1. Ten unha altura de entre 2 e 5 m, aínda que
hai exemplares de ata 15 m. A súa copa,
cónica, ten forma de espiral con pólas
ascendentes nas árbores novas, pero co
tempo vólvese mesta e irregular. As follas
son moi variables bordos ondulados, de
entre 6 e 8 cm de lonxitude, co extremo en
forma de punta. As follas das pólas
inferiores teñen beiras espiñentas pero nas
superiores podemos atopar follas de bordos
lisos. A cor é dun lustroso verde escuro na
cara e máis pálido no revés.