"Chegou o Outono" é unha celebración da volta ás rutinas tras da época estival. O cambio de estación leva consigo non só comezar co colexio, as actividades, os deberes, senón tamén unha ampla oferta de lecer, intereses vencellados á época do ano e moitas tradicións que se moven entre a mitoloxía do Samaín e a celebración dos ciclos naturais en forma do Magosto, ambas fontes de fantasía da que beben contos e lendas que enchen a sabedoría popular.