3. A MAGNETITA
É un mineral coñecido por ser un imán natural.
Ten a capacidade de atraer obxectos como o ferro.
Isto débese a unha propiedade denominada magnetismo.
A forza magnética é a que fai que atraia certos obxectos
ou que dous imáns se atraian ou se repelan.
4. IMÁNS
Son corpos que poden atraer a algúns obxectos metálicos e
atraer, ou repeler, a outros imáns.
TIPOS
Os imáns poden ser:
Naturais: como a magnetita.
Artificiais: Algúns metais pódense converter en imáns
artificiais porque teñen a capacidade de imantarse.
Os imáns artificiais poden adquirir as
propiedades dun imán natural de forma temporal ou
permanente.
5. IMÁNS
Partes
Todos os imáns posúen nos seus extremos
dúas zonas
denominadas polos magnéticos. Estes
denomínanse:
polo norte e polo sur.
Propiedades dos imáns
Cando dous imáns interaccionan podemos
observar que:
Os polos iguais se repelen.
Os polos diferentes se atraen.
6. IMÁNS
Ao redor dun imán sempre aparece un campo
magnético, que é unha propiedade que ten a
zona do espazo na que se poden apreciar os
efectos do magnetismo.
O campo magnético non se pode ver nin tocar,
pero faise aparente porque nel podemos
observar fenómenos magnéticos.
Para que un obxecto poida ser atraído polo
imán ten que estar dentro do
campo magnético.
7. O MAGNETISMO
TERRESTRE
O magnetismo terrestre orixínase no núcleo da Terra.
O campo magnético terrestre dá lugar á magnetosfera, unha rexión do
espazo que rodea ao noso planeta na que podemos observar os efectos
do magnetismo terrestre.
O Sol compórtase como un enorme reactor nuclear que desprende
partículas cara ao espazo. Estas partículas dan lugar ao vento solar. A
magnetosfera terrestre actúa como un escudo protector que desvía o
vento solar, protexendo así a vida do noso planeta.
8. USOS DO MAGNETISMO
O compás
Os polos magnéticos terrestres coinciden
practicamente cos polos xeográficos, polo que
podemos aproveitar esta característica do noso
planeta para orientarnos.
O compás é un aparello que nos resulta moi útil.
Baséase nunha agulla imantada que xira sobre un
soporte e se orienta no campo magnético terrestre.
Un dos extremos desta agulla sinala o Polo Norte,
e o contrario o polo sur.
9. USOS DO MAGNETISMO
Outros usos:
Ademais de servir para orientarnos, o
magnetismo ten multitude de aplicacións.
Algúns exemplos son:
Os imáns poden empregarse para pechar
portas ou bolsos.
Almacenamento de información, como é o caso
das bandas magnéticas de tarxetas de crédito
ou sanitarias, billetes de tren ou tíckets de
aparcadoiro, dispositivos de teléfonos móbiles
e ordenadores.
LAURA SOUTO ROMERO
10. USOS DO MAGNETISMO
Outros usos:
Ademais de servir para orientarnos, o
magnetismo ten multitude de aplicacións.
Algúns exemplos son:
Os imáns poden empregarse para pechar
portas ou bolsos.
Almacenamento de información, como é o caso
das bandas magnéticas de tarxetas de crédito
ou sanitarias, billetes de tren ou tíckets de
aparcadoiro, dispositivos de teléfonos móbiles
e ordenadores.
LAURA SOUTO ROMERO