O feiron

375 visualizações

Publicada em

Publicada em: Imóveis
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
375
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
140
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
1
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

O feiron

  1. 1. “O FEIRÓN”
  2. 2. DEU EN DEVEÑAR TOÑI E IDEOU AS DISTINTAS PERSONAXES QUE PODÍAN CONFORMAR UN MERCADO TRADICIONAL. OS PREPARATIVOS FORON CONFECCIONADOS USANDO MATERIAIS RECICLADOS.
  3. 3. CON TODO O ESMERO FOI LEMBRANDO OS OFICIOS E A ROUPA QUE PRECISARÍAN, E CADA DÍA VIÑA CON PREPARATIVOS DA SÚA CASA SEGUNDO ÍAN XURDINDO AS NECESIDADES, OS DEMAIS ESTABAMOS AÍ PERO MAIS PENDENTES DOS OBRADOIROS, ASÍ QUE FOI A NOSA QUERIDA TOÑI QUEN ASUMIU A ACTIVIDADE DE O FEIRÓN COIDANDO TODO TIPO DE DETALLES, E TRATANDO DE INCLUIR A TOD@S, CANTOS MÁIS MELLOR.
  4. 4. CONFECCIÓN
  5. 5. FABRICOU AS FERRAMENTAS UNHA A UNHA. E, NON FALTOU NADA: FORNO PARA O PAN E ÚTILES PARA O PANADEIRO, FERREIRO, CESTEIRO, LABREGO, GANDEIRA, ANIMAIS, LEÑADOR, TRATANTE DO GANDO, CURA, CAPADOR , FIADORA, FROITEIRO, VENDEDORA DE DOCES, SEÑORITOS (MATRIMONIO E DOUS FILLOS), LEITEIRA, MENCIÑEIRA,… E,
  6. 6. COMO PODEMOS VER ESTE TEMA DARÍA PARA DISFRAZARSE TODO O CENTRO, A VER SE OUTRO ANO O PODEMOS FACER POIS PARÉCEMOS UNHA ACTIVIDADE INTEGRADORA PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
  7. 7. NENO , VENDEDOR DE FROITA E VERDURA
  8. 8. FAMILIA DE SEÑORITOS
  9. 9. CREGO E CAPADOR
  10. 10. PANADEIRO, LEITEIRA, GANDEIRA, TRATANTE, CESTEIRO
  11. 11. ZOQUEIRO
  12. 12. FIADORA, MENCIÑEIRA, LABREGO
  13. 13. FALTAN OS ANIMAIS!
  14. 14. GALIÑA, OVELLA, TORO, PATO E RAPOSO
  15. 15. O FORNO DE PABLO
  16. 16. TAMPOUCO FALTOU A CANCIÓN, INVENTADA, INTERPRETADA, ENSAIADA. ESTA É A LETRA COA MÚSICA DA CANCIÓN “O SANCRISTÁN DE COHIMBRA”
  17. 17. BENVIDOS Á NOSA FEIRA VIMOS VENDER A COLLEITA PARA MERCAR UN RANCHIÑO E SACAR ALGÚN CARTIÑO. MERCA CHOURIZOS E MAIS LACÓNS E TI MARUXA LEVA OS CIMÓNS. CANDO CHEGAMOS EIQUÍ ATOPAMOS COS FERREIROS FACENDO NAS FERRAMENTAS QUE LOGO NÓS USAREMOS. MERCA CHOURIZOS E MAIS LACÓNS E TI MARUXA LEVA OS CIMÓNS. VIÑEMOS ENTUSIASMADOS PARTICIPAR NESTA FEIRA PARA VENDER AS PATACAS PATACAS DAS NOSAS LEIRAS MERCA CHOURIZOS E MAIS LACÓNS E TI MARUXA LEVA OS CIMÓNS. PARA FACER UN CALDIÑO LEVADE FABAS E VERZAS QUE NON HAI NADA MÁIS RICO QUE UN BO CALDIÑO DE VERZAS MERCA CHOURIZOS E MAIS LACÓNS E TI MARUXA LEVA OS CIMÓNS. COMEREMOS AS FILLOAS, ROSQUIÑAS, TAMÉN ORELLAS PORQUE DOENDO O BANDULLO IREMOS Á MENCIÑEIRA MERCA CHOURIZOS E MAIS LACÓNS E TI MARUXA LEVA OS CIMÓNS. OS QUE VIMOS A ESTA FEIRA QUEREMOS DICIR ATOD@S DISFRUTADE OS CARNAVALES E QUE VIVADES O ENTROIDO!
  18. 18. IMOS Á FEIRA!!
  19. 19. A ROSQUILLEIRA E O SEÑOR CURA ADICAN UNHAS PALABRAS E COMEZA “O FEIRÓN”.
  20. 20. ESTIMADOS VECIÑOS E VECIÑAS! VIMOS HOXE CELEBRAR ESTA FEIRA EN LEMBRANZA DAS QUE VIVÍAN OS NOSOS ANTERGOS E FACER UNHA MERECIDA HOMENAXE AOS OFICIOS E TRADICIÓNS QUE PERMITIRON O DESENROLO DA VIDA NA NOSA PEQUENA CONTORNA. POR ISTO E PORQUE O ENTROIDO NON AGARDA,… DÍGOVOS: -“QUE COMECE O O FEIRÓN!”
  21. 21. TAN CONTENTOS ESTÁN QUE CANTAN E TODO
  22. 22. MERCA CHOURIZOS E MAIS LACÓNS E TI MARUXA, LEVA OS CIMÓNS!
  23. 23. MESMO PARECE QUE CANTAN OS ANIMAIS!
  24. 24. CANTAS RABIZAS!
  25. 25. VAIA HORTO NON HAI XEADAS CO ENTREN. O LABREGO MESMO PARECE QUE FALA COS REPOLOS!
  26. 26. O VENDEDOR DE FROITAS E VERDURAS, VAIA POSTO! MOITO VENDEU, A MIN PARÉCEME QUE SACOU PARA MERCAR UN RANCHIÑO!
  27. 27. O LEÑADOR PREPARADO PARA QUE NON FALTARA MADEIRA AXEITADA PARA AS ZOCAS E AS CESTAS.
  28. 28. O CESTEIRO E O ZOQUEIRO BOTABAN ALGUNHA PARRAFADA. FIXERON BOA FEIRA.
  29. 29. A GRANXA ESTABA UN POUCO ALBOROTADA PERO CONTROLÁBAA A GANDEIRA.
  30. 30. O TRATANTE ANDABA POLOS POSTOS DE CONTO, A FEIRA É PARA PASALO BEN!
  31. 31. O CAPADOR IA MOI PREPARADO PARECÍA MEDIO VETERINARIO. Á LEITEIRA DABA XENIO VELA.
  32. 32. O SEÑOR CURA HONRABA A FEIRA, FALTABA O SEÑOR ALCALDE
  33. 33. O PAN QUENTIÑO, ESTE PANADEIRO FAI UN PAN QUE SABE A GLORIA!
  34. 34. A FIADORA, FIAR O QUE SE DI FIAR?, ROMPÍALLE O FÍO E ANUDÁBAO. A TODO NON SE PODE ATENDER!
  35. 35. VAIA PARELLA! QUE ELEGANTES!
  36. 36. VENDERON MOITO PERO, NON HAI QUE ENGAÑARSE, SON OS MELLORES NO OFICIO EN TODA A RODEADA.
  37. 37. GANDO MAIS COIDADO E MANSO XA A HAI TEMPO QUE NON PISA A FEIRA
  38. 38. O FERREIRO, VENDÍA UNS FOUCIÑOS, MELLORES COS DE FERREIREVELLA.
  39. 39. O FERREIRO E A FIADORA, PARÉCEME QUE SON DOS TEIXEDAIS E LÉVANSE MOI BEN.
  40. 40. O MELLOR DE CADA CASA, MI MADRIÑA!
  41. 41. MELLOR LEITEIRA NA RODEADA NON HAI, MIRA QUE XERRAS MAIS BRANQUIÑAS E UN LEITE CON MOITA TONA.
  42. 42. OS SEÑORITOS MIRAN PARA O GANDO DE REOLLO
  43. 43. QUE LEDA SE VE A XENTE!
  44. 44. COMO SE NOTA O ENTROIDO, O BANDULLO CHEO DA MOITA ALEGRÍA.
  45. 45. OS SEÑORITOS ESTABAN ABRAIADOS XA FACÍA TEMPO QUE NON HABÍA UNHA FEIRA TAN BOA. ATA LLE MERCARON UNS DOCES E UN CARRETILLO Ó NENO.
  46. 46. VAIA FEIRÓN! O TEMPO TAMÉN AXUDOU!
  47. 47. A TÚA DISPOSICIÓN E ÁNIMO É UN MODELO DE MOTIVACIÓN E EXEMPLO. E,… COA MÁXIMA DISCRECIÓN, SILENCIO, RESPECTO,… DIRIXES, APOIAS, COMPLEMENTAS, IDEAS, CREAS, ACONSELLAS E,… UN LONGO ETCÉTERA. TAMÉN SABEMOS, COMO NON PODE SER DOUTRA FORMA, ESTA ACTITUDE ANTE O TRABALLO TE FAI GRANDE.
  48. 48. EN NOME DE TODO O COLEXIO PENSAMOS QUE DE BEN NACIDOS É SER AGRADECIDOS, ESTE É UN PEQUENO XESTO AO TEMPO QUE TE RETAMOS A SEGUIR. TOD@S XUNT@S SOMOS MÁIS. QUE SIGAMOS COMPARTINDO, ENRIQUECÉNDONOS E LOITANDO POLOS SERES MÁIS GRANDES DO MUNDO QUE SON: O NOSO ALUMNADO.
  49. 49. PARA OS DISFRACES TRATOUSE DE QUE OS NENOS E AS NENAS SE VESTIRAN CON ROUPAS DA SÚAS CASAS, QUE COMPARTIMOS TRATANDO DE APROVEITAR OS RECURSOS E NON GASTAR EN MATERIAIS AO TEMPO QUE A ACTIVIDADE RECOBRABA REALIDADE E BELEZA. RESULTOU UNHA ACTIVIDADE FERMOSA!
  50. 50. E, … PARA APROVEITAR TODO FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN
  51. 51. GRAZAS TOÑI PORQUE SEMPRE ESTÁS AÍ DISPOSTA A TODO E A INCLUIR A TOD@S. GRAZAS POLOS MOMENTOS TAN FERMOSOS QUE COMPARTIMOS. A TÚA SENSIBILIDADE, CREATIVIDADE E CAPACIDADE DE TRABALLO SON INFINITAS.
  52. 52. UNHA APERTA AMIGA!!

×