SlideShare a Scribd company logo
1 of 41
Galicia ten milleiros de
ríos e regatos, milleiros
de lugares nos que a
auga se atopa en
contacto íntimo e
inseparable co cerne da
terra nai, contacto que
os convirteu en
inseparables e
complementarios e orixe
de multitude de formas
mudables e cambiantes.
Un río é unha corrente permanente de auga que
discorre por un leito fixo.
Os REGATOS, REGOS ou REGUEIROS son ríos de pouco caudal.
As NACENTES, MANANCIAIS, ILLÓS... son
lugares onde a auga infiltrada abrolla á superficie.
Vaias por onde vaias, sobre todo entre outono e primavera,
atopas un curso de auga, grande ou pequeno, de discorrer
maino ou bravío.
O río ábrese camiño
pendiente abaixo e
vai formando vales.




               Río Xesta
Canóns impresionantes coas rochas espidas,
     testemuñas da acción do río durante milleiros de anos.




Canón do Sil
Zonas remansadas, onde a auga descansa e acolle
multitude de formas de vida.
O río vai traballando no seu leito e xogando coas pedras.
Golpéaas, rómpeas, púleas, escavaas, forma coviñas, olas ou
pilancóns, arrástraas e logo deposítaas noutros lugares
convertidas en coios, pelouros ou areas.
Cando a inclinación da pendente é moi pronunciada o río corre con
moita velocidade formando rápidos e fervedoiras.
O efecto da abrasión crea pozas, pilacóns ou olas de xigante,
furados máis ou menos cilíndricos de distintas dimensións
producidos por pedras que, empurradas pola corrente, xiran
dentro deles.
Nas zonas de grandes
desniveis o río déixase caer
formando FERVENZAS,
CADOIROS, SEIMEIRAS,
PINCHEIRAS, FREIXAS...
recunchos acolledores ou
espectaculares.
Sería case imposible inventariar as
fervenzas que hai en Galicia, desde os
pequenos regos ata os grandes ríos,
raro é o lugar onde non se atopa
algunha. E froito desa gran abundancia
e variedade é tamén a diversidade de
nomes que podemos atopar
percorrendo o país: fervenzas,
férvedas, fírvedas, freixas, fechas,
ficheiras, chorreiras, chorredeiras,
cadoiros, saltos, cataratas, cachóns,
abanqueiros, cachoeiras, cascadas,
ruxidas, ruxidoiras, rexedoiras, cenzas,
censas, caeiras, pincheiras (no Courel),
seimeiras (na Fonsagrada), pesqueiras
(nos Ancares)...




                           Río Casteligo
Cadoiro do Toxa   Seimeira de Vilagocende
Na base das fervenzas, en moitos casos, fórmanse pozos, pozas ou
olas.

A xente adoita darlles nome como Pozo Negro, Pozo do Demo, Pozo do Inferno,
Pozo Sangoento… e moitas veces atópanse lendas asociadas de tesouros afundidos,
campás, tinas de ouro, persoas ou carros de bois e de meigas, fadas, lumias, mouras
e outros espiritus que moran no fondo.




Pozo Sangoento onde vive a Serpe Bichoca. Río Seixo, afluente do Lérez (Cerdedo).
Olas
no Río Belelle
Ola do Pombar. Río Quiroga.
Unha escorregadoira é
unha laxe pola que
esbara a auga.
Un piago ou pego é un lugar profundo no río




Pozo do Pego. Río Ulla en Touro
Os ríos presentan ás veces subidas extraordinarias das augas, son
crecidas (enchentes) e baixadas anormais de caudal (secas).




                        Variacións de caudal no Sil.
Enchente no Umia
Onde o río perde forza deposita os cantos, coios ou pelouros
Ao chegar ao mar os ríos forman esteiros, amplos espazos
nos que os sedimentos non sobresaen da auga porque o mar
arrástraos. Coa marea baixa quedan o descuberto os ariños,
lombos ou bancos de area




                                                  Esteiro do Umia
As DOIRAS ou TORRENTES
son cursos de auga
temporais, mentres duran
as choivas.
Os cavorcos son excavacións estreitas e profundas producidas
polas correntes de auga temporais
O RITO DA INMERSIÓN
En Galicia nas épocas de seca o pobo adoita pedir chuvia por
medio de oracións, procesións e rogativas a certos santos
considerados “portadores de auga”. Nalgúns lugares
acostúmase a meter o santo no río ou simúlase facelo.
No río Deva, os veciños de San Breixo de Deva levan ao San
Bartolomeu, en Cuntis meten a Santiago Apóstolo no río
Gallo, en santa Mariña de Ribeira (A Estrada) levan a imaxe
de San Vicente ao río Ulla para mollarlle os pés.
SERES MÍTICOS RELACIONADOS COS RÍOS
Existen lendas que falan de homes e mulleres peixe no río
Miño. Tamén se citan as lavandeiras, as feiticeiras, os
encantos, as lamias e os xacios e xacias.
O RÍO DO ESQUECEMENTO
Na antigüidade extendeuse a crenza de que aquel que se
atrevese a vadear o río Limia perdería a memoria. O
historiador romano Tito Livio dinos que cando Décimo Xuño
Bruto chegou coas súas tropas ao Limia non se atrevían a
cruzalo por medo a perder a memoria, e que tivo que ser o
propio Décimo Xuño Bruto o que o vadeu primeiro, e logo
foi chamando aos xefes das súas centurias, para que visen
que non perdera a memoria.
ADIVIÑAS                  Atrás dun penedo
                          paríuno súa nai;
É longo coma un camiño    correu pola terra
e vai fozando coma un     e casouse no mar
cochiño.
(o río)                   Por un carreiriño
                          moi mal empedrado,
Son dúas irmáns           ando e non me mollo
e nunca xuntas as verás   e sempre vou mollado
(as beiras do río)        (o río)
DITOS E REFRÁNS
-Nin casa á beira do río, nin viña á beira do camiño
-Deica xaneiro, calquera burro avanta o regueiro, pero de
xaneiro en diante, non hai can que o avante.
-Febreiro, barranqueiro, cada suco seu regueiro.
-O que ao río achega, o río o leva.
-Auga que vai río abaixo para arriba non ha de volver.
CANTIGAS

Eu pasei o río a nado,
Maruxiña, por te ver,
eu pasei o río a nado
a piques de me perder
 
Sempre te encontro lavando
no río Lérez lixeiro,
quen me dere ser o río
onde te lavas primeiro.

Funme botar a durmir
ao pé da auga que corre,
a auga foime decindo
quen ten amores non dorme.
 
Para tomar aires puros
quero as alturas dos montes;
o río para bañarme
que auga trae de moitas fontes
  
Pasa río, pasa río,
có teu maino rebulir;
pasa pas’ antr’ as froliñas
color d’ ouro e do marfil,
e quen c’ os teus doçes labios
tan doçes cousas lle dis.
Pasa, pasa, máis non vexan
que te vas á ó mar sin fin,
poqu’ entonces ¡ay probiñas,
canto choraran por ti!
…
Pasa, pasa, caladiño,
co teu manso rebulir,
camiño dó mar salado,
camiño dó mar sin fin;
e leva estas lagrimiñas,
si as de chegar por alí,
pretiño dos meus amores,
pretiño dó meu vivir.

     ROSALÍA DE CASTRO,
     en “Cantares Gallegos”.
Os regueiros do Meda e do Albela
e os rianchos que descen do Oribio
ó xuntarse nas agras de Lózara
        trenzaron o río;
este rideiro río de Samos
que nas laxes rompendo camiño
a bulir e furar mato adiante
de touza en lameiro, choutando a
rebrincos,
apañando pingotas de orballo,
zugando nas néboas, bebendo chuviscos,
inza o peito e estirándose, a pulos,
vai pasando de neno a mociño.
...
                      RAMÓN CABANILLAS
                      O Río e as Nereidas
PANOS brancos
             esfiañados
                       da nebra
ouveando polos vales
                polos soutos
                        i as devesas marelas
en busca dun cavorco
              ou dunha valiña outa
                              que os acolla
i os faga acougar!

Fiañas de nebra
          rubindo
                 e baixando
                         á gaiola do aire
polas serras érmedas
               e polos soutos despidos
                                do Nadal!
TRONOU ventou e choveo.
Bicouse a terra co ceo.
A noite que onte caiu
sólo foi pra quen a oíu.
Ameteu o río ameteron as fontes
i os fontegallos dos montes.
Naz a auga a goforón.
Regan os prados a cachón.
...
                 UXÍO NOVONEYRA
Prados do río!
Pincheiras a cachón i a fío!
Niste pao sentado
cando viña de nino co gado
facía cintos de xunco trenzado.
                 UXÍO NOVONEYRA
O ruxir do carrozo
                             o ceo do fondo do pozo.
                             Todo sabe e deixa ver
                             que vai chover.
CARROZO: regueiro de moito
desnivel, encaixado.               UXÍO NOVONEYRA
“O río sigue no seu, coma fai catro ou cinco ou cen mil anos. Sigue
rolando, moendo o tempo e luindo pelouros con feroce teimosía; dabúa,
ruxe, agurgulla en escumas, fura nas raiceiras, e eu vexo nel a vida, o
alento de cada hora dándolle feitío á eternidade, e síntome cativa no
arrimo desta orela, destas pedras carricentas postas polo xenio andeiro
dos romanos”
                                           XOSÉ NEIRA VILAS “Querido Tomás”
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
                              Febrero 2013

More Related Content

What's hot

Galicia literatura e auga
Galicia literatura e augaGalicia literatura e auga
Galicia literatura e augasatelite1
 
Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.
Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.
Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.Olga Lalín
 
paseando polo pomar
paseando polo pomarpaseando polo pomar
paseando polo pomarvalcorto1
 
Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaXenza
 
Manuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxeManuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxemonadela
 
Lola e a rata Luisa no Serrido
Lola e a rata Luisa no SerridoLola e a rata Luisa no Serrido
Lola e a rata Luisa no SerridoMonContos
 
Manuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasManuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasmonadela
 
Auga paisaxe
Auga paisaxeAuga paisaxe
Auga paisaxeiesasorey
 
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxeA auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxemonadela
 
Manuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempoManuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempomonadela
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegasagarridog
 
Fontes, pozos, lavadoiros
Fontes, pozos, lavadoirosFontes, pozos, lavadoiros
Fontes, pozos, lavadoirosiesasorey
 
Manuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesManuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesmonadela
 
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)monadela
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsMarta Pérez Lage
 
Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais monadela
 
Animais fantásticos Galicia
Animais fantásticos GaliciaAnimais fantásticos Galicia
Animais fantásticos Galiciaiesasorey
 

What's hot (20)

Galicia literatura e auga
Galicia literatura e augaGalicia literatura e auga
Galicia literatura e auga
 
O magosto
O magostoO magosto
O magosto
 
Cantos de sereas
Cantos de sereasCantos de sereas
Cantos de sereas
 
Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.
Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.
Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.
 
paseando polo pomar
paseando polo pomarpaseando polo pomar
paseando polo pomar
 
Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maría
 
Manuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxeManuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxe
 
Lola e a rata Luisa no Serrido
Lola e a rata Luisa no SerridoLola e a rata Luisa no Serrido
Lola e a rata Luisa no Serrido
 
Manuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasManuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantas
 
Auga paisaxe
Auga paisaxeAuga paisaxe
Auga paisaxe
 
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxeA auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
 
Lendas
Lendas Lendas
Lendas
 
Manuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempoManuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempo
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
Fontes, pozos, lavadoiros
Fontes, pozos, lavadoirosFontes, pozos, lavadoiros
Fontes, pozos, lavadoiros
 
Manuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesManuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as aves
 
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebracións
 
Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais
 
Animais fantásticos Galicia
Animais fantásticos GaliciaAnimais fantásticos Galicia
Animais fantásticos Galicia
 

Similar to Auga que corre

A auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que correA auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que corremonadela
 
Literatura Popular
Literatura PopularLiteratura Popular
Literatura Popularroimelo
 
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...monadela
 
Chuvia, neve c
Chuvia, neve cChuvia, neve c
Chuvia, neve ciesasorey
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyarPlastilina3
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoiesasorey
 
Unmardelendas
UnmardelendasUnmardelendas
Unmardelendasiesasorey
 
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROAPROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROIem Val Miñor
 
Un mar de lendas
Un mar de lendasUn mar de lendas
Un mar de lendasiesasorey
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
Río Navia
Río NaviaRío Navia
Río Naviamonadela
 

Similar to Auga que corre (20)

A auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que correA auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que corre
 
Auga e pedra
Auga e pedraAuga e pedra
Auga e pedra
 
Literatura Popular
Literatura PopularLiteratura Popular
Literatura Popular
 
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
 
Río Monelos
Río MonelosRío Monelos
Río Monelos
 
Auga e pedra
Auga e pedraAuga e pedra
Auga e pedra
 
Chuvia, neve c
Chuvia, neve cChuvia, neve c
Chuvia, neve c
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyar
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Club de lectura 2018
Club de lectura 2018Club de lectura 2018
Club de lectura 2018
 
Unmardelendas
UnmardelendasUnmardelendas
Unmardelendas
 
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROAPROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
 
Un mar de lendas
Un mar de lendasUn mar de lendas
Un mar de lendas
 
Topicos literarios
Topicos literariosTopicos literarios
Topicos literarios
 
RIO MIÑO
RIO MIÑORIO MIÑO
RIO MIÑO
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Río Navia
Río NaviaRío Navia
Río Navia
 

More from iesasorey

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxiesasorey
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxiesasorey
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxiesasorey
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptiesasorey
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptiesasorey
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfiesasorey
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfiesasorey
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfiesasorey
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfiesasorey
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019iesasorey
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asoreyiesasorey
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballoiesasorey
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexactoiesasorey
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoiesasorey
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosiesasorey
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilariesasorey
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016iesasorey
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos iesasorey
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) iesasorey
 

More from iesasorey (20)

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptx
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptx
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.ppt
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdf
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asorey
 
Marzo 2016
Marzo 2016Marzo 2016
Marzo 2016
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballo
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexacto
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundo
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anos
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilar
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
 

Auga que corre

  • 1.
  • 2. Galicia ten milleiros de ríos e regatos, milleiros de lugares nos que a auga se atopa en contacto íntimo e inseparable co cerne da terra nai, contacto que os convirteu en inseparables e complementarios e orixe de multitude de formas mudables e cambiantes.
  • 3. Un río é unha corrente permanente de auga que discorre por un leito fixo.
  • 4. Os REGATOS, REGOS ou REGUEIROS son ríos de pouco caudal.
  • 5. As NACENTES, MANANCIAIS, ILLÓS... son lugares onde a auga infiltrada abrolla á superficie.
  • 6. Vaias por onde vaias, sobre todo entre outono e primavera, atopas un curso de auga, grande ou pequeno, de discorrer maino ou bravío.
  • 7. O río ábrese camiño pendiente abaixo e vai formando vales. Río Xesta
  • 8. Canóns impresionantes coas rochas espidas, testemuñas da acción do río durante milleiros de anos. Canón do Sil
  • 9. Zonas remansadas, onde a auga descansa e acolle multitude de formas de vida.
  • 10. O río vai traballando no seu leito e xogando coas pedras. Golpéaas, rómpeas, púleas, escavaas, forma coviñas, olas ou pilancóns, arrástraas e logo deposítaas noutros lugares convertidas en coios, pelouros ou areas.
  • 11. Cando a inclinación da pendente é moi pronunciada o río corre con moita velocidade formando rápidos e fervedoiras.
  • 12. O efecto da abrasión crea pozas, pilacóns ou olas de xigante, furados máis ou menos cilíndricos de distintas dimensións producidos por pedras que, empurradas pola corrente, xiran dentro deles.
  • 13.
  • 14. Nas zonas de grandes desniveis o río déixase caer formando FERVENZAS, CADOIROS, SEIMEIRAS, PINCHEIRAS, FREIXAS... recunchos acolledores ou espectaculares.
  • 15. Sería case imposible inventariar as fervenzas que hai en Galicia, desde os pequenos regos ata os grandes ríos, raro é o lugar onde non se atopa algunha. E froito desa gran abundancia e variedade é tamén a diversidade de nomes que podemos atopar percorrendo o país: fervenzas, férvedas, fírvedas, freixas, fechas, ficheiras, chorreiras, chorredeiras, cadoiros, saltos, cataratas, cachóns, abanqueiros, cachoeiras, cascadas, ruxidas, ruxidoiras, rexedoiras, cenzas, censas, caeiras, pincheiras (no Courel), seimeiras (na Fonsagrada), pesqueiras (nos Ancares)... Río Casteligo
  • 16. Cadoiro do Toxa Seimeira de Vilagocende
  • 17. Na base das fervenzas, en moitos casos, fórmanse pozos, pozas ou olas. A xente adoita darlles nome como Pozo Negro, Pozo do Demo, Pozo do Inferno, Pozo Sangoento… e moitas veces atópanse lendas asociadas de tesouros afundidos, campás, tinas de ouro, persoas ou carros de bois e de meigas, fadas, lumias, mouras e outros espiritus que moran no fondo. Pozo Sangoento onde vive a Serpe Bichoca. Río Seixo, afluente do Lérez (Cerdedo).
  • 19. Ola do Pombar. Río Quiroga.
  • 20. Unha escorregadoira é unha laxe pola que esbara a auga.
  • 21. Un piago ou pego é un lugar profundo no río Pozo do Pego. Río Ulla en Touro
  • 22. Os ríos presentan ás veces subidas extraordinarias das augas, son crecidas (enchentes) e baixadas anormais de caudal (secas). Variacións de caudal no Sil.
  • 24. Onde o río perde forza deposita os cantos, coios ou pelouros
  • 25. Ao chegar ao mar os ríos forman esteiros, amplos espazos nos que os sedimentos non sobresaen da auga porque o mar arrástraos. Coa marea baixa quedan o descuberto os ariños, lombos ou bancos de area Esteiro do Umia
  • 26. As DOIRAS ou TORRENTES son cursos de auga temporais, mentres duran as choivas.
  • 27. Os cavorcos son excavacións estreitas e profundas producidas polas correntes de auga temporais
  • 28. O RITO DA INMERSIÓN En Galicia nas épocas de seca o pobo adoita pedir chuvia por medio de oracións, procesións e rogativas a certos santos considerados “portadores de auga”. Nalgúns lugares acostúmase a meter o santo no río ou simúlase facelo. No río Deva, os veciños de San Breixo de Deva levan ao San Bartolomeu, en Cuntis meten a Santiago Apóstolo no río Gallo, en santa Mariña de Ribeira (A Estrada) levan a imaxe de San Vicente ao río Ulla para mollarlle os pés.
  • 29. SERES MÍTICOS RELACIONADOS COS RÍOS Existen lendas que falan de homes e mulleres peixe no río Miño. Tamén se citan as lavandeiras, as feiticeiras, os encantos, as lamias e os xacios e xacias.
  • 30. O RÍO DO ESQUECEMENTO Na antigüidade extendeuse a crenza de que aquel que se atrevese a vadear o río Limia perdería a memoria. O historiador romano Tito Livio dinos que cando Décimo Xuño Bruto chegou coas súas tropas ao Limia non se atrevían a cruzalo por medo a perder a memoria, e que tivo que ser o propio Décimo Xuño Bruto o que o vadeu primeiro, e logo foi chamando aos xefes das súas centurias, para que visen que non perdera a memoria.
  • 31. ADIVIÑAS Atrás dun penedo   paríuno súa nai; É longo coma un camiño correu pola terra e vai fozando coma un e casouse no mar cochiño. (o río) Por un carreiriño moi mal empedrado, Son dúas irmáns ando e non me mollo e nunca xuntas as verás e sempre vou mollado (as beiras do río) (o río)
  • 32. DITOS E REFRÁNS -Nin casa á beira do río, nin viña á beira do camiño -Deica xaneiro, calquera burro avanta o regueiro, pero de xaneiro en diante, non hai can que o avante. -Febreiro, barranqueiro, cada suco seu regueiro. -O que ao río achega, o río o leva. -Auga que vai río abaixo para arriba non ha de volver.
  • 33. CANTIGAS Eu pasei o río a nado, Maruxiña, por te ver, eu pasei o río a nado a piques de me perder   Sempre te encontro lavando no río Lérez lixeiro, quen me dere ser o río onde te lavas primeiro. Funme botar a durmir ao pé da auga que corre, a auga foime decindo quen ten amores non dorme.   Para tomar aires puros quero as alturas dos montes; o río para bañarme que auga trae de moitas fontes   
  • 34. Pasa río, pasa río, có teu maino rebulir; pasa pas’ antr’ as froliñas color d’ ouro e do marfil, e quen c’ os teus doçes labios tan doçes cousas lle dis. Pasa, pasa, máis non vexan que te vas á ó mar sin fin, poqu’ entonces ¡ay probiñas, canto choraran por ti! … Pasa, pasa, caladiño, co teu manso rebulir, camiño dó mar salado, camiño dó mar sin fin; e leva estas lagrimiñas, si as de chegar por alí, pretiño dos meus amores, pretiño dó meu vivir. ROSALÍA DE CASTRO, en “Cantares Gallegos”.
  • 35. Os regueiros do Meda e do Albela e os rianchos que descen do Oribio ó xuntarse nas agras de Lózara trenzaron o río; este rideiro río de Samos que nas laxes rompendo camiño a bulir e furar mato adiante de touza en lameiro, choutando a rebrincos, apañando pingotas de orballo, zugando nas néboas, bebendo chuviscos, inza o peito e estirándose, a pulos, vai pasando de neno a mociño. ... RAMÓN CABANILLAS O Río e as Nereidas
  • 36. PANOS brancos esfiañados da nebra ouveando polos vales polos soutos i as devesas marelas en busca dun cavorco ou dunha valiña outa que os acolla i os faga acougar! Fiañas de nebra rubindo e baixando á gaiola do aire polas serras érmedas e polos soutos despidos do Nadal!
  • 37. TRONOU ventou e choveo. Bicouse a terra co ceo. A noite que onte caiu sólo foi pra quen a oíu. Ameteu o río ameteron as fontes i os fontegallos dos montes. Naz a auga a goforón. Regan os prados a cachón. ... UXÍO NOVONEYRA
  • 38. Prados do río! Pincheiras a cachón i a fío! Niste pao sentado cando viña de nino co gado facía cintos de xunco trenzado. UXÍO NOVONEYRA
  • 39. O ruxir do carrozo o ceo do fondo do pozo. Todo sabe e deixa ver que vai chover. CARROZO: regueiro de moito desnivel, encaixado. UXÍO NOVONEYRA
  • 40. “O río sigue no seu, coma fai catro ou cinco ou cen mil anos. Sigue rolando, moendo o tempo e luindo pelouros con feroce teimosía; dabúa, ruxe, agurgulla en escumas, fura nas raiceiras, e eu vexo nel a vida, o alento de cada hora dándolle feitío á eternidade, e síntome cativa no arrimo desta orela, destas pedras carricentas postas polo xenio andeiro dos romanos” XOSÉ NEIRA VILAS “Querido Tomás”
  • 41. Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta Febrero 2013