SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 35
HISTORIA DA  FOTOGRAFÍA
ANTECEDENTES A CÁMARA ESCURA O principio da cámara escura era coñecido polos sabios chineses desde o século IV antes de Cristo: se se fai un burato na parede dunha habitación a escuras, na oposta proxéctase una imaxen do exterior, un pouco borrosa e invertida. A cámara escura é un aparello óptico que permite obter unha proxección plana dunha imaxe externa sobre unha superficie interior.
-No sécuo X  o científico árabe  Alhazen de Basora   no seu libro “Tratado Óptico” explica que son os obxectos os que emiten luz e non os ollos. -No século XIII era coñecida por  Roger Bacon -A partir do século XV engádenselle lentes no orificio e empréganse para experimentos científicos (estudo de eclipses) e como auxiliar para o debuxo . Cámara escura do século XVIII
Debuxando cunha cámara escura
-No século XVI constrúense cámaras portátiles con obxectivos dotados de lentes, co que a imaxe gañaba en definición e luminosidade. Debuxos de Canaletto (século XVIII) feitos coa axuda dunha cámara escura
OS EFECTOS QUÍMICOS DA LUZ Arredor de 1800, o científico inglés  Thomas Wedgwood  untou pregos de papel con sales de plata sensibles á luz, cos que producía  heliografías , impresións solares que aparecían sobre o papel tratado ao colocar sobre eles obxectos ou vidros con debuxos e expoñelos á luz. Despois da exposición había que gardalo na escuridade porque se volvía completamente negro.
1816: o francés   Joseph-Nicéphore Niépce   fai o primeiro negativo sobre papel.
1826:   Joseph-Nicéphore Niépce   consegue, por primera vez, fixar de forma duradeira unha imaxe do natural. Colocou unha cámara escura na ventá da súa habitación durante oito horas que grabou a imaxe sobre unha placa de zinc recuberta de betún de Xudea diluído en petróleo.
19 de agosto de 1839: o invento é presentado publicamente na Academia de Ciencias e Belas Artes de Francia, como fonte empírica de documentación da realidade.  El grabado heliográfico máis antigo que se conserva.  Ensaio realizado en 1825 por Niepce, por contacto, sen cámara oscura.
1839:   Louis Daguerre   fai pública a invención do daguerrotipo, unha copia única realizada sobre unha emulsión, en soporte metálico, polo xeral de cobre.   O taller do artista.  Daguerre .
Os daguerrotipos resultaban caros, pesados, difíciles de conservar e precisaban dun tempo de exposición moi prolongado.  Boulevard du Temple. Daguerre
1835:   William Henry Fox Talbot   crea o primeiro negativo (calotipo, talbotipo ou impresión sobre papel salgado) e patentao en 1841. A imaxe obtíñase copiando un negativo de papel sobre outra folla, que por contacto creaba un positivado. O papel era impregnado cunha solución ácida de nitrato de prata antes e despois da exposición. Rebaixaba sensibelmente o tempo de exposición (entre 1 e 7 minutos), e permitía tirar múltiplos positivados dun único negativo.
Talbot conseguíu a reproductibilidade da fotografía. 1835 1835 Fotos   de Talbot
1839: o astrónomo e químico inglés  John Frederick William Herschel  realiza o primeiro negativo de vidro e comunica o descubrimento (realizado en 1819) sobre o poder solvente do hiposulfito de sodio en contacto con sales de prata insolubles.
1839:  John Frederick William Herschel   introduce a cianotipia, un proceso monocromo que produce unha impresión azul baseándose en dous compostos químicos, o citrato de ferro e o ferrocianuro de potasio.   Anna Atkins ,  científica británica, levou o proceso cianotípico á fotografía, converténdose así na que é considerada a primeira muller fotógrafa.  Imaxe do libro British Algae, de Anna Atkins (1843).
1850:   Blanquart Evrard   comezou a empregar un composto de albumina de ovo e nitrato de prata que, extendido sobre o papel, conseguía que a emulsión non reproducise imperfeccións e rugosidades e aumentaba a nitidez do produto.
1851: faise público o emprego do  colodión húmido , unha especie de verniz que se aplica ás placas e sobre o que se estende a emulsión química.  O nome de "colodión húmido" fai referencia á necesidade de que a placa permaneza húmida durante todo o proceso de toma e revelado das imaxes. Aumentábase así a nitidez, pero, os fotógrafos tiñan que levar canda si un pequeno laboratorio fotográfico para revelar a placa inmediatamente após da súa toma. Foto de Gustave Le Gray, 1857
1860: o físico escocés   James Clerk  Maxwell   demostróu que era posible realizar fotografías en cor utilizando unha combinación de filtros vermello, verde e azul. Primeira fotografía en cor, tomada por J C Maxwell, en 1861, realizando tres fotografías sucesivas con filtros diferentes.
1864: úsanse os primeiros  flashes   que consistían  nunha cantidade de pó de magnesio que se facía arder manualmente. Ao comezo era moi caro e non se xeralizou o seu uso ata 10 anos despois.
1871: descubrimento do   xelatino-bromuro   que supuxo eliminar un dos grandes inconvenientes do colodión húmido e rebaixaba o tempo de exposición a 0,25 minutos, o que se achegaba ao concepto de instantánea. Neste proceso, aplícase sobre a placa unha solución de bromuro, auga e xelatina sensibilizada con nitrato de prata.
1880: comézase a usar nos   flashes   unha mestura de pó de magnesio cun axente oxidante como o clorato potásico.  O carácter explosivo da mestura facía que o seu uso fose perigoso.
1888:   George Eastman   lanza ao mercado a cámara Kodak que substituía as placas de vidro polo negativo de papel fotográfico, que pouco tempo despois foi substituído polo carrete de celuloide. Kodak 100 vista, a primeira cámara Kodak.
1906:   Wratten  e  Wainwright   introducen a placa pancromática, sensible a todas as cores do espectro.
1907: os irmáns  Auguste  e  Louis Lumière  presentan a película en cor completamente funcional, o autocromo. Placa autocroma Lumière, arredr de 1916
1931: invéntase o   flash electrónico Kodak 1960
1935: aparece a primeira   película diapositiva   moderna en cor, a Kodakchrome, baseada en tres emulsións coloreadas. Imaxe de Londres con  película Kodachrome. (1949)
1936: Agfacolor inclúe os   acopladores de cor   xa nas capas de emulsión. Imaxe con película agfacolor.  (1937)
1942: Eastman-Kodak comeza a producir   películas negativas en cor   - as Kodakolor - das que se podían obter copias positivas en cor .
1947: os laboratorios   Polaroid   presentan diante da Sociedade Óptica Estado-Unidense a primeira   fotografía instantánea ,  cunha cámara que revelaba e positivaba a imaxe en 60 segundos.
1963, os laboratorios Polaroid presentan a cámara que  fai  fotografía instantánea en cor .
1975: Kodak desenvolve a primeira   cámara dixital .  Steve Sasson constrúe unha cámara do tamaño dunha torradora que obtiña imaxes dunha calidade equivalente a 0.01 megapíxel. Necesitaba 23 segundos para gardar unha fotografía en branco e negro nunha cinta de casete e outros tantos en recuperala. Cámara dixital deseñada  por Steve Sasson
1997:   Philippe Kahn   realiza as primeras imágenes compartidas entre un teléfono celular e unha cámara.
2000: primeiro   teléfono móbil   comercial con cámara fotográfica. Feito por Sharp para o mercado xaponés.
século XXI : aséntase e popularízase a   fotografía dixital .  As imaxes son capturadas por un sensor electrónico que dispón de multitude de unidades fotosensibles e que arquiva os datos nunha memoria.
Montaxe: Adela Leiro, agosto 2011 Imaxes: Adela Leiro, Internet (Wikipedia e outros)

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a Historia da fotografía

Inventos e inventores
Inventos e inventoresInventos e inventores
Inventos e inventoreskalaiko123
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosfilmotecaforum
 
A televisión goretti e olalla
A televisión  goretti e olallaA televisión  goretti e olalla
A televisión goretti e olallagolvazquez
 
A televisión goretti e olalla
A televisión  goretti e olallaA televisión  goretti e olalla
A televisión goretti e olallagolvazquez
 
Historiadafotografia touro2014
Historiadafotografia touro2014Historiadafotografia touro2014
Historiadafotografia touro2014albasara88
 
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)silvanarisitas
 
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)silvanarisitas
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidafilmotecaforum
 
Unidade 1 linguaxe_audiovisual
Unidade 1 linguaxe_audiovisualUnidade 1 linguaxe_audiovisual
Unidade 1 linguaxe_audiovisualSara Estarque
 

Semelhante a Historia da fotografía (16)

O nacemento do cine
O nacemento do cineO nacemento do cine
O nacemento do cine
 
Inventos e inventores
Inventos e inventoresInventos e inventores
Inventos e inventores
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
A televisión goretti e olalla
A televisión  goretti e olallaA televisión  goretti e olalla
A televisión goretti e olalla
 
A televisión goretti e olalla
A televisión  goretti e olallaA televisión  goretti e olalla
A televisión goretti e olalla
 
Inventos e inventores
Inventos e inventoresInventos e inventores
Inventos e inventores
 
A fotografía
A fotografíaA fotografía
A fotografía
 
Mulleres científicas
Mulleres científicasMulleres científicas
Mulleres científicas
 
Tema 15
Tema 15Tema 15
Tema 15
 
Historiadafotografia touro2014
Historiadafotografia touro2014Historiadafotografia touro2014
Historiadafotografia touro2014
 
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
 
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
Presentacin1 130613085610-phpapp01-140525120116-phpapp02 (1)
 
Os irmáns lumière
Os irmáns lumièreOs irmáns lumière
Os irmáns lumière
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
 
A lámpada
A lámpada A lámpada
A lámpada
 
Unidade 1 linguaxe_audiovisual
Unidade 1 linguaxe_audiovisualUnidade 1 linguaxe_audiovisual
Unidade 1 linguaxe_audiovisual
 

Mais de iesasorey

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxiesasorey
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxiesasorey
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxiesasorey
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptiesasorey
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptiesasorey
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfiesasorey
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfiesasorey
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfiesasorey
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfiesasorey
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019iesasorey
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asoreyiesasorey
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballoiesasorey
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexactoiesasorey
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoiesasorey
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosiesasorey
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilariesasorey
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016iesasorey
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos iesasorey
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) iesasorey
 

Mais de iesasorey (20)

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptx
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptx
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.ppt
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdf
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asorey
 
Marzo 2016
Marzo 2016Marzo 2016
Marzo 2016
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballo
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexacto
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundo
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anos
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilar
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
 

Historia da fotografía

  • 1. HISTORIA DA FOTOGRAFÍA
  • 2. ANTECEDENTES A CÁMARA ESCURA O principio da cámara escura era coñecido polos sabios chineses desde o século IV antes de Cristo: se se fai un burato na parede dunha habitación a escuras, na oposta proxéctase una imaxen do exterior, un pouco borrosa e invertida. A cámara escura é un aparello óptico que permite obter unha proxección plana dunha imaxe externa sobre unha superficie interior.
  • 3. -No sécuo X o científico árabe Alhazen de Basora no seu libro “Tratado Óptico” explica que son os obxectos os que emiten luz e non os ollos. -No século XIII era coñecida por Roger Bacon -A partir do século XV engádenselle lentes no orificio e empréganse para experimentos científicos (estudo de eclipses) e como auxiliar para o debuxo . Cámara escura do século XVIII
  • 5. -No século XVI constrúense cámaras portátiles con obxectivos dotados de lentes, co que a imaxe gañaba en definición e luminosidade. Debuxos de Canaletto (século XVIII) feitos coa axuda dunha cámara escura
  • 6. OS EFECTOS QUÍMICOS DA LUZ Arredor de 1800, o científico inglés Thomas Wedgwood untou pregos de papel con sales de plata sensibles á luz, cos que producía heliografías , impresións solares que aparecían sobre o papel tratado ao colocar sobre eles obxectos ou vidros con debuxos e expoñelos á luz. Despois da exposición había que gardalo na escuridade porque se volvía completamente negro.
  • 7. 1816: o francés Joseph-Nicéphore Niépce fai o primeiro negativo sobre papel.
  • 8. 1826: Joseph-Nicéphore Niépce consegue, por primera vez, fixar de forma duradeira unha imaxe do natural. Colocou unha cámara escura na ventá da súa habitación durante oito horas que grabou a imaxe sobre unha placa de zinc recuberta de betún de Xudea diluído en petróleo.
  • 9. 19 de agosto de 1839: o invento é presentado publicamente na Academia de Ciencias e Belas Artes de Francia, como fonte empírica de documentación da realidade. El grabado heliográfico máis antigo que se conserva. Ensaio realizado en 1825 por Niepce, por contacto, sen cámara oscura.
  • 10. 1839: Louis Daguerre fai pública a invención do daguerrotipo, unha copia única realizada sobre unha emulsión, en soporte metálico, polo xeral de cobre. O taller do artista. Daguerre .
  • 11. Os daguerrotipos resultaban caros, pesados, difíciles de conservar e precisaban dun tempo de exposición moi prolongado. Boulevard du Temple. Daguerre
  • 12. 1835: William Henry Fox Talbot crea o primeiro negativo (calotipo, talbotipo ou impresión sobre papel salgado) e patentao en 1841. A imaxe obtíñase copiando un negativo de papel sobre outra folla, que por contacto creaba un positivado. O papel era impregnado cunha solución ácida de nitrato de prata antes e despois da exposición. Rebaixaba sensibelmente o tempo de exposición (entre 1 e 7 minutos), e permitía tirar múltiplos positivados dun único negativo.
  • 13. Talbot conseguíu a reproductibilidade da fotografía. 1835 1835 Fotos de Talbot
  • 14. 1839: o astrónomo e químico inglés John Frederick William Herschel realiza o primeiro negativo de vidro e comunica o descubrimento (realizado en 1819) sobre o poder solvente do hiposulfito de sodio en contacto con sales de prata insolubles.
  • 15. 1839: John Frederick William Herschel introduce a cianotipia, un proceso monocromo que produce unha impresión azul baseándose en dous compostos químicos, o citrato de ferro e o ferrocianuro de potasio. Anna Atkins , científica británica, levou o proceso cianotípico á fotografía, converténdose así na que é considerada a primeira muller fotógrafa. Imaxe do libro British Algae, de Anna Atkins (1843).
  • 16. 1850: Blanquart Evrard comezou a empregar un composto de albumina de ovo e nitrato de prata que, extendido sobre o papel, conseguía que a emulsión non reproducise imperfeccións e rugosidades e aumentaba a nitidez do produto.
  • 17. 1851: faise público o emprego do colodión húmido , unha especie de verniz que se aplica ás placas e sobre o que se estende a emulsión química. O nome de "colodión húmido" fai referencia á necesidade de que a placa permaneza húmida durante todo o proceso de toma e revelado das imaxes. Aumentábase así a nitidez, pero, os fotógrafos tiñan que levar canda si un pequeno laboratorio fotográfico para revelar a placa inmediatamente após da súa toma. Foto de Gustave Le Gray, 1857
  • 18. 1860: o físico escocés James Clerk Maxwell demostróu que era posible realizar fotografías en cor utilizando unha combinación de filtros vermello, verde e azul. Primeira fotografía en cor, tomada por J C Maxwell, en 1861, realizando tres fotografías sucesivas con filtros diferentes.
  • 19. 1864: úsanse os primeiros flashes que consistían nunha cantidade de pó de magnesio que se facía arder manualmente. Ao comezo era moi caro e non se xeralizou o seu uso ata 10 anos despois.
  • 20. 1871: descubrimento do xelatino-bromuro que supuxo eliminar un dos grandes inconvenientes do colodión húmido e rebaixaba o tempo de exposición a 0,25 minutos, o que se achegaba ao concepto de instantánea. Neste proceso, aplícase sobre a placa unha solución de bromuro, auga e xelatina sensibilizada con nitrato de prata.
  • 21. 1880: comézase a usar nos flashes unha mestura de pó de magnesio cun axente oxidante como o clorato potásico. O carácter explosivo da mestura facía que o seu uso fose perigoso.
  • 22. 1888: George Eastman lanza ao mercado a cámara Kodak que substituía as placas de vidro polo negativo de papel fotográfico, que pouco tempo despois foi substituído polo carrete de celuloide. Kodak 100 vista, a primeira cámara Kodak.
  • 23. 1906: Wratten e Wainwright introducen a placa pancromática, sensible a todas as cores do espectro.
  • 24. 1907: os irmáns Auguste e Louis Lumière presentan a película en cor completamente funcional, o autocromo. Placa autocroma Lumière, arredr de 1916
  • 25. 1931: invéntase o flash electrónico Kodak 1960
  • 26. 1935: aparece a primeira película diapositiva moderna en cor, a Kodakchrome, baseada en tres emulsións coloreadas. Imaxe de Londres con película Kodachrome. (1949)
  • 27. 1936: Agfacolor inclúe os acopladores de cor xa nas capas de emulsión. Imaxe con película agfacolor. (1937)
  • 28. 1942: Eastman-Kodak comeza a producir películas negativas en cor - as Kodakolor - das que se podían obter copias positivas en cor .
  • 29. 1947: os laboratorios Polaroid presentan diante da Sociedade Óptica Estado-Unidense a primeira fotografía instantánea , cunha cámara que revelaba e positivaba a imaxe en 60 segundos.
  • 30. 1963, os laboratorios Polaroid presentan a cámara que fai fotografía instantánea en cor .
  • 31. 1975: Kodak desenvolve a primeira cámara dixital . Steve Sasson constrúe unha cámara do tamaño dunha torradora que obtiña imaxes dunha calidade equivalente a 0.01 megapíxel. Necesitaba 23 segundos para gardar unha fotografía en branco e negro nunha cinta de casete e outros tantos en recuperala. Cámara dixital deseñada por Steve Sasson
  • 32. 1997: Philippe Kahn realiza as primeras imágenes compartidas entre un teléfono celular e unha cámara.
  • 33. 2000: primeiro teléfono móbil comercial con cámara fotográfica. Feito por Sharp para o mercado xaponés.
  • 34. século XXI : aséntase e popularízase a fotografía dixital . As imaxes son capturadas por un sensor electrónico que dispón de multitude de unidades fotosensibles e que arquiva os datos nunha memoria.
  • 35. Montaxe: Adela Leiro, agosto 2011 Imaxes: Adela Leiro, Internet (Wikipedia e outros)