1. PITINGLISH ??
Pitinglish é un vocablo novo que se usa para describir a fala daqueles descoñecedores da
lengua inglesa ou ben aqueles que todavía se atopan na primeira fase da aprendizaxe
(beginners).
Emprégase moitos nas locucións “estar de Pitinglish” e “poñerse de Pitinglish” facendo
referencia a unha (a miúdo curta) conversa onde a comunicación baséase nun intercambio de
frases en Pitinglish . Por exemplo,
A Silvia e a Merche están de Pitinglish cuns americanos na praia.
Manola púxose de Pitinglish con Paul.
O Pitinglish é utilizado de xeito natural e espontáneo en encontros con nativos e non privos
de certa chulería (unha especie de “mira como controlo, tío”). Así, os falantes de Pitinglish
distínguense por seren “uns botados pa diante”.
Esa actitude, para moitos risible, é admirable e a máis recomendada para eliminar a barreira
máis temida na aprendizaxe dun idioma: facer o ridículo. Só a constancia e perseverancia
poderán convertir o Pitinglish en English.
E ti, “dullu Pitinglish” ou “do you speak English?”