SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 8
As sereas de NENA
E O MAR
Adriana, Ruth, Alejandro e Miguel
SEREAS NA MITOLOXÍA:
 Na mitoloxía grega, unha serea é unha ninfa filla do río Aqueloo, o maior
río de Grecia, e dunha musa, Calíope para uns, Terpsícore, para outros.
Segundo outras versións, filla de Forcis e Xea. Cos seus cantos engaiolaba
os mariñeiros e provocaba a súa morte contra os cantís que arrodeaban a
súa illa. Segundo a tradición grega, as sereas vivían nos cantís das costas
(Lenda das Sereas), como podemos ver nos gravados do mito de Ulises.
 Aínda que este ser mitolóxico vénnos de herdanza do mundo grego,
pénsase que a súa orixe é anterior, Persa ou Indoeuropeo.
HISTORIAS DAS SEREAS:
 O seu nome provén do termo latino siren, que á súa vez provén do grego seirên,
da palabra seira, "lazo", "corda", que fai referencia ao seu poder cativador.
 A primeira mención ás sereas provén da Odisea, de Homero. Na viaxe de Ulises, a
deusa Circe advírtelle do perigo que significan os cantos das sereas, coas que se
atopará na viaxe. Dille que son tan sedutoras que quen escoita o seu canto perde
o sentido, desatendendo o navío de tal forma que terminará batendo contra as
rochas. Para vencer o perigo ordena á tripulación que se poñan todos cera nos
ouvidos para non oiren o canto pero, como el non quere perderse a experiencia
de escoitar tal melodía, manda que lle amarren ó mastro e que logo non o
desaten por máis que el o ordene. Deste xeito Ulises consegue superar sen
problemas a illa das sereas.
CARACTERÍSTICAS:
 A serea é un ser mitolóxico, orixinalmente descrita como corpo de ave e cabeza
humana, que ben podía ser home ou muller. Co paso dos séculos vai predominando
cada vez máis a figura feminina, aínda que na iconografía relixiosa seguen aparecendo
sereas con cabeza de home ata ben entrada a Idade Media.
 A serea simboliza a sedución, de aí que tome forma feminina. A tal fin utiliza o canto
ou a música, o que explica que por veces apareza con instrumentos musicais, como a
lira. Busca seducir os homes para levalos ó pecado ou á morte, física ou espiritual.
Como símbolo que indica este obxectivo incorpora moitas veces a serpe: serpes que lle
saen da boca, longos cabelos que rematan en cadansúa serpe, pescozo estilizado que
semella o dunha serpe ou rabo de serpe no canto do rabo de ave que lle sería propio.
Noutras representacións aparecen acompañadas ou entrelazadas con serpes.
 Dentro da intención moralizante da arte medieval, nalgúns capiteis
reflíctese a loita contra o pecado (en forma de serea). Así, pódense ver
casos nos que unha figura humana agarra a serea polo pescozo, tenta
cortarlle a cabeza cunha espada ou abatela cun garrote. Outras veces a
serea aparece atacada -mesmo xa trabada- por cans, leóns ou dragóns.
 No século XII, o sacerdote e teólogo Honorio de Autun identificaba as
sereas con tres pecados capitais: o canto, a voz, simbolizaba a avaricia; a
frauta, a soberbia; e a lira, a luxuria. Profundando no significado cristián
da lenda das sereas, Ulises sería o pobo cristián, o sabio; a nave na que
viaxan sería a Igrexa; o mastro ó que se mandou atar Ulises, a cruz; e a
cera coa que se mandou tapa-los oídos, Cristo.
Xa nos séculos XII-XIII comezan a aparecer as sereas-peixe: metade
superior de muller (torso, brazos e cabeza) e metade inferior de
peixe (abdome e o que serían as pernas). Esta morfoloxía muller-
peixe recibe o nome de Nereida.
SEREAS EN GALICIa:
 A figura da serea, tanto como ave como en forma de peixe, é frecuente na imaxinería relixiosa galega.
Pódese ver en capiteis ou bases das columnas dos apóstolos e profetas dos pórticos das catedrais de
Santiago ou de Ourense, así como en metopas, canzorros ou nas paredes das igrexas de San Domingos de
Bonaval, de Ribadavia, Portomarín, Betanzos, Breixa (Silleda) etc. Tamén aparecen nalgunhas letras
capitulares das Cantigas de Santa María e nos doseletes no coro pétreo do Mestre Mateo.
 Quizais relacionada coas sereas que seducían os mariñeiros para levar os barcos contra os cantís, na Costa
da Morte existe a crenza que asimila as sereas coas bruxas, que teñen o poder de voar.
 Vicente Risco di que non foi quen de recoller en Galicia ningunha tradición popular nin lenda relacionada
coas sereas, aínda que si en Portugal. Non obstante, outros etnógrafos si que atoparon lendas e contos
sobre sereas, tanto de mar (por exemplo, as que habitan nas Illas Miranda, na ría de Ares, ou na praia de
Mogor, Marín), como de auga doce (por exemplo, as que viven no regato do Bao, en Sober, Lugo).
SEREAS NA HERÁLDICA:
 A figura da serea (muller-peixe ou nereida)
está presente na heráldica. Un escudo galego
no que figura unha serea é o dos vizcondes
de Fefiñáns. Pode verse na fachada lateral do
Pazo de Fefiñáns, así coma na capela do
pazo.
 Castelao tomou a imaxe dunha serea para
deseñar o seu escudo da Galiza para a época
da república co lema inscrito Denantes
mortos que escravos.
FIN
RUTH,ADRINA ,ALEX E MIGUEL

Mais conteúdo relacionado

Destaque

Sereas e mariñeiros
Sereas e mariñeirosSereas e mariñeiros
Sereas e mariñeirosceip Seara
 
Traballo mafalda
Traballo mafaldaTraballo mafalda
Traballo mafaldaceip Seara
 
Astérix o galo
Astérix  o galoAstérix  o galo
Astérix o galoceip Seara
 
A banda deseñada slide
A banda deseñada   slideA banda deseñada   slide
A banda deseñada slideceip Seara
 
Presentación banda deseñada 6ºB
Presentación banda deseñada 6ºBPresentación banda deseñada 6ºB
Presentación banda deseñada 6ºBceip Seara
 
Músicos do Pórtico da Gloria
Músicos do Pórtico da Gloria Músicos do Pórtico da Gloria
Músicos do Pórtico da Gloria ceip Seara
 
Traxe tradicional galego definitivo
Traxe tradicional galego definitivoTraxe tradicional galego definitivo
Traxe tradicional galego definitivoceip Seara
 
Abella para rapaces
Abella para rapacesAbella para rapaces
Abella para rapacesceip Seara
 
O traxe rexional galego present. pp 97-2003
O traxe rexional galego present. pp 97-2003O traxe rexional galego present. pp 97-2003
O traxe rexional galego present. pp 97-2003ceip Seara
 

Destaque (15)

L`anguleru
L`anguleruL`anguleru
L`anguleru
 
L´esteru
L´esteruL´esteru
L´esteru
 
Olentzero
OlentzeroOlentzero
Olentzero
 
Sereas e mariñeiros
Sereas e mariñeirosSereas e mariñeiros
Sereas e mariñeiros
 
Zipi e zape
Zipi e zapeZipi e zape
Zipi e zape
 
Traballo mafalda
Traballo mafaldaTraballo mafalda
Traballo mafalda
 
Astérix o galo
Astérix  o galoAstérix  o galo
Astérix o galo
 
A banda deseñada slide
A banda deseñada   slideA banda deseñada   slide
A banda deseñada slide
 
Manga
MangaManga
Manga
 
Presentación banda deseñada 6ºB
Presentación banda deseñada 6ºBPresentación banda deseñada 6ºB
Presentación banda deseñada 6ºB
 
Músicos do Pórtico da Gloria
Músicos do Pórtico da Gloria Músicos do Pórtico da Gloria
Músicos do Pórtico da Gloria
 
Traxe tradicional galego definitivo
Traxe tradicional galego definitivoTraxe tradicional galego definitivo
Traxe tradicional galego definitivo
 
Hms serpent
Hms serpentHms serpent
Hms serpent
 
Abella para rapaces
Abella para rapacesAbella para rapaces
Abella para rapaces
 
O traxe rexional galego present. pp 97-2003
O traxe rexional galego present. pp 97-2003O traxe rexional galego present. pp 97-2003
O traxe rexional galego present. pp 97-2003
 

Semelhante a As Sereas

O mar mitoloxía
O mar mitoloxíaO mar mitoloxía
O mar mitoloxíaiesasorey
 
Deuses nas moedas
Deuses nas moedasDeuses nas moedas
Deuses nas moedasdepgrego
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegasagarridog
 
Deuses menores e seres míticos
Deuses menores e seres míticosDeuses menores e seres míticos
Deuses menores e seres míticosSusana Losada
 
O entroido en Galicia
O entroido en GaliciaO entroido en Galicia
O entroido en Galiciabibliobrozos
 
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014REME BUDIÑO
 
O cosmos semana cultural 2017 - versión final
O cosmos   semana cultural 2017 - versión finalO cosmos   semana cultural 2017 - versión final
O cosmos semana cultural 2017 - versión finalMatilde De Cal Cortina
 
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdfAlquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdfmentirosasoy
 
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixidoAlquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixidomentirosasoy
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec escanagagon
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec escanagagon
 
Eu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e tiEu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e tiiesasorey
 
Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galizanoagaliza
 
Mitoloxia da auga
Mitoloxia da augaMitoloxia da auga
Mitoloxia da augaiesasorey
 
Toponimia de silleda ii (cervaña, cira, cortegada, chapa)
Toponimia de silleda ii (cervaña, cira, cortegada, chapa)Toponimia de silleda ii (cervaña, cira, cortegada, chapa)
Toponimia de silleda ii (cervaña, cira, cortegada, chapa)As Ferreiras Silleda
 
Album seres fantasticos
Album seres fantasticosAlbum seres fantasticos
Album seres fantasticosaceipdarbo
 

Semelhante a As Sereas (20)

O mar mitoloxía
O mar mitoloxíaO mar mitoloxía
O mar mitoloxía
 
Cantos de sereas
Cantos de sereasCantos de sereas
Cantos de sereas
 
Deuses nas moedas
Deuses nas moedasDeuses nas moedas
Deuses nas moedas
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
 
Deuses menores e seres míticos
Deuses menores e seres míticosDeuses menores e seres míticos
Deuses menores e seres míticos
 
Seres mitolóxicos
Seres mitolóxicosSeres mitolóxicos
Seres mitolóxicos
 
O entroido en Galicia
O entroido en GaliciaO entroido en Galicia
O entroido en Galicia
 
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
 
O cosmos semana cultural 2017 - versión final
O cosmos   semana cultural 2017 - versión finalO cosmos   semana cultural 2017 - versión final
O cosmos semana cultural 2017 - versión final
 
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdfAlquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
 
O entroido
O entroidoO entroido
O entroido
 
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixidoAlquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 
Eu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e tiEu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e ti
 
Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galiza
 
Mitoloxia da auga
Mitoloxia da augaMitoloxia da auga
Mitoloxia da auga
 
Toponimia de silleda ii (cervaña, cira, cortegada, chapa)
Toponimia de silleda ii (cervaña, cira, cortegada, chapa)Toponimia de silleda ii (cervaña, cira, cortegada, chapa)
Toponimia de silleda ii (cervaña, cira, cortegada, chapa)
 
Album seres fantasticos
Album seres fantasticosAlbum seres fantasticos
Album seres fantasticos
 

Mais de ceip Seara

Animais dos continentes
Animais dos continentesAnimais dos continentes
Animais dos continentesceip Seara
 
Animais vertebrados do mundo
Animais vertebrados do mundoAnimais vertebrados do mundo
Animais vertebrados do mundoceip Seara
 
Animais vertebrados
Animais vertebradosAnimais vertebrados
Animais vertebradosceip Seara
 
Traballo: Vertebrados do Mundo
Traballo: Vertebrados do MundoTraballo: Vertebrados do Mundo
Traballo: Vertebrados do Mundoceip Seara
 
Entrevista aos avós
Entrevista aos avósEntrevista aos avós
Entrevista aos avósceip Seara
 
O microscopio emma
O microscopio emmaO microscopio emma
O microscopio emmaceip Seara
 
A electricidade
A electricidadeA electricidade
A electricidadeceip Seara
 
Gafas e lentes
Gafas e lentesGafas e lentes
Gafas e lentesceip Seara
 
A camara fotografica aitor
A camara fotografica aitorA camara fotografica aitor
A camara fotografica aitorceip Seara
 
Presentación tecnoloxía
Presentación tecnoloxíaPresentación tecnoloxía
Presentación tecnoloxíaceip Seara
 
Gastroscopia presentar junio 2018
Gastroscopia presentar junio 2018Gastroscopia presentar junio 2018
Gastroscopia presentar junio 2018ceip Seara
 

Mais de ceip Seara (20)

INVERTEBRADOS
INVERTEBRADOSINVERTEBRADOS
INVERTEBRADOS
 
Animais dos continentes
Animais dos continentesAnimais dos continentes
Animais dos continentes
 
Animais vertebrados do mundo
Animais vertebrados do mundoAnimais vertebrados do mundo
Animais vertebrados do mundo
 
Animais vertebrados
Animais vertebradosAnimais vertebrados
Animais vertebrados
 
Traballo: Vertebrados do Mundo
Traballo: Vertebrados do MundoTraballo: Vertebrados do Mundo
Traballo: Vertebrados do Mundo
 
Entrevista aos avós
Entrevista aos avósEntrevista aos avós
Entrevista aos avós
 
O submarino
O submarinoO submarino
O submarino
 
O microscopio emma
O microscopio emmaO microscopio emma
O microscopio emma
 
O ferrocarril
O ferrocarrilO ferrocarril
O ferrocarril
 
Reloxos (1)
Reloxos (1)Reloxos (1)
Reloxos (1)
 
Raios X
Raios XRaios X
Raios X
 
A electricidade
A electricidadeA electricidade
A electricidade
 
Gafas e lentes
Gafas e lentesGafas e lentes
Gafas e lentes
 
A camara fotografica aitor
A camara fotografica aitorA camara fotografica aitor
A camara fotografica aitor
 
Presentación tecnoloxía
Presentación tecnoloxíaPresentación tecnoloxía
Presentación tecnoloxía
 
A bombilla
A bombillaA bombilla
A bombilla
 
Gastroscopia presentar junio 2018
Gastroscopia presentar junio 2018Gastroscopia presentar junio 2018
Gastroscopia presentar junio 2018
 
Scalextric
Scalextric Scalextric
Scalextric
 
A radio
A  radioA  radio
A radio
 
O televisor
O televisorO televisor
O televisor
 

As Sereas

  • 1. As sereas de NENA E O MAR Adriana, Ruth, Alejandro e Miguel
  • 2. SEREAS NA MITOLOXÍA:  Na mitoloxía grega, unha serea é unha ninfa filla do río Aqueloo, o maior río de Grecia, e dunha musa, Calíope para uns, Terpsícore, para outros. Segundo outras versións, filla de Forcis e Xea. Cos seus cantos engaiolaba os mariñeiros e provocaba a súa morte contra os cantís que arrodeaban a súa illa. Segundo a tradición grega, as sereas vivían nos cantís das costas (Lenda das Sereas), como podemos ver nos gravados do mito de Ulises.  Aínda que este ser mitolóxico vénnos de herdanza do mundo grego, pénsase que a súa orixe é anterior, Persa ou Indoeuropeo.
  • 3. HISTORIAS DAS SEREAS:  O seu nome provén do termo latino siren, que á súa vez provén do grego seirên, da palabra seira, "lazo", "corda", que fai referencia ao seu poder cativador.  A primeira mención ás sereas provén da Odisea, de Homero. Na viaxe de Ulises, a deusa Circe advírtelle do perigo que significan os cantos das sereas, coas que se atopará na viaxe. Dille que son tan sedutoras que quen escoita o seu canto perde o sentido, desatendendo o navío de tal forma que terminará batendo contra as rochas. Para vencer o perigo ordena á tripulación que se poñan todos cera nos ouvidos para non oiren o canto pero, como el non quere perderse a experiencia de escoitar tal melodía, manda que lle amarren ó mastro e que logo non o desaten por máis que el o ordene. Deste xeito Ulises consegue superar sen problemas a illa das sereas.
  • 4. CARACTERÍSTICAS:  A serea é un ser mitolóxico, orixinalmente descrita como corpo de ave e cabeza humana, que ben podía ser home ou muller. Co paso dos séculos vai predominando cada vez máis a figura feminina, aínda que na iconografía relixiosa seguen aparecendo sereas con cabeza de home ata ben entrada a Idade Media.  A serea simboliza a sedución, de aí que tome forma feminina. A tal fin utiliza o canto ou a música, o que explica que por veces apareza con instrumentos musicais, como a lira. Busca seducir os homes para levalos ó pecado ou á morte, física ou espiritual. Como símbolo que indica este obxectivo incorpora moitas veces a serpe: serpes que lle saen da boca, longos cabelos que rematan en cadansúa serpe, pescozo estilizado que semella o dunha serpe ou rabo de serpe no canto do rabo de ave que lle sería propio. Noutras representacións aparecen acompañadas ou entrelazadas con serpes.
  • 5.  Dentro da intención moralizante da arte medieval, nalgúns capiteis reflíctese a loita contra o pecado (en forma de serea). Así, pódense ver casos nos que unha figura humana agarra a serea polo pescozo, tenta cortarlle a cabeza cunha espada ou abatela cun garrote. Outras veces a serea aparece atacada -mesmo xa trabada- por cans, leóns ou dragóns.  No século XII, o sacerdote e teólogo Honorio de Autun identificaba as sereas con tres pecados capitais: o canto, a voz, simbolizaba a avaricia; a frauta, a soberbia; e a lira, a luxuria. Profundando no significado cristián da lenda das sereas, Ulises sería o pobo cristián, o sabio; a nave na que viaxan sería a Igrexa; o mastro ó que se mandou atar Ulises, a cruz; e a cera coa que se mandou tapa-los oídos, Cristo. Xa nos séculos XII-XIII comezan a aparecer as sereas-peixe: metade superior de muller (torso, brazos e cabeza) e metade inferior de peixe (abdome e o que serían as pernas). Esta morfoloxía muller- peixe recibe o nome de Nereida.
  • 6. SEREAS EN GALICIa:  A figura da serea, tanto como ave como en forma de peixe, é frecuente na imaxinería relixiosa galega. Pódese ver en capiteis ou bases das columnas dos apóstolos e profetas dos pórticos das catedrais de Santiago ou de Ourense, así como en metopas, canzorros ou nas paredes das igrexas de San Domingos de Bonaval, de Ribadavia, Portomarín, Betanzos, Breixa (Silleda) etc. Tamén aparecen nalgunhas letras capitulares das Cantigas de Santa María e nos doseletes no coro pétreo do Mestre Mateo.  Quizais relacionada coas sereas que seducían os mariñeiros para levar os barcos contra os cantís, na Costa da Morte existe a crenza que asimila as sereas coas bruxas, que teñen o poder de voar.  Vicente Risco di que non foi quen de recoller en Galicia ningunha tradición popular nin lenda relacionada coas sereas, aínda que si en Portugal. Non obstante, outros etnógrafos si que atoparon lendas e contos sobre sereas, tanto de mar (por exemplo, as que habitan nas Illas Miranda, na ría de Ares, ou na praia de Mogor, Marín), como de auga doce (por exemplo, as que viven no regato do Bao, en Sober, Lugo).
  • 7. SEREAS NA HERÁLDICA:  A figura da serea (muller-peixe ou nereida) está presente na heráldica. Un escudo galego no que figura unha serea é o dos vizcondes de Fefiñáns. Pode verse na fachada lateral do Pazo de Fefiñáns, así coma na capela do pazo.  Castelao tomou a imaxe dunha serea para deseñar o seu escudo da Galiza para a época da república co lema inscrito Denantes mortos que escravos.