Selección de poemas sobre a infancia. Autores: Manuel María, Álvarez Blázquez, Luis Pimentel, Neira Vilas / Anisia Miranda, García Teijeiro, Rosalía de Castro.
Para imprimir en formato libro.
2. NA TARDIÑA
Na tardiña morna
de ridente sol,
o vello velliño
ledo e falador,
xúntase cos nenos
sobre o pontillón
pra contar historias
que a el lle contou
hai tempo de tempos
o seu vello avó.
Os nenos escoitan
atentos a voz
do amigo velliño;
e segundo o ton
vanse pondo serios
ou rin a cachón
cos ditos chusqueiros
dese amigo bo.
3. A tardiña acaba
cando foxe o sol
e cadaquén vaise
por onde chegou,
mentres oscurece
sobre o pontillón
“Cantarolas”-Xosé Neira Vilas/Anisia Miranda
Edicións Xerais de Galicia
4. Meu avó mercou unha barca
de madeira de bidueiro.
Botámola no estanque
onde se refuxia o ceo.
A barca non leva remos,
nin velas, nin mariñeiros.
Lévana ventos de escuma,
alegres titiriteiros.
Nas augas voga esta barca
de madeira de bidueiro,
a barca chea de vida
do meu avó mariñeiro.
6. A boneca
A neniña está cosendo
un fermoso manteliño.
¡Dá puntadas e puntadas
nun branco anaco de liño!
¡A neniña está cosendo
un fermoso manteliño.
¡Da puntadas e puntadas
nun branco anaco de liño!
A boneca é unha espiga
de máiz, con pelo loiro.
¡A boneca hai que vestila
que non pode andar en coiro!
A neniña é moi probiña.
¡Cose, cose no ourelo,
á boneca hai que poñerlle
o seu fermoso mantelo…!
¡A boneca é moi fermosa,
máis fermosa non a hai!
¡A boneca fai de filla
e a neniña fai de nai…!
7. A roda-roda
Están en corro as neniñas
formando unha roda-roda.
E cantan esta canción
que nunca pasa de moda:
- Polo fondo do mar,
matarilerile;
polo fondo do mar,
matarilerón
vai voando unha sardiña
cunhas alas de latón.
Están no corro as neniñas,
roda que te rodarás.
Están no corro as neniñas
cantando ó mesmo compás:
- Polo fondo do mar,
matarilerile;
polo fondo do mar,
matarilerón
vai voando unha sardiña
e nadando un avión.
“Os soños na gaiola”-Manuel María
Edicións Xerais de Galicia
8. Vente, rapaza,
vente, meniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.
Vente, Minguiño,
Minguiño, vente;
douche, senón
polo demo do dente.
¡Que auga tan limpa!
¡Qué rica frescura!
Vente a lavar,
que é un primor, criatura.
Válgame Deus,
que se auguiña n-houbera,
lama este corpo
mortal se volverá.
Vinde a lavarvos,
andá lixeiriños,
a cara pirmeiro,
dempois o peíños.
¡Ai!, ¡qué meniña!
¡Que nena preciosa!
Dempois de lavada
parece unha rosa.
E este meniño
que teño no colo,
dempois de lavado
parece un repolo.
9. ¡Ai!, ¡qué tan cuco!
¡Ai!, ¡qué santiño!
Ven aos meus brazos,
dareiche un biquiño.
¡Olliños de groria!
¡Cariña de meiga!
¡Apértame ben,
corazón de manteiga!
Corre, corre,
a que Antona te peite;
corre, darache
unha cunca de leite.
Corre, corre
a teu pai, Mariquiña,
que come cebola
con pan e sardiña.
ROSALÍA DE CASTRO
“O libro dos cen poemas”
Xosé Mª Álvarez Cáccamo/Marisa Núñez
Editorial Espiral Maior
10.
11. VAI A MENIÑA
Pola beira do río
vai a meniña,
ollando sobre a auga
a súa cariña.
Leva un cesto pequeño
feituco, alegre,
para coller margaridas
e chuchameles.
Unha ra brincadeira
chouta na herba
e batuxa e ranfiña
diante da nena
Mentres o río longo
roxe e cavila,
leda coma un parrulo
vai a meniña.
“Cantarolas”-Xosé Neira Vilas/Anisia Miranda
Edicións Xerais de Galicia
12. Que si, si,
un día de xullo nacín.
Que non, non,
un día de xullo, non, non.
Que si, si,
a ruta do Cacarabín.
Que non, non,
a ruta do Cacarabón.
Que si, si,
un prato de fabas comín.
Que non, non,
un prato de fabas, non, non.
Que si, si,
que non, non,
a todos nos gusta este son.
“Cacarabín, Cacarabón”-Antón García Teixeiro
Editorial Edelvives
16. Nena, neniña,
pequerrechiña,
durme, que xa durmen
o galo i a galiña.
Dúrmete axiña….
Se te non durmes, ven a raposa
que garda o sono dos nenos na fosa;
se te non durmes, ven a martaraña,
que todo o sono dos nenos apaña;
se te non durmes, ven a donicela,
que todo o sono dos nenos arela….
Anda, neniña,
pequerrechiña,
durme, que xa durmen
os años na curtiña.
Dúrmete axiña….
Se te non durmes ven o morcego
manto de crego,
ven a curuxa
cara de bruxa,
ven o vencello
pernas de vello,
i os tres á unha, nun Santi-Amén
“Roseira do teu mencer”-Xos
Edicións Xerais
17. voa..., que voa…, que te voarías,
lévanche o sono moi lonxe de aquén.
Anda, neniña, que eu rezo, meu ben,
pra escorrentalos, tres Avemarías,
Amén.
sé Mª Álvarez Blazquez
de Galicia
18. “Os nosos versos”-Antoloxía poética
Editorial Anaya
XOSÉ MARÍA
ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
(1915-1985)
Durme, neniña,
durme, meu ben;
túa nai ten sono,
teu pai tamén.
¡Non penses máis no cabalo
que andaba a fuxir do dono;
¡mira ises cen cabaliños
que acarrexan o teu sono!
O meu arrolo
que nadie o escoite.
Dúrmete, nena,
que xá é de noite.
Aquil cabaliño ledo
está tamén a durmir;
non o chames, que no pode,
meu ben, anque quera vir.
19. Dúrmete logo,
meu año manso;
túa nai sospira,
teu pai vai canso.
O cabalo non che escoita
e nin olla coma o acenas,
pois mañán ten de ir á vila
levar un carro de nenas.
¡Durme, neniña
co meu arrolo,
que xa me estafa
terte no colo!
20. O que ben te quer
éche o vilorico que anda polo ler.
Ese si que é bo,
que veu desde lonxe aguillando o vo
somentes para verte e que o viras ti,
para que os dous brincásedes; ti co teu oh, oh,
el co seu chi,chi.
O vilorico
de longo bico
e longas patas de gabirú,
que nin di cu-cú
nin anda con trolas de chicherico.
Que non diga o moucho,
que non diga o cuco,
que non diga a poupa
que te queren moito….
O que ben te quer
está silandeiro enriba dun pé.
¿Sabes ti quén é?
Eche o vilorico que anda polo ler.
XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZUEZ
“O libro dos cen poemas”
Xosé Mª Álvarez Cáccamo/Marisa Núñez
Editorial Espiral Maior