2. DEFINICIÓN
Son unha clase de palabras que usamos para substituír ao
nome e aos elementos que o acompañan.
Para comprendelo mellor fíxate como quedarían estas
oracións cando substitúo o nome por un pronome:
-Xoán está enfermo. Él está enfermo.
-As amigas de Xoán son moi guapas Elas son moi guapas.
3. CLASIFICACIÓN
TÓNICOS ÁTONOS
SINGULAR PLURAL PERSOA SINGULAR PLURAL
eu nós 1ª persoa me nos
ti vós 2ª persoa te, che vos
el/ela eles/elas 3ª persoa o, a os, as
lle lles
4. DIFERENZAS
FORMAS TÓNICAS FORMAS ÁTONAS
Poden ser suxeito da oración. Nunca poden ser suxeito da oración.
Exemplo: El xoga cos seus amigos. Van case sempre despois do verbo e
unidas a el (chamámoslles,
Poden ir detrás dunha preposición. contámosvos, dixéronme…)
Exemplo: Rifáronlle a el.
5. FÍXATE MOITO (1ª parte)
A diferenza entre pronomes e determinantes está en que os pronomes
substitúen ao nome mentres que os determinantes o acompañan.
As formas nós e vós son tónicas. Exemplos: Nós somos de 5º curso. Temos
un recado para vós.
Por contra, as formas nos e vos son átonas. Exemplos: Contáronnos unha
historia. Faláronvos dos castros?
Cando o pronome átono se xunta co verbo, este pasa a ter máis sílabas, e
a acentuación pode variar: consigo consígoche.
6. FÍXATE MOITO (2ª parte)
O pronome persoal ten algunhas formas especiais cando vai coas seguintes
preposicións:
de del dela deles delas
en nel nela neles nelas
con comigo contigo connosco convosco
Cando falamos con persoas, que pola súa idade ou condición, merecen un
tratamento respectuoso, usamos as formas de cortesía vostede e vostedes.
7. OBXECTIVO QUE TEDES QUE ACADAR
COÑECER AS FORMAS TÓNICAS E
ÁTONAS DOS PRONOMES
PERSOAIS E EMPREGALAS
CORRECTAMENTE.