1927
En 1927...
Werner Heisenberg formula o Principio de Incerteza.
As inundacións provocadas pola crecida do Mississipi afecta...
En 1927 naceu...
O director xaponés Hiroshi Teshigahara (m. 2001).
O director e coreógrafo estadounidense Bob Fosse (m. 19...
Fritz Lang
N: Viena, 5 de decembro de 1890
M: California, 2 de agosto de 1976
Metrópolis
Distopía futurista escrita por Fr...
F. W. Murnau
N: Bielefeld (Alemaña), 28 de decembro de 1888
M: California, 11 de marzo de 1931
Sunrise
Convertido nunha re...
William A. Wellman
N: Massachussets, 29 de febreiro de 1896
M: California, 9 de decembro de 1975
Wings
Filme romántico e b...
Walter Ruttmann
N: Frankfurt, 28 de decembro de 1887
M: Berlín, 15 de xullo de 1941
Berlin: Die Sinfonie der
Großstadt
Ret...
Alfred Hitchcock
N: Londres, 13 de agosto de 1899
M: Los Angeles, 29 de abril de 1980
The Lodger: a Story
of the London Fo...
Abel Gance
N: París, 25 de outubro de 1889
M: París, 10 de novembro de 1981
Napoleón
Filme épico sobre o personaxe do títu...
Alan Crosland
N: Nova York, 10 de agosto de 1894
M: Hollywood, 16 de xullo de 1936
The Jazz Singer
Estreada o 6 de outubro...
Problemas a resolver na introdución do son no cinema:
A sincronización: imaxes e son gravábanse e reproducíanse en soporte...
Tamén en 1927:
La hermana San Sulpicio de Florián Rey, con Imperio Argentina (España)
Upstream de John Ford (EEUU)
The Kin...
Próximos SlideShares
Carregando em…5
×

1927

356 visualizações

Publicada em

O cinema no ano 1927.

0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
356
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
169
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
1
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

1927

  1. 1. 1927
  2. 2. En 1927... Werner Heisenberg formula o Principio de Incerteza. As inundacións provocadas pola crecida do Mississipi afectan a 700000 persoas na maior catástrofe natural dos EEUU até ese momento. Charles Lindbergh fai o primeiro voo transatlántico en solitario, de NY a París, no célebre “Spirit of St. Louis”. Reúnense en Sevilla (16 e 17 de decembro) José Bergamín, Juan Chabás, Jorge Guillén, Gerardo Diego, Dámaso Alonso, Federico García Lorca e Rafael Alberti nunha homenaxe a Luis de Góngora no Ateneo da cidade no 300º aniversario do seu nacemento. A xuntanza é o “primeiro e máis concreto acto público” da logo chamada “Generación del 27”. A poboación do planeta alcanza os dous mil millóns de habitantes.
  3. 3. En 1927 naceu... O director xaponés Hiroshi Teshigahara (m. 2001). O director e coreógrafo estadounidense Bob Fosse (m. 1987). Sidney Poitier, Harry Belafonte e Emmanuelle Riva. ... e o compositor brasileiro Antonio Carlos Jobim (m. 1994), o escritor colombiano Gabriel García Márquez (m. 2014), a activista estadounidense Coretta Scott King (m. 2006) ou o científico arxentino e Premio Nobel de Medicina César Milstein (m. 2002).
  4. 4. Fritz Lang N: Viena, 5 de decembro de 1890 M: California, 2 de agosto de 1976 Metrópolis Distopía futurista escrita por Fritz Lang e a súa compañeira Thea von Harbou, foi unha superprodución con gran orzamento (finalmente 5 millóns de marcos, o triplo do previsto) e longa rodaxe (entre maio de 1925 e outubro de 1926). A estrea tivo lugar en Berlín o 10 de xaneiro de 1927, con entusiasmo do público presente. Aquela montaxe duraba 153 minutos, que foron recortados até as dúas horas da versión exhibida nos EEUU (marzo de 1927) e a que circulou nos cinemas alemáns a partir de agosto dese ano. A produtora UFA fixo logo unha remontaxe aínda máis curta, duns 90 minutos. Nos últimos anos houbo diversas restauracións do filme que intentaron achegalo á súa forma orixinal. “A historia da cidade do ano 2000. Os obreiros viven dez pisos baixo terra e o amo vive enriba: todo era moi simbólico”.
  5. 5. F. W. Murnau N: Bielefeld (Alemaña), 28 de decembro de 1888 M: California, 11 de marzo de 1931 Sunrise Convertido nunha referencia do expresionismo alemán grazas a filmes míticos coma Nosferatu, eine Symphonie des Grauens (1922), Der letzte Mann (1924), Tartuffe (1925) e Faust (1926), Murnau foi convidado por William Fox aos EEUU para desenvolver un filme con grande liberdade creativa e moi xenerosos medios de produción. O resultado foi Sunrise, unha das obras maiores do cinema de todos os tempos. A súa pegada estética é inmediatamente recoñecíbel en filmes feitos na mesma época coma Four Sons de John Ford. Recibiu tres Oscars na primeira edición dos premios: mellor actriz (Janet Gaynor), mellor fotografía (Charles Rosser e Karl Struss) e mellor calidade artística de produción, categoría que só existiu ese ano e tiña o mesmo peso que a de mellor película.
  6. 6. William A. Wellman N: Massachussets, 29 de febreiro de 1896 M: California, 9 de decembro de 1975 Wings Filme romántico e bélico ambientado na Primeira Guerra Mundial, chamou a atención pola perfección das súas escenas aéreas e de combate. Alcumada The It Girl pola súa participación no filme It, Clara Bow (1905-1965) era un “sex-symbol” cuxa presenza era garantía de éxito dun filme neses anos de transición entre o mudo e o sonoro. Prototipo da “flapper”, chegou a recibir máis de corenta mil cartas de admiradores ao mes. Tal popularidade converteuna tamén en obxecto de toda sorte de rumores (en xeral incertos) que lle atribuían unha vida “salvaxe” de alcohol, drogas e as máis variadas prácticas sexuais.
  7. 7. Walter Ruttmann N: Frankfurt, 28 de decembro de 1887 M: Berlín, 15 de xullo de 1941 Berlin: Die Sinfonie der Großstadt Retrato da vida dunha cidade a partir de impresións visuais sen un fío narrativo convencional, este documental experimental foi o modelo de “sinfonía urbana” que imitaron moitos outros autores dese tempo.
  8. 8. Alfred Hitchcock N: Londres, 13 de agosto de 1899 M: Los Angeles, 29 de abril de 1980 The Lodger: a Story of the London Fog Protagonizado por Ivor Novello, a acción transcorre nunha pensión cuxa propietaria empeza a preguntarse se o novo inquilino será un asasino en serie coñecido coma “The Avenger”. Introduce un tema logo típico de Hitchcock: a persecución dun home inocente.
  9. 9. Abel Gance N: París, 25 de outubro de 1889 M: París, 10 de novembro de 1981 Napoleón Filme épico sobre o personaxe do título (encarnado por Albert Dieudonné), pasou á historia por erguerse coma un catálogo vivo das posibilidades visuais do cinema: sofisticados movementos de cámara e ideas de montaxe, pantalla dividida e o lendario uso de tres imaxes simultáneas para conseguir unha proporción de pantalla única 4:1 (“Polyvision”). A duración inicial na estrea da Ópera de París en abril de 1927 pasaba un pouco das 4h (co “tríptico”). A montaxe definitiva sen tríptico de maio dese ano sería de máis de 9h. Dende houbo houbo un feixe de remontaxes de dimensións variábeis e en época recente diversas restauracións. Agora mesmo hai outra en marcha...
  10. 10. Alan Crosland N: Nova York, 10 de agosto de 1894 M: Hollywood, 16 de xullo de 1936 The Jazz Singer Estreada o 6 de outubro de 1927, foi a primeira longametraxe con diálogos sincronizados, paso definitivo na incorporación do son ao cinema. O seu éxito inmediato -notábel, aínda que non xigantesco- demostrou a viabilidade dos “talkies” e sinalou o principio do fin da idade de ouro do cinema silente. Uns meses despois chegaría Lights of New York de Bryan Foy, o primeiro filme completamente falado.
  11. 11. Problemas a resolver na introdución do son no cinema: A sincronización: imaxes e son gravábanse e reproducíanse en soportes diferentes e iso creaba complicacións para unha perfecta reprodución simultánea. O volume: até o desenvolvemento e perfeccionamento das técnicas de amplificación de audio non era posíbel reproducir sons coa calidade suficiente para “encher” unha sala grande. A gravación: os sistemas primitivos de gravación só permitían o rexistro con certa calidade se o intérprete falaba, actuaba ou interpretaba a música de forma directa e próxima ao artefacto que recollía o son. A solución progresiva destas dificultades permitiu a progresiva incorporación de efectos sonoros e música nalgúns filmes até o triunfo definitivo dos “talkies”. Aínda así, o primeiro cinema sonoro viuse afectado por severas limitacións técnicas: un bo rexistro do son implicaba escenas moi “estáticas”, tanto no que atinxe ao movemento da cámara como á propia disposición dos actores. Os prodixios técnicos acadados no período silente quedaron aparcados por completo durante uns anos...
  12. 12. Tamén en 1927: La hermana San Sulpicio de Florián Rey, con Imperio Argentina (España) Upstream de John Ford (EEUU) The King of Kings de Cecil B. DeMille (EEUU) The Student Prince in Old Hilderberg de Ernst Lubitsch (EEUU) Underworld de Josef von Sternberg (EEUU) O fin de San Petersburgo de Vsevolod Pudovkin e Mijail Doller (URSS) E xa están traballando cineastas coma Kenji Mizoguchi, Yasujiro Ozu, William Wyler, Dorothy Arzner, Jean Renoir, René Clair, Carl Theodor Dreyer... 1927 é unha presentación feita por Martin Pawley para O ano que o cinema nos cativou, obradoiro de cinema do Centro Ágora. Fonte das imaxes: Wikipedia.

×