SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 8
Baixar para ler offline
Ith
Silvestre Gómez Xurxo
                  XERAIS
FICHA         TÉCNICA


      Título:        Ith
      Autor:         Silvestre Gómez Xurxo
      Ilustrador:    Francisco Bueno Capeáns
      Editorial:     Edicións Xerais
      Colección:     Merlín
      Nº páxinas:    102
      ISBN:          84-8302-689-9




                 O    AUTOR

    SILVESTRE GÓMEZ XURXO naceu en Beba
    (Mazaricos) no 1951. É mestre, licenciado
    en Psicopedagoxía e Xeografía e Historia.
    En 1985 publica o seu primeiro libro,
    Conversas do Pai Seixas. Participa na elabo-
    ración de diversos materiais didácticos.
    Tamén na colección Merlín, ten publicado
2   Déixao medrar, un libro no que trata as dificultades dos adolescentes para tomar decisións
    sobre o seu futuro.




                 O    ILUSTRADOR

    FRANCISCO BUENO CAPEÁNS naceu en Santiago en 1967. Licenciado en Belas Artes, traba-
    lla como ilustrador e debuxante de banda deseñada e de animación.
    Á parte de libros de texto, ten ilustrados títulos como A lenda da cidade asolagada ou O
    laboratorio do doutor Nogueira.
    As ilustracións de Francisco Bueno Capeáns remítennos á banda deseñada tanto na repre-
    sentación das personaxes coma nas angulacións e utilización de planos. É de estimar a
    documentación do artista que nos achega datos acerca dos adornos celtas, o deseño das
    xoias e cascos, o tipo de roupas e armas, a redondez arquitectónica ou o tipo de natureza
    na que están situadas as escenas.
    Conforme avanza a historia os contrapicados cos que se mostra a grandeza da estirpe de Ith
    vai deixando paso ós picados do final, subliñando desta maneira e debilidade dos homes
    fronte ó seu destino.
ARGUMENTO
Ith é o fillo do mítico caudillo celta Breogán, o guerreiro de forte aturuxo, sabio e valoro-
so, o rei fundador da Brigantia e da torre do seu nome, erguida ao seu carón. Desde un faro
da costa de Brigantia, na illa da torre, Ith divisa ó lonxe unhas terras que hai máis aló do
mar e soña con chegar a elas algún día.
Botarse ó mar e atopar novas terras para poboalas e darlles nome, ese parece ser o destino
dos caudillos deste pobo celta. Breogán dixéralle que este non era aínda o país definitivo
porque de xeración en xeración profetizábase que os gaeidil non atoparían descanso ata
alcanzaren Erín, un lugar remoto.
Ó mando de tres barcos e trinta homes, Ith emprende unha viaxe na procura das terras
soñadas. O camiño será duro, a loita contra a hidra, a perda do cabalo de Ith presaxiando
malos agoiros, o encontro e defensa do rapaz Nearth fronte ós salvaxes homes do pobo dos
fomoré que foran gobernados por Conan…
Así chega e anda pola verde Erín, un país moi semellante a Brigantia, cunha paisaxe, pobo-
ado, gravados e lingua semellante. Ith ten a sensación de que xa a coñecía de antes. Alí
encontra a amizade dos seus habitantes, aínda que tamén acabará atopando o veleno da
traizón.
O relato parece basearse na lenda que di que con determinada luz, dende Galicia, miran-
do ó norte, pode verse a costa de Irlanda.
Ith é unha trepidante novela de aventuras, narrada con poderoso alento épico, que recrea
un dos máis significativos episodios da historia mítica dos celtas que habitaron o noso país.
A necesidade de transmitir a memoria colectiva, o valor e a lealdade son algúns dos temas
deste libro.                                                                                    3



              PERSONAXES

ITH
Mariño avezado da caste dos soñadores. Fillo de Breogán e casado con Bron; pai de Bris e
Lugai. Desde neno soña con poder chegar a unhas terras que adiviña mirando ó norte e
que supón fermosas e farturentas e a onde quere levar a súa estirpe a vivir en paz e prospe-
ridade.
BREOGÁN
Guerreiro sabio e valoroso, de fácil palabra e xusto, da estirpe dos gaeidil, fundador de
Brigantia que herdara de seu pai Brath. Casa coa amable Cau, do pobo dos nerios, e ten
dez fillos, entre os que se conta Ith.
BRATH
Pai de Breogán. Home baril, rei dos guerreiros de frechas azuis que trae a estirpe dende os
mares interiores.
BILE, o sucesor de Breogán, irmán de Ith. Guerreiro de fero fulgor. Pai de Golam.
    BREGO, irmán de Ith, home prudente, adusto e firme, de poucas palabras; cun corpo del-
    gado, elástico e potente. Gran cazador de osos.
    GOLAM, o destemido, vai visitar a terra de orixe da estirpe de Barth o patrucio. Navegaron
    os mares interiores en catro barcos cos mellores guerreiros e especialistas da tribo. Chegaron
    ó país dos escitas. Mentres tanto Brigantia é atacado polos inimigos que a saben desprote-
    xida, morre Bile e ha de sucederlle, mentres non regresan, Ith. Golam, mentres tanto, casa
    con Seng filla do rei dos escitas, da quen ten dous fillos (Donn e Erech). Loitou con Refloir,
    o sogro, a quen deixa ferido nos brazos da súa filla. Máis tarde terá outros dous fillos, Emer
    e Aimirguín, de Scota, filla do faraón de Exipto. Regresan coas armas de ferro que substi-
    tuirán ás de cobre e bronce. Cando atopa a torre sen lume e a aldea desfeita arremete con-
    tra os inimigos que o chamarán o destructor ou exterminador. Daquela, Ith déixalle o
    mando da tribo. Home de gran fogaxe, moi bo cazador.
    LUGAI, fillo de Ith será quen vaia buscar axuda á terra dos nerios e tamén quen acompañe
    a seu pai na viaxe a Erín. Rapaz lanzal, forte e áxil, coa sabedoría do pai, que vai entrando
    no mundo dos adultos conforme avanza o relato.
    NEARTH, a quen salva Ith en Erín; é fillo de Mac Grené, o gobernante de Erín.
    MAC GRENÉ, xefe dos Tuatha de Danann. Admira a Ith a quen pide consello respecto á
    sucesión do reinado de Neit, seu pai; pero deixarase convencer por un dos seus irmáns que
    quere o reino para el e acabará traizoando ó fillo de Breogán.
    MAC CUILL, irmán de Mac Grené que malinterpreta as palabras de paz de Ith, convencen-
    do ós seus irmáns de que os quere dividir pois sendo máis débiles serán máis facilmente
    dominados por el e conquistada a súa terra.


4


                  OUTROS           TEMAS E VALORES

    • O mundo mítico dos celtas. Os nomes, as formas e elementos decorativos que aparecen nos
      debuxos lévannos a un universo recoñecible en Galicia. Por un lado, a música, os festi-
      vais de música celta, os instrumentos e sons que comparten; por outro o mundo dos cas-
      tros, a idade dos metais e os vestixios que quedan nas nosas aldeas e museos. As sete
      nacións celtas.

    • Costumes e tradicións das que fala e que son propias dos pobos antigos. A caza, a súa racio-
      nalidade e forma de facela, o reparto entre as aldeas; os rituais de iniciación dos mozos.
      A construcción dos poboados e dos barcos. Crenzas coma a de que cando un guerreiro
      emprende unha viaxe non debe baixar nunca do cabalo pois esa é a forma de ter garan-
      tido o regreso á casa ou «alí onde fique un guerreiro debe estar coas súas armas e as pou-
      cas cousas que o acompañaron na súa vida».
• Tradición oral como medio de transmisión de valores. As historias que se contan á beira dun
   lume: «A caída da tarde nos días de inverno é a hora da fantasía, das palabras graves e
   das algareiras ó agarimo do lume. Nesas horas tamén se aprenden as historias que man-
   teñen viva a memoria colectiva do pobo. E así pasan de xeración en xeración formando
   parte do orgullo de todos e cada un». «Así se constrúe o pobo: sobre a urdime da memo-
   ria colectiva». «E así viñan día a día deitando na memoria dos novos os feitos aconteci-
   dos dende vello, para que nada importante desapareza para sempre.»

• O valor dos nomes no mundo antigo. «Sempre se han de recordar os nomes, porque nos
  nomes está a vida do pobo. Cada nome é unha persoa e todo o que esa persoa fixo.»
  Nomes tamén de lugares que dan explicación da orixe ou características. Nomear é, dal-
  gunha maneira, facerse dono das cousas.

• Animais fantásticos: a serpe de sete cabezas, a hidra á que lle renacen nun intre os mem-
  bros que perde na loita, recuperándoos. Podemos buscar máis animais fantásticos nas
  diferentes mitoloxías; incluso podemos revisar aqueles creados por Cunqueiro.

• A dificultade da toma de decisións. A contradicción de Ith entre a razón e a ilusión, entre
  a melancolía e o desexo de marchar. Antes de irse recorre a aldea comprobando o esta-
  do das pezas do lousado, das fontes e das canles de desaugadoiro, das murallas… A loita
  entre o que deixaba atrás e o que procuraba. «¿Por qué o chamará a vida a outro lugar
  se aquí está todo canto quere?» O saber consiste en buscar algo novo sen esquecer nunca
  o pasado.

• A defensa da paz. Ith ponlle moito coidado á convivencia, á posibilidade de vivir pacifi-     5
  camente diferentes familias ou tribos compartindo unha terra. Non cre na necesidade
  de ser dono de todo, senón de ocupar só o que se precisa. Esto é o que defende tanto
  na súa terra, Brigantia, como en Erín, a terra soñada.

• A defensa do medio ambiente. O irmán de Ith, Brego, pode ser o prototipo de persoa res-
  pectuosa coa natureza tal e como aprende de seu pai Breogán; un gran cazador que xa
  só mata para comer. Toda a tribo comparte esta ensinanza, tal e como se nota cando
  definen qué caza farán en cada momento.

• O respecto e cariño cara ós maiores. A consideración que se ten deles como persoas sabias
  que poden ensinarnos sobre a vida.

• Os soños, os desexos… o destino. Buscar a resposta ós soños. O destino dos pobos e das per-
  soas. Breogán faláralle a Ith de que sendo el rapaz os druídas dicían que os gaeidil eran
  unha galla dunha grande árbore formada por moitos pobos espallados por todo o
  mundo. «É coma se esta terra e maila nosa fosen parte dunha mesma terra, se esta é
  unha illa, ¿non será un anaco da nosa terra e foi arrastrada polo mar ata aquí coa súa
  xente e todo?» comenta Lugai. Os pobos celtas, parecen compartir un mesmo destino,
  todos eles son nacións sen estado, Finisterre…
ACTIVIDADES                     A REALIZAR

    ANTES DA LECTURA:

    A portada colócanos nun mundo determinado, nunha estética definida que se completa co nome que
    lle dá título á obra. Trátase de ir adiviñando de qué vai tratar.
    Na primeira páxina atopámonos cos agradecementos do autor, esto irá adiantándonos datos acerca del.
    Na segunda, as dedicatorias; léndoas detidamente observaremos qué é o que o escritor aprecia dos demais.
    Na contraportada adiántasenos un resumo da historia. Polo tanto xa podemos opinar sobre se nos gusta
    este tipo de novela ou non.
    As ilustracións vannos contando unha historia que alguén se pode animar a verbalizar.
    • ¿Que outros libros nos lembra? ¿Que outras lecturas? ¿Alguén coñece ó escritor? ¿E ó ilustrador?

    DURANTE A LECTURA:

    • Ver qué palabras non se entenden, anotalas para poder facer algún tipo de xogo preguntándose uns a
       outros, adiviñando o significado polo contexto, buscándoas no diccionario…
    • Ir facendo listados para elaborar fichas con léxicos diferentes ou para desenvolver traballos. Por exem-
       plo: buscar os pobos dos que se fala no texto (nerios, presamarcos, supertamaricos, gaeidil, toisen,
       bachra… e confirmar se aparecen nos libros de historia), os nomes dos ventos, ou os nomes propios
       que nos resulten de sonoridade celta…
    • Da mesma maneira, anotar posibles preguntas: ¿Quen acompañou a Golam na súa viaxe? ¿E a Ith?
       ¿Que levan para a viaxe? ¿Cal é o nome do druída do pobo de Ith? ¿Como vai vestido Ith cando sae
       para as novas terras? ¿Que mares atravesan nesa viaxe? ¿Como se mata unha hidra? ¿Cal é a orixe da
       estirpe de Ith? ¿Para que parecen servir os berros, tanto no caso da hidra coma no dos fomoré?
    • Buscar descricións e unha vez lidas, ir elaborando a nosa propia ou pasala a linguaxe plástica. Por
6      exemplo: ¿Como é a terra que descobre Ith? Describe Erín.
    • Tamén podemos buscar a secuencia dunha acción e debuxala ou simplemente resumila en pequenos
       pasos. Neste caso poderiamos traballar coa construcción dos barcos.
    • Este mundo de pobos primitivos pode lembrar o de Astérix. Que falen arredor desto, qué puntos teñen
       en común e en qué aspectos se diferencian.
    • A aparición da hidra na historia colócaa no campo da fantasía e achégalle un elemento marabilloso como
       son eses animais míticos. De interesarlle o tema poderíase traballar buscando outros animais deste tipo,
       de forma que chegue a elaborarse unha fauna fantástica. A aplicación posterior desta investigación a
       fichas, carteis, etc dependerá do tempo co que se conte e o interese que mostre o alumnado.
    • Este libro pode espertar tamén interese por esa parte da historia de Galicia. De ser así, o grupo inte-
       resado pode facer un repaso da mesma e mostrárllela ós seus compañeiros e compañeiras; ou simple-
       mente facerse co material para que os demais poidan revisalo. Neste campo, podemos deternos en
       xoias e outros elementos decorativos recollidos nos museos arqueolóxicos e que conectariamos coas
       que vemos nas ilustracións do libro.
    • Tamén se pode relacionar esta lectura co himno galego no que se nomea a Breogán, e polo tanto,
       tamén con toda esa poesía de Pondal que busca a identificación do lector con eses pobos do pasado.
    • Suxerir xogos que supoñan o dominio do libro e a capacidade de buscar unha información. Por exem-
       plo: hai un intre no que se ve a agricultura como traballo das mulleres (páx. 47, nai de Ith) mentres
       que a caza o é dos homes. Trataríase de buscar anacos do texto nos que se dea a entender esto.
    • A continuación, podemos organizar un debate acerca da distribución do traballo entre os sexos no
       pasado e na actualidade. Desta maneira estaremos traballando o contido transversal de educación
       para a igualdade entre os homes e as mulleres e ó tempo reflexionaremos tamén acerca de cómo van
       cambiando as crenzas ó longo da historia.
• Outros podemos buscar as partes do libro que nos parecen máis bonitas. Atopar frases coma: «obser-
   va-los astros, coma se fosen doas dun colar que el lanzase con forza para orna-lo ceo», «Arañeira de
   camiños e carreiros», «Bandeiras de lume ó vento»… e comentalas cos demais.
• Cara ó final do libro, o druída entoa uns versos no rito fúnebre nos que nos resume, dalgunha maneira a
   historia lida. Aquel alumnado ó que lle guste versificar pode facer o mesmo con esta ou outra historia.
• Na última estrofa da composición citada aparece recollida unha crenza do pobo dos keltoi «E as boas
   almas claras, dos keltoi escollidas, / tornarán noutros corpos, conforme á crenza sabia». Podemos
   deternos nela e opinar acerca deste tipo de final para a vida dos homes e mulleres. Comparala con
   outras conviccións.
• Neste texto aparece o aturuxo coma un berro forte de guerra. Pódese opinar acerca desto, do uso que
   se fai del neste momento… e incluso probar a aturuxar.
• Ith pensa que é posible que a profecía de Caicher non fora só para os gaeidil, senón que era para os
   keltoi, e por esa razón algún pobo celta chegou antes ca eles e outros poden chegar despois. Esta
   forma de non sentirse «pobo escollido e único» pode ser un bo camiño para a paz. Este é un novo
   debate que pode resultar interesante sobre todo se o comparamos co pobo xudeu, cuestionándonos a
   súa «superioridade» en Oriente Medio e a problemática que neste momento está creando.
• Se algún dos lectores o propón ou está disposto a facelo, poderíase considerar unha audición de músi-
   ca celta.

DESPOIS DA LECTURA:

• ¿Quen nos conta a historia? ¿Coñécea dende o principio?
• ¿Con que personaxe se identificou cada un dos lectores? ¿Por qué? Criticar o comportamento dalgún
   personaxe…
• Podemos situar esta historia de ficción nun tempo histórico real e nun espacio determinado.
• Descubrir outras historias que se conteñen nesta e pasar a contalas por medio de narradores diferen-
   tes. Podemos contar a viaxe de Golam en primeira persoa, ou a de Ith en segunda por medio das car-
   tas que el podería estar dirixindo á súa muller.
• Esta pode ser unha historia estupenda para pasala a cómic. Entre outras cousas pode facilitar este tra-
   ballo as ilustracións de Francisco Bueno, realistas e nas que aparecen angulacións e planos moi pro-
                                                                                                               7
   pios desta técnica.
• Reflexionar acerca do que temos aprendido, despois de ler este libro, acerca dos pobos celtas e comen-
   tar se queremos aprender máis; de ser así, sería o momento de afondar neses campos organizándose
   en grupos ou individualmente.
• Cada libro é unha porta aberta ó mundo, abre novos horizontes que poden levarnos a outros libros, a
   busca de información… O profesorado, neste caso, só debe deixarse levar, non poñer atrancos senón
   colaborar prestando a orientación que lles sexa demandada, e seguir a abrir ventás mostrando posi-
   bilidades cando a eles non se lles ocorran. Neste caso, proporcionarlle outros títulos que traten deste
   mundo tan próximo a nós como é o celta, ou destes mesmos personaxes coma no caso de Folgar de
   Brigantia: A morte de Ith de J.L. Veiras e Breogán de Xabier P. Docampo.
• Na posta en común que ha de facerse ó final da lectura, para que todos e todas vaian opinando acer-
   ca do que lles pareceu, de se lles gustou ou non e por qué, tamén podemos provocar que vaian aflo-
   rando os valores que se defenden no libro; desta maneira estaremos facilitando a consciencia sobre o
   que se le e tamén o sentido crítico. Neste sentido, os valores de paz e ecoloxía son interesantes e poden
   levarnos a afondar nestas temáticas.
• Un libro tamén ha de permitir que pensemos na relación entre el e nós como lectores, qué sensacións
   esperta, con qué nos identificamos, en qué cousas nos fai pensar, qué fibra nos toca… Neste caso
   poderíase tratar dos desexos, daquelo que queremos sen saber explicalo moi ben e a reflexión sobre se
   debemos pelexar por eles ou non. É interesante que o alumnado poida expresar tamén este tipo de
   reflexións persoais.
• Buscar, entre todos, a idea principal do texto, a mensaxe que nos entrega en man o autor.
Pedidos a:
  Comercial Grupo Anaya
  Polígono de Bergondo
  1ª Travesía - Parcela B1
  15.165 Bergondo (A Coruña)
  Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660



               XERAIS
   Doutor Marañón, 12. 36211 Vigo
   Apartado Postal 1446. 36200 Vigo
   Teléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80
   Te l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6
   Correo electrónico: xerais@xerais.es
   http: //www.xerais.es/


EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

                                          © Pilar Sampedro Martínez, 2003
                                          © Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2003
                                          Depósito legal: VG. 302-2003

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a Ith

Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018Bibliotecadicoruna
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012aesperela
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXrcms9
 
A nosa visión sobre o Antigo Exipto
A nosa visión sobre o Antigo ExiptoA nosa visión sobre o Antigo Exipto
A nosa visión sobre o Antigo ExiptoPaulaReySilva
 
Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 aesperela
 
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)feli555
 
Traballo Samaín
Traballo SamaínTraballo Samaín
Traballo Samaínbiei
 

Semelhante a Ith (15)

Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
A_torre_de_Breogan_elementos_narrativos.pdf
A_torre_de_Breogan_elementos_narrativos.pdfA_torre_de_Breogan_elementos_narrativos.pdf
A_torre_de_Breogan_elementos_narrativos.pdf
 
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
 
LIBROS TERROR
LIBROS TERRORLIBROS TERROR
LIBROS TERROR
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego   Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 
A nosa visión sobre o Antigo Exipto
A nosa visión sobre o Antigo ExiptoA nosa visión sobre o Antigo Exipto
A nosa visión sobre o Antigo Exipto
 
Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14
 
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
 
Os desherdados
Os desherdadosOs desherdados
Os desherdados
 
Cantiga de escarnio
Cantiga de escarnioCantiga de escarnio
Cantiga de escarnio
 
O entroido no 3º ciclo
O entroido no 3º cicloO entroido no 3º ciclo
O entroido no 3º ciclo
 
Traballo Samaín
Traballo SamaínTraballo Samaín
Traballo Samaín
 

Ith

  • 2. FICHA TÉCNICA Título: Ith Autor: Silvestre Gómez Xurxo Ilustrador: Francisco Bueno Capeáns Editorial: Edicións Xerais Colección: Merlín Nº páxinas: 102 ISBN: 84-8302-689-9 O AUTOR SILVESTRE GÓMEZ XURXO naceu en Beba (Mazaricos) no 1951. É mestre, licenciado en Psicopedagoxía e Xeografía e Historia. En 1985 publica o seu primeiro libro, Conversas do Pai Seixas. Participa na elabo- ración de diversos materiais didácticos. Tamén na colección Merlín, ten publicado 2 Déixao medrar, un libro no que trata as dificultades dos adolescentes para tomar decisións sobre o seu futuro. O ILUSTRADOR FRANCISCO BUENO CAPEÁNS naceu en Santiago en 1967. Licenciado en Belas Artes, traba- lla como ilustrador e debuxante de banda deseñada e de animación. Á parte de libros de texto, ten ilustrados títulos como A lenda da cidade asolagada ou O laboratorio do doutor Nogueira. As ilustracións de Francisco Bueno Capeáns remítennos á banda deseñada tanto na repre- sentación das personaxes coma nas angulacións e utilización de planos. É de estimar a documentación do artista que nos achega datos acerca dos adornos celtas, o deseño das xoias e cascos, o tipo de roupas e armas, a redondez arquitectónica ou o tipo de natureza na que están situadas as escenas. Conforme avanza a historia os contrapicados cos que se mostra a grandeza da estirpe de Ith vai deixando paso ós picados do final, subliñando desta maneira e debilidade dos homes fronte ó seu destino.
  • 3. ARGUMENTO Ith é o fillo do mítico caudillo celta Breogán, o guerreiro de forte aturuxo, sabio e valoro- so, o rei fundador da Brigantia e da torre do seu nome, erguida ao seu carón. Desde un faro da costa de Brigantia, na illa da torre, Ith divisa ó lonxe unhas terras que hai máis aló do mar e soña con chegar a elas algún día. Botarse ó mar e atopar novas terras para poboalas e darlles nome, ese parece ser o destino dos caudillos deste pobo celta. Breogán dixéralle que este non era aínda o país definitivo porque de xeración en xeración profetizábase que os gaeidil non atoparían descanso ata alcanzaren Erín, un lugar remoto. Ó mando de tres barcos e trinta homes, Ith emprende unha viaxe na procura das terras soñadas. O camiño será duro, a loita contra a hidra, a perda do cabalo de Ith presaxiando malos agoiros, o encontro e defensa do rapaz Nearth fronte ós salvaxes homes do pobo dos fomoré que foran gobernados por Conan… Así chega e anda pola verde Erín, un país moi semellante a Brigantia, cunha paisaxe, pobo- ado, gravados e lingua semellante. Ith ten a sensación de que xa a coñecía de antes. Alí encontra a amizade dos seus habitantes, aínda que tamén acabará atopando o veleno da traizón. O relato parece basearse na lenda que di que con determinada luz, dende Galicia, miran- do ó norte, pode verse a costa de Irlanda. Ith é unha trepidante novela de aventuras, narrada con poderoso alento épico, que recrea un dos máis significativos episodios da historia mítica dos celtas que habitaron o noso país. A necesidade de transmitir a memoria colectiva, o valor e a lealdade son algúns dos temas deste libro. 3 PERSONAXES ITH Mariño avezado da caste dos soñadores. Fillo de Breogán e casado con Bron; pai de Bris e Lugai. Desde neno soña con poder chegar a unhas terras que adiviña mirando ó norte e que supón fermosas e farturentas e a onde quere levar a súa estirpe a vivir en paz e prospe- ridade. BREOGÁN Guerreiro sabio e valoroso, de fácil palabra e xusto, da estirpe dos gaeidil, fundador de Brigantia que herdara de seu pai Brath. Casa coa amable Cau, do pobo dos nerios, e ten dez fillos, entre os que se conta Ith. BRATH Pai de Breogán. Home baril, rei dos guerreiros de frechas azuis que trae a estirpe dende os mares interiores.
  • 4. BILE, o sucesor de Breogán, irmán de Ith. Guerreiro de fero fulgor. Pai de Golam. BREGO, irmán de Ith, home prudente, adusto e firme, de poucas palabras; cun corpo del- gado, elástico e potente. Gran cazador de osos. GOLAM, o destemido, vai visitar a terra de orixe da estirpe de Barth o patrucio. Navegaron os mares interiores en catro barcos cos mellores guerreiros e especialistas da tribo. Chegaron ó país dos escitas. Mentres tanto Brigantia é atacado polos inimigos que a saben desprote- xida, morre Bile e ha de sucederlle, mentres non regresan, Ith. Golam, mentres tanto, casa con Seng filla do rei dos escitas, da quen ten dous fillos (Donn e Erech). Loitou con Refloir, o sogro, a quen deixa ferido nos brazos da súa filla. Máis tarde terá outros dous fillos, Emer e Aimirguín, de Scota, filla do faraón de Exipto. Regresan coas armas de ferro que substi- tuirán ás de cobre e bronce. Cando atopa a torre sen lume e a aldea desfeita arremete con- tra os inimigos que o chamarán o destructor ou exterminador. Daquela, Ith déixalle o mando da tribo. Home de gran fogaxe, moi bo cazador. LUGAI, fillo de Ith será quen vaia buscar axuda á terra dos nerios e tamén quen acompañe a seu pai na viaxe a Erín. Rapaz lanzal, forte e áxil, coa sabedoría do pai, que vai entrando no mundo dos adultos conforme avanza o relato. NEARTH, a quen salva Ith en Erín; é fillo de Mac Grené, o gobernante de Erín. MAC GRENÉ, xefe dos Tuatha de Danann. Admira a Ith a quen pide consello respecto á sucesión do reinado de Neit, seu pai; pero deixarase convencer por un dos seus irmáns que quere o reino para el e acabará traizoando ó fillo de Breogán. MAC CUILL, irmán de Mac Grené que malinterpreta as palabras de paz de Ith, convencen- do ós seus irmáns de que os quere dividir pois sendo máis débiles serán máis facilmente dominados por el e conquistada a súa terra. 4 OUTROS TEMAS E VALORES • O mundo mítico dos celtas. Os nomes, as formas e elementos decorativos que aparecen nos debuxos lévannos a un universo recoñecible en Galicia. Por un lado, a música, os festi- vais de música celta, os instrumentos e sons que comparten; por outro o mundo dos cas- tros, a idade dos metais e os vestixios que quedan nas nosas aldeas e museos. As sete nacións celtas. • Costumes e tradicións das que fala e que son propias dos pobos antigos. A caza, a súa racio- nalidade e forma de facela, o reparto entre as aldeas; os rituais de iniciación dos mozos. A construcción dos poboados e dos barcos. Crenzas coma a de que cando un guerreiro emprende unha viaxe non debe baixar nunca do cabalo pois esa é a forma de ter garan- tido o regreso á casa ou «alí onde fique un guerreiro debe estar coas súas armas e as pou- cas cousas que o acompañaron na súa vida».
  • 5. • Tradición oral como medio de transmisión de valores. As historias que se contan á beira dun lume: «A caída da tarde nos días de inverno é a hora da fantasía, das palabras graves e das algareiras ó agarimo do lume. Nesas horas tamén se aprenden as historias que man- teñen viva a memoria colectiva do pobo. E así pasan de xeración en xeración formando parte do orgullo de todos e cada un». «Así se constrúe o pobo: sobre a urdime da memo- ria colectiva». «E así viñan día a día deitando na memoria dos novos os feitos aconteci- dos dende vello, para que nada importante desapareza para sempre.» • O valor dos nomes no mundo antigo. «Sempre se han de recordar os nomes, porque nos nomes está a vida do pobo. Cada nome é unha persoa e todo o que esa persoa fixo.» Nomes tamén de lugares que dan explicación da orixe ou características. Nomear é, dal- gunha maneira, facerse dono das cousas. • Animais fantásticos: a serpe de sete cabezas, a hidra á que lle renacen nun intre os mem- bros que perde na loita, recuperándoos. Podemos buscar máis animais fantásticos nas diferentes mitoloxías; incluso podemos revisar aqueles creados por Cunqueiro. • A dificultade da toma de decisións. A contradicción de Ith entre a razón e a ilusión, entre a melancolía e o desexo de marchar. Antes de irse recorre a aldea comprobando o esta- do das pezas do lousado, das fontes e das canles de desaugadoiro, das murallas… A loita entre o que deixaba atrás e o que procuraba. «¿Por qué o chamará a vida a outro lugar se aquí está todo canto quere?» O saber consiste en buscar algo novo sen esquecer nunca o pasado. • A defensa da paz. Ith ponlle moito coidado á convivencia, á posibilidade de vivir pacifi- 5 camente diferentes familias ou tribos compartindo unha terra. Non cre na necesidade de ser dono de todo, senón de ocupar só o que se precisa. Esto é o que defende tanto na súa terra, Brigantia, como en Erín, a terra soñada. • A defensa do medio ambiente. O irmán de Ith, Brego, pode ser o prototipo de persoa res- pectuosa coa natureza tal e como aprende de seu pai Breogán; un gran cazador que xa só mata para comer. Toda a tribo comparte esta ensinanza, tal e como se nota cando definen qué caza farán en cada momento. • O respecto e cariño cara ós maiores. A consideración que se ten deles como persoas sabias que poden ensinarnos sobre a vida. • Os soños, os desexos… o destino. Buscar a resposta ós soños. O destino dos pobos e das per- soas. Breogán faláralle a Ith de que sendo el rapaz os druídas dicían que os gaeidil eran unha galla dunha grande árbore formada por moitos pobos espallados por todo o mundo. «É coma se esta terra e maila nosa fosen parte dunha mesma terra, se esta é unha illa, ¿non será un anaco da nosa terra e foi arrastrada polo mar ata aquí coa súa xente e todo?» comenta Lugai. Os pobos celtas, parecen compartir un mesmo destino, todos eles son nacións sen estado, Finisterre…
  • 6. ACTIVIDADES A REALIZAR ANTES DA LECTURA: A portada colócanos nun mundo determinado, nunha estética definida que se completa co nome que lle dá título á obra. Trátase de ir adiviñando de qué vai tratar. Na primeira páxina atopámonos cos agradecementos do autor, esto irá adiantándonos datos acerca del. Na segunda, as dedicatorias; léndoas detidamente observaremos qué é o que o escritor aprecia dos demais. Na contraportada adiántasenos un resumo da historia. Polo tanto xa podemos opinar sobre se nos gusta este tipo de novela ou non. As ilustracións vannos contando unha historia que alguén se pode animar a verbalizar. • ¿Que outros libros nos lembra? ¿Que outras lecturas? ¿Alguén coñece ó escritor? ¿E ó ilustrador? DURANTE A LECTURA: • Ver qué palabras non se entenden, anotalas para poder facer algún tipo de xogo preguntándose uns a outros, adiviñando o significado polo contexto, buscándoas no diccionario… • Ir facendo listados para elaborar fichas con léxicos diferentes ou para desenvolver traballos. Por exem- plo: buscar os pobos dos que se fala no texto (nerios, presamarcos, supertamaricos, gaeidil, toisen, bachra… e confirmar se aparecen nos libros de historia), os nomes dos ventos, ou os nomes propios que nos resulten de sonoridade celta… • Da mesma maneira, anotar posibles preguntas: ¿Quen acompañou a Golam na súa viaxe? ¿E a Ith? ¿Que levan para a viaxe? ¿Cal é o nome do druída do pobo de Ith? ¿Como vai vestido Ith cando sae para as novas terras? ¿Que mares atravesan nesa viaxe? ¿Como se mata unha hidra? ¿Cal é a orixe da estirpe de Ith? ¿Para que parecen servir os berros, tanto no caso da hidra coma no dos fomoré? • Buscar descricións e unha vez lidas, ir elaborando a nosa propia ou pasala a linguaxe plástica. Por 6 exemplo: ¿Como é a terra que descobre Ith? Describe Erín. • Tamén podemos buscar a secuencia dunha acción e debuxala ou simplemente resumila en pequenos pasos. Neste caso poderiamos traballar coa construcción dos barcos. • Este mundo de pobos primitivos pode lembrar o de Astérix. Que falen arredor desto, qué puntos teñen en común e en qué aspectos se diferencian. • A aparición da hidra na historia colócaa no campo da fantasía e achégalle un elemento marabilloso como son eses animais míticos. De interesarlle o tema poderíase traballar buscando outros animais deste tipo, de forma que chegue a elaborarse unha fauna fantástica. A aplicación posterior desta investigación a fichas, carteis, etc dependerá do tempo co que se conte e o interese que mostre o alumnado. • Este libro pode espertar tamén interese por esa parte da historia de Galicia. De ser así, o grupo inte- resado pode facer un repaso da mesma e mostrárllela ós seus compañeiros e compañeiras; ou simple- mente facerse co material para que os demais poidan revisalo. Neste campo, podemos deternos en xoias e outros elementos decorativos recollidos nos museos arqueolóxicos e que conectariamos coas que vemos nas ilustracións do libro. • Tamén se pode relacionar esta lectura co himno galego no que se nomea a Breogán, e polo tanto, tamén con toda esa poesía de Pondal que busca a identificación do lector con eses pobos do pasado. • Suxerir xogos que supoñan o dominio do libro e a capacidade de buscar unha información. Por exem- plo: hai un intre no que se ve a agricultura como traballo das mulleres (páx. 47, nai de Ith) mentres que a caza o é dos homes. Trataríase de buscar anacos do texto nos que se dea a entender esto. • A continuación, podemos organizar un debate acerca da distribución do traballo entre os sexos no pasado e na actualidade. Desta maneira estaremos traballando o contido transversal de educación para a igualdade entre os homes e as mulleres e ó tempo reflexionaremos tamén acerca de cómo van cambiando as crenzas ó longo da historia.
  • 7. • Outros podemos buscar as partes do libro que nos parecen máis bonitas. Atopar frases coma: «obser- va-los astros, coma se fosen doas dun colar que el lanzase con forza para orna-lo ceo», «Arañeira de camiños e carreiros», «Bandeiras de lume ó vento»… e comentalas cos demais. • Cara ó final do libro, o druída entoa uns versos no rito fúnebre nos que nos resume, dalgunha maneira a historia lida. Aquel alumnado ó que lle guste versificar pode facer o mesmo con esta ou outra historia. • Na última estrofa da composición citada aparece recollida unha crenza do pobo dos keltoi «E as boas almas claras, dos keltoi escollidas, / tornarán noutros corpos, conforme á crenza sabia». Podemos deternos nela e opinar acerca deste tipo de final para a vida dos homes e mulleres. Comparala con outras conviccións. • Neste texto aparece o aturuxo coma un berro forte de guerra. Pódese opinar acerca desto, do uso que se fai del neste momento… e incluso probar a aturuxar. • Ith pensa que é posible que a profecía de Caicher non fora só para os gaeidil, senón que era para os keltoi, e por esa razón algún pobo celta chegou antes ca eles e outros poden chegar despois. Esta forma de non sentirse «pobo escollido e único» pode ser un bo camiño para a paz. Este é un novo debate que pode resultar interesante sobre todo se o comparamos co pobo xudeu, cuestionándonos a súa «superioridade» en Oriente Medio e a problemática que neste momento está creando. • Se algún dos lectores o propón ou está disposto a facelo, poderíase considerar unha audición de músi- ca celta. DESPOIS DA LECTURA: • ¿Quen nos conta a historia? ¿Coñécea dende o principio? • ¿Con que personaxe se identificou cada un dos lectores? ¿Por qué? Criticar o comportamento dalgún personaxe… • Podemos situar esta historia de ficción nun tempo histórico real e nun espacio determinado. • Descubrir outras historias que se conteñen nesta e pasar a contalas por medio de narradores diferen- tes. Podemos contar a viaxe de Golam en primeira persoa, ou a de Ith en segunda por medio das car- tas que el podería estar dirixindo á súa muller. • Esta pode ser unha historia estupenda para pasala a cómic. Entre outras cousas pode facilitar este tra- ballo as ilustracións de Francisco Bueno, realistas e nas que aparecen angulacións e planos moi pro- 7 pios desta técnica. • Reflexionar acerca do que temos aprendido, despois de ler este libro, acerca dos pobos celtas e comen- tar se queremos aprender máis; de ser así, sería o momento de afondar neses campos organizándose en grupos ou individualmente. • Cada libro é unha porta aberta ó mundo, abre novos horizontes que poden levarnos a outros libros, a busca de información… O profesorado, neste caso, só debe deixarse levar, non poñer atrancos senón colaborar prestando a orientación que lles sexa demandada, e seguir a abrir ventás mostrando posi- bilidades cando a eles non se lles ocorran. Neste caso, proporcionarlle outros títulos que traten deste mundo tan próximo a nós como é o celta, ou destes mesmos personaxes coma no caso de Folgar de Brigantia: A morte de Ith de J.L. Veiras e Breogán de Xabier P. Docampo. • Na posta en común que ha de facerse ó final da lectura, para que todos e todas vaian opinando acer- ca do que lles pareceu, de se lles gustou ou non e por qué, tamén podemos provocar que vaian aflo- rando os valores que se defenden no libro; desta maneira estaremos facilitando a consciencia sobre o que se le e tamén o sentido crítico. Neste sentido, os valores de paz e ecoloxía son interesantes e poden levarnos a afondar nestas temáticas. • Un libro tamén ha de permitir que pensemos na relación entre el e nós como lectores, qué sensacións esperta, con qué nos identificamos, en qué cousas nos fai pensar, qué fibra nos toca… Neste caso poderíase tratar dos desexos, daquelo que queremos sen saber explicalo moi ben e a reflexión sobre se debemos pelexar por eles ou non. É interesante que o alumnado poida expresar tamén este tipo de reflexións persoais. • Buscar, entre todos, a idea principal do texto, a mensaxe que nos entrega en man o autor.
  • 8. Pedidos a: Comercial Grupo Anaya Polígono de Bergondo 1ª Travesía - Parcela B1 15.165 Bergondo (A Coruña) Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660 XERAIS Doutor Marañón, 12. 36211 Vigo Apartado Postal 1446. 36200 Vigo Teléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80 Te l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6 Correo electrónico: xerais@xerais.es http: //www.xerais.es/ EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA © Pilar Sampedro Martínez, 2003 © Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2003 Depósito legal: VG. 302-2003