1. Federación de Traballadores
do Ensino Membro fundador da IE e afiliado ó CSEE
Comisión Executiva Nacional
“POLA NEGATIVA A UN PROXECTO DE DECRETO DA
LINGUA QUE CONDICIONE A PRÁCTICA DOCENTE”
MANIFESTO
Co obxectivo de negociar as denominadas bases para o
borrador do decreto do plurilingüismo no ensino non
universitario de Galicia FETE-UGT, presentou inicialmente un
total de dezaoito emendas que posibilitasen a xeración dun
decreto de normalización cunha ampla base de consenso.
O actual proxecto do decreto do plurilingüismo pasou
pola Mesa Sectorial onde foi rexeitado polo conxunto das
organización sindicais (agás ANPE), manifestando o noso
desacordo co abandono da Mesa. Posteriormente, no
Consello Escolar de Galicia, FETE-UGT votou en contra do
proxecto do decreto sendo este rexeitado contundentemente
por 24 votos fronte a 16.
O denominado decreto do plurilingüismo non pode
afectar á práctica docente, é dicir, ás condicións laborais de
corenta mil traballadores na nosa comunidade.
Dende a FETE-UGT consideramos inaceptable que a
opinión dos pais poidan incidir directamente no proxecto
curricular dun centro. É innegable que a colaboración dos
pais é fundamental e necesaria para a educación dos seus
fillos, a súa opinión debe ser sempre escoitada pero non
pode determinar a lingua en que se deben impartir as
materias de cada curso, é dicir, a súa opinión non pode
ser vinculante.
Corresponde á Administración Educativa e non o
Consello Escolar establecer as materias que deben
impartirse en castelán e en galego, mantendo sempre a
porcentaxe explicitada nas normas que obran sobre a lingua
en Galicia para evitar o caos organizativo e pedagóxico que
As túas reivindicacións, o noso compromiso
• R/ Miguel Ferro Caaveiro, 12-1º - 15707 Santiago de Compostela - Tel.: 981 57 36 34 - Fax: 981 57 50 33
galicia@fete.ugt.org - http://www.feteugtgalicia.es
2. Federación de Traballadores
do Ensino Membro fundador da IE e afiliado ó CSEE
Comisión Executiva Nacional
de seguro se xerará nos centros, producindo polo tanto o
deterioro das condicións laborais dos docentes en Galicia.
Outro punto que afecta ao labor docente, co que non
podemos estar de acordo, é a posibilidade que outorga o actual
proxecto de decreto de empregar a lingua oficial que queira o
alumno, con independencia da lingua na que se imparta a
materia.
Finalmente queremos, porque así nolo dicta o sentido
común e o máis básico razoamento lingüístico, que non se deben
impartir menos horas lectivas en lingua galega que en lingua
castelá. Débese garantir que o 50% das horas lectivas se
impartan en galego. Asemade engadir que NON SOBREVIVIRÁ
NINGÚN PLAN LINGÜÍSTICO QUE FUXA DO CONSENSO. Daquela
entraremos nunha alternancia permanente de cambios en función
da cor política do goberno.
Dende a FETE-UGT iniciamos unha campaña de recollida de
sinaturas en apoio a este manifesto, que logo serán trasladadas á
Consellería de Educación e á Mesa de Sectorial para fortalecer as
reivindicacións do profesorado galego.
As túas reivindicacións, o noso compromiso
• R/ Miguel Ferro Caaveiro, 12-1º - 15707 Santiago de Compostela - Tel.: 981 57 36 34 - Fax: 981 57 50 33
galicia@fete.ugt.org - http://www.feteugtgalicia.es