SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 40
cataplasma      Revista escolar do CEIP Abanqueiro (Boiro)

                                                           Nº 11 – Xuno do 2006 . Edición Impresa.
                                                      Podes ve-la edición dixital en www.ceipabanqueiro.com




                                                      Inauguramos páxina web:
                                                      www.ceipabanqueiro.com




     O pobo saharaui: descubre
     cousas da súa vida.


 DIA DAS LETRAS GALEGAS:
     Manuel Lugrís Freire


       Natureza, deportes,
           pasatempos,
    páxinas literarias, viaxes…


            Lendas populares.




                                              Un agasallo no interior.


CEIP ABANQUEIRO.
Rúa Exipto 108, Abanqueiro - 15938 Boiro - A Coruña                E ademais, información e ideas para
Teléfono: 981848186 - FAX: 981847640                               conseguir un mundo mellor.
www.ceipabanqueiro.com
ceip.abanqueiro@edu.xunta.es
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.



                                    www.ceipabanqueiro.com

Pois si! Como o escoitades! Este ano, puxémonos           Qué como podes acceder á páxina?... é moi fácil…
mans á obra, e non quixemos deixar pasa-la                por suposto tes que ter conexión a Internet na casa;
oportunidade de que o noso colexio estivese en            xa a tés?... pois entón a que esperas para teclear
Internet. Por iso, fixemos unha páxina web para que       www.ceipabanqueiro.com
poidas ver e acceder a un montón de cousas.               Que non tes conexión!; vaia home! Pois nada, terás
Temos fotos, traballos, e ata unha zona de                que xuntarte con algún amigo ou amiga que
participación para que estés sempre informado das         amablemente che deixe conectar dende a súa casa.
cousas que pasan no colexio.                              Pero aínda así, queremos invitar a todos: pais, nais,
                                                          amigos, amigas, etc... a que pasen polo colexio se
Pero por agora, estamos empezando, así que xa             queren ver a páxina alí mesmo.
estamos con ilusión para o vindeiro curso poñer
máis cousas interesantes, e esperamos que todo o          Veña, non quero entretervos máis, que hai moitas
mundo participe coa súa colaboración e traballos.         cousas que ver neste número de Cataplasma, e
Ah! E queremos dicirvos que na páxina non só              cando teñas un ratiño libre, pois conectádesvos e xa
atoparás cousas para entreterte e pasa-lo rato, de        nos diredes o que vos parece.
seguro que hai moitos contidos que che poden
servir para facer moitas cousas para o cole.              Para ir enchendo boca, poñémosvos unha imaxe da
                                                          páxina principal para que vexades como é.




                                                      2
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




Xa estou aquí amiguiños, aínda que con algo de            Anímovos a seguir traballando por un mundo máis
retraso saio do meu escondedoiro para acudir á            limpo, para iso temos que seguir “Reducindo” ,
miña cita con vós e enterarme de todo o que facedes       “Reciclando” e tamén “Reutilizando” a cantidade
por aquí. A verdade é que xa me enterei de moitas         de lixo que producimos.
cousas do Colexio navegando pola vosa páxina              Quero aproveitar para despedirme das profes que
web: xa sei algo das actividades, das saídas… e           marchan, e tamén dos alumnos e alumnas de 6º, que
outras cousas que aprendestes neste curso; por            durante estes anos encheron as miñas páxinas coas
certo, estades ben guapos nas fotos.                      súas colaboracións e desexarlles a todos moita sorte
Vexo que aproveitades ben o tempo, bueno… o               na nova etapa que van empezar.
tempo e algo máis, porque seica moitos rapaces e          E agora… invítovos a dar un paseo polas miñas
rapazas deste cole aproveitaron ata o refugallo. Xa       páxinas e lerme, porque ese é o meu obxectivo:
vin que cos materiais de desfeito, que                    comunicar todo o que os nenos e nenas de
aparentemente só serven para facer un bo montón           Abanqueiro deixan nas miñas follas.
de lixo, vós fixestes xoguetes, trebellos e ata
instrumentos musicais! Paréceme moi interesante
como traballo porque así buscades un proveito ós

                                                                                        Cataplasma
materiais de refugallo, e tamén porque cando
poñedes a funcionar a vosa imaxinación e inxenio
estades facéndovos máis imaxinativos e inxeniosos.




Páxina web                             ……………………………. Pax 2
Editorial / Sumario                    ……………………………. Pax 3
Educación Infantil                     ……………………………. Pax 4 e 5
Educación infantil                     ……………………………. Pax 6 e 7
Educación Infantil                     ……………………………. Pax 8 e 9
O pobo saharaui                        ……………………………. Pax 10 e 11
Escribimos                             ……………………………. Pax 12 a 14
Lembrando os profes                    ……………………………. Pax 15
Natureza                               ……………………………. Pax 16 e 17
Letras Galegas                         ……………………………. Pax 18 a 21
Páxinas literarias                     ……………………………. Pax 22 e 23
Saídas                                 ……………………………. Pax 24 a 26
Lendas                                 ……………………………. Pax 27 a 33
Deportes                               ……………………………. Pax 34 e 35
Adiviñas                               ……………………………. Pax 36 a 38
Pasatempos                             ……………………………. Pax 39 e 40
                                                      3
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.


                                                                3 anos




Sabías que: o consumo enerxético que temos hoxe en día está poñendo en perigo o
abastecemento das xeracións futuras porque se están acabando os recursos. Temos que usar
conscientemente os recursos e utilizar enerxías renovables.
                                         4
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




Enerxías renovables: non estropean tanto o Medio e ademais non se gastan co paso dos anos.
Un exemplo de enerxía renovable é a eólica, ou a enerxía solar. Coñeces algunha máis?

                                      5
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.


                                                                 4 anos




Le as etiquetas dos productos e observa a información medioambiental que ofrecen. Compra só
aqueles que sean respetuosos co Medio.

                                      6
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




Elixe sempre que sexa posible envases de vidro, pois son máis fáciles de reciclar. E cando vaias
de compras leva sempre ti as túas propias bolsas, carro ou cesta, así evitaremos a proliferación
de bolsas de plástico, que custa moito eliminalas.


                                       7
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.


                                                                 5 anos




Rexeita productos que leven un envase excesivo xa que xeneran moitos residuos. Os envases de
maior calidade son máis económicos e producen menos residuos; ademais, podemos reutilizalos.
                                      8
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




Compra as froitas e hortalizas a granel, rexeitando as que veñen envasadas en láminas de
plástico ou bandexas. Interésate polos productos ecolóxicos.

                                     9
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




SAHARAUIS
Que nome máis estraño! Un nome da cor da area.
Coñecemos a Lalia que nos contou como era o
sitio onde vivía.
Non teñen casas pois viven en tendas de campaña
no medio do deserto, por eso están tan morenos.
Nós quixemos facerlles regalos e mandámoslles
lápises, gomas, colores, libretas… para que
debuxen o seu futuro e o pinten de verde
palmeira e azul mar, e volvan á súa casa, ó seu país.

    Sabías que: no inverno, as temperaturas no Sáhara chegan a 10
    grados baixo cero, ou sexa, que se conxela todo. E en verán o
    termómetro chega a marcar 50 grados. Imaxinádesvos estas
    temperaturas sen calefacción no inverno e sen ventilador no
    verán?.
    E por riba, a terra é tan mala que non se pode cultivar case nada.




                                    Debuxos feitos polos nenos e nenas de 1º
              Aforra auga: en moitos países (como no Sáhara) teñen necesidade dela e é un ben escaso.
              Dúchate en vez de bañarte e non deixes as billas abertas ou goteando. Non contamines a auga
              tirando lixo nela.
                                                        10
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.


                                      Xogos e actividades

Busca as 6 diferencias entre os debuxos:




Une os puntos e descubrirás un dos animais que vive no deserto.




            Reutiliza: se tés algo que xa non che sirve ou non usas, non o tires. Pensa que moitos nenos
            coma os do Sáhara poden necesitalo e sacarlle proveito. Busca asociacións que aproveiten roupa
            usada, xoguetes que xa non utilizas, etc.

                                                  11
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




                                      UNHA HISTORIA DIFERENTE
       Este verán empezou moi tranquilo. Fun casi tódolos días á praia. Fun de campamento a Madrid en avión
e do aeroporto a Ávila en autobús, foron tres horas. Montei a cabalo, en burro e escalei ata a cima da granxa por
pedras que eran de escalar. Tireime da tirolina dúas veces. Fun cos compañeiros á horta, coidamos dos animais
e reuníamonos para explicar algo. Un día, no campamento houbo un incendio e tivemos que irnos da granxa,
mentres os coches nos levaban ó pobo, nós tranquilizábamos ós nenos pequenos. Pasoume o medo
tranquilizando ós cativos. Paseino moi ben pero durante o incendio tivemos que pasar un día e unha noite nunha
escola. Foi unha gran aventura.
Ó volver fun ás festas de Boiro, da Pobra e de Noia. Celebrei o meu cumple e o da miña irmá.
Este verán quedoume marcado. Empezou tranquilo e terminou “movidito”.




               Non tires lixo cando saias ó campo ou á praia. Non fagas lume fora dos lugares indicados e coida
               o Medio. É importante que non molestes ós animais que alí viven nin que arrinques plantas ou
               árbores.




                                                       12
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.



                                        DESCRICIÓN: A MIÑA NAI.
       Miña nai é dunha estatura media, é morena, ten o cabelo escuro, largo e rizado. Os ollos son pequenos e
de cor castaña. Ten o nariz pequeno. Ten a boca pequena, a cara tena un pouco redonda.


Ten un carácter que cambia por momentos, hai veces que se enfada e outras que está alegre. Conmigo pórtase
ben, axúdame moito, cóidame, dame cariño sobre todo cando estou enfermo. Ás veces xoga conmigo e pásoo
moi ben.


Gústalle o fútbol, ir á piscina, o motociclismo e a Fórmula 1.


Para min é unha boa mamá, lévase ben cos meus amigos e ás veces xoga con eles. Gústame como fai de comer,
sempre fai o que me gusta.




Para miña nai con cariño.




              Reduce no posible o uso do papel: as altas cantidades de papel que se consumen na nosa
              sociedade son insostibles e as fábricas que o producen consumen grandes cantidades de auga e
              enerxía. Ademáis, as fábricas de papel son unhas das máis contaminantes. Usa o papel polas
              dúas caras, reutiliza papel “en sucio” e utiliza papel reciclado. O papel reciclado consume só o
10% de auga e o 55% da enerxía que se necesita para a fabricación de papel normal. Tira o papel e o cartón nos
contedores especiais para o seu reciclado (os azuis).

                                                       13
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




M            ozart naceu en Salzburgo (Austria) o día 27 de xaneiro de
             1756. Todo o mundo o coñeceu por Wolfgang Amadeus.


Cantaba e tocaba moitos instrumentos: violín, órgano, viola, forte piano,
calvicémbalo. Aprendeu música case sen darse conta, mentres observaba ó
seu pai, que tamén era músico e á súa irmá que era a maior dos dous.

                                                Na súa cabeza e no seu corazón só
                                                cabía a música ata que descubriu as
                                                matemáticas.

                                                Falaba alemán, francés, italiano, e
                                                nunca foi á escola. Seu pai Leopoldo
                                                foi o seu mestre.

                                                Ós 5 anos compuxo a súa primeira
                                                obra. Seu pai presentou ós dous
                                                irmáns como nenos prodixios.
                                                Morreu ós 65 anos.

                                                Andrés e Iván. 5º

         Se compras productos cosméticos, elixe marcas ou tendas onde se garantice que non foron
         probados en animais.
         Compra tamén deterxentes respetuosos co Medio.



                                               14
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




Ola a todos, queriámosvos contar algo dos                  Pasamos o terceiro curso coa profe Mari que tamén
profesores que tivemos durante estes anos que              era estupenda . Organizaba obras , encantáballe
pasamos aquí; xa que neste ano rematamos neste             xogar.Que pena que se fose! Pero a vida segue…
colexio.
Pensamos en darlle unha pequeña homenaxe a eses            “Mi Madriña”! en cuarto si que nos puxemos as
profesores que nos viron medrar; aínda que moitos          pilas , pois nese curso tocounos Justo e Carlos , e
xa se foron a outros colexios.                             aínda os temos agora .

No primeiro curso , cando pasamos da plastilina ás         Ás veces son malos, pero a maioría son bos . Eles
letras, tivemos a Berta, unha profe marabillosa.Ela        teñen diferente personalidade. Carlos danos tres
e máis “ Papelo”, un boneco, ensináronnos a contar,        asignaturas. É moi pacienciudo sobre todo cos que
ler, a escribir…                                           non traballan. Justo é un adicto ós exercicios ,
                                                           encántalle poner exrcicios .
Que sorte deben de ter agora os de terceiro!!!
                                                           Bueno, dos dous podemos dícir que son bos.
En segundo tamén nos tocou Berta.Agora si que nos
tivemos que por as pilas!                                  Tiñamos que contar de moitos máis, pero faríase
                                                           pesado e para que non ocorra , querémoslle da-las
Cada vez hai máis dificultades, pero con esta              gracias a todos e que sepan que estamos moi
profesora supérase calquera cousa.                         agradecidos por todo o que fixeron para axudarnos.

                                                                                          Rebeca e Fabiola 6º.




              Non compres productos que veñan en sprays e en aerosois. Existen outros productos que non
              perxudican tanto a capa de ozono, e polo tanto non favorecen o efecto invernadoiro, coma por
              exemplo: vaporizadores, desodorantes de tubo, etc.


¿Qué é o efecto invernadoiro? O efecto invernadoiro prodúcese, porque a capa de ozono que cubre a terra
estase destruíndo polos gases contaminantes (fume de coches, fábricas, etc). Esta capa é a encargada de
protexernos dos raios do sol, pero como está tan deteriorada a temperatura da terra está cambiando e
prodúcense cambios no clima que afectan as plantas, animais, … e en xeral á vida normal na terra.
                                                      15
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




O noso colexio está a participar tamén no PROXECTO RÍOS, unha iniciativa da Asociación
Adega para coida-los ríos de Galicia. En Boiro, estamos a desenvolve-lo proxecto no Río
Coroño, ó cal xa fixemos una visita. Lembra, máis información e fotos en
www.ceipabanqueiro.com
                                     16
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




Nin que dicir temos, que ós nenos e nenas de
Abanqueiro lles encanta a natureza. E por iso,                              Plantando árbores
cada día fan o posible por coidala para poder                O coidado da natureza pasa por non destruíla,
disfrutar dela.                                              pero tamén por tratar de mellorar todo aquilo
Neste número de Cataplasma, queremos facer                   que xa está estropeado.
fincapé na importancia de coida-lo noso                      Unha boa maneira e repoboando e plantando
entorno, e para iso, nada mellor que coñecelo                árbores.
en profundidade para valorar a importancia                   E no cole de Abanqueiro sabemos diso, porque
que tén.                                                     este ano utilizamos o patio do colexio para
                                                             plantar árbores: os de 1º e 2º plantaron 2
              Traballos con refugallo.                       carballos, os de 3º e 4º plantaron 2 faias e os de
 Botándolle imaxinación, podemos facer un                    5º e 6º plantaron 2 nogais.
 montón de cousas para xogar e divertirnos, e de
 paso, aproveitar para coida-lo medio.
 Lembra, que calquer cousa que fagas para coida-
 la natureza debe cumprir a “Norma das 4 R”:
 Reduce, Recupera, Reutiliza e Recicla.                                       Sabías que: en Boiro hai un sitio
 Os nenos e nenas de Abanqueiro sábeno ben, e                                 que lle chaman “Punto Limpo de
 por iso este ano fixeron xoguetes e instrumentos            Espiñeira” para leva-los electrodomésticos vellos.
 musicais con refugallos: baterías, guitarras,               Efectivamente, está en Espiñeira, e alí hai que
 castelos, naves espaciais, bonecas, etc…                    levar tódolos aparellos vellos que xa non
                                                             utilicemos    para     que     sexan    reciclados
 Animámosche a que ti tame´n os fagas, e se                  axeitadamente.
 queres, tráesnoslo para quitarlle unha foto e
 poñelo na nosa páxina Web.                                               O Encoro de Cecebre.
                                                             Cecebre é un sitio que está preto de A Coruña.
                 Sabías que: as pilas producen               Alí hai un encoro, é dicir, un embalse que
                 enerxía 450 veces máis cara cá              recolle auga dun río.
                 eléctrica      e     son      moi           O sitio é moi bonito e podemos ver nel diferente
                 contaminantes.                              fauna e flora. Nós este ano non quixemos perde-
 Pois xa sabes, non utilices aparellos que                   la oportunidade de visitalo e… carai! que ben o
 funcionen con pilas, e se tes pilas usadas, tiraas          pasamos: vimos patos, un formigueiro, menta
 nos contedores que hai para pilas.                          acuática…ummm! que ben ulía… e moitas máis
                                                             cousas.
                                                             Se tés oportunidade é un sitio que tes que
 Cada sitio coa súa folla.                                   visitar.
              Se vés ó cole de Abanqueiro, non
              preguntes onde está a aula de
              primeiro, ou a aula de video…                                   Naturnova.
              Por que?... home! Claro que temos                               Outra das visitas que fixemos este
 aulas como tódolos colexios, pero ocorréusenos                               ano foi a Naturnova, que é un
 chamarlles de diferente maneira.                                             Centro Interactivo de Educación
 A ver que vos parece: escollemos unhas follas das          Medioambiental… Vamos! Que aprendes cousas da
 árbores do patio e puxémolas nas portas do                 natureza xogando con ordenadores e cousas así. Se
 colexio. Así, por exemplo, a aula de terceiro ten a        queres ir velo está en Vigo.
 folla do bidueiro ou Betula Pendula ( o seu nome
 científico).

           Lembra que toda esta información e fotos está dispoñible en www.ceipabanqueiro.com

                                                       17
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.


                                         MANUEL LUGRIS . biografia




Utiliza a lavadora e o lavalouza a carga completa. E na cociña evita os rolos de papel, mellor
utiliza trapos de cociña que se poidan lavar.

                                        18
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




Sabías que: as bombillas de baixo consumo son máis caras cando as compramos, pero resultan
moito máis baratas porque duran moitísimo máis e gastan menos. Procura non deixa-las luces
acendidas inutilmente, e utiliza bombillas de baixo consumo. Aparte de coida-lo Medio
aforraremos cartos.

                                    19
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.


                                           manuel lugris - obra




Na cociña: evita usar papel de aluminio. Mellor fornos a gas (especialmente gas natural).
Resulta máis barato e o Medio salirá máis favorecido. Compra productos de limpeza respetuosos
co Medio.
                                      20
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




Non compres mobles elaborados con madeiras tropicais. Mellor mobles feitos por empresas
comprometidas co medio e de árbores plantadas específicamente para a producción de mobles.

                                    21
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.


                                                                                    rimas
Eu falo galego                                              Neno, neniño
canto máis, máis falo                                       fala galego
máis aprendo.                                               fala galego
                                                            que che vai axudar
Rapaciña, rapaciña
ti escoita esta rima                                        Sube, sube
porque vas a aprender                                       baixa, baixa
que o galego tamén se                                       O galego sempre medra.
fala ó revés.


Un río
         Un mar
                 O galego
                         Un mundo.




                 “FALA SEMPRE GALEGO”
                                                             Puri, Jessica, María, Alba, Alex, Ramiro. 5º



                  Sabías que: o 17 de maio (Día das letras Galegas) o Concello de Boiro celebrou o II Certame
                  Letras Galegas 2006, que consistía en elaborar un marcapáxinas que estivera relacionado coa
                  lingua galega.
O noso cole participou e como somos tan listos, recibimos varios premios.
Aí van os nomes dos premiados.


Enma Ordóñez Lojo de 1º .
Yago Araújo Piñeiro de 3º
Daniel Pérez Romero de 6º.


Noraboa a tódolos participantes.!


                                                       22
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.



                                                                     critica literaria

Este ano, os cursos de terceiro, cuarto, quinto e sexto leron libros de Marilar Aleixandre. Ademáis contamos
coa súa visita e veunos a contar moitas cousas da súa obra. Por suposto, non faltaron as preguntas dos nenos e
nenas do Colexio.

                Máis información en www.ceipabanqueiro.com , alí poderás ver fotos da visita.

Tres foron os libros de Marilar que tivemos a                videoxogos, o ordenador e a televisión, temos
oportunidade de ler. Todos eles moi entretidos, pero         moitas e máis variadas formas de divertirse.
con historias moi diferentes.                                Por suposto, sobra dicir que vos recomendamos a
                                                             todos e todas as que non os lestes, que vos
En terceiro e cuarto leron “O Trasno de                      animedes, porque de seguro que vos van gustar, ou
Alqueidón”, que trata de dous nenos (Diego e Inés)           iso foi o que lle dixeron todos a Marilar cando nos
que atopan un trasno no faiado da súa casa, e “A             visitou.
formiga coxa”, na que se nos conta a historia dunha
formiga coxa, dunha ra peluda e dunha cobra                  Marilar contounos moitas cousas que non sabiamos
chosca, que pasan diferentes aventuras nunha viaxe.          dos seus libros, e logo contestou a tódalas preguntas
                                                             que lle fixemos. Poidemos descubrir que hai que ter
En quinto e sexto, animáronse cunha historia de              moita imaxinación para escribir, e adicarlle moito
dragóns: “Nogard”, que si es avispado e te fixas             tempo a facer un bo libro... e decatámonos tamén
ben, verás que o título é a palabra “dragón” ó reves.        que calquer mundo é posible: basta con que o
Neste libro adentrarémonos na historia do dragón             imaxinemos para que se faga realidade.
Nogard, e descubriremos como aparte dos

       Crítica literaria dos libros “O Trasno de Alqueidon” e “A formiga coxa”
                                  Por Brais Vicente Buceta 4º

A formiga coxa foi amiga de dous animais: a ra peluda e a cobra chosca foron na
procura dun mundo onde non se burlaran delas. Foi unha viaxe chea de
aventuras. Ás tres amigas acompañounas o rato de biblioteca. A min este conto
gustoume moito porque me gustan as ras e as serpes.

O conto do trasno gustoume moito porque eu son un trasno. O trasno tiña que ir
buscar cousas a sitios diferentes para darllos a Diego e Inés.

                                                     Cada animal debe vivir no seu entorno. Non teñas na casa
                                                     animais que poidan sufrir por estar pechados. Os animais
                                                     tropicais non son para ter nunha casa, deben estar no seu
                                                     Medio. Se tes algún tipo de animal doméstico, lembra que
                                    non son un xoguete e debes coidalos con responsabilidade. Non maltrates os
                                    animais da rúa, e se ves algún ferido ou abandonado chama á protectora de
                                    animais do Concello.


                                                        23
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.



                                              visita a santiago

  O 31 de maio fomos a… Santiago!                       Despois fomos a comer, tiñamos moita fame!
  Cando chegamos tiñamos tempo e vimos as               Logo visitamos o Museo de Historia Natural e
pistas deportivas do campus da universidade.            vimos moitos animais disecados: ratos,
  Despois fomos ó observatorio, vimos catro             crocodilos… Na sala de botánica vimos como
telescopios, o máis antigo comprouno Ramón              se prensan as plantas e tamén unha colección
Aller en 1925 e aínda funciona. No xardín               de cogomelos. A seguinte sala era de
vimos a estación meteorolóxica.                         xeoloxía: había esmeraldas, rubís… e ouro
  Tamén fomos ó Museo do Pobo Galego, alí               recollido na praia de Barraña. Chegamos de
había embarcacións: gamela da Guarda, traíña            volta e ó vir foi a mesma historia que ó ir.
e dorna. Había unha escaleira rara de tres                Eu se fora ti iría a Santiago porque alí hai
escaleiras, é unha escaleira triple helicoidal e        moitas cousas interesantes. Non sabes todo o
xa ten máis de 300 anos.                                que aprendemos nós!
Fomos a outra sala que era de oficios:
zoqueiros, ferreiros…

                                                                           Esmeralda, Yago e Emilio. 3º




             Aproveita luz natural. Cando esteas na casa, sempre que poidas usa a luz natural antes de
             acende-las lámpadas: abrindo ben as ventás, a maioría das veces podemos ver perfectamente coa
             luz exterior. Fai o mesmo coa calefacción, sempre que poidas, airea a casa abrindo as ventás e
             non uses aparellos de aire acondicionado.

                                                   24
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.


                                                visita a vigo

Cando fomos a Vigo de excursión                      illa de Toralla e alí hai un edificio
vimos a paisaxe dende o miradoiro                    altísimo.
da Madroa, dende alí víase a ría de                     Vigo é unha cidade moi grande,
Vigo: á dereita Cangas, á esquerda                   con moitos edificios, entre eles
Vigo e diante as illas Cíes que                      destaca, no medio da cidade, un
parecen enormes montes no medio                      edificio verde que é un hospital.
do mar, alí hai especies protexidas                     Pola ría había barcos e bateas.
porque estas illas forman parte do                   Tiñas que velo, é bonitísimo!
parque natural das Illas Atlánticas.
  Tamén se vía unha illa pequeniña                                                   Lidia e Sergio. 3º
unida a Vigo por unha ponte, era a




          No transporte trata de optimiza-lo uso do automóbil: se vas de viaxe compartide o coche cos
          compañeiros e compañeiras, ou usade o transporte público. Verifica o tubo de escape, non tires
          aceite, etc. O medio de transporte máis ecolóxico para longas distancias é o ferrocarril.


                                                25
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.


                                                     imos o teatro

         Hoxe día 7-10-2005 fomos ver unha obra de teatro titulada “Papirus”.
         Trataba de dúas persoas que perderon todo na guerra e tiñan que durmir na rúa con
papeis. O home sacou papeis do bolsillo, logo enganchounos e construíron unha casa de papel.
Máis tarde o home sacou dun baúl un papel xigante e colgouno tamén para explica-las súas
vidas.


         A muller chamada Pap sacou unhas sementes máxicas, plantáronas e de repente, naceu
un mundo novo.


         Ó final, abriron un baúl e saiu un globo que significaba que nacera un mundo novo sen
guerras.


                                                           FIN


                                                                                          Héctor e Pablo 5º

               Sabias que: moitas das guerras que hai no mundo prodúcense por cuestións económicas
               relacionadas cos recursos naturais. O petroleo é un ben escaso que move moitos cartos, e son
               moitos os países que están enfrontados pola súa causa.

A distribución dos recursos no mundo é moi desigual: uns paises disfrutan deles, e outros teñen que pagar un
alto prezo por acceder ós recursos. Ademáis, os paises máis ricos explotan os recursos dos países máis pobres.

Temos que facer unha boa xestión dos recursos, accedendo a eles por igual e en beneficio de todos.

Lembra que mentres ti disfrutas de moitas cousas que parecen abundantes, outra xente non ten esa facilidade.




                                                      26
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




                            LENDA DE SAN MARTIÑO
Hai unha vella lenda que conta que en San Martiño hai unha pedra á que van as
persoas frotar as frieiras. Din que se frotas as frieiras desaparecen.
A cambio botábaselle unha moeda ó santo.


                                                                                               Alejandro 4º




            Separa a basura que xeneres na túa casa. Como mínimo debes ter 4 recipientes: un para materia
            orgánica, un para envases lixeiros (latas, brics, plásticos…), un para vidros e outro para papeis.


                                                     27
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




             LENDA Do vello e o can de ribeira




Fai xa anos, había un vello que cando ía ó mar levaba o can canda él ata a praia. O
can quedaba mirando para o mar, polo sitio polo que él marchaba ata que o vello
voltaba.
Un día, non se sabe ben polo que, o vello non voltou e o can quedou mirando para o
mar. O cabo dun tempo o can morreu de tristeza, e o sobriño do vello enterrouno.




           Sabías que: cada día estanse extinguindo especies de animais e plantas. Isto quere dicir que as
           especies que desaparecen nunca máis se van a recuperar, nin poderemos velas e disfrutar delas. É
           unha pena!!! A súa desaparición é debida á influencia do home.




                                                  28
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




Algún tempo despois, o sobriño foi dar un paseo coa moza pola praia e atopouse ó can
mirando para o mar, o rapaz chamou por el, “Tuno”, para ver se era o can do seu tío,
cando este virou a cabeza, e quedou mirando para el.
O sobriño colleu tal medo que marchou para a casa a todo correr e encerrouse na súa
habitación ata que morreu, ninguén sabe porque.


Aínda hoxe hai quen di que se ve ó can ollando para o mar no aniversario da
desaparición do seu dono.


                                                                                            Brais 4º.




           Sabias que: unha capa de 5mm de espesor de xeo no conxelador, supón un 20% máis na factura
           eléctrica. Desconxela a miúdo o conxelador se forma xeo. Cando o conxelador ten xeo, non
           conxela axeitadamente e consume máis.


                                               29
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




                LENDAs sobre o “castro do neixon”


Unha parteira de Nine foi chamada unha noite por un home descoñecido para asistir
nun parto.
A parteira receaba ir, mais o home deulle azos e tróuxoa ó Neixón a unha cova onde
se atopaba a parida. Asistiuna e voltou para a casa.
Pasado o tempo topou na feira de Noia co home que a avisara aquela noite, e
preguntoulle pola muller que ela asistira. O home díxolle:


   - E logo, aínda me coñeces?
   - Coñezo, si señor.
   - Pois pecha un ollo.


A parteira pechouno.


   - Agora xa non me miras máis, dixo o home, e deixouna chosca.
   - A parteira, co ollo aberto que lle quedaba, non o puido mirar máis.
                                                                                                  Enma 4º

               O coidado do Medio non só implica coida-los animais e a vexetación. Se destruímos un
               monumento ou un edificio antigo, estamos destruíndo parte da nosa historia, e son elementos
               importantes do Medio.
               Os castros son abundantes en Galicia, pero a maioría deles están moi descoidados porque a xente
non se preocupa. Temos que ser respetuosos e colaborar no coidado dos achádegos arqueolóxicos.
Cando os visitemos só temos que mirar, sen tocar nin coller nada e sen andar por riba das pedras.



                                                     30
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




             LENDAs sobre o “castro do neixon”


O Castro Grande e máis o Castro Pequeño foron trincheiras dos mouros, e neles
defendéronse antes de seren desbotados desta terra.
                                                                                            Belén 4º.




Entre a Punta do Neixón e a antiga torre, hoxe desfeita, de Rianxo, había unha mina
por debaixo do mar, e aínda hai pouco tempo víase a súa entrada, que era moi fonda e
tiña un letreiro para que a xente se temese de entrar nela.
Outros din que entre o Neixón e a torre había unha trabe de ouro.




           Sabías que: o Castro de Neixón ten máis de 2.500 anos nel atopáronse importantes restos
           arqueolóxicos.


                                               31
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




                      as campas de corrubedo


Contan que debaixo das dunas de Corrubedo existe unha igrexa co seu campanario.
Din que cando vai vir mal tempo, soan as campás do campanario enterrado para
avisar ós mariñeiros que están no mar, que vai vir mal tempo. Desa maneira os
mariñeiros volven cos seus barcos á terra para non ter accidentes.


                                                                                               Neo 4º




           Aínda que non o pareza, as dunas son un medio natural onde viven moitos animais e plantas
           diferentes. Desafortunadamente, moitas dunas están desaparecendo xa que son moi delicadas:
           temos que evitar, na medida do posible, o tránsito de persoas e vehículos por riba delas.



                                               32
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




                            LENDA DE “LOUSAME”


Contaba a miña bisavoa que había unha lenda do lugar de onde era ela, isto é na
aldea de Comparada, Concello de Lousame.


Hai nesta aldea un monte, redondo, amurallado todo ó redor, menos unha entrada,
chamada o Castro, que foi habitado polos mouros. E conta a lenda que estes tiñan
enterrado un gran tesouro, pero para chegar a el non é tan doado, pois deixáronlle
moitos perigos e alimañas, para que o que intentase collelo perdera a súa vida. Por iso
a xente non o intentou ata o día de hoxe.


                                                                                             Sergio 4º




           Moita xente, crendo en lendas de tesouros, destruíron importantes restos arqueolóxicos que xa
           son irrecuperables. Afortunadamente iso pasaba máis no pasado, e na actualidade, as únicas
           escavacións que se fan é para poder estudia-los restos e saber algo máis do noso pasado.




                                                 33
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




        Sabes onde imos?




Sabías que: moitos deportes non son respetuosos co Medio. Por exemplo, algunhas carreiras de
coches pasan por zonas naturais, por pistas, etc e destrúenas. Ademais, os deportes de motor
gastan moito combustible e contaminan. Aínda así, hai moitos deportes en contacto coa natureza
e que nos sirven para disfrutar do Medio.
                                      34
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




                               xornadas deportivas
Este foi un ano intenso no noso colexio, fixemos            segundas xornadas foron o día 8 de xuño, e agora
moitas cousas, e saímos a ver un montón de sitios.          tocáballe o turno ós nenos e nenas de 3º e 2º.
Pero tamén tivemos a sorte de recibir a visita dos          Novamente xogamos a reo no pavillón e no patio do
nenos e nenas de Escarabote, cos que xogamos e              colexio.
competimos en diferentes deportes.
A nós gústanos gañar, e supoño que a eles tamén,            Estivo todo moi ben, e o mellor de todo é que
pero xa sabemos que o deporte é algo máis ca                practicamos moitos deportes e xogos: fútbol,
competir. Do que se trata e de que nos xuntemos,            baloncesto, etc… e xogos populares, que a verdade
fagamos amigos e amigas e disfrutemos pasándoo              é que son moi entretidos!.
ben.
                                                            Esperamos que para próximos anos se sigan
O primeiro día que nos xuntamos foi o 25 de maio,           organizando este tipo de xornadas. Pero o que é
e no patio do colexio e máis no pavillón, xogaron os        máis importante, ogallá veñan moitos máis
nenos e nenas de 4º, 5º e 6º dos dous colexios.             colexios, así poderemos divertirnos máis e facer
                                                            moitos amigos e amigas.
Logo, outro día xuntámonos outravez, porque a
verdade é que nos quedou moi bo sabor de boca. As           Vémonos o ano que vén, e ide entrenando eh!


                                    Así o pasei nas Xornadas

O 25 de maio, viñeron os do colexio de Escarabote a competir. Xogamos os de 4º, os de 5º e os de
6º. Participamos no baloncesto e no fútbol. Tamén se podía xogar ós zancos, ós birlos, etc. Pero
eses non eran obrigatorios. Non se gañou en todo pero pasámolo moi ben.
                                                                                        Neo 4º.


As olimpiadas.
O día 25 de maio do 2006, viñeron os de Escarabote ó noso colexio. Primeiro dividímonos: os de
Escarabote a un lado e nós ó outro.
Espezamos con un partido de baloncesto. Ganámoslle 24 a 4. Foi espectacular.
Despois xogamos ó fútbol, e ganá,oslle outravez.
E logo saímos a fóra do pavillón e fixemos o xogo de tirar á corda, e gañáronnos eles. Ó final, os
de Escarabote xa marchara.
                                                                                       David 4º.


              Elixe sempre deportes respetuosos co Medio, e cando os practiques lembra que non debes
              afectar ó teu entorno: non rompas árbores nin plantas, non molestes os animais e deixa todo
              como estaba. Ademais de estar en contacto coa natureza, axudaranche a relaxarte e a sentirte
              mellor.


                                                       35
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.



                           ADIVIÑAS




Na túa casa seguro que usas moitas cousas que contaminan máis do que pensas. Non só basta
con reciclar papel, vidro, plásticos,etc. Sabías que os cartuchos de tinta da impresora contaminan
moitísimo, e que poden entregarse para reciclar?
                                        36
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




                        ADIVIÑAS




Sabias que: aparte de reciclarse, os cartuchos de tinta da impresora poden recargarse e
reutilizarse. Pregunta na tenda e verás. Ademais así aforras moitos cartos.
                                         37
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.



                          ADIVIÑAS




Unha cousa que seguro usas moito e que tamén contamina e ademais é moi tóxico é o “tipex”.
Realmente na escola non fai falta usalo. Se te equivocas, tachas cunha liña e xa está. A natureza
agradeceracho…

                                       38
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




Busca os 6 nomes de profes do cole.
                                                            Pista, pistiña che dou,
                                                            busca polas esquinas,
                                                            pois alí atoparás algún,
                                                            catro só atoparás,
                                                            pero se miras ben, polo
                                                            medio, os seis axiña
                                                            terás.




Quen será, será…?

O _ _RE_ _OR DO C_ LE É C _ R _ O _

Que…? Fòronche faciliños estes pasatempos? Pois prepárate que os sete
erros aquí che agardan. (Ángela 6º)




          So nós sabemos como coida-lo Medio. Se tes imaxinación e interese ocurriránseche un montón
          de cousas que podes facer para non contaminar, non gastar auga, electricidade, non molestar ós
          animais e prantas, etc…


                                                39
CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006.




                                                    Brais 5º

      A ver que sabes de Manuel Lugrís Freire.

         1.   Lugar de nacemento
         2.   Nome do seu irmá maior.
         3.   A onde emigra.
         4.   Libro de poesías.
         5.   Nome da súa filla.

      SOLUCIÓNS:




A revista CATAPLASMA publicou o seu primeiro número no
ano 1995. Dende aquela lévanse publicados xa 11 números (10
numerados e un non numerado no ano 1997).
Con esta edición, por primeira vez, publícase tamén en
formato dixital para consultar na web do colexio.
www.ceipabanqueiro.com


              40

Mais conteúdo relacionado

Destaque

ΚΑΝΑΡΗΣ ΚΩΝΣΤΑΝΤΙΝΟΣ
ΚΑΝΑΡΗΣ ΚΩΝΣΤΑΝΤΙΝΟΣΚΑΝΑΡΗΣ ΚΩΝΣΤΑΝΤΙΝΟΣ
ΚΑΝΑΡΗΣ ΚΩΝΣΤΑΝΤΙΝΟΣZoe Gallou
 
Las innovaciones en educación
Las innovaciones en educaciónLas innovaciones en educación
Las innovaciones en educaciónBlanca Buitrago
 
Tohoku Tsunami of Japan by Aniket Singh Chauhan
Tohoku Tsunami of Japan by Aniket Singh ChauhanTohoku Tsunami of Japan by Aniket Singh Chauhan
Tohoku Tsunami of Japan by Aniket Singh ChauhanAniket Chauhan
 
Las nuevas tecnologías y el turismo cultural.
Las nuevas tecnologías y el turismo cultural. Las nuevas tecnologías y el turismo cultural.
Las nuevas tecnologías y el turismo cultural. Congreso Turismo Rural
 
Método de soplado
Método de sopladoMétodo de soplado
Método de sopladoEva_Tecno
 
35407443 rancangan-tahunan-pengakap-tahun-4
35407443 rancangan-tahunan-pengakap-tahun-435407443 rancangan-tahunan-pengakap-tahun-4
35407443 rancangan-tahunan-pengakap-tahun-4mka2kitol
 
El absentismo escolar
El absentismo escolarEl absentismo escolar
El absentismo escolarEmagister
 
Método de inyección
Método de inyecciónMétodo de inyección
Método de inyecciónEva_Tecno
 
Mantenimiento de artefactos tecnologicos juliana
Mantenimiento de artefactos tecnologicos julianaMantenimiento de artefactos tecnologicos juliana
Mantenimiento de artefactos tecnologicos julianaJuliana Montenegro Rojas
 

Destaque (14)

ΚΑΝΑΡΗΣ ΚΩΝΣΤΑΝΤΙΝΟΣ
ΚΑΝΑΡΗΣ ΚΩΝΣΤΑΝΤΙΝΟΣΚΑΝΑΡΗΣ ΚΩΝΣΤΑΝΤΙΝΟΣ
ΚΑΝΑΡΗΣ ΚΩΝΣΤΑΝΤΙΝΟΣ
 
Las innovaciones en educación
Las innovaciones en educaciónLas innovaciones en educación
Las innovaciones en educación
 
Cartilha plantas web
Cartilha plantas webCartilha plantas web
Cartilha plantas web
 
Los moluscos
Los moluscosLos moluscos
Los moluscos
 
Android ppt
Android pptAndroid ppt
Android ppt
 
Tohoku Tsunami of Japan by Aniket Singh Chauhan
Tohoku Tsunami of Japan by Aniket Singh ChauhanTohoku Tsunami of Japan by Aniket Singh Chauhan
Tohoku Tsunami of Japan by Aniket Singh Chauhan
 
Las nuevas tecnologías y el turismo cultural.
Las nuevas tecnologías y el turismo cultural. Las nuevas tecnologías y el turismo cultural.
Las nuevas tecnologías y el turismo cultural.
 
Método de soplado
Método de sopladoMétodo de soplado
Método de soplado
 
35407443 rancangan-tahunan-pengakap-tahun-4
35407443 rancangan-tahunan-pengakap-tahun-435407443 rancangan-tahunan-pengakap-tahun-4
35407443 rancangan-tahunan-pengakap-tahun-4
 
Inmersión
InmersiónInmersión
Inmersión
 
buttoning up
buttoning upbuttoning up
buttoning up
 
El absentismo escolar
El absentismo escolarEl absentismo escolar
El absentismo escolar
 
Método de inyección
Método de inyecciónMétodo de inyección
Método de inyección
 
Mantenimiento de artefactos tecnologicos juliana
Mantenimiento de artefactos tecnologicos julianaMantenimiento de artefactos tecnologicos juliana
Mantenimiento de artefactos tecnologicos juliana
 

Semelhante a Cataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinas

Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019vilabarreiro
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019ceipmontemogos
 
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Diana Sánchez
 
Xornal 1º trimestre 2012 13
Xornal 1º trimestre 2012 13Xornal 1º trimestre 2012 13
Xornal 1º trimestre 2012 13ceipcoiron
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023anxovila
 
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolar
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolarGuía de formación de usuarios da biblioteca escolar
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolarPatricia Pena Barbeito
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
álbum adhesivos 12/13
álbum adhesivos 12/13álbum adhesivos 12/13
álbum adhesivos 12/13Fiz
 
O TANGARAÑO
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑOME PP
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020anxovila
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015radiorasca
 
Sofan News xaneiro
Sofan News xaneiroSofan News xaneiro
Sofan News xaneiroPrensasofan
 
EXPOSICIÓN DO PROXECTO BARRRO.COM
EXPOSICIÓN DO PROXECTO BARRRO.COMEXPOSICIÓN DO PROXECTO BARRRO.COM
EXPOSICIÓN DO PROXECTO BARRRO.COMceipbarro
 
áLbum pegatinas curso 2013 14
áLbum pegatinas curso 2013 14áLbum pegatinas curso 2013 14
áLbum pegatinas curso 2013 14Fiz
 
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

Semelhante a Cataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinas (20)

Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
 
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
 
Xornal 1º trimestre 2012 13
Xornal 1º trimestre 2012 13Xornal 1º trimestre 2012 13
Xornal 1º trimestre 2012 13
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023
 
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolar
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolarGuía de formación de usuarios da biblioteca escolar
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolar
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
álbum adhesivos 12/13
álbum adhesivos 12/13álbum adhesivos 12/13
álbum adhesivos 12/13
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
O TANGARAÑO
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑO
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020
 
Díptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeirasDíptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeiras
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015
 
Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12
 
Sofan News xaneiro
Sofan News xaneiroSofan News xaneiro
Sofan News xaneiro
 
EXPOSICIÓN DO PROXECTO BARRRO.COM
EXPOSICIÓN DO PROXECTO BARRRO.COMEXPOSICIÓN DO PROXECTO BARRRO.COM
EXPOSICIÓN DO PROXECTO BARRRO.COM
 
áLbum pegatinas curso 2013 14
áLbum pegatinas curso 2013 14áLbum pegatinas curso 2013 14
áLbum pegatinas curso 2013 14
 
Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6
 
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
 

Último

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

Cataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinas

  • 1. cataplasma Revista escolar do CEIP Abanqueiro (Boiro) Nº 11 – Xuno do 2006 . Edición Impresa. Podes ve-la edición dixital en www.ceipabanqueiro.com Inauguramos páxina web: www.ceipabanqueiro.com O pobo saharaui: descubre cousas da súa vida. DIA DAS LETRAS GALEGAS: Manuel Lugrís Freire Natureza, deportes, pasatempos, páxinas literarias, viaxes… Lendas populares. Un agasallo no interior. CEIP ABANQUEIRO. Rúa Exipto 108, Abanqueiro - 15938 Boiro - A Coruña E ademais, información e ideas para Teléfono: 981848186 - FAX: 981847640 conseguir un mundo mellor. www.ceipabanqueiro.com ceip.abanqueiro@edu.xunta.es
  • 2. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. www.ceipabanqueiro.com Pois si! Como o escoitades! Este ano, puxémonos Qué como podes acceder á páxina?... é moi fácil… mans á obra, e non quixemos deixar pasa-la por suposto tes que ter conexión a Internet na casa; oportunidade de que o noso colexio estivese en xa a tés?... pois entón a que esperas para teclear Internet. Por iso, fixemos unha páxina web para que www.ceipabanqueiro.com poidas ver e acceder a un montón de cousas. Que non tes conexión!; vaia home! Pois nada, terás Temos fotos, traballos, e ata unha zona de que xuntarte con algún amigo ou amiga que participación para que estés sempre informado das amablemente che deixe conectar dende a súa casa. cousas que pasan no colexio. Pero aínda así, queremos invitar a todos: pais, nais, amigos, amigas, etc... a que pasen polo colexio se Pero por agora, estamos empezando, así que xa queren ver a páxina alí mesmo. estamos con ilusión para o vindeiro curso poñer máis cousas interesantes, e esperamos que todo o Veña, non quero entretervos máis, que hai moitas mundo participe coa súa colaboración e traballos. cousas que ver neste número de Cataplasma, e Ah! E queremos dicirvos que na páxina non só cando teñas un ratiño libre, pois conectádesvos e xa atoparás cousas para entreterte e pasa-lo rato, de nos diredes o que vos parece. seguro que hai moitos contidos que che poden servir para facer moitas cousas para o cole. Para ir enchendo boca, poñémosvos unha imaxe da páxina principal para que vexades como é. 2
  • 3. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. Xa estou aquí amiguiños, aínda que con algo de Anímovos a seguir traballando por un mundo máis retraso saio do meu escondedoiro para acudir á limpo, para iso temos que seguir “Reducindo” , miña cita con vós e enterarme de todo o que facedes “Reciclando” e tamén “Reutilizando” a cantidade por aquí. A verdade é que xa me enterei de moitas de lixo que producimos. cousas do Colexio navegando pola vosa páxina Quero aproveitar para despedirme das profes que web: xa sei algo das actividades, das saídas… e marchan, e tamén dos alumnos e alumnas de 6º, que outras cousas que aprendestes neste curso; por durante estes anos encheron as miñas páxinas coas certo, estades ben guapos nas fotos. súas colaboracións e desexarlles a todos moita sorte Vexo que aproveitades ben o tempo, bueno… o na nova etapa que van empezar. tempo e algo máis, porque seica moitos rapaces e E agora… invítovos a dar un paseo polas miñas rapazas deste cole aproveitaron ata o refugallo. Xa páxinas e lerme, porque ese é o meu obxectivo: vin que cos materiais de desfeito, que comunicar todo o que os nenos e nenas de aparentemente só serven para facer un bo montón Abanqueiro deixan nas miñas follas. de lixo, vós fixestes xoguetes, trebellos e ata instrumentos musicais! Paréceme moi interesante como traballo porque así buscades un proveito ós Cataplasma materiais de refugallo, e tamén porque cando poñedes a funcionar a vosa imaxinación e inxenio estades facéndovos máis imaxinativos e inxeniosos. Páxina web ……………………………. Pax 2 Editorial / Sumario ……………………………. Pax 3 Educación Infantil ……………………………. Pax 4 e 5 Educación infantil ……………………………. Pax 6 e 7 Educación Infantil ……………………………. Pax 8 e 9 O pobo saharaui ……………………………. Pax 10 e 11 Escribimos ……………………………. Pax 12 a 14 Lembrando os profes ……………………………. Pax 15 Natureza ……………………………. Pax 16 e 17 Letras Galegas ……………………………. Pax 18 a 21 Páxinas literarias ……………………………. Pax 22 e 23 Saídas ……………………………. Pax 24 a 26 Lendas ……………………………. Pax 27 a 33 Deportes ……………………………. Pax 34 e 35 Adiviñas ……………………………. Pax 36 a 38 Pasatempos ……………………………. Pax 39 e 40 3
  • 4. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. 3 anos Sabías que: o consumo enerxético que temos hoxe en día está poñendo en perigo o abastecemento das xeracións futuras porque se están acabando os recursos. Temos que usar conscientemente os recursos e utilizar enerxías renovables. 4
  • 5. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. Enerxías renovables: non estropean tanto o Medio e ademais non se gastan co paso dos anos. Un exemplo de enerxía renovable é a eólica, ou a enerxía solar. Coñeces algunha máis? 5
  • 6. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. 4 anos Le as etiquetas dos productos e observa a información medioambiental que ofrecen. Compra só aqueles que sean respetuosos co Medio. 6
  • 7. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. Elixe sempre que sexa posible envases de vidro, pois son máis fáciles de reciclar. E cando vaias de compras leva sempre ti as túas propias bolsas, carro ou cesta, así evitaremos a proliferación de bolsas de plástico, que custa moito eliminalas. 7
  • 8. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. 5 anos Rexeita productos que leven un envase excesivo xa que xeneran moitos residuos. Os envases de maior calidade son máis económicos e producen menos residuos; ademais, podemos reutilizalos. 8
  • 9. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. Compra as froitas e hortalizas a granel, rexeitando as que veñen envasadas en láminas de plástico ou bandexas. Interésate polos productos ecolóxicos. 9
  • 10. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. SAHARAUIS Que nome máis estraño! Un nome da cor da area. Coñecemos a Lalia que nos contou como era o sitio onde vivía. Non teñen casas pois viven en tendas de campaña no medio do deserto, por eso están tan morenos. Nós quixemos facerlles regalos e mandámoslles lápises, gomas, colores, libretas… para que debuxen o seu futuro e o pinten de verde palmeira e azul mar, e volvan á súa casa, ó seu país. Sabías que: no inverno, as temperaturas no Sáhara chegan a 10 grados baixo cero, ou sexa, que se conxela todo. E en verán o termómetro chega a marcar 50 grados. Imaxinádesvos estas temperaturas sen calefacción no inverno e sen ventilador no verán?. E por riba, a terra é tan mala que non se pode cultivar case nada. Debuxos feitos polos nenos e nenas de 1º Aforra auga: en moitos países (como no Sáhara) teñen necesidade dela e é un ben escaso. Dúchate en vez de bañarte e non deixes as billas abertas ou goteando. Non contamines a auga tirando lixo nela. 10
  • 11. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. Xogos e actividades Busca as 6 diferencias entre os debuxos: Une os puntos e descubrirás un dos animais que vive no deserto. Reutiliza: se tés algo que xa non che sirve ou non usas, non o tires. Pensa que moitos nenos coma os do Sáhara poden necesitalo e sacarlle proveito. Busca asociacións que aproveiten roupa usada, xoguetes que xa non utilizas, etc. 11
  • 12. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. UNHA HISTORIA DIFERENTE Este verán empezou moi tranquilo. Fun casi tódolos días á praia. Fun de campamento a Madrid en avión e do aeroporto a Ávila en autobús, foron tres horas. Montei a cabalo, en burro e escalei ata a cima da granxa por pedras que eran de escalar. Tireime da tirolina dúas veces. Fun cos compañeiros á horta, coidamos dos animais e reuníamonos para explicar algo. Un día, no campamento houbo un incendio e tivemos que irnos da granxa, mentres os coches nos levaban ó pobo, nós tranquilizábamos ós nenos pequenos. Pasoume o medo tranquilizando ós cativos. Paseino moi ben pero durante o incendio tivemos que pasar un día e unha noite nunha escola. Foi unha gran aventura. Ó volver fun ás festas de Boiro, da Pobra e de Noia. Celebrei o meu cumple e o da miña irmá. Este verán quedoume marcado. Empezou tranquilo e terminou “movidito”. Non tires lixo cando saias ó campo ou á praia. Non fagas lume fora dos lugares indicados e coida o Medio. É importante que non molestes ós animais que alí viven nin que arrinques plantas ou árbores. 12
  • 13. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. DESCRICIÓN: A MIÑA NAI. Miña nai é dunha estatura media, é morena, ten o cabelo escuro, largo e rizado. Os ollos son pequenos e de cor castaña. Ten o nariz pequeno. Ten a boca pequena, a cara tena un pouco redonda. Ten un carácter que cambia por momentos, hai veces que se enfada e outras que está alegre. Conmigo pórtase ben, axúdame moito, cóidame, dame cariño sobre todo cando estou enfermo. Ás veces xoga conmigo e pásoo moi ben. Gústalle o fútbol, ir á piscina, o motociclismo e a Fórmula 1. Para min é unha boa mamá, lévase ben cos meus amigos e ás veces xoga con eles. Gústame como fai de comer, sempre fai o que me gusta. Para miña nai con cariño. Reduce no posible o uso do papel: as altas cantidades de papel que se consumen na nosa sociedade son insostibles e as fábricas que o producen consumen grandes cantidades de auga e enerxía. Ademáis, as fábricas de papel son unhas das máis contaminantes. Usa o papel polas dúas caras, reutiliza papel “en sucio” e utiliza papel reciclado. O papel reciclado consume só o 10% de auga e o 55% da enerxía que se necesita para a fabricación de papel normal. Tira o papel e o cartón nos contedores especiais para o seu reciclado (os azuis). 13
  • 14. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. M ozart naceu en Salzburgo (Austria) o día 27 de xaneiro de 1756. Todo o mundo o coñeceu por Wolfgang Amadeus. Cantaba e tocaba moitos instrumentos: violín, órgano, viola, forte piano, calvicémbalo. Aprendeu música case sen darse conta, mentres observaba ó seu pai, que tamén era músico e á súa irmá que era a maior dos dous. Na súa cabeza e no seu corazón só cabía a música ata que descubriu as matemáticas. Falaba alemán, francés, italiano, e nunca foi á escola. Seu pai Leopoldo foi o seu mestre. Ós 5 anos compuxo a súa primeira obra. Seu pai presentou ós dous irmáns como nenos prodixios. Morreu ós 65 anos. Andrés e Iván. 5º Se compras productos cosméticos, elixe marcas ou tendas onde se garantice que non foron probados en animais. Compra tamén deterxentes respetuosos co Medio. 14
  • 15. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. Ola a todos, queriámosvos contar algo dos Pasamos o terceiro curso coa profe Mari que tamén profesores que tivemos durante estes anos que era estupenda . Organizaba obras , encantáballe pasamos aquí; xa que neste ano rematamos neste xogar.Que pena que se fose! Pero a vida segue… colexio. Pensamos en darlle unha pequeña homenaxe a eses “Mi Madriña”! en cuarto si que nos puxemos as profesores que nos viron medrar; aínda que moitos pilas , pois nese curso tocounos Justo e Carlos , e xa se foron a outros colexios. aínda os temos agora . No primeiro curso , cando pasamos da plastilina ás Ás veces son malos, pero a maioría son bos . Eles letras, tivemos a Berta, unha profe marabillosa.Ela teñen diferente personalidade. Carlos danos tres e máis “ Papelo”, un boneco, ensináronnos a contar, asignaturas. É moi pacienciudo sobre todo cos que ler, a escribir… non traballan. Justo é un adicto ós exercicios , encántalle poner exrcicios . Que sorte deben de ter agora os de terceiro!!! Bueno, dos dous podemos dícir que son bos. En segundo tamén nos tocou Berta.Agora si que nos tivemos que por as pilas! Tiñamos que contar de moitos máis, pero faríase pesado e para que non ocorra , querémoslle da-las Cada vez hai máis dificultades, pero con esta gracias a todos e que sepan que estamos moi profesora supérase calquera cousa. agradecidos por todo o que fixeron para axudarnos. Rebeca e Fabiola 6º. Non compres productos que veñan en sprays e en aerosois. Existen outros productos que non perxudican tanto a capa de ozono, e polo tanto non favorecen o efecto invernadoiro, coma por exemplo: vaporizadores, desodorantes de tubo, etc. ¿Qué é o efecto invernadoiro? O efecto invernadoiro prodúcese, porque a capa de ozono que cubre a terra estase destruíndo polos gases contaminantes (fume de coches, fábricas, etc). Esta capa é a encargada de protexernos dos raios do sol, pero como está tan deteriorada a temperatura da terra está cambiando e prodúcense cambios no clima que afectan as plantas, animais, … e en xeral á vida normal na terra. 15
  • 16. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. O noso colexio está a participar tamén no PROXECTO RÍOS, unha iniciativa da Asociación Adega para coida-los ríos de Galicia. En Boiro, estamos a desenvolve-lo proxecto no Río Coroño, ó cal xa fixemos una visita. Lembra, máis información e fotos en www.ceipabanqueiro.com 16
  • 17. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. Nin que dicir temos, que ós nenos e nenas de Abanqueiro lles encanta a natureza. E por iso, Plantando árbores cada día fan o posible por coidala para poder O coidado da natureza pasa por non destruíla, disfrutar dela. pero tamén por tratar de mellorar todo aquilo Neste número de Cataplasma, queremos facer que xa está estropeado. fincapé na importancia de coida-lo noso Unha boa maneira e repoboando e plantando entorno, e para iso, nada mellor que coñecelo árbores. en profundidade para valorar a importancia E no cole de Abanqueiro sabemos diso, porque que tén. este ano utilizamos o patio do colexio para plantar árbores: os de 1º e 2º plantaron 2 Traballos con refugallo. carballos, os de 3º e 4º plantaron 2 faias e os de Botándolle imaxinación, podemos facer un 5º e 6º plantaron 2 nogais. montón de cousas para xogar e divertirnos, e de paso, aproveitar para coida-lo medio. Lembra, que calquer cousa que fagas para coida- la natureza debe cumprir a “Norma das 4 R”: Reduce, Recupera, Reutiliza e Recicla. Sabías que: en Boiro hai un sitio Os nenos e nenas de Abanqueiro sábeno ben, e que lle chaman “Punto Limpo de por iso este ano fixeron xoguetes e instrumentos Espiñeira” para leva-los electrodomésticos vellos. musicais con refugallos: baterías, guitarras, Efectivamente, está en Espiñeira, e alí hai que castelos, naves espaciais, bonecas, etc… levar tódolos aparellos vellos que xa non utilicemos para que sexan reciclados Animámosche a que ti tame´n os fagas, e se axeitadamente. queres, tráesnoslo para quitarlle unha foto e poñelo na nosa páxina Web. O Encoro de Cecebre. Cecebre é un sitio que está preto de A Coruña. Sabías que: as pilas producen Alí hai un encoro, é dicir, un embalse que enerxía 450 veces máis cara cá recolle auga dun río. eléctrica e son moi O sitio é moi bonito e podemos ver nel diferente contaminantes. fauna e flora. Nós este ano non quixemos perde- Pois xa sabes, non utilices aparellos que la oportunidade de visitalo e… carai! que ben o funcionen con pilas, e se tes pilas usadas, tiraas pasamos: vimos patos, un formigueiro, menta nos contedores que hai para pilas. acuática…ummm! que ben ulía… e moitas máis cousas. Se tés oportunidade é un sitio que tes que Cada sitio coa súa folla. visitar. Se vés ó cole de Abanqueiro, non preguntes onde está a aula de primeiro, ou a aula de video… Naturnova. Por que?... home! Claro que temos Outra das visitas que fixemos este aulas como tódolos colexios, pero ocorréusenos ano foi a Naturnova, que é un chamarlles de diferente maneira. Centro Interactivo de Educación A ver que vos parece: escollemos unhas follas das Medioambiental… Vamos! Que aprendes cousas da árbores do patio e puxémolas nas portas do natureza xogando con ordenadores e cousas así. Se colexio. Así, por exemplo, a aula de terceiro ten a queres ir velo está en Vigo. folla do bidueiro ou Betula Pendula ( o seu nome científico). Lembra que toda esta información e fotos está dispoñible en www.ceipabanqueiro.com 17
  • 18. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. MANUEL LUGRIS . biografia Utiliza a lavadora e o lavalouza a carga completa. E na cociña evita os rolos de papel, mellor utiliza trapos de cociña que se poidan lavar. 18
  • 19. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. Sabías que: as bombillas de baixo consumo son máis caras cando as compramos, pero resultan moito máis baratas porque duran moitísimo máis e gastan menos. Procura non deixa-las luces acendidas inutilmente, e utiliza bombillas de baixo consumo. Aparte de coida-lo Medio aforraremos cartos. 19
  • 20. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. manuel lugris - obra Na cociña: evita usar papel de aluminio. Mellor fornos a gas (especialmente gas natural). Resulta máis barato e o Medio salirá máis favorecido. Compra productos de limpeza respetuosos co Medio. 20
  • 21. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. Non compres mobles elaborados con madeiras tropicais. Mellor mobles feitos por empresas comprometidas co medio e de árbores plantadas específicamente para a producción de mobles. 21
  • 22. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. rimas Eu falo galego Neno, neniño canto máis, máis falo fala galego máis aprendo. fala galego que che vai axudar Rapaciña, rapaciña ti escoita esta rima Sube, sube porque vas a aprender baixa, baixa que o galego tamén se O galego sempre medra. fala ó revés. Un río Un mar O galego Un mundo. “FALA SEMPRE GALEGO” Puri, Jessica, María, Alba, Alex, Ramiro. 5º Sabías que: o 17 de maio (Día das letras Galegas) o Concello de Boiro celebrou o II Certame Letras Galegas 2006, que consistía en elaborar un marcapáxinas que estivera relacionado coa lingua galega. O noso cole participou e como somos tan listos, recibimos varios premios. Aí van os nomes dos premiados. Enma Ordóñez Lojo de 1º . Yago Araújo Piñeiro de 3º Daniel Pérez Romero de 6º. Noraboa a tódolos participantes.! 22
  • 23. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. critica literaria Este ano, os cursos de terceiro, cuarto, quinto e sexto leron libros de Marilar Aleixandre. Ademáis contamos coa súa visita e veunos a contar moitas cousas da súa obra. Por suposto, non faltaron as preguntas dos nenos e nenas do Colexio. Máis información en www.ceipabanqueiro.com , alí poderás ver fotos da visita. Tres foron os libros de Marilar que tivemos a videoxogos, o ordenador e a televisión, temos oportunidade de ler. Todos eles moi entretidos, pero moitas e máis variadas formas de divertirse. con historias moi diferentes. Por suposto, sobra dicir que vos recomendamos a todos e todas as que non os lestes, que vos En terceiro e cuarto leron “O Trasno de animedes, porque de seguro que vos van gustar, ou Alqueidón”, que trata de dous nenos (Diego e Inés) iso foi o que lle dixeron todos a Marilar cando nos que atopan un trasno no faiado da súa casa, e “A visitou. formiga coxa”, na que se nos conta a historia dunha formiga coxa, dunha ra peluda e dunha cobra Marilar contounos moitas cousas que non sabiamos chosca, que pasan diferentes aventuras nunha viaxe. dos seus libros, e logo contestou a tódalas preguntas que lle fixemos. Poidemos descubrir que hai que ter En quinto e sexto, animáronse cunha historia de moita imaxinación para escribir, e adicarlle moito dragóns: “Nogard”, que si es avispado e te fixas tempo a facer un bo libro... e decatámonos tamén ben, verás que o título é a palabra “dragón” ó reves. que calquer mundo é posible: basta con que o Neste libro adentrarémonos na historia do dragón imaxinemos para que se faga realidade. Nogard, e descubriremos como aparte dos Crítica literaria dos libros “O Trasno de Alqueidon” e “A formiga coxa” Por Brais Vicente Buceta 4º A formiga coxa foi amiga de dous animais: a ra peluda e a cobra chosca foron na procura dun mundo onde non se burlaran delas. Foi unha viaxe chea de aventuras. Ás tres amigas acompañounas o rato de biblioteca. A min este conto gustoume moito porque me gustan as ras e as serpes. O conto do trasno gustoume moito porque eu son un trasno. O trasno tiña que ir buscar cousas a sitios diferentes para darllos a Diego e Inés. Cada animal debe vivir no seu entorno. Non teñas na casa animais que poidan sufrir por estar pechados. Os animais tropicais non son para ter nunha casa, deben estar no seu Medio. Se tes algún tipo de animal doméstico, lembra que non son un xoguete e debes coidalos con responsabilidade. Non maltrates os animais da rúa, e se ves algún ferido ou abandonado chama á protectora de animais do Concello. 23
  • 24. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. visita a santiago O 31 de maio fomos a… Santiago! Despois fomos a comer, tiñamos moita fame! Cando chegamos tiñamos tempo e vimos as Logo visitamos o Museo de Historia Natural e pistas deportivas do campus da universidade. vimos moitos animais disecados: ratos, Despois fomos ó observatorio, vimos catro crocodilos… Na sala de botánica vimos como telescopios, o máis antigo comprouno Ramón se prensan as plantas e tamén unha colección Aller en 1925 e aínda funciona. No xardín de cogomelos. A seguinte sala era de vimos a estación meteorolóxica. xeoloxía: había esmeraldas, rubís… e ouro Tamén fomos ó Museo do Pobo Galego, alí recollido na praia de Barraña. Chegamos de había embarcacións: gamela da Guarda, traíña volta e ó vir foi a mesma historia que ó ir. e dorna. Había unha escaleira rara de tres Eu se fora ti iría a Santiago porque alí hai escaleiras, é unha escaleira triple helicoidal e moitas cousas interesantes. Non sabes todo o xa ten máis de 300 anos. que aprendemos nós! Fomos a outra sala que era de oficios: zoqueiros, ferreiros… Esmeralda, Yago e Emilio. 3º Aproveita luz natural. Cando esteas na casa, sempre que poidas usa a luz natural antes de acende-las lámpadas: abrindo ben as ventás, a maioría das veces podemos ver perfectamente coa luz exterior. Fai o mesmo coa calefacción, sempre que poidas, airea a casa abrindo as ventás e non uses aparellos de aire acondicionado. 24
  • 25. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. visita a vigo Cando fomos a Vigo de excursión illa de Toralla e alí hai un edificio vimos a paisaxe dende o miradoiro altísimo. da Madroa, dende alí víase a ría de Vigo é unha cidade moi grande, Vigo: á dereita Cangas, á esquerda con moitos edificios, entre eles Vigo e diante as illas Cíes que destaca, no medio da cidade, un parecen enormes montes no medio edificio verde que é un hospital. do mar, alí hai especies protexidas Pola ría había barcos e bateas. porque estas illas forman parte do Tiñas que velo, é bonitísimo! parque natural das Illas Atlánticas. Tamén se vía unha illa pequeniña Lidia e Sergio. 3º unida a Vigo por unha ponte, era a No transporte trata de optimiza-lo uso do automóbil: se vas de viaxe compartide o coche cos compañeiros e compañeiras, ou usade o transporte público. Verifica o tubo de escape, non tires aceite, etc. O medio de transporte máis ecolóxico para longas distancias é o ferrocarril. 25
  • 26. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. imos o teatro Hoxe día 7-10-2005 fomos ver unha obra de teatro titulada “Papirus”. Trataba de dúas persoas que perderon todo na guerra e tiñan que durmir na rúa con papeis. O home sacou papeis do bolsillo, logo enganchounos e construíron unha casa de papel. Máis tarde o home sacou dun baúl un papel xigante e colgouno tamén para explica-las súas vidas. A muller chamada Pap sacou unhas sementes máxicas, plantáronas e de repente, naceu un mundo novo. Ó final, abriron un baúl e saiu un globo que significaba que nacera un mundo novo sen guerras. FIN Héctor e Pablo 5º Sabias que: moitas das guerras que hai no mundo prodúcense por cuestións económicas relacionadas cos recursos naturais. O petroleo é un ben escaso que move moitos cartos, e son moitos os países que están enfrontados pola súa causa. A distribución dos recursos no mundo é moi desigual: uns paises disfrutan deles, e outros teñen que pagar un alto prezo por acceder ós recursos. Ademáis, os paises máis ricos explotan os recursos dos países máis pobres. Temos que facer unha boa xestión dos recursos, accedendo a eles por igual e en beneficio de todos. Lembra que mentres ti disfrutas de moitas cousas que parecen abundantes, outra xente non ten esa facilidade. 26
  • 27. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. LENDA DE SAN MARTIÑO Hai unha vella lenda que conta que en San Martiño hai unha pedra á que van as persoas frotar as frieiras. Din que se frotas as frieiras desaparecen. A cambio botábaselle unha moeda ó santo. Alejandro 4º Separa a basura que xeneres na túa casa. Como mínimo debes ter 4 recipientes: un para materia orgánica, un para envases lixeiros (latas, brics, plásticos…), un para vidros e outro para papeis. 27
  • 28. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. LENDA Do vello e o can de ribeira Fai xa anos, había un vello que cando ía ó mar levaba o can canda él ata a praia. O can quedaba mirando para o mar, polo sitio polo que él marchaba ata que o vello voltaba. Un día, non se sabe ben polo que, o vello non voltou e o can quedou mirando para o mar. O cabo dun tempo o can morreu de tristeza, e o sobriño do vello enterrouno. Sabías que: cada día estanse extinguindo especies de animais e plantas. Isto quere dicir que as especies que desaparecen nunca máis se van a recuperar, nin poderemos velas e disfrutar delas. É unha pena!!! A súa desaparición é debida á influencia do home. 28
  • 29. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. Algún tempo despois, o sobriño foi dar un paseo coa moza pola praia e atopouse ó can mirando para o mar, o rapaz chamou por el, “Tuno”, para ver se era o can do seu tío, cando este virou a cabeza, e quedou mirando para el. O sobriño colleu tal medo que marchou para a casa a todo correr e encerrouse na súa habitación ata que morreu, ninguén sabe porque. Aínda hoxe hai quen di que se ve ó can ollando para o mar no aniversario da desaparición do seu dono. Brais 4º. Sabias que: unha capa de 5mm de espesor de xeo no conxelador, supón un 20% máis na factura eléctrica. Desconxela a miúdo o conxelador se forma xeo. Cando o conxelador ten xeo, non conxela axeitadamente e consume máis. 29
  • 30. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. LENDAs sobre o “castro do neixon” Unha parteira de Nine foi chamada unha noite por un home descoñecido para asistir nun parto. A parteira receaba ir, mais o home deulle azos e tróuxoa ó Neixón a unha cova onde se atopaba a parida. Asistiuna e voltou para a casa. Pasado o tempo topou na feira de Noia co home que a avisara aquela noite, e preguntoulle pola muller que ela asistira. O home díxolle: - E logo, aínda me coñeces? - Coñezo, si señor. - Pois pecha un ollo. A parteira pechouno. - Agora xa non me miras máis, dixo o home, e deixouna chosca. - A parteira, co ollo aberto que lle quedaba, non o puido mirar máis. Enma 4º O coidado do Medio non só implica coida-los animais e a vexetación. Se destruímos un monumento ou un edificio antigo, estamos destruíndo parte da nosa historia, e son elementos importantes do Medio. Os castros son abundantes en Galicia, pero a maioría deles están moi descoidados porque a xente non se preocupa. Temos que ser respetuosos e colaborar no coidado dos achádegos arqueolóxicos. Cando os visitemos só temos que mirar, sen tocar nin coller nada e sen andar por riba das pedras. 30
  • 31. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. LENDAs sobre o “castro do neixon” O Castro Grande e máis o Castro Pequeño foron trincheiras dos mouros, e neles defendéronse antes de seren desbotados desta terra. Belén 4º. Entre a Punta do Neixón e a antiga torre, hoxe desfeita, de Rianxo, había unha mina por debaixo do mar, e aínda hai pouco tempo víase a súa entrada, que era moi fonda e tiña un letreiro para que a xente se temese de entrar nela. Outros din que entre o Neixón e a torre había unha trabe de ouro. Sabías que: o Castro de Neixón ten máis de 2.500 anos nel atopáronse importantes restos arqueolóxicos. 31
  • 32. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. as campas de corrubedo Contan que debaixo das dunas de Corrubedo existe unha igrexa co seu campanario. Din que cando vai vir mal tempo, soan as campás do campanario enterrado para avisar ós mariñeiros que están no mar, que vai vir mal tempo. Desa maneira os mariñeiros volven cos seus barcos á terra para non ter accidentes. Neo 4º Aínda que non o pareza, as dunas son un medio natural onde viven moitos animais e plantas diferentes. Desafortunadamente, moitas dunas están desaparecendo xa que son moi delicadas: temos que evitar, na medida do posible, o tránsito de persoas e vehículos por riba delas. 32
  • 33. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. LENDA DE “LOUSAME” Contaba a miña bisavoa que había unha lenda do lugar de onde era ela, isto é na aldea de Comparada, Concello de Lousame. Hai nesta aldea un monte, redondo, amurallado todo ó redor, menos unha entrada, chamada o Castro, que foi habitado polos mouros. E conta a lenda que estes tiñan enterrado un gran tesouro, pero para chegar a el non é tan doado, pois deixáronlle moitos perigos e alimañas, para que o que intentase collelo perdera a súa vida. Por iso a xente non o intentou ata o día de hoxe. Sergio 4º Moita xente, crendo en lendas de tesouros, destruíron importantes restos arqueolóxicos que xa son irrecuperables. Afortunadamente iso pasaba máis no pasado, e na actualidade, as únicas escavacións que se fan é para poder estudia-los restos e saber algo máis do noso pasado. 33
  • 34. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. Sabes onde imos? Sabías que: moitos deportes non son respetuosos co Medio. Por exemplo, algunhas carreiras de coches pasan por zonas naturais, por pistas, etc e destrúenas. Ademais, os deportes de motor gastan moito combustible e contaminan. Aínda así, hai moitos deportes en contacto coa natureza e que nos sirven para disfrutar do Medio. 34
  • 35. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. xornadas deportivas Este foi un ano intenso no noso colexio, fixemos segundas xornadas foron o día 8 de xuño, e agora moitas cousas, e saímos a ver un montón de sitios. tocáballe o turno ós nenos e nenas de 3º e 2º. Pero tamén tivemos a sorte de recibir a visita dos Novamente xogamos a reo no pavillón e no patio do nenos e nenas de Escarabote, cos que xogamos e colexio. competimos en diferentes deportes. A nós gústanos gañar, e supoño que a eles tamén, Estivo todo moi ben, e o mellor de todo é que pero xa sabemos que o deporte é algo máis ca practicamos moitos deportes e xogos: fútbol, competir. Do que se trata e de que nos xuntemos, baloncesto, etc… e xogos populares, que a verdade fagamos amigos e amigas e disfrutemos pasándoo é que son moi entretidos!. ben. Esperamos que para próximos anos se sigan O primeiro día que nos xuntamos foi o 25 de maio, organizando este tipo de xornadas. Pero o que é e no patio do colexio e máis no pavillón, xogaron os máis importante, ogallá veñan moitos máis nenos e nenas de 4º, 5º e 6º dos dous colexios. colexios, así poderemos divertirnos máis e facer moitos amigos e amigas. Logo, outro día xuntámonos outravez, porque a verdade é que nos quedou moi bo sabor de boca. As Vémonos o ano que vén, e ide entrenando eh! Así o pasei nas Xornadas O 25 de maio, viñeron os do colexio de Escarabote a competir. Xogamos os de 4º, os de 5º e os de 6º. Participamos no baloncesto e no fútbol. Tamén se podía xogar ós zancos, ós birlos, etc. Pero eses non eran obrigatorios. Non se gañou en todo pero pasámolo moi ben. Neo 4º. As olimpiadas. O día 25 de maio do 2006, viñeron os de Escarabote ó noso colexio. Primeiro dividímonos: os de Escarabote a un lado e nós ó outro. Espezamos con un partido de baloncesto. Ganámoslle 24 a 4. Foi espectacular. Despois xogamos ó fútbol, e ganá,oslle outravez. E logo saímos a fóra do pavillón e fixemos o xogo de tirar á corda, e gañáronnos eles. Ó final, os de Escarabote xa marchara. David 4º. Elixe sempre deportes respetuosos co Medio, e cando os practiques lembra que non debes afectar ó teu entorno: non rompas árbores nin plantas, non molestes os animais e deixa todo como estaba. Ademais de estar en contacto coa natureza, axudaranche a relaxarte e a sentirte mellor. 35
  • 36. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. ADIVIÑAS Na túa casa seguro que usas moitas cousas que contaminan máis do que pensas. Non só basta con reciclar papel, vidro, plásticos,etc. Sabías que os cartuchos de tinta da impresora contaminan moitísimo, e que poden entregarse para reciclar? 36
  • 37. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. ADIVIÑAS Sabias que: aparte de reciclarse, os cartuchos de tinta da impresora poden recargarse e reutilizarse. Pregunta na tenda e verás. Ademais así aforras moitos cartos. 37
  • 38. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. ADIVIÑAS Unha cousa que seguro usas moito e que tamén contamina e ademais é moi tóxico é o “tipex”. Realmente na escola non fai falta usalo. Se te equivocas, tachas cunha liña e xa está. A natureza agradeceracho… 38
  • 39. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. Busca os 6 nomes de profes do cole. Pista, pistiña che dou, busca polas esquinas, pois alí atoparás algún, catro só atoparás, pero se miras ben, polo medio, os seis axiña terás. Quen será, será…? O _ _RE_ _OR DO C_ LE É C _ R _ O _ Que…? Fòronche faciliños estes pasatempos? Pois prepárate que os sete erros aquí che agardan. (Ángela 6º) So nós sabemos como coida-lo Medio. Se tes imaxinación e interese ocurriránseche un montón de cousas que podes facer para non contaminar, non gastar auga, electricidade, non molestar ós animais e prantas, etc… 39
  • 40. CATAPLASMA: revista escolar CEIP Abanqueiro. Nº 11 – xuño 2006. Brais 5º A ver que sabes de Manuel Lugrís Freire. 1. Lugar de nacemento 2. Nome do seu irmá maior. 3. A onde emigra. 4. Libro de poesías. 5. Nome da súa filla. SOLUCIÓNS: A revista CATAPLASMA publicou o seu primeiro número no ano 1995. Dende aquela lévanse publicados xa 11 números (10 numerados e un non numerado no ano 1997). Con esta edición, por primeira vez, publícase tamén en formato dixital para consultar na web do colexio. www.ceipabanqueiro.com 40