SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 56
Baixar para ler offline
Equipo de Innovación en Normalización Lingüística.
                   Curso 2009-2010
   Luís Seoane López naceu en Bos Aires no barrio porteño de Montserrat o 1 de xuño
    de 1910. Foron os seus pais Luís Seoane Broco, natural de Arzúa, e María López
    Mosquera, de Arca (O Pino). A familia Seoane López tivo outros dous fillos Rafael e
    Estela. En 1916 a familia de Luís volve para Galiza establecéndose na Coruña. Nesta
    cidade realiza os seus estudios primarios ata que se traslada a Santiago de
    Compostela.

   n 1920 ingresa no Instituto de Ensino Secundario "Xelmírez". Aos 14 anos inicia os
    seus primeiros pasos como escritor coa obra de teatro "El percebe en su tinta". A esta
    idade comeza a súa verdadeira vocación pola pintura. Os seus primeiros debuxos
    expoñeraos no trinque dun comercio da Praza do Toural. A Seoane gustáballe
    lembrar a emoción que sentiu cando fixo a súa primeira exposición e a satisfacción
    que sentiu coa venda dun dos seus debuxos. O poeta compostelán Arturo Cuadrado
    lembrará nun dos seus tantos discursos como iniciara a súa amizade con Seoane que
    durou ata a súa morte: "Camiñaba polas pedras santas e molladas da miña universal
    Compostela, cando de pronto un trinque detívome o paso, uns fermosos debuxos
    chamáronme a atención. ¿Quen podía ter debuxado aquelo tan impactante?,
    pregunteime. Sen agardar entrei a preguntar quen era o autor daqueles fermosos
    debuxos. A dona do comercio contestoume: `Fíxoos o meu sobriño´, e eu díxenlle:
    `Quixera coñecer a este gran artista´. Así comezaría a amizade entre dous homes
    que xuntos realizarían unha morea de iniciativas políticas e culturais tanto en Galiza
    como posteriormente no exilio.
En 1920 ingresa no Instituto de Ensino Secundario "Xelmírez". Aos 14
anos inicia os seus primeiros pasos como escritor coa obra de teatro "El
percebe en su tinta". A esta idade comeza a súa verdadeira vocación pola
pintura. Os seus primeiros debuxos expoñeraos no trinque dun comercio
da Praza do Toural. A Seoane gustáballe lembrar a emoción que sentiu
cando fixo a súa primeira exposición e a satisfacción que sentiu coa venda
dun dos seus debuxos. O poeta compostelán Arturo Cuadrado lembrará
nun dos seus tantos discursos como iniciara a súa amizade con Seoane que
durou ata a súa morte: "Camiñaba polas pedras santas e molladas da miña
universal Compostela, cando de pronto un trinque detívome o paso, uns
fermosos debuxos chamáronme a atención. ¿Quen podía ter debuxado
aquelo tan impactante?, pregunteime. Sen agardar entrei a preguntar
quen era o autor daqueles fermosos debuxos. A dona do comercio
contestoume: `Fíxoos o meu sobriño´, e eu díxenlle: `Quixera coñecer a
este gran artista´. Así comezaría a amizade entre dous homes que xuntos
realizarían unha morea de iniciativas políticas e culturais tanto en Galiza
como posteriormente no exilio.
En 1927 comeza os seus estudios de dereito licenciándose en 1932 na
Universidade de Compostela; durante a súa etapa universitaria
participou activamente na FUE.
En 1929 realiza a súa primeira exposición na Sala "Amigos da Arte".
Durante os primeiros anos da década do trinta Seoane ten unha
constante actividade política e artística. Os seus debuxos ilustran os
xornais e revistas máis comprometidos da época: "Resol", "Ser",
"Claridad", "Universitarios", "Yunque", "Pueblo Gallego" de Vigo, etc.
O seu vínculo co editor Ánxel Casal aproxímao ao mundo das artes
gráficas e aos escritores máis destacados do momento. Nesta época
ilustra "Mar ao Norde" (1932), "Cantiga Nova que se chama riveira"
(1933) e "Poemas do sí e do non" 1932) de Álvaro Cunqueiro, "Huellas"
de Feliciano Rolán (1932) e "Corazón ao vento" de Iglesias Alvariño
(1933). A vida intelectual de Santiago de Compostela daquela era moi
intensa, as tertulias do "Café Derby" e as do "Español" concentraban
a diario aos máis esclarecidos da intelectualidade galega. Neses cafés
fixo amizade con Cuadrado, Maside, Rafael Dieste, Eiroa, Manteiga,
Manuel Antonio, Amado Carballo, García Sabell, Cunqueiro, Fole,
Suárez Picallo e un grupo de patriotas do prestixio de Alfonso
Castelao.
Seoane ten durante esta etapa republicana unha activa militancia de
esquerda dentro do espacio galeguista. Foi así que se sumou ao
manifesto de intelectuais que poñen en cuestionamento a política de
dereitas do goberno republicano de turno. Posteriormente integra a
dirección dun novo partido dirixido por Xesús González, Unión
Socialista Galega. Neste partido está moi pouco tempo para
integrarse definitivamente no Partido Galeguista. Seoane dentro
deste partido formará parte da corrente de esquerda marxista que
orientaba o deputado Ramón Suárez Picallo. Durante a campaña do
plebiscito e nas eleccións do 36 participa ilustrando a campaña
electoral das forzas de esquerda con contundentes carteis solicitando
o voto para a autonomía ou para a Frente Popular.
Co alzamento de Franco, Seoane consegue fuxir cara a Portugal e
desde Lisboa parte para Bos Aires. Ao chegar á súa cidade de
nacemento, súmase ás entidades que estaban organizando a
solidariedade cos loitadores da república. Así incorpórase á
Federación de Sociedades Galegas, institución fundada por Antón
Alonso Ríos, e que destacaba polas súas posturas galeguistas de
esquerda. Coa derrota dos leais aos poucos van chegando os seus
amigos exiliados, Castelao, Núñez Búa, Dieste, Elpidio Villaverde,
Arturo Cuadrado, Álvaro de las Casas, María Victoria Villaverde e
posteriormente Alonso Ríos, Ramón de Valenzuela e Lorenzo Varela.
O seu entrañable amigo Arturo Cuadrado nas súas memorias inéditas
lembrará os primeiros anos desta amizade en Bos Aires: "Cando
cheguei ao porto de Bos Aires xunto á miña muller Amparo Alvajar en
1940 víñamos no mesmo barco xunto a un grupo de exiliados e
amigos entre eles Elpidio Villaverde e a súa familia. Divisábamos Bos
Aires desde a proa, era unha cidade impresionante. Dábanos medo,
tíñamos que comezar unha nova vida. Alá lonxe deixábamos a mítica
rosa de pedra, a Berenguela e a ilusión asasinada polo franquismo.
Mais non se podía mirar para atrás. Había que volver a comezar como
o primeiro día. No porto confundíanse as apertas, as bágoas, as
lembranzas. Alí estaba Seoane esperándonos, listo para empezar
traballar. Despois de lle contar sobre algúns amigos en común
díxome Seoane: "Arturo temos que poñernos a traballar. Cos
exiliados irmáns debemos de fundar unha loxia de carácter
patriótica". Así foi como fundamos a "Logia Antolín Faraldo" onde á
parte de nós os dous estaban Blanco Amor, Gumersindo Sánchez
Guisande, Antonio Baltar, Rey Baltar, Elpidio Villaverde e Horacio
Bermúdez Abente. Na casa deste último xuntábamonos para facer as
nosas reunións. En moitas delas naceron algunhas das iniciativas que
marcarían unha etapa importante da colectividade galega. Foi
naquela época que resolvemos con Seoane fundar editoriais.
Seguramente unha das iniciativas máis importantes que tomamos na
Antolín Faraldo foi impulsar a Fundación do Fogar Galego para
Anciáns".
Seoane durante a primeira etapa de exilio vincularase tamén ao
mundo intelectual arxentino formando parte das tertulias do mítico
Café Tortoni da Avenida de Maio. Polas tardes escritores e artistas
arxentinos compartían café e copas cos exiliados Alberti, Casona,
Colmeiro, Lorenzo Varela, Dieste, Maruja Mallo, Federico Ribas,
Xosé Suárez, compartían mesa e tertulia con Raúl González Tuñón,
Capdevila, Paco Luís Bernárdez, Sábato, etc. Por aquela cidade e por
aquelas tertulias onde se soñaba o retorno a Galiza e a derrota do
fascismo, pasaron tamén personalidades da altura de Pablo Neruda
ou de Nicolás Guillén. Outra das tertulias que contará coa presencia
de Seoane e a maioría dos exiliados galegos foi a que se xuntaba no
restaurante "Casa de la Troya" de propiedade dos irmáns Villaverde.
Seoane fundará con Arturo Cuadrado unha serie de editoriais, entre elas as
edicións de "EMECÉ" e "Botella al Mar". Tamén fundará con Lorenzo Varela e
Cuadrado unha das mellores revistas literarias latinoamericanas do seu tempo
"Correo Literario". Funda a Editorial Citania, Cuco-Rei, a Revista " Galiza
Emigrante" e o programa radial que leva o mesmo nome.
Seoane co seu infatigable traballo intelectual e artístico vaise consolidando
como un dos mellores artistas arxentinos; a súa obra pictórica comeza a
cotizarse nun Bos Aires culto e esixente. As súas obras comezan a expoñerse
nas mellores galerías. Cuadrado dirá nun artigo alusivo a Seoane sobre a súa
pintura:
"Nácese para unha soa misión. E por pintar ou ver un só cadro ben paga a pena
existir. Esta existencia é a que nos enlaza co pasado. E o artista que non inflúa
sobre a lembranza non terá forza para alterar o presente e menos o futuro.
No caso de Luís Seoane -ou sexa no meu máis amado caso - cúmprese con
creces esa misión do artista como creador e como home. Un dos seus actos
máis luminosos é que sendo el excepcionalmente só sen se parecer a ningún
outro é o artista que ten máis unidade cós que o precederon . Ante os seus
cadros -como ante os cadros de Picasso - atopamos sempre un antecedente, o
embruxado antecedente que vén desbordando desde as cavernas milenarias
cara á realización do mañá, coa seguridade conseguida na trasmisión da
tradición. Na pintura de Luís Seoane xorde como unha amenaza á súa
formidable impaciencia, impaciencia rica en experiencias ancestrais. O seu
mundo non nace dun capricho nin da frivolidade de inventar. O seu mundo, a
súa cor ou a súa forma, é producto dunha necesidade. Luís Seoane é un pintor
necesario. O seu entusiasmo vigoroso dános un recoñecemento do que antes
non existía, do que non era visible. Así, Luís Seoane é portador dunha mensaxe
para este tempo noso.
Tanto saber e tanto labor lévanos ao estado de éxtase imprescindible para o
creador sincero. E xa entre o abordado espectáculo -para que máis- a clara
advertencia é non dicir nada, mergullarse no camiño do artista, e soñar que o
mellor sería pintar como o pintor".
Entre a extensa obra escrita por Seoane podemos nomear en narración "Tres
hojas de ruda y un ajo verde" 1940. En poema: "Fardel do eisiliado" 1952, "Na
brétema, Santiago" 1956, "As cicatrices" 1959, "A maior abondamento " 1972,
"Obra poética" 1977. En teatro escribiu: "La soldadera" 1957 e o "Irlandés
astrólogo" 1959.
En relación ás súas múltiples exposicións individuais e colectivas sería moi
extenso incluilas nesta breve biografía. Mais podemos mencionar a primeira en
1929 nos Amigos da Arte de Santiago de Compostela, e no 1949 en Twenty
Brook Street de Londres. En 1950 no Instituto de Arte Contemporáneo de
Lima. En 1950 en Arte Bella de Montevideo. Nese mesmo ano expón na
Sociedade Hebraica de Bos Aires. En 1956 na Galería Sudamericana de Nova
York . En 1963 na Dirección Xeral de Belas Artes de Madrid. En 1967 nas
Galerías Buchholz de Múnic e a Galería Boissere de Colonia (Alemania).
O destacado político galeguista Xosé Núñez Búa no seu libro "Revoeira"
comenta unha simpática anécdota de Luís Seoane cando regresaba de Europa:
"En 1964 volvía a Bos Aires despois de máis dun ano de estadía en Europa. En
Ezeiza sostivo este diálogo co empregado de alfándega que lle tocou cachear a
súa equipaxe:
—¿Que garda nese tubo de cartón tan grande?
—Teas pintadas.
—¿Pintadas?
—Si, son para montar cadros artísticos.
—¡Ah! Son cadros artísticos.
—Poden chegar a selo.
—Ben, iso paga imposto. ¿Trae vostede as facturas de compra?
—Non porque as teas pinteinas eu para expoñer porque o meu oficio é pintor.
—Entón deberá vostede deixalas e vilas retirar despois de constituír unha
caución mentres non volve vostede con elas ao seu país.
—Precisamente, xa volvo. Eu son arxentino de nacemento e con domicilio en Bos
Aires.
—¿Con esa pronuncia?
—Aproximadamente a mesma que tiña D. José de San Martín cando volveu e
aínda non existía alfándega arxentina."
En 1970 expoñerá na Academia de Ciencias da Habana. Estas serán algunhas
das máis importantes exposicións de Seoane. Antes de partir para o seu
definitivo encontro con Galiza realizou a súa última exposición na Galería
Bonino de Bos Aires. Foi nesta exposición onde coñecín a Seoane. Aquel día
percorría a galería o escritor Lueiro Rey, amigo de Seoane que estaba de xira
por Bos Aires xunto á súa inseparable compañeira. Lembro aquela exposición
coa presencia de importantes figuras da vida arxentina. A famosa presentadora
da televisión Pinky estaba entre o público que admiraba as súas obras como se
foran imaxes dun templo sagrado. Cuadrado, Francisco Lores, Molinari,
Henrique Albor eran outros dos presentes.
Días despois puiden coñecer máis a fondo a este universal galego, cando a
través da Revista "Arte y Cultura" pedíronme que lle realizara unha entrevista.
Luís Seoane foi o pintor que sintetizou a Galiza nas súas cores. Coa morte de
Castelao en 1950 Seoane convértese na personalidade de maior peso intelectual
e político da emigración galega da Arxentina. Seoane mantivo firme ata a súa
morte os ideais que o caracterizaron durante a súa prolífera vida. Foi un
auténtico nacionalista no político e un internacionalista no ideolóxico .
O s eu ami go Rafael Alberti con quen comparti u o exi li o na Arxenti na adi coulle este
 poema que si nteti za algúns ras gos da creati vi dade de Seoane :
 " U n color Finister r e , golp ea n d o.
 O jo que sueña el mar, colo r mojado.
 U n pi nce l que se h i ere,
 que hasta romp e a llora r,
 y h asta se muere.
 P or los camin o s de nebli na,
 vi oler o s,
 gai teros,
 perros y santo s pordi o se r o s.
 U na aldea velada en la reti na.
 C olore s
 con músicas y danzas de romer o s,
 playas serias de pescado r e s.
 El cántaro es de amor,
 la patata, el pimie nt o ,
 la botel la y el mozo que se lleva la flor.
 Y la lluvia y el vient o.
 (La lluvia, si, pinto r,
 ese consta n t e
 pañuel o popula r
 que ya lava o deslava tu colo r) .
 Q uema, distant e
 el lar
 un canto de emigra n t e.
 Y si emp r e, en tu paleta,
 una nostal g ia quieta.
 ¡ Y el mar!".



 Luí s Seoane ao pouco de chegar á Coruña falecí a no ano 1978 . O xeni al pi ntor galego -
 arxenti no , seguramen te o mái s uni ve rs al de todos os nosos arti stas, dei xounos unha
 obra artí sti ca e polí ti ca i nmens a. A s úa fi gura é lembrada na actuali dade por unha
 fundaci ó n que leva o seu nome .




http://enciclopediadaemigraciongalega.com/biografias/seoane_luis.htm
María Balteira
María Pita
RUI XORDO
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear
Caderno para colorear

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Álbums de guerra
Álbums de guerraÁlbums de guerra
Álbums de guerraMarlou
 
O Alumnado De Literatura Galega Do SéCulo Xx
O Alumnado De Literatura Galega Do SéCulo XxO Alumnado De Literatura Galega Do SéCulo Xx
O Alumnado De Literatura Galega Do SéCulo XxCharo Sánchez-Gabriel
 
Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Marlou
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Marlou
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20xenevra
 
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Endl Félix Muriel
 
Roteiro cultural e literario 2017
Roteiro cultural e literario 2017Roteiro cultural e literario 2017
Roteiro cultural e literario 2017Xenza
 
Letras galegas 2017 carlos casares
Letras galegas 2017  carlos casaresLetras galegas 2017  carlos casares
Letras galegas 2017 carlos casaresXenza
 
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Marlou
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerraXesús Amboaxe
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Román Landín
 
Literatura galega no exilio
Literatura galega no exilioLiteratura galega no exilio
Literatura galega no exilioSaloEu
 
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)Marlou
 
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e AlberteMáis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e Albertetrafegandoronseis
 
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Marlou
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Marlou
 
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...Bibliotecadicoruna
 

Mais procurados (20)

Álbums de guerra
Álbums de guerraÁlbums de guerra
Álbums de guerra
 
O Alumnado De Literatura Galega Do SéCulo Xx
O Alumnado De Literatura Galega Do SéCulo XxO Alumnado De Literatura Galega Do SéCulo Xx
O Alumnado De Literatura Galega Do SéCulo Xx
 
Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Gnosnoe
GnosnoeGnosnoe
Gnosnoe
 
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Roteiro cultural e literario 2017
Roteiro cultural e literario 2017Roteiro cultural e literario 2017
Roteiro cultural e literario 2017
 
Letras galegas 2017 carlos casares
Letras galegas 2017  carlos casaresLetras galegas 2017  carlos casares
Letras galegas 2017 carlos casares
 
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerra
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
 
Literatura galega no exilio
Literatura galega no exilioLiteratura galega no exilio
Literatura galega no exilio
 
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
 
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e AlberteMáis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
 
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
 
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
 

Semelhante a Caderno para colorear

Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezUnidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezRomán Landín
 
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez BlázquezUnidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez BlázquezRomán Landín
 
Castelao
CastelaoCastelao
CastelaoMarlou
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAntonio Gregorio Montes
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010xenevra
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010xenevra
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20xenevra
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Xenza
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Xenza
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismoxenevra
 
Salvador garcia bodaño
Salvador garcia bodañoSalvador garcia bodaño
Salvador garcia bodañoAsnosasletras
 

Semelhante a Caderno para colorear (20)

LUÍS SEOANE
LUÍS SEOANELUÍS SEOANE
LUÍS SEOANE
 
Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Areal nº 6
 
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezUnidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
 
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez BlázquezUnidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
Lois pereiro
Lois pereiroLois pereiro
Lois pereiro
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Manuel Antonio
Manuel AntonioManuel Antonio
Manuel Antonio
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismo
 
Salvador garcia bodaño
Salvador garcia bodañoSalvador garcia bodaño
Salvador garcia bodaño
 
12
1212
12
 
Diaz Castro
Diaz CastroDiaz Castro
Diaz Castro
 

Mais de calcetin5

Calendario aguiño 2011b
Calendario aguiño 2011bCalendario aguiño 2011b
Calendario aguiño 2011bcalcetin5
 
Aguiñosaurius cartel
Aguiñosaurius cartelAguiñosaurius cartel
Aguiñosaurius cartelcalcetin5
 
Ceos de cores
Ceos de coresCeos de cores
Ceos de corescalcetin5
 
Receitas mariñeiras
Receitas mariñeirasReceitas mariñeiras
Receitas mariñeirascalcetin5
 
Fotopoemario
FotopoemarioFotopoemario
Fotopoemariocalcetin5
 
Ingles vocabulario
Ingles vocabularioIngles vocabulario
Ingles vocabulariocalcetin5
 
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdefAs nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdefcalcetin5
 
Ingles vocabulario
Ingles vocabularioIngles vocabulario
Ingles vocabulariocalcetin5
 
Caderno de buguina
Caderno de buguinaCaderno de buguina
Caderno de buguinacalcetin5
 
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdefAs nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdefcalcetin5
 
Investigacion clase de paloma
Investigacion clase de palomaInvestigacion clase de paloma
Investigacion clase de palomacalcetin5
 
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdefAs nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdefcalcetin5
 
Bajo El Agua
Bajo El AguaBajo El Agua
Bajo El Aguacalcetin5
 
Cloudart Present.Sp
Cloudart Present.SpCloudart Present.Sp
Cloudart Present.Spcalcetin5
 

Mais de calcetin5 (20)

Calendario aguiño 2011b
Calendario aguiño 2011bCalendario aguiño 2011b
Calendario aguiño 2011b
 
Fotogramas
FotogramasFotogramas
Fotogramas
 
Aguiñosaurius cartel
Aguiñosaurius cartelAguiñosaurius cartel
Aguiñosaurius cartel
 
Ceos de cores
Ceos de coresCeos de cores
Ceos de cores
 
Receitas mariñeiras
Receitas mariñeirasReceitas mariñeiras
Receitas mariñeiras
 
Fotopoemario
FotopoemarioFotopoemario
Fotopoemario
 
Ingles vocabulario
Ingles vocabularioIngles vocabulario
Ingles vocabulario
 
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdefAs nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
 
Ingles vocabulario
Ingles vocabularioIngles vocabulario
Ingles vocabulario
 
Nuberios
NuberiosNuberios
Nuberios
 
Caderno de buguina
Caderno de buguinaCaderno de buguina
Caderno de buguina
 
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdefAs nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
 
Sapatllas
SapatllasSapatllas
Sapatllas
 
Investigacion clase de paloma
Investigacion clase de palomaInvestigacion clase de paloma
Investigacion clase de paloma
 
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdefAs nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
 
Bajo El Agua
Bajo El AguaBajo El Agua
Bajo El Agua
 
Cloudart Present.Sp
Cloudart Present.SpCloudart Present.Sp
Cloudart Present.Sp
 
Samain
SamainSamain
Samain
 
Presentac..
Presentac..Presentac..
Presentac..
 
Galicia(4)
Galicia(4)Galicia(4)
Galicia(4)
 

Caderno para colorear

  • 1. Equipo de Innovación en Normalización Lingüística. Curso 2009-2010
  • 2.
  • 3. Luís Seoane López naceu en Bos Aires no barrio porteño de Montserrat o 1 de xuño de 1910. Foron os seus pais Luís Seoane Broco, natural de Arzúa, e María López Mosquera, de Arca (O Pino). A familia Seoane López tivo outros dous fillos Rafael e Estela. En 1916 a familia de Luís volve para Galiza establecéndose na Coruña. Nesta cidade realiza os seus estudios primarios ata que se traslada a Santiago de Compostela.  n 1920 ingresa no Instituto de Ensino Secundario "Xelmírez". Aos 14 anos inicia os seus primeiros pasos como escritor coa obra de teatro "El percebe en su tinta". A esta idade comeza a súa verdadeira vocación pola pintura. Os seus primeiros debuxos expoñeraos no trinque dun comercio da Praza do Toural. A Seoane gustáballe lembrar a emoción que sentiu cando fixo a súa primeira exposición e a satisfacción que sentiu coa venda dun dos seus debuxos. O poeta compostelán Arturo Cuadrado lembrará nun dos seus tantos discursos como iniciara a súa amizade con Seoane que durou ata a súa morte: "Camiñaba polas pedras santas e molladas da miña universal Compostela, cando de pronto un trinque detívome o paso, uns fermosos debuxos chamáronme a atención. ¿Quen podía ter debuxado aquelo tan impactante?, pregunteime. Sen agardar entrei a preguntar quen era o autor daqueles fermosos debuxos. A dona do comercio contestoume: `Fíxoos o meu sobriño´, e eu díxenlle: `Quixera coñecer a este gran artista´. Así comezaría a amizade entre dous homes que xuntos realizarían unha morea de iniciativas políticas e culturais tanto en Galiza como posteriormente no exilio.
  • 4. En 1920 ingresa no Instituto de Ensino Secundario "Xelmírez". Aos 14 anos inicia os seus primeiros pasos como escritor coa obra de teatro "El percebe en su tinta". A esta idade comeza a súa verdadeira vocación pola pintura. Os seus primeiros debuxos expoñeraos no trinque dun comercio da Praza do Toural. A Seoane gustáballe lembrar a emoción que sentiu cando fixo a súa primeira exposición e a satisfacción que sentiu coa venda dun dos seus debuxos. O poeta compostelán Arturo Cuadrado lembrará nun dos seus tantos discursos como iniciara a súa amizade con Seoane que durou ata a súa morte: "Camiñaba polas pedras santas e molladas da miña universal Compostela, cando de pronto un trinque detívome o paso, uns fermosos debuxos chamáronme a atención. ¿Quen podía ter debuxado aquelo tan impactante?, pregunteime. Sen agardar entrei a preguntar quen era o autor daqueles fermosos debuxos. A dona do comercio contestoume: `Fíxoos o meu sobriño´, e eu díxenlle: `Quixera coñecer a este gran artista´. Así comezaría a amizade entre dous homes que xuntos realizarían unha morea de iniciativas políticas e culturais tanto en Galiza como posteriormente no exilio.
  • 5. En 1927 comeza os seus estudios de dereito licenciándose en 1932 na Universidade de Compostela; durante a súa etapa universitaria participou activamente na FUE. En 1929 realiza a súa primeira exposición na Sala "Amigos da Arte". Durante os primeiros anos da década do trinta Seoane ten unha constante actividade política e artística. Os seus debuxos ilustran os xornais e revistas máis comprometidos da época: "Resol", "Ser", "Claridad", "Universitarios", "Yunque", "Pueblo Gallego" de Vigo, etc. O seu vínculo co editor Ánxel Casal aproxímao ao mundo das artes gráficas e aos escritores máis destacados do momento. Nesta época ilustra "Mar ao Norde" (1932), "Cantiga Nova que se chama riveira" (1933) e "Poemas do sí e do non" 1932) de Álvaro Cunqueiro, "Huellas" de Feliciano Rolán (1932) e "Corazón ao vento" de Iglesias Alvariño (1933). A vida intelectual de Santiago de Compostela daquela era moi intensa, as tertulias do "Café Derby" e as do "Español" concentraban a diario aos máis esclarecidos da intelectualidade galega. Neses cafés fixo amizade con Cuadrado, Maside, Rafael Dieste, Eiroa, Manteiga, Manuel Antonio, Amado Carballo, García Sabell, Cunqueiro, Fole, Suárez Picallo e un grupo de patriotas do prestixio de Alfonso Castelao. Seoane ten durante esta etapa republicana unha activa militancia de esquerda dentro do espacio galeguista. Foi así que se sumou ao manifesto de intelectuais que poñen en cuestionamento a política de dereitas do goberno republicano de turno. Posteriormente integra a dirección dun novo partido dirixido por Xesús González, Unión Socialista Galega. Neste partido está moi pouco tempo para integrarse definitivamente no Partido Galeguista. Seoane dentro deste partido formará parte da corrente de esquerda marxista que orientaba o deputado Ramón Suárez Picallo. Durante a campaña do plebiscito e nas eleccións do 36 participa ilustrando a campaña electoral das forzas de esquerda con contundentes carteis solicitando o voto para a autonomía ou para a Frente Popular.
  • 6. Co alzamento de Franco, Seoane consegue fuxir cara a Portugal e desde Lisboa parte para Bos Aires. Ao chegar á súa cidade de nacemento, súmase ás entidades que estaban organizando a solidariedade cos loitadores da república. Así incorpórase á Federación de Sociedades Galegas, institución fundada por Antón Alonso Ríos, e que destacaba polas súas posturas galeguistas de esquerda. Coa derrota dos leais aos poucos van chegando os seus amigos exiliados, Castelao, Núñez Búa, Dieste, Elpidio Villaverde, Arturo Cuadrado, Álvaro de las Casas, María Victoria Villaverde e posteriormente Alonso Ríos, Ramón de Valenzuela e Lorenzo Varela. O seu entrañable amigo Arturo Cuadrado nas súas memorias inéditas lembrará os primeiros anos desta amizade en Bos Aires: "Cando cheguei ao porto de Bos Aires xunto á miña muller Amparo Alvajar en 1940 víñamos no mesmo barco xunto a un grupo de exiliados e amigos entre eles Elpidio Villaverde e a súa familia. Divisábamos Bos Aires desde a proa, era unha cidade impresionante. Dábanos medo, tíñamos que comezar unha nova vida. Alá lonxe deixábamos a mítica rosa de pedra, a Berenguela e a ilusión asasinada polo franquismo. Mais non se podía mirar para atrás. Había que volver a comezar como o primeiro día. No porto confundíanse as apertas, as bágoas, as lembranzas. Alí estaba Seoane esperándonos, listo para empezar traballar. Despois de lle contar sobre algúns amigos en común díxome Seoane: "Arturo temos que poñernos a traballar. Cos exiliados irmáns debemos de fundar unha loxia de carácter patriótica". Así foi como fundamos a "Logia Antolín Faraldo" onde á parte de nós os dous estaban Blanco Amor, Gumersindo Sánchez Guisande, Antonio Baltar, Rey Baltar, Elpidio Villaverde e Horacio Bermúdez Abente. Na casa deste último xuntábamonos para facer as nosas reunións. En moitas delas naceron algunhas das iniciativas que marcarían unha etapa importante da colectividade galega. Foi naquela época que resolvemos con Seoane fundar editoriais. Seguramente unha das iniciativas máis importantes que tomamos na Antolín Faraldo foi impulsar a Fundación do Fogar Galego para Anciáns". Seoane durante a primeira etapa de exilio vincularase tamén ao mundo intelectual arxentino formando parte das tertulias do mítico Café Tortoni da Avenida de Maio. Polas tardes escritores e artistas arxentinos compartían café e copas cos exiliados Alberti, Casona, Colmeiro, Lorenzo Varela, Dieste, Maruja Mallo, Federico Ribas, Xosé Suárez, compartían mesa e tertulia con Raúl González Tuñón, Capdevila, Paco Luís Bernárdez, Sábato, etc. Por aquela cidade e por aquelas tertulias onde se soñaba o retorno a Galiza e a derrota do fascismo, pasaron tamén personalidades da altura de Pablo Neruda ou de Nicolás Guillén. Outra das tertulias que contará coa presencia de Seoane e a maioría dos exiliados galegos foi a que se xuntaba no restaurante "Casa de la Troya" de propiedade dos irmáns Villaverde.
  • 7. Seoane fundará con Arturo Cuadrado unha serie de editoriais, entre elas as edicións de "EMECÉ" e "Botella al Mar". Tamén fundará con Lorenzo Varela e Cuadrado unha das mellores revistas literarias latinoamericanas do seu tempo "Correo Literario". Funda a Editorial Citania, Cuco-Rei, a Revista " Galiza Emigrante" e o programa radial que leva o mesmo nome. Seoane co seu infatigable traballo intelectual e artístico vaise consolidando como un dos mellores artistas arxentinos; a súa obra pictórica comeza a cotizarse nun Bos Aires culto e esixente. As súas obras comezan a expoñerse nas mellores galerías. Cuadrado dirá nun artigo alusivo a Seoane sobre a súa pintura: "Nácese para unha soa misión. E por pintar ou ver un só cadro ben paga a pena existir. Esta existencia é a que nos enlaza co pasado. E o artista que non inflúa sobre a lembranza non terá forza para alterar o presente e menos o futuro. No caso de Luís Seoane -ou sexa no meu máis amado caso - cúmprese con creces esa misión do artista como creador e como home. Un dos seus actos máis luminosos é que sendo el excepcionalmente só sen se parecer a ningún outro é o artista que ten máis unidade cós que o precederon . Ante os seus cadros -como ante os cadros de Picasso - atopamos sempre un antecedente, o embruxado antecedente que vén desbordando desde as cavernas milenarias cara á realización do mañá, coa seguridade conseguida na trasmisión da tradición. Na pintura de Luís Seoane xorde como unha amenaza á súa formidable impaciencia, impaciencia rica en experiencias ancestrais. O seu mundo non nace dun capricho nin da frivolidade de inventar. O seu mundo, a súa cor ou a súa forma, é producto dunha necesidade. Luís Seoane é un pintor necesario. O seu entusiasmo vigoroso dános un recoñecemento do que antes non existía, do que non era visible. Así, Luís Seoane é portador dunha mensaxe para este tempo noso. Tanto saber e tanto labor lévanos ao estado de éxtase imprescindible para o creador sincero. E xa entre o abordado espectáculo -para que máis- a clara advertencia é non dicir nada, mergullarse no camiño do artista, e soñar que o mellor sería pintar como o pintor". Entre a extensa obra escrita por Seoane podemos nomear en narración "Tres hojas de ruda y un ajo verde" 1940. En poema: "Fardel do eisiliado" 1952, "Na brétema, Santiago" 1956, "As cicatrices" 1959, "A maior abondamento " 1972, "Obra poética" 1977. En teatro escribiu: "La soldadera" 1957 e o "Irlandés astrólogo" 1959.
  • 8. En relación ás súas múltiples exposicións individuais e colectivas sería moi extenso incluilas nesta breve biografía. Mais podemos mencionar a primeira en 1929 nos Amigos da Arte de Santiago de Compostela, e no 1949 en Twenty Brook Street de Londres. En 1950 no Instituto de Arte Contemporáneo de Lima. En 1950 en Arte Bella de Montevideo. Nese mesmo ano expón na Sociedade Hebraica de Bos Aires. En 1956 na Galería Sudamericana de Nova York . En 1963 na Dirección Xeral de Belas Artes de Madrid. En 1967 nas Galerías Buchholz de Múnic e a Galería Boissere de Colonia (Alemania). O destacado político galeguista Xosé Núñez Búa no seu libro "Revoeira" comenta unha simpática anécdota de Luís Seoane cando regresaba de Europa: "En 1964 volvía a Bos Aires despois de máis dun ano de estadía en Europa. En Ezeiza sostivo este diálogo co empregado de alfándega que lle tocou cachear a súa equipaxe: —¿Que garda nese tubo de cartón tan grande? —Teas pintadas. —¿Pintadas? —Si, son para montar cadros artísticos. —¡Ah! Son cadros artísticos. —Poden chegar a selo. —Ben, iso paga imposto. ¿Trae vostede as facturas de compra? —Non porque as teas pinteinas eu para expoñer porque o meu oficio é pintor. —Entón deberá vostede deixalas e vilas retirar despois de constituír unha caución mentres non volve vostede con elas ao seu país. —Precisamente, xa volvo. Eu son arxentino de nacemento e con domicilio en Bos Aires. —¿Con esa pronuncia? —Aproximadamente a mesma que tiña D. José de San Martín cando volveu e aínda non existía alfándega arxentina." En 1970 expoñerá na Academia de Ciencias da Habana. Estas serán algunhas das máis importantes exposicións de Seoane. Antes de partir para o seu definitivo encontro con Galiza realizou a súa última exposición na Galería Bonino de Bos Aires. Foi nesta exposición onde coñecín a Seoane. Aquel día percorría a galería o escritor Lueiro Rey, amigo de Seoane que estaba de xira por Bos Aires xunto á súa inseparable compañeira. Lembro aquela exposición coa presencia de importantes figuras da vida arxentina. A famosa presentadora da televisión Pinky estaba entre o público que admiraba as súas obras como se foran imaxes dun templo sagrado. Cuadrado, Francisco Lores, Molinari, Henrique Albor eran outros dos presentes. Días despois puiden coñecer máis a fondo a este universal galego, cando a través da Revista "Arte y Cultura" pedíronme que lle realizara unha entrevista. Luís Seoane foi o pintor que sintetizou a Galiza nas súas cores. Coa morte de Castelao en 1950 Seoane convértese na personalidade de maior peso intelectual e político da emigración galega da Arxentina. Seoane mantivo firme ata a súa morte os ideais que o caracterizaron durante a súa prolífera vida. Foi un auténtico nacionalista no político e un internacionalista no ideolóxico .
  • 9. O s eu ami go Rafael Alberti con quen comparti u o exi li o na Arxenti na adi coulle este poema que si nteti za algúns ras gos da creati vi dade de Seoane : " U n color Finister r e , golp ea n d o. O jo que sueña el mar, colo r mojado. U n pi nce l que se h i ere, que hasta romp e a llora r, y h asta se muere. P or los camin o s de nebli na, vi oler o s, gai teros, perros y santo s pordi o se r o s. U na aldea velada en la reti na. C olore s con músicas y danzas de romer o s, playas serias de pescado r e s. El cántaro es de amor, la patata, el pimie nt o , la botel la y el mozo que se lleva la flor. Y la lluvia y el vient o. (La lluvia, si, pinto r, ese consta n t e pañuel o popula r que ya lava o deslava tu colo r) . Q uema, distant e el lar un canto de emigra n t e. Y si emp r e, en tu paleta, una nostal g ia quieta. ¡ Y el mar!". Luí s Seoane ao pouco de chegar á Coruña falecí a no ano 1978 . O xeni al pi ntor galego - arxenti no , seguramen te o mái s uni ve rs al de todos os nosos arti stas, dei xounos unha obra artí sti ca e polí ti ca i nmens a. A s úa fi gura é lembrada na actuali dade por unha fundaci ó n que leva o seu nome . http://enciclopediadaemigraciongalega.com/biografias/seoane_luis.htm
  • 10.
  • 11.
  • 12.
  • 13.