2. GUIA MEDIO AUDIOVISUAL
CURSO: Deseño e modificación de planos 2D e 3D
MODULO FORMATIVO: Proxecto/estudo de seguridade de riscos laborais previo á execución da obra.
UNIDADE DIDÁCTICA 3: Estudo de seguridade e saúde.
XUSTIFICACION DA UTILIZACION DO FILME NO MODULO
O obxectivo principal a UD3 é coñecer a estruturación dun estudo de seguridade de riscos laborais previo a
execución da obra e realización dos planos básicos necesarios.
Polo tanto, para unha adecuada realización do mesmo é necesario aplicar os coñecementos adquiridos
anteriormente sobre prevención de riscos e sobre todo un coñecemento dos riscos e medidas preventivas adecuadas
durante a realización da obra. Deste xeito planificase unha explicación mediante PPT sobre a estruturación dun estudo de
seguridade e saúde e a proxección dun pequeno filme relacionado ca construción.
OBXETIVOS PROPOSTOS
Mediante a proxección deste filme e as actividades propostas pretendese achegar os alumnos á realidade propia
dunha obra de construción para fixar definitivamente os coñecementos sobre seguridade e saúde. Tratase de concienciar
sobre los riscos mais frecuentes nas obras e de dar oportunidade de reflexionar sobre as medidas preventivas adaptadas a
cada situación.
CARACTERÍSTICAS XERAIS DO FILME
Produtora: Via Storia
Color.
Duración: 9’43’’.
Xénero: Produto informativo sobre seguridade e saúde .
Infografía 3D: Protozoaire
Deseñador do son: TSC
Musica: Henri Muller
Dirección web do filme: http://www.youtube.com/watch?v=5qKpa1wZvEg
A súa linguaxe universal fai que a película sexan aptas para todo o mundo.
3. GUIA MEDIO AUDIOVISUAL
SINOPSE
En historias curtas móstranse diferentes perigos e riscos mais habituais nas obra. Caídas dende alturas, carreira de
obstáculos, dolor de costas, organización de rutas de transporte, hixiene y seguridade do lugar. Como traballador, Napo
afronta numerosas situacións de perigo pero consegue salvar ditos atrancos.
ACTIVIDADES
ACTIVIDADES DURANTE O VISIONADO DO FILME
O alumno tomará nota dos principais riscos e perigos que atopa Napo no filme e das medidas preventivas que hai na obra.
ACTIVIDADES DESPOIS DO VISIONADO DO FILME
Responde:
1. ¿Cantos personaxes diferentes interveñen no filme?
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- ------------------
2. Ademais do personaxe principal hai outros secundarios, describe brevemente cada un deles:
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- ---------------------------------------
3. ¿Na introdución en cantas situacións de risco diferentes encontrase Napo?
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- ---------------------------------------
4. Na parte “ Esta vez todo saíu ben” ¿ Qué tipo de EPI debía utilizar NAPO? ¿Qué tipo de proteccións colectivas
observaches?
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- ---------------------------------------
5. Na parte “Castelo de naipes” ¿Qué fixo mal Napo? ¿Qué debía usar?
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- ---------------------------------------
6. ¿Qué lle pasou a Napo e os seus compañeiros na parte “Orden e limpeza?
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- ---------------------------------------
4. GUIA MEDIO AUDIOVISUAL
7. Na parte “Coidando as costas” ¿Qué medio utilizan para facilitar o traballo de Napo?
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- ---------------------------------------
8. No filme ¿Qué método utilizase para separar os vehículos das persoas?
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
9. É importante unha boa distribución das instalacións provisionais dos traballadores dunha obra ¿ Qué
circunstancia fai que o xefe de obra as considere moi importantes?
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- ---------------------------------------
10. Tamén é importante ó rematar o traballo deixar todo en orde. ¿ Que é o que ten facer Napo o rematar a xornada
laboral?
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- ---------------------------------------
5. GUIA MEDIO AUDIOVISUAL
RESPOSTAS
1. ¿Cantos personaxes diferentes interveñen no filme?
- Obreiro, compañeiro de traballo
- Aparellador/a ou arquitecto/a
- Xefe de obra
- Napo
2. Ademais do personaxe principal hai outros secundarios, describe brevemente cada un deles:
NAPO
Napo é o heroe da serie de debuxos animados. Simboliza a un empleado
que traballa en calquera industria ou sector. Napo non ten un traballo concreto ou
un entorno laboral específico.
Napo é unha persoa normal, nin boa nin mala, nin xoven nin vella. Neste
sentido, a súa cultura é neutra. É un traballador servizal que pode sufrir situacións
sobre as que non ten control, pero que tamén pode detectar perigos ou riscos, ou
facer boas suxerencias para mellorar a seguridade e a organización do traballo.
COMPAÑEIRO DE TRABALLO
O compañeiro de traballo traballa na mesma empresa e fai o mesmo
traballo que Napo ou outro similar. É un empleado sensato que, más o menos, segue
as normas.
6. GUIA MEDIO AUDIOVISUAL
O XEFE DE OBRA
O xefe é o principal personaxe secundario. É o que da as ordenes e fixa as
normas e sempre da instrucións directas a Napo. Non só se preocupa pola
seguridade do seu persoal, senón tamén pola produtividade da súa empresa.
ARQUITECTO/A OU APARELLADOR/A
Está na obra cos seus planos, intentando controlar adecuadamente o
desenrolo da mesma. Preocupase pola seguridade na obra.
3. ¿Na introdución en cantas situacións de risco diferentes encontrase Napo?
- Caída en altura
- Caída de obxectos
- Golpe co material que transporta a grúa por non estar atento.
- Golpe co cristal por non ter a sinal a altura dos ollos
4. ¿Na parte “ Esta vez todo saíu ben” que tipo de EPI debía utilizar NAPO? ¿Qué tipo de proteccións colectivas
observaches?
Arnés anticaida. Liña de vida e rede de seguridade.
7. GUIA MEDIO AUDIOVISUAL
5. Na parte “Castelo de naipes” ¿Qué fixo mal Napo? ¿Qué debía usar?
Facer un andamio con diversos materiais. Usar un andamio axeitado.
6. ¿Qué lle pasou a Napo e os seus compañeiros na parte “Orden e limpeza?
Tiveron que correr por causa dun lume e acabaron caendo.
7. Na parte “Coidando as costas” ¿Qué medio utilizan para facilitar o traballo de Napo?
Primeiro o xefe de obra indícalle a mellor maneira de coller peso e despois utilizan unha grúa xa que son grandes
cantidades de material.
8. No filme ¿Qué método utilizase para separar os vehículos das persoas?
Separan os viais mediante valado de sinalización.
9. É importante unha boa distribución das instalacións provisionais dos traballadores dunha obra ¿ Qué
circunstancia fai que o xefe de obra as considere moi importantes?
A Napo e ó seu compañeiro comézalle a chover por enriba.
10. Tamén é importante ó rematar o traballo deixar todo en orde. ¿ Que é o que ten facer Napo o rematar a xornada
laboral?
Cerrar o camión, pechar o lugar onde están as bombonas, deixar todo adecuadamente colocado para o día
seguinte ( move unha das vallas de protección para colocala ben), desconecta o interruptor xeral, pecha os accesos á
obra adecuadamente.