Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Teima home
1. A teima dun home
Estaba Ramiro un día vendo as noticias na súa casa, cando se deu conta de que o tempo
dende hai 30 anos cambiara a temperatura, subira bastante, todo por culpa do
quecemento global.
No 2012 Ramiro xa tiña 60 anos e deuse conta de que isto non podía seguir así, que a
situación do planeta tiña que cambiar.
Colleu o seu ordenador ¡canto avance!, xa sabia navegar por internet e buscou
información sobre o quecemento global. Averiguou moitas cousas como que nestes
anos subiu moito a temperatura media da terra por culpa do co2 que desprendían as
fabricas, coches... Ou que dentro duns anos a chuvia ácida destruiría mais do normal.
Por non falar do burato da capa de ozono, o que mais alporizaba a Ramiro. Resulta que
este burato deixaba pasar con velocidade os raios ultravioletas do sol, e tamén o efecto
invernadoiro que non deixaba saír os raios e quentaba planeta.
Ramiro con todo isto comezou a pensar en como paralo e acordouse de que tiñ una
amiga xornalista, Loli, que o que fixo publicar un artigo para que toda a xente do pobo
fora a recoller a lixo, limpar as praias, campos, usar máis transporte público, en vez de ir
no coche...
Grazas a isto a xente do pobo (que todos coñecían a Loli e fiábanse dela) comezaron a
facer todo o que dicía no artigo, porque todos tiñan fillos e non querían deixarlles un
mundo contaminado.
Ramiro, vendo como reaccionaba a xente no pobo enviou un artigo xunto con Loli a
xornais internacionais, pero a reacción non foi a mesma, se non que a xente ignorouno.
Ramiro enfadouse pero como era moi cabezón seguiu loitando polo que el cría. Entón
pensou e chegou a conclusión de que podía desenvolver a súa propia campaña de “ non
contaminar”. Lembrouse de que cando era rapaz os seus país sempre lle dicían que os
nenos eran o futuro e decidiu que esta campaña ía a ser para nenos, porque se os
concienzaba dende pequenos para que non contaminaran de maiores non o ían facer.
decidiu chamar a Pepa, a súa exmoza, a directora do colexio do pobo veciño. E
contoulle todas as súas ideas e sobre a campaña que estaba facendo, e preguntoulle se
podía dar unha conferencia no seu colexio. Pepa, contestou que si, e ademais fixo
encantada, pois ela opinaba o mesmo.
Pasada unha semana Ramiro acudiu ao colexio e deu a mellor conferencia que dera
nunca, e os nenos apoiárono e apuntáronse a formar parte da campaña que consistía en
contaminar o mínimo posible e así axudar ao medio ambiente.
Ao final Ramiro conseguiu que o apoiaran todo o seu pobo e os pobos veciños.
Reuniuse outra vez con Loli e volvéronlle a escribir os xornais internacionais, que outra
vez pasaron deles.
2. Ramiro non podía darse por vencido agora e seguiu por unha soa razón, a súa filla tivo
un fillo hai 2 semanas, e era o primeiro neto que tiña Ramiro e se a xente de agora
seguía contaminando, en que mundo ía vivir Raul o seu neto.
Ramiro seguiu investigando, pero nada, non había maneira de que se lle ocurrira nada
máis. Sentou no sofa do seu salón e... Ocorréuselle que tiña a solución diante del : a
televisión. Colleu o teléfono rapidamente e marcou o número de Conchi a que traballaba
na televisión. Chamouna e díxolle que podía axudalo pero que non lle prometía nada.
Dous días despois pasou polo pobo. Ao principio non lle interesaba nada pero a medida
que Ramiro lles contaba a súa historia os reporteiros quedaban máis sorprendidos, pois,
como un home de 60 anos podía preocuparse tanto polo planeta Terra? aínda que para o
ano no que o mundo comezase a sufrir efectos moi malos que se notaran mais que
agora. Esa foi unha das preguntas que lle fixeron e ramiro contestou así:
-pero e que non e que os efectos de contaminación vaian comezar dentro duns anos
senón que xa comezaron, e cada dia van a peor. E ademais se a Terra se destruía pola
contaminación onde vai vivir o ser humano?
Ramiro conseguiu convencelos, xunto co reto do mundo que deixou de contaminar para
ter un mellor presente e futuro. Pero o malo foi que 2 meses despois de recibir un
premio novel Ramiro faleceu dun cancro, e os cartos foron para que Raúl fora a
universidade.
As seguintes noticias nos xornais internacionais foron as seguintes:
“RAMIRO, UN VELLO TEIMUDO DUN POBO GALEGO, CONSEGUE CAMBIAR
O FUTURO DA TERRA PERSEGUINDO E LOITANDO POR UN MUNDO
MELLOR”