3. Ti podes colaborar a crear un novo
ficcionario.
Un idioma que será universal dentro
do recinto do Fontexería.
Palabras que non
deberan existir.
existen
pero
Palabras que están nas cabezas pero
que aínda non foron escritas nin
definidas.
4. Palabras que xa existen pero poden
ser definidas doutro xeito.
Nin sequera serán palabras… serán
palabros.
Galego, castelán,
tanto ten.
francés,
inglés,
Podes inventar en calquera lingua: o
que importa é que non exista ou a
palabra ou a definición.
5. Cérvido do Século de Ouro
das letras españolas, aliñado
sen dúbidas coa tendencia
culteranista.
Góngora
Lope de
Vega
6. Pola gracia de Deus houbo que comelo durante case 40 anos. A
moita xente se lle atragantou, a outra non e segue a consumilo,
xa friame.
7. Flor que ten
moi delicada a
cuestión da
vista, e por iso a
protexe
botándolle un
líquido
preparado ó
efecto. Se non o
fai corre o risco
de converterse
en Delirio, que
xa é outra
cousa.
8. Víscera que
converte o que
recibe noutra
cousa.
Como por arte de
maxia.
Non sempre gusta
o resultado final.
10. Óvido senil que
malia estar cuberto
de la acusa moito a
friaxe nas
articulacións cando
vai frío.
Os seus netos
téñenlle moito
aprecio e adoitan
chamala avovella.
11. Non hai moito acordo ó
respecto: algúns definen
este termo como a
dificultade para atopar as
chaves da casa ou o
coche; mentres ca outros
exclaman: “isto é un
llaverinto”, cando se
sinten incapaces de meter
a chave na pechadura, ou
se trabucan de
pechadura.
Sexa coma sexa nos dous
casos incorren en
castelanismo.
12. A parella perfecta
cando se fala de
cubertería soe ser
de tres
compoñentes:
garfo, culler e
coitelo.
Se a convivencia
non é posible o
último debe ser o
que corte a
relación.
Digo eu!
É o máis adecuado.
13. Calzado para andar
por casa,
especialmente
recomendado para
xente nerviosa que se
soe morder as unllas
(xa sei que as dos pés
é máis inhabitual).
Se cando che fan un
bocata de queixo
non queres comer
tanto pan, podes
aproveitar para facer
unhas destas, por
olor non vai haber
problema.
14. Envío por medio do
servizo de correos de
produtos
alimenticios
baseados en fariñas
de cereais, levedadas
e pasadas polo forno.
Aquela xente que as
recibe soe quedar
moi contenta, é o
que se soe chamar
“broas noticias”
cando son de fariña
de millo
15. Actor de Hollywood ó
que o vento non
foi capaz de levar
grazas a que era capaz
de recargar ás súas
enerxías conectándose
á rede eléctrica.
Se cadra tamén podería
ter aproveitado a
enerxía eólica polo
tamaño considerable
das súas orellas.
Advertencia: non é o
pai de Clark Kent!
16. Instrumento musical
de corda afeccionado
á lectura, sobre todo
de temas musicais.
Entre os amigos que
se poden atopar no
seu facebook están:
Bruce Lee,
Christopher Lee, o
xeneral Lee, Spike
Lee ou Lee Marvin
17. Pomada que dende
pequena aprendeu a
escoitar narracións
que facían soñar.
Cando medrou,
agachouse en tubos e
no aire, e dende alí
estimula a
imaxinación do que
entra en contacto con
ela.
Ollo! É perigosa esta
sustancia, pode que
faga que pensedes!