SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 36
Baixar para ler offline
Obradoiros de CORRESPONSABILIDADE
7

         OBRADOIROS DE
    SUPERVIVENCIA DOMÉSTICA
ÍNDICE

A    COMO COCIÑAR
B    RECEITAS PARA NON MORRER


     RECEITAS
1    ARROZ CON LEITE
2    BACALLAU CON FEIXÓNS
3    BISCOITO DE CASTAÑAS
4    CALAMARES GUISADOS
5    CALDEIRADA DE PEIXE SAPO
6    CALDO DE CASTAÑAS DA TÍA ANXELA
7    CHULAS
8    COELLO Ó RIBEIRO TINTO
9    CREMA DE GRELOS
10   EMPANADA DE GRELOS E XAMÓN
11   EMPANADA DE ZAMBURIÑAS
12   FIDEOS CON AMEIXAS
13   FLAN DE QUEIXO
14   GUISO DE POLBO
15   OVOS CON CHÍCHAROS E XAMÓN
16   PESCADA CON BERBERECHOS
17   SETAS Ó ALLO
18   TERNEIRA GALEGA GUISADA
19   TORRADAS
20   VIEIRAS Ó ALBARIÑO
21   TRUFA DE CASTAÑA
22   PASTEL DE PESCADA Á MODA A TROITA ARMADA
23   TALLARINES AO SALMÓN
24   POLBOS TIPO CEA DO 24
25   PATACAS "A LA IMPORTANCIA"
26   BONITO EN ESCABECHE
27   PASTEL DE CENORIAS
SOLUCIÓN DE EMERXENCIAS DOMÉSTICAS

A   COMO COCIÑAR


    Na cociña de supervivencia só usaremos dúas técnicas:
    1 Fritir: acción equivalente para un home á depilación con cera. Debedes evitalo
       sempre que poidades, consiste en poñer aceite nunha tixola e ir botando cousas
       dentro para que salpique o aceite quente por enriba. De ahí que se diga que as
       cousas a prancha son máis sás.

    2   Ferver: é unha das mellores opcións para cociñar. Tan só debes quentar auga ata
        que se fajan burbulliñas, entón botas dentro o que queres cociñar. Só nos servirá
        para a pasta, o arroz e os ovos. Non metades ningún apéndice na auga, iso non
        e un jacuzzi.

    ACCIDENTES DOMÉSTICO NA COCIÑA
    A cociña e sen dúbida o sitio máis perigoso da casa así que sempre hai que ter moito
    tino. Evita sempre que poidas os coitelos afiados, as frituras e calqueira receita que
    inclúa whisky (todos coñeceredes o pavo o whisky). Pasemos a ver os accidentes
    mais cotias:

    •   ¡Mamaaaa! ¡Corteime un dedo!: existen dous tipos de cortes, o corte propiamente
        dito e a amputación. Se o teu e un mero corte non te preocupes demasiado,
        tarde ou cedo deixará de sangrar. Sen embargo se o que tes e unha amputación
        e o teu día de sorte. Aproveita o dedo, estan moi ternos.

    •   ¡Mamaaa! ¡ Queimeime!: o mellor nestos casos e recurriren a algunha pomada
        aposta para queimaduras. Endexamais botar pasta de dentes, só os dentes
        necesitan fluor.

    •   ¡Mamaaa! ¡ Isto está a queimarse¡: algo habitual e que cando estas fritindo algo
        salga una ráfaga inmensa, en ese caso non te preocupes, quedará mellor feito.
        Sen embargo se é a túa casa o que está prendendo lume deixa da leer esto e
        chama aos bombeiros.
SOLUCIÓN DE EMERXENCIAS DOMÉSTICAS

B   RECEITAS PARA NON MORRER


    1   A pasta e o arroz: sen dúbida é a mellor opción, tan só necesitan ferver durante
        uns minutos. O problema ben coa salsa, normalmente recurrese o tomate fritido
        (aínda que vin xente que lle mete ketchup...). Podes comer un día macarróns,
        outro spaghetis e outro arroz á cubana. Acabarás cansándote do tomate, nestes
        casos o mellor é pasar a outro plato. Nunca intentes facer unha salsa “secreta”
        e se o fas non a fagas con mel, avecrem, auga e fariña (está noxenta).
        Nota: espero que os que se comeron esa salsa, ahora que saben o que contiña,
        denlle a culpa a Luís non a min.

    2   A tortilla: prato español por excelencia. bátense os ovos (os de galiña) e frítense
        nunha tixola. Se o que queres e facer unha tortilla de patatas recorda que as
        patatas deben fritirse antes de botalas na tortilla.

    3   As fritiduras (só para masoquistas): simplemente friteas e desfruta.

    4   La pizza de casa tarradellas: ¡ fanse no forno e sen o plástico! ¡ non as fagades
        no microondas e/ou co plástico!

    5   Despois de cociñar:
        Se NON conseguiches cociñar algo con éxito: mellor que non volvas a consultar
        este manual e te marches a un restaurante de comida rápida.

        Se conseguiches cociñar algo con éxito: noraboa. Agora, despois de ver como
        deixaches a cociña, comprenderás porque é mellor ir a un restaurante.
RECEITAS

1   ARROZ CON LEITE


    Tempada: Todo o ano

    Persoas: 3

    Ingredientes:
    • 100 gr. de arroz
    • 1 litro de leite
    • 100 gr. de azucre
    • 1 corteza de limón
    • Canela en rama
    • Canela en pó

    Instrucións:
    Pónse a coce-lo leite coa corteza dun limón, un pao de canela e o azucre. Ó ferve-
    lo leite, incorpórase o arroz. Cócese, sen deixar de remexer, ata que estea brando.
    Retírase do lume e sácanse a canela e a cáscara do limón. Se é necesario pódese
    utilizar máis leite xa que ten que quedar caldoso e, ó enfriar, o arroz segue absorbendo
    o líquido. Sérvese cuberto de canela en pó.
RECEITAS

2   BACALLAU CON FEIXÓNS


    Tempada: Todo o ano

    Persoas: 2

    Ingredientes:
    • 2 tacos de bacallau desalgado
    • 400 grs de feixóns cocidos
    • 2 dentes de allo
    • 1 pemento vermello
    • 1 pemento verde
    • 1 cebola
    • 2 tomates pelados
    • Ourego
    • 1 folla de loureiro
    • Caldo de peixe
    • Pemento doce
    • Leite
    • Aceite de oliva

    Instrucións:
    Escáldase o bacallau en auga quente cun pouco de leite durante uns segundos para
    facilitar o desmigado. Resérvase o bacallau desmigado e as peles. Nun fondo de
    aceite douranse os allos laminados coas peles do bacallau. Cando os allos estean
    listos retíranse as peles e engádese a cebola picada e os pementos cortados en tiras.
    Cando a verdura estea lista engádense os tomates pelados e cortados en dados, a
    folla de loureiro, un pouco de ourego, unha cullerada de pemento doce e un pouco
    de caldo de peixe. Logo de 10 ou 15 minutos egádense os feixóns cocidos e o bacallau
    desmigado dándolles un golpe de calor e sérvese.
RECEITAS

3   BISCOITO DE CASTAÑAS


    Tempada: Outono

    Persoas: 4

    Ingredientes:
    • 500 grs de puré de castañas
    • 500 grs de nata líquida
    • 250 grs de azucre branca
    • 250 grs de azucre morena
    • 1 copa de anís
    • raiadura de limón
    • 500 grs de farina
    • 9 ovos
    • 2 sobres de lévedo

    Instrucións:
    Pélanse as castañas e cócense en auga cun chorro de anís ou anís en grao e un chisco
    de sal. Unha vez frías retíraselle-la pel interior e tritúranse con medio vaso de leite.
    Ó puré de castañas agréganselle os ovos, a nata líquida e os dous tipos de azucre.
    Bátese todo xunto e engádese o lévedo e a fariña tamizadas, a raiadura de limón e
    o anís. Vértese todo nun molde previamente engraxado e empoado con fariña.
    Enfórnase o biscoito durante 30 minutos a 220ºC.
RECEITAS

4   CALAMARES GUISADOS


    Tempada: Todo o ano

    Persoas: 4

    Ingredientes:
    • 1 kg. de calamares limpos e troceados
    • 1 cebola mediana
    • 3 tomates pelados (cortados en dados)
    • 1 dente de allo picado
    • 1 pemento verde grande
    • Viño branco /Sal

    Instrucións:
    Cúbrese con aceite o fondo dunha pota en el refóganse o allo picado moi fino e a
    cebola cortada en xuliana. Antes de comenzaren a coller cor, engádese o pemento
    troceado en anacos non moi grandes e déixase refogar todo xunto uns minutos.
    Incorpóranse os tomates pelados e cortados en cadradiños moi pequenos e, cando
    empecen a desfacerse, engádense os calamares limpos e cortados en anacos deixán-
    doos dourar. Bótase o viño branco, o xusto case para o cubrir, e déixase cocer ata
    que os calamares estean tenros. Pode acompañarse con patacas fritas ou arroz branco.
RECEITAS

5   CALDEIRADA DE PEIXE SAPO


    Tempada: Todo o ano

    Persoas: 2

    Ingredientes:
    • 750 grs. de peixe sapo
    • 1 cebola
    • 2 dentes de allo
    • kgr. de patacas
    • Caldo de peixe
    • Pemento doce
    • Aceite de oliva
    • Sal

    Instrucións:
    Nunha pota póñense a doura-la cebola e os allos picados nun pouco de aceite. Cando
    estean dourados engádense o pemento doco e as patacas cortadas en rodas e
    cúbrese todo con caldo de peixe. Sazónase. Cando ás patacas lles falten uns 10
    minutos incorpórase o peixe sapo. Déixase facer todo ata que as patacas estean
    listas e sérvese.
RECEITAS

6   CALDO DE CASTAÑAS DA TÍA ANXELA


    Tempada: Outono

    Persoas: 4

    Ingredientes:
    • 500 grs. de castañas
    • 1 manoxo de verzas ou grelos
    • 1 trozo de unto (aprox. 50 grs.)
    • 300 grs. de fabas cocidas
    • 1 litro de caldo de cocido

    Instrucións:
    Monda-las castañas, escaldalas en auga fervendo e quitarlle-la segunda pel. Reservar.
    Lavar ben a verdura, troceala e escorrela. Reservar.
    Nuha pota poñer a coce-lo caldo co unto. Cando rompa a ferver, bota-las castañas
    e a verdura e deixar cocer ata que estean feitas. Retir-lo unto cun pouco de caldo a
    un prato e incorpora-las fabas cocidas.
    Mentres coce o resto, faise o rustrido do unto, machacándoo cun garfo. Cando estea
    ben desfeito, retíranse os anacos de tripa e o resto incorpórase á pota. Déixase cocer
    uns minutos e sérvese.
RECEITAS

7   CHULAS


    Tempada: Todo o ano

    Persoas: 6

    Ingredientes:
    • 2 ovos
    • 170 grs. de fariña
    • Vaso de leite
    • 50 grs. de azucre
    • Aceite para fritir
    • Azucre para empoar

    Instrucións:
    Bátense os ovos co azucre. Engádese o leite, mesturando ben, e vai incorporándose
    a fariña, sen deixar de bater ata conseguir unha masa semilíquida. Vánse botando
    pequenas cantidades de masa nunha tixola con abundante aceite quente, fritíndoas
    ata que estean douradas. Sácanse e escórrense nun papel de cociña para quitar o
    exceso de graxa e empóanse con azucre. Utilizando unha culler (sopeira) como
    medida para botar a masa na tixola, con estas cantidades saen unhas 40 chulas.
RECEITAS

8   COELLO Ó RIBEIRO TINTO


    Tempada: Todo o ano

    Persoas: 2

    Ingredientes:
    • 1 coello enteiro
    • 2 cebolas
    • 2 follas de loureiro
    • Tomiño
    • Ourego
    • Allo picado
    • 1 botella de ribeiro tinto
    • Brandy
    • Aceite de oliva
    • Sal

    Instrucións:
    O día anterior trocease o coello, reservando o fígado libre de fel, e sazónase. Alíñase
    coa pementa, o allo picado, o tomiño e o ourego e cúbrese cun pouco de brandy e
    co ribeiro tinto. Engádese ó aliño media cebola troceada e dúas follas de loureiro.
    O día seguinte escórrense os trozos de coello e cóase o adobo, que se reserva.
    Dourase en aceite ben quente o coellos, retírase do lume e, nese mesmo aceite, a
    lume lento, refógase o resto da cebola cortada en xuliana. Unha vez dourada a cebola
    incorpórase de novo o coello e cúbrese co caldo coado do adobo. Déixase cocer ate
    que estea tenro, engadíndolle, a media cocción, o fígado previamente machacado.
    Pódese acompañar de arroz branco.
RECEITAS

9   CREMA DE GRELOS


    Tempada: Todo o ano

    Persoas: 2

    Ingredientes:
    • 300 grs de grelos
    • 180 grs de patacas
    • 100 grs de cebola
    • 50 grs de aceite de oliva
    • litro de auga
    • Pementa
    • Sal

    Instrucións:
    Pícase a cebola e refógase en aceite de oliva. Cando a cebola estea lista engádense
    as patacas troceadas e os grelos, cúbrense coa auga, salpeméntase e déixase cocer
    ata que os grelos estean tenros. Tritúrase todo, pásase por un coador fino e sérvese.
RECEITAS

10   EMPANADA DE GRELOS E XAMÓN


     Tempada: Todo o ano

     Persoas: 6

     Ingredientes:
     • Vaso de leite
     • Vaso de viño branco
     • Un pouco menos de vaso de aceite de oliva
     • 400 grs. de fariña aproximadamente
     • Sal
     • 250 grs. de grelos cocidos
     • 2 dentes de allo
     • 200 grs. de xamón serrano

     Instrucións:
     Nun bol mestúranse o leite, o viño e o aceite de oliva e engádese un pouco de sal.
     Vai incorporándose a fariña ata que a masa se despegue, momento no que se pasa
     a unha superficie lista e continúase amasando ata que non admita máis fariña. Debe
     quedar unha masa suave e elástica. Divídese en dúas mitades, extendendo unha
     delas sobre unha fonte de forno engraixada ou cuberta cun papel d forno para que
     non se pegue.

     Unha vez feito isto, dóuranse os allos nun pouco de aceite de oliva e incorpóranse
     os grelos cocidos ben escorridos e o xamón cortado en lascas non moi grosas
     refogándoos uns momentos. Retíranse os allos poñendo os grelos e o xamón sobre
     a masa extendida. Tápase coa outra mitade da masa, tamén extendida, e sélase
     polos bordes facendo un burato no medio a modo de cheminea. Píntase con ovo
     batido e enfórnase a 180ºC durante 35-40 minutos aproximadamente.
RECEITAS

11   EMPANADA DE ZAMBURIÑAS


     Tempada: Todo o ano

     Persoas: 6

     Ingredientes:
     Para a masa:                                Para o recheo:
     • kgr. de fariña                            • 1,5 kgr. de zamburiñas con cuncha
     • 1 vaso de auga morna con sal              • 1 tomate
     • 1 noz de lévedo de panadería              • 2 cebolas
     • Vaso de aceite do guiso                   • 3 dentes de allo
     • 1 culleradiña de pemento doce             • 1 pemento vermello
                                                 • 2 sobres de azafrán
                                                 • Aceite
                                                 • Sal

     Instrucións:
     Primeiro prepárase o recheo. Faise un sofritido co aceite (abondo para poder utilizar
     logo medio vaso na masa), a cebola e o allo picados e o pemento troceado. Cando
     estea todo refogado, retírase o medio vaso de aceite e resérvase. Entón, engádese
     ó sofritido o tomate troceado, as zamburiñas limpas e retiradas das cunchas, o xamón
     en tacos pequeniños e o azafrán, deixando que se refogue todo xunto uns minutos.
     Retírase do lume e déixase arrefriar.

     Mentres, prepárase a masa. Nunha cunca ponse a fariña e faise un buraco no medio.
     Dentro bótanse a auga morna coa sal, o aceite de prepara-lo recheo, o lévedo
     esmiuzado e unha culleradiña de pemento doce. Mestúrase e trabállase todo ben
     ata que a masa se despegue facilmente das máns (uns 10 minutos). Deixase reposar
     unha hora para que suba e logo vólvese a amasar.

     Para monta-la empanada divídese a masa en dous anacos e estíranse de forma
     rectangular. Nunha bandeixa de forno previamente engraxada con aceite e enfariñada,
     colócase unha das metades da asa e sobre ela o recheo. Tápase coa outra metade
     e sélase polos polos bordes dobrando a parte inferior sobre a superior, sobre a que
     debe facerse, no centro, un buraco a modo de cheminea. Cos restos da masa pódense
     facer uns adornos. Píntase con ovo batido e métese no forno, con calor por arriba
     e por abaixo, a 180-200º durante 35-45 minutos.
RECEITAS

12   FIDEOS CON AMEIXAS


     Tempada: Todo o ano

     Persoas: 2

     Ingredientes:
     • 500 grs. de ameixas
     • 250 grs. de fideos
     • 2 dentes de allo
     • 1 cebola mediana
     • 4 tomates
     • 1 papeliño de azafrán
     • Auga
     • Sal
     • Aceite de oliva

     Instrucións:
     Unha vez limpas as ameixas, ábrense en auge e resérvanse. O caldo de abrilas cóase
     e tamén se reserva. Nunha pota, con aceite de oliva, póñense a sofriti-los allos, a
     cebola e o tomate, todo moi picadiño. Sazónase. Cando estea todo ben sofritido,
     engádese o caldo que reserváramos, os fideos e o papeliño de azafrán. Rectifícase
     de sal se é necesario. Cando os fideos estean listos e o caldo case evaporado na súa
     totalidade, engádense as aeixas e déixase cocer todo xunto de 2 a 3 minutos.
RECEITAS

13   FLAN DE QUEIXO


     Tempada: Todo o ano

     Persoas: 5

     Ingredientes:
     • 450 grs. de leite
     • 8 quesiños
     • 1 sobre de callada
     • 90 gr. de azucre
     • Azucre para caramelizar

     Instrucións:
     Caramelizar un molde e reservar. Nun robot de cociña, tipo thurmix, mesturar todos
     os ingredientes ata que estean ben integrados, convén ir botando os quesiños de
     un en un para que se desfagan ben. Verquer a mestura sobre o molde caramelizado
     e cocer no forno ao baño maría ata que estea callada. Comprobar cunha agulla que
     debe saír limpa.
RECEITAS

14   GUISO DE POLBO


     Tempada: Todo o ano

     Persoas: 4

     Ingredientes:
     • 1 polbo cocido
     • 400 grs. de patacas
     • 2 tomates
     • 1 cebola pequena
     • 1 pemento vermello
     • Aceite de oliva
     • Auga ou caldo de coce-lo pulpo
     • Sal

     Instrucións:
     Nunha tarteira sofrítense a cebola picada, o pemento troceado e os tomates cortados
     en dados pequenos, deixando que se fagan uns minutos. A continuación incorpóranse
     as patacas troceadas. Cúbrense con auga ou caldo de coce-lo pulpo e sazónase.
     Cando falten uns minutos para terminar de facer as patacas engádese o pulpo cortado,
     mesturando ben, e déixase cocer todo xunto ata que as patacas estean listas.
RECEITAS

15   OVOS CON CHÍCHAROS E XAMÓN


     Tempada: Todo o ano

     Persoas: 1

     Ingredientes:
     • 2 ovos
     • 40 grs. de xamón serrano
     • 40 grs. de chícharos en conserva
     • 100 grs. de salsa de tomate
     • Sal

     Instrucións:
     Cubrir coa salsa de tomate unha fonte ou recipiente resistente ó forno e dispoñer
     sobre ela os chícharos e o xamón serrano cortado en taquiños. Cascar os ovos un a
     un nun vaso para evitar sorpresas desagradables e poñelos na fonte, encima da salsa.
     Meter no forno a 180º ata que callen os ovos. Sazonar os ovos ó sacalos do forno.
RECEITAS

16   PESCADA CON BERBERECHOS


     Tempada: Todo o ano

     Persoas: 2

     Ingredientes:
     • 4 rodas de pescada cortadas finas
     • 1 dente de allo
     • 1 cebola pequena
     • 200 grs. de berberechos
     • Un pouco de viño branco (mellor Albariño)
     • Auga
     • Sal
     • Aceite
     • Perexil picado

     Instrucións:
     Lavar ben os berberechos e deixalos unhas horas en auga con sal para que solten
     as areas. Nunha pota poñer a quentar auga con sal e abrir nela os berberechos. Unha
     vez abertos, retirar e reservar. Filtra-lo caldo resultante e reservar tamén.

     Nunha tarteira tipo paella ou nunha cazola de barro poñer a dourar nun fondo de
     aceite a cebola e o allo moi picados. Cando estean, incorpora-lo caldo de abri-los
     berberechos e a pescada. Sazonar. Deixar coce-la pescada e cando casi estea feita,
     regar cun pouco de viño branco e incopora-los berberechos. Acabar de facer, botarlle
     un pouco de perexil picado e servir.
RECEITAS

17   SETAS Ó ALLO


     Tempada: Outono / Inverno

     Persoas: 2

     Ingredientes:
     • 400 grs. de Pleurotus
     • Guindilla (opcional)
     • 4 dentes de allo
     • Aceite de oliva
     • Sal

     Instrucións:
     Nunha tixola, ou cazola de barro, póñense a dourar en aceite os allos fileteados.
     Cando estean dourados, engadi-la guindilla, as setas troceadas e sazonar. Face-las
     setas, remexendo, ata que estean tenras. Sérvese axiña.
RECEITAS

18   TERNEIRA GALEGA GUISADA


     Tempada: Todo o ano

     Persoas: 4

     Ingredientes:
     • 500 grs. de terneira galega
     • Cebola
     • 4 cenorias
     • 1 taza de tomate fritido
     • 4 patacas
     • 200 grs. de chícharos cocidos
     • Aceite de oliva
     • Auga
     • Azafrán
     • Ourego

     Instrucións:
     Córtase a carne en dados e ponse a dourar en aceite oliva coa cebola picada. Unha
     vez dourada, cúbrese de auga e déixase cocer a lume lento ata que empece a estar
     tenra. Entón engádense as cenorias, cortadas en dados, e déixanse cocer coa carne.
     Logo de cinco minutos engádense as patacas (cortadas un pouco máis grandes que
     as cenorias), o tomate fritido, ourego ó gusto e unha pizca de azafrán. Cando as
     patacas e as cenorias estean tenras incorpóranse os chícharos cocidos e o prato está
     listo para comer.
RECEITAS

19   TORRADAS


     Tempada: Todo o ano

     Persoas: 4

     Ingredientes:
     • 1 barra de pan
     • Leite
     • Azucre
     • Ovos
     • Aceite
     • Canela

     Instrucións:
     Córtase o pan en rebanadas de 2 a 3 cm. de grosor. É mellor que sexa do día anterior
     para que non se desfagan as torradas. Somérxense uha mestura de leite, previemente
     quentada cunha ramiña de canela, e azucre, deixando que se empapen ben. Logo
     escórrense, pasámolas por ovo batido e fritímolas en aceite de oliva. Sérvense
     salferidas de azucre.
RECEITAS

20   VIEIRAS Ó ALBARIÑO


     Tempada: Inverno

     Persoas: 2

     Ingredientes:
     • 4 vieiras limpas
     • litro de viño Albariño
     • 1 culleradiña de fariña
     • Uns anaquiños de xamón do país
     • 1 cebola pequeniña
     • Sal

     Instrucións:
     Nunha tixola poñer a doura-la cebola picada moi fina. Salgar. Cando estea transparente
     engadir unha culleradiña de fariña refogándoa para que non saiba a crú. Agrega-lo
     viño Albariño e deixar reducir ata que espese un pouquiño a salsa. Engadi-los taquiños
     de xamón e cubri-las vieiras, previamente sazonadas, coa salsa. Enfornar durante
     15-20 minutos a 180º.
RECEITAS

21   TRUFA DE CASTAÑA


     Ingredientes:
     • 500 gr de castañas
     • 1/2 vaso de leite
     • 200 gr de manteiga
     • Fideos de chocolate
     • 2 culleradas de mel
     • 100 gr de azucre en pó
     • 1/2 copa de brandi
     • Cacao en pó
     • 1 tableta de chocolate de repostería

     Instrucións:
     Antes de nada dicir que esta receita é para forno microondas, pero dada a súa
     sinxeleza é moi doado convertir os tempos para un forno normal.

     Lávanse as castañas e fáiselles unha incisión, póñense nunha cunca grande e cóbrense
     con auga fervendo.. Introdúcense durante seis minutos no forno, conectado ao 100%
     de potencia. Despois escórrense e pélanse en quente. Logo bótanse nun recipiente
     e cóbrense de leite cociñándoas outra vez durante outros seis minutos. Unha vez
     feitas faise unha masa, engádese o mel e resérvase.

     Noutra cunca ponse o chocolate troceado e a manteiga, quentándoo no forno ao
     100% durante un minuto. Bátese ben e bótaselle ó puré de castañas que temos feito.
     Despois engádese o brandi e mailo azucre, facendo unha mistura que deixaremos
     enfriar na nevera. Unha vez fría fanse as trufas e rebózanse primeiro nos fideos de
     chocolate, logo no cacao e... ñam!
RECEITAS

22   PASTEL DE PESCADA Á MODA A TROITA ARMADA


     Ingredientes:
     • Medio quilo de pescada
     • 100 Gramos de bonito en aceite
     • Cuarto litro de salsa bechamel
     • Tres culleiradas de salsa de tomate
     • Tres ovos
     • Sal
     • Pementa
     • Unha culleiriña de mostaza

     Instrucións:
     Cócese a pescada e desfaise xunto co bonito. Bátense os ovos e engadense ó peixe.
     Salpeméntase. Engadese e mostaza, a bechamel e o tomate. Reméxese todo ben
     remesido e métese nun molde untado con manteiga (xa sabedes, quentade a manteiga
     e pasádea por todo o molde).

     Cocédeo primeiro 15 minutos ó estilo "baño María" e segundo 20 minutos no forno.
     Gárdase no frigorífico ata o momento de comelo. Sérvese cuberto con salsa de tomate
     ou maionesa. Se queredes que quede bonito podédelo servir nun leito de leituga.
RECEITAS

23   TALLARINES AO SALMÓN


     Ingredientes:
     • 300 gr de tallarines
     • 100 gr de salmón fresco por persoa
     • Sal, pementa
     • Romero ó gusto
     • Unha copa de tona líquida
     • Un chorriño de coñac

     Instrucións:
     Poñer a cociña-la pasta. Asemade, corta-lo salmón en anacos pequenos e sofritilos
     nunha tixola. Flamear cun pouco de coñac e apagar cunha copa (das de viño) de tona
     líquida. Engadi-los tallarines e remexer para mesturalos ben co salmón. Dificultade
     mínima. Tempo aproximado 20 minutos.
RECEITAS

24   POLBOS TIPO CEA DO 24


     Ingredientes:
     Para cachelada
     • Un polbo enteiro para cada tres xóvenes
     • 200 Gr. De patacas por persoa
     • Media cebola por persoa
     • Loureiro
     • Sal e pementón picante
     • Un chorriño de aceite de oliva

     Para caldeirada
     • Igual cantidade de polbo
     • Unha cebola por persoa
     • Allo
     • Pementón doce
     • Medio pemento roxo por persoa
     • 250 Gr. De tomate triturado por persoa

     Instrucións:
     Para cachelada
     Coce-lo polbo uns 45 minutos con cebola e loureiro. Na mesma auga coceremos
     despois as patacas. Picamos o polbo, as patacas e cebola cruda. Botámoslle pementón
     picante e aceite de oliva. Así de sinxelo.

     Para caldeirada
     Cocémo-lo polbo igual que o anterior e gardámo-la áuga. Nunha tixola sofritimos a
     cebola e o allo, cando estea a cebola transparente botámoslle un pouco de pimentón
     doce, o tomate e o pemento en tiras. Deixámolo facendo durante 45 minutos co lume
     suave e engadimos a áuga de coce-lo polbo se vemos que seca. Despois botámolo
     enriba do polbo xa cortado e misturamos.
RECEITAS

25   PATACAS "A LA IMPORTANCIA"


     Ingredientes:
     • 1 Kg. de patacas
     • Perexil
     • Azafrán
     • 4 ovos
     • Fariña
     • 1 cebola
     • Aceite
     • 1 dente de allo
     • Sal

     Instrucións:
     Lavamos, mondamos e curtamos as patacas en toros un pouco grosos. Botámoslles
     sal, rebozámolas na fariña e nos ovos e fritímolas nunha tixola. Nun morteiro
     esmagamos o allo picado, o azafrán, un pouco de sal e un pouco de auga. Cubrimos
     unha pota co aceite que nos sobrou de friti-las patacas e douramos a cebola picada
     moi pequena, engadimos unha cullerada de fariña, o do morteiro, un litro de auga,
     sal e remexémolo. Mesturamos este mollo coas patacas, botamos o perexil picado,e
     deixámolo que coza a lume manso media hora e xa están prontas.
RECEITAS

26   BONITO EN ESCABECHE


     Ingredientes:
     • 1 Kg. de bonito en toros
     • 4 cebolas
     • 6 dentes de allo
     • Pementa negra
     • Loureiro
     • Vinagre
     • Auga
     • Aceite
     • Sal

     Instrucións:
     Cóllese unha pota ancha e no fondo bótase unha capa de cebola, enriba unha capa
     de bonito en toros e así sucesivamente ata acabar co bonito. Bótanse os dentes de
     allo en láminas, pementa ó gusto, sal e unhas follas de loureiro. Cóbrese con auga,
     vinagre e aceite en partes iguais e cócese de 20 a 25 minutos a lume manso. Deixase
     repousar mínimo 12 horas e xa se pode tomar. Dura varios días, e canto máis tempo
     estea máis rico. Aproveitade agora que é a época do bonito.
     (da miña tía Isabel)
RECEITAS

27   PASTEL DE CENORIAS


     Ingredientes:
     • 16 galletas rectangulares (“cuétara” ou semellante)
     • 1 sobre pequeno de coco
     • 1/4 kg de cenorias
     • Xerez doce.
     • 7 culleradas de sucre

     Instrucións:
     Cocer as cenorias e esmagar coa batedeira. Mesturar co sucre e o coco reservando
     un pouco de coco para adornar. Mollar a metade das galletas co xerez para preparar
     a base. Nunha bandexa colocamos as galletas ata cubrir o fondo. Enriba, colocar
     unha capa da mestura feita, por riba, outra capa de galletas co xerez e por riba outra
     capa da mestura. Salferir co coco que deixamos apartado, meter no frigorífico e xa!
NOTAS
NOTAS
7 obradoiros de supervivencia doméstica
7 obradoiros de supervivencia doméstica

Mais conteúdo relacionado

Destaque

Solve Production Allocation and Reconciliation Problems using the same Network
Solve Production Allocation and Reconciliation Problems using the same NetworkSolve Production Allocation and Reconciliation Problems using the same Network
Solve Production Allocation and Reconciliation Problems using the same NetworkAlkis Vazacopoulos
 
Classification of Films
Classification of Films Classification of Films
Classification of Films 08murphyc
 
Thong diep cho cuoc song
Thong diep cho cuoc songThong diep cho cuoc song
Thong diep cho cuoc songlethao1491
 
Breathe new life into collaboration: 5 principles for reviving problematic gr...
Breathe new life into collaboration: 5 principles for reviving problematic gr...Breathe new life into collaboration: 5 principles for reviving problematic gr...
Breathe new life into collaboration: 5 principles for reviving problematic gr...Learning Forward
 
Education and the new literacies studies
Education and the new literacies studiesEducation and the new literacies studies
Education and the new literacies studiesSilvana Lúcia Avelar
 
об’єднаймо школи
об’єднаймо школиоб’єднаймо школи
об’єднаймо школи08600 Vasilkov
 
Foreign language teaching and new literacies
Foreign language teaching and new literaciesForeign language teaching and new literacies
Foreign language teaching and new literaciesSilvana Lúcia Avelar
 
Arthst2 mat techniques_porcelainlacqueredwood_final
Arthst2 mat techniques_porcelainlacqueredwood_finalArthst2 mat techniques_porcelainlacqueredwood_final
Arthst2 mat techniques_porcelainlacqueredwood_finalall_abby
 
Logistics: The Missing Link in Blend Scheduling Optimization
Logistics: The Missing Link in Blend Scheduling OptimizationLogistics: The Missing Link in Blend Scheduling Optimization
Logistics: The Missing Link in Blend Scheduling OptimizationAlkis Vazacopoulos
 
Сибирская кухня. блюда из дичи
Сибирская кухня. блюда из дичиСибирская кухня. блюда из дичи
Сибирская кухня. блюда из дичиMontikmur24
 
Three point bend deflector slide presentation
Three point bend deflector slide presentationThree point bend deflector slide presentation
Three point bend deflector slide presentationschomp
 

Destaque (20)

Solve Production Allocation and Reconciliation Problems using the same Network
Solve Production Allocation and Reconciliation Problems using the same NetworkSolve Production Allocation and Reconciliation Problems using the same Network
Solve Production Allocation and Reconciliation Problems using the same Network
 
Classification of Films
Classification of Films Classification of Films
Classification of Films
 
Thong diep cho cuoc song
Thong diep cho cuoc songThong diep cho cuoc song
Thong diep cho cuoc song
 
Breathe new life into collaboration: 5 principles for reviving problematic gr...
Breathe new life into collaboration: 5 principles for reviving problematic gr...Breathe new life into collaboration: 5 principles for reviving problematic gr...
Breathe new life into collaboration: 5 principles for reviving problematic gr...
 
Education and the new literacies studies
Education and the new literacies studiesEducation and the new literacies studies
Education and the new literacies studies
 
об’єднаймо школи
об’єднаймо школиоб’єднаймо школи
об’єднаймо школи
 
Lalu pleelu
Lalu pleeluLalu pleelu
Lalu pleelu
 
3 y dios te da a su hijo
3 y dios te da a su hijo3 y dios te da a su hijo
3 y dios te da a su hijo
 
47 amazing blog designs
47 amazing blog designs47 amazing blog designs
47 amazing blog designs
 
Foreign language teaching and new literacies
Foreign language teaching and new literaciesForeign language teaching and new literacies
Foreign language teaching and new literacies
 
Fabula
FabulaFabula
Fabula
 
Gemd bella
Gemd bellaGemd bella
Gemd bella
 
Arthst2 mat techniques_porcelainlacqueredwood_final
Arthst2 mat techniques_porcelainlacqueredwood_finalArthst2 mat techniques_porcelainlacqueredwood_final
Arthst2 mat techniques_porcelainlacqueredwood_final
 
Logistics: The Missing Link in Blend Scheduling Optimization
Logistics: The Missing Link in Blend Scheduling OptimizationLogistics: The Missing Link in Blend Scheduling Optimization
Logistics: The Missing Link in Blend Scheduling Optimization
 
-בניית דקים ופיתוח חוץ- -המעצבים
-בניית דקים ופיתוח חוץ- -המעצבים-בניית דקים ופיתוח חוץ- -המעצבים
-בניית דקים ופיתוח חוץ- -המעצבים
 
Corpus fotográfico
Corpus fotográficoCorpus fotográfico
Corpus fotográfico
 
Lápis Exilis Catalogue Exhibition
Lápis Exilis Catalogue Exhibition Lápis Exilis Catalogue Exhibition
Lápis Exilis Catalogue Exhibition
 
Сибирская кухня. блюда из дичи
Сибирская кухня. блюда из дичиСибирская кухня. блюда из дичи
Сибирская кухня. блюда из дичи
 
Three point bend deflector slide presentation
Three point bend deflector slide presentationThree point bend deflector slide presentation
Three point bend deflector slide presentation
 
Edgemont in ph
Edgemont in phEdgemont in ph
Edgemont in ph
 

Semelhante a 7 obradoiros de supervivencia doméstica

Semelhante a 7 obradoiros de supervivencia doméstica (20)

Receitas1
Receitas1Receitas1
Receitas1
 
Receitas1
Receitas1Receitas1
Receitas1
 
Receitas1
Receitas1Receitas1
Receitas1
 
Receitas
ReceitasReceitas
Receitas
 
Recetario de outono
Recetario de outonoRecetario de outono
Recetario de outono
 
Recetario de outono
Recetario de outonoRecetario de outono
Recetario de outono
 
Receitas2
Receitas2Receitas2
Receitas2
 
Receitas final
Receitas finalReceitas final
Receitas final
 
Receitas
ReceitasReceitas
Receitas
 
Receitas
ReceitasReceitas
Receitas
 
Receitas
Receitas Receitas
Receitas
 
O melon na cociña 130
O melon na cociña 130O melon na cociña 130
O melon na cociña 130
 
Receitas francesas
Receitas francesasReceitas francesas
Receitas francesas
 
Receitas mariñeiras
Receitas mariñeirasReceitas mariñeiras
Receitas mariñeiras
 
Libro receitas sobras comida def nov 2010
Libro receitas sobras comida def nov 2010Libro receitas sobras comida def nov 2010
Libro receitas sobras comida def nov 2010
 
RECEITAS SAUDABLES EDUSAUDE ALIMENTATE BEN.pdf
RECEITAS SAUDABLES EDUSAUDE ALIMENTATE BEN.pdfRECEITAS SAUDABLES EDUSAUDE ALIMENTATE BEN.pdf
RECEITAS SAUDABLES EDUSAUDE ALIMENTATE BEN.pdf
 
Libro receitas eso e infantil
Libro receitas eso e infantilLibro receitas eso e infantil
Libro receitas eso e infantil
 
Libro receitas eso e infantil
Libro receitas eso e infantilLibro receitas eso e infantil
Libro receitas eso e infantil
 
Receitas
ReceitasReceitas
Receitas
 
Receitas CastañAs 4º Primaria
Receitas CastañAs 4º PrimariaReceitas CastañAs 4º Primaria
Receitas CastañAs 4º Primaria
 

Mais de educacionenigualdade (20)

Sexo con seso
Sexo con sesoSexo con seso
Sexo con seso
 
Artigo habitos sexuales de los gallegos
Artigo habitos sexuales de los gallegosArtigo habitos sexuales de los gallegos
Artigo habitos sexuales de los gallegos
 
Nuestro cuento[1]
Nuestro cuento[1]Nuestro cuento[1]
Nuestro cuento[1]
 
Iguales parahoy bachillerato
Iguales parahoy bachilleratoIguales parahoy bachillerato
Iguales parahoy bachillerato
 
Iguales parahoy 3y4eso
Iguales parahoy 3y4esoIguales parahoy 3y4eso
Iguales parahoy 3y4eso
 
Iguales parahoy 1y2eso
Iguales parahoy 1y2esoIguales parahoy 1y2eso
Iguales parahoy 1y2eso
 
Atentado conta a saude
Atentado conta a saudeAtentado conta a saude
Atentado conta a saude
 
As mestras e a literatura
As mestras e  a  literaturaAs mestras e  a  literatura
As mestras e a literatura
 
Actividades secundaria
Actividades secundariaActividades secundaria
Actividades secundaria
 
28 xunho ud_secundaria
28 xunho ud_secundaria28 xunho ud_secundaria
28 xunho ud_secundaria
 
8 anexo
8 anexo8 anexo
8 anexo
 
4 modelos de socialización
4 modelos de socialización4 modelos de socialización
4 modelos de socialización
 
3 as relacións e negociacións dentro da parella
3 as relacións e negociacións dentro da parella3 as relacións e negociacións dentro da parella
3 as relacións e negociacións dentro da parella
 
2 corresponsabilidade
2 corresponsabilidade2 corresponsabilidade
2 corresponsabilidade
 
1 uso do tempo e do espazo
1 uso do tempo e do espazo1 uso do tempo e do espazo
1 uso do tempo e do espazo
 
Violencedomestique
ViolencedomestiqueViolencedomestique
Violencedomestique
 
Resultados enquisa adolescentes 3
Resultados enquisa adolescentes 3Resultados enquisa adolescentes 3
Resultados enquisa adolescentes 3
 
Mulleres artistas
Mulleres artistasMulleres artistas
Mulleres artistas
 
Derechos
DerechosDerechos
Derechos
 
Burka
BurkaBurka
Burka
 

7 obradoiros de supervivencia doméstica

  • 1. Obradoiros de CORRESPONSABILIDADE 7 OBRADOIROS DE SUPERVIVENCIA DOMÉSTICA
  • 2.
  • 3. ÍNDICE A COMO COCIÑAR B RECEITAS PARA NON MORRER RECEITAS 1 ARROZ CON LEITE 2 BACALLAU CON FEIXÓNS 3 BISCOITO DE CASTAÑAS 4 CALAMARES GUISADOS 5 CALDEIRADA DE PEIXE SAPO 6 CALDO DE CASTAÑAS DA TÍA ANXELA 7 CHULAS 8 COELLO Ó RIBEIRO TINTO 9 CREMA DE GRELOS 10 EMPANADA DE GRELOS E XAMÓN 11 EMPANADA DE ZAMBURIÑAS 12 FIDEOS CON AMEIXAS 13 FLAN DE QUEIXO 14 GUISO DE POLBO 15 OVOS CON CHÍCHAROS E XAMÓN 16 PESCADA CON BERBERECHOS 17 SETAS Ó ALLO 18 TERNEIRA GALEGA GUISADA 19 TORRADAS 20 VIEIRAS Ó ALBARIÑO 21 TRUFA DE CASTAÑA 22 PASTEL DE PESCADA Á MODA A TROITA ARMADA 23 TALLARINES AO SALMÓN 24 POLBOS TIPO CEA DO 24 25 PATACAS "A LA IMPORTANCIA" 26 BONITO EN ESCABECHE 27 PASTEL DE CENORIAS
  • 4. SOLUCIÓN DE EMERXENCIAS DOMÉSTICAS A COMO COCIÑAR Na cociña de supervivencia só usaremos dúas técnicas: 1 Fritir: acción equivalente para un home á depilación con cera. Debedes evitalo sempre que poidades, consiste en poñer aceite nunha tixola e ir botando cousas dentro para que salpique o aceite quente por enriba. De ahí que se diga que as cousas a prancha son máis sás. 2 Ferver: é unha das mellores opcións para cociñar. Tan só debes quentar auga ata que se fajan burbulliñas, entón botas dentro o que queres cociñar. Só nos servirá para a pasta, o arroz e os ovos. Non metades ningún apéndice na auga, iso non e un jacuzzi. ACCIDENTES DOMÉSTICO NA COCIÑA A cociña e sen dúbida o sitio máis perigoso da casa así que sempre hai que ter moito tino. Evita sempre que poidas os coitelos afiados, as frituras e calqueira receita que inclúa whisky (todos coñeceredes o pavo o whisky). Pasemos a ver os accidentes mais cotias: • ¡Mamaaaa! ¡Corteime un dedo!: existen dous tipos de cortes, o corte propiamente dito e a amputación. Se o teu e un mero corte non te preocupes demasiado, tarde ou cedo deixará de sangrar. Sen embargo se o que tes e unha amputación e o teu día de sorte. Aproveita o dedo, estan moi ternos. • ¡Mamaaa! ¡ Queimeime!: o mellor nestos casos e recurriren a algunha pomada aposta para queimaduras. Endexamais botar pasta de dentes, só os dentes necesitan fluor. • ¡Mamaaa! ¡ Isto está a queimarse¡: algo habitual e que cando estas fritindo algo salga una ráfaga inmensa, en ese caso non te preocupes, quedará mellor feito. Sen embargo se é a túa casa o que está prendendo lume deixa da leer esto e chama aos bombeiros.
  • 5. SOLUCIÓN DE EMERXENCIAS DOMÉSTICAS B RECEITAS PARA NON MORRER 1 A pasta e o arroz: sen dúbida é a mellor opción, tan só necesitan ferver durante uns minutos. O problema ben coa salsa, normalmente recurrese o tomate fritido (aínda que vin xente que lle mete ketchup...). Podes comer un día macarróns, outro spaghetis e outro arroz á cubana. Acabarás cansándote do tomate, nestes casos o mellor é pasar a outro plato. Nunca intentes facer unha salsa “secreta” e se o fas non a fagas con mel, avecrem, auga e fariña (está noxenta). Nota: espero que os que se comeron esa salsa, ahora que saben o que contiña, denlle a culpa a Luís non a min. 2 A tortilla: prato español por excelencia. bátense os ovos (os de galiña) e frítense nunha tixola. Se o que queres e facer unha tortilla de patatas recorda que as patatas deben fritirse antes de botalas na tortilla. 3 As fritiduras (só para masoquistas): simplemente friteas e desfruta. 4 La pizza de casa tarradellas: ¡ fanse no forno e sen o plástico! ¡ non as fagades no microondas e/ou co plástico! 5 Despois de cociñar: Se NON conseguiches cociñar algo con éxito: mellor que non volvas a consultar este manual e te marches a un restaurante de comida rápida. Se conseguiches cociñar algo con éxito: noraboa. Agora, despois de ver como deixaches a cociña, comprenderás porque é mellor ir a un restaurante.
  • 6. RECEITAS 1 ARROZ CON LEITE Tempada: Todo o ano Persoas: 3 Ingredientes: • 100 gr. de arroz • 1 litro de leite • 100 gr. de azucre • 1 corteza de limón • Canela en rama • Canela en pó Instrucións: Pónse a coce-lo leite coa corteza dun limón, un pao de canela e o azucre. Ó ferve- lo leite, incorpórase o arroz. Cócese, sen deixar de remexer, ata que estea brando. Retírase do lume e sácanse a canela e a cáscara do limón. Se é necesario pódese utilizar máis leite xa que ten que quedar caldoso e, ó enfriar, o arroz segue absorbendo o líquido. Sérvese cuberto de canela en pó.
  • 7. RECEITAS 2 BACALLAU CON FEIXÓNS Tempada: Todo o ano Persoas: 2 Ingredientes: • 2 tacos de bacallau desalgado • 400 grs de feixóns cocidos • 2 dentes de allo • 1 pemento vermello • 1 pemento verde • 1 cebola • 2 tomates pelados • Ourego • 1 folla de loureiro • Caldo de peixe • Pemento doce • Leite • Aceite de oliva Instrucións: Escáldase o bacallau en auga quente cun pouco de leite durante uns segundos para facilitar o desmigado. Resérvase o bacallau desmigado e as peles. Nun fondo de aceite douranse os allos laminados coas peles do bacallau. Cando os allos estean listos retíranse as peles e engádese a cebola picada e os pementos cortados en tiras. Cando a verdura estea lista engádense os tomates pelados e cortados en dados, a folla de loureiro, un pouco de ourego, unha cullerada de pemento doce e un pouco de caldo de peixe. Logo de 10 ou 15 minutos egádense os feixóns cocidos e o bacallau desmigado dándolles un golpe de calor e sérvese.
  • 8. RECEITAS 3 BISCOITO DE CASTAÑAS Tempada: Outono Persoas: 4 Ingredientes: • 500 grs de puré de castañas • 500 grs de nata líquida • 250 grs de azucre branca • 250 grs de azucre morena • 1 copa de anís • raiadura de limón • 500 grs de farina • 9 ovos • 2 sobres de lévedo Instrucións: Pélanse as castañas e cócense en auga cun chorro de anís ou anís en grao e un chisco de sal. Unha vez frías retíraselle-la pel interior e tritúranse con medio vaso de leite. Ó puré de castañas agréganselle os ovos, a nata líquida e os dous tipos de azucre. Bátese todo xunto e engádese o lévedo e a fariña tamizadas, a raiadura de limón e o anís. Vértese todo nun molde previamente engraxado e empoado con fariña. Enfórnase o biscoito durante 30 minutos a 220ºC.
  • 9. RECEITAS 4 CALAMARES GUISADOS Tempada: Todo o ano Persoas: 4 Ingredientes: • 1 kg. de calamares limpos e troceados • 1 cebola mediana • 3 tomates pelados (cortados en dados) • 1 dente de allo picado • 1 pemento verde grande • Viño branco /Sal Instrucións: Cúbrese con aceite o fondo dunha pota en el refóganse o allo picado moi fino e a cebola cortada en xuliana. Antes de comenzaren a coller cor, engádese o pemento troceado en anacos non moi grandes e déixase refogar todo xunto uns minutos. Incorpóranse os tomates pelados e cortados en cadradiños moi pequenos e, cando empecen a desfacerse, engádense os calamares limpos e cortados en anacos deixán- doos dourar. Bótase o viño branco, o xusto case para o cubrir, e déixase cocer ata que os calamares estean tenros. Pode acompañarse con patacas fritas ou arroz branco.
  • 10. RECEITAS 5 CALDEIRADA DE PEIXE SAPO Tempada: Todo o ano Persoas: 2 Ingredientes: • 750 grs. de peixe sapo • 1 cebola • 2 dentes de allo • kgr. de patacas • Caldo de peixe • Pemento doce • Aceite de oliva • Sal Instrucións: Nunha pota póñense a doura-la cebola e os allos picados nun pouco de aceite. Cando estean dourados engádense o pemento doco e as patacas cortadas en rodas e cúbrese todo con caldo de peixe. Sazónase. Cando ás patacas lles falten uns 10 minutos incorpórase o peixe sapo. Déixase facer todo ata que as patacas estean listas e sérvese.
  • 11. RECEITAS 6 CALDO DE CASTAÑAS DA TÍA ANXELA Tempada: Outono Persoas: 4 Ingredientes: • 500 grs. de castañas • 1 manoxo de verzas ou grelos • 1 trozo de unto (aprox. 50 grs.) • 300 grs. de fabas cocidas • 1 litro de caldo de cocido Instrucións: Monda-las castañas, escaldalas en auga fervendo e quitarlle-la segunda pel. Reservar. Lavar ben a verdura, troceala e escorrela. Reservar. Nuha pota poñer a coce-lo caldo co unto. Cando rompa a ferver, bota-las castañas e a verdura e deixar cocer ata que estean feitas. Retir-lo unto cun pouco de caldo a un prato e incorpora-las fabas cocidas. Mentres coce o resto, faise o rustrido do unto, machacándoo cun garfo. Cando estea ben desfeito, retíranse os anacos de tripa e o resto incorpórase á pota. Déixase cocer uns minutos e sérvese.
  • 12. RECEITAS 7 CHULAS Tempada: Todo o ano Persoas: 6 Ingredientes: • 2 ovos • 170 grs. de fariña • Vaso de leite • 50 grs. de azucre • Aceite para fritir • Azucre para empoar Instrucións: Bátense os ovos co azucre. Engádese o leite, mesturando ben, e vai incorporándose a fariña, sen deixar de bater ata conseguir unha masa semilíquida. Vánse botando pequenas cantidades de masa nunha tixola con abundante aceite quente, fritíndoas ata que estean douradas. Sácanse e escórrense nun papel de cociña para quitar o exceso de graxa e empóanse con azucre. Utilizando unha culler (sopeira) como medida para botar a masa na tixola, con estas cantidades saen unhas 40 chulas.
  • 13. RECEITAS 8 COELLO Ó RIBEIRO TINTO Tempada: Todo o ano Persoas: 2 Ingredientes: • 1 coello enteiro • 2 cebolas • 2 follas de loureiro • Tomiño • Ourego • Allo picado • 1 botella de ribeiro tinto • Brandy • Aceite de oliva • Sal Instrucións: O día anterior trocease o coello, reservando o fígado libre de fel, e sazónase. Alíñase coa pementa, o allo picado, o tomiño e o ourego e cúbrese cun pouco de brandy e co ribeiro tinto. Engádese ó aliño media cebola troceada e dúas follas de loureiro. O día seguinte escórrense os trozos de coello e cóase o adobo, que se reserva. Dourase en aceite ben quente o coellos, retírase do lume e, nese mesmo aceite, a lume lento, refógase o resto da cebola cortada en xuliana. Unha vez dourada a cebola incorpórase de novo o coello e cúbrese co caldo coado do adobo. Déixase cocer ate que estea tenro, engadíndolle, a media cocción, o fígado previamente machacado. Pódese acompañar de arroz branco.
  • 14. RECEITAS 9 CREMA DE GRELOS Tempada: Todo o ano Persoas: 2 Ingredientes: • 300 grs de grelos • 180 grs de patacas • 100 grs de cebola • 50 grs de aceite de oliva • litro de auga • Pementa • Sal Instrucións: Pícase a cebola e refógase en aceite de oliva. Cando a cebola estea lista engádense as patacas troceadas e os grelos, cúbrense coa auga, salpeméntase e déixase cocer ata que os grelos estean tenros. Tritúrase todo, pásase por un coador fino e sérvese.
  • 15. RECEITAS 10 EMPANADA DE GRELOS E XAMÓN Tempada: Todo o ano Persoas: 6 Ingredientes: • Vaso de leite • Vaso de viño branco • Un pouco menos de vaso de aceite de oliva • 400 grs. de fariña aproximadamente • Sal • 250 grs. de grelos cocidos • 2 dentes de allo • 200 grs. de xamón serrano Instrucións: Nun bol mestúranse o leite, o viño e o aceite de oliva e engádese un pouco de sal. Vai incorporándose a fariña ata que a masa se despegue, momento no que se pasa a unha superficie lista e continúase amasando ata que non admita máis fariña. Debe quedar unha masa suave e elástica. Divídese en dúas mitades, extendendo unha delas sobre unha fonte de forno engraixada ou cuberta cun papel d forno para que non se pegue. Unha vez feito isto, dóuranse os allos nun pouco de aceite de oliva e incorpóranse os grelos cocidos ben escorridos e o xamón cortado en lascas non moi grosas refogándoos uns momentos. Retíranse os allos poñendo os grelos e o xamón sobre a masa extendida. Tápase coa outra mitade da masa, tamén extendida, e sélase polos bordes facendo un burato no medio a modo de cheminea. Píntase con ovo batido e enfórnase a 180ºC durante 35-40 minutos aproximadamente.
  • 16. RECEITAS 11 EMPANADA DE ZAMBURIÑAS Tempada: Todo o ano Persoas: 6 Ingredientes: Para a masa: Para o recheo: • kgr. de fariña • 1,5 kgr. de zamburiñas con cuncha • 1 vaso de auga morna con sal • 1 tomate • 1 noz de lévedo de panadería • 2 cebolas • Vaso de aceite do guiso • 3 dentes de allo • 1 culleradiña de pemento doce • 1 pemento vermello • 2 sobres de azafrán • Aceite • Sal Instrucións: Primeiro prepárase o recheo. Faise un sofritido co aceite (abondo para poder utilizar logo medio vaso na masa), a cebola e o allo picados e o pemento troceado. Cando estea todo refogado, retírase o medio vaso de aceite e resérvase. Entón, engádese ó sofritido o tomate troceado, as zamburiñas limpas e retiradas das cunchas, o xamón en tacos pequeniños e o azafrán, deixando que se refogue todo xunto uns minutos. Retírase do lume e déixase arrefriar. Mentres, prepárase a masa. Nunha cunca ponse a fariña e faise un buraco no medio. Dentro bótanse a auga morna coa sal, o aceite de prepara-lo recheo, o lévedo esmiuzado e unha culleradiña de pemento doce. Mestúrase e trabállase todo ben ata que a masa se despegue facilmente das máns (uns 10 minutos). Deixase reposar unha hora para que suba e logo vólvese a amasar. Para monta-la empanada divídese a masa en dous anacos e estíranse de forma rectangular. Nunha bandeixa de forno previamente engraxada con aceite e enfariñada, colócase unha das metades da asa e sobre ela o recheo. Tápase coa outra metade e sélase polos polos bordes dobrando a parte inferior sobre a superior, sobre a que debe facerse, no centro, un buraco a modo de cheminea. Cos restos da masa pódense facer uns adornos. Píntase con ovo batido e métese no forno, con calor por arriba e por abaixo, a 180-200º durante 35-45 minutos.
  • 17. RECEITAS 12 FIDEOS CON AMEIXAS Tempada: Todo o ano Persoas: 2 Ingredientes: • 500 grs. de ameixas • 250 grs. de fideos • 2 dentes de allo • 1 cebola mediana • 4 tomates • 1 papeliño de azafrán • Auga • Sal • Aceite de oliva Instrucións: Unha vez limpas as ameixas, ábrense en auge e resérvanse. O caldo de abrilas cóase e tamén se reserva. Nunha pota, con aceite de oliva, póñense a sofriti-los allos, a cebola e o tomate, todo moi picadiño. Sazónase. Cando estea todo ben sofritido, engádese o caldo que reserváramos, os fideos e o papeliño de azafrán. Rectifícase de sal se é necesario. Cando os fideos estean listos e o caldo case evaporado na súa totalidade, engádense as aeixas e déixase cocer todo xunto de 2 a 3 minutos.
  • 18. RECEITAS 13 FLAN DE QUEIXO Tempada: Todo o ano Persoas: 5 Ingredientes: • 450 grs. de leite • 8 quesiños • 1 sobre de callada • 90 gr. de azucre • Azucre para caramelizar Instrucións: Caramelizar un molde e reservar. Nun robot de cociña, tipo thurmix, mesturar todos os ingredientes ata que estean ben integrados, convén ir botando os quesiños de un en un para que se desfagan ben. Verquer a mestura sobre o molde caramelizado e cocer no forno ao baño maría ata que estea callada. Comprobar cunha agulla que debe saír limpa.
  • 19. RECEITAS 14 GUISO DE POLBO Tempada: Todo o ano Persoas: 4 Ingredientes: • 1 polbo cocido • 400 grs. de patacas • 2 tomates • 1 cebola pequena • 1 pemento vermello • Aceite de oliva • Auga ou caldo de coce-lo pulpo • Sal Instrucións: Nunha tarteira sofrítense a cebola picada, o pemento troceado e os tomates cortados en dados pequenos, deixando que se fagan uns minutos. A continuación incorpóranse as patacas troceadas. Cúbrense con auga ou caldo de coce-lo pulpo e sazónase. Cando falten uns minutos para terminar de facer as patacas engádese o pulpo cortado, mesturando ben, e déixase cocer todo xunto ata que as patacas estean listas.
  • 20. RECEITAS 15 OVOS CON CHÍCHAROS E XAMÓN Tempada: Todo o ano Persoas: 1 Ingredientes: • 2 ovos • 40 grs. de xamón serrano • 40 grs. de chícharos en conserva • 100 grs. de salsa de tomate • Sal Instrucións: Cubrir coa salsa de tomate unha fonte ou recipiente resistente ó forno e dispoñer sobre ela os chícharos e o xamón serrano cortado en taquiños. Cascar os ovos un a un nun vaso para evitar sorpresas desagradables e poñelos na fonte, encima da salsa. Meter no forno a 180º ata que callen os ovos. Sazonar os ovos ó sacalos do forno.
  • 21. RECEITAS 16 PESCADA CON BERBERECHOS Tempada: Todo o ano Persoas: 2 Ingredientes: • 4 rodas de pescada cortadas finas • 1 dente de allo • 1 cebola pequena • 200 grs. de berberechos • Un pouco de viño branco (mellor Albariño) • Auga • Sal • Aceite • Perexil picado Instrucións: Lavar ben os berberechos e deixalos unhas horas en auga con sal para que solten as areas. Nunha pota poñer a quentar auga con sal e abrir nela os berberechos. Unha vez abertos, retirar e reservar. Filtra-lo caldo resultante e reservar tamén. Nunha tarteira tipo paella ou nunha cazola de barro poñer a dourar nun fondo de aceite a cebola e o allo moi picados. Cando estean, incorpora-lo caldo de abri-los berberechos e a pescada. Sazonar. Deixar coce-la pescada e cando casi estea feita, regar cun pouco de viño branco e incopora-los berberechos. Acabar de facer, botarlle un pouco de perexil picado e servir.
  • 22. RECEITAS 17 SETAS Ó ALLO Tempada: Outono / Inverno Persoas: 2 Ingredientes: • 400 grs. de Pleurotus • Guindilla (opcional) • 4 dentes de allo • Aceite de oliva • Sal Instrucións: Nunha tixola, ou cazola de barro, póñense a dourar en aceite os allos fileteados. Cando estean dourados, engadi-la guindilla, as setas troceadas e sazonar. Face-las setas, remexendo, ata que estean tenras. Sérvese axiña.
  • 23. RECEITAS 18 TERNEIRA GALEGA GUISADA Tempada: Todo o ano Persoas: 4 Ingredientes: • 500 grs. de terneira galega • Cebola • 4 cenorias • 1 taza de tomate fritido • 4 patacas • 200 grs. de chícharos cocidos • Aceite de oliva • Auga • Azafrán • Ourego Instrucións: Córtase a carne en dados e ponse a dourar en aceite oliva coa cebola picada. Unha vez dourada, cúbrese de auga e déixase cocer a lume lento ata que empece a estar tenra. Entón engádense as cenorias, cortadas en dados, e déixanse cocer coa carne. Logo de cinco minutos engádense as patacas (cortadas un pouco máis grandes que as cenorias), o tomate fritido, ourego ó gusto e unha pizca de azafrán. Cando as patacas e as cenorias estean tenras incorpóranse os chícharos cocidos e o prato está listo para comer.
  • 24. RECEITAS 19 TORRADAS Tempada: Todo o ano Persoas: 4 Ingredientes: • 1 barra de pan • Leite • Azucre • Ovos • Aceite • Canela Instrucións: Córtase o pan en rebanadas de 2 a 3 cm. de grosor. É mellor que sexa do día anterior para que non se desfagan as torradas. Somérxense uha mestura de leite, previemente quentada cunha ramiña de canela, e azucre, deixando que se empapen ben. Logo escórrense, pasámolas por ovo batido e fritímolas en aceite de oliva. Sérvense salferidas de azucre.
  • 25. RECEITAS 20 VIEIRAS Ó ALBARIÑO Tempada: Inverno Persoas: 2 Ingredientes: • 4 vieiras limpas • litro de viño Albariño • 1 culleradiña de fariña • Uns anaquiños de xamón do país • 1 cebola pequeniña • Sal Instrucións: Nunha tixola poñer a doura-la cebola picada moi fina. Salgar. Cando estea transparente engadir unha culleradiña de fariña refogándoa para que non saiba a crú. Agrega-lo viño Albariño e deixar reducir ata que espese un pouquiño a salsa. Engadi-los taquiños de xamón e cubri-las vieiras, previamente sazonadas, coa salsa. Enfornar durante 15-20 minutos a 180º.
  • 26. RECEITAS 21 TRUFA DE CASTAÑA Ingredientes: • 500 gr de castañas • 1/2 vaso de leite • 200 gr de manteiga • Fideos de chocolate • 2 culleradas de mel • 100 gr de azucre en pó • 1/2 copa de brandi • Cacao en pó • 1 tableta de chocolate de repostería Instrucións: Antes de nada dicir que esta receita é para forno microondas, pero dada a súa sinxeleza é moi doado convertir os tempos para un forno normal. Lávanse as castañas e fáiselles unha incisión, póñense nunha cunca grande e cóbrense con auga fervendo.. Introdúcense durante seis minutos no forno, conectado ao 100% de potencia. Despois escórrense e pélanse en quente. Logo bótanse nun recipiente e cóbrense de leite cociñándoas outra vez durante outros seis minutos. Unha vez feitas faise unha masa, engádese o mel e resérvase. Noutra cunca ponse o chocolate troceado e a manteiga, quentándoo no forno ao 100% durante un minuto. Bátese ben e bótaselle ó puré de castañas que temos feito. Despois engádese o brandi e mailo azucre, facendo unha mistura que deixaremos enfriar na nevera. Unha vez fría fanse as trufas e rebózanse primeiro nos fideos de chocolate, logo no cacao e... ñam!
  • 27. RECEITAS 22 PASTEL DE PESCADA Á MODA A TROITA ARMADA Ingredientes: • Medio quilo de pescada • 100 Gramos de bonito en aceite • Cuarto litro de salsa bechamel • Tres culleiradas de salsa de tomate • Tres ovos • Sal • Pementa • Unha culleiriña de mostaza Instrucións: Cócese a pescada e desfaise xunto co bonito. Bátense os ovos e engadense ó peixe. Salpeméntase. Engadese e mostaza, a bechamel e o tomate. Reméxese todo ben remesido e métese nun molde untado con manteiga (xa sabedes, quentade a manteiga e pasádea por todo o molde). Cocédeo primeiro 15 minutos ó estilo "baño María" e segundo 20 minutos no forno. Gárdase no frigorífico ata o momento de comelo. Sérvese cuberto con salsa de tomate ou maionesa. Se queredes que quede bonito podédelo servir nun leito de leituga.
  • 28. RECEITAS 23 TALLARINES AO SALMÓN Ingredientes: • 300 gr de tallarines • 100 gr de salmón fresco por persoa • Sal, pementa • Romero ó gusto • Unha copa de tona líquida • Un chorriño de coñac Instrucións: Poñer a cociña-la pasta. Asemade, corta-lo salmón en anacos pequenos e sofritilos nunha tixola. Flamear cun pouco de coñac e apagar cunha copa (das de viño) de tona líquida. Engadi-los tallarines e remexer para mesturalos ben co salmón. Dificultade mínima. Tempo aproximado 20 minutos.
  • 29. RECEITAS 24 POLBOS TIPO CEA DO 24 Ingredientes: Para cachelada • Un polbo enteiro para cada tres xóvenes • 200 Gr. De patacas por persoa • Media cebola por persoa • Loureiro • Sal e pementón picante • Un chorriño de aceite de oliva Para caldeirada • Igual cantidade de polbo • Unha cebola por persoa • Allo • Pementón doce • Medio pemento roxo por persoa • 250 Gr. De tomate triturado por persoa Instrucións: Para cachelada Coce-lo polbo uns 45 minutos con cebola e loureiro. Na mesma auga coceremos despois as patacas. Picamos o polbo, as patacas e cebola cruda. Botámoslle pementón picante e aceite de oliva. Así de sinxelo. Para caldeirada Cocémo-lo polbo igual que o anterior e gardámo-la áuga. Nunha tixola sofritimos a cebola e o allo, cando estea a cebola transparente botámoslle un pouco de pimentón doce, o tomate e o pemento en tiras. Deixámolo facendo durante 45 minutos co lume suave e engadimos a áuga de coce-lo polbo se vemos que seca. Despois botámolo enriba do polbo xa cortado e misturamos.
  • 30. RECEITAS 25 PATACAS "A LA IMPORTANCIA" Ingredientes: • 1 Kg. de patacas • Perexil • Azafrán • 4 ovos • Fariña • 1 cebola • Aceite • 1 dente de allo • Sal Instrucións: Lavamos, mondamos e curtamos as patacas en toros un pouco grosos. Botámoslles sal, rebozámolas na fariña e nos ovos e fritímolas nunha tixola. Nun morteiro esmagamos o allo picado, o azafrán, un pouco de sal e un pouco de auga. Cubrimos unha pota co aceite que nos sobrou de friti-las patacas e douramos a cebola picada moi pequena, engadimos unha cullerada de fariña, o do morteiro, un litro de auga, sal e remexémolo. Mesturamos este mollo coas patacas, botamos o perexil picado,e deixámolo que coza a lume manso media hora e xa están prontas.
  • 31. RECEITAS 26 BONITO EN ESCABECHE Ingredientes: • 1 Kg. de bonito en toros • 4 cebolas • 6 dentes de allo • Pementa negra • Loureiro • Vinagre • Auga • Aceite • Sal Instrucións: Cóllese unha pota ancha e no fondo bótase unha capa de cebola, enriba unha capa de bonito en toros e así sucesivamente ata acabar co bonito. Bótanse os dentes de allo en láminas, pementa ó gusto, sal e unhas follas de loureiro. Cóbrese con auga, vinagre e aceite en partes iguais e cócese de 20 a 25 minutos a lume manso. Deixase repousar mínimo 12 horas e xa se pode tomar. Dura varios días, e canto máis tempo estea máis rico. Aproveitade agora que é a época do bonito. (da miña tía Isabel)
  • 32. RECEITAS 27 PASTEL DE CENORIAS Ingredientes: • 16 galletas rectangulares (“cuétara” ou semellante) • 1 sobre pequeno de coco • 1/4 kg de cenorias • Xerez doce. • 7 culleradas de sucre Instrucións: Cocer as cenorias e esmagar coa batedeira. Mesturar co sucre e o coco reservando un pouco de coco para adornar. Mollar a metade das galletas co xerez para preparar a base. Nunha bandexa colocamos as galletas ata cubrir o fondo. Enriba, colocar unha capa da mestura feita, por riba, outra capa de galletas co xerez e por riba outra capa da mestura. Salferir co coco que deixamos apartado, meter no frigorífico e xa!
  • 33. NOTAS
  • 34. NOTAS