ROTEIRO
“A MEMORIA DA CHOIVA”
DE PEDRO FEIJOO
…........................
ROSALÍA DE CASTRO
Mª Paz Fernández Pereiro (IES Ri...
1. Obxectivos:
• O achegamento ás obras literarias a través do
coñecemento dos espazos.
• Punto de encontro para a convive...
Día 2. A Coruña- Arteixo: Visita á RAG, A Mariña, Praza de
abastos, San Agustín nº 16, e aldea de Oseiro, Froxel.
https://...
universal- en diferentes épocas históricas (séculos XIX-XX-
XXI).
Os espazos principais son Santiago de Compostela ( onde
...
A descrición da Alameda onde se atopa a estatua de
Rosalía:
“Peixiños dentro e fóra dos estanques da Alameda (...) As
pare...
https://www.google.com/maps/d/edit?
mid=z5vikyj65jGk.kMTaeh_47Dvs
2. Padrón, o espazo en Padrón éstá moi localizado (non é...
morreu Manuel Murguía, 1833-1923, Impulsor do
Rexurdimento Nacional de Galicia” (P.226)
https://www.google.com/maps/d/edit...
cuestión era a biblioteca da que o vello homínido metido a
mecánico nos falara(...)(p. 330-331)”
5. E finalmente da man do...
Próximos SlideShares
Carregando em…5
×

Roteiro. a memoria da choiva

446 visualizações

Publicada em

Roteiro do libro de Pedro Feijoo, A memoria da choiva.

Publicada em: Educação
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
446
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
6
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
2
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Roteiro. a memoria da choiva

  1. 1. ROTEIRO “A MEMORIA DA CHOIVA” DE PEDRO FEIJOO …........................ ROSALÍA DE CASTRO Mª Paz Fernández Pereiro (IES Ribeira do Louro. Porriño) Anxos Rial Vidal. (IES de Poio. Poio) Curso CAFI: Roteiro Valle-Cabanillas. A memoria da choiva. Pedro Feijoo. Ed. Xerais narrativa. Vigo, 2013.
  2. 2. 1. Obxectivos: • O achegamento ás obras literarias a través do coñecemento dos espazos. • Punto de encontro para a convivencia entre rapaces e rapazas dos clubs de lectura a partir da lectura dunha obra en común e da realización de actividades conxuntas. • Contextualización espacial e enriquecemento da lectura dunha obra literaria. 2. Contidos: • A biografía rosaliá a través dunha obra de ficción. • Follas Novas: Contido e textos. • A estrutura da novela negra. 3. Alumnado: Dirixido a alumnado dos clubs de lectura de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. 4. Departamento de Lingua galega e literatura e Biblioteca escolar. 5. Temporalización: Dous días. Día 1. Padrón- Compostela: Visita á Casa da Matanza (posible roteiro rosaliá: Ortoño, Bastabales, Lestrove, Pazo de Arretén) e percorrido polas rúas de Compostela, visita á Alameda, á Rúa do Vilar, biblioteca Ánxel Casal.
  3. 3. Día 2. A Coruña- Arteixo: Visita á RAG, A Mariña, Praza de abastos, San Agustín nº 16, e aldea de Oseiro, Froxel. https://www.google.com/maps/d/edit? mid=z5vikyj65jGk.klISrhaPpEOk 6. Os espazos e os textos. A obra de Pedro Feijoo “A Memoria da chuvia” mistura realidade e ficción literaria: • A vida e a obra literaria de Rosalía de Castro. • A trama policíaca arredor de tres crueis asasinatos. Esta dobre cara da obra permítenos percorrer distintos espazos galegos – ligados á vida da nosa escritora máis
  4. 4. universal- en diferentes épocas históricas (séculos XIX-XX- XXI). Os espazos principais son Santiago de Compostela ( onde viviu Rosalía a súa xuventude e o lugar onde viven os protagonistas e donde acontecen os asasinatos), Padrón (A casa da Matanza onde viviu Rosalía e sé do museo e da Fundación Rosalía de Castro), A Coruña ( sé da Real Academia galega e onde viviron os descendentes de Rosalía), Arteixo ( lugar de nacemento de Murguía). Outros lugares que se describen son Vigo (non relacionado con Rosalía pero si co autor da novela) e Catoira (localización do climax da obra relacionado cun poema rosaliá). 1. Santiago de Compostela: Aparece perfectamente definido, achegándose os enderezos concretos dos lugares do crime, casas dos protagonistas, facultade de Filoloxía... Destaca a vivenda de Sofía, Rúa do Villar, 41, primeiro andar e o café Paradiso no nº 29: “ Propuxo como alternativa O Paradiso... Desculpe o atraso...(p.95) Vivo aquí ao lado, no número 41 desta mesma rúa (p.96) “ As rúas de Compostela: República do Salvador (p.30), Praza de Galicia (p.67), A Comisaría detrás de Correos (p. 65, 113), A rúa de San Pedro onde está o xornal (p. 87), O Franco, A Raíña...
  5. 5. A descrición da Alameda onde se atopa a estatua de Rosalía: “Peixiños dentro e fóra dos estanques da Alameda (...) As parellas de namorados, collidos da man, vanse metendo nas escuridades do Paseo dos Leóns. Da Porta Faxeira veñen mulleres empurrando polos carriños dos seus pequenos(...) se dou a volta podo ver a rúa da Senra desde aquí (...) Ten graza o nome do instituto, Rosalía de Castro (...) Ao se cruzaren coa estatua, un dos rapaces dálle unha sonora palmada no cu á máis alta das Marías(...) Eles seguen camiñando, van en dirección ao paseo da Ferradura… (15, p. 249-250)”.
  6. 6. https://www.google.com/maps/d/edit? mid=z5vikyj65jGk.kMTaeh_47Dvs 2. Padrón, o espazo en Padrón éstá moi localizado (non é tan variado coma en Compostela): A casa da Matanza: “ Na estancia que facía ás veces de recepción ao museo (p. 129)...A porta principal? (…) Saímos da recepción novamente ao xardín (p. 131) (...)A parede do fondo estaba cuberta por unha aparatosa biblioteca de madeira e cristal ( p. 132) (...) Nunha das esquinas superiores da quinta, a do extremo dereito... (p. 143). A Biblioteca do Consello da Cultura galega tamén se ubica neste espazo ( p.179), a casa museo (p.210) e na acción (p.410), 3. A Coruña na procura da historia e datos da familia de Rosalía: A avda. Alfonso Molina, rúa Linares Rivas, a avda. Da Mariña(p. 233) ata a praza do mercado de San Agustín nº 16 Na procura do rastro de alguén que sobrevivise á familia de Rosalía, onde atopamos a placa da casa de Murguía(p.226): “ E aquí estabamos, Sofía e máis eu, no medio e medio da rúa de san Agustín , ollando para o edificio que levaba o número 16. Unha placa enorme chantada á dereita do portal, “Aquí viviu e
  7. 7. morreu Manuel Murguía, 1833-1923, Impulsor do Rexurdimento Nacional de Galicia” (P.226) https://www.google.com/maps/d/edit? mid=z5vikyj65jGk.kjAkTE89Dylo 4. A Arteixo, Oseiro, Froxel, chegamos na procura dos descendentes de Rosalía...”entre o balneario e o santuario da virxe de Pastoriza en 1894 (p. 300)”, o nacemento de Estela narrado na carta de Murguía a Víctor Said. O Froxel, a casa de Murguía Valadorrís (p.330) a aldea da Pastoriza e a descrición do roteiro : “ Casa deMurguía Valdadorrís(...) iso é o que pon a placa que hai na porta(...) o centro cívico era un edificio de construción moderna(...) ao fondo dun extenso torreiro (…) A sala en
  8. 8. cuestión era a biblioteca da que o vello homínido metido a mecánico nos falara(...)(p. 330-331)” 5. E finalmente da man dos versos de Rosalía: “Dende a fonda orela mirei arredore... A marea viva...petaba nas torres, orfas antre a líquida...Son os versos de “As Torres de Oeste”, Follas Novas, libro V, “As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos” (…) As Torres de Oeste...- repetín eu-. Refírese vostede ás ruínas de Catoira... (p.446-447)” Chegamos a Catoira na procura de Sofía e Adriano: “ A lúa reflectíase sobre as augas da ría de Arousa” (p. 458) 7. Materiais: Precísanse varios exemplares de “A memoria da choiva” da Pedro Feijoo e de “Follas Novas” de Rosalía. Paz Fernández Pereiro Anxos Rial Vidal. Maio 2015.

×