SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 23
Baixar para ler offline
Os mellores de… é un espazo da Biblioteca Ágora no que desenvolvemos diferentes
mostras temáticas, con vontade de resaltar contidos que consideramos de interese
teñan unha relevancia especial durante un tempo determinado.
Coincidindo coa chegada de maio, mes das letras, desta volta o tema central vai ser
a escrita en galego. A nosa literatura. O cerne dunha biblioteca galega está aí, no
coñecemento e difusión do que somos, do propio, en diálogo enriquecedor co alleo,
co que nos chega de fóra. Somos, como dicían os homes da Xeración Nós, unha
“célula de universalidade” e a nosa literatura ten, por iso, moito que ofrecer.
A nosa mostra constrúese en base a criterios de calidade e diversidade. Non todo o
noso é bo por ser noso, nin todo o alleo bo por ser alleo. Hai que seleccionar,
agrupar, xogar cos marcos e coas lindes, movelos se é preciso. E iso tentamos.
Autor : Xosé María Díaz Castro
Título : Nimbos
Letras Galegas 2014
Xosé María Díaz Díaz Castro é certamente un poeta singular. Pola calidade da súa
obra, pola contención e brevidade da mesma e mais pola transcendencia que o seu
libro Nimbos (1961) tivo na historia da poesía galega contemporánea. Poemas seus,
como “Penélope” son referencias capitais da nosa literatura. Tal significación
mereceu que A Real Academia Galega determinase dedicarlle o Día das Letras
Galegas do ano 2014.
Aquí podes descargar material didáctico sobre o autor
Son clásicos porque nunca perden vixencia, nin actualidade. Porque lelos hoxe segue
a nos abrir portas e a nos entregar chaves para comprendermos mellor o mundo,
Galiza e as nosas propias vidas. Obviamente entre os clásicos da nosa narrativa
están voces como as de Castelao ou Risco, mais neste caso preferimos quedar con
outras obras e autores.
A narrativa oceánica de Otero Pedrayo co maxistral Os camiños da vida. A
experimentación e risco de Dieste nos contos de Dos arquivos do trasno. O Blanco
Amor suxo, coral, social da Xente ao lonxe. O Cunqueiro fabulador e único do Merlín
e familia. O libro seguramente máis lido das nosas letras, as Memorias dun neno
labrego de Neira Vilas. E a narrativa política e metafórica de Ferrín en Retorno a
Tagen Ata.
Título : Os camiños da vida
Autor: Ramón Otero Pedrayo
Letras galegas 1988
Os camiños da vida (1928) é unha das pezas máis significativas da narrativa de
Otero Pedrayo, aínda hoxe bastante descoñecida para o público lector. A través
da historia de dúas familias fidalgas, os Doncos e os Puga, que representan o
pasado e o futuro do país, o autor describe a profunda transformación da
sociedade rural de Galicia no século XIX : a desfeita do tradicional mundo
agrario; a irrupción dunha nova economía capitalista e dunha concepción
burguesa da vida; o nacemento das ideoloxías e os movementos galeguistas…
Título : Dos arquivos do trasno
Autor : Rafael Dieste
Letras galegas 1995
En 1926 Dieste publicaba oito relatos breves baixo o título Dos arquivos do
trasno . Na segunda edición, en 1962, engadiu outros doce. E dende entón, o
libro non cesou de medar na consideración dos lectores e da crítica. Con él, a
arte do conto acada modernidade para amosar as pegadas do imaxinario galego
cunha gran intensidade. Un mundo narrativo no que o misterioso e o
extraordinario se mesturan de xeito indisoluble co popular e cotián.
Título : Xente ao lonxe
Autor : Eduardo Blanco Amor
Letras Galegas 1993
Froito dun excepcional alento anovador, Xente ao lonxe (1972) ensambla un
amplo abano de tipos humanos e historias sabiamente entrecruzadas. Cunha
concepción cinematográfica do relato, que vai acoutando progresivamente o seu
campo de visión desde a panorámica social ata o primeiro plano individual, o autor
describe os grandes cambios sociais que anuncian a Galicia de finais do século
XIX
Unha das grandes novelas corais da literatura galega.
Autor : Álvaro Cunqueiro
Título : Merlín e familia
Letras galegas 1991
A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega
ó lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia,
que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. Un universo único
na literatura xorde nas fascinantes e engaioladoras historias que conta esta
novela, que desde o momento da súa publicación supuxo un fito no tocante á
renovación da narrativa galega. En Cunqueiro, a arte do narrador, cun sesgo
humorístico, sorprende pola capacidade para facer convivir o mito co mundo
cotián.
Autor : Xosé Neira Vilas
Título : Memorias dun neno labrego
Memorias dun leno labrego recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz
de aldea que vive na década de 1940, escribe : “Vexo o mundo darredor de min
e adoezo por entendelo… Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde
morren os paxaros”. Velaquí unha das obras que fundan a narrativa galega
contemporánea.
Unha obra na que conflúen unha fonda crítica social, unha perfecta
ambientación na Galicia rural dos anos trinta e corenta, e unha gran facilidade
para adaptarse á óptica infantil
Autor : X.L. Méndez Ferrín
Título : Retorno a Tagen Ata
Xosé Luís Méndez Ferrín é un dos máximos representantes da literatura
galega contemporánea. Foi ademais presidente da Real Academia Galega entre
2010-2013.
Retorno a Tagen Ata é un relato sobre a liberación nacional de Tagen Ata, o
país no que se desenvolven varias obras do autor e que moitos ven como un
trasunto de Galicia. A breve novela preséntanos a Rotbaf Luden, unha moza
que medrou entre os emigrados de Tagen Ata e que volta agora ó país
orixinario para sumarse á loita armada que busca a independencia con respecto
a Terra Ancha.
Suso de Toro, Manuel Rivas, Carlos Casares, Antón Riveiro Coello, Begoña Caamaño e
María Reimóndez. Unha alineación á altura de calquera literatura contemporánea de
Europa e do mundo, con orientacións estéticas e contidos temáticos ben diferentes,
mais con plena contemporaneidade e con capacidade de gañaren e fidelizaren
leitoras e leitores por si mesmos.
Quedámonos, de toda a súa obra, coa narrativa fragmentada e ferida do Suso de
Toro de Tic tac, co oficio matizado e elegante de Carlos Casares en Deus sentado
nun sillón azul, coa novela de novelas coruñesa Os libros arden mal de Manuel Rivas,
coa memoria dos derrotados que conmove co Riveiro Coello d´As rulas de Bakunin e
coa relectura do mito de Penélope que fai Begoña Caamaño en Circe ou o pracer do
azul.
Autor : Suso de Toro
Título : Tic tac
“Tic-Tac” é unh “grande puzle”formado polas narracións orais ou escritas de
Nano,ás que de cando en vez se engaden textos de terceiros, como Isidro, o
seu irmán, ou supostos anacos de revistas, manuais (…) “Tic-Tac” é unha
corrosiva obra moral que entra a dozura cómica e a acedume tráxica reclama o
retorno á natureza, é o froito dunha conciencia descrida e moderna, que non
pode aceptar os dogmas de fe e non busca presentarnos a “Realidade”, senón
unha “realidade”: a de Nano, o peculiar personaxe principal narrador da obra.
Reseña editorial
Autor : Carlos Casares
Título : Deus sentado nun sillón azul
Editada por primeira vez en 1996 reaparece nunha segunda edición en Galaxia
en (2005) dentro da Biblioteca Carlos Casares, que Editorial dedica á obra do
autor ourensán.
Casares constrúe unha ficción na que a narración axuda a reflexionar sobre o
papel dos intelectuais, a súa responsabilidade e as relacións co poder.Deus
sentado nun sillón azul tamén é unha esclarecedora meditación sobre a
elaboración da memoria e a influencia do paso do tempo sobre o xeito de
entender a vida.
Autor : Manuel Rivas
Título : Os libros arden mal
Nesta novela, as vidas dos libros, as persoas e a linguaxe crúzanse e entrelazan
nun intenso relato de suspense que transcorre desde o século XIX ata os nosos
días, entre a atrocidade autoritaria e a indomable liberdade. A lavandera que ve
películas no fluír do río, o boxeador anarquista, o balón do Diligent, o cantante
de tangos, a cabeza da muller negra… Os libros arden mal é un universo poboado
de voces insólitas, de memorias que retumban ou murmuran de forma
inesquecible, verdadeira literatura onde todo está en albas.
Autor : Antón Riveiro Coelho AELG
Título : As rulas de Bakunin
As rulas de Bakunin nace do gromo da sensibilidade dos derrotados e os
perdedores. Antón Riveiro Coello, un dos escritores galegos actuais de
meirande pulo narrativo, fai con esta novela un acto restitutorio e tamén de
rebeldía. Recuperar a memoria dos heroes silenciosos que loitaron pola
liberdade: velaquí a vida de Camilio Sabio Doldán, un vello anarquista case
centenario que viviu a guerra, o cárcere e o exilio. O temor intenso das
paisaxes do pasado nunha novela que conmove e impresiona.
Autor : Begoña Caamaño
Título : Circe ou o pracer do azul
Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza
a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller
misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con
ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar
entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no
pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres
Xa di o poeta español Antonio Gamoneda que el atopa na galega a mellor poesía que
se está a facer na Península. Non é casual. O peso da poesía na literatura galega é
unha constante desde a figura fundacional da nosa literatura moderna, Rosalía de
Castro. A época de máximo esplendor cultural e político que tivo o noso país, por
outro lado, foi xustamente o da lírica trobadoresca medieval, na que a lingua de
noso era empregada como código poético culto por reis alleos e distantes da nosa
terra.
Na nosa escolla optamos pola diversidade, a partir do aprezo pola singularidade das
diferentes voces poéticas. A Rosalía de Follas Novas, inesgotable. A voz da
vangarda galega, Manoel Antonio, con De catro a catro. A poesía social e de
denuncia das opresións de Celso Emilio Ferreiro en Longa noite de pedra. O Ferrín
de vocación totalizadora e vindicación da Terra con Estirpe. O amor e desamor na
mellor voz dos 80, Pilar Pallarés, desta volta cun libro dos 90, o Livro das
devoracións. E o Lois Pereiro único, frío, espido, bretemoso, tenro e duro da Poesía
última de amor e enfermidade.
Autora : Rosalía de Castro
Título : Follas Novas
Letras galegas 1963
Crítica social e intimismo conviven nos poemas de Follas novas. Uns abordan
cuestións como o paso do tempo, a morte e Deus, dende unha visión sombría da
existencia humana. Outros denuncian situacións de marxinación: as mulleres, os
orfos, os emigrantes, os labregos. Neste poemario atópanse algúns dos versos
máis célebres de Rosalía, distribuídos nas cinco partes das que consta o libro:
"Vaguedás", "Do íntimo", "Varia", "Da terra" e "As viudas dos vivos e as viudas
dos mortos".
Autor : Manuel Antonio
Título : De catro a catro
Letras galegas 1979
Manuel Antonio (1900-1929) é a personalidade máis forte e representativa dos
movementos de renovación poética e literaria de Galicia anterior a 1936. E “De
catro en catro” o seu único libro publicado en vida, é considerado hoxe en día o
poemario mais emblemático da vangarda galega, e reivindicado polas novas
xeracións de poetas. Escrito durante dúas travesías marítimas, o mar é o
protagonista dun poemario que rompe coas formas e estilos máis tradicionais
das nosas letras
Autor : Celso Emilio Ferreiro
Título : Longa noite de pedra
Letras galegas 1989
Unha das obras máis importantes e representativas de Celso Emilio Ferreiro, na
que o poeta plasma un espírito loitador que denuncia a desigualdade social, a
emigración, as presións políticas, e que aboga pola liberdade e a paz. Nos seus
versos, Ferreiro plasmou de forma magistral unha concepción do mundo , crítica
e solidaria, que fixo del un poeta intemporal.
Autor : Pilar Pallarés
Título : Livro das devoracións
Poeta, ensaísta e profesora de Lingua e Literatura Galega, Pilar Pallarés é un dos
máximos referentes da poesía galega contemporánea.
O livro das devoracións acadóu o Premio Premio da Crítica Española de poesía en
lingua galega en 1996
Autor : Lois Pereiro
Título : Poesía última de amor e enfermidade
Letras galegas 2011
Un poeta afastado de dogmas, capaz de unir a máis radical modernidade coa
sensibilidade rosaliana, os impulsos autodestructivos cunha desarmante vitalidade,
o individualismo co compromiso, o apego á súa terra e lingua coa procura de voces
irmás de máis aló.
Os versos de "Poesía última de amor e enfermidade" ,escritos cando o autor
estaba gravemente doente, recollen a súa impotencia e a súa dor, e son o mellor
testemuño da visión do poeta.
Autor : X.L. Méndez Ferrín
Título : Estirpe
É a poesía que afunda as súas raíces na terra a que explica, marca, expresa, canta
e reclama as nosas diferencias, o noso devir tantas veces frustrado ou demitido.
Esta é a poesía que, combiando atopamos en Estirpe. o libro que agora aparece
como abalón das conciencias e motivo de reflexión poética.
Premio da Crítica, (poesía) 1994, e Premio Losada Dieguez de Creación Literaria,
1995
O teatro galego conmemorou no 2008 a data simbólica dos 125 anos de escrita
moderna, a partir da edición d´A Fonte do Xuramento de Francisco Mª de la
Iglesia. Após a Transición, coas mostras de Abrente en Ribadavia como punto de
arranque, o compromiso e o esforzo normalizador dos seus homes e mulleres
fixeron da actividade teatral unha das ponlas máis vizosas da nosa cultura.
Autores coma Manuel Lourenzo ou Roberto Vidal Bolaño situaron a escrita
dramática galega na primeira liña de calidade europea, con recoñecementos diversos
neste sentido. A eles unimos voces novas como a de Marcos Abalde, a da sempre
interesante e poderosa M.X.Queizán e un dos clásicos da nosa literatura, A fiestra
valdeira de Rafael Dieste, cuxa primeira representación tivo lugar en Rianxo no
outono de 1935. Naquela ocasión, por certo, fora dirixida por Castelao, que tamén
interpretaba o personaxe principal, Don Miguel.
Título : A fiestra baldeira
Autor : Rafael Dieste
Letras galegas 1995
Dieste foi un destacado dramaturgo e narrador das nosas letras pertencente á
chamada Xeración de 1925. Coa súa obra, contribuíu á modernización da
literatura galega, conseguindo un estilo propio que se afasta do realismo
ruralista e do culturalismo imperante na Xeración Nós.
A fiestra valdeira é unha obra loubada pola crítica e ao mesmo tempo moi
aceptada polo público en xeral. Escrito en 1927 na primeira mocidade do autor,
aínda non perdeu o seu frescor. Unha comedia de ambiente mariñeiro sobria,
equilibrada e rebosante de misterio
Título : As actas escuras
Autor : Roberto Vidal Bolaño
Letras galegas 2013
Vidal Bolaño, autor sempre comprometido a facer un teatro que falase de
Galicia, é un dos mais importantes autores do teatro galego contemporáneo,
merecedor do constante recoñecemento de xurados e crítica.
As actas escuras fala da ocultación da verdade, a manipulación, e o sentido
ético e a punibilidade destas conductas. A peza remata nunha sorprendente
aposta pola defensa da razón, da verdade e da beleza mundana e vital.
Título : Veladas indecentes
Autor : Manuel Lourenzo
Autor, director e actor teatral, profesor, conferenciante, traductor, propulsor
do Teatro Independiente Galego nos anos sesenta... Manuel Lourenzo é un dos
grandes protagonistas do teatro galego actual.
En Veladas indecentes, obra galardoada co 1° Premio de Literatura Dramática
1997, ofrécense tres pezas do autor : “A velada de Londres, Cando chega
decembro, e A velada espectral de Mister Peabody: Unha Triloxía teatral que
destila insumisión e irreverencia ante os convencionalismos do teatro
comercial.
Título : Antígona
Autora : M.X. Queizán
Traxedia, drama e comedia. Velaquí tres pezas teatrais de María Xosé Queizán
que exploran os diferentes rexistros do xénero dramático.
Acción, palabra, actividade pública, compromiso... En Antígona. A cartuxeira.
Neuras a palabra xera o contacto co mundo e inicia un compromiso que atinxe o
pensamento, os criterios e as conviccións. Tres situacións que exploran a
realidade para lle quitar a máscara, que aproveitan a capacidade do xogo teatral
para establecer correspondencias entre escena e realidade.
Título : Unha primavera para Aldara
Autor : Teresa Moure
Unha primavera para Aldara de Teresa Moure é unha peza teatral que se
desenvolve nun convento na Galicia do século XV, no momento da Revolta
Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais.
Os personaxes desta obra teatral afrontan conflitos dos que se chaman
eternos e procuran horizontes de liberdade a través da ruptura co
establecido, nun ambiente de tenrura e fraternidade”. Premio de teatro
Rafael Dieste 2007, ademais dos premios da Asociación de Escritores en
lingua Galega (Teatro) 2008 e o María Casares ao Mellor Texto Orixinal 2009
Negro, policial, criminal, detectivesco... Na nosa mostra está presente tamén un
xénero de contornos difusos e de éxito rotundo como produto de consumo cultural.
En 1984 Crime en Compostela, considerada pola crítica como a primeira novela
policial galega, obtivo o Premio Xerais. Trinta anos despois, o xénero está a
experimentar unha grande expansión e popularidade.
O éxito de vendas das traducións ao español das novelas de Domingo Villar, a xa
clásica etapa negra de Aníbal Malvar nos 90, a protagonizada por Diego Ameixeiras
na actualidade ou as achegas realizadas por Rivas ou Suso de Toro son algunhas das
posibilidades que ofrece a literatura galega para os amantes deste xénero. Con eles
nomes como Carlos Reigosa, Román Raña, Fernández Naval, Elena Gallego ou Xavier
Manteiga.
Título : Ollos de auga
Autor : Domingo Villar
En Ollos de auga, Domingo Villar crea ó inspector Caldas: un personaxe solitario
e tímido, que colabora sen demasiado entusiasmo nun programa de radio.
Acompañado polo seu axudante, Rafael Estévez, un aragonés con dificultades
para relacionarse cos galegos e a súa ironía, encargarase de investigar o crime
dun mozo saxofonista, polas tabernas e clubs de jazz dun barrio de Vigo.
O inspector protagonizou tamén a súa segunda novela, A praia dos afogados, e
previsiblemente reaparecerá en breve en Cruces de pedra
Podes seguir ó autor en Twiter
Título : Unha noite con Carla
Autor : Aníbal Malvar
Escritor y periodista, guionista de cómic e cine Aníbal Malvar escribió hasta la
fecha cuatro novelas y un libro de relatos.
En Unha noite con Carla obra premiada co Premio Xerais de Novela 1995, un
periodista trata de esclarecer o aparente suicidio no cárcere dun político de
segunda fila.
A novela é unha meditación sobre a inocencia, narrada cun estilo duro e
directo, por momentos desapainoxado e cruel.
Unha moi recomendable novela sobre a corrupoción política na Galicia del
fraguismo
Título : Dime algo sucio1
Autor : Diego Ameixeiras
Dime algo sucio de Diego Ameixeiras é unha novela de intriga que pretende
desvelar o misterio que une as vidas cruzadas de persoas moi diversas, que
buscan atopar un anaco de esperanza nalgunha das fendas da cidade cero.
Escrita cunha prosa áxil e directa, amosando unha eficacia narrativa
extraordinaria, esta cuarta novela confirma a madurez literaria de Diego
Ameixeiras, un dos autores máis orixinais e valiosos da narrativa galega do
século XXI.
A obra foi galardonada co Premio Especial de Dirección da Semana Negra de
Xixón
Autor : Román Raña
Título : O crime da rúa da moeda vella
O espacio humano e urbano de Santiago de Compsotela,serve de marco para
esta historia de amor e de intriga que, sabiamente, Román Raña logra tecer e
poetizar. Un violino, unha misteriosa muller, o submundo da droga, un
rapazque soña con ser algún día gran concertista, un músico famoso, as
mafias do narcotráfico, unha figuriña de ouro... Con estes ingredentes o
autor crea o clima necesario para enguedellarnos neste relato.
Premio Blanco Amor de Novela. 1989
Autor : Suso de Toro
Título : Trece badaladas
Unha moza guionista, ve sofre un profundo cambio na súa vida cando intenta
vender un dos seus guiones, baseado nunha antiga lenda, a un productor
cinematográfico. Un guión que, sorprendentemente, adhírese case como unha
luva á propia vida do productor. Unha historia de misterios, sombras e perigos,
a través dunha excitante mestura de pasado e o presente, historia real e
lenda, a relixión e a maxia.
A novela gañou o Premio Nacional Narrativa 2003, e nese mesmo ano foi
levada ó cine por Xavier Villaverde, e interpretada por Juan Diego Botto e
Luis Tosar
Un dos grandes valores actuais da nosa literatura é a diversidade de propostas e a
marcada personalidade de moitas das súas voces, firmes na construción do seu
discurso creativo particular. Xelís de Toro, Cid Cabido, Séchu Sende, Carlos Negro,
Teresa Moure, María Reimóndez, Antón Reixa, … son algunhas das autoras que
convén ter en conta caso de querermos estar ao día do que se produce desde
posicións marcadas pola vocación de erguer a voz con selo propio.
A escolla que realizamos queda nesta ocasión cos relatos arredor da lingua do
Séchu Sende de Made in Galiza e coa narrativa ecoloxista, feminista e
independentista de María Reimóndez en En vías de extinción. A poesía é
protagonista desde o cotiá adolescente, con Carlos Negro; co achegamento ás
fendas e rupturas que fai Berta Dávila en Raíz da fenda e coa violencia, tenrura e
erotismo de Teresa Moure en Eu violei o lobo feroz.
Título : Made in Galiza
Autor : Sechu Sende
Un libro de relatos especialmente escrito para ti, que tamén buscas a vida nas
palabras.. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos
que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo
con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma.
Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza.
Premio Ánxel Casal da AGE 2007,
Título : Raíz da fenda
Autor : Berta Dávila
Raíz da fenda é un libro sobre as feridas que nos atravesan e nos cambian para
sempre. Cada unha das súas cinco partes analiza un tipo de perda diferente
desde unha perspectiva íntima e crúa: a ruptura coa familia, a vivencia da morte
dos que amamos, a enfermidade, a traizón ou o abandono do desamor.
Un libro sobre a procura da palabra poética como fisura derradeira, co que a
autora pon fin a un ciclo: porque cando a fisura chega a nós para modificarnos,
faise difícil recuperar o que eramos antes
Título : Eu violei ó lobo feroz
Autor : Teresa Moure
Eu violei o lobo feroz é o primeiro libro de poemas da galardoneada autora
monfortina. Unha obra transgresora, escrita en galego- portugués, na que política
e erótica van da man.
Neste poemario, que pode ser lido como un conto ou un romance, unha singular
Carapuchiña Vermella reconstrue a súa historia e identidade a través confesións
cando é retida por terrorismo ecolóxico…
Título : Penúltimas tendencias
Autor : Carlos Negro
Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un albúm secreto
para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola
rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca
atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos
espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion&
cool& chic& sexy
Neste enlace podes acceder a unha entrevista có autor
Título : En vías de extinción
Autor : María Reimóndez
Traductora, intérprete, fundadora e presidenta da ONG Implicadas/os no
Desenvolvemento, que dende 1998 traballa na India e Etiopía en proxectos
de desenvolvemento perdurable... María Reimóndez é unha escritora versátil
que traballa diferentes xéneros (novela, teatro, poesía ensaio) e para
diferentes edades.
En vías de extinción María Reimóndez fala da diversidade cultural, dos
mundos que están a esvaecer, pero aínda están aí, das persoas que loitan por
mantelos, das fendas entre a vida rural e urbana…
Pensar o mundo desde nós, desde aquí. Iso levan facendo desde hai décadas moitos
dos autores e autoras que foron desenvolvendo o xénero ensaístico no noso país.
Como é lóxico nun contexto conflitivo no campo do identitario, como é o galego, a
reflexión sobre a lingua, a cultura e a nación está sempre presente e goza de maior
peso con respecto a outras temáticas.
Do central Sempre en Galiza de Castelao ás reflexións de Suso de Toro sobre o
modelo de estado actual, pasando polas análises orientadas á acción social de
Teresa Moure en O natural é político, de Carlos Callón no seu En castellano no hay
problema ou do colectivo Prolingua en 50 mentiras sobre a lingua galega, nesta
sección achegamos propostas que teñen en común a solvencia analítica e a vocación
de intervención na realidade.
Autor : Castelao
Título : Sempre en Galiza
Letras Galegas 1964
No ano 1944 publicábase en Bos Aires a primeira edición de Sempre en Galiza.
O libro que mellor condensa a historia e as esperanzas de toda unha nación vía
a luz no exilio hai agora sesenta anos. A obra de Castelao é unha colección de
ensaios nos que a historia, a cultura, os problemas e a identidade de todo un
país abrollan proxectándose cara ao futuro. Desde a súa publicación, o libro no
que se recolle o pensamento de Castelao continúa a estar vixente para toda a
sociedade galega precisamente pola forza das súas conviccións, a valentía para
expresalas e a gran capacidade do autor para transmitir as ideas.
Autor : Suso de Toro
Título : Españois todos
Españois todos propón unha idea de nación de cidadáns e de España distinta á
dominante, construída sobre o nacionalismo “castellanista” que chegou a nós
directamente desde o franquismo. Unha España europea posible na que
convivan cidadáns e nacións. O autor parte da convicción de que Galicia precisa
constituírse plenamente en nación que conta con poder político para saír do
atraso e solucionar os seus problemas profundos.
Autor : Teresa Moure
Título : O natural è político
O natural e político é un berro doente a prol da liberación animal, da
desobediencia civil que practica segas de cultivos transxénicos, da toma de
conciencia… O texto participa do entusiasmo liberador, do compromiso e a
militancia, e propón o ecoloxismo como unha estratexia de liberación nacional,
un modelo de existencia atento á conservación da vida, que poña os
coñecementos técnicos e científicos ao servizo dos ecosistemas e desenvolva
técnicas menos agresivas na liña dun movemento que xa se coñece como ecoloxía
profunda.
Autor : Carlos Callón
Título : En castellano no hay problema
Cun título que desde o comezo pretende provocar a reflexión, Carlos Callón une
neste libro textos que abordan a situación do idioma galego nos últimos tres
lustros, deténdose con máis vagar nos últimos tempos. Ademais de rebater con
argumentos algúns dos prexuízos e tópicos máis asentados contra a lingua
galega, analiza a situación do idioma, repasa reivindicacións, presenta
alternativas, convida ao protagonismo individual para transformar a sociedade e
alerta das medidas que deberían adoptar os poderes públicos. Un libro útil e
operativo para a encrucillada en que se encontran a nosa lingua e a nosa cultura
Título : 55 mentiras sobre a lingua galega
Un libro útil, unha obra rigorosa que, paseniño e cun ton distendido, avanza
até desmontar por completo, unha por unha, as principais falacias que ao
correr da historia se veñen vertendo sobre a lingua galega, facendo fincapé
naquelas que, por diversas razóns que tamén o libro pon de relevo, a día de
hoxe teñen un maior calado na sociedade.
Pubricado pola Plataforma Prolingua, para a defensa da lingua galega
Título : Cartas de amor
Autor : Fran Alonso
As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non son cartas
de amor convencionais. O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten
coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben.
De feito, os verdadeiros protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a
inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a
integración…
Un libro contundente pero tenro, un canto á vida e á dignidade.
Título : As mans do medo
Autor : Xosé Miranda
Desde que puxo os pés na casa da praia comezou proerlle, arderlle a man
esquerda; máis tarde os dedos perden sensibilidade…
Xosé Miranda recolle neste volume algúns dos seus mellores relatos de terror.
A dexeneración e rexeneración dos corpos, as vellas tradicións naturistas, os
labirintos de ocultismo… son algúns dos temas destes contos que meten ao
lector dentro de cada un dos relatos e dificilmente o deixa fuxir.
Título : Rúa Carbón
Autor : Marilar Aleixandre
Cando está a punto de cumprir os dezasete anos, Paula entérase a través da súa
nai de que o seu pai biolóxico foi, coma ela, militante de ETA. O desvelamento
deste segredo e as vacacións que pasará en Euskadi na casa das avoas
provocarán na vida de Paula unha conmoción que marcará o tránsito da
adolescencia á madurez.
Unha narración valente, co conflito político vasco como telón de fondo, sobre a
procura complexa das identidades individuais e colectivas.
Título : O ceo dos afogados
Autor : Francisco Castro
Todos os delfíns de todo o planeta decidiron xuntarse á mesma hora no mesmo
punto para dende alí avanzar cara á costa. Ás seis horas, pararon e ficaron
calados dispostos en círculos case perfectos repartidos por toda a xeografía
marítima planetaria.
Baixo a aparencia dunha novela de aventuras e intriga, Francisco Castro aborda
nesta novela aborda a importante cuestión da comunicación dos seres humanos
cos animais e o desenvolvemento sostible do planeta.
Título : Cartas de inverno
Autor : Agustín Fernández Paz
A través dunhas enigmáticas cartas, o escritor Xabier Louzao descobre os
estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier
a acudir na súa axuda. Unha extraordinaria novela de terror, dirixida ao
público xuvenil, da man do Premio Nacional de Literatura Xuvenil 2008,
Agustín Fernández Paz, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea
A novela foi levada ó comic por Antonio Seijas, nunha fiel adaptación
Título : Todos somos
Autor : Marcos Calveiro
Desde a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o
lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro
tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do
demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de
Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao día
seguinte de desaparecer, xa o sabía todo o mundo. Mais foi o domingo cando
todos foron conscientes da brutal realidade e de que a cousa ía en serio.
Título : Nubes de evolución
Autor : Andrea Maceiras
Tres vidas cruzadas de tres personaxes que aparentemente non teñen nada en
común salvo estar a atravesar momentos vitais atormentados: Amanda, unha
rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, nai dunha nena dun ano;
Uxío, un rapaz, desacougado tras a perda da moza e o divorcio dos seus pais ;
Luís, un profesor de instituto afundido na soidade… Unha historia de
reconciliación coa vida e coas persoas, un relato de superación e de esperanza.
Título : En voz baixa
Autor : Antonio García Teijeiro
En voz baixa é unha confesión descarnada das cousas que sente un adolescente
que está descubrindo a súa identidade. O protagonista fala sen tapuxos dos
seus problemas na escola, das relacións interpersoais no seo da súa familia, dos
seus avós que loitaron nunha guerra inxusta, das súas lecturas preferidas, do
pracer que lle produce a contemplación dun cadro, da necesidade de entrar no
mundo do seu pai, en definitiva, de como ir recoñecéndose no espello da súa vida
adulta.
Título : Desventura
Autor : An Alfaya
Ventura sábese insignificante no seu contorno familiar e social. Os seus actos
non deixan pegadas. É un ser anónimo entre os anónimos. Porén, un mangado de
acontecementos fortuítos fará saltar a espita da súa existencia de perdedor,
poñendo en marcha un enredo que deixará tras de si unha estela de falsidades
encadeadas.
Título : Poetízate
Autor [da selección] : Fran Alonso
Poetízate pódese considerar a primeira antoloxía de poesía galega para a
mocidade. Un libro desenfadado que pretende achegar os poemas a aqueles que
normalmente non os len. Unha selección de poemas que percorre a historia do
xénero, de Rosalía de Castro ata Xiana Arias, cunha ollada atenta, tamén, á voz
das mulleres.
Título : Vento galerno
Autor : Antonio Yáñez Casal
O vento e a corrente levaron mar adentro a chalana na que Miro quedou
durmido. Cando espertou, o mozo comprendeu a súa situación de náufrago
desorientado que, mentres agardaba ser rescatado, notaba o estómago máis e
máis encollido. Tras dous días e as súas longas noites loitando contra a sede,
cando preparaba a súa cana para unha nova lanzada, algo lle chamou a atención
no horizonte…
Título : Morgún
Autor : Suso de Toro
Nunha época mítica e brumosa, na que heroes e homes están marcados pola
maxia e o destino, o rei Brath foi asasinado e o cruel usurpador Corrub ocupa o
trono de Baroña. Pero a profecía vaise a cumprir: O que morreu a traizón
volvera polo mar.
Morgún é un relato épico celta enchido de maxia, profecías, vinganzas e
destinos de heroes e semideuses.
Título : Makinaria
Autor : Carlos Negro
Se tes arredor de quince anos, vas de malote e mallas na música, este pode ser
o teu libro; un libro de versos co depósito cheo de gasolina, testosterona e
alcohol; un libro de versos tuneados, maqueados de furia xuvenil, sen máis
límite que o do contaquilómetros que sinala unha ruta suicida; un libro de
versos sen final feliz: porque a Morte converte a euforia en chatarra, porque
só admite como meta o destino cemiterio.
Título : Unha primavera para Aldara
Autor : Teresa Moure
Unha primavera para Aldara de Teresa Moure é unha peza teatral que se
desenvolve nun convento na Galicia do século XV, no momento da Revolta
Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais.
Os personaxes desta obra teatral afrontan conflitos dos que se chaman
eternos e procuran horizontes de liberdade a través da ruptura co
establecido, nun ambiente de tenrura e fraternidade”. Premio de teatro
Rafael Dieste 2007, ademais dos premios da Asociación de Escritores en
lingua Galega (Teatro) 2008 e o María Casares ao Mellor Texto Orixinal 2009
Título : As cousas claras
Autor : Xosé A. Neira Cruz
As cousas claras, ambientada nun instituto de ensino secundario, reconstrúe a
indagación que fan un mozo e unha moza sobre o conflito no que se ve inmerso o
seu profesor de literatura, sometido a unha inxusta campaña na súa contra polo
tratamento que realiza da educación afectiva e sexual cos seus alumnos. Un
tema de actualidade tratado con gran axilidade, cuns diálogos de gran
frescura e orixinalidade.
Premio Merlín de Literatura Infantil 2000.
Título : Galván en Saor
Autor : Darío Xoán Cabana
Unha novela de fantasía, aventuras, humor, e amor que se desenvolve entre
dous escenarios: a Galicia actual e Idade Media. O protagonista é un Galván
entrañable e cincuentón, sobriño de Rei Arturo, que viaxa en bicicleta e
namora perdidamente da princesa Silvania…
Unha novela que entronca directamente coa literatura galega de tema
artúrico, e unha homenaxe ós seus máximos representantes, Cunqueiro e
Méndez Ferrín. Unha das novelas galegas mais lidas e mellor valoradas desde
a súa publicación en 1989.
Título : Nómades
Autor : Xosé Tomás
As mulleres de NÓMADES son persoas que o arriscan todo para cruzar o mar
polo futuro dos seus fillos: mozas e mozos que se prostitúen para enviar
diñeiro á casa; mulleres cualificadas que non conseguen ser aceptadas;
empregadas do fogar sen papeis ; nenas cun pasado de dor e indefensión…
NÓMADES é unha homenaxe ás pequenas historias íntimas. Unha historia que
ten fe na superación persoal; un regusto pola esperanza, nun mundo no que a
palabra “estranxeiro” é universal.
Título : Hexed : Hexed : la marca de Lucifer
Autor ilustracións : Emma Ríos
Autor texto : Michael Alan Nelson
Emma Ríos é unha debuxante de historietas e ilustradora galega.
Actualmente traballa para o mercado estadounidense, mostrando unha
destacada influencia do manga.
Hexed é un cómic protagonizado por unha muller nova (Lucifer, acrónimo do
seu nome de pila, Luci Jennifer), unha ladroa con habilidades máxicas que se
especializou en "recuperar " obxectos sobrenaturais. O título provén do
término “hex” en inglés, e fai referencia a unha condición da protagonista que
se revela ao longo da miniserie
Así traballa Emma Ríos
Título : Ardalen
Autor : Miguelanxo Prado
O mais recoñecido dos autores galegos de Banda Deseñada galegos,
galardoado en 2013 Premio Nacional de Cómic por Ardalén.
É esta unha historia onírica e poética, repleta de azuis e verdes, fondos
mariños e seres de ultramar, vira en torno á memoria e o esquecemento e
constitúe o seu último traballo, polo que recibiu tamén o premio á Mellor
Obra de autor español no pasado Salón do Cómic de Barcelona.
Así debuxa Miguelanxo Prado
Título : A man do diaño
Autor : Brais Rodríguez
Cofundador do fanzine "Carne líquida", é un dos autores fixos da revista
"Barsowia" desde o seu primeiro número, e o autor individual con maior volume
no tomo colectivo "Barsowia en llamas.
Nesta novela gráfica, gañadora do VI Premio Castelao de Bd, atoparedes un
relato antibélico magnificamente narrado, cuns personaxes con peculiaridades
complexas e perfectamente construídas, onde as elipses, os silencios, contan
moito máis que os diálogos –e iso e algo verdadeiramente difícil de conseguir -
sen por iso descoidar a eficacia duns diálogos precisos, fermosos e efectivos.
Título : Cousas de mortos
Autor : Manel Cráneo
Autor moi versátil cunha ampla actividade como debuxante e ilustrador, longa
experiencia en cartelismo e publicidade, e responsable ademáis do story-
board de diversos filmes…
Cousas de mortos é unha escolma de historias curtas publicadas en diversas
revistas. Ironía, filosofía, humor negro e un séntido crítico da sociedade, son
algúns dos condimentos deste album protagonizado por esqueletes.
Así debuxa Manel Cráneo
Título : Onde ningué pode chegar
Autor : David Rubín
David Rubín é un autor recoñecido a nivel internacional. Cofundador do
colectivo Polaqia, formado por historietistas de Galicia, durante os seus
primeiros anos, publica no ámbito galego, nos fanzines Barsowia e BD Banda, e
na revista infantil Golfiño, obtendo varios premios. Dende entón publica
tamén historietas curtas en revistas nacionais e participa en varias antoloxías
e libros colectivos. No ano 2006 gañou o Premio Castelao de BD por Onde
ninguén pode chegar
Así debuxa David Rubín
Autor : Fran Jaraba
Título : Cita na Habana
Fran Jaraba é un dos grandes ilustradores galegos. Arquitecto, profesor de
debuxo de Secundaria, colaborador das revistas “Can sen dono” e “Golfiño”,
promotor xunto con X. López Domínguez e Miguelanxo Prado da publicación
“Xofre”
Cita na Habana, primeiro volume da triloxía publicada posteriormente en
castelán có título De sangre y ron mi Cuba, conta as aventuras de Maxi Torres,
un soldado galego desertor do exército español durante a Guerra de
Independencia de Cuba.
Autor : Luis Dávila
Título : O bichero
“Morraseiro” (naceu en Pontevedra pero criouse en Bueu) ata a
médula, Dávila é responsable dun bon número de sorrisos diarios a
través das súas tiras cómicas de O Bichero e O Fotomatón no
Faro de Vigo.
“Polo seu humor, pola súa retranca, por alegrarnos os días, por
facernos sentir galegos, Luís Davila ben se merece un Club de
fans en Facebook “
Así debuxa Dávila
Guía de lectura "Os mellores da lingua"

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel MaríaXenza
 
Carlos Casares Mouriño
Carlos Casares MouriñoCarlos Casares Mouriño
Carlos Casares Mouriñoangelciencia
 
Filgueira Valverde: obra literaria
Filgueira Valverde: obra literariaFilgueira Valverde: obra literaria
Filgueira Valverde: obra literariarevoltadafreixa
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuezxanela
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegasLourenço Alvarez Ruiz
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNangelciencia
 
Tema6 2010
Tema6 2010Tema6 2010
Tema6 2010xenevra
 
05 Carlos casares na narrativa galega actual
05 Carlos casares na narrativa galega actual05 Carlos casares na narrativa galega actual
05 Carlos casares na narrativa galega actualiescc
 
Xente ao lonxe eduardo blanco amor
Xente ao lonxe   eduardo blanco amorXente ao lonxe   eduardo blanco amor
Xente ao lonxe eduardo blanco amorMaría Sánchez
 

Mais procurados (20)

Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
Carlos Casares Mouriño
Carlos Casares MouriñoCarlos Casares Mouriño
Carlos Casares Mouriño
 
Filgueira Valverde: obra literaria
Filgueira Valverde: obra literariaFilgueira Valverde: obra literaria
Filgueira Valverde: obra literaria
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
Poesia social
Poesia socialPoesia social
Poesia social
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuez
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
 
16 18
16 1816 18
16 18
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Roteiro carlos casares
Roteiro carlos casaresRoteiro carlos casares
Roteiro carlos casares
 
Tema6 2010
Tema6 2010Tema6 2010
Tema6 2010
 
05 Carlos casares na narrativa galega actual
05 Carlos casares na narrativa galega actual05 Carlos casares na narrativa galega actual
05 Carlos casares na narrativa galega actual
 
Xente ao lonxe eduardo blanco amor
Xente ao lonxe   eduardo blanco amorXente ao lonxe   eduardo blanco amor
Xente ao lonxe eduardo blanco amor
 

Semelhante a Guía de lectura "Os mellores da lingua"

tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010xenevra
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75xenevra
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGtrafegandoronseis
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20xenevra
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
tema6_2010
tema6_2010tema6_2010
tema6_2010xenevra
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimentoxenevra
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017iessalvabiblio
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroXoán Díaz
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira VilasLourenço Alvarez Ruiz
 
A narrativa galega de posguera 1950 75
A narrativa galega de posguera 1950 75A narrativa galega de posguera 1950 75
A narrativa galega de posguera 1950 75Dores Fdez López
 
A narrativa entre 1936 e 1975
A narrativa entre 1936 e 1975A narrativa entre 1936 e 1975
A narrativa entre 1936 e 1975laurafernanlopez
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015iessalvabiblio
 

Semelhante a Guía de lectura "Os mellores da lingua" (20)

tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
tema6_2010
tema6_2010tema6_2010
tema6_2010
 
Prosa a partir de 1975
Prosa a partir de 1975Prosa a partir de 1975
Prosa a partir de 1975
 
A narrativa na ditadura
A narrativa na ditaduraA narrativa na ditadura
A narrativa na ditadura
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
ÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro CunqueiroÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro Cunqueiro
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 
Ramón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayoRamón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayo
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
 
Marta Dacosta
Marta DacostaMarta Dacosta
Marta Dacosta
 
A narrativa galega de posguera 1950 75
A narrativa galega de posguera 1950 75A narrativa galega de posguera 1950 75
A narrativa galega de posguera 1950 75
 
A narrativa entre 1936 e 1975
A narrativa entre 1936 e 1975A narrativa entre 1936 e 1975
A narrativa entre 1936 e 1975
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015
 
Traballo de álvaro cunqueiro
Traballo de álvaro cunqueiroTraballo de álvaro cunqueiro
Traballo de álvaro cunqueiro
 

Mais de Bibliotecas Municipais de A Coruña

Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...Bibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 

Mais de Bibliotecas Municipais de A Coruña (20)

Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Negra e criminal: selección en clave feminina
Negra e criminal: selección en clave femininaNegra e criminal: selección en clave feminina
Negra e criminal: selección en clave feminina
 
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Polimatía: Leonardo e o Renacemento
Polimatía: Leonardo e o RenacementoPolimatía: Leonardo e o Renacemento
Polimatía: Leonardo e o Renacemento
 
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
 
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Presentación Mulleres na tecnoloxía
Presentación Mulleres na tecnoloxíaPresentación Mulleres na tecnoloxía
Presentación Mulleres na tecnoloxía
 

Guía de lectura "Os mellores da lingua"

  • 1.
  • 2. Os mellores de… é un espazo da Biblioteca Ágora no que desenvolvemos diferentes mostras temáticas, con vontade de resaltar contidos que consideramos de interese teñan unha relevancia especial durante un tempo determinado. Coincidindo coa chegada de maio, mes das letras, desta volta o tema central vai ser a escrita en galego. A nosa literatura. O cerne dunha biblioteca galega está aí, no coñecemento e difusión do que somos, do propio, en diálogo enriquecedor co alleo, co que nos chega de fóra. Somos, como dicían os homes da Xeración Nós, unha “célula de universalidade” e a nosa literatura ten, por iso, moito que ofrecer. A nosa mostra constrúese en base a criterios de calidade e diversidade. Non todo o noso é bo por ser noso, nin todo o alleo bo por ser alleo. Hai que seleccionar, agrupar, xogar cos marcos e coas lindes, movelos se é preciso. E iso tentamos. Autor : Xosé María Díaz Castro Título : Nimbos Letras Galegas 2014 Xosé María Díaz Díaz Castro é certamente un poeta singular. Pola calidade da súa obra, pola contención e brevidade da mesma e mais pola transcendencia que o seu libro Nimbos (1961) tivo na historia da poesía galega contemporánea. Poemas seus, como “Penélope” son referencias capitais da nosa literatura. Tal significación mereceu que A Real Academia Galega determinase dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2014. Aquí podes descargar material didáctico sobre o autor
  • 3. Son clásicos porque nunca perden vixencia, nin actualidade. Porque lelos hoxe segue a nos abrir portas e a nos entregar chaves para comprendermos mellor o mundo, Galiza e as nosas propias vidas. Obviamente entre os clásicos da nosa narrativa están voces como as de Castelao ou Risco, mais neste caso preferimos quedar con outras obras e autores. A narrativa oceánica de Otero Pedrayo co maxistral Os camiños da vida. A experimentación e risco de Dieste nos contos de Dos arquivos do trasno. O Blanco Amor suxo, coral, social da Xente ao lonxe. O Cunqueiro fabulador e único do Merlín e familia. O libro seguramente máis lido das nosas letras, as Memorias dun neno labrego de Neira Vilas. E a narrativa política e metafórica de Ferrín en Retorno a Tagen Ata. Título : Os camiños da vida Autor: Ramón Otero Pedrayo Letras galegas 1988 Os camiños da vida (1928) é unha das pezas máis significativas da narrativa de Otero Pedrayo, aínda hoxe bastante descoñecida para o público lector. A través da historia de dúas familias fidalgas, os Doncos e os Puga, que representan o pasado e o futuro do país, o autor describe a profunda transformación da sociedade rural de Galicia no século XIX : a desfeita do tradicional mundo agrario; a irrupción dunha nova economía capitalista e dunha concepción burguesa da vida; o nacemento das ideoloxías e os movementos galeguistas… Título : Dos arquivos do trasno Autor : Rafael Dieste Letras galegas 1995 En 1926 Dieste publicaba oito relatos breves baixo o título Dos arquivos do trasno . Na segunda edición, en 1962, engadiu outros doce. E dende entón, o libro non cesou de medar na consideración dos lectores e da crítica. Con él, a arte do conto acada modernidade para amosar as pegadas do imaxinario galego cunha gran intensidade. Un mundo narrativo no que o misterioso e o extraordinario se mesturan de xeito indisoluble co popular e cotián.
  • 4. Título : Xente ao lonxe Autor : Eduardo Blanco Amor Letras Galegas 1993 Froito dun excepcional alento anovador, Xente ao lonxe (1972) ensambla un amplo abano de tipos humanos e historias sabiamente entrecruzadas. Cunha concepción cinematográfica do relato, que vai acoutando progresivamente o seu campo de visión desde a panorámica social ata o primeiro plano individual, o autor describe os grandes cambios sociais que anuncian a Galicia de finais do século XIX Unha das grandes novelas corais da literatura galega. Autor : Álvaro Cunqueiro Título : Merlín e familia Letras galegas 1991 A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ó lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. Un universo único na literatura xorde nas fascinantes e engaioladoras historias que conta esta novela, que desde o momento da súa publicación supuxo un fito no tocante á renovación da narrativa galega. En Cunqueiro, a arte do narrador, cun sesgo humorístico, sorprende pola capacidade para facer convivir o mito co mundo cotián. Autor : Xosé Neira Vilas Título : Memorias dun neno labrego Memorias dun leno labrego recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe : “Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo… Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde morren os paxaros”. Velaquí unha das obras que fundan a narrativa galega contemporánea. Unha obra na que conflúen unha fonda crítica social, unha perfecta ambientación na Galicia rural dos anos trinta e corenta, e unha gran facilidade para adaptarse á óptica infantil Autor : X.L. Méndez Ferrín Título : Retorno a Tagen Ata Xosé Luís Méndez Ferrín é un dos máximos representantes da literatura galega contemporánea. Foi ademais presidente da Real Academia Galega entre 2010-2013. Retorno a Tagen Ata é un relato sobre a liberación nacional de Tagen Ata, o país no que se desenvolven varias obras do autor e que moitos ven como un trasunto de Galicia. A breve novela preséntanos a Rotbaf Luden, unha moza que medrou entre os emigrados de Tagen Ata e que volta agora ó país orixinario para sumarse á loita armada que busca a independencia con respecto a Terra Ancha.
  • 5. Suso de Toro, Manuel Rivas, Carlos Casares, Antón Riveiro Coello, Begoña Caamaño e María Reimóndez. Unha alineación á altura de calquera literatura contemporánea de Europa e do mundo, con orientacións estéticas e contidos temáticos ben diferentes, mais con plena contemporaneidade e con capacidade de gañaren e fidelizaren leitoras e leitores por si mesmos. Quedámonos, de toda a súa obra, coa narrativa fragmentada e ferida do Suso de Toro de Tic tac, co oficio matizado e elegante de Carlos Casares en Deus sentado nun sillón azul, coa novela de novelas coruñesa Os libros arden mal de Manuel Rivas, coa memoria dos derrotados que conmove co Riveiro Coello d´As rulas de Bakunin e coa relectura do mito de Penélope que fai Begoña Caamaño en Circe ou o pracer do azul. Autor : Suso de Toro Título : Tic tac “Tic-Tac” é unh “grande puzle”formado polas narracións orais ou escritas de Nano,ás que de cando en vez se engaden textos de terceiros, como Isidro, o seu irmán, ou supostos anacos de revistas, manuais (…) “Tic-Tac” é unha corrosiva obra moral que entra a dozura cómica e a acedume tráxica reclama o retorno á natureza, é o froito dunha conciencia descrida e moderna, que non pode aceptar os dogmas de fe e non busca presentarnos a “Realidade”, senón unha “realidade”: a de Nano, o peculiar personaxe principal narrador da obra. Reseña editorial
  • 6. Autor : Carlos Casares Título : Deus sentado nun sillón azul Editada por primeira vez en 1996 reaparece nunha segunda edición en Galaxia en (2005) dentro da Biblioteca Carlos Casares, que Editorial dedica á obra do autor ourensán. Casares constrúe unha ficción na que a narración axuda a reflexionar sobre o papel dos intelectuais, a súa responsabilidade e as relacións co poder.Deus sentado nun sillón azul tamén é unha esclarecedora meditación sobre a elaboración da memoria e a influencia do paso do tempo sobre o xeito de entender a vida. Autor : Manuel Rivas Título : Os libros arden mal Nesta novela, as vidas dos libros, as persoas e a linguaxe crúzanse e entrelazan nun intenso relato de suspense que transcorre desde o século XIX ata os nosos días, entre a atrocidade autoritaria e a indomable liberdade. A lavandera que ve películas no fluír do río, o boxeador anarquista, o balón do Diligent, o cantante de tangos, a cabeza da muller negra… Os libros arden mal é un universo poboado de voces insólitas, de memorias que retumban ou murmuran de forma inesquecible, verdadeira literatura onde todo está en albas. Autor : Antón Riveiro Coelho AELG Título : As rulas de Bakunin As rulas de Bakunin nace do gromo da sensibilidade dos derrotados e os perdedores. Antón Riveiro Coello, un dos escritores galegos actuais de meirande pulo narrativo, fai con esta novela un acto restitutorio e tamén de rebeldía. Recuperar a memoria dos heroes silenciosos que loitaron pola liberdade: velaquí a vida de Camilio Sabio Doldán, un vello anarquista case centenario que viviu a guerra, o cárcere e o exilio. O temor intenso das paisaxes do pasado nunha novela que conmove e impresiona. Autor : Begoña Caamaño Título : Circe ou o pracer do azul Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres
  • 7. Xa di o poeta español Antonio Gamoneda que el atopa na galega a mellor poesía que se está a facer na Península. Non é casual. O peso da poesía na literatura galega é unha constante desde a figura fundacional da nosa literatura moderna, Rosalía de Castro. A época de máximo esplendor cultural e político que tivo o noso país, por outro lado, foi xustamente o da lírica trobadoresca medieval, na que a lingua de noso era empregada como código poético culto por reis alleos e distantes da nosa terra. Na nosa escolla optamos pola diversidade, a partir do aprezo pola singularidade das diferentes voces poéticas. A Rosalía de Follas Novas, inesgotable. A voz da vangarda galega, Manoel Antonio, con De catro a catro. A poesía social e de denuncia das opresións de Celso Emilio Ferreiro en Longa noite de pedra. O Ferrín de vocación totalizadora e vindicación da Terra con Estirpe. O amor e desamor na mellor voz dos 80, Pilar Pallarés, desta volta cun libro dos 90, o Livro das devoracións. E o Lois Pereiro único, frío, espido, bretemoso, tenro e duro da Poesía última de amor e enfermidade. Autora : Rosalía de Castro Título : Follas Novas Letras galegas 1963 Crítica social e intimismo conviven nos poemas de Follas novas. Uns abordan cuestións como o paso do tempo, a morte e Deus, dende unha visión sombría da existencia humana. Outros denuncian situacións de marxinación: as mulleres, os orfos, os emigrantes, os labregos. Neste poemario atópanse algúns dos versos máis célebres de Rosalía, distribuídos nas cinco partes das que consta o libro: "Vaguedás", "Do íntimo", "Varia", "Da terra" e "As viudas dos vivos e as viudas dos mortos". Autor : Manuel Antonio Título : De catro a catro Letras galegas 1979 Manuel Antonio (1900-1929) é a personalidade máis forte e representativa dos movementos de renovación poética e literaria de Galicia anterior a 1936. E “De catro en catro” o seu único libro publicado en vida, é considerado hoxe en día o poemario mais emblemático da vangarda galega, e reivindicado polas novas xeracións de poetas. Escrito durante dúas travesías marítimas, o mar é o protagonista dun poemario que rompe coas formas e estilos máis tradicionais das nosas letras
  • 8. Autor : Celso Emilio Ferreiro Título : Longa noite de pedra Letras galegas 1989 Unha das obras máis importantes e representativas de Celso Emilio Ferreiro, na que o poeta plasma un espírito loitador que denuncia a desigualdade social, a emigración, as presións políticas, e que aboga pola liberdade e a paz. Nos seus versos, Ferreiro plasmou de forma magistral unha concepción do mundo , crítica e solidaria, que fixo del un poeta intemporal. Autor : Pilar Pallarés Título : Livro das devoracións Poeta, ensaísta e profesora de Lingua e Literatura Galega, Pilar Pallarés é un dos máximos referentes da poesía galega contemporánea. O livro das devoracións acadóu o Premio Premio da Crítica Española de poesía en lingua galega en 1996 Autor : Lois Pereiro Título : Poesía última de amor e enfermidade Letras galegas 2011 Un poeta afastado de dogmas, capaz de unir a máis radical modernidade coa sensibilidade rosaliana, os impulsos autodestructivos cunha desarmante vitalidade, o individualismo co compromiso, o apego á súa terra e lingua coa procura de voces irmás de máis aló. Os versos de "Poesía última de amor e enfermidade" ,escritos cando o autor estaba gravemente doente, recollen a súa impotencia e a súa dor, e son o mellor testemuño da visión do poeta. Autor : X.L. Méndez Ferrín Título : Estirpe É a poesía que afunda as súas raíces na terra a que explica, marca, expresa, canta e reclama as nosas diferencias, o noso devir tantas veces frustrado ou demitido. Esta é a poesía que, combiando atopamos en Estirpe. o libro que agora aparece como abalón das conciencias e motivo de reflexión poética. Premio da Crítica, (poesía) 1994, e Premio Losada Dieguez de Creación Literaria, 1995
  • 9. O teatro galego conmemorou no 2008 a data simbólica dos 125 anos de escrita moderna, a partir da edición d´A Fonte do Xuramento de Francisco Mª de la Iglesia. Após a Transición, coas mostras de Abrente en Ribadavia como punto de arranque, o compromiso e o esforzo normalizador dos seus homes e mulleres fixeron da actividade teatral unha das ponlas máis vizosas da nosa cultura. Autores coma Manuel Lourenzo ou Roberto Vidal Bolaño situaron a escrita dramática galega na primeira liña de calidade europea, con recoñecementos diversos neste sentido. A eles unimos voces novas como a de Marcos Abalde, a da sempre interesante e poderosa M.X.Queizán e un dos clásicos da nosa literatura, A fiestra valdeira de Rafael Dieste, cuxa primeira representación tivo lugar en Rianxo no outono de 1935. Naquela ocasión, por certo, fora dirixida por Castelao, que tamén interpretaba o personaxe principal, Don Miguel. Título : A fiestra baldeira Autor : Rafael Dieste Letras galegas 1995 Dieste foi un destacado dramaturgo e narrador das nosas letras pertencente á chamada Xeración de 1925. Coa súa obra, contribuíu á modernización da literatura galega, conseguindo un estilo propio que se afasta do realismo ruralista e do culturalismo imperante na Xeración Nós. A fiestra valdeira é unha obra loubada pola crítica e ao mesmo tempo moi aceptada polo público en xeral. Escrito en 1927 na primeira mocidade do autor, aínda non perdeu o seu frescor. Unha comedia de ambiente mariñeiro sobria, equilibrada e rebosante de misterio
  • 10. Título : As actas escuras Autor : Roberto Vidal Bolaño Letras galegas 2013 Vidal Bolaño, autor sempre comprometido a facer un teatro que falase de Galicia, é un dos mais importantes autores do teatro galego contemporáneo, merecedor do constante recoñecemento de xurados e crítica. As actas escuras fala da ocultación da verdade, a manipulación, e o sentido ético e a punibilidade destas conductas. A peza remata nunha sorprendente aposta pola defensa da razón, da verdade e da beleza mundana e vital. Título : Veladas indecentes Autor : Manuel Lourenzo Autor, director e actor teatral, profesor, conferenciante, traductor, propulsor do Teatro Independiente Galego nos anos sesenta... Manuel Lourenzo é un dos grandes protagonistas do teatro galego actual. En Veladas indecentes, obra galardoada co 1° Premio de Literatura Dramática 1997, ofrécense tres pezas do autor : “A velada de Londres, Cando chega decembro, e A velada espectral de Mister Peabody: Unha Triloxía teatral que destila insumisión e irreverencia ante os convencionalismos do teatro comercial. Título : Antígona Autora : M.X. Queizán Traxedia, drama e comedia. Velaquí tres pezas teatrais de María Xosé Queizán que exploran os diferentes rexistros do xénero dramático. Acción, palabra, actividade pública, compromiso... En Antígona. A cartuxeira. Neuras a palabra xera o contacto co mundo e inicia un compromiso que atinxe o pensamento, os criterios e as conviccións. Tres situacións que exploran a realidade para lle quitar a máscara, que aproveitan a capacidade do xogo teatral para establecer correspondencias entre escena e realidade. Título : Unha primavera para Aldara Autor : Teresa Moure Unha primavera para Aldara de Teresa Moure é unha peza teatral que se desenvolve nun convento na Galicia do século XV, no momento da Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais. Os personaxes desta obra teatral afrontan conflitos dos que se chaman eternos e procuran horizontes de liberdade a través da ruptura co establecido, nun ambiente de tenrura e fraternidade”. Premio de teatro Rafael Dieste 2007, ademais dos premios da Asociación de Escritores en lingua Galega (Teatro) 2008 e o María Casares ao Mellor Texto Orixinal 2009
  • 11. Negro, policial, criminal, detectivesco... Na nosa mostra está presente tamén un xénero de contornos difusos e de éxito rotundo como produto de consumo cultural. En 1984 Crime en Compostela, considerada pola crítica como a primeira novela policial galega, obtivo o Premio Xerais. Trinta anos despois, o xénero está a experimentar unha grande expansión e popularidade. O éxito de vendas das traducións ao español das novelas de Domingo Villar, a xa clásica etapa negra de Aníbal Malvar nos 90, a protagonizada por Diego Ameixeiras na actualidade ou as achegas realizadas por Rivas ou Suso de Toro son algunhas das posibilidades que ofrece a literatura galega para os amantes deste xénero. Con eles nomes como Carlos Reigosa, Román Raña, Fernández Naval, Elena Gallego ou Xavier Manteiga. Título : Ollos de auga Autor : Domingo Villar En Ollos de auga, Domingo Villar crea ó inspector Caldas: un personaxe solitario e tímido, que colabora sen demasiado entusiasmo nun programa de radio. Acompañado polo seu axudante, Rafael Estévez, un aragonés con dificultades para relacionarse cos galegos e a súa ironía, encargarase de investigar o crime dun mozo saxofonista, polas tabernas e clubs de jazz dun barrio de Vigo. O inspector protagonizou tamén a súa segunda novela, A praia dos afogados, e previsiblemente reaparecerá en breve en Cruces de pedra Podes seguir ó autor en Twiter
  • 12. Título : Unha noite con Carla Autor : Aníbal Malvar Escritor y periodista, guionista de cómic e cine Aníbal Malvar escribió hasta la fecha cuatro novelas y un libro de relatos. En Unha noite con Carla obra premiada co Premio Xerais de Novela 1995, un periodista trata de esclarecer o aparente suicidio no cárcere dun político de segunda fila. A novela é unha meditación sobre a inocencia, narrada cun estilo duro e directo, por momentos desapainoxado e cruel. Unha moi recomendable novela sobre a corrupoción política na Galicia del fraguismo Título : Dime algo sucio1 Autor : Diego Ameixeiras Dime algo sucio de Diego Ameixeiras é unha novela de intriga que pretende desvelar o misterio que une as vidas cruzadas de persoas moi diversas, que buscan atopar un anaco de esperanza nalgunha das fendas da cidade cero. Escrita cunha prosa áxil e directa, amosando unha eficacia narrativa extraordinaria, esta cuarta novela confirma a madurez literaria de Diego Ameixeiras, un dos autores máis orixinais e valiosos da narrativa galega do século XXI. A obra foi galardonada co Premio Especial de Dirección da Semana Negra de Xixón Autor : Román Raña Título : O crime da rúa da moeda vella O espacio humano e urbano de Santiago de Compsotela,serve de marco para esta historia de amor e de intriga que, sabiamente, Román Raña logra tecer e poetizar. Un violino, unha misteriosa muller, o submundo da droga, un rapazque soña con ser algún día gran concertista, un músico famoso, as mafias do narcotráfico, unha figuriña de ouro... Con estes ingredentes o autor crea o clima necesario para enguedellarnos neste relato. Premio Blanco Amor de Novela. 1989 Autor : Suso de Toro Título : Trece badaladas Unha moza guionista, ve sofre un profundo cambio na súa vida cando intenta vender un dos seus guiones, baseado nunha antiga lenda, a un productor cinematográfico. Un guión que, sorprendentemente, adhírese case como unha luva á propia vida do productor. Unha historia de misterios, sombras e perigos, a través dunha excitante mestura de pasado e o presente, historia real e lenda, a relixión e a maxia. A novela gañou o Premio Nacional Narrativa 2003, e nese mesmo ano foi levada ó cine por Xavier Villaverde, e interpretada por Juan Diego Botto e Luis Tosar
  • 13. Un dos grandes valores actuais da nosa literatura é a diversidade de propostas e a marcada personalidade de moitas das súas voces, firmes na construción do seu discurso creativo particular. Xelís de Toro, Cid Cabido, Séchu Sende, Carlos Negro, Teresa Moure, María Reimóndez, Antón Reixa, … son algunhas das autoras que convén ter en conta caso de querermos estar ao día do que se produce desde posicións marcadas pola vocación de erguer a voz con selo propio. A escolla que realizamos queda nesta ocasión cos relatos arredor da lingua do Séchu Sende de Made in Galiza e coa narrativa ecoloxista, feminista e independentista de María Reimóndez en En vías de extinción. A poesía é protagonista desde o cotiá adolescente, con Carlos Negro; co achegamento ás fendas e rupturas que fai Berta Dávila en Raíz da fenda e coa violencia, tenrura e erotismo de Teresa Moure en Eu violei o lobo feroz. Título : Made in Galiza Autor : Sechu Sende Un libro de relatos especialmente escrito para ti, que tamén buscas a vida nas palabras.. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza. Premio Ánxel Casal da AGE 2007,
  • 14. Título : Raíz da fenda Autor : Berta Dávila Raíz da fenda é un libro sobre as feridas que nos atravesan e nos cambian para sempre. Cada unha das súas cinco partes analiza un tipo de perda diferente desde unha perspectiva íntima e crúa: a ruptura coa familia, a vivencia da morte dos que amamos, a enfermidade, a traizón ou o abandono do desamor. Un libro sobre a procura da palabra poética como fisura derradeira, co que a autora pon fin a un ciclo: porque cando a fisura chega a nós para modificarnos, faise difícil recuperar o que eramos antes Título : Eu violei ó lobo feroz Autor : Teresa Moure Eu violei o lobo feroz é o primeiro libro de poemas da galardoneada autora monfortina. Unha obra transgresora, escrita en galego- portugués, na que política e erótica van da man. Neste poemario, que pode ser lido como un conto ou un romance, unha singular Carapuchiña Vermella reconstrue a súa historia e identidade a través confesións cando é retida por terrorismo ecolóxico… Título : Penúltimas tendencias Autor : Carlos Negro Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un albúm secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion& cool& chic& sexy Neste enlace podes acceder a unha entrevista có autor Título : En vías de extinción Autor : María Reimóndez Traductora, intérprete, fundadora e presidenta da ONG Implicadas/os no Desenvolvemento, que dende 1998 traballa na India e Etiopía en proxectos de desenvolvemento perdurable... María Reimóndez é unha escritora versátil que traballa diferentes xéneros (novela, teatro, poesía ensaio) e para diferentes edades. En vías de extinción María Reimóndez fala da diversidade cultural, dos mundos que están a esvaecer, pero aínda están aí, das persoas que loitan por mantelos, das fendas entre a vida rural e urbana…
  • 15. Pensar o mundo desde nós, desde aquí. Iso levan facendo desde hai décadas moitos dos autores e autoras que foron desenvolvendo o xénero ensaístico no noso país. Como é lóxico nun contexto conflitivo no campo do identitario, como é o galego, a reflexión sobre a lingua, a cultura e a nación está sempre presente e goza de maior peso con respecto a outras temáticas. Do central Sempre en Galiza de Castelao ás reflexións de Suso de Toro sobre o modelo de estado actual, pasando polas análises orientadas á acción social de Teresa Moure en O natural é político, de Carlos Callón no seu En castellano no hay problema ou do colectivo Prolingua en 50 mentiras sobre a lingua galega, nesta sección achegamos propostas que teñen en común a solvencia analítica e a vocación de intervención na realidade. Autor : Castelao Título : Sempre en Galiza Letras Galegas 1964 No ano 1944 publicábase en Bos Aires a primeira edición de Sempre en Galiza. O libro que mellor condensa a historia e as esperanzas de toda unha nación vía a luz no exilio hai agora sesenta anos. A obra de Castelao é unha colección de ensaios nos que a historia, a cultura, os problemas e a identidade de todo un país abrollan proxectándose cara ao futuro. Desde a súa publicación, o libro no que se recolle o pensamento de Castelao continúa a estar vixente para toda a sociedade galega precisamente pola forza das súas conviccións, a valentía para expresalas e a gran capacidade do autor para transmitir as ideas.
  • 16. Autor : Suso de Toro Título : Españois todos Españois todos propón unha idea de nación de cidadáns e de España distinta á dominante, construída sobre o nacionalismo “castellanista” que chegou a nós directamente desde o franquismo. Unha España europea posible na que convivan cidadáns e nacións. O autor parte da convicción de que Galicia precisa constituírse plenamente en nación que conta con poder político para saír do atraso e solucionar os seus problemas profundos. Autor : Teresa Moure Título : O natural è político O natural e político é un berro doente a prol da liberación animal, da desobediencia civil que practica segas de cultivos transxénicos, da toma de conciencia… O texto participa do entusiasmo liberador, do compromiso e a militancia, e propón o ecoloxismo como unha estratexia de liberación nacional, un modelo de existencia atento á conservación da vida, que poña os coñecementos técnicos e científicos ao servizo dos ecosistemas e desenvolva técnicas menos agresivas na liña dun movemento que xa se coñece como ecoloxía profunda. Autor : Carlos Callón Título : En castellano no hay problema Cun título que desde o comezo pretende provocar a reflexión, Carlos Callón une neste libro textos que abordan a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, deténdose con máis vagar nos últimos tempos. Ademais de rebater con argumentos algúns dos prexuízos e tópicos máis asentados contra a lingua galega, analiza a situación do idioma, repasa reivindicacións, presenta alternativas, convida ao protagonismo individual para transformar a sociedade e alerta das medidas que deberían adoptar os poderes públicos. Un libro útil e operativo para a encrucillada en que se encontran a nosa lingua e a nosa cultura Título : 55 mentiras sobre a lingua galega Un libro útil, unha obra rigorosa que, paseniño e cun ton distendido, avanza até desmontar por completo, unha por unha, as principais falacias que ao correr da historia se veñen vertendo sobre a lingua galega, facendo fincapé naquelas que, por diversas razóns que tamén o libro pon de relevo, a día de hoxe teñen un maior calado na sociedade. Pubricado pola Plataforma Prolingua, para a defensa da lingua galega
  • 17. Título : Cartas de amor Autor : Fran Alonso As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non son cartas de amor convencionais. O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben. De feito, os verdadeiros protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a integración… Un libro contundente pero tenro, un canto á vida e á dignidade. Título : As mans do medo Autor : Xosé Miranda Desde que puxo os pés na casa da praia comezou proerlle, arderlle a man esquerda; máis tarde os dedos perden sensibilidade… Xosé Miranda recolle neste volume algúns dos seus mellores relatos de terror. A dexeneración e rexeneración dos corpos, as vellas tradicións naturistas, os labirintos de ocultismo… son algúns dos temas destes contos que meten ao lector dentro de cada un dos relatos e dificilmente o deixa fuxir. Título : Rúa Carbón Autor : Marilar Aleixandre Cando está a punto de cumprir os dezasete anos, Paula entérase a través da súa nai de que o seu pai biolóxico foi, coma ela, militante de ETA. O desvelamento deste segredo e as vacacións que pasará en Euskadi na casa das avoas provocarán na vida de Paula unha conmoción que marcará o tránsito da adolescencia á madurez. Unha narración valente, co conflito político vasco como telón de fondo, sobre a procura complexa das identidades individuais e colectivas. Título : O ceo dos afogados Autor : Francisco Castro Todos os delfíns de todo o planeta decidiron xuntarse á mesma hora no mesmo punto para dende alí avanzar cara á costa. Ás seis horas, pararon e ficaron calados dispostos en círculos case perfectos repartidos por toda a xeografía marítima planetaria. Baixo a aparencia dunha novela de aventuras e intriga, Francisco Castro aborda nesta novela aborda a importante cuestión da comunicación dos seres humanos cos animais e o desenvolvemento sostible do planeta.
  • 18. Título : Cartas de inverno Autor : Agustín Fernández Paz A través dunhas enigmáticas cartas, o escritor Xabier Louzao descobre os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Unha extraordinaria novela de terror, dirixida ao público xuvenil, da man do Premio Nacional de Literatura Xuvenil 2008, Agustín Fernández Paz, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea A novela foi levada ó comic por Antonio Seijas, nunha fiel adaptación Título : Todos somos Autor : Marcos Calveiro Desde a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao día seguinte de desaparecer, xa o sabía todo o mundo. Mais foi o domingo cando todos foron conscientes da brutal realidade e de que a cousa ía en serio. Título : Nubes de evolución Autor : Andrea Maceiras Tres vidas cruzadas de tres personaxes que aparentemente non teñen nada en común salvo estar a atravesar momentos vitais atormentados: Amanda, unha rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, nai dunha nena dun ano; Uxío, un rapaz, desacougado tras a perda da moza e o divorcio dos seus pais ; Luís, un profesor de instituto afundido na soidade… Unha historia de reconciliación coa vida e coas persoas, un relato de superación e de esperanza. Título : En voz baixa Autor : Antonio García Teijeiro En voz baixa é unha confesión descarnada das cousas que sente un adolescente que está descubrindo a súa identidade. O protagonista fala sen tapuxos dos seus problemas na escola, das relacións interpersoais no seo da súa familia, dos seus avós que loitaron nunha guerra inxusta, das súas lecturas preferidas, do pracer que lle produce a contemplación dun cadro, da necesidade de entrar no mundo do seu pai, en definitiva, de como ir recoñecéndose no espello da súa vida adulta.
  • 19. Título : Desventura Autor : An Alfaya Ventura sábese insignificante no seu contorno familiar e social. Os seus actos non deixan pegadas. É un ser anónimo entre os anónimos. Porén, un mangado de acontecementos fortuítos fará saltar a espita da súa existencia de perdedor, poñendo en marcha un enredo que deixará tras de si unha estela de falsidades encadeadas. Título : Poetízate Autor [da selección] : Fran Alonso Poetízate pódese considerar a primeira antoloxía de poesía galega para a mocidade. Un libro desenfadado que pretende achegar os poemas a aqueles que normalmente non os len. Unha selección de poemas que percorre a historia do xénero, de Rosalía de Castro ata Xiana Arias, cunha ollada atenta, tamén, á voz das mulleres. Título : Vento galerno Autor : Antonio Yáñez Casal O vento e a corrente levaron mar adentro a chalana na que Miro quedou durmido. Cando espertou, o mozo comprendeu a súa situación de náufrago desorientado que, mentres agardaba ser rescatado, notaba o estómago máis e máis encollido. Tras dous días e as súas longas noites loitando contra a sede, cando preparaba a súa cana para unha nova lanzada, algo lle chamou a atención no horizonte… Título : Morgún Autor : Suso de Toro Nunha época mítica e brumosa, na que heroes e homes están marcados pola maxia e o destino, o rei Brath foi asasinado e o cruel usurpador Corrub ocupa o trono de Baroña. Pero a profecía vaise a cumprir: O que morreu a traizón volvera polo mar. Morgún é un relato épico celta enchido de maxia, profecías, vinganzas e destinos de heroes e semideuses.
  • 20. Título : Makinaria Autor : Carlos Negro Se tes arredor de quince anos, vas de malote e mallas na música, este pode ser o teu libro; un libro de versos co depósito cheo de gasolina, testosterona e alcohol; un libro de versos tuneados, maqueados de furia xuvenil, sen máis límite que o do contaquilómetros que sinala unha ruta suicida; un libro de versos sen final feliz: porque a Morte converte a euforia en chatarra, porque só admite como meta o destino cemiterio. Título : Unha primavera para Aldara Autor : Teresa Moure Unha primavera para Aldara de Teresa Moure é unha peza teatral que se desenvolve nun convento na Galicia do século XV, no momento da Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais. Os personaxes desta obra teatral afrontan conflitos dos que se chaman eternos e procuran horizontes de liberdade a través da ruptura co establecido, nun ambiente de tenrura e fraternidade”. Premio de teatro Rafael Dieste 2007, ademais dos premios da Asociación de Escritores en lingua Galega (Teatro) 2008 e o María Casares ao Mellor Texto Orixinal 2009 Título : As cousas claras Autor : Xosé A. Neira Cruz As cousas claras, ambientada nun instituto de ensino secundario, reconstrúe a indagación que fan un mozo e unha moza sobre o conflito no que se ve inmerso o seu profesor de literatura, sometido a unha inxusta campaña na súa contra polo tratamento que realiza da educación afectiva e sexual cos seus alumnos. Un tema de actualidade tratado con gran axilidade, cuns diálogos de gran frescura e orixinalidade. Premio Merlín de Literatura Infantil 2000. Título : Galván en Saor Autor : Darío Xoán Cabana Unha novela de fantasía, aventuras, humor, e amor que se desenvolve entre dous escenarios: a Galicia actual e Idade Media. O protagonista é un Galván entrañable e cincuentón, sobriño de Rei Arturo, que viaxa en bicicleta e namora perdidamente da princesa Silvania… Unha novela que entronca directamente coa literatura galega de tema artúrico, e unha homenaxe ós seus máximos representantes, Cunqueiro e Méndez Ferrín. Unha das novelas galegas mais lidas e mellor valoradas desde a súa publicación en 1989.
  • 21. Título : Nómades Autor : Xosé Tomás As mulleres de NÓMADES son persoas que o arriscan todo para cruzar o mar polo futuro dos seus fillos: mozas e mozos que se prostitúen para enviar diñeiro á casa; mulleres cualificadas que non conseguen ser aceptadas; empregadas do fogar sen papeis ; nenas cun pasado de dor e indefensión… NÓMADES é unha homenaxe ás pequenas historias íntimas. Unha historia que ten fe na superación persoal; un regusto pola esperanza, nun mundo no que a palabra “estranxeiro” é universal. Título : Hexed : Hexed : la marca de Lucifer Autor ilustracións : Emma Ríos Autor texto : Michael Alan Nelson Emma Ríos é unha debuxante de historietas e ilustradora galega. Actualmente traballa para o mercado estadounidense, mostrando unha destacada influencia do manga. Hexed é un cómic protagonizado por unha muller nova (Lucifer, acrónimo do seu nome de pila, Luci Jennifer), unha ladroa con habilidades máxicas que se especializou en "recuperar " obxectos sobrenaturais. O título provén do término “hex” en inglés, e fai referencia a unha condición da protagonista que se revela ao longo da miniserie Así traballa Emma Ríos Título : Ardalen Autor : Miguelanxo Prado O mais recoñecido dos autores galegos de Banda Deseñada galegos, galardoado en 2013 Premio Nacional de Cómic por Ardalén. É esta unha historia onírica e poética, repleta de azuis e verdes, fondos mariños e seres de ultramar, vira en torno á memoria e o esquecemento e constitúe o seu último traballo, polo que recibiu tamén o premio á Mellor Obra de autor español no pasado Salón do Cómic de Barcelona. Así debuxa Miguelanxo Prado Título : A man do diaño Autor : Brais Rodríguez Cofundador do fanzine "Carne líquida", é un dos autores fixos da revista "Barsowia" desde o seu primeiro número, e o autor individual con maior volume no tomo colectivo "Barsowia en llamas. Nesta novela gráfica, gañadora do VI Premio Castelao de Bd, atoparedes un relato antibélico magnificamente narrado, cuns personaxes con peculiaridades complexas e perfectamente construídas, onde as elipses, os silencios, contan moito máis que os diálogos –e iso e algo verdadeiramente difícil de conseguir - sen por iso descoidar a eficacia duns diálogos precisos, fermosos e efectivos.
  • 22. Título : Cousas de mortos Autor : Manel Cráneo Autor moi versátil cunha ampla actividade como debuxante e ilustrador, longa experiencia en cartelismo e publicidade, e responsable ademáis do story- board de diversos filmes… Cousas de mortos é unha escolma de historias curtas publicadas en diversas revistas. Ironía, filosofía, humor negro e un séntido crítico da sociedade, son algúns dos condimentos deste album protagonizado por esqueletes. Así debuxa Manel Cráneo Título : Onde ningué pode chegar Autor : David Rubín David Rubín é un autor recoñecido a nivel internacional. Cofundador do colectivo Polaqia, formado por historietistas de Galicia, durante os seus primeiros anos, publica no ámbito galego, nos fanzines Barsowia e BD Banda, e na revista infantil Golfiño, obtendo varios premios. Dende entón publica tamén historietas curtas en revistas nacionais e participa en varias antoloxías e libros colectivos. No ano 2006 gañou o Premio Castelao de BD por Onde ninguén pode chegar Así debuxa David Rubín Autor : Fran Jaraba Título : Cita na Habana Fran Jaraba é un dos grandes ilustradores galegos. Arquitecto, profesor de debuxo de Secundaria, colaborador das revistas “Can sen dono” e “Golfiño”, promotor xunto con X. López Domínguez e Miguelanxo Prado da publicación “Xofre” Cita na Habana, primeiro volume da triloxía publicada posteriormente en castelán có título De sangre y ron mi Cuba, conta as aventuras de Maxi Torres, un soldado galego desertor do exército español durante a Guerra de Independencia de Cuba. Autor : Luis Dávila Título : O bichero “Morraseiro” (naceu en Pontevedra pero criouse en Bueu) ata a médula, Dávila é responsable dun bon número de sorrisos diarios a través das súas tiras cómicas de O Bichero e O Fotomatón no Faro de Vigo. “Polo seu humor, pola súa retranca, por alegrarnos os días, por facernos sentir galegos, Luís Davila ben se merece un Club de fans en Facebook “ Así debuxa Dávila