SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 11
Baixar para ler offline
TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA

1

TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.
METROTECNIA
A.- INTRODUCIÓN OS MATERIAIS
1.-INTRODUCIÓN.
O emprego e descubrimento de novos materiais é un dos aspectos que mellor
caracterizan a evolución do ser humano. De feito, determinadas idades prehistóricas
reciben o nome de determinados materiais, o que indica a importancia dos mesmos
nesa época histórica.
En xeral, todos os materiais poden clasificarse en tres grandes grupos:
-

-

-

Naturais: son aqueles que se atopan na natureza. Constitúen os materiais
básicos a partir dos cales se fabrican os demais. Ó longo da historia, o home
aprendeu e mellorou as diferentes técnicas de extracción e obtención destes
materiais. Na actualidade, o seu uso masivo unido ó feito de que a maioría
destes materiais son non renovables obriga a facer un uso responsable dos
mesmos, e incluso empregar técnicas de reciclaxe para reducir o impacto dun
uso masivo dos mesmos. Exemplos: madeira, la, ouro, arxila, ...
Artificiais: son aqueles que se obteñen a partir de outros materiais que se
atopan na natureza e non sufriron unha transformación previa. Tamén reciben
este nome aqueles produtos fabricados con varios materiais que son na súa
maioría de orixe natural. Exemplo: formigón.
Sintéticos: está fabricados polo home a partir de materiais artificiais. Non se
atopan na natureza nin eles nin ningún dos materiais que os compoñen. O
exemplo máis característico son os plásticos. A baquelita por exemplo obtense
dos materiais artificiais formol e fenol.

2.- PROPIEDADES DOS MATERIAIS.
O propósito dun técnico especialista en materiais cando pretende fabricar un
obxecto é primeiramente establecer as características desexables que deben posuír os
materiais dos que estará feito, e nunha segunda fase, escoller o material óptimo entre
aqueles que cumpran as características desexadas. Na segunda fase interveñen os
seguintes factores:




Propiedades mecánicas: resistencia, tenacidade, dureza, rixidez,...
Resistencia á corrosión.
Condutividade térmica e eléctrica.

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I

IES AQUIS CELENIS
TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA






2

Facilidade de conformado.
Peso específico e aparencia externa: propiedades sensoriais.
Factores ecolóxicos: posibilidade de reciclaxe e reutilización.
Prezo da materia prima.

Mediante o estudio detallado destes factores determinarase cal é o material máis
apropiado para a peza que pretendemos fabricar. Todas as anteriores propiedades
veñen determinadas pola estrutura interna do material, é dicir, polos compoñentes
químicos presentes (átomos) e pola forma de unión dos átomos (enlaces).

2.1.- PROPIEDADES QUÍMICAS.
As principais propiedades químicas que poden presentar un material son a
estabilidade química e a corrosividade.




Estabilidade química: con esta propiedade defínese si un determinado
elemento ou composto químico tende a reaccionar espontaneamente ó entrar
en contacto con outro elemento e a descompoñerse, ou si polo contrario é
necesario unha acción exterior (calor, traballo, elementos químicos, etc.), para
que reaccione.
Corrosividade: é o deterioro das propiedades dun material debido á acción de
axentes externos como a auga, os ácidos, etc. Pode deberse a reaccións
químicas (rotura de enlaces e intercambio de electróns) ou a solubilidade
dalgúns elementos compoñentes do material co axente externo.

2.2.- PROPIEDADES ELÉCTRICAS.
As máis importantes son a resistividade e a condutividade eléctrica.


Resistividade ( ρ ): é a medida da oposición dun material ó paso da corrente
eléctrica. A resistencia dun determinado material ó paso da corrente eléctrica é
directamente proporcional á resistividade, e tamén as súas características
dimensionais: sección (S) e lonxitude (L).

Unidades:


ou

Condutividade eléctrica ( σ ): é a propiedade inversa da resistividade, é dicir,
mide a permisividade dun material ó paso de electróns, e polo tanto, de

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I

IES AQUIS CELENIS
TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA

3

corrente eléctrica. Depende do número de electróns libres ou de ocos (falta de
electróns) que posúe o material.

2.3.- PROPIEDADES MAGNÉTICAS.
As propiedades magnéticas representan os cambios físicos que se producen
nun corpo ó estar sometido a un campo magnético exterior. En liñas xenerais podemos
distinguir:




Materiais diamagnéticos: as liñas de campo magnético creadas ó estar o
material en presenza dun campo magnético exterior son de sentido contrario a
este. Exemplos: cobre, prata e auga.
Materias paramagnéticos: as liñas de campo magnético creadas ó estar o
material en presenza dun campo magnético exterior son do mesmo sentido
que este. Exemplos: aluminio, estaño e platino.
Materiais ferromagnéticos: por debaixo dunha temperatura determinada,
adquiren un campo magnético intenso ó estar en presenza cun campo
magnético exterior, quedando o material imantado. O ferro, o níquel e o
cobalto son materiais ferromagnéticos. Os materiais ferromagnéticos
presentan un amplo campo de aplicación, principalmente en motores,
xeradores eléctricos e transformadores.

2.4.-PROPIEDADES TÉRMICAS.
As máis importantes son:





Calor específico (Ce): é o calor necesario para elevar un grado centígrado a
temperatura dunha unidade de masa de material. As unidades son kcal/C × kg.
Dilatación térmica: indica a variabilidade das dimensións do material ó variar a
súa temperatura. Exprésase en tres formas distintas segundo a forma
xeométrica da peza: coeficiente de dilatación lineal, superficial e cúbico. O
incremento de lonxitude que experimenta un material, coñecido o seu
coeficiente de dilatación (K), o intervalo de temperaturas (T 2 – T1) e a lonxitude
inicial (Li), ven dado por:

Densidade: é a relación entre a masa que posúe un corpo e volume que ocupa.
Os materiais de densidade menor a 1 kg/dm3 flotan en auga destilada, e os de
maior densidade somérxense. Matematicamente:

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I

IES AQUIS CELENIS
TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA





4

Condutividade térmica: é a intensidade coa que se transmite o calor no seo
dun material.
Temperatura de fusión: temperatura para a cal un material pasa de estado
sólido a líquido como consecuencia dun aporte de calor.
Calor latente de fusión: é o calor necesario para transformar unha unidade de
masa de material de estado sólido a estado líquido.



2.5.- PROPIEDADES MECÁNICAS.
Entre as máis importantes destacan:


Elasticidade: é a calidade que presenta un material para recuperar a súa forma
orixinal ó cesar o esforzo que o deformaba. O módulo de elasticidade cuantifica
esta propiedade relacionando a deformación coa forza que a provoca.



Plasticidade: é a calidade oposta á elasticidade, e indica a capacidade dun
material de manter a forma que adquire ó estar sometido a un esforzo que o
deformou.



Resistencia á fluencia: indica a forza necesaria para deformar un material e que
non recupere a forma primitiva unha vez que cesa o esforzo.



Fatiga: propiedade que presentan algúns materiais de romper cando están
sometidos a forzas inferiores o seu límite de rotura, incluso baixo
comportamento elástico, cando as forzas son continuas e cíclicas, é dicir,
repítense cunha determinada frecuencia.



Dureza: resistencia que opón un corpo a ser penetrado ou raiado por outro.



Fraxilidade: facilidade de rotura dun material en anacos sen que se deforme
elasticamente.



Tenacidade: capacidade dun material de deformarse bastante antes de
romperse.



Resilencia: resistencia que posúe un material a romperse pola forza provocada
por un golpe corto e intenso.



Ductilidade: calidade dun material para ser estirado e conformado en fíos
finos.



Maleabilidade: calidade dun material para deformarse en forma de láminas
finas. . .

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I

IES AQUIS CELENIS
TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA

5



Maquinabilidade: mide a maior ou menor facilidade para conformar un
material mediante mecanizado (corte con coitelo, arranque de labra, tradeado
(“taladrado”), ...).



Moldeabilidade: facilidade dun material para ser conformado por moldeo.

2.6.- PROPIEDADES SENSORIAIS.
Estas propiedades corresponden ás que apreciamos por medio dos sentidos, de
forma que nos da unha primeira identificación do material definindo a aparencia do
mesmo. Entre as máis importante destacamos:





Acabado superficial e textura: infórmanos sobre a superficie da peza.
Características ópticas: indican o comportamento do material cando é exposto
a unha fonte luminosa.
Características acústicas: informa da sonoridade do material.
Características olorosas: informan das características olorosas de certos
materiais.

2.7.- PROPIEDADES ECOLÓXICAS.
A importancia que adquiriu nos últimos anos os factores ecolóxicos á hora de
deseñar un produto fai que un determinado material poda ser rexeitado debido ó
impacto ambiental que provoca a súa obtención ou utilización. Características
engadidas como a posibilidade do seu reciclaxe e posterior recuperación parcial ou
total inflúen tamén na elección dun determina material.

3.- IDENTIFICACIÓN DOS MATERIAIS.
As características dun material veñen dadas polos elementos químicos
presentes (átomos) e a súa unión (enlaces). Así, o estudio que nos permite coñecer as
propiedades dos distintos materiais é de carácter fundamentalmente químico.
A materia en xeral, ó estar composta por átomos, ten un carácter discontinuo,
e polo tanto, debemos observar non soamente o estado illado dos átomos, senón o do
conxunto de todos aqueles que compoñen a materia. Mentres que en estado sólido a
estrutura interna da materia presenta unha certa permanencia e posicións fixas, en
estado líquido ou gasoso a estrutura atómica posúe a mobilidade que permite que a
materia adopte a forma do recipiente que o contén.

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I

IES AQUIS CELENIS
TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA

6

En xeral os materiais de enxeñería poden dividirse en catro grandes grupos:
cerámicos, plásticos e polímeros, fibras e madeiras e metais.
Aínda que xeralmente os materiais poden distinguirse facilmente pola súa
apariencia externa, para determinar as súas características específicas realizamos
ensaios. Entre os ensaios máis usuais destacan os que permiten determinar e
especificar as propiedades mecánicas dos distintos materiais.

B.- METROTECNIA
1.-O CONTROL DIMENSIONAL.
O control dimensional dunha peza é unha parte fundamental en calquera
proceso mecánico, xa que permite verificar a conformidade das súas formas e
dimensións en función das condicións do proxecto. Nalgúns casos, o control
dimensional permite unha certa tolerancia, en outros, o proceso é moi preciso no seu
acabado final, como por exemplo nas dimensións dun pistóns nun cilindro.
Entre as vantaxes que presenta, o control dimensional permite intercambiar
pezas por substitución, definir as condicións de funcionamento correcto entre pezas e
abaratar custos de fabricación ó aumentar a produtividade.
Podemos facer o control dimensional de dúas maneiras:



Sen medición: entre os límites máximo e mínimo determinados polas
condicións de deseño.
Con medición: cando medimos unha cantidade real. Neste caso podemos facer
unha medición directa (empregando instrumentos de medida) ou unha
medición indirecta (obtendo a diferenza entre a medida real e un patrón de
medición).

2.- VERIFICACIÓN.
Existe a necesidade de verificar puntualmente algúns parámetros da peza,
compoñente ou produto fabricado, para asegurar os requisitos establecidos no
deseño. Este proceso faise empregando sistemas e instrumentos de medida precisos.

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I

IES AQUIS CELENIS
TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA

7

3.- ERROS NOS PROCESOS DE MEDICIÓN.
Podemos distinguir tres tipos de erros:






Erros aleatorios ou accidentais: son os provocados por alteracións
medioambientales como son os cambio de temperatura, a existencia de
campos eléctricos ou magnéticos, etc. Son errores inevitables, pois é moi difícil
conseguir que se fagan sempre as medicións nas mesmas condicións. O seu
efecto redúcese empregando técnicas estatísticas.
Erros sistemáticos: aparecen constantemente en todas as medicións e son os
ocasionados por calibracións defectuosas, defectos no proceso de medición,
etc. Son erros que non se detectan por métodos estatísticos ó ser todas as
medidas que se fan incorrectas en magnitude constante. A maneira de evitalos
é realizando un seguimento técnico dos aparellos e dos procesos de medida.
Erros ilexítimos: son equivocación debidas, por exemplo, a lecturas incorrectas
da indicación do aparello, erros nos cálculos de transformación de unidades,
etc. Non deberían producirse de facerse con precisión todas as operacións de
cada medición.

4.- TOLERANCIA.
Na construción dunha peza ou produto é imposible reproducir con exactitude
matemática as medidas coas que foi deseñada no plano. Isto débese a :





Imperfeccións e alteracións dos materiais.
Fallos na apreciación do observador.
Deformacións das pezas por factores ambientais ou temporais.
Falta de precisión ou de fidelidade nos instrumentos de medición.

Isto obriga a admitir un marxe de erro de fabricación ou de medida chamado
tolerancia. A tolerancia é pois o erro máximo admisible entre a medida real da peza e a
nominal (indicada no plano).
A intercambiabilidade e universalidade das pezas, para poder competir en
mercados moi diversos, obrigou a definición dunha serie de sistemas de tolerancia
dende principios do século XIX. Así as primeiras na súa definición foron as normas DIN
alemáns. En diversos países impulsáronse normas de este tipo, as ASA en Estados
Unidos, as UNE en España. A diversidade destas normas implicou a necesidade de
introducir un sistema internacional de medidas, denominadas ISO (International
Organization for Standardization).
Toda medición vai sempre acompañada dunha incerteza, independentemente da
cantidade a medir, da unidade escollida, do instrumento empregado e da atención do
observador. Isto provoca que o resultado dunha medición sexa o conxunto de dous
valores: a cantidade ou valor obtido e a incerteza. A incerteza é o erro experimental
que atopamos en toda medición, e aínda que pode ser diminuído, non pode ser
eliminado completamente.
TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I

IES AQUIS CELENIS
TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA

8

Para considerar unha peza ou produto como aceptable, o valor da medida real ou
efectiva debe estar dentro duns límites de tolerancia. Si a medida real M R é superior á
medida nominal MN, a súa diferenza non debe superar o límite superior LS: MR-MN≤LS.
Si a medida real MR é inferior á medida nominal MN, a súa diferenza non debe superar
o límite inferior LI:MR-MN≤LI. Por exemplo unha cota 20 ± 0’3 mm indícanos que a peza
que debemos fabricar pode estar entre 20’3 mm e 19’7 mm.
Cando nunha medida empregamos o termo erro debemos distinguir entre o erro
absoluto e o erro relativo. O erro absoluto é o erro total que se produce ó medir unha
magnitude. Tomase sempre como positivo, tanto si é por defecto como si é por
exceso.
Erro absoluto = Valor da medición Valor real
O erro relativo é o erro producido pola unidade de medición. Exprésase en porcentaxe
e indícanos o grao de precisión e de exactitude dunha medición.
Exemplo: Unha peza de lonxitude 59’89 mm mídese cun pe de rei e ofrece unha
lectura de 60’90 mm. O cálculo do erro absoluto e relativo son:
EA = 60’90 – 59’89 = 1’01 mm
ER = (1’01/59’89) x 100 = 1’686%

5.- MEDIDAS LONXITUDINAIS.
Medir é sempre saber cantas veces unha magnitude é maior ou menor que a
medida tomada como unidade. A medición dunha magnitude ten unha precisión
limitada; o erro é a medida desta precisión.
Hai diferentes ferramentas para medir unha mesma magnitude, pero a
precisión de cada unha delas é diferente. Por exemplo, as cintas métricas de ata 50
metros teñen unha precisión de centímetros (1 cm), o metro pode medir cunha
precisión de milímetros (1 mm) e o pe de rei pode medir cunha precisión de décimas
de milímetro (0’1 mm).
Unha das ferramentas máis empregadas para medir lonxitudes é o metro.
Preséntase en diversas formas e tamaños adecuados para as diferentes profesións.

5.1.- PE DE REI.
A veces pode interesarnos medir unha peza diferentes dimensións, que poden
ser exteriores, interiores, de profundidade dos orificios ou de grosores inferiores a un
milímetro. Nestes casos empregamos o pe de rei.

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I

IES AQUIS CELENIS
TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA

9

O pe de rei é un instrumento de medición formado por dúas partes, unha fixa e
outra móbil. A parte fixa consiste nunha regra graduada en milímetros, A parte móbil
desprázase sobre a escala principal e leva incorporada unha pequena escala graduada
chamada nonio, que permite determinar unha medición con precisión. Nunha escala
de lonxitude de 9 mm, está dividido en 10 partes e permite obter lecturas fraccionarias
exactas. O número de orden da división do nonio, que coincide cunha división da regra
principal, é o número de décimas de milímetro en que o obxecto excede a división da
regra principal.
Funcionamento:
o
proceso de medir co pe de rei
consiste en desprazar o cursor da
parte móbil ata tocar a superficie
da peza que hai que medir.
Debemos
observar
dous
parámetros: o primeiro é a
posición do cero da parte móbil
respecto á escala graduada da
parte fixa, e o segundo as
divisións do nonio que coinciden
coa graduación da parte fixa.
A apreciación do pe de rei determinase pola seguinte fórmula:

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I

IES AQUIS CELENIS
TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA

10

5.2.- MICRÓMETRO OU PÁLMER.
É un aparato de medición directa que pode
medir cunha precisión de centésimas de milímetro
(0’01 mm). Emprégase para medir obxectos de
dimensións reducidas e de gran precisión, como por
exemplo un fío condutor. O seu funcionamento
basease no movemento de avance dun parafuso do
que coñecemos o paso cando lle damos voltas.

Normalmente, o paso dos parafusos do micrómetro é de 0’5 mm, medida que
corresponde a unha volta enteira da cabeza. Na seguinte figura podemos ver un
pálmer e dous exemplos de lecturas. Xeralmente, so sirve para medir dimensións
exteriores, principalmente diámetros.

A apreciación do micrómetro é:

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I

IES AQUIS CELENIS
TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA

11

5.3.- GONIÓMETRO.
É un instrumento para medir ángulos. De gran precisión, permite medir ángulos
a dereita e a esquerda, e leva incorporado no nonio un dispositivo óptico para evitar
erros de lectura. Tamén existe no mercado o nonio circular, que empregamos na
medición de ángulos, cunha precisión a partir da décima de milímetro.

5.4.- GALGAS.
Pertencen ós instrumentos de comparación
de medida fixa. Son láminas de aceiro temperado
dun grosor uniforme e un calibrado igual á medida
nominal da galga. Hai galgas de moitos tipos e
formas distintas.
Empréganse para medir pequenas ranuras,
xogos entre pezas, desgastes, etc., así como topes
nos regraxes (por exemplo na separación entre o
electrodo e a buxía). Tamén se poden empregar para medir radios e roscas.
Normalmente incorporan o seu valor gravado, e subminístranse en xogo de valores
máis comúns para unha rosca concreta.

TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I

IES AQUIS CELENIS

Mais conteúdo relacionado

Destaque

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by HubspotMarius Sescu
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTExpeed Software
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsPixeldarts
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthThinkNow
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfmarketingartwork
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024Neil Kimberley
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)contently
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024Albert Qian
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsKurio // The Social Media Age(ncy)
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Search Engine Journal
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summarySpeakerHub
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Tessa Mero
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentLily Ray
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best PracticesVit Horky
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementMindGenius
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...RachelPearson36
 

Destaque (20)

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPT
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
 
Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 

Tema 4 Metrotécnica

  • 1. TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA 1 TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS. METROTECNIA A.- INTRODUCIÓN OS MATERIAIS 1.-INTRODUCIÓN. O emprego e descubrimento de novos materiais é un dos aspectos que mellor caracterizan a evolución do ser humano. De feito, determinadas idades prehistóricas reciben o nome de determinados materiais, o que indica a importancia dos mesmos nesa época histórica. En xeral, todos os materiais poden clasificarse en tres grandes grupos: - - - Naturais: son aqueles que se atopan na natureza. Constitúen os materiais básicos a partir dos cales se fabrican os demais. Ó longo da historia, o home aprendeu e mellorou as diferentes técnicas de extracción e obtención destes materiais. Na actualidade, o seu uso masivo unido ó feito de que a maioría destes materiais son non renovables obriga a facer un uso responsable dos mesmos, e incluso empregar técnicas de reciclaxe para reducir o impacto dun uso masivo dos mesmos. Exemplos: madeira, la, ouro, arxila, ... Artificiais: son aqueles que se obteñen a partir de outros materiais que se atopan na natureza e non sufriron unha transformación previa. Tamén reciben este nome aqueles produtos fabricados con varios materiais que son na súa maioría de orixe natural. Exemplo: formigón. Sintéticos: está fabricados polo home a partir de materiais artificiais. Non se atopan na natureza nin eles nin ningún dos materiais que os compoñen. O exemplo máis característico son os plásticos. A baquelita por exemplo obtense dos materiais artificiais formol e fenol. 2.- PROPIEDADES DOS MATERIAIS. O propósito dun técnico especialista en materiais cando pretende fabricar un obxecto é primeiramente establecer as características desexables que deben posuír os materiais dos que estará feito, e nunha segunda fase, escoller o material óptimo entre aqueles que cumpran as características desexadas. Na segunda fase interveñen os seguintes factores:    Propiedades mecánicas: resistencia, tenacidade, dureza, rixidez,... Resistencia á corrosión. Condutividade térmica e eléctrica. TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I IES AQUIS CELENIS
  • 2. TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA     2 Facilidade de conformado. Peso específico e aparencia externa: propiedades sensoriais. Factores ecolóxicos: posibilidade de reciclaxe e reutilización. Prezo da materia prima. Mediante o estudio detallado destes factores determinarase cal é o material máis apropiado para a peza que pretendemos fabricar. Todas as anteriores propiedades veñen determinadas pola estrutura interna do material, é dicir, polos compoñentes químicos presentes (átomos) e pola forma de unión dos átomos (enlaces). 2.1.- PROPIEDADES QUÍMICAS. As principais propiedades químicas que poden presentar un material son a estabilidade química e a corrosividade.   Estabilidade química: con esta propiedade defínese si un determinado elemento ou composto químico tende a reaccionar espontaneamente ó entrar en contacto con outro elemento e a descompoñerse, ou si polo contrario é necesario unha acción exterior (calor, traballo, elementos químicos, etc.), para que reaccione. Corrosividade: é o deterioro das propiedades dun material debido á acción de axentes externos como a auga, os ácidos, etc. Pode deberse a reaccións químicas (rotura de enlaces e intercambio de electróns) ou a solubilidade dalgúns elementos compoñentes do material co axente externo. 2.2.- PROPIEDADES ELÉCTRICAS. As máis importantes son a resistividade e a condutividade eléctrica.  Resistividade ( ρ ): é a medida da oposición dun material ó paso da corrente eléctrica. A resistencia dun determinado material ó paso da corrente eléctrica é directamente proporcional á resistividade, e tamén as súas características dimensionais: sección (S) e lonxitude (L). Unidades:  ou Condutividade eléctrica ( σ ): é a propiedade inversa da resistividade, é dicir, mide a permisividade dun material ó paso de electróns, e polo tanto, de TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I IES AQUIS CELENIS
  • 3. TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA 3 corrente eléctrica. Depende do número de electróns libres ou de ocos (falta de electróns) que posúe o material. 2.3.- PROPIEDADES MAGNÉTICAS. As propiedades magnéticas representan os cambios físicos que se producen nun corpo ó estar sometido a un campo magnético exterior. En liñas xenerais podemos distinguir:    Materiais diamagnéticos: as liñas de campo magnético creadas ó estar o material en presenza dun campo magnético exterior son de sentido contrario a este. Exemplos: cobre, prata e auga. Materias paramagnéticos: as liñas de campo magnético creadas ó estar o material en presenza dun campo magnético exterior son do mesmo sentido que este. Exemplos: aluminio, estaño e platino. Materiais ferromagnéticos: por debaixo dunha temperatura determinada, adquiren un campo magnético intenso ó estar en presenza cun campo magnético exterior, quedando o material imantado. O ferro, o níquel e o cobalto son materiais ferromagnéticos. Os materiais ferromagnéticos presentan un amplo campo de aplicación, principalmente en motores, xeradores eléctricos e transformadores. 2.4.-PROPIEDADES TÉRMICAS. As máis importantes son:    Calor específico (Ce): é o calor necesario para elevar un grado centígrado a temperatura dunha unidade de masa de material. As unidades son kcal/C × kg. Dilatación térmica: indica a variabilidade das dimensións do material ó variar a súa temperatura. Exprésase en tres formas distintas segundo a forma xeométrica da peza: coeficiente de dilatación lineal, superficial e cúbico. O incremento de lonxitude que experimenta un material, coñecido o seu coeficiente de dilatación (K), o intervalo de temperaturas (T 2 – T1) e a lonxitude inicial (Li), ven dado por: Densidade: é a relación entre a masa que posúe un corpo e volume que ocupa. Os materiais de densidade menor a 1 kg/dm3 flotan en auga destilada, e os de maior densidade somérxense. Matematicamente: TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I IES AQUIS CELENIS
  • 4. TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA    4 Condutividade térmica: é a intensidade coa que se transmite o calor no seo dun material. Temperatura de fusión: temperatura para a cal un material pasa de estado sólido a líquido como consecuencia dun aporte de calor. Calor latente de fusión: é o calor necesario para transformar unha unidade de masa de material de estado sólido a estado líquido.  2.5.- PROPIEDADES MECÁNICAS. Entre as máis importantes destacan:  Elasticidade: é a calidade que presenta un material para recuperar a súa forma orixinal ó cesar o esforzo que o deformaba. O módulo de elasticidade cuantifica esta propiedade relacionando a deformación coa forza que a provoca.  Plasticidade: é a calidade oposta á elasticidade, e indica a capacidade dun material de manter a forma que adquire ó estar sometido a un esforzo que o deformou.  Resistencia á fluencia: indica a forza necesaria para deformar un material e que non recupere a forma primitiva unha vez que cesa o esforzo.  Fatiga: propiedade que presentan algúns materiais de romper cando están sometidos a forzas inferiores o seu límite de rotura, incluso baixo comportamento elástico, cando as forzas son continuas e cíclicas, é dicir, repítense cunha determinada frecuencia.  Dureza: resistencia que opón un corpo a ser penetrado ou raiado por outro.  Fraxilidade: facilidade de rotura dun material en anacos sen que se deforme elasticamente.  Tenacidade: capacidade dun material de deformarse bastante antes de romperse.  Resilencia: resistencia que posúe un material a romperse pola forza provocada por un golpe corto e intenso.  Ductilidade: calidade dun material para ser estirado e conformado en fíos finos.  Maleabilidade: calidade dun material para deformarse en forma de láminas finas. . . TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I IES AQUIS CELENIS
  • 5. TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA 5  Maquinabilidade: mide a maior ou menor facilidade para conformar un material mediante mecanizado (corte con coitelo, arranque de labra, tradeado (“taladrado”), ...).  Moldeabilidade: facilidade dun material para ser conformado por moldeo. 2.6.- PROPIEDADES SENSORIAIS. Estas propiedades corresponden ás que apreciamos por medio dos sentidos, de forma que nos da unha primeira identificación do material definindo a aparencia do mesmo. Entre as máis importante destacamos:     Acabado superficial e textura: infórmanos sobre a superficie da peza. Características ópticas: indican o comportamento do material cando é exposto a unha fonte luminosa. Características acústicas: informa da sonoridade do material. Características olorosas: informan das características olorosas de certos materiais. 2.7.- PROPIEDADES ECOLÓXICAS. A importancia que adquiriu nos últimos anos os factores ecolóxicos á hora de deseñar un produto fai que un determinado material poda ser rexeitado debido ó impacto ambiental que provoca a súa obtención ou utilización. Características engadidas como a posibilidade do seu reciclaxe e posterior recuperación parcial ou total inflúen tamén na elección dun determina material. 3.- IDENTIFICACIÓN DOS MATERIAIS. As características dun material veñen dadas polos elementos químicos presentes (átomos) e a súa unión (enlaces). Así, o estudio que nos permite coñecer as propiedades dos distintos materiais é de carácter fundamentalmente químico. A materia en xeral, ó estar composta por átomos, ten un carácter discontinuo, e polo tanto, debemos observar non soamente o estado illado dos átomos, senón o do conxunto de todos aqueles que compoñen a materia. Mentres que en estado sólido a estrutura interna da materia presenta unha certa permanencia e posicións fixas, en estado líquido ou gasoso a estrutura atómica posúe a mobilidade que permite que a materia adopte a forma do recipiente que o contén. TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I IES AQUIS CELENIS
  • 6. TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA 6 En xeral os materiais de enxeñería poden dividirse en catro grandes grupos: cerámicos, plásticos e polímeros, fibras e madeiras e metais. Aínda que xeralmente os materiais poden distinguirse facilmente pola súa apariencia externa, para determinar as súas características específicas realizamos ensaios. Entre os ensaios máis usuais destacan os que permiten determinar e especificar as propiedades mecánicas dos distintos materiais. B.- METROTECNIA 1.-O CONTROL DIMENSIONAL. O control dimensional dunha peza é unha parte fundamental en calquera proceso mecánico, xa que permite verificar a conformidade das súas formas e dimensións en función das condicións do proxecto. Nalgúns casos, o control dimensional permite unha certa tolerancia, en outros, o proceso é moi preciso no seu acabado final, como por exemplo nas dimensións dun pistóns nun cilindro. Entre as vantaxes que presenta, o control dimensional permite intercambiar pezas por substitución, definir as condicións de funcionamento correcto entre pezas e abaratar custos de fabricación ó aumentar a produtividade. Podemos facer o control dimensional de dúas maneiras:   Sen medición: entre os límites máximo e mínimo determinados polas condicións de deseño. Con medición: cando medimos unha cantidade real. Neste caso podemos facer unha medición directa (empregando instrumentos de medida) ou unha medición indirecta (obtendo a diferenza entre a medida real e un patrón de medición). 2.- VERIFICACIÓN. Existe a necesidade de verificar puntualmente algúns parámetros da peza, compoñente ou produto fabricado, para asegurar os requisitos establecidos no deseño. Este proceso faise empregando sistemas e instrumentos de medida precisos. TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I IES AQUIS CELENIS
  • 7. TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA 7 3.- ERROS NOS PROCESOS DE MEDICIÓN. Podemos distinguir tres tipos de erros:    Erros aleatorios ou accidentais: son os provocados por alteracións medioambientales como son os cambio de temperatura, a existencia de campos eléctricos ou magnéticos, etc. Son errores inevitables, pois é moi difícil conseguir que se fagan sempre as medicións nas mesmas condicións. O seu efecto redúcese empregando técnicas estatísticas. Erros sistemáticos: aparecen constantemente en todas as medicións e son os ocasionados por calibracións defectuosas, defectos no proceso de medición, etc. Son erros que non se detectan por métodos estatísticos ó ser todas as medidas que se fan incorrectas en magnitude constante. A maneira de evitalos é realizando un seguimento técnico dos aparellos e dos procesos de medida. Erros ilexítimos: son equivocación debidas, por exemplo, a lecturas incorrectas da indicación do aparello, erros nos cálculos de transformación de unidades, etc. Non deberían producirse de facerse con precisión todas as operacións de cada medición. 4.- TOLERANCIA. Na construción dunha peza ou produto é imposible reproducir con exactitude matemática as medidas coas que foi deseñada no plano. Isto débese a :     Imperfeccións e alteracións dos materiais. Fallos na apreciación do observador. Deformacións das pezas por factores ambientais ou temporais. Falta de precisión ou de fidelidade nos instrumentos de medición. Isto obriga a admitir un marxe de erro de fabricación ou de medida chamado tolerancia. A tolerancia é pois o erro máximo admisible entre a medida real da peza e a nominal (indicada no plano). A intercambiabilidade e universalidade das pezas, para poder competir en mercados moi diversos, obrigou a definición dunha serie de sistemas de tolerancia dende principios do século XIX. Así as primeiras na súa definición foron as normas DIN alemáns. En diversos países impulsáronse normas de este tipo, as ASA en Estados Unidos, as UNE en España. A diversidade destas normas implicou a necesidade de introducir un sistema internacional de medidas, denominadas ISO (International Organization for Standardization). Toda medición vai sempre acompañada dunha incerteza, independentemente da cantidade a medir, da unidade escollida, do instrumento empregado e da atención do observador. Isto provoca que o resultado dunha medición sexa o conxunto de dous valores: a cantidade ou valor obtido e a incerteza. A incerteza é o erro experimental que atopamos en toda medición, e aínda que pode ser diminuído, non pode ser eliminado completamente. TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I IES AQUIS CELENIS
  • 8. TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA 8 Para considerar unha peza ou produto como aceptable, o valor da medida real ou efectiva debe estar dentro duns límites de tolerancia. Si a medida real M R é superior á medida nominal MN, a súa diferenza non debe superar o límite superior LS: MR-MN≤LS. Si a medida real MR é inferior á medida nominal MN, a súa diferenza non debe superar o límite inferior LI:MR-MN≤LI. Por exemplo unha cota 20 ± 0’3 mm indícanos que a peza que debemos fabricar pode estar entre 20’3 mm e 19’7 mm. Cando nunha medida empregamos o termo erro debemos distinguir entre o erro absoluto e o erro relativo. O erro absoluto é o erro total que se produce ó medir unha magnitude. Tomase sempre como positivo, tanto si é por defecto como si é por exceso. Erro absoluto = Valor da medición Valor real O erro relativo é o erro producido pola unidade de medición. Exprésase en porcentaxe e indícanos o grao de precisión e de exactitude dunha medición. Exemplo: Unha peza de lonxitude 59’89 mm mídese cun pe de rei e ofrece unha lectura de 60’90 mm. O cálculo do erro absoluto e relativo son: EA = 60’90 – 59’89 = 1’01 mm ER = (1’01/59’89) x 100 = 1’686% 5.- MEDIDAS LONXITUDINAIS. Medir é sempre saber cantas veces unha magnitude é maior ou menor que a medida tomada como unidade. A medición dunha magnitude ten unha precisión limitada; o erro é a medida desta precisión. Hai diferentes ferramentas para medir unha mesma magnitude, pero a precisión de cada unha delas é diferente. Por exemplo, as cintas métricas de ata 50 metros teñen unha precisión de centímetros (1 cm), o metro pode medir cunha precisión de milímetros (1 mm) e o pe de rei pode medir cunha precisión de décimas de milímetro (0’1 mm). Unha das ferramentas máis empregadas para medir lonxitudes é o metro. Preséntase en diversas formas e tamaños adecuados para as diferentes profesións. 5.1.- PE DE REI. A veces pode interesarnos medir unha peza diferentes dimensións, que poden ser exteriores, interiores, de profundidade dos orificios ou de grosores inferiores a un milímetro. Nestes casos empregamos o pe de rei. TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I IES AQUIS CELENIS
  • 9. TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA 9 O pe de rei é un instrumento de medición formado por dúas partes, unha fixa e outra móbil. A parte fixa consiste nunha regra graduada en milímetros, A parte móbil desprázase sobre a escala principal e leva incorporada unha pequena escala graduada chamada nonio, que permite determinar unha medición con precisión. Nunha escala de lonxitude de 9 mm, está dividido en 10 partes e permite obter lecturas fraccionarias exactas. O número de orden da división do nonio, que coincide cunha división da regra principal, é o número de décimas de milímetro en que o obxecto excede a división da regra principal. Funcionamento: o proceso de medir co pe de rei consiste en desprazar o cursor da parte móbil ata tocar a superficie da peza que hai que medir. Debemos observar dous parámetros: o primeiro é a posición do cero da parte móbil respecto á escala graduada da parte fixa, e o segundo as divisións do nonio que coinciden coa graduación da parte fixa. A apreciación do pe de rei determinase pola seguinte fórmula: TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I IES AQUIS CELENIS
  • 10. TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA 10 5.2.- MICRÓMETRO OU PÁLMER. É un aparato de medición directa que pode medir cunha precisión de centésimas de milímetro (0’01 mm). Emprégase para medir obxectos de dimensións reducidas e de gran precisión, como por exemplo un fío condutor. O seu funcionamento basease no movemento de avance dun parafuso do que coñecemos o paso cando lle damos voltas. Normalmente, o paso dos parafusos do micrómetro é de 0’5 mm, medida que corresponde a unha volta enteira da cabeza. Na seguinte figura podemos ver un pálmer e dous exemplos de lecturas. Xeralmente, so sirve para medir dimensións exteriores, principalmente diámetros. A apreciación do micrómetro é: TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I IES AQUIS CELENIS
  • 11. TEMA 4: INTRODUCIÓN OS MATERIAIS.METROTECNIA 11 5.3.- GONIÓMETRO. É un instrumento para medir ángulos. De gran precisión, permite medir ángulos a dereita e a esquerda, e leva incorporado no nonio un dispositivo óptico para evitar erros de lectura. Tamén existe no mercado o nonio circular, que empregamos na medición de ángulos, cunha precisión a partir da décima de milímetro. 5.4.- GALGAS. Pertencen ós instrumentos de comparación de medida fixa. Son láminas de aceiro temperado dun grosor uniforme e un calibrado igual á medida nominal da galga. Hai galgas de moitos tipos e formas distintas. Empréganse para medir pequenas ranuras, xogos entre pezas, desgastes, etc., así como topes nos regraxes (por exemplo na separación entre o electrodo e a buxía). Tamén se poden empregar para medir radios e roscas. Normalmente incorporan o seu valor gravado, e subminístranse en xogo de valores máis comúns para unha rosca concreta. TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I IES AQUIS CELENIS