sapo rajado Acipiter nisus Gavilán común Hyla arbórea Rana de San Antonio Acrocephalus arundinaceus Carricero tordal Rana ibérica Rana ibérica Acrocephallus stirpaceus Carricero común Rana perezi Rana verde Aegithalos caudatus Mito Rana temporaria Rana bermeja Alauda arvensis Alondra común Salamandra salamandra Salamandra jaspeada Alcedo athis Martín Pescador Triturus boscai Lagartija de agua
  • 37. Alectoris rufa Perdiz Roja Emberiza schoenidus Escribano palustre Anas patyrhynchos Anade azulón Erithacus rubecula Petirrojo Anas querquedula Cerceta carretona Falco peregrinus Halcón peregrino Anas strepaera Anade friso Falco tinnunculus Cernícalo vulgar Apus apus Vencejo común Fringilla coelebs Pinzón vulgar Athene noctua Mochuelo europeo Fulica atra Focha común Botarus stellaris Avetoro común Gallinula chloropus Gallineta común Buteo buteo Busardo ratonero Garrulus glandarius Arrendajo Carduelis carduelis Jilguero Hippolais polyglota Zarcero común Cardulelis chloris Verderolo común Hirundo rustica Golondrina común Certhia brachydactyla Agateador común Ixobrychus minutus Avetorillo común Cettia cetti Ruiseñor bastardo Lanius collurio Alcaudón dorsirrojo Charadrius alexandrinus Chorlitejo patinegro Larus argentatus Gaviota argéntea Cisticola juncides Buitrón Larus michaellis Gaviota patiamarilla Colulmba livia Paloma bravía Lullula arborea Totovia Columba palumbus Paloma torcaz Monticola solitarius Roquero solitario Corvus corone Corneja Motacilla alba Lavandera blanca Cuculus canorus Cuco común Delichon urbica Avión común Motacilla cinerea Lavandera cascadeña Dentrocopus major Pico picapinos Motacilla flava Lavandera boyera Emberiza cia Escribano montesino Muscicapa striata Papamoscas gris Emberiza cirlus Escribano soteño Oriolus oriolus Oropéndola Emberiza citrinella Escribano cerillo Parus ater Carbonero garrapinos
  • 38. Parus caeruleus Herrerillo común Troglodytes troglodytes Chochín Parus major Carbonero común Turdus merula Mirlo común Passer domesticus Gorrión común Turdus phylomelos Zorzal común Passer montanus Gorrión molinero Turdus viscivorus Zorzal charlo Phalacrocorax aristotelis Cormorán moñudo Tyto alba Lechuza común Phoenicurus ochruros Colirrojo tizón MAMÍFEROS Phylloscopus collybita Mosquitero común Apodemus sylvaticus Ratón de campo Pica pica Urraca Arvicola sapidus Rata de agua Crocidura russula Musaraña gris Picus viridis Pito real Crocidura suaveolens Musaraña de campo Prunella modularis Acentor común Eliomys quercinus Lirón careto Pyrrhula pyrrhula Camachuelo común Erinaceus europaeus Erizo Rallus aquaticus Rascón europeo Genetta genetta Gineta Regulus ignicapillus Reyezuelo listado Lepus capensis Liebre Saxicola torquata Tarabilla común Lutra lutra Nutria Serinus serinus Verdecillo Meles meles Tejón Streptopelia decaocto Tórtola turca Microtus agrestis Topillo agreste Streptopelia turtur Tórtola europea Mus musculus Ratón doméstico Sturnus unicolor Estornino negro Mustela erminea Armiño Sylvia atricapilla Curruca capirotada Mustela nivalis Comadreja Sylvia melanocephala Curruca cabecinegra Mustela putorius Turón Sylvia undata Curruca rabilarga Myotis Myotis Murciélago ratonero grande Tachybaptus ruficollis Zampullín chico Neomys anomalus Musgaño de Cabrera
  • 39. Oryctolagus cuniculus Conejo del monte PECES: Pipistrellus pipistrellus Murciélago común Anguilla anguilla Anguila Pitymys lusitanicus Topillo portugués Chondrostoma duriense Boga del Duero Rattus norvegicus Rata común Cobitis calderoni Colmilleja Rattus rattus Rata negra Salmo trutta fario* Trucha común Rhinolopus ferrumequinum Murciélago Grande de Herradura Salmo trutta trutta* Reo Rhinolopus hippossideros Murciélago pequeño de herradura Sciurus vulgaris Ardilla REPTILES: Sorex coronatus Musaraña tricolor Anguis fragilis Lución Sorex granarius Musaraña ibérica Chalcides striatus Eslizón tridáctilo ibérico Sorex minutus Musaraña enana Coronella austríaca Culebra lisa europea Sus scrofa Jabalí Lacerta schreiberi Lagarto verdinegro Talpa occidentalis Topo Podarcis bocagei Lagartija de Bocagef Vulpes vulpes Zorro Timon lepidus Lagarto ocelado Vipera seoanei Vívora de Seoane NOTA: Las especies marcadas con un asterisco (*) no se tiene constancia actualmente de que aún estén presentes en los cursos de agua que discurren por la zona donde se proyecta la actuación, según conversaciones mantenidas con vecinos de la zona.
  • 40. Listado de especies non incluídas do Apéndice nº 1: INVENTARIO FAUNÍSTICO do informe de sostenibilidade ambiental e das que hai constancia da súa presenza na zona onde se proxecta a actuación. AVES: Scolopacidae Arcea (Scolopax rusticola); Anexo III da Directiva 79/409/CEE, “Vulnerable” (Decreto 88/2007). Anexo III Convenio de Berna. Stringidae Avelaiona (Strix aluco); especie de quot;Interese Especial quot; (R.D. 439/1990, do 30 de marzo). Anexo II Convenio de Berna. Caprimulgidae Avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus); Anexo I
  • 41. da Directiva 79/409/CEE quot;Avesquot;; especie de quot;Interese Especial quot; (R.D. 439/1990, do 30 de marzo); Anexo IV da Lei 42/2007, 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade. Anexo II Convenio Berna Motacillidae Pica dos prados (Anthus pratensis); especie de quot;Interese Especial quot; (R.D. 439/1990, do 30 de marzo). Anexo II Convenio Berna. Corvidae Corvo carnazal (Corvus corax). Fringillidae Liñaceiro común (Carduelis cannabina). Anexo II Convenio Berna.
  • 42. MAMÍFEROS: Quirópteros Morcego das ribeiras (Myotis daubentonii); Anexo IV da Directiva 92/43/CEE quot;Hábitatsquot;; Anexo II do Convenio de Berna; Anexo II do Convenio de Bonn; especie quot;Sensibel á alteración do seu hábitatquot; (R.D. 439/1990, do 30 de marzo). Morcego orelludo común (Plecotus auritus) Anexo IV da Directiva 92/43/CEE quot;Hábitatsquot;; Anexo II do Convenio de Berna; Anexo II do Convenio de Bonn; especie quot;Sensibel á alteración do seu hábitatquot; (R.D. 439/1990, do 30 de marzo). Carnívoros Visón americano (Mustela vison). Garduña (Martes foina); Anexo III do Convenio de Berna. Artiodáctilos Corzo (Capreolus capreolus). Roedores Corta dos prados (Microtus lusitanicus).
  • 43. RÉPTILES: Natricidae Natrix natrix Cobra de colar / Preocupación menor LC. Anexo III Convenio de Berna. 10. O Concello de Ferrol vén de publicar o seguinte EDICTO no DOG nº 57 de 24 de marzo de 2009: “O Concello Pleno, con data do 27 de novembro de 2008, acordou aprobar a proposta de suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición durante o prazo dun ano para o ámbito do eixe verde, seguindo os ríos que desembocan na Malata, segundo o artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación e protección do medio rural de Galicia, así como o estudo do dito ámbito para a
  • 44. elaboración da documentación de reforma do PXOM. Así mesmo, acordouse a contratación dos traballos de estudo do ámbito delimitado, a publicación dos acordos de estudo e a suspensión de licenzas no DOG, BOP e nun dos xornais de maior circulación da provincia, con notificación persoal aos peticionarios de solicitude de licenzas con anterioridade á data do acordo de suspensión de licenzas, e nos supostos previstos no artigo 93 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, a remisión do resultado do estudo que constitúe o expediente de modificación do PXOM ao conselleiro competente en materia de urbanismo antes de proceder á súa aprobación inicial”. Con este edicto, o Concello de Ferrol recoñece o interés que pode ter a conservación deste espazo e atendendo ó artigo 57 da lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime
  • 45. Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común: “Artículo 57. Efectos. 1. Los actos de las Administraciones Públicas sujetos al Derecho Administrativo se presumirán válidos y producirán efectos desde la fecha en que se dicten, salvo que en ellos se disponga otra cosa. 2. La eficacia quedará demorada cuando así lo exija el contenido del acto o esté supeditada a su notificación, publicación o aprobación superior”. Enténdese que antes de tomar disposicións sobre os te- rreos potencialmente afectados polo proxecto presentado, deberá terse en conta o prazo de finalización do estudo de ámbito delimitado citado no edicto.
  • 46. A pesar de que sexa un organismo da Administración do Estado Español o promotor do Proxecto sectorial da plata- forma loxística, empresarial e portuaria de Ferrol, en base ó artigo 18.2 da mesma lei: “Artículo 18. Coordinación de competencias. 2. Las normas y actos dictados por los órganos de las Administraciones Públicas en el ejercicio de su propia competencia deberán ser observadas por el resto de los órganos administrativos, aunque no dependan jerárqui- camente entre sí o pertenezcan a otra Administración”. Hai obrigación de observar o edicto publicado polo Concello de Ferrol.
  • 47. 11. A conexión dos ecosistemas de ría e os ecosistemas de litoral, a través das canles fluviais, permite a elaboración dun plano turístico, educativo e ambiental de alto valor engadido. A comarca de Ferrolterra é rica en espazos natu- rais de interese, pero é necesario potenciar eses valores, dalos a coñecer por medio dunha promoción eficaz, así como conectar a cidade con estas zonas por medio de vías naturais e culturais atractivas, potenciándose así mesmo o turismo rural (casas rurais, restauración, etc.). Unha destas vías está en estudo, e mesmo o Concello de Ferrol promo- ve a conservación de varios dos seus puntos. Un roteiro encargado polo propio Concello recoñece os valores ambientais, educativos, recreativos e científicos desta zona, propoñendo un percorrido que, partindo da desem- bocadura do Río da Sardiña na Malata, discorrería augas arriba na procura do nacemento do río. Así, irían apare-
  • 48. cendo as distintas fases evolutivas do río, a súa paisaxe e a súa fauna e flora, así como toda a riqueza patrimonial que atesoura: Esteiro e Humidal da Malata, curso baixo do río, lavadoiros, muíños, bosques de galería, Carballeira de Menáncaro, Castro de Mandiá, Fraga do Castro, mostras do bosque potencial que de xeito natural ocuparia esta parte do territorio galego, representantes do bosque atlántico húmido, dominado pola especie Quercus robur (carballo), acompañado doutras especies arbóreas e herbáceas, destacando un felgo macaronésico, (Dryopteris guanchica), relito da Era Terciaria, incluído no apartado de VULNERABEIS no Catálogo Galego de Especies Amea- zadas e, por tanto, de moi escasa distribución (só está presente en certas localizacións de Galiza, Asturias, Algeciras, Sintra (Portugal) e Macaronesia e outras especies botánicas de interese como o Narcissus triandrus
  • 49. e o Narcissus bulbocodium, así como un xunco (Juncus foliosus), citado no concello de Ferrol como única localización provincial, pasteiros húmidos da beira do río, fontes e mananciais, pontes, canles de rego, modos de poboamenteo rural (núcleos rurais), ameneiral da cabeceira do val, nacemento dos distintos tributarios do Río Sardiña... Pola proximidade das súas cabeceiras, resulta doado enlazar, mediante o devandito roteiro, o Río da Sardiña co Rego de San Xurxo, que, nacendo nos Montes da Lagoa, percorre o Val de Papoi, e desemboca na Praia de San Xurxo, non sen antes recibir as augas do Rego de Esmelle, o que permitiría conectar doadamente con este val e os seus valores, moi potenciados nun traballo colectivo pola súa veciñanza a través do recoñecido “Proxecto Esmelle”. 12. Con este proxecto, a afección ás zonas de interese natural, como o xa citado humidal protexido da Malata, será
  • 50. segura. Non hai posibilidade de evitar a contaminación das augas, aínda cando non se instalasen empresas xeradoras de contaminación. Calquera actividade industrial xera vertidos residuais dabondo como para contaminar un río de pouco caudal como é a cunca do Río Sardiña, sobre todo en época estival. A contaminación dos acuíferos está tamén asegurada, o que impedirá que moitas vivendas da zona se poidan abastecer das saudabeis augas das que agora se benefician. Simplemente coa construción do polígono e a realización das obras imprescindibeis para poñelo en funcionamento vanse cegar fontes e desviar cursos de augas freáticas. Así mesmo, a variación dos caudais de auga dos ríos van sufrir modificacións considerabeis. Unha vez que desapa- rezan os humidais, que actúan como reguladores dos caudais, absorbendo auga durante as enchentes (evitando
  • 51. ou reducindo as crecidas de caudal e os asolagamentos), e liberándoa pouco a pouco en tempo seco, durante a estia- xe, esta regulación natural quedará anulada. Como conse- cuencia disto, haberá que regular artificialmente o caudal, eliminándoo en parte, o que afectará ó humidal protexido da desembocadura do río. Cómpre ter en conta o establecido na Lei 29/1985, de augas, modificada: De las zonas húmedas ARTICULO 103. 4. Los Organismos de cuenca y la Administración ambiental competente coordinarán sus actuaciones para la conservación, la protección eficaz, la gestión sostenible y la recuperación de las zonas húmedas, especialmente de aquellas que posean un interés natural o paisajístico.
  • 52. 13. As condicións climatolóxicas do Golfo Ártabro son diferenciadas con respecto dos espazos xeográficos cir- cundantes, tendo un carácter de certa mediterraneización, o que dá lugar a peculiaridades na climatoloxía, e tamén nos ecosistemas. Unha das consecuencias é a aparición dunha estación veraniega máis seca. A existencia de zonas húmidas axuda a paliar os efectos da seca estival, pero a desparición progresiva e sistemática destes espazos, con diferentes motivacións (entre outras, procesos urbanísticos e industrializadores), impiden que se desencadeen os mecanismos benefactores para o medio natural e urbano que no pasado actuaban, aparecendo, como consecuenca desta situación, unha atmosfera máis seca e as secuelas aparelladas en forma de afeccións sobre o medio e as persoas. A destrución de acuíferos, debido ás mesmas causas conleva maiores dificultades no suministro de auga para a
  • 53. poboación. Se a isto se engade as enormes cantidades de aporte de auga para as actividades industriais, podémonos atopar nun futuro próximo con situacións críticas. 14. Expostas as anteriores alegacións, semella evidente que non foi esta a alternativa máis axeitada. Se ben é certo que non o son tampouco as alternativas estudadas en Leixa e máis en Pedroso. A primeira, que constitúe un eco- sistema de características moi similares ás do Val de Man- diá, está gravemente afectada xa pola proxectada cons- trución dun polígono industrial. En canto ao Val de Pedro- so, a cercanía do Lugar de Importancia Comunitaria “Xubia-Castro”, incluído na Rede Natura 2000, da Unión Europea, faino merecedor dun grao de protección que non permite a execución de preoxectos como o que nos ocupa. A primeira das alternativas avaliadas, a da Boieira, non
  • 54. presenta tantos inconvintes coma as outras tres, polo que resulta sorprendente a elección de Mandiá como futuro enclave da Plataforma Loxística. Conclúese desa elección que se deixou de lado o carácter supramunicipal da actua- ción, véndose o concello de Ferrol como unha unidade, cando debera englobarse nunha contorna cando menos metropolitana. Hai que salientar a necesidade de elaborar un plano territorial integrador e un proxecto sectorial e un plano de ordenación do medio físico. A lei 10/1995, que regula a ordenación do territorio, establece: Artículo 13.Contenido. Los planes territoriales integrados contendrán los documentos gráficos y escritos que sean necesarios para
  • 55. reflejar las siguientes determinaciones: a) Diagnóstico territorial del área, en especial en lo referente a los recursos naturales, población, planeamiento vigente y situación socioeconómica. Artículo 22.Finalidad de los planes y proyectos sectoriales 1. Los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal tienen por objeto regular la implantación territorial de las infraestructuras, dotaciones e instalaciones de interés público o utilidad social cuando su incidencia trascienda del término municipal en que se ubiquen, por su magnitud, importancia o especiales características, o que se asienten sobre varios términos. Enténdese que a alternativa Mandiá-Leixa non é a elixida, polo que non precisa de ningún tipo de alegación especí-
  • 56. fica. De todos os xeitos, os termos nos que se describe esta alternativa son ambiguos, dando a entender que esta é a alternativa escollida, cando se dá a circunstancia de que no Proxecto presentado non hai ningunha referencia a Leixa, e limitándose en todo momento a referirse á super- ficie de Mandiá. Quede clara, non obstante, a negativa absoluta da nosa asociación a aceptar esta alternativa, que redundaría nun desastre ecolóxico de maiores dimensións. 15. A superficie proposta para realizar o proxecto excede en moito as intencións iniciais, nas que se sinalaba unica- mente a dotación de superficie para unha plataforma loxística asociada ao Porto Exterior de Ferrol. Polo que se ve no Proxecto presentado, únese a esa Plataforma Loxís- tica un Polígono Industrial. A cercanía de zonas densa- mente poboadas, aínda que dispersas, fan inapropiada a ubicación de tal desenvolvemento. A concentración de tres
  • 57. polígonos industriais, ubicados sen case solución de continuidade entre Narón e Ferrol, crearía a longo e medio prazo problemas de contaminación difíciles de solucionar, con consecuencias para a saúde das persoas e do medio natural que se sumarán aos non desdeñables efectos de industrias xa instaladas, como son as dúas cementeiras do Polígono do Pozo e MEGASA en Xubia, aos que hai que engadir os derivados do considerábel aumento do trans- porte de materiais e mercadorías por estrada (contamina- ción atmosférica e acústica). Por outra banda, cómpre ter en conta a contaminación xerada polas centrais térmicas de As Pontes (a de carbón e a de ciclo combinado), así como o continuo tráfico de camións a transportar carbón dende o Porto Exterior. Calculando as emisións de CO2, SO2 e NOX acadaríanse uns valores que exceden en moito as concentracións
  • 58. permitidas para estes contaminantes, sen que no Proxecto aparezan estimacións sobre estas cuestións. A este respecto, cómpre ter en conta as prescricións da Lei 34/2007, de calidade do aire e protección da atmosfera, que no seu articulado establece: Artículo 4. Principios rectores. 1. La aplicación de esta ley se basará en los principios de cautela y acción preventiva, de corrección de la contaminación en la fuente misma ... 3. … se promoverá la integración de las consideraciones relativas a la protección de la atmósfera en las distintas políticas sectoriales como una variable clave para conseguir un desarrollo sostenible. Artículo 5. Competencias de las Administraciones públicas. Las entidades locales, en el ámbito de sus competencias,
  • 59. deberán adaptar las ordenanzas existentes y el planeamiento urbanístico a las previsiones de esta ley y de sus normas de desarrollo. Non hai que esquecer as perdas por chuvia áceda nos ecosistemas da comarca, os danos no arborado, nos culti- vos e na saúde das persoas, o aumento de enfermidades respiratorias infantís e en maiores, como consecuencia da contaminación atmosférica. Durante as tres últimas déca- das, por esta causa, perdéronse variedades froiteiras e a posibilidade de emprender con éxito cultivos de horta que supoñian un recurso importante para a poboación rural da zona, ademais de abastecer os mercados de Ferrol e Narón. Perdas que nunca se cuestionan por parte das administracións públicas, polo que non se esixiron respon- sabilidades ás empresas contaminadoras.
  • 60. Coa presente actuación non se conseguiría outra cousa que aumentar o problema en termos de custes econó- micos. A situación, obxectivamente analizada, saldaríase moi negativamente. Tendo en conta o exposto nestas alegacións, as valora- cións feitas no estudo de sostibilidade son insuficientes, non recolléndose todos os parámetros precisos. 16. A xeito de conclusión, consideramos preciso atender ás seguintes cuestións: a) Volver estudar alternativas para a plataforma loxística tendo en conta un plano supramunicipal. b) Valorar e prever a contaminación a curto e longo prazo, sumando as fontes de conta- minación existentes.
  • 61. c) Asegurar a protección absoluta das zonas húmidas e, polo tanto, excluilas do proxecto. d) Realizar un estudo obxectivo de medio económico e social, reflitindo as características reais do lugar de ubicación. e) Agardar as prescricións do Avance das Directrices de Ordenación do Territorio. Por todo o exposto SOLICITA: 1.- Que se teñan por formuladas alegacións ao Proxecto sectorial da plataforma loxística, empresarial e portua-
  • 62. ria de Ferrol e ao seu informe de sustentabilidade ambien- tal (D.O.G. nº 19, de 28 de xaneiro de 2009) por parte da Delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Histo- ria Natural, e se dea por persoada esta entidade no expediente de referencia. 2. Que se modifique o proxecto nos termos expostos nas presentes alegacións, manexando axeitadamente a elección das alternativas (incluíndo a alternativa cero), para melloralo ambientalmente conforme a criterios de sustentabilidade ambiental, económica e social. Ferrol, a 26 de marzo do 2009 O Delegado da SGHN - Ferrol Asdo.: Juan Ignacio Díaz da Silva SR . DIRECTOR XERAL DO INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO.