2. O meu avó naceu no ano 1935 (ten 74
anos) duns pais humildes nunha aldea de
San Andrés de Vea, na Estrada.
Vivía con seus pais, seus avós e moitos
tíos, e xurdiron problemas dentro da
familia o que obrigou a seus pais a
marchar para unha casa pobre mentres
se puxeron a facer unha nova para a
familia. Seu pai era carpinteiro e con
axuda doutros familiares foi facendo
unha casiña para vivir.
Manuel foi o primeiro de catro irmáns,
polo tanto tivo que axudar moito a
coidar de seus irmáns pequenos xunto
coa súa nai, xa que seu pai, ante as
necesidades que pasaban, tivo que
emigrar a Venezuela. Cando era pequeno
tivo unha vida moi dura con todo tipo de
privacións.
3. A nenez e a escola
Dende moi pequeno xa traballaba moito, como lle pasaba a
maior parte dos nenos do seu tempo. Comezou con 8 anos a
ir á escola. Só ía a mañán xa que pola tarde tiña que saír
coas vacas para o monte. Había dúas escolas en San Andrés:
unha para nenos e outra para nenas. Na escola de rapaces
había un profesor que tiña que atender el só a 84 rapaces,
Don Antonio. Meu avó di: “Era un profesor ditador, pero foi
un bo home. Ademais castigaba só ós que o merecían”. Alí
aprendían aritmética, xeografía e historia, todo metido nun
só libro que era prestado polo propio mestre. Pero ademais
tiñan que saber o catecismo. Meu avó di: ”O catecismo de
cartón a cartón”.
Nas horas de lecer xogaban ó fútbol e de vez en cando
realizaban torneos entre as diferentes parroquias.
Como meu avó era moi estudoso e sabía moi ben o
catecismo, veu un cura para levalo ó seminario. Nesa época
era a única saída para facer estudos xa que non costaba
nada. Pero non foi porque tiña que coidar dos irmáns. El
dixo: “Sería un bo predicador”.
Deixou a escola ós 14 anos para aprender o oficio de
zoqueiro.
4. Mocidade e traballo
Estivo traballando seis meses de zoqueiro sen gañar nada,
despois gañaba 1,50 pesetas ó día. Máis tarde grazas ó seu
patrón comezou a recibir clases de música. Tiña que ir
andando dende San Andrés ata Pontevea (6 km) para asistir
ás clases, pero só dispoñía do tempo que lle daban para comer
e tiña que pasar cun bocadiño sen poder ir á súa casa a
xantar. Meses máis tarde, tivo sorte e prestáronlle unha
bicicleta.
Ó ano de tomar clases mandárono a tocar coa banda e xa
gañaba 40 pesetas. Nun so día gañaba o mesmo que nun mes
de zoqueiro. Por iso el seguiu estudando música para poder
axudar a súa familia. Comezou co clarinete, despois co
requinto, co baritono e ó final co saxofón. Ademais, naqueles
tempos, os músicos eran moi admirados polas rapazas, por iso
despois de cada actuación os estaban esperando debaixo do
palco. Como di el: “Eramos moi apetitosos para as mozas”.
Ós 15 anos namorouse dunha rapaza coa que mantivo un
romance durante 6 anos e medio, da cal se separou despois
dun frechazo coa miña avoa. No ano 1964 mercou unha moto,
unha Lambretta coa que ía ás actuacións e levaba á familia a
onde fose preciso, mesmo ata a praia en Vilagarcía.
5. A familia
Coñeceu a miña avoa no ano 1959, nunha festa. Foise
namorando dela co paso do tempo, xa que nas festas
bailaban xuntos. Ela e meu avó bailaban moi ben.
Deixou a moza e estivo coa miña avoa durante un ano
e medio. Miña avoa quedou embarazada e tiveron que
casar.
Tiveron 3 fillos, dous nenos e unha nena. Cando casou
foi vivir para a casa dos seus sogros que o trataron
moi ben. El gañaba moitos cartos na orquestra e non
tivo problemas para coidar ós fillos. Foi un matrimonio
feliz, pero moi curto; xa que no ano 1973 miña avoa
enfermou e meu avó tivo que regresar de Suíza para
coidala. Durou tres anos, morrendo no ano 1977. Meu
avó quedou ó coidado dos fillos que logrou sacar
adiante grazas a seu oficio de músico na Banda
Musical da Estrada e o taller de zoqueiro que tiña.
Avó: “Era simpática e agradable, foime imposible
separarme dela. En 19 anos de matrimonio nunca nos
miramos mal e xamais tivemos discusións.”
6. A mili
Meu avó entrou no servizo militar no ano 1957 con 22 anos.
Estaba destinado a África, pero foi sobrante e mandárono
para a infantería de Ferrol. Un oficial daquel cuartel, Don
Herminio, botoulle unha man cunha recomendación para que o
meteran no taller de zapateiros, pero o que fixeron foi metelo
na banda militar do Tercio Norte de Ferrol durante 6 meses.
Cando comezou a guerra de Sidi Ifni (África), os músicos de
todos os cuarteis perderon o destino e pasaron á vida militar
común facendo as gardas, a limpeza…
A situación era moito máis difícil de levar e para conseguir
uns días de permiso súa nai fíxose pasar por enferma. Meu
avó pasábao moi mal alí e díxolle ao oficial Don Herminio
cando recibiu a chamada de súa nai: “Don Herminio no vuelvo
más al cuartel. En estos diez días me voy con mi padre para
Venezuela”.
Don Herminio aconselloulle: “No se te ocurra, vuelve para
aquí, que te declaran desertor y te meten en el calabozo”.
Meu avó despois duns días de permiso regresou. Enviarono á
Plana Maior nunha zapatería onde estivo de encargado. Con
todo, ten bos recordos do tempo da mili. Licenciouse no ano
1959.
7.
8. Traballo de zoqueiro
As ferramentas propias do seu oficio
de zoqueiro e zapateiro que aínda
hoxe emprega son: a bigornia, o banco
de traballo, o esmeril que antes se
movía co pé e agora xa é “máis
moderno”, funciona con electricidade.
O froito do traballo: os zocos feitos
totalmente a man desde as solas, as
pezas de coiro cortadas a partir da
pel dunha vaca ou becerro, cravar,
coser,...
Os zocos eran o calzado habitual de
toda a xente, sobre todo dos maiores,
ata hai poucos anos, o que lle supoñía
traballar todo o día e parte da noite:
“Agora xa case non se fan a non ser
para as persoas moi maiores ou para
os que teñen problemas nos pés”
Os zocos foron susituídos polos zapatos
e houbo que adaptarse a novas formas
de traballar.
9. Traballo de músico
Despois de pasar os primeiros anos de
actuacións musicais na Banda de Vea,
que naqueles tempos tiña moitas
actuacións, un grupo de compañeiros
da música, os máis novos, decidiron
formar unha orquestra cos mellores
medios técnicos daquela época, a
Orquestra Iberia da que el é o
fu n da do r. Viñe ro n u ns an os de
p r o s p e r i d a d e a p r o v e ita n d o a s
numerosas actuacións p o la s
parroquias da bisbarra.
10. Emigración
Meu avó emigrou no ano 1972
cando a orquestra na que tocaba
se desfixo. Marchou para Suíza
onde gañou moito diñeiro.
No pr im eiro an o co mpro u un
Renault R-6 e no segundo un solar
na Estrada. El enviaba moitas
cartas a súa muller e ós seus
fillos, xa que a súa marcha foi moi
inesperada e non ben aceptada
polos fillos, sobre todo o maior.
Tivo que regresar cando a súa
muller enfermou no ano 1974.
Avó: “Aquilo era unha mina de
ouro”
11. A casa
A casa era unha casa de aldea onde
convivían persoas e animais. A cociña era
unha lareira e non había comodidades, pero
pouco a pouco foron facendo melloras para
dotala das cousas máis precisas.
O primeiro televisor que chegou a aldea
instalouse debaixo da cociña de meu avó ata
que se fixo un local comunitario chamado o
“teleclub”. Don Manuel Fraga, ministro de
Información e Tirismo, regalara televisores a
tódalas parroquias. Os veciños ían ver a
telenovela tódalas tardes.
A primeira lavadora que houbo na casa
regaláralla a súa avoa no ano 1967, foi un
gran avance xa que antes tiñan que ír lavar
a roupa a un vertedeiro que había preto da
casa. O frigorífico chegou moito máis tarde.
12. A aldea
Na aldea na que vive segue habendo os mesmo
número de habitantes, porque os fillos dos antigos
veciños volveron e restauraron as casas vellas.
Antes había corredoiras e non podían andar coas
motos e os coches, así que entre os veciños fixeron
unha estrada para a escola. Tiveron que abrir 2 km
de pista e utilizaron 213 tractores de pedra.
Cando había festas todos os veciños se xuntaban
para celebrala. E cando había que traballar nas
veigas os veciños tamén axudaban.
13. Hoxe segue tocando na Banda Musical da Estrada, coida dos
netos e cando é tempo de ir colleitar vai no seu tractor.
Limpa as súas toxeiras para evitar incendios e cando está de
descanso, charla cos seus amigos.