Toponimia do Concello de Silleda VI (Piñeiro, Refoxos, Ponte, Rellas, Saíndres).
Traballo realizado por Laura Fernández e Beatriz González de 1º bach. (curso 2011-2012) para o ENDL do IES Pintor Colmeiro de Silleda.
Tomouse como base o o artigo "Toponimia do Concello de Silleda" de Nicandro Ares Vázquez (Lucensias nº 17)
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Toponimia de silleda vi (piñeiro, ponte, refoxos, rellas, saíndres)
1. TOPONIMIA DO
CONCELLO DE SILLEDA VI
Parroquias e aldeas
Piñeiro, Ponte, Refoxos, Rellas,
Saíndres
por Laura Fernández Suárez
Beatriz González Fernández
(Curso 2011-12)
A partir do artigo Toponimia do Concello de Silleda,
de Nicandro Ares Vázquez (Lucensia, nº 17)
3. 24. Piñeiro (San Xillao)
Un fitónimo derivado de pinus ou o xentilicio Pinarius foi o
que se converteu aquí en topónimo parroquial.
4. 24. Piñeiro (San Xillao)
Lugares de Piñeiro:
• Basteiros: quizais podería ser variante de besteiros, é dicir,
balistarios, coma “ballesteros” en castelán, ou terreos con
herba besteira ‘heléboro, planta ranunculácea fétida’, ou
“bastoeiros”.
• Os Campos: traduce a campus,
chao amplo sen cultivar.
• Castrocastriño: parece un duplicado
de castrum e do seu diminutivo;
pero foi o castro do xentilicio
Castrinius, é dicir, o castro posuído
por un xefe con nome derivado de
Castrius, tamén xentilicio.
5. 24. Piñeiro (San Xillao)
Lugares de Piñeiro:
• Castromonde: é un derivado
de Castrum Mondii, castro
posuído por un home chamado
Mondius, Mundius ou Mundus.
• Cuíña: puido proceder do latín
colina/culina ‘cociña, fogar
portátil, [fig.], mesa, sitio dos
banquetes funerarios, tumba
dos pobres, latrina. Tamén se
podería ver acouchado en Cuíña
o nome persoal Culina e
Culinus.
6. 24. Piñeiro (San Xillao)
Lugares de Piñeiro:
• Porta-Piñeiro: componse de
portus/porta determinado aquí polo
nome parroquial.
• Santifoga: parece composto do xenitivo
nominal Sancti. Sante: reflexa o xenitivo
do antropónimo Sanctius, que orixinou o
persoal Sancho; a forma plena do Villa
Sancti, que quedou fosilizada no
topónimo Vilasante. Sería determinativo
aquí de foca, plural de focum ‘fogo,
fogar’.
8. 25. Ponte (San Miguel)
O nome alude evidentemente a pons ‘ponte’.
9. 25. Ponte (San Miguel)
Lugares de Ponte:
• Aldea de Abaixo: combina o nome árabe al-daia co adxectivo
topográfico bassus ‘baixo’.
• Carderrei: ofrécenos un rotacismo de casa, determinada polo
cognomen persoal Rex, tomado de rex, regis ‘rei’, sen que
sexa necesario supoñer que fose un monarca histórico.
• Meixomence: parece un apelido *Maxuminici, que sería o
patronímico de Maxuminus, diminutivo de
Maxumus/Maximus.
• Rosende: corresponde ao xenitivo de Rodesindus,
antropónimo visigótico.
10. 25. Ponte (San Miguel)
Lugares de Ponte:
• Sino: parece que traduce a signum,
probablemente sinónimo aquí de campá
da igrexa, usado neste senso en
documentos notariais da Idade Media.
• Trasfontao: é o topónimo fontanum,
Fontao: traduce o latín fontanus-a-um,
adxectivo referido a fons ‘fonte’, que
se converteu no cognomen persoal
Fontanus. Precedido aquí da preposición
trans ‘tras, máis alá de’.
12. 26. Refoxos (San Paio)
Refoxos parece un plural de
refugium “refojo, recôncavo
de terreno; gruta ou caverna
onde se escoitam feras”.
Poderíase vencellar tamén
con foveum ‘foxo’, coma o
castelán “Rehoyo” ou co
verbo latino refodio ‘cavar’.
13. 26. Refoxos (San Paio)
Lugares de Refoxos:
• Cardesín: pódese comparar con Sino: parece que traduce a
signum, probablemente sinónimo aquí de campá da igrexa,
usado neste senso en documentos notariais da Idade Media.
Pero tamén con Carderrei: ofrécenos un rotacismo de casa,
determinada polo cognomen persoal Rex, tomado de rex, regis
‘rei’, sen que sexa necesario supoñer que fose un monarca
histórico. Ou Cardigonde: parece un rotacismo de cas-,
apócope de casa, co nome visigótico do seu propietario,
Guntus/Gundus.
14. 26. Refoxos (San Paio)
Lugares de Refoxos:
• Corrospedriños: leva como
segundo elemento o adxectivo
petrinus, derivado de petra
‘pedra’, calificando a corros,
variante de curros, indicando aquí
tal vez ‘cercados de pedra’. Pero
tamén houbo o cognomen latino
Petrinus.
• O Couto: tamén traduce a
cautum, participio do verbo caveo
‘precaver, protexer’, porque se
trataba dun terreo acotado por un
señor, por un mosteiro, etc.
15. 26. Refoxos (San Paio)
Lugares de Refoxos:
• Lázara: probablemente é adxectivación dunha Villa Lazara, é
dicir, a vila dun propietario denominado Lazarus.
• Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras
usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou
elevado.
• Pallota: parece afín a palloza, vivenda cuberta de palla, ambos
derivados de palea ‘palla’, con sufixos diferentes.
16. 26. Refoxos (San Paio)
Lugares de Refoxos:
• Tixoa: semella ser un
diminutivo *tegiola, co sufixo
do latín vulgar serodio -ola,
probablemente baseado en
tegere ‘cubrir’, coma tegula.
• Xastres: sería plural do
apelativo latino de oficio,
sartor, -oris ‘xastre’,
equivalente en significado ao
árabe alfaiate.
18. 27. Rellas (San Martiño)
Rellas sería un patronímico do antropónimo latino Regula.
19. 27. Rellas (San Martiño)
Lugares de Rellas:
• Curbeira: pode ser derivado de
corvus, sitio de corvos, máis ben ca de
curvas.
• Iglesia: nome castelán, indica o lugar
onde se edificou a ecclesia ‘igrexa’,
palabra de orixe grega.
• A Lama: topónimo moi común no
hispánico, de orixe probablemente
prelatina.
20. 27. Rellas (San Martiño)
Lugares de Rellas:
• A Torrevedra: procede de
turris vetera ‘torre vella’.
• Vis: sería patronímico,
quizais orixinado no
antropónimo Visius, Visus
ou Vicius.
22. 28. Saídres (San Xoán)
O nome de Saídres parece un patronímico, tal como aparece
en documentos medievais
23. 28. Saídres (San Xoán)
Lugares de Saídres:
• Aldea Grande: une a voz árabe al-daia co adxectivo latino
grandis ‘grande’.
• Barradaos: parece que equivale a Bardaos, topónimo lucense,
escrito Barretanos, o cal posiblemente sería un étnico
relacionado con Barredo, con base en ‘barro’.
• A Cañoteira: implica colectividade de cañotos, palabra
mozárabe cannut, derivada dunha forma hispánica *cannutus,
semellante a unha canna ‘cana’.
• Carracido: é variante de Carracedo, sitio abundante en
carrizos, do latín carex -icis.
24. 28. Saídres (San Xoán)
Lugares de Saídres:
• Casardoño: pode ser casa ou
casale Hordonius, nome
do posesor.
• Caxeba: parece constar do
apelativo casa e dun nome
persoal, comparable quizais
co topónimo Casebio
(Casa de Eusebio) ou tal vez
(Casa) Sevia.
25. 28. Saídres (San Xoán)
Lugares de Saídres:
• Maragouzos: se cadra, podería ser un antropónimo bitemático
primitivo *Mara-gautius ou visigótico. Aseméllase tamén a
maragouto, molgueira, feixe ou mollo de trigo ou centeo na
seitura cos que se fai a meda.
• Moimenta: traduce a monimenta, palabra usada na epigrafía
galaicoasturiana para indicar ‘monumentos’ funerarios.
• Pedralaxe: componse de petra ‘pedra’, indicando con lagena
‘laxe’ a forma lisa, plana, de pouco grosor, como é a pedra
pizarrosa.
• A Pena: é unha voz primitiva, quizais da familia de pinna
‘amea’. No latín medieval escriben penna.