ALEGACIÓNS realizadas pola SGHN (Sociedade Galega de Historia natural), Delegación de Ferrol
á solicitude de autorización ambiental integrada
presentada por Megasa Siderúrgica S.L., - (26-abril-2006) - Concello de Narón
1. SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL
Delegación de Ferrol
Apdo. Correos nº 356 – 15480 Ferrol
Tlfno./fax: 981 352 820 – Móbil: 616 388 935
www.sghnferrol.blogspot.com – www.sghn.org
sghnferrol@teleline.es
ALEGACIÓNS
á solicitude de autorización ambiental integrada
presentada por Megasa Siderúrgica S.L.,
en Narón (A Coruña), Clave 0175/2006
(D.O.G. nº 58, de 22 de marzo de 2007)
2. Antonio Ernesto Rodríguez Martínez, con DNI -----------------
Secretario da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol,
con enderezo, para os efectos de notificación, no Apartado de
Correos nº 356 de Ferrol, CP 15480, actuando en
representación da citada asociación, comparece e como mellor
proceda en dereito,
EXPON:
1. Que por medio do presente escrito a SGHN - Ferrol formula
alegacións á solicitude de autorización ambiental integrada
presentada por Megasa Siderúrgica S.L., en Narón (A Coruña)
– Clave 0175/2006 (D.O.G. nº 58, de 22 de marzo de 2007), co
3. obxecto de que se modifique nos seus actuais termos para
axustala segundo criterios de maior respecto cara o medio
ambiente.
2. As alegacións presentadas baséanse nas esixencias que a
Lei 16/2002, de Prevención e Control Integrados da
Contaminación, propón para a concesión da devandita
solicitude, definindo no artigo 3.a) a autorización ambiental
integrada como “la resolución del órgano competente de la
Comunidad Autónoma en la que se ubique la instalación, por la
que se le permite, a los solos efectos de protección del medio
ambiente y de la salud de las personas, explotar la totalidad o
parte de una instalación, bajo determinadas condiciones
4. destinadas a garantizar que la misma cumpla el objeto de
las disposiciones de esta ley”.
3. Dado que os datos de emisións para algúns contaminantes
(CO, NOx, F, Cu, Pb) exceden os límites de emisión
(destacando no ano 2004 as emisións de CO e de Pb, con
especto aos anos anteriores), non se poden considerar as
Mellores Técnicas Dispoñibles expostas como as idóneas para
o funcionamento da planta. O argumento exposto no informe de
que non se deben considerar só os aspectos ambientais á hora
de escoller unha tecnoloxía, senón que se deben ter en conta
aspectos de calidade do produto e custos, non se axusta ao
esixido pola lexislación. Cómpre ter en conta que aos aspectos
5. ambientais acompañan sempre as repercusións sobre a saúde
humana, que a planta industrial está instalada nun núcleo de
poboación de máis de 50.000 habitantes e que o concello de
Narón, xunto co de Ferrol, forman unha área metropolitana.
Neste senso, a Ley 16/2002, no artigo 7.e, aos efectos de
determinar a autorización ambiental integrada dos valores
límites de emisión propón que se teña en conta: “la incidencia
de las emisiones en la salud humana potencialmente afectada y
en las condiciones generales de la sanidad animal”.
4. Con respecto a esta listaxe de contaminantes, consultada a
Directiva EPER, coa fin de comprobar que coas reformas nas
instalacións melloraran os datos de emisión, non obtivemos os
6. datos relativos aos anos 2005 e 2006. A Ley 16/2002 dispón no
artigo 8 que os titulares das instalacións notificarán polo menos
unha vez ao ano, ás Comunidades Autónomas nas que estean
ubicadas, os datos sobre as emisións correspondentes a ditas
instalacións. Entendemos, pois, que se estes datos non foron
comunicados, estaríase incurrindo nunha ilegalidade.
5. No artigo 12 da mesma Ley 16/2002, en referencia ao
contido da solicitude e documentación requerida, esixe o tipo e
cantidade das emisións ao aire, ás augas e ao solo, e da
“determinación de sus efectos significativos sobre el medio
ambiente”. Estes efectos non se describen no proxecto, sendo
datos que consideramos imprescindibles, tendo en conta as
repercusións sobre a saúde humana e o medio ambiente.
7. 6. Descoñecemos se esta instalación está obrigada a instalar
sistemas de control e medida das inmisións, pero cremos que
sería necesario a súa instalación, en función do que determina
a Lei 8/2002, no seu artigo 9.4: “En determinados casos, previa
resolución motivada, a aministración pública galega poderá
requerir aos titulares das instalacións a instalación de redes e
estacións de vixilancia das inmisións dos produtos que emiten e
que cubrirán o contorno da planta”.
Tendo en conta o R.D. 1073/2002 sobre evaluación y gestión
de la calidad del aire, que no seu artigo 8.2 di: “será obligatorio
efectuar mediciones directas de la calidad del aire en lugares
fijos y para contaminantes regulados en los casos siguientes: a)
cuando se trate de aglomeraciones y para aquellos
8. contaminantes que tengan fijado el umbral de alerta”.
En todo caso, non se reflecten na solicitude os datos de
inmisión.
7. Segundo se indica na solicitude, “los metales como el níquel,
el arsénico, el cadmio y el mercurio están en el rango definido
por el criterio derivado del artículo 46.4 del D 833/1975. Sin
embargo, los niveles de inmisión máximos derivados de estas
emisiones están por debajo de estos niveles, ya que se sitúan
en el rango (μg/Nm³) y, en caso de serle de aplicación, estos
metales cumplirían con la legislación vigente”. Con todo,
segundo o artigo 3 da Ley 16/2002, os valores límite de
emisións das sustancias aplicaranse xeralmente no punto no
que as emisións saian da instalación.
9. 8. As escouras negras e brancas considéranse como residuos
inertes, sen embargo na solicitude falta a acreditación de que
sexan inertes, como obriga a lexislación no artigo 21.1 do
Decreto 174/2005. Ao noso entender, non se poden considerar
inertes, pois en contacto coa auga disólvense os metais
pesados, e son absorbidos polo fitoplancton, e de aí pasan á
cadea trófica, sendo o ser humano o máis afectado por estar
no vértice da pirámide alimentaria e ser o efecto acumulativo o
causante de graves prexuízos para a saúde humana. Ademais,
o carácter básico destes residuos incide negativamente no
medio biótico, por alteracións do pH. Tendo en conta que non
se toman medidas excepcionais con este tipo de residuos, a
contaminación producida pode ser grave.
10. Con respecto ás zonas onde se depositan estes residuos,
debería verificarse que nestas ubicacións non se produce
contaminación no medio. No pasado utilizáronse como material
de recheo na ampliación da fábrica e para o paseo marítimo. Na
ampliación da fábrica non é posible comprobar se os materiais
están selados, pero si o é no paseo marítimo, sendo unha fonte
de contaminación continua para a ría. Por esta razón, sería
necesario selar estes depósitos para impedir as continuas
emisións de metais pesados.
9. Cando se fala do tratamento de refrixeración indirecta dise
que as perdas de auga prodúcense unicamente por
evaporación, sendo substituída por auga achegada do río
11. Xuvia. Así e todo, as táboas resultantes da análise de mostras
de auga amosan unha temperatura que non se corresponde
coa temperatura ambiente na época do ano na que se toman as
mostras, deducíndose que a elevación da temperatura débese
a perdas nos circuítos de refrixeración, o que sería grave, tendo
en conta que podería soportar unha carga considerable de
metais pesados. Ademais, se as temperaturas exceden os
rangos establecidos, hai perigo de anoxia na auga,
traducíndose isto en mortandade nos seres vivos do espacio
circundante. Isto dependería do volume e do réxime de
emisións, datos que sería imprescindible coñecer.
12. 10. Con respecto das augas pluviais, non se especifica o
tratamento a que van ser sometidas.Tendo en conta a gran
cantidade de metais en disolución xerados, e que non todo o
volume de auga existente será bombeado á planta de augas
industriais para a súa utilización, parte do volume resultante
rebordará verténdose, segundo se deduce, directamente á ría.
11. Na análise de impactos potenciais na fase de explotación,
recoñécese que a afección das emisións sobre o medio son
significativas e negativas, tanto na afección sobre a atmosfera
como sobre a hidroloxía, aínda que se considera que coas
modificacións realizadas débese considerar compatible. O feito
de que se excedan os valores límites de contaminantes non fan
13. crible este prognóstico, sobre todo se temos en conta os
efectos acumulativos deste elementos e as súas consecuencias
, así como que esta planta leva cincuenta anos en
funcionamento, afectando un espacio que presenta unha alta
densidade de poboación. É necesario tomar medidas drásticas
para paliar os efectos da contaminación e ter en conta que os
custos económicos resultantes dos prexuízos causados no
medio e na saúde humana son considerablemente maiores ca
os que habería que investir para tomar as medidas oportunas
para evitar a contaminación.
Na solicitude mesma descríbense de xeito contundente os
efectos negativos causados pola contaminación: ”Las emisio-
nes de NOx participan en la formación de la lluvia ácida y,
14. como consecuencia de ello, en la acidificación de los recursos
hidrológicos y edáficos. Esto induce a la aparición de
alteraciones en el ritmo de crecimiento en la flora, en los
hábitats y en la salud humana, etc.”. “La afección sobre la
hidrografía ... podría generar la desaparición de la flora y la
fauna acuática, así como de importantes valores paisajísticos y
naturales”. “La ría de Ferrol se identifica por presentar una baja
profundidad y una escasa renovación de aguas, factores que
aumentan el riesgo de eutrofización y de afección del medio
biótico”.
15. Por todo o exposto,
SOLICITA:
1. Que se teña por formulado alegacións á solicitude de
autorización ambiental integrada presentada por Megasa
Siderúrgica S.L., en Narón (A Coruña) – Clave 0175/2006
(D.O.G. nº 58, de 22 de marzo de 2007) e comparecida a
SGHN (Ferrol) como parte interesada no expediente de
referencia, solicitando que lle notifiquen por escrito cantas
actuacións e resolucións se practiquen en diante, sen prexuízo
da obtención de cantas copias precise da documentación que
obre no expediente.
16. 2. Que non se outorgue a Autorización Ambiental Integrada
en tanto non se modifique o proxecto para resolver
satisfactoriamente os problemas nel existentes. Na nosa
opinión, son consideracións de índole económica as que
impiden resolver axeitadamente os problemas.
3. No caso de non atenderse as razóns expostas no punto
anterior, e tendo en conta o elevado número de vidas
humanas afectadas por esta actividade, así como os moitos
anos de funcionamento desta industria, debería considerarse
outra situación, fóra da ría de Ferrol, para esta instalación.
Ferrol, a 26 de abril de 2007.
O Secretario da SGHN - Ferrol
Asdo. Antonio E. Rodríguez Martínez