SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 4
GALIZA MUTANTE:
PODER NUCLEAR!
Anticipación Post-Apocalíptica
- Autor: Tomás González Ahola.
- ISBN: 978-84-040935-1-7
- Edita: Contos Estraños/Urco
- Páxinas: 320
- PVP: 16 €
Moitas xeracións pasaron desde aquel aciago día
en que o Froilán, o Santo Vingador, baixou dos
ceos para alagar co lume purificador as cidades
pecaminosas da Xente Vella. Agora, a vida
retornou á terra fértil que se estende desde os
Montes Áncaros até o Mar da Fin do Mundo e a
semente dunha nova civilización agroma en
Cmph'sthulhu, a Cidade dos Sete Círculos. Mais a
sombra dun perigo álzase nas marcas distantes e
descoñecidas do nordés, e tamén aniña nos
corazóns dos cobizosos que se agochan dentro
dos muros da urbe.
AS CRÓNICAS DE BRAN VOL.1
"A REVOLTA DOS MESTRES".
Fantasía Épica
- Autor: Xosé Duncan e Kaiser
Wilhelm.
- ISBN: 978-84-940935-2-4
- Edita: Contos Estraños
- Páxinas: 246
- PVP: 16 €
A maxestosa cidade de Elawei álzase no cumio da
Montaña Sagrada. Os grandes mestres dos
gremios preparan unha revolta para impedir a
coroación do príncipe Bran, e así facerse co poder
do reino. Para iso, asinarán un perigoso pacto con
Lord Daru, que comanda as tropas demoníacas
que desde a Terra de Nada avanzan na conquista
dos territorios pictos cara á cidade de Elawei. A
gran batalla está a piques de estoupar, mentres o
Dragón Vermello segue a durmir nas
profundidades.
NINGUÉN LEMBRA.
Fantasía.
- Autor: Vanesa Santiago
Vázquez.
- ISBN: 978-84-156991-5-6
- Edita:: Urco
- Páxinas: 556
- PVP: 18 €
Daia Dalúa cruza Europa nun tren que a levará cara
a un destino frío onde coñecerá a calor dos amigos.
Con eles, deberá descubrir que se agocha tras o po
centenario dun libro laretas que lles pide axuda para
salvar á Degon Aerinaira. Mais, quen é a Degon
Aerinaira? Poden fiarse da mensaxe dun libro que
se dedica a posuír, a dicir de Daia, a incautas
alumnas de primeiro como Fiona, a súa irmá? Foi
casualidade que aquel vello libro caese nas súas
mans? Mais Daia non cre nas casualidades. Se ti
tampouco cres nelas, mergúllate nesta historia que
ninguén lembra para coñecer a resposta. Ao cabo,
non é casualidade que esteas a ler este anticipo... Us
kroguinin, Degon Aerinaira? Onde estás?...
CONTOS DE SOÑOS E SOMBRAS.
Relatos de medo.
- Autor: Ariza Piñeiro.
- ISBN: 978-84-156991-6-3
- Edita: Urco
- Páxinas: 208
- PVP: 12 €
Inclue:
Os Contos de soños e sombras son trece relatos
breves (algúns moi breves) de terror psicolóxico,
ou sexa, contos de medo que fan pensar. Algúns
escritos cun toque de humor, outos cun toque de
mala uva. Son contos de soños porque cando
soñamos non distinguimos o real do imaxinario, e
de sombras porque todos temos un lado oculto.
Sabes que é iso que levas pegado e camiña á túa
beira? Abre o libro e descúbreo.
AS AVENTURAS DO APALPADOR Nº2:
O TESOUSO DOS MOUROS.
Infantil
- Autor: Fernando M.
Cimadevila e José Angel Ares
- ISBN: 978-84-939712-9-8
- Edita: Contos Estraños
- Páxinas: 68
- PVP: 12 €
A valente Noa, o elfo Din-Don e mais o seu amigo
carboeiro o Apalpador emprenden unha nova
aventura nas fragas do Courel, desta vez na
procura do mítico tesouro dos mouros, que está
agochado nalgures. Para o descubrir deberán
superar as máis variadas probas e coñecerán toda
clase de personaxes.
Outros títulos da serie "As aventuras do
Apalpador":
Apalpador Vs Papá Noel.
PLOF, HISTORIA DUN GLOBO
Infantil.
- Autor: Manuel González
Fernández de Tejada e Xoana
Álvarez Martín.
- ISBN: 978-84-939712-5-0
- Editada: Contos Estraños
- Páxinas: 64
- PVP: 15 €
Que estás disposto a facer por un soño?
Até onde serías quen de chegar?...
Esta é a historia de Plof, un globo que soña con
voar e viaxar polo mundo, descubrir novas terras e
facer novos amigos. Un día ve o seu soño
cumprido e comeza unha gran aventura.
O MUNDO SECRETO DE BASILIUS
HOFFMAN: UN FARO NA ESCURIDADE.
Fantasía.
- Autor: Fernando M.
Cimadevila e Ivan Valladares.
- ISBN: 978-84-15699-17-0
- Edita: Urco
- Páxinas: 368
- PVP: 18€
Existe un lugar perdido no profundo da noite, unha
cidade secreta sen casas nin edificios, só tellados,
azoteas, faiados e chemineas, bufardas, campanarios,
torreóns... A Cidade dos Tellados non ten rúas, só
pontes e pasarelas, tubaxes e escaleiras que sortean o
nebuloso mundo que existe baixo a súa superficie.
Un segredo, tan antigo como o propio mundo,
ocúltase tras este labirinto insondábel, pero para
descubrilo, o profesor Basilius Hoffman e o seu
sobriño Peter deberán enfrontarse á máis profunda
escuridade, aquela que habita no noso interior.
Outros títulos da serie "O mundo secreto de
Basilius Hoffman":
O ladrón de soños.
O ENIGMA DOS NOVE SEPULCROS
Fantasía.
- Autor: María Acosta Díaz
- ISBN: 978-84-939554-5-8
- Edita: Urco
- Páxinas: 448
- PVP: 18 €
Un mozo da Coruña que percorría a Cidade Vella,
atopa un sumidoiro aberto nunha calella e descende
por el para pescudar. Unha porta pintada na parede
dálle acceso a un mundo fantástico, mais
estrañamente familiar. Este mozo Sen Nome, xunto
co seu amigo Brains, pasará unha chea de aventuras
polas terras de Gapsiq na procura da solución do
Enigma dos Nove Sepulcros.
MAGUMBA
Fantasía humor.
- Autor: Fabián Plaza Miranda.
- ISBN: 978-84-939712-3-6
- Edita: Contos Estraños
- Páxinas: 228
- PVP: 16 €
Esta novela narra a viaxe iniciática dun aprendiz de
xamán, acompañado polo seu mestre rosmón e a
xornalista europea Jane por unha África moi
particular. No seu periplo aparecerán personaxes
tan estraños e dispares como Tartán o home mono
e o seu chimpancé Chitón, o científico Frank N.
Stein ou o sufridiño Angagua, o elefante: todos eles
cun papel decisivo para lle axudar a recuperar o
ídolo sacro da súa tribo.
Saltando dunha situación cómica a outra, o
pintoresco trío de exploradores percorre unha
curiosa parodia do Continente Africano co
obxectivo de recuperar o ídolo e restablecer o
equilibrio cósmico.
OS ABISMOS DA NOITE ETERNA VOL.1
"O MORADOR DA FENDA"
Fantasía Épica.
- Autor: Roberto A. Rodrigues
- ISBN: 978-849397-12-4-3
- Edita: Contos Estraños
- Páxinas: 308
- PVP: 16 €
E chegou aquel aciago día no que a terra tremeu.
Unha fenda abriuse de norte a sur, amosándolle o
noso mundo a funesta ameaza que se agochaba
soterrada nas profundidades das Terras de Alén do
Muro, naquel deserto esquecido pola compaixón
dos deuses ao que as xentes piadosas chamaban o
Ermo. Aquela fenda abriu un abismo insondábel do
que emanou a Esencia Escura, unha pútrida e
pestilente substancia que deu forma á máis terrible
das critaturas, un ser ao que ninguén osou pórlle
nome, pero que todos coñeceron como o Morador
da Fenda.
O XOGO DE ENDER.
Anticipación, Space-Opera.
- Autor: Orson Scott Card.
- ISBN: 978-84-938558-6-4
- Edita: Urco
- Páxinas: 350
- PVP: 18 €
A humanidade descobre que non está soa no
universo no peor dos escenarios posíbeis: os
abázcaros intentan, por dúas veces, conquistalos e
aniquilalos e só a sorte e a intuición dun líder
lendario logran salvala.
En 2070 o medo a unha terceira invasión é
omnipresente. Todos os países unidos baixo un
único mando fan unha última aposta desesperada:
comenzan a adestrar nenos para que defendan a
Terra dos abázcaros, e Andrew Ender Wiggin, un
destes pequenos soldados, pode ser a última
esperanza da humanidade.
O CLAN DOS LUPERCOS.
Fantasía Épica.
- Autor: William Morris.
- ISBN: 978-15699-13-2
- Edita: Urco
- Páxinas: 308
- PVP: 16 €
William Morris, un dos creadores máis interesantes
de finais do século XIX, relata unha historia
trepidante na que o mundo dos humanos e dos
deuses se mestura para dar lugar a un deses tempos
míticos que os antigos deron en chamar idades dos
heroes.
Esta novela foi unha das principais inspiradoras de
J.R.R. Tolkien, o mestre da fantasía heroica, para o
seu O señor dos aneis, e agora sae do esquecemento
para entrar de cheo na literatura galega.
CONTOS ESTRAÑOS VOL.5
"VERBAS DE ATENEA"
Relatos de Fantasía, Terror e
Ci-Fi.
- Autor: VV.AA
- ISBN: 978-84-940935-3-1
- Edita: Contos Estraños
- Páxinas: 176
- PVP: 12 €
Relatos de fantasía, terror e ci-fi de autores galegos.
Volume adicado as autoras que inclue os relatos:
"O caso San Martiño"-Susana Martinez Otero,
"Haec Sunt Nomina"-Ana García, "A cidade pura"-
Beatriz Guerra, "A lenda dos Mariño"-Patricia
Mariño, "O Ciclo"-Lúa Campos, "Baixo Terra"-Erica
Couto, "Antía Dourado"-Maruxa Martinez, "A
árbore das vagalumes"-Xulia María, "Brétema de
cinza"-María Eijo.
Novela:
"Betsy Brown-2ª Parte"- Santiago Bergantinhos.
"Roy Bernal"-2ª Parte"- Tomás González Ahola.
Tradución:
"Vampiro"- Emilia Pardo Bazán.
Outros volumes da colección:
BIBLIOTECA LOVECRAFT
Toda mitoloxía ten uns alicerces e toda épica ten
uns inicios, e o chamado «Ciclo de Cthulhu»,
polifonía estridente e impía que desafía toda
cordura, non podía ser menos. Nesta biblioteca
preséntanse as obras de H.P. Lovecraft nas que
define este inmenso e complexo cosmos
estarrecedor poboado das máis aberrantes
entidades. "A chamada de Cthulu", "A sombra
sobre Innsmouth", "Nas montañas da loucura", "A
cousa no limiar", "O horror de Dunwich", "A
sombra fora do tempo" ou os poemas impíos de
"Fungos de Youggoth", son algúns dos títulos desta
biblioteca que acabará por recoller toda a obra de
Lovecraft, unha das mitoloxías máis importantes do
século XX.
Volumes publicados até o momento:

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Guía nadal 13
Guía nadal 13Guía nadal 13
Guía nadal 13aesperela
 
Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeSusana Losada
 
Novidades
Novidades Novidades
Novidades soigca
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016iessalvabiblio
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017iessalvabiblio
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17soigca
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017iessalvabiblio
 
Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Olga Lalín
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectorasBiblioBece
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)Xenza
 
O meu libro favorito
O meu libro favoritoO meu libro favorito
O meu libro favoritosoigca
 
Comentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach a
Comentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach aComentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach a
Comentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach aRemoeaLinguaLinguaGa
 
Suxestións libros nadal 2017- 18 ED. INFANTIL
Suxestións libros nadal 2017- 18  ED. INFANTILSuxestións libros nadal 2017- 18  ED. INFANTIL
Suxestións libros nadal 2017- 18 ED. INFANTILNuriaRodrguezDomnguez
 
Guía de lectura infantil. verán 2012.galego
Guía de lectura infantil. verán 2012.galegoGuía de lectura infantil. verán 2012.galego
Guía de lectura infantil. verán 2012.galegoBibliotecadicoruna
 

Mais procurados (20)

Recomendacións
RecomendaciónsRecomendacións
Recomendacións
 
Guía nadal 13
Guía nadal 13Guía nadal 13
Guía nadal 13
 
Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lume
 
Os mellores do humor
Os mellores do humorOs mellores do humor
Os mellores do humor
 
16 18
16 1816 18
16 18
 
Novidades
Novidades Novidades
Novidades
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
 
Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectoras
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
 
Recomendacións nadal 5º e 6º
Recomendacións nadal 5º e 6ºRecomendacións nadal 5º e 6º
Recomendacións nadal 5º e 6º
 
Arnoia arnoia
Arnoia arnoiaArnoia arnoia
Arnoia arnoia
 
O meu libro favorito
O meu libro favoritoO meu libro favorito
O meu libro favorito
 
Comentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach a
Comentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach aComentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach a
Comentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach a
 
Suxestións libros nadal 2017- 18 ED. INFANTIL
Suxestións libros nadal 2017- 18  ED. INFANTILSuxestións libros nadal 2017- 18  ED. INFANTIL
Suxestións libros nadal 2017- 18 ED. INFANTIL
 
Guía de lectura infantil. verán 2012.galego
Guía de lectura infantil. verán 2012.galegoGuía de lectura infantil. verán 2012.galego
Guía de lectura infantil. verán 2012.galego
 

Semelhante a Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013

Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blogangelciencia
 
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosLecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosIES Eduardo Blanco Amor
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012aesperela
 
Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13ana alvarez
 
Guía nadal 12
Guía nadal 12 Guía nadal 12
Guía nadal 12 aesperela
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Lecturas recomendadas
Lecturas recomendadasLecturas recomendadas
Lecturas recomendadasvorusky
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015iessalvabiblio
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránAlfonso Blanco
 
Presentación terror
Presentación terrorPresentación terror
Presentación terrorCurtisbiblio
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránfontexeriabib
 
Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Carmen165
 
Tópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaTópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaraquelairag
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXrcms9
 

Semelhante a Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013 (18)

Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blog
 
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosLecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012
 
Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13
 
Guía nadal 12
Guía nadal 12 Guía nadal 12
Guía nadal 12
 
Lecturas verán blog 2012
Lecturas verán blog 2012Lecturas verán blog 2012
Lecturas verán blog 2012
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Lecturas recomendadas
Lecturas recomendadasLecturas recomendadas
Lecturas recomendadas
 
L' africain
L' africainL' africain
L' africain
 
L' africain
L' africainL' africain
L' africain
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións verán
 
Presentación terror
Presentación terrorPresentación terror
Presentación terror
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións verán
 
Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...
 
Tópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaTópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galega
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 
Ler e xogar sen parar
Ler e xogar sen pararLer e xogar sen parar
Ler e xogar sen parar
 

Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013

  • 1. GALIZA MUTANTE: PODER NUCLEAR! Anticipación Post-Apocalíptica - Autor: Tomás González Ahola. - ISBN: 978-84-040935-1-7 - Edita: Contos Estraños/Urco - Páxinas: 320 - PVP: 16 € Moitas xeracións pasaron desde aquel aciago día en que o Froilán, o Santo Vingador, baixou dos ceos para alagar co lume purificador as cidades pecaminosas da Xente Vella. Agora, a vida retornou á terra fértil que se estende desde os Montes Áncaros até o Mar da Fin do Mundo e a semente dunha nova civilización agroma en Cmph'sthulhu, a Cidade dos Sete Círculos. Mais a sombra dun perigo álzase nas marcas distantes e descoñecidas do nordés, e tamén aniña nos corazóns dos cobizosos que se agochan dentro dos muros da urbe. AS CRÓNICAS DE BRAN VOL.1 "A REVOLTA DOS MESTRES". Fantasía Épica - Autor: Xosé Duncan e Kaiser Wilhelm. - ISBN: 978-84-940935-2-4 - Edita: Contos Estraños - Páxinas: 246 - PVP: 16 € A maxestosa cidade de Elawei álzase no cumio da Montaña Sagrada. Os grandes mestres dos gremios preparan unha revolta para impedir a coroación do príncipe Bran, e así facerse co poder do reino. Para iso, asinarán un perigoso pacto con Lord Daru, que comanda as tropas demoníacas que desde a Terra de Nada avanzan na conquista dos territorios pictos cara á cidade de Elawei. A gran batalla está a piques de estoupar, mentres o Dragón Vermello segue a durmir nas profundidades. NINGUÉN LEMBRA. Fantasía. - Autor: Vanesa Santiago Vázquez. - ISBN: 978-84-156991-5-6 - Edita:: Urco - Páxinas: 556 - PVP: 18 € Daia Dalúa cruza Europa nun tren que a levará cara a un destino frío onde coñecerá a calor dos amigos. Con eles, deberá descubrir que se agocha tras o po centenario dun libro laretas que lles pide axuda para salvar á Degon Aerinaira. Mais, quen é a Degon Aerinaira? Poden fiarse da mensaxe dun libro que se dedica a posuír, a dicir de Daia, a incautas alumnas de primeiro como Fiona, a súa irmá? Foi casualidade que aquel vello libro caese nas súas mans? Mais Daia non cre nas casualidades. Se ti tampouco cres nelas, mergúllate nesta historia que ninguén lembra para coñecer a resposta. Ao cabo, non é casualidade que esteas a ler este anticipo... Us kroguinin, Degon Aerinaira? Onde estás?... CONTOS DE SOÑOS E SOMBRAS. Relatos de medo. - Autor: Ariza Piñeiro. - ISBN: 978-84-156991-6-3 - Edita: Urco - Páxinas: 208 - PVP: 12 € Inclue: Os Contos de soños e sombras son trece relatos breves (algúns moi breves) de terror psicolóxico, ou sexa, contos de medo que fan pensar. Algúns escritos cun toque de humor, outos cun toque de mala uva. Son contos de soños porque cando soñamos non distinguimos o real do imaxinario, e de sombras porque todos temos un lado oculto. Sabes que é iso que levas pegado e camiña á túa beira? Abre o libro e descúbreo.
  • 2. AS AVENTURAS DO APALPADOR Nº2: O TESOUSO DOS MOUROS. Infantil - Autor: Fernando M. Cimadevila e José Angel Ares - ISBN: 978-84-939712-9-8 - Edita: Contos Estraños - Páxinas: 68 - PVP: 12 € A valente Noa, o elfo Din-Don e mais o seu amigo carboeiro o Apalpador emprenden unha nova aventura nas fragas do Courel, desta vez na procura do mítico tesouro dos mouros, que está agochado nalgures. Para o descubrir deberán superar as máis variadas probas e coñecerán toda clase de personaxes. Outros títulos da serie "As aventuras do Apalpador": Apalpador Vs Papá Noel. PLOF, HISTORIA DUN GLOBO Infantil. - Autor: Manuel González Fernández de Tejada e Xoana Álvarez Martín. - ISBN: 978-84-939712-5-0 - Editada: Contos Estraños - Páxinas: 64 - PVP: 15 € Que estás disposto a facer por un soño? Até onde serías quen de chegar?... Esta é a historia de Plof, un globo que soña con voar e viaxar polo mundo, descubrir novas terras e facer novos amigos. Un día ve o seu soño cumprido e comeza unha gran aventura. O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN: UN FARO NA ESCURIDADE. Fantasía. - Autor: Fernando M. Cimadevila e Ivan Valladares. - ISBN: 978-84-15699-17-0 - Edita: Urco - Páxinas: 368 - PVP: 18€ Existe un lugar perdido no profundo da noite, unha cidade secreta sen casas nin edificios, só tellados, azoteas, faiados e chemineas, bufardas, campanarios, torreóns... A Cidade dos Tellados non ten rúas, só pontes e pasarelas, tubaxes e escaleiras que sortean o nebuloso mundo que existe baixo a súa superficie. Un segredo, tan antigo como o propio mundo, ocúltase tras este labirinto insondábel, pero para descubrilo, o profesor Basilius Hoffman e o seu sobriño Peter deberán enfrontarse á máis profunda escuridade, aquela que habita no noso interior. Outros títulos da serie "O mundo secreto de Basilius Hoffman": O ladrón de soños. O ENIGMA DOS NOVE SEPULCROS Fantasía. - Autor: María Acosta Díaz - ISBN: 978-84-939554-5-8 - Edita: Urco - Páxinas: 448 - PVP: 18 € Un mozo da Coruña que percorría a Cidade Vella, atopa un sumidoiro aberto nunha calella e descende por el para pescudar. Unha porta pintada na parede dálle acceso a un mundo fantástico, mais estrañamente familiar. Este mozo Sen Nome, xunto co seu amigo Brains, pasará unha chea de aventuras polas terras de Gapsiq na procura da solución do Enigma dos Nove Sepulcros.
  • 3. MAGUMBA Fantasía humor. - Autor: Fabián Plaza Miranda. - ISBN: 978-84-939712-3-6 - Edita: Contos Estraños - Páxinas: 228 - PVP: 16 € Esta novela narra a viaxe iniciática dun aprendiz de xamán, acompañado polo seu mestre rosmón e a xornalista europea Jane por unha África moi particular. No seu periplo aparecerán personaxes tan estraños e dispares como Tartán o home mono e o seu chimpancé Chitón, o científico Frank N. Stein ou o sufridiño Angagua, o elefante: todos eles cun papel decisivo para lle axudar a recuperar o ídolo sacro da súa tribo. Saltando dunha situación cómica a outra, o pintoresco trío de exploradores percorre unha curiosa parodia do Continente Africano co obxectivo de recuperar o ídolo e restablecer o equilibrio cósmico. OS ABISMOS DA NOITE ETERNA VOL.1 "O MORADOR DA FENDA" Fantasía Épica. - Autor: Roberto A. Rodrigues - ISBN: 978-849397-12-4-3 - Edita: Contos Estraños - Páxinas: 308 - PVP: 16 € E chegou aquel aciago día no que a terra tremeu. Unha fenda abriuse de norte a sur, amosándolle o noso mundo a funesta ameaza que se agochaba soterrada nas profundidades das Terras de Alén do Muro, naquel deserto esquecido pola compaixón dos deuses ao que as xentes piadosas chamaban o Ermo. Aquela fenda abriu un abismo insondábel do que emanou a Esencia Escura, unha pútrida e pestilente substancia que deu forma á máis terrible das critaturas, un ser ao que ninguén osou pórlle nome, pero que todos coñeceron como o Morador da Fenda. O XOGO DE ENDER. Anticipación, Space-Opera. - Autor: Orson Scott Card. - ISBN: 978-84-938558-6-4 - Edita: Urco - Páxinas: 350 - PVP: 18 € A humanidade descobre que non está soa no universo no peor dos escenarios posíbeis: os abázcaros intentan, por dúas veces, conquistalos e aniquilalos e só a sorte e a intuición dun líder lendario logran salvala. En 2070 o medo a unha terceira invasión é omnipresente. Todos os países unidos baixo un único mando fan unha última aposta desesperada: comenzan a adestrar nenos para que defendan a Terra dos abázcaros, e Andrew Ender Wiggin, un destes pequenos soldados, pode ser a última esperanza da humanidade. O CLAN DOS LUPERCOS. Fantasía Épica. - Autor: William Morris. - ISBN: 978-15699-13-2 - Edita: Urco - Páxinas: 308 - PVP: 16 € William Morris, un dos creadores máis interesantes de finais do século XIX, relata unha historia trepidante na que o mundo dos humanos e dos deuses se mestura para dar lugar a un deses tempos míticos que os antigos deron en chamar idades dos heroes. Esta novela foi unha das principais inspiradoras de J.R.R. Tolkien, o mestre da fantasía heroica, para o seu O señor dos aneis, e agora sae do esquecemento para entrar de cheo na literatura galega.
  • 4. CONTOS ESTRAÑOS VOL.5 "VERBAS DE ATENEA" Relatos de Fantasía, Terror e Ci-Fi. - Autor: VV.AA - ISBN: 978-84-940935-3-1 - Edita: Contos Estraños - Páxinas: 176 - PVP: 12 € Relatos de fantasía, terror e ci-fi de autores galegos. Volume adicado as autoras que inclue os relatos: "O caso San Martiño"-Susana Martinez Otero, "Haec Sunt Nomina"-Ana García, "A cidade pura"- Beatriz Guerra, "A lenda dos Mariño"-Patricia Mariño, "O Ciclo"-Lúa Campos, "Baixo Terra"-Erica Couto, "Antía Dourado"-Maruxa Martinez, "A árbore das vagalumes"-Xulia María, "Brétema de cinza"-María Eijo. Novela: "Betsy Brown-2ª Parte"- Santiago Bergantinhos. "Roy Bernal"-2ª Parte"- Tomás González Ahola. Tradución: "Vampiro"- Emilia Pardo Bazán. Outros volumes da colección: BIBLIOTECA LOVECRAFT Toda mitoloxía ten uns alicerces e toda épica ten uns inicios, e o chamado «Ciclo de Cthulhu», polifonía estridente e impía que desafía toda cordura, non podía ser menos. Nesta biblioteca preséntanse as obras de H.P. Lovecraft nas que define este inmenso e complexo cosmos estarrecedor poboado das máis aberrantes entidades. "A chamada de Cthulu", "A sombra sobre Innsmouth", "Nas montañas da loucura", "A cousa no limiar", "O horror de Dunwich", "A sombra fora do tempo" ou os poemas impíos de "Fungos de Youggoth", son algúns dos títulos desta biblioteca que acabará por recoller toda a obra de Lovecraft, unha das mitoloxías máis importantes do século XX. Volumes publicados até o momento: