2. Rosalía pequeniña
● Rosalía foi unha nena que naceu en Santiago de Compostela , criándose
xunto a unhas tías que vivían pertiño, en Ortoño. Elas foron as encargadas
de educar a súa infancia .
● En Ortoño medrou e aprendeu a falar e a cantar en Galego moitas das
nosas cancións.
● Así Rosalía empezou a querer a nosa lingua , no colo das súas tías e na
convivencia coa veciñanza .
●
3.
4. Rosalía pequeniña
Así conta Uxía como foi a infancia da escritora
Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.
A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.
Rosalía pequeniña
medio meiga , medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.
A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.
Uxía – Rosalía pequeniña
5. ● Xoga co poema de Uxía , adicado a Rosalía , e coloca estas palabras cruzadas :
● De 8 letras : gaiteira
● De 7 letras : Rosalía
● De 6 letras: meniña, pirata
● De 5 letras : meiga
● De 4 letras : fada, musa, fala
R
O
S
A
L
I
A
6. G T E I R AG A I
R O
P
A L A S M
T A U
A L S
E N I Ñ AM
I A
G
F A D A
F
M
● Xoga co poema de Uxía , adicado a Rosalía , e coloca estas palabras cruzadas :
● De 8 letras : gaiteira
● De 7 letras : Rosalía
● De 6 letras: meniña, pirata
● De 5 letras : meiga
● De 4 letras : fada, musa, fala
7. Descubrindo a beleza da vida
● En Ortoño descobre a beleza dos campos, camiños, chuvia, brétema , os
paxaros, as campás, ...Xoga e , por encima de todo, aprende a querer a
Galicia
Has de cantar,
que che hei de dar zonchos;
has de cantar,
que che hei de dar moitos.
Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo.
¡ Non che teño medo, moucho;
Moucho, non che teño medo !
8. A emigración é un tema importante na súa
obra poética
● Na medida en que a nena foi medrando , descobriu as desdichas ao seu
arredor e viu a moita xente traballar duro e ter que marchar a países lonxanos,
deixando soa a muller e os fillos . . Por iso , escribiu anos despois :
Este vaise i aquel vaise,
e todos , todos se van .
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non teñen pais .
9.
10.
11. Traslado a Santiago e Padrón
● Sendo xa unha mociña, trasladouse a vivir coa súa nai en Padrón e en Santiago. Na
cidade cambiou moito a súa forma de vida e tivo oportunidade de achegarse ao
mundo da pintura , a música e o teatro.
● Lía moito e escribía moi ben ; por iso axiña soubo contar historias e facer poemas .
No Liceu de San Agustín en Santiago foron lidos algúns dos primeiros que escribiu e
gustaron moito .
● Aos dezanove anos marchou a Madrid e alí
coñece escritores como Murguía , co que
casou despois e tiveron sete fillos.
12.
13. Rosalía , a familia e a morriña
Xunto coa súa familia , Rosalía cambiou moito de fogar , pero en ningún sitio se afacía .
Sempre tiña morriña da súa terra e , en moitos dos seus versos doíase desa saudade.
Campanas de Bastabales
Cando vos oio tocar , Sólo media me deixaron
campañiñas , campaniñas, os que de aló me trouxeron
sen querer torno a chorar. os que de aló me roubaron.
Cando de lonxe vos oio , Non me roubaron , traidores,
penso que por min chamades, ¡ Ai !, uns amores toliños,
e das entrañas me doio. ¡ai! , uns toliños amores.
Dóiome de dor ferida , Que os amores xa fuxiron,
que antes tiña vida enteira as soidades viñeron...
e hoxe teño media vida. De pena me consumiron
.
14. Obra da escritora
Escribiu libros en Galego e en Castelán .
As súas obras máis coñecidas en Galego son :
“ Cantares gallegos “ e “ Follas novas “ Trata de completar este poema de
Rosalía , moi coñecido e cantado por grandes músicos contemporáneos .
Adiós, ríos; adiós ….....
adiós, regatos ….........
adiós, vista dos meus …;
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña …....,
terra onde me eu criéi,
hortiña que quero tanto
figueiriña que …..........,
prados,ríos,arboredas,
pinares que move o ….,
paxariños piadores,
casiña do meu ….......
15. Cantares Gallegos : un libro moi
importante
● Esta foi unha publicación do ano 1863 moi
importante na nosa lingua e , para recordala,
celébrase cada ano , o 17 de maio , O DÍA DAS
LETRAS GALEGAS.
16. A saúde e o enterro
A escritora non foi unha muller forte. Proba delo son
os males dos que sempre fala. O seu pasamento
produciuse no ano 1885, que foi Ano Santo en
Santiago.
Morreu na casa chamada da Matanza, converteda
hoxe en casa- museo .
Cementerio de
Adina
17. LEMBRANZAS PARA ROSALÍA
Foron e seguen a ser moitos os escritores /as que
lembran e falan de Rosalía nas súas composicións e
libros .
A poetisa Ana Mª Fernández elixe vintetrés palabras das
composicións de Rosalía para escribir poemas que nos
achegan aos espazos , elementos e e detalles cantados
pola escritora do Sar
LAÍÑO
Verdes loureiros
de verde xade,
que aló en Laíño
medran a pares
baixo unha chuvia
miúda e grave.
Verde ribeira
de fondos mares ,
por onde pasan
branquiñas naves ,
por onde vogan
dornas e aves ,
por onde o vento
sopra suave
riba da auga
que a bágoa sabe .
18. Lugares Rosalianos
Moitos son os lugares relacionados coa vida e obra da escritora .
Tenta colocalos sobre este acróstico :
1- Matanza
2- Sar
3- Bastabales
4- Laíño
5- Padrón
6- Ortoño
7- Lestrove
8- Santiago
9- Adina
10- Iria Flavia
19. S A N T I A G O
S
M
A
R
T
F
R
B A S T A B A L E S
A
A
Ñ
V
N
V
O
E
Z
I
A
A D I N A
L A I Ñ O
L
R
E
O
P
D
R
O
N
T
TO
Lugares Rosalianos
Moitos son os lugares relacionados coa vida e obra da escritora .
Tenta colocalos sobre este acróstico :
1- Matanza
2- Sar
3- Bastabales
4- Laíño
5- Padrón
6- Ortoño
7- Lestrove
8- Santiago
9- Adina
10- Iria Flavia