2. Os Maias Entre os s V e XV estendéronse pola península do Iucatán (hoxe México) formando cidades-estado independentes e baseadas na agricultura do millo
3. Arquitectura maia 1 Construíron monumentais complexos de pazos e templos deixando de manifesto a importancia que a relixión tiña para eles
4.
5.
6.
7. Cultura maia Posuían escritura xeroglífica e acadaron importantes avances en matemáticas e astronomía. A agricultura (rozas) e comercio (troco, non existía moeda) eran moi primitivos. Non usaban os metais nin a roda. Destacan os seus traballos en xade, as pinturas murais e os relevos en pedra. É moi coñecida a súa obsesión polo computo do tempo e o seu calendario. Suponse que desapareceron na selva.
8. Aztecas Os mexicas ou aztecas eran guerrreiros nómades que se establecéronse no lago de Texcoco (actual México capital) fundado Tenochtitlan entre os s XII-XIV. Crearon un imperio, somentendo a outros pobos centroamericanos, gobernado por un emperador
9. Arquitectura azteca Edificaron na súa capital, Tenochtitlan, un complexo cerimonial con centro no gran templo, rodeado doutros templos, con forma de pirámides escalonadas a semellanza dos maias, pazos e edificios varios en pedra ou adobe
10. Relixión azteca É unha mestura de outras relixións centroamericanas. Eran politeístas e pensaban que os deuses podían entrar nas persoas converténdoas en deuses ou provocando perversións ou virtudes. Tamén ofrecían sacrificios humanos ás veces en masa de prisioneiros de guerra que tiraban polas escaleiras do templo e logo empalaban as cabezas.Practicaban canibalismo ceremonial. Quetzalcóatl descrito como un ser de rostro branco e barbado, era un deus pacífico e civilizador, oposto aos sacrificios humanos , emigrou cara o leste, prometendo que un día voltaría. Isto afectou á actitude coa que os mexicas acolleron a chegada dos primeiros españois ( Hernán Cortés ). Quetzalcóatl
11. Sociedade 1 Era un pobo guerreiro gobernado por un emperador elixido polo Consello de Anciáns. Dividíanse en castas: A nobreza formábana sacerdotes e funcionarios. Logo viñan os comerciantes. O pobo se ocupaba dos traballos e formaba o groso do exército. Había tamén unha élite de guerreiros profesionais mandados por xefes-sacerdotes. Servos e escravos facían os traballos pesados.A muller pasaba o tempo na casa ao coidado dos fillos.Os guerreiros practicaban xogos rituais como o da pelota ou o Xogo sagrado
12.
13.
14.
15. Incas É o imperio americano máis grande. Cara fins do sXIV comezou a extenderse dende a rexión do Cuzco ata o sul dos Andes, pero rematou coa invasión española dirixida por Francisco Pizarro, en 1532. Os seus 12 millóns de habitantes, espallaríanse no que hoxe son Perú , Ecuador e unha gran parte de Chile , Bolivia e Arxentina. O poder do inca era absoluto, pois mediaba ante o mundo divino. Elixíase mediante unhas probas moi rigorosa. O último inca foi Atahualpa