SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 5
Baixar para ler offline
PROPOSICIÓN DE LEI, POR INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR, SOBRE O USO DO
                                     LEXISLATIVA
     GALEGO POLAS ADMINISTRACIÓNS DE GALIZA E NO ÁMBITO DO ENSINO



                             EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

         Transcorrido máis dun cuarto de século desde a aprobación da Lei
3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, cómpre desenvolvela de xeito
sectorial para dar cumprimento efectivo aos seus preceptos referidos ás
Administracións públicas de Galiza na regulación dos seus usos lingüísticos en
cuestións fulcrais como o procedemento administrativo, a contratación
administrativa ou as axudas públicas.

         Por outra parte, a mesma Lei 3/1983, do 15 de xuño, indica que ao
remate do ensino obrigatorio se garantirá a igualdade de competencia lingüística
nos dous idiomas oficiais. Para conseguir este fin, e entanto o galego non sexa
lingua vehicular de todo o ensino na Galiza, faise preciso afondar no
desenvolvemento lexislativo dos preceptos da Lei de normalización lingüística
relativos ao ámbito educativo, cunha nova regulación legal de ámbito sectorial
sobre o uso e aprendizaxe do galego, que facilite o seu emprego de xeito
progresivo e xeneralizado en todos os niveis e graos non universitarios.

         Preténdese facer efectivos os dereitos lingüísticos do pobo galego, dando
cumprimento ao deber de fomento do uso do galego na vida pública para que a
nosa lingua propia acceda a ámbitos institucionais e privados dos que
tradicionalmente estivo excluída, nun momento en que a grave perda de falantes
aconsella a adopción de medidas urxentes con rango de lei formal, sen prexuízo
de desenvolvementos futuros máis ambiciosos para a normalización plena da
nosa lingua nacional.

        As medidas aprobadas recollen igualmente os compromisos
internacionais derivados da Carta europea de linguas rexionais e minoritarias de
1992, ratificada polo Estado español en 2001, e o acordo unánime do Parlamento
de Galiza polo que se aproba en 2004 o Plan xeral de normalización da lingua
galega.

                                     TÍTULO I.
SOBRE O USO DO GALEGO COMO LINGUA OFICIAL DAS ADMINISTRACIÓNS DE GALIZA
                           LINGUA

Artigo 1. A lingua das Administracións de Galiza.

          1. A Xunta de Galiza e os seus organismos autónomos; as
administracións locais; as universidades públicas; as corporacións públicas; as
institucións, entidades e empresas públicas, calquera que sexa a súa forma
xurídica de personificación; así como os concesionarios dos seus servizos deben
utilizar o galego nas súas actuacións internas e na relación entre eles. Tamén o
utilizarán nas comunicacións e notificacións dirixidas ás persoas físicas ou
xurídicas residentes en Galiza e na atención cotiá, oral e escrita aos cidadáns e
cidadás, sen prexuízo do dereito destes á atención na lingua oficial da súa escolla,
se o solicitaren.




                                                                                  1
2. O Goberno Galego, as administración locais e as universidades
públicas regularán, mediante disposicións regulamentarias, o uso do galego como
lingua oficial nas actividades administrativas de todas as dependencias
administrativas, órganos e entes da súa competencia.

Artigo 2. Os procedementos administrativos.

        1.Nos procedementos administrativos tramitados pola Xunta de Galiza e
os seus organismos autónomos, polas corporacións locais e polas demais
Administracións de Galiza debe utilizarse o galego, sen prexuízo do dereito dos
cidadáns e cidadás a presentaren documentos, faceren manifestacións e, se o
solicitan, recibiren notificacións en castelán.

       2. As comunicacións e notificacións dirixidas a persoas físicas galegas
residentes fóra do ámbito lingüístico galego e ás organizacións das colectividades
galegas de fóra da Comunidade Autónoma Galega faranse en lingua galega, sen
prexuízo do dereito dos cidadáns a recibilas en castelán se asi o solicitaren.

                                                           das
Artigo 3. A capacitación lingüística do persoal ao servizo das Administracións de
Galiza.

         1. O persoal ao servizo das Administracións públicas, as universidades e
os organismos, institucións e corporacións públicas de Galiza debe ter un nivel de
coñecemento suficiente da lingua galega, tanto na expresión oral como na
escrita, para dar cumprimento á normalización do idioma galego e para garantir
o dereito dos cidadáns e cidadás ao uso da lingua propia de Galiza nas relacións
coa Administración.

         2. No acceso ao emprego público na Administracións públicas, as
universidades e os organismos, institucións e corporacións públicas de Galiza
debe acreditarse o coñecemento da lingua galega, tanto na expresión oral como
na escrita, no nivel acaído para o desempeño das funcións propias dos postos de
traballo. Para estes efectos, as bases das convocatorias estabelecerán que unha
ou máis das probas do proceso selectivo haberán de se realizar exclusivamente en
galego, sen prexuízo das probas adicionais que puideran preverse para aqueles
postos que requiran un especial coñecemento da lingua galega.

Artigo 4. A contratación administrativa e as axudas públicas.

        1. Os contratos administrativos e as axudas públicas deberán producir
un aumento efectivo da presenza do galego na entidade receptora. Os baremos
aplicábeis á adxudicación recollerán este obxectivo, cuxo cumprimento será
avaliado periodicamente.

         2. Os pregos de contratación das Administracións de Galiza incluirán
previsións para garantir que os documentos administrativos e técnicos que teñan
que achegar as empresas concesionarias e contratistas da Administración deban
estar, cando menos, en lingua galega.

        3. As empresas concesionarias de servizos públicos están suxeitas aos
mesmos usos lingüísticos que as Administracións de Galiza nas súas relacións cos
cidadáns e cidadás, debendo garantir os dereitos lingüísticos e dispor da



                                                                                2
documentación contractual, recibos e información aos usuarios cando menos en
lingua galega.


       5.                     galego
Artigo 5. O fomento do uso do galego na Administración de Xustiza e nas
notarías.
notarías.

          1. A Xunta de Galiza, en colaboración co Ministerio de Xustiza, elaborará
un programa de normalización específico, para o ámbito da Xustiza. Este
programa garantirá a formación sobre o réxime xurídico do uso das linguas
oficiais e incorporará obxectivos de capacitación lingüística.

         2. A Xunta de Galiza garantirá a existencia de versións en galego de
todos os programas informáticos de xestión e formularios de uso cotián, asi como
a súa presenza en todos os órganos xudiciais de Galiza.

        3. Promoverase que en todas as xestorías, escritorios de avogados e
procuradorías de Galiza existan indicacións en relación co dereito dos cidadáns e
cidadás a que os documentos se redacten en lingua galega sen custos
suplementarios nin demoras na atención.

              4. A Xunta de Galiza garantirá nas notarías a tramitación e
atención en galego nos procedementos da súa competencia.




                                    TÍTULO II.
                 SOBRE O USO DO GALEGO NO ÁMBITO DO ENSINO

Artigo 6. O uso da lingua galega na Administración educativa.
       6.

       1. A Administración educativa de Galiza, os centros de ensino
dependentes dela e o persoal ao seu servizo utilizarán a lingua galega .

         2. As actuacións administrativas de réxime interno dos centros docentes,
como actas, comunicados e anuncios, redactaranse en galego, agás o referido a
comunicacións con outras comunidades autónomas e cos órganos da
Administración do Estado, radicados fóra da comunidade autónoma, nas que se
utilizará o castelán.

Artigo 7. O horario do ensino en lingua galega.
       7.

        1. Nas ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de
educación, o número de horas dedicadas ao ensino en galego será, como mínimo, o
cincuenta por cento do horario lectivo, nos termos establecidos para cada etapa
educativa no Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado polo
Parlamento de Galiza o 21 de setembro de 2004 (BOPG nº 622, do 7 de setembro).

         2. Na etapa de educación infantil, o profesorado usará nas aulas a lingua
inicial predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno e
coidará de que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da



                                                                                 3
outra lingua oficial de Galiza, dentro dos límites propios da correspondente etapa
ou ciclo. No caso de contornos castelán falantes, a utilización nesta etapa da
lingua galega como lingua de comunicación e ensinanza será, como mínimo, igual
á da lingua castelá. Fomentarase a adquisición progresiva da lectura e da escrita
en galego, no sentido de que este se convirta no idioma base da aprendizaxe, de
xeito que o alumnado obteña unha competencia que lle permita comunicarse
normalmente en galego co alumnado e o profesorado.
         3. A Administración educativa impulsará e recoñecerá ao profesorado as
iniciativas pedagóxicas e proxectos educativos tendentes a estender o número de
materias e horario a impartir en galego por riba das fixadas con carácter de
mínimo de dereito necesario.

Artigo 8. Os materiais e recursos para o fomento do uso do galego no ensino.
       8.    materiais

     1. Nas áreas, materias ou módulos impartidos en lingua galega, o
alumnado utilizará, con carácter xeral, o galego nas manifestacións oral e escrita.

        2. Os materiais que se empreguen nas áreas, materias ou módulos aos que
se refire o parágrafo anterior estarán escritos en galego e inseridos na realidade
de Galiza. Con este fin, a Administración educativa fomentará a elaboración e
publicación dos materiais curriculares correspondentes.

         3. A consellaría competente en materia de educación impulsará os
equipos de dinamización e normalización lingüística en todos os centros
educativos, dotándoos de recursos económicos suficientes ao inicio de cada curso
escolar, promovendo a coordinación das súas actividades, fornecéndolles apoio
técnico e formativo e facilitando aos seus membros a redución de carga lectiva
necesaria para a realización das súas funcións.

      4. A Xunta de Galiza dispensará a formación inicial e permanente ao
conxunto do profesorado, dentro do horario lectivo, a fin de que adquira a
competencia necesaria para desenvolver totalmente a docencia en galego.

        5. A Administración educativa avaliará periodicamente a competencia
lingüística do alumnado e adoptará as medidas precisas para que os programas
de estudo garantan un coñecemento igual das linguas oficiais nos diferentes
niveis de ensino.

Artigo. 9. O uso do galego no ensino universitario.
        9.

A Xunta de Galiza promoverá o uso da lingua galega nas Universidades galegas
co obxectivo de que a oferta docente universitaria inclua o galego como lingua
vehicular, tanto nas Faculdades como nas Escolas ou calquera outros centros
universitarios. Para iso, de común acordo coas tres Universidades galegas,
ofertaranse aulas e cursos que funcionen integramente en galego, nomeadamente
naquelas especialidades e áreas de coñecemento que teñen a ver directamente
coa formación de futuros profesionais do ensino infantil e do ensino primario e
secundario.


                              Disposición Adicional




                                                                                 4
A Xunta de Galiza adopta e asume como seus os textos da “Carta Europea das
Linguas Rexionais e Minoritarias” (1992), aprobada e ratificada polo Estado
español, e mais a “Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos” (1996),
aprobada polo Congreso dos Deputados e polo Parlamento Galego. A Xunta de
Galiza vincúlase ao cumprimento das disposicións que estas Cartas prevén para
que os poderes públicos garantan o exercicio dos dereitos lingüísticos que
contemplan, dentro do recoñecemento dos principios da pluralidade e de respecto
á diversidade e á multiculturalidade que recolle a Unión Europea.

                          Disposición derrogatoria única

        Fican derrogadas cantas disposicións, de igual ou inferior rango, se
opoñan ao disposto nesta Lei.

                            Disposicións derradeiras

Primeira. Habilitación.

        Autorízase á Xunta de Galiza a ditar as normas regulamentarias que
procedan para o desenvolvemento e execución desta Lei.

Segunda. Entrada en vigor.

        A presente Lei entrará en vigor no día seguinte á súa publicación
no Diario Oficial de Galicia.




                                                                             5

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Políticas lingüísticas emerxentes en Galicia
Políticas lingüísticas emerxentes en GaliciaPolíticas lingüísticas emerxentes en Galicia
Políticas lingüísticas emerxentes en GaliciaAnxo Lorenzo
 
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...Coordinadora Galega ENDL
 
X Aniversario do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega
X Aniversario do Plan Xeral de Normalización da Lingua GalegaX Aniversario do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega
X Aniversario do Plan Xeral de Normalización da Lingua GalegaTabeirosmontes
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticanoagaliza
 
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019satelite1
 
finssec XX
finssec XXfinssec XX
finssec XXxenevra
 
Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020satelite1
 
Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020satelite1
 
100111 D Conv Axufomgalego Centpub
100111 D Conv Axufomgalego Centpub100111 D Conv Axufomgalego Centpub
100111 D Conv Axufomgalego Centpubcenlf
 
Idade e comportamentos sociolingüísticos en Galicia
Idade e comportamentos sociolingüísticos en GaliciaIdade e comportamentos sociolingüísticos en Galicia
Idade e comportamentos sociolingüísticos en GaliciaAnxo Lorenzo
 
O concepto de dinamización e o papel do dinamizador(a) lingüístico
O concepto de dinamización e o papel do dinamizador(a) lingüísticoO concepto de dinamización e o papel do dinamizador(a) lingüístico
O concepto de dinamización e o papel do dinamizador(a) lingüísticoAnxo Lorenzo
 
O plan xeral de normalización lingüística na educación
O plan xeral de normalización lingüística na educaciónO plan xeral de normalización lingüística na educación
O plan xeral de normalización lingüística na educaciónCibrán Arxibai Queiruga
 
O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxeMarlou
 
Lingua galega e medios de comunicación
Lingua galega e medios de comunicaciónLingua galega e medios de comunicación
Lingua galega e medios de comunicaciónAnxo Lorenzo
 

Mais procurados (16)

Políticas lingüísticas emerxentes en Galicia
Políticas lingüísticas emerxentes en GaliciaPolíticas lingüísticas emerxentes en Galicia
Políticas lingüísticas emerxentes en Galicia
 
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
 
X Aniversario do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega
X Aniversario do Plan Xeral de Normalización da Lingua GalegaX Aniversario do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega
X Aniversario do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
 
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
 
finssec XX
finssec XXfinssec XX
finssec XX
 
Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020
 
Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020
 
100111 D Conv Axufomgalego Centpub
100111 D Conv Axufomgalego Centpub100111 D Conv Axufomgalego Centpub
100111 D Conv Axufomgalego Centpub
 
Idade e comportamentos sociolingüísticos en Galicia
Idade e comportamentos sociolingüísticos en GaliciaIdade e comportamentos sociolingüísticos en Galicia
Idade e comportamentos sociolingüísticos en Galicia
 
O concepto de dinamización e o papel do dinamizador(a) lingüístico
O concepto de dinamización e o papel do dinamizador(a) lingüísticoO concepto de dinamización e o papel do dinamizador(a) lingüístico
O concepto de dinamización e o papel do dinamizador(a) lingüístico
 
Galego 1975 Hoxe
Galego 1975 HoxeGalego 1975 Hoxe
Galego 1975 Hoxe
 
O plan xeral de normalización lingüística na educación
O plan xeral de normalización lingüística na educaciónO plan xeral de normalización lingüística na educación
O plan xeral de normalización lingüística na educación
 
O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxe
 
Lingua galega e medios de comunicación
Lingua galega e medios de comunicaciónLingua galega e medios de comunicación
Lingua galega e medios de comunicación
 
Galego 1975 hoxe
Galego 1975 hoxeGalego 1975 hoxe
Galego 1975 hoxe
 

Destaque (20)

Cig informa sentenza
Cig informa sentenzaCig informa sentenza
Cig informa sentenza
 
Interactuando con KEMS
Interactuando con KEMSInteractuando con KEMS
Interactuando con KEMS
 
Reggaetón
ReggaetónReggaetón
Reggaetón
 
Segundo A escribe historias
Segundo A escribe historiasSegundo A escribe historias
Segundo A escribe historias
 
Impresion del avance
Impresion del avanceImpresion del avance
Impresion del avance
 
Journal Guidelines
Journal GuidelinesJournal Guidelines
Journal Guidelines
 
Stalking espanol
Stalking espanolStalking espanol
Stalking espanol
 
Aprir info service 39
Aprir info service 39Aprir info service 39
Aprir info service 39
 
The house that jack built
The house that jack builtThe house that jack built
The house that jack built
 
Puritan Hymnal
Puritan HymnalPuritan Hymnal
Puritan Hymnal
 
Unite1 Destek Sistemi
Unite1 Destek SistemiUnite1 Destek Sistemi
Unite1 Destek Sistemi
 
Ova
OvaOva
Ova
 
Palancas
PalancasPalancas
Palancas
 
Tam tam mini
Tam tam mini Tam tam mini
Tam tam mini
 
Aprendizaje por Proyectos y Concurso profe XO
Aprendizaje por Proyectos y Concurso profe XOAprendizaje por Proyectos y Concurso profe XO
Aprendizaje por Proyectos y Concurso profe XO
 
Llegan las XO al 30
Llegan las XO al 30Llegan las XO al 30
Llegan las XO al 30
 
E learning ict4-d_presentation
E learning ict4-d_presentationE learning ict4-d_presentation
E learning ict4-d_presentation
 
Research Proposal
Research Proposal Research Proposal
Research Proposal
 
Voleibol Sofia 6ºB nov-2013
Voleibol Sofia 6ºB nov-2013Voleibol Sofia 6ºB nov-2013
Voleibol Sofia 6ºB nov-2013
 
Mery Minango
Mery MinangoMery Minango
Mery Minango
 

Semelhante a Texto Definitivo Da Iniciativa

150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decretocenlf
 
Power Point (NormalizacióN Linguistica)
Power Point (NormalizacióN Linguistica)Power Point (NormalizacióN Linguistica)
Power Point (NormalizacióN Linguistica)guestf02e2e
 
ILP Queremos Galego
ILP Queremos GalegoILP Queremos Galego
ILP Queremos Galegocenlf
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XXxenevra
 
Analise Bases Rag 16 01 2010
Analise Bases Rag 16 01 2010Analise Bases Rag 16 01 2010
Analise Bases Rag 16 01 2010cenlf
 
Despedida do blog
Despedida do blogDespedida do blog
Despedida do blogcenlf
 
Queremos Galego2
Queremos Galego2Queremos Galego2
Queremos Galego2guest169558
 
Queremos Galego2
Queremos Galego2Queremos Galego2
Queremos Galego2guest169558
 
Cig informa queremos galego2
Cig informa   queremos galego2Cig informa   queremos galego2
Cig informa queremos galego2cenlf
 
Ditame Do C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
Ditame Do  C C G Sobre O Decretazo Contra O GalegoDitame Do  C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
Ditame Do C C G Sobre O Decretazo Contra O GalegoSanti P
 
Ditame Ccg Bases Decreto
Ditame Ccg Bases DecretoDitame Ccg Bases Decreto
Ditame Ccg Bases Decretocenlf
 
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfPROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfDiana Sánchez
 
A nosa lexislación lingüística
A nosa lexislación lingüísticaA nosa lexislación lingüística
A nosa lexislación lingüísticaDrodisha
 
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas ZasA Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas ZasRomán Landín
 
Ordenanza galego concello de ferrol
Ordenanza galego concello de ferrolOrdenanza galego concello de ferrol
Ordenanza galego concello de ferrolSanti P
 
Análise da política lingüística presente nos programas electorais nas elecció...
Análise da política lingüística presente nos programas electorais nas elecció...Análise da política lingüística presente nos programas electorais nas elecció...
Análise da política lingüística presente nos programas electorais nas elecció...Santi P
 

Semelhante a Texto Definitivo Da Iniciativa (19)

150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 
Power Point (NormalizacióN Linguistica)
Power Point (NormalizacióN Linguistica)Power Point (NormalizacióN Linguistica)
Power Point (NormalizacióN Linguistica)
 
ILP Queremos Galego
ILP Queremos GalegoILP Queremos Galego
ILP Queremos Galego
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
 
Proxecto linguistico pedrafita 2019
Proxecto linguistico pedrafita 2019Proxecto linguistico pedrafita 2019
Proxecto linguistico pedrafita 2019
 
Analise Bases Rag 16 01 2010
Analise Bases Rag 16 01 2010Analise Bases Rag 16 01 2010
Analise Bases Rag 16 01 2010
 
Despedida do blog
Despedida do blogDespedida do blog
Despedida do blog
 
Queremos Galego2
Queremos Galego2Queremos Galego2
Queremos Galego2
 
Queremos Galego2
Queremos Galego2Queremos Galego2
Queremos Galego2
 
Cig informa queremos galego2
Cig informa   queremos galego2Cig informa   queremos galego2
Cig informa queremos galego2
 
Ditame Do C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
Ditame Do  C C G Sobre O Decretazo Contra O GalegoDitame Do  C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
Ditame Do C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
 
Ditame Ccg Bases Decreto
Ditame Ccg Bases DecretoDitame Ccg Bases Decreto
Ditame Ccg Bases Decreto
 
Normalizacion
NormalizacionNormalizacion
Normalizacion
 
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfPROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
 
A nosa lexislación lingüística
A nosa lexislación lingüísticaA nosa lexislación lingüística
A nosa lexislación lingüística
 
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas ZasA Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
 
Ordenanza galego concello de ferrol
Ordenanza galego concello de ferrolOrdenanza galego concello de ferrol
Ordenanza galego concello de ferrol
 
Análise da política lingüística presente nos programas electorais nas elecció...
Análise da política lingüística presente nos programas electorais nas elecció...Análise da política lingüística presente nos programas electorais nas elecció...
Análise da política lingüística presente nos programas electorais nas elecció...
 

Mais de cenlf

Actividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdfActividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdfcenlf
 
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - CartazPOESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - Cartazcenlf
 
Teatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdfTeatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdfcenlf
 
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdfMODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdfcenlf
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdfcenlf
 
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas   2023 Certamee literario.pdfbases especifcas   2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdfcenlf
 
poemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfpoemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfcenlf
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfcenlf
 
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASEScenlf
 
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela LoureiroBases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureirocenlf
 
Poemas 2022
Poemas 2022Poemas 2022
Poemas 2022cenlf
 
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e ImaxeRegulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxecenlf
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureirocenlf
 
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: BasesXXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Basescenlf
 
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": PoemasXXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemascenlf
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureirocenlf
 
Bases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxeBases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxecenlf
 
Poemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtroPoemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtrocenlf
 
Poemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtroPoemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtrocenlf
 
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROPoemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROcenlf
 

Mais de cenlf (20)

Actividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdfActividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdf
 
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - CartazPOESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
 
Teatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdfTeatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdf
 
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdfMODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdf
 
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas   2023 Certamee literario.pdfbases especifcas   2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
 
poemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfpoemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdf
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
 
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela LoureiroBases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
 
Poemas 2022
Poemas 2022Poemas 2022
Poemas 2022
 
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e ImaxeRegulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureiro
 
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: BasesXXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
 
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": PoemasXXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureiro
 
Bases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxeBases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxe
 
Poemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtroPoemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtro
 
Poemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtroPoemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtro
 
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROPoemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
 

Texto Definitivo Da Iniciativa

  • 1. PROPOSICIÓN DE LEI, POR INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR, SOBRE O USO DO LEXISLATIVA GALEGO POLAS ADMINISTRACIÓNS DE GALIZA E NO ÁMBITO DO ENSINO EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Transcorrido máis dun cuarto de século desde a aprobación da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, cómpre desenvolvela de xeito sectorial para dar cumprimento efectivo aos seus preceptos referidos ás Administracións públicas de Galiza na regulación dos seus usos lingüísticos en cuestións fulcrais como o procedemento administrativo, a contratación administrativa ou as axudas públicas. Por outra parte, a mesma Lei 3/1983, do 15 de xuño, indica que ao remate do ensino obrigatorio se garantirá a igualdade de competencia lingüística nos dous idiomas oficiais. Para conseguir este fin, e entanto o galego non sexa lingua vehicular de todo o ensino na Galiza, faise preciso afondar no desenvolvemento lexislativo dos preceptos da Lei de normalización lingüística relativos ao ámbito educativo, cunha nova regulación legal de ámbito sectorial sobre o uso e aprendizaxe do galego, que facilite o seu emprego de xeito progresivo e xeneralizado en todos os niveis e graos non universitarios. Preténdese facer efectivos os dereitos lingüísticos do pobo galego, dando cumprimento ao deber de fomento do uso do galego na vida pública para que a nosa lingua propia acceda a ámbitos institucionais e privados dos que tradicionalmente estivo excluída, nun momento en que a grave perda de falantes aconsella a adopción de medidas urxentes con rango de lei formal, sen prexuízo de desenvolvementos futuros máis ambiciosos para a normalización plena da nosa lingua nacional. As medidas aprobadas recollen igualmente os compromisos internacionais derivados da Carta europea de linguas rexionais e minoritarias de 1992, ratificada polo Estado español en 2001, e o acordo unánime do Parlamento de Galiza polo que se aproba en 2004 o Plan xeral de normalización da lingua galega. TÍTULO I. SOBRE O USO DO GALEGO COMO LINGUA OFICIAL DAS ADMINISTRACIÓNS DE GALIZA LINGUA Artigo 1. A lingua das Administracións de Galiza. 1. A Xunta de Galiza e os seus organismos autónomos; as administracións locais; as universidades públicas; as corporacións públicas; as institucións, entidades e empresas públicas, calquera que sexa a súa forma xurídica de personificación; así como os concesionarios dos seus servizos deben utilizar o galego nas súas actuacións internas e na relación entre eles. Tamén o utilizarán nas comunicacións e notificacións dirixidas ás persoas físicas ou xurídicas residentes en Galiza e na atención cotiá, oral e escrita aos cidadáns e cidadás, sen prexuízo do dereito destes á atención na lingua oficial da súa escolla, se o solicitaren. 1
  • 2. 2. O Goberno Galego, as administración locais e as universidades públicas regularán, mediante disposicións regulamentarias, o uso do galego como lingua oficial nas actividades administrativas de todas as dependencias administrativas, órganos e entes da súa competencia. Artigo 2. Os procedementos administrativos. 1.Nos procedementos administrativos tramitados pola Xunta de Galiza e os seus organismos autónomos, polas corporacións locais e polas demais Administracións de Galiza debe utilizarse o galego, sen prexuízo do dereito dos cidadáns e cidadás a presentaren documentos, faceren manifestacións e, se o solicitan, recibiren notificacións en castelán. 2. As comunicacións e notificacións dirixidas a persoas físicas galegas residentes fóra do ámbito lingüístico galego e ás organizacións das colectividades galegas de fóra da Comunidade Autónoma Galega faranse en lingua galega, sen prexuízo do dereito dos cidadáns a recibilas en castelán se asi o solicitaren. das Artigo 3. A capacitación lingüística do persoal ao servizo das Administracións de Galiza. 1. O persoal ao servizo das Administracións públicas, as universidades e os organismos, institucións e corporacións públicas de Galiza debe ter un nivel de coñecemento suficiente da lingua galega, tanto na expresión oral como na escrita, para dar cumprimento á normalización do idioma galego e para garantir o dereito dos cidadáns e cidadás ao uso da lingua propia de Galiza nas relacións coa Administración. 2. No acceso ao emprego público na Administracións públicas, as universidades e os organismos, institucións e corporacións públicas de Galiza debe acreditarse o coñecemento da lingua galega, tanto na expresión oral como na escrita, no nivel acaído para o desempeño das funcións propias dos postos de traballo. Para estes efectos, as bases das convocatorias estabelecerán que unha ou máis das probas do proceso selectivo haberán de se realizar exclusivamente en galego, sen prexuízo das probas adicionais que puideran preverse para aqueles postos que requiran un especial coñecemento da lingua galega. Artigo 4. A contratación administrativa e as axudas públicas. 1. Os contratos administrativos e as axudas públicas deberán producir un aumento efectivo da presenza do galego na entidade receptora. Os baremos aplicábeis á adxudicación recollerán este obxectivo, cuxo cumprimento será avaliado periodicamente. 2. Os pregos de contratación das Administracións de Galiza incluirán previsións para garantir que os documentos administrativos e técnicos que teñan que achegar as empresas concesionarias e contratistas da Administración deban estar, cando menos, en lingua galega. 3. As empresas concesionarias de servizos públicos están suxeitas aos mesmos usos lingüísticos que as Administracións de Galiza nas súas relacións cos cidadáns e cidadás, debendo garantir os dereitos lingüísticos e dispor da 2
  • 3. documentación contractual, recibos e información aos usuarios cando menos en lingua galega. 5. galego Artigo 5. O fomento do uso do galego na Administración de Xustiza e nas notarías. notarías. 1. A Xunta de Galiza, en colaboración co Ministerio de Xustiza, elaborará un programa de normalización específico, para o ámbito da Xustiza. Este programa garantirá a formación sobre o réxime xurídico do uso das linguas oficiais e incorporará obxectivos de capacitación lingüística. 2. A Xunta de Galiza garantirá a existencia de versións en galego de todos os programas informáticos de xestión e formularios de uso cotián, asi como a súa presenza en todos os órganos xudiciais de Galiza. 3. Promoverase que en todas as xestorías, escritorios de avogados e procuradorías de Galiza existan indicacións en relación co dereito dos cidadáns e cidadás a que os documentos se redacten en lingua galega sen custos suplementarios nin demoras na atención. 4. A Xunta de Galiza garantirá nas notarías a tramitación e atención en galego nos procedementos da súa competencia. TÍTULO II. SOBRE O USO DO GALEGO NO ÁMBITO DO ENSINO Artigo 6. O uso da lingua galega na Administración educativa. 6. 1. A Administración educativa de Galiza, os centros de ensino dependentes dela e o persoal ao seu servizo utilizarán a lingua galega . 2. As actuacións administrativas de réxime interno dos centros docentes, como actas, comunicados e anuncios, redactaranse en galego, agás o referido a comunicacións con outras comunidades autónomas e cos órganos da Administración do Estado, radicados fóra da comunidade autónoma, nas que se utilizará o castelán. Artigo 7. O horario do ensino en lingua galega. 7. 1. Nas ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o número de horas dedicadas ao ensino en galego será, como mínimo, o cincuenta por cento do horario lectivo, nos termos establecidos para cada etapa educativa no Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado polo Parlamento de Galiza o 21 de setembro de 2004 (BOPG nº 622, do 7 de setembro). 2. Na etapa de educación infantil, o profesorado usará nas aulas a lingua inicial predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno e coidará de que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da 3
  • 4. outra lingua oficial de Galiza, dentro dos límites propios da correspondente etapa ou ciclo. No caso de contornos castelán falantes, a utilización nesta etapa da lingua galega como lingua de comunicación e ensinanza será, como mínimo, igual á da lingua castelá. Fomentarase a adquisición progresiva da lectura e da escrita en galego, no sentido de que este se convirta no idioma base da aprendizaxe, de xeito que o alumnado obteña unha competencia que lle permita comunicarse normalmente en galego co alumnado e o profesorado. 3. A Administración educativa impulsará e recoñecerá ao profesorado as iniciativas pedagóxicas e proxectos educativos tendentes a estender o número de materias e horario a impartir en galego por riba das fixadas con carácter de mínimo de dereito necesario. Artigo 8. Os materiais e recursos para o fomento do uso do galego no ensino. 8. materiais 1. Nas áreas, materias ou módulos impartidos en lingua galega, o alumnado utilizará, con carácter xeral, o galego nas manifestacións oral e escrita. 2. Os materiais que se empreguen nas áreas, materias ou módulos aos que se refire o parágrafo anterior estarán escritos en galego e inseridos na realidade de Galiza. Con este fin, a Administración educativa fomentará a elaboración e publicación dos materiais curriculares correspondentes. 3. A consellaría competente en materia de educación impulsará os equipos de dinamización e normalización lingüística en todos os centros educativos, dotándoos de recursos económicos suficientes ao inicio de cada curso escolar, promovendo a coordinación das súas actividades, fornecéndolles apoio técnico e formativo e facilitando aos seus membros a redución de carga lectiva necesaria para a realización das súas funcións. 4. A Xunta de Galiza dispensará a formación inicial e permanente ao conxunto do profesorado, dentro do horario lectivo, a fin de que adquira a competencia necesaria para desenvolver totalmente a docencia en galego. 5. A Administración educativa avaliará periodicamente a competencia lingüística do alumnado e adoptará as medidas precisas para que os programas de estudo garantan un coñecemento igual das linguas oficiais nos diferentes niveis de ensino. Artigo. 9. O uso do galego no ensino universitario. 9. A Xunta de Galiza promoverá o uso da lingua galega nas Universidades galegas co obxectivo de que a oferta docente universitaria inclua o galego como lingua vehicular, tanto nas Faculdades como nas Escolas ou calquera outros centros universitarios. Para iso, de común acordo coas tres Universidades galegas, ofertaranse aulas e cursos que funcionen integramente en galego, nomeadamente naquelas especialidades e áreas de coñecemento que teñen a ver directamente coa formación de futuros profesionais do ensino infantil e do ensino primario e secundario. Disposición Adicional 4
  • 5. A Xunta de Galiza adopta e asume como seus os textos da “Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias” (1992), aprobada e ratificada polo Estado español, e mais a “Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos” (1996), aprobada polo Congreso dos Deputados e polo Parlamento Galego. A Xunta de Galiza vincúlase ao cumprimento das disposicións que estas Cartas prevén para que os poderes públicos garantan o exercicio dos dereitos lingüísticos que contemplan, dentro do recoñecemento dos principios da pluralidade e de respecto á diversidade e á multiculturalidade que recolle a Unión Europea. Disposición derrogatoria única Fican derrogadas cantas disposicións, de igual ou inferior rango, se opoñan ao disposto nesta Lei. Disposicións derradeiras Primeira. Habilitación. Autorízase á Xunta de Galiza a ditar as normas regulamentarias que procedan para o desenvolvemento e execución desta Lei. Segunda. Entrada en vigor. A presente Lei entrará en vigor no día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia. 5