SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 4
Baixar para ler offline
Non é a primeira vez que o
BNG da Estrada denuncia
problemas coa recollida do
lixo. Xose Magariños insta ao
alcalde a tomar medidas
para acabar co lixo
amoreado no rural durante
semanas.
TES QUE SABELO!
CONSERVEMOS E
MELLOREMOS O POUCO
QUE NOS QUEDA
PÁXINA 4>
O BNG DENUNCIA
PROBLEMAS COA
RECOLLIDA DO LIXO
NO RURAL
O PLAN AESS 2020 DO PP ESTÁ NAS
ANTÍPODAS DO QUE NECESITA A ESTRADA
NESTE MOMENTO
COUSAS QUE PASAN NA ESTRADA
ANO 0 - NÚMERO 2
FEBREIRO 2016
PÁXINA 2 >
O PP enmascara dentro deste proxecto europeo a ampliación da
Alameda, cun aparcadoiro subterráneo, e a urbanización da Baiuca
adornándoas cunha morea de propostas delirantes deixando de lado os
verdadeiros problemas que ten o concello da Estrada
Editado polo BNG
Rúa Leicures, 14-1º
36680 A Estrada
aestrada@bng.gal
618790646
bngdaestrada.wordpress.com
twitter.com/bngaestrada
facebook.com/bngdaestrada
Urbanisticamente falando A Estrada é
unha desfeita, pero aínda quedan edificios
históricos que compre conservar e
mellorar
NIN “PRAZA DEL GENERALÍSIMO” NIN “CEREIJO”
A ESTRADA CONTARÁ CUN PARQUE CANINO
PÁXINA 3>
TES QUE SABELO! COUSAS QUE PASAN NA ESTRADA ANO 0 - NÚMERO 2 - FEBREIRO 2016
O PLAN AESS 2020 DO PP ESTÁ NAS ANTÍPODAS DO QUE
NECESITA A ESTRADA NESTE MOMENTO
O BNG da Estrada votou en contra do plan AESS
2020 presentado polo goberno do PP, porque está
nas antípodas do que necesita o noso concello neste
momento. Ao mesmo tempo, consideramos que é
unha tomadura de pelo facer pasar por
participativo e social un documento que nos seus
puntos principais está feito ao ditado do grupo de
goberno do PP, camuflando as actuacións que lle
interesan (ampliación da Alameda, aparcadoiro
subterráneo…) baixo unha retórica pseudo-
moderna, que vale para todo.
O BNG da Estrada quere deixar claro que non está
en contra dos cinco millóns que supón este plan
europeo, senón en como os vai gastar o PP. Así,
fronte ao aparcadoiro subterráneo, que supoñemos
acabará privatizado, o BNG propón aparcadoiros en
superficie e gratuítos situados estratexicamente
polo casco urbano.
Fronte á creación dunha nova praza pública, un
eufemismo que agocha a intención do PP de ampliar
a Alameda, o BNG propón espazos de lecer
dispersos pola vila para que todo o mundo teña
preto do seu domicilio unha zona deste tipo.
Fronte as propostas do PP para “revivir o rural” que
pasan polas marquesinas amigábeis e por parques
infantís onde non hai nenos e nenas, o BNG propón
aumentar a superficie produtiva incentivando a
mobilidade de terras abandonadas, en colaboración
co Banco de Terras; propoñemos estabelecer
canles de comercialización en circuíto curto,
potenciando a praza de abastos, locais de
cooperativas gandeiras e a feira sustentábel como
punto de venda directa; propoñemos cursos de
PÁXINA 2
O PP ENMASCARA DENTRO DESTE PROXECTO EUROPEO A AMPLIACIÓN DA ALAMEDA, CUN APARCADOIRO
SUBTERRÁNEO, E A URBANIZACIÓN DA BAIUCA ADORNÁNDOAS CUNHA MOREA DE PROPOSTAS DELIRANTES
DEIXANDO DE LADO OS VERDADEIROS PROBLEMAS QUE TEN O CONCELLO DA ESTRADA
formación ocupacional e escolas-obradoiro
orientadas a actividades relacionadas co agro;
propoñemos vixiar que as terras de especial
protección agraria non sexan reforestadas, etc, etc.
Por outra parte, o interese que ten o PP no rural
vese perfectamente na análise que fai o documento
do noso sector primario, que está completamente
fóra da realidade.
Fronte aos sistemas de medición da contaminación
dos ríos que propón o PP para un rural que na súa
maior parte carece de sistemas de saneamento,
propoñemos que antes dos sistemas de medición da
contaminación haberá que dotar ao noso rural de
sistema de saneamento e non ao revés.
Por outra parte, dentro do plan AESS 2020 que nos
presenta o PP tamén hai actuacións interesantes
como a reciclaxe, a planta de compostaxe, a
humunización de certas rúas, a mellora da
sinalización do rural, etc…que si nos parecen
positivas, pero inviábeis economicamente por mor
do interese do PP nas súas actuacións estrelas
(aparcadoiro e ampliación da alameda) que
consumirán todo o orzamento previsto. En
definitiva: unha estafa!
TES QUE SABELO! COUSAS QUE PASAN NA ESTRADA ANO 0 - NÚMERO 2 - FEBREIRO 2016
O BNG rexistra unha moción para que os servizos
de servidores de mapas virtuais como Google Maps
ou Bing Maps (Microsoft) actualicen o rueiro da
Estrada, eliminando as referencias da Ditadura
como “Praza del Generalísimo” ou "Praza de
Martínez Anido". Na mesma moción o BNG tamén
busca o apoio dos demais partidos para que este
tipo de servizos utilicen os topónimos correctos,
evitando referencias como “Lagartones”,
“Aguiones” ou “Cereijo”.
PÁXINA 3
NIN “PRAZA DEL GENERALÍSIMO” NIN “CEREIJO”
LÓPEZ QUERE FACER UNHA
PISCINA DE WATERPOLO
NO ANEXO DO COTO
FERREIRO
Cada vez que chove, na pista onde se debería practicar
deporte hai goteiras e caldeiros. O concelleiro do BNG,
Xosé Magariños, considera que “é unha grave
irresponsabilidade do alcalde manter as instalacións neste
estado, xa que non é só que non se poida facer deporte con
normalidade, senón que a auga que se filtra tarde ou cedo
acabará por estragar as pistas e unhas instalacións que
costaron moitos miles de euros”.
O BNG entende que administracións públicas
galegas non só deben cumprir a lei de normalización
lingüística, empregando os topónimos
correctamente en todas as súas publicación; mais as
administracións públicas deben velar polo seu
cumprimento estrito por parte das empresas coas
que teña algún tipo de relación, así como onde se
vexa reflectido o noso concello dun xeito tan
esperpéntico como os exemplos que acabamos de
ver, dando unha imaxe bastante deplorábel e
distorsionada do que é a nosa cultura, que poden
ver millóns de persoas.
A organización nacionalista agarda contar co apoio
dos demais partidos políticos con representación no
concello ante unha evidencia tan aberrante como
esta.
A ESTRADA CONTARÁ CUN PARQUE CANINO
Deste xeito, o noso concello contaría cunha zona
de esparcemento para os cans onde estes animais
de compañía poidesen andar ceibos con
supervisións das respectivas persoas responsábeis.
Xosé Magariños explicou que a posta en marca
destes recinto pode ter un custe moi baixo; por
exemplo, podería ubicarse na zona da carballeira.
A INICIATIVA DO BNG CONTOU CO APOIO DE TODOS OS
GRUPOS
TES QUE SABELO! COUSAS QUE PASAN NA ESTRADA ANO 0 - NÚMERO 2 - FEBREIRO 2016
PÁXINA 4
CONSERVEMOS E MELLOREMOS O POUCO QUE NOS QUEDA
O BNG da Estrada presenta unha moción para elaborar
un plan de rehabilitación do entorno da Praza da Porta
do Sol que inclúa, ademais da mencionada praza, todos
os edificios catalogados no PXOM situados nas rúas
Ulla, Ponteareas, Avenida Fernando Conde, Rúa do
Cruceiro, Travesía da Igrexa e a Travesía de Vea, coa
finalidade de conservar a escasa arquitectura popular e
histórica que queda nas citadas rúas.
A moción que presentaron os nacionalistas tamén inclúe
a aprobación dun paquete de medidas fiscais que apoien
a rehabilitación de todos os edificios catalogados no
PXOM e das obras de reforma e rehabilitación de todos
aqueles situados no entorno da área de protección dos
mesmos que permitan unha maior integración do
conxunto arquitectónico, logrando unha maior
complementación e adecuación entre edificios de
épocas e estilos construtivos diferentes.
Segundo explicou o concelleiro do BNG, Xosé
Magariños, proporá na comisión de facenda do vindeiro
mércores, na que se debaterá a proposta de orzamentos
municipais do goberno, incluír as medidas fiscais citadas.
O BNG DA ESTRADA APOSTA POLA XESTIÓN PÚBLICA DO CENTRO
DE MAIORES
“O BNG aposta porque o Centro de Maiores situado no Novo Mercado sexa de xestión pública e insta ao
alcalde a traballar con ese obxectivo”, afirmou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños logo de que o
rexedor municipal anunciara nos medios de comunicación que a decisión sobre o modelo de xestión
decidiríase ao longo deste mes.
“No BNG podemos entender que o concello non teña recursos para afrontar os custes desta xestión
pública”, engadiu Magariños, “pero o lóxico é que sexa a Xunta de Galiza quen a asuma a través da
Consellaría de Política Social”. “En todo caso”, afirmou o concelleiro nacionalista “estamos en contra da
privatización deste servizo público”.
Por outra parte o concelleiro do BNG indicou que “temos un alcalde empeñado en darnos gato por lebre,
xa que o Centro de Maiores non deixa de ser un parche que non suplirá a carencia que ten A Estrada dun
centro de día dotado". “Moito nos tememos que non cumprirá as expectativas de moita xente”, afirmou.
O BNG PIDE UN PLAN PARA REHABILITAR E CONSERVAR OS ESCASOS EDIFICIOS HISTÓRICOS DO CASCO URBANO
O concelleiro do BNG explicou que “a pesar da
aprobación do PXOM, este non contén unha
solución ao problema da desfeita urbanística
que hai na Estrada, limitándose a recoller a
protección dunha serie de edificios sen
contemplar ningunha medida que harmonice o
seu entorno con elas". “Esta moción”, indicou o
concelleiro nacionalista, “busca protexer o
pouco que nos queda”.

Mais conteúdo relacionado

Destaque

Mantenimiento y prueba de software
Mantenimiento y prueba de softwareMantenimiento y prueba de software
Mantenimiento y prueba de softwareVictor 'Marquez
 
Cedula de votacion dr robles
Cedula de votacion dr roblesCedula de votacion dr robles
Cedula de votacion dr roblesJulio Zanelli
 
CIF16: Solo5: Building a Unikernel Base From Scratch (Dan Williams, IBM)
CIF16: Solo5: Building a Unikernel Base From Scratch (Dan Williams, IBM)CIF16: Solo5: Building a Unikernel Base From Scratch (Dan Williams, IBM)
CIF16: Solo5: Building a Unikernel Base From Scratch (Dan Williams, IBM)The Linux Foundation
 
Latin American Cultural Union
Latin American Cultural UnionLatin American Cultural Union
Latin American Cultural UnionJessabelle
 
Korean BBQ
Korean BBQKorean BBQ
Korean BBQmikeelu
 

Destaque (10)

Mantenimiento y prueba de software
Mantenimiento y prueba de softwareMantenimiento y prueba de software
Mantenimiento y prueba de software
 
Piso antiderrapante para deficientes
Piso antiderrapante para deficientesPiso antiderrapante para deficientes
Piso antiderrapante para deficientes
 
La libertad en la web
La libertad en la webLa libertad en la web
La libertad en la web
 
Cedula de votacion dr robles
Cedula de votacion dr roblesCedula de votacion dr robles
Cedula de votacion dr robles
 
CIF16: Solo5: Building a Unikernel Base From Scratch (Dan Williams, IBM)
CIF16: Solo5: Building a Unikernel Base From Scratch (Dan Williams, IBM)CIF16: Solo5: Building a Unikernel Base From Scratch (Dan Williams, IBM)
CIF16: Solo5: Building a Unikernel Base From Scratch (Dan Williams, IBM)
 
Latin American Cultural Union
Latin American Cultural UnionLatin American Cultural Union
Latin American Cultural Union
 
Korean BBQ
Korean BBQKorean BBQ
Korean BBQ
 
July 2015 MWCT Newsletter
July 2015 MWCT NewsletterJuly 2015 MWCT Newsletter
July 2015 MWCT Newsletter
 
Regina Collins resume
Regina Collins resumeRegina Collins resume
Regina Collins resume
 
Computer(powerpoint)
Computer(powerpoint)Computer(powerpoint)
Computer(powerpoint)
 

Semelhante a Tes que sabelo! febreiro 2016

Boletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBoletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBNGdoPorrinho
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019BNGdoPorrinho
 
Javier Bas responde, candidato a Alcaldía de Redondela polo Partido Popular G...
Javier Bas responde, candidato a Alcaldía de Redondela polo Partido Popular G...Javier Bas responde, candidato a Alcaldía de Redondela polo Partido Popular G...
Javier Bas responde, candidato a Alcaldía de Redondela polo Partido Popular G...Redondela Redondelanos Populares
 
Boletín municipal dos Socialistas de Ponteceso
Boletín municipal dos Socialistas de Ponteceso Boletín municipal dos Socialistas de Ponteceso
Boletín municipal dos Socialistas de Ponteceso guest3f596a
 
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAPSOE A BAÑA
 
Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019burelao
 
Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019Vane Siso Calvo
 
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015Mortadelo007
 
Especial tes que sabelo! xullo 2017
Especial tes que sabelo! xullo 2017Especial tes que sabelo! xullo 2017
Especial tes que sabelo! xullo 2017bngaestrada
 
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023Antonio Gregorio Montes
 
Acta núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A Baña
Acta núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A BañaActa núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A Baña
Acta núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A BañaPSOE A BAÑA
 
Xornal do PSOE de Bergondo
Xornal do PSOE de BergondoXornal do PSOE de Bergondo
Xornal do PSOE de Bergondopsdegbergondo
 
ACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAPSOE A BAÑA
 
Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo psdegbergondo
 

Semelhante a Tes que sabelo! febreiro 2016 (20)

Boletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBoletín BNG O Porriño
Boletín BNG O Porriño
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
 
Javier Bas responde, candidato a Alcaldía de Redondela polo Partido Popular G...
Javier Bas responde, candidato a Alcaldía de Redondela polo Partido Popular G...Javier Bas responde, candidato a Alcaldía de Redondela polo Partido Popular G...
Javier Bas responde, candidato a Alcaldía de Redondela polo Partido Popular G...
 
Catro Camiños e os Mallos
Catro Camiños e os MallosCatro Camiños e os Mallos
Catro Camiños e os Mallos
 
Boletín municipal dos Socialistas de Ponteceso
Boletín municipal dos Socialistas de Ponteceso Boletín municipal dos Socialistas de Ponteceso
Boletín municipal dos Socialistas de Ponteceso
 
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
Comunicado orzamentos 2017
Comunicado orzamentos 2017Comunicado orzamentos 2017
Comunicado orzamentos 2017
 
Derroche en publicidade
Derroche en publicidadeDerroche en publicidade
Derroche en publicidade
 
PERO ..... QUE É ISO DO POS?
PERO ..... QUE É ISO DO POS?PERO ..... QUE É ISO DO POS?
PERO ..... QUE É ISO DO POS?
 
Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019
 
Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019
 
PG.pdf
PG.pdfPG.pdf
PG.pdf
 
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
 
Os castrosa cubelacatrocamiños
Os castrosa cubelacatrocamiñosOs castrosa cubelacatrocamiños
Os castrosa cubelacatrocamiños
 
Especial tes que sabelo! xullo 2017
Especial tes que sabelo! xullo 2017Especial tes que sabelo! xullo 2017
Especial tes que sabelo! xullo 2017
 
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
 
Acta núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A Baña
Acta núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A BañaActa núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A Baña
Acta núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A Baña
 
Xornal do PSOE de Bergondo
Xornal do PSOE de BergondoXornal do PSOE de Bergondo
Xornal do PSOE de Bergondo
 
ACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo
 

Mais de bngaestrada

Guía de turismo da Estrada
Guía de turismo da EstradaGuía de turismo da Estrada
Guía de turismo da Estradabngaestrada
 
Mocion en defensa do sector lacteo galego
Mocion en defensa do sector lacteo galegoMocion en defensa do sector lacteo galego
Mocion en defensa do sector lacteo galegobngaestrada
 
Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015bngaestrada
 
A estrada precisa unha revolucion
A estrada precisa unha revolucionA estrada precisa unha revolucion
A estrada precisa unha revolucionbngaestrada
 
O PP sube a contribución un 60%
O PP sube a contribución un 60%O PP sube a contribución un 60%
O PP sube a contribución un 60%bngaestrada
 
Miniboletín vinseiro
Miniboletín vinseiroMiniboletín vinseiro
Miniboletín vinseirobngaestrada
 
Miniboletín souto
Miniboletín soutoMiniboletín souto
Miniboletín soutobngaestrada
 
Miniboletín santeles
Miniboletín santelesMiniboletín santeles
Miniboletín santelesbngaestrada
 
Miniboletín santacristinadevea
Miniboletín santacristinadeveaMiniboletín santacristinadevea
Miniboletín santacristinadeveabngaestrada
 
Miniboletín rubín
Miniboletín rubínMiniboletín rubín
Miniboletín rubínbngaestrada
 
Miniboletín ouzande
Miniboletín ouzandeMiniboletín ouzande
Miniboletín ouzandebngaestrada
 
Miniboletín orazo
Miniboletín orazoMiniboletín orazo
Miniboletín orazobngaestrada
 
Miniboletín oca
Miniboletín ocaMiniboletín oca
Miniboletín ocabngaestrada
 
Miniboletín guimarei
Miniboletín guimareiMiniboletín guimarei
Miniboletín guimareibngaestrada
 
Miniboletín frades-requián
Miniboletín frades-requiánMiniboletín frades-requián
Miniboletín frades-requiánbngaestrada
 
Miniboletín couso
Miniboletín cousoMiniboletín couso
Miniboletín cousobngaestrada
 
Miniboletín codeseda
Miniboletín codesedaMiniboletín codeseda
Miniboletín codesedabngaestrada
 
Miniboletín Callobre - BNG A Estrada
Miniboletín Callobre - BNG A  EstradaMiniboletín Callobre - BNG A  Estrada
Miniboletín Callobre - BNG A Estradabngaestrada
 
Miniboletín Barcala - BNG A Estrada
Miniboletín Barcala - BNG A EstradaMiniboletín Barcala - BNG A Estrada
Miniboletín Barcala - BNG A Estradabngaestrada
 
Roteiro Castelao na Estrada
Roteiro Castelao na EstradaRoteiro Castelao na Estrada
Roteiro Castelao na Estradabngaestrada
 

Mais de bngaestrada (20)

Guía de turismo da Estrada
Guía de turismo da EstradaGuía de turismo da Estrada
Guía de turismo da Estrada
 
Mocion en defensa do sector lacteo galego
Mocion en defensa do sector lacteo galegoMocion en defensa do sector lacteo galego
Mocion en defensa do sector lacteo galego
 
Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015
 
A estrada precisa unha revolucion
A estrada precisa unha revolucionA estrada precisa unha revolucion
A estrada precisa unha revolucion
 
O PP sube a contribución un 60%
O PP sube a contribución un 60%O PP sube a contribución un 60%
O PP sube a contribución un 60%
 
Miniboletín vinseiro
Miniboletín vinseiroMiniboletín vinseiro
Miniboletín vinseiro
 
Miniboletín souto
Miniboletín soutoMiniboletín souto
Miniboletín souto
 
Miniboletín santeles
Miniboletín santelesMiniboletín santeles
Miniboletín santeles
 
Miniboletín santacristinadevea
Miniboletín santacristinadeveaMiniboletín santacristinadevea
Miniboletín santacristinadevea
 
Miniboletín rubín
Miniboletín rubínMiniboletín rubín
Miniboletín rubín
 
Miniboletín ouzande
Miniboletín ouzandeMiniboletín ouzande
Miniboletín ouzande
 
Miniboletín orazo
Miniboletín orazoMiniboletín orazo
Miniboletín orazo
 
Miniboletín oca
Miniboletín ocaMiniboletín oca
Miniboletín oca
 
Miniboletín guimarei
Miniboletín guimareiMiniboletín guimarei
Miniboletín guimarei
 
Miniboletín frades-requián
Miniboletín frades-requiánMiniboletín frades-requián
Miniboletín frades-requián
 
Miniboletín couso
Miniboletín cousoMiniboletín couso
Miniboletín couso
 
Miniboletín codeseda
Miniboletín codesedaMiniboletín codeseda
Miniboletín codeseda
 
Miniboletín Callobre - BNG A Estrada
Miniboletín Callobre - BNG A  EstradaMiniboletín Callobre - BNG A  Estrada
Miniboletín Callobre - BNG A Estrada
 
Miniboletín Barcala - BNG A Estrada
Miniboletín Barcala - BNG A EstradaMiniboletín Barcala - BNG A Estrada
Miniboletín Barcala - BNG A Estrada
 
Roteiro Castelao na Estrada
Roteiro Castelao na EstradaRoteiro Castelao na Estrada
Roteiro Castelao na Estrada
 

Tes que sabelo! febreiro 2016

  • 1. Non é a primeira vez que o BNG da Estrada denuncia problemas coa recollida do lixo. Xose Magariños insta ao alcalde a tomar medidas para acabar co lixo amoreado no rural durante semanas. TES QUE SABELO! CONSERVEMOS E MELLOREMOS O POUCO QUE NOS QUEDA PÁXINA 4> O BNG DENUNCIA PROBLEMAS COA RECOLLIDA DO LIXO NO RURAL O PLAN AESS 2020 DO PP ESTÁ NAS ANTÍPODAS DO QUE NECESITA A ESTRADA NESTE MOMENTO COUSAS QUE PASAN NA ESTRADA ANO 0 - NÚMERO 2 FEBREIRO 2016 PÁXINA 2 > O PP enmascara dentro deste proxecto europeo a ampliación da Alameda, cun aparcadoiro subterráneo, e a urbanización da Baiuca adornándoas cunha morea de propostas delirantes deixando de lado os verdadeiros problemas que ten o concello da Estrada Editado polo BNG Rúa Leicures, 14-1º 36680 A Estrada aestrada@bng.gal 618790646 bngdaestrada.wordpress.com twitter.com/bngaestrada facebook.com/bngdaestrada Urbanisticamente falando A Estrada é unha desfeita, pero aínda quedan edificios históricos que compre conservar e mellorar NIN “PRAZA DEL GENERALÍSIMO” NIN “CEREIJO” A ESTRADA CONTARÁ CUN PARQUE CANINO PÁXINA 3>
  • 2. TES QUE SABELO! COUSAS QUE PASAN NA ESTRADA ANO 0 - NÚMERO 2 - FEBREIRO 2016 O PLAN AESS 2020 DO PP ESTÁ NAS ANTÍPODAS DO QUE NECESITA A ESTRADA NESTE MOMENTO O BNG da Estrada votou en contra do plan AESS 2020 presentado polo goberno do PP, porque está nas antípodas do que necesita o noso concello neste momento. Ao mesmo tempo, consideramos que é unha tomadura de pelo facer pasar por participativo e social un documento que nos seus puntos principais está feito ao ditado do grupo de goberno do PP, camuflando as actuacións que lle interesan (ampliación da Alameda, aparcadoiro subterráneo…) baixo unha retórica pseudo- moderna, que vale para todo. O BNG da Estrada quere deixar claro que non está en contra dos cinco millóns que supón este plan europeo, senón en como os vai gastar o PP. Así, fronte ao aparcadoiro subterráneo, que supoñemos acabará privatizado, o BNG propón aparcadoiros en superficie e gratuítos situados estratexicamente polo casco urbano. Fronte á creación dunha nova praza pública, un eufemismo que agocha a intención do PP de ampliar a Alameda, o BNG propón espazos de lecer dispersos pola vila para que todo o mundo teña preto do seu domicilio unha zona deste tipo. Fronte as propostas do PP para “revivir o rural” que pasan polas marquesinas amigábeis e por parques infantís onde non hai nenos e nenas, o BNG propón aumentar a superficie produtiva incentivando a mobilidade de terras abandonadas, en colaboración co Banco de Terras; propoñemos estabelecer canles de comercialización en circuíto curto, potenciando a praza de abastos, locais de cooperativas gandeiras e a feira sustentábel como punto de venda directa; propoñemos cursos de PÁXINA 2 O PP ENMASCARA DENTRO DESTE PROXECTO EUROPEO A AMPLIACIÓN DA ALAMEDA, CUN APARCADOIRO SUBTERRÁNEO, E A URBANIZACIÓN DA BAIUCA ADORNÁNDOAS CUNHA MOREA DE PROPOSTAS DELIRANTES DEIXANDO DE LADO OS VERDADEIROS PROBLEMAS QUE TEN O CONCELLO DA ESTRADA formación ocupacional e escolas-obradoiro orientadas a actividades relacionadas co agro; propoñemos vixiar que as terras de especial protección agraria non sexan reforestadas, etc, etc. Por outra parte, o interese que ten o PP no rural vese perfectamente na análise que fai o documento do noso sector primario, que está completamente fóra da realidade. Fronte aos sistemas de medición da contaminación dos ríos que propón o PP para un rural que na súa maior parte carece de sistemas de saneamento, propoñemos que antes dos sistemas de medición da contaminación haberá que dotar ao noso rural de sistema de saneamento e non ao revés. Por outra parte, dentro do plan AESS 2020 que nos presenta o PP tamén hai actuacións interesantes como a reciclaxe, a planta de compostaxe, a humunización de certas rúas, a mellora da sinalización do rural, etc…que si nos parecen positivas, pero inviábeis economicamente por mor do interese do PP nas súas actuacións estrelas (aparcadoiro e ampliación da alameda) que consumirán todo o orzamento previsto. En definitiva: unha estafa!
  • 3. TES QUE SABELO! COUSAS QUE PASAN NA ESTRADA ANO 0 - NÚMERO 2 - FEBREIRO 2016 O BNG rexistra unha moción para que os servizos de servidores de mapas virtuais como Google Maps ou Bing Maps (Microsoft) actualicen o rueiro da Estrada, eliminando as referencias da Ditadura como “Praza del Generalísimo” ou "Praza de Martínez Anido". Na mesma moción o BNG tamén busca o apoio dos demais partidos para que este tipo de servizos utilicen os topónimos correctos, evitando referencias como “Lagartones”, “Aguiones” ou “Cereijo”. PÁXINA 3 NIN “PRAZA DEL GENERALÍSIMO” NIN “CEREIJO” LÓPEZ QUERE FACER UNHA PISCINA DE WATERPOLO NO ANEXO DO COTO FERREIRO Cada vez que chove, na pista onde se debería practicar deporte hai goteiras e caldeiros. O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, considera que “é unha grave irresponsabilidade do alcalde manter as instalacións neste estado, xa que non é só que non se poida facer deporte con normalidade, senón que a auga que se filtra tarde ou cedo acabará por estragar as pistas e unhas instalacións que costaron moitos miles de euros”. O BNG entende que administracións públicas galegas non só deben cumprir a lei de normalización lingüística, empregando os topónimos correctamente en todas as súas publicación; mais as administracións públicas deben velar polo seu cumprimento estrito por parte das empresas coas que teña algún tipo de relación, así como onde se vexa reflectido o noso concello dun xeito tan esperpéntico como os exemplos que acabamos de ver, dando unha imaxe bastante deplorábel e distorsionada do que é a nosa cultura, que poden ver millóns de persoas. A organización nacionalista agarda contar co apoio dos demais partidos políticos con representación no concello ante unha evidencia tan aberrante como esta. A ESTRADA CONTARÁ CUN PARQUE CANINO Deste xeito, o noso concello contaría cunha zona de esparcemento para os cans onde estes animais de compañía poidesen andar ceibos con supervisións das respectivas persoas responsábeis. Xosé Magariños explicou que a posta en marca destes recinto pode ter un custe moi baixo; por exemplo, podería ubicarse na zona da carballeira. A INICIATIVA DO BNG CONTOU CO APOIO DE TODOS OS GRUPOS
  • 4. TES QUE SABELO! COUSAS QUE PASAN NA ESTRADA ANO 0 - NÚMERO 2 - FEBREIRO 2016 PÁXINA 4 CONSERVEMOS E MELLOREMOS O POUCO QUE NOS QUEDA O BNG da Estrada presenta unha moción para elaborar un plan de rehabilitación do entorno da Praza da Porta do Sol que inclúa, ademais da mencionada praza, todos os edificios catalogados no PXOM situados nas rúas Ulla, Ponteareas, Avenida Fernando Conde, Rúa do Cruceiro, Travesía da Igrexa e a Travesía de Vea, coa finalidade de conservar a escasa arquitectura popular e histórica que queda nas citadas rúas. A moción que presentaron os nacionalistas tamén inclúe a aprobación dun paquete de medidas fiscais que apoien a rehabilitación de todos os edificios catalogados no PXOM e das obras de reforma e rehabilitación de todos aqueles situados no entorno da área de protección dos mesmos que permitan unha maior integración do conxunto arquitectónico, logrando unha maior complementación e adecuación entre edificios de épocas e estilos construtivos diferentes. Segundo explicou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, proporá na comisión de facenda do vindeiro mércores, na que se debaterá a proposta de orzamentos municipais do goberno, incluír as medidas fiscais citadas. O BNG DA ESTRADA APOSTA POLA XESTIÓN PÚBLICA DO CENTRO DE MAIORES “O BNG aposta porque o Centro de Maiores situado no Novo Mercado sexa de xestión pública e insta ao alcalde a traballar con ese obxectivo”, afirmou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños logo de que o rexedor municipal anunciara nos medios de comunicación que a decisión sobre o modelo de xestión decidiríase ao longo deste mes. “No BNG podemos entender que o concello non teña recursos para afrontar os custes desta xestión pública”, engadiu Magariños, “pero o lóxico é que sexa a Xunta de Galiza quen a asuma a través da Consellaría de Política Social”. “En todo caso”, afirmou o concelleiro nacionalista “estamos en contra da privatización deste servizo público”. Por outra parte o concelleiro do BNG indicou que “temos un alcalde empeñado en darnos gato por lebre, xa que o Centro de Maiores non deixa de ser un parche que non suplirá a carencia que ten A Estrada dun centro de día dotado". “Moito nos tememos que non cumprirá as expectativas de moita xente”, afirmou. O BNG PIDE UN PLAN PARA REHABILITAR E CONSERVAR OS ESCASOS EDIFICIOS HISTÓRICOS DO CASCO URBANO O concelleiro do BNG explicou que “a pesar da aprobación do PXOM, este non contén unha solución ao problema da desfeita urbanística que hai na Estrada, limitándose a recoller a protección dunha serie de edificios sen contemplar ningunha medida que harmonice o seu entorno con elas". “Esta moción”, indicou o concelleiro nacionalista, “busca protexer o pouco que nos queda”.