Xaneiro 2015

370 visualizações

Publicada em

0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
370
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
7
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
1
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Xaneiro 2015

  1. 1. enero january janvier janeiro
  2. 2. É o primeiro mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días.
  3. 3. O nome ven do latín ianuarius, polo deus Jano (en latín Janus), representado con dúas caras, o deus das portas (entrada e saída) ou do comezo e o final.
  4. 4. A pedra de xaneiro é o granate e a flor o caravel.
  5. 5. Son frecuentes as xeadas e neva nas zonas altas Os Ancares
  6. 6. A maioría das árbores seguen sen follas
  7. 7. Florecen os eucaliptos, as camelias, as mimosas, as amieiras, as avelairas, os nabos, os chuchameles... mimosa
  8. 8. avelaira
  9. 9. camelia
  10. 10. flor de eucalipto
  11. 11. os liques reprodúcense
  12. 12. Fentos, brións e fungos
  13. 13. -Os raposos buscan parella -Desovan as sardiñas e os muxes -Empezan a formar parellas algunhas aves (parrulos, corvos, merlos, pardales...) -O Bao segue cheo de aves invernantes
  14. 14. Os gatos andan ás “xaneiras”
  15. 15. cávanse e fertilízanse as terras
  16. 16. TEMPERATURA MÁXIMA-MEDIA (ºC) TEMPERATURA MÍNIMA-MEDIA (ºC) TEMPERATURA MEDIA (ºC) HUMIDADE MEDIA (%) VELOCIDADE DO VENTO (km/h) CHUVIA TOTAL (l) DÍA CHUVIA MÁXIMA (l/m2 ) DIAS CHUVIA 13,1 7,2 9,92 88 10,8 193,6 15 (62 l) 17 O TEMPO
  17. 17. DATOS GALICIA: -Temperatura mínima: 7,7 ºC (Baltar-Ourense) -Chuvia máxima rexistrada: 110, l o día 30 (Invernadeiro-Ourense) -Refacho de vento máximo: 126 km/h (Camariñas)
  18. 18. La Voz de Galicia
  19. 19. -O vinteún de xaneiro ten unha hora por enteiro. Os días medraron 58 minutos
  20. 20. Os temporais achegan gran cantidade de algas ás praias
  21. 21. -Xaneiro xeado e abril mollado enchen o faiado -Cando as rans cantan no xaneiro, sinal de fame en todo o eido -Seco xaneiro, abundancia no graneiro
  22. 22. -Xaneiro xeadeiro, febreiro ventisqueiro, marzo pardo, abril mollado e maio claro, valen máis que os bois e o carro.
  23. 23. -A xeada de xaneiro mata a vaca e mais o leiro.
  24. 24. nabicol -En xaneiro a berza é carneiro -Xaneiro alleiro -Se queres ter bo alleiro plántao no xaneiro -Se chove en San Antón de xaneiro pipas ao fumeiro, se non, pipas ao canteiro
  25. 25. -No mes de xaneiro sube ao outeiro, se ves verdear ponte a chorar, se ves estercar ponte a cantar. -Quen labra no xaneiro labra para o ano enteiro. -En xaneiro, lume na lareira e porco no fumeiro.
  26. 26. Días sinalados: 1 de xaneiro: Ano Novo
  27. 27. 1 de xaneiro de 1801: descubrimento do primeiro asteroide (Ceres), polo astrónomo italiano Giuseppe Piazzi no seu observatorio de Palermo. Actualmente está considerado un planeta enano
  28. 28. 2 de xaneiro de 1839: Louis Daguerre tira a primeira fotografía da Lúa.
  29. 29. 4 de xaneiro de 1643: nace Isaac Newton, físico e matemático inglés.
  30. 30. 6 de xaneiro: día dos Reis Magos
  31. 31. 7 de xaneiro de 1610: Galileo Galilei observa, por vez primeira na historia, algún dos satélites do planeta Xúpiter
  32. 32. 7 de xaneiro de 1943: morre Nikola Tesla, físico, matemático, enxeñeiro eléctrico e inventor estadounidense de orixe austriaca.
  33. 33. 7 de xaneiro de 1714: Hrnry Mill rexistra a patente da primeira máquina de escribir Keystone 1 (1899)
  34. 34. 8 de xaneiro de 1642: morre Galileo Galilei, matemático e físico italiano.
  35. 35. 9 de xaneiro de 1848: morre Carolina Herschel, astrónoma inglesa de orixen alemán.
  36. 36. 9 de xaneiro de 1988: científicos do Instituto Whitehead de Boston conseguen illar o TDF (xen responsable do sexo humano), localizado no cromosoma Y, que está presente só nos homes.
  37. 37. 10 de xaneiro de 1778: morre Varl von Linné, botánico sueco.
  38. 38. 11 de xaneiro de 2008: morre Edmund Hillary, alpinista neozalandés, primeiro home en pisar a cima do Everest, xunto so sherpa Tenzing Norgay.
  39. 39. 14 de xaneiro de 1742: morre Edmund Halley, astrónomo británico
  40. 40. 14 de xaneiro de 1994: presentadas as primeiras imáxes trala misión espacial do telescopio espacial Hubble.
  41. 41. 15 de xaneiro de 1362: primeiro día da tormenta no Mar do Norte (segunda inundación do Día de San Marcelo, que en tres días arrasa cos Países Baixos. Inglaterra e norte de Alemania, causando entre 40 000 e 100 000 mortes.
  42. 42. 15 de xaneiro de 2001: Wikipedia inicia a súa andadura on line.
  43. 43. 16 de xaneiro de 1909: a expedición de Ernest Shackleton atopa o Polo Sur Magnético
  44. 44. 17 de xaneiro de 1912: o explorador inglés Robert Falcon Scott chega ao Polo Sur, un mes despois de facelo o noruego Roald Amundsen.
  45. 45. 18 de xaneiro de 1878: morre Antoine César Becquerel, físico francés.
  46. 46. 19 de xaneiro de 1736: nace James Watt, inventor británico. máquina de vapor
  47. 47. 20 de xaneiro de 1775 nace André Marie Ampère, físico e matemático francés.
  48. 48. 20 de xaneiro de 1906 extráese na Premier Mine, preto de Pretoria (Sudáfrica), o diamante "Cullinan", cun peso de 620 g antes de ser cortado.
  49. 49. 17 de xaneiro de 2009: bátese o récord da onda máis grande rexistrada en España (26 m de altura, 22 millas das costas de Santander), durante o temporal do ciclón extratropical Klaus.
  50. 50. 17 de xaneiro de 1958 Científicos británicos e estadounidenses anuncian que lograron unha fusión nuclear controlada.
  51. 51. 25 de xaneiro de 1627: nace Robert Boyle, físico e químico angloirlandés.
  52. 52. 26 de xaneiro de 1823: morre Edward Jenner, médico británico que desenvolveu a vacina contra a virola.
  53. 53. 28 de xaneiro de 1986: en EE. UU., o transbordador espacial Challenger explota pouco despois do seu despegue. Morren os sete astronautas.
  54. 54. 30 de xaneiro Día da Paz
  55. 55. Para tentar construír un mundo mellor, máis xusto e humano; e unha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e pacífica. O obxectivo da celebración do Día da Paz e fomentar a educación na tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz.
  56. 56. O día da Paz celébrase na data do aniversario da morte do lider espiritual da India e símbolo da non violencia, Mahatma Gandhi. Mohandas Karamchand Gandhi naceu en Porbandar (India) en 1869 e morreu en Nova Delhi o 30 de xaneiro de 1948, Graduouse en dereito en Inglaterra. Vivíu en África do Sur onde loitou contra a discriminación racial. Volveu á India onde organizou a resistencia non violenta. Estivo encarcelado en moitas ocasións. En 1937 era o líder dun movemento independentista con capacidade para movilizar a millóns de indios.
  57. 57. 30 de xaneiro de 1886: nace Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, escritor, debuxante e político galego.
  58. 58. ÚLTIMO DOMINGO de xaneiro: Día Mundial da Lepra
  59. 59. 31 de xaneiro de 1922: primeiro voo do autoxiro de Juan de la Cierva no aeródromo de Getafe. Consegue elevarse 25 m durante tres minutos.
  60. 60. FOTOS: Alumnado 1º ESO C, Xea, Internet XANEIRO 2015

×