2. As vangardas son movementos artísticos internacionais que se desenvolveron entre 1910-1930. Representan unha ruptura e reacción contra a arte e a literatura do XIX.
8. Deus vehemente dunha raza de aceiro, automóbil ebrio de espazo, que choras cheo de angustia, co freo nos dentes estridentes! Oh formidable monstro xaponés de ollos de fragua, nutrido de lapas e aceites minerais, famento de horizontes e presas siderais o teu corazón expándese no seu taf-taf diabólico que os teus rexos pneumáticos se inchen para as danzas que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin, as túas bridas metálicas... Lánzaste con embriaguez ao Infinito liberador Marinetti
19. Para facer un poema dadaísta Colla un xornal. Colla unhas tesoiras. Escolla no xornal un artigo da lonxitude que conta darlle ao poema. Recorte o artigo. Recorte con coidado cada unha das palabras que forman o artigo e métaas nunha bolsa. Axítea suavemente. Agora saque cada recorte un tras doutro. Copie concienzudamente na orde na que saíran da bolsa. O poema semellarase a vostede. E é vostede un escritor infinitamente orixinal e dunha sensibilidade fascinante, aínda que incomprendida polo vulgo.