SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 36
MORAÑA
Moraña pertenece a la comunidad autonoma de galicia en la provincia de Pontevedra. Su superficie es de 41,50  km²  . Su poblacion en el INE del 07 es de 4.309  habitantes . Sua densidade e de 103,83 hab./km² . Su gentilicio es Morañés . Este municipio está formado por 9 parroquias, Amil (San Mamede), Cosoirado (Santa María), Gargantáns (San Martiño), Lamas (Santa Cruz), Laxe (San Martiño), Rebón (San Pedro), Saiáns (San Salvador), San Lourenzo de Moraña (San Lourenzo) y Santa Xusta de Moraña (Santa Xusta).
A combinación do seu relevo e clima tradúcese nunha  vexetación que se caracteriza por prados, bosques de eucaliptos, pinos con árbores de ribeira e unha gran cantidade de árbores autóctonas , principalmente grupos de  centenarios carballos  que conforman unha paisaxe de singular beleza da que gozan morañeses e morañesas, e visitantes. Nos vínculos da dereita tedes  máis información  de interese sobre a  xeografía morañesa.   XEOGRAFIA
A historia de  Moraña  materialízase na abundancia de  restos antigos e manifestacións artísticas , que exemplifican o carácter antigo do asentamento humano nestas terras (restos arqueolóxicos, como petróglifos, menhires, dolmens, castros) datados ao redor de 3500 - 2000 a.c., e que se caracterizan polo traballo da pedra, abundante na zona. Estes pobos indíxenas viron chegar aos  romanos  a través da Vía XIX Bracara-Asturicam, que desde Tui viña polo interior e chega a Caldas de Reis por Campo Lameiro e Moraña (estela romana no cemiterio de Gargantáns), máis ou menos seguindo a actual estrada autonómica. Denominaron a estas terras  Moraniam , según se deduce das actas do Concilio de Lugo (ano 569) onde se enclavaba como territorio limítrofe co dos  celenos  (Caldas) e que pertencía á sé episcopal de Iria-Flavia.  O  primeiro dato escrito sobre Moraña  atópase nos documentos do Concilio de Braga no ano  572 . O rei Arximiro concédelle ao bispo de Iria, Andrés, unha serie de lugares onde figuraba, Moraniam, todos pertencentes ata entón á sede metropolitana de Braga. Tampouco se sabe como estes lugares formaron o condado de Moraña, pero no ano  958  o rei de Galicia Ordoño IV fai doazón das vilas de Moimenta e Parada no condado de Moraña ao bispo Viliulfo de Tui. En  1019  o rei Alfonso V confirmou tódalas millas, condados e posesións que os seus predecesores tiñan doado á Igrexa de Santiago, entre os que figuraban:  Salnés, Kaldas, Trollanes, Moraneam …  Ata o  século XII  non se coñece nada desta terra, e será a partir deste século cando aparecen mostras  do  románico , as ábsidas das igrexas parroquiais de Rebón e Gargantáns. A partir de  1600  os datos xa son máis abundantes, as memorias do cardeal Xerónimo del Hoyo, arcebispo de Santiago, mostran unha visión da organización parroquial, economía e número de veciños daquel entón.  Durante a  Idade Media  o concello foi lugar de paso entre Santiago de Compostela, Pontevedra e Portugal. Pertencente á antiga provincia de  Santiago  e adscrito no  Antigo Réxime ás xurisdicións de Amil e Peñaflor , o territorio morañés repartiuse en dous concellos:  Saiáns e Moraña . Desapareceu o primeiro en  1836 , cando se  anexionou ao de Moraña  e quedou este configurado cos seus lindes actuais.  Arquitectura cronoloxica
ARQUITECTURA ,[object Object]
Casona de Rial:  situada na parroquia de Santa Xusta, é de orixe medieval. O escudo que exhibe na súa fachada encóntrase en perfecto estado de conservación e ten un importante valor histórico. Na súa orixe foi propiedade dunha familia nobre da época.  ARQUITECTURA CIVIL   Casas Brasonadas:  son antigas casonas de pedra como se reflicte nos seus escudos de armas esculpidos nas súas fachadas. Casona da Rapeira:  de orixe medieval, posúe un valioso escudo de armas, símbolo de toda unha xerarquía familiar que reflicte a grandeza e riqueza dos seus antigos propietarios. Está situada na parroquia de Santa Xusta Casona de Sorrego:  é unha casa-torre de antiga fortaleza feudal con escudo de armas situada na parroquia de San Lourenzo.
Torre Medieval de Amil:  situada xunto á Casa reitoral de Amil, considérase que este importante baluarte arquitectónico podería estar datado na Idade Media, debido á súa forma arredondada. Crese que antigamente existía outra torre de similares características, hoxe desaparecida.  Pazo da Buzaca:  á marxe dereita da estrada autonómica que leva a Campo Lameiro, concretamente na parroquia de San Lourenzo, levántase este pazo do século XVIII sobre a base dunha fortaleza almenada de época medieval. Neste pazo existe unha das mellores labras heráldicas de Galicia coas armas da familia "Varela de Cerda", unha das máis ilustres da época con posesións por toda a comarca. A orixe da familia propietaria remóntase a descendentes de Ramiro I de Aragón e á súa dona Ermisinda, da Casa Real de Francia. Na actualidade funciona como establecemento de turismo rural. Ten trece habitacións, dúas delas suites, e piscina ao aire libre. O edificio principal está formado por tres espazos: A casa grande: dependencias onde residían os señores.  A galería: antigas cortes da propiedade.  A caza: pequena dependencia de dúas plantas onde residían os caseiros. Recibe este nome porque dende ela se contemplan os montes onde se adoitaba cazar.  A propiedade está circundada por un antigo muro de pedra que rodea uns 40.000 metros cadrados de xardíns e horta, onde se erixen unha torre, un pombal e dous hórreos de máis de 10 m de longo.
Pazo de San Roque:  pertencente á parroquia de San Pedro de Rebón, está situado seguindo o desvío cara a Amil na carretera de Porráns á Amil.  Pazo da Toxeiriña:  pertencente á parroquia de Santa Cruz de Lamas conta cunha planta en Z e está composta de tres corpos, unha escalinata de acceso con balaustrada e unha galería apoiada en pilastras. Nunha leira de mediana extensión con xardíns amplos, o pazo posúe unha galería con máis de trinta ventás, salóns enormes e moitas habitacións. Na actualidade está rehabilitado e habitado.  Fonte medieval de Santa Xusta:  fonte milagreira situada detrás da Igrexa Parroquial de Santa Xusta que data do século XVI. Parece ser que foi descuberta a principios dos anos trinta, despois de estar soterrada moitos anos, froito da revelación dunha muller aparecida ao párroco. A sona das súas augas curativas, pois tiña propiedades milagreiras curando feridas e outros males, extendeuse por toda a xeografía galega e achegaba a multitude de persoas para saborear a auga que curaba tódolos males. Mesmo se chegou a comercializar como xabón dentro e fóra de Galicia. Esta atracción durou algúns anos na década dos trinta e supuxo un importante movemento económico para a zona. Non obstante, as autoridades provinciais da época consideraban perigosa a auga da fonte e ordenaron que se cortara a subministración dun manancial que, segundo eles viña de debaixo do cemiterio.
Fonte de Rozavella:  situada no lugar de Rozavella, Amil, esta fonte foi construída polo arrieiro D. Sebastián de Castro. Ante a dificultade de obter a auga no lugar onde vivía para manter os seus animais e familia, optou por cavar unha pequena mina nas inmediacións do seu fogar e imploroulle á virxe a necesidade de atopar a auga tan desexada. A virxe cumpriulle este desexo, pois comezou a abrollar auga en abundancia, e este en xesto de agradecemento mandou realizar unha imaxe da virxe en pedra e a continuación construíu a fonte de pedra nese lugar presidida pola imaxe da virxe.  Casas reitorais:  Casa Reitoral de Amil, Casa Reitoral de Cosoirado, Casa Reitoral de Saiáns, Casa-Torre dos Soto (San Lourenzo).
A historia de Moraña materialízase na abundancia de restos antigos e manifestacións artísticas e está repleta de achados prehistóricos e unha importante cultura megalítica. As mámoas, menhires, dolmens, castros e petróglifos abundan neste concello. MORAÑA RUPESTRE
MENIRES
Lapa de San Martiño de Gargantáns.  Consiste nunha pedra colocada en posición vertical, típica construción da cultura megalítica do NO europeo e cuxa función exacta se descoñece. Relaciónana con signos funerarios, relixiosos ou conmemorativos, antigas lindes territoriais entre tribos ou tamén hai quen afirma que puidese ser un monumento dedicado ao sol. Está situado na parroquia de Gargantáns, nunha zona de importantes restos arqueolóxicos, onde tamén se encontran un castro, unha mámoa e unha rocha con petróglifos. Este menhir seccionado que pode datarse entre 3000-2000 a.c, descríbese como monolito de 1,92 m de altura, de gran simplicidade e forma cónica con gravados en ámbalas dúas caras e numerosas fosetas e trazados sinxelos. Crese que non se asenta sobre o seu sitio orixinal e que foi trasladado aí (por motivos descoñecidos) en tempo inmemorial, pois ten a base cortada, polo que seguramente aínda tiña máis altura. Foi descuberto en 1958 e por ser único nas súas características en Galicia e pola súa importancia, foi escollido como elemento predominante no escudo do Concello.
Cabeza de San Pedro.  É unha desconcertante escultura situada a 300 m de altitude na ladeira norte do monte Acibal que funciona como marco ou fito separador entre as parroquias de Rebón e Amil. Está situada nunha faldra do monte, nunha forte pendente que dende o río Gundeiro sobe por unha devasa. Crese que é da Idade de Bronce e presenta semellanzas con estatuas-lapa das illas de Córcega e Cerdeña. Para esculpir a cara empregouse un tetón natural da laxa. Os ollos están representados por dúas lixeiras fochas, o nariz por un suco en ferradura e a boca, algo inclinada, por outro suco mal trazado. Descubriuna en 1962 o mestre Carlos Paratcha.
PETROGLIFOS
Moraña non é unha excepción na súa contorna, coma outros concellos do arco atlántico, e ten mostras desta arte rupestre tan autóctona de Galicia. Dende as primeiras descricións feitas polo mestre de Laxe, D. Carlos Paratcha, hai máis de 40 anos, e polos arqueólogos do Museo de Pontevedra, temos constancia de abundantes localizacións, con moi variada temática na súas formas. Hai que dicir que os incendios e os elementos meteorolóxicos foron facendo mella en moitos deles, polo que o seu estado de conservación non é o desexado. A súa temática e deseño é variada, e destacan pola súa abundancia os motivos de círculos concéntricos con ou sen radio. Espirais, debuxos xeométricos combinados con fosetas e punteados, ou algúns con formas de cadros de xogo son outros dos deseños que podemos atopar. Os máis chamativos son os que presentan figuras de cuadrúpedes, con cabalos ou cérvidos e nalgúns dos casos con varias figuras en ringleira e nun deles un cabalo cun disco unido á cola. As localizacións máis numerosas están no monte Ardegán. Un grupo importante, o chamado Chan de deus atópase na parte norte deste monte, moi preto do lugar de Conles. Seguindo unha pista forestal que sobe polo monte atopamos o Outeiro das Pías, e máis ao sur, xa no cumio do monte os dous grupos Do Cotaredo. Na caída do monte cara a Soar podemos atopar o chamado pai fillo nai, nome que recibe polo seu deseño parecido ao do popular xogo. E na caída do monte cara a Longás atopamos ata catro ou cinco localizacións coas mostras máis interesantes. Hai que mencionar o petróglifo das veigas da Lapa, cuxo interese máis que o seu deseño está por atoparse nun radio de 300 m. xunto co menhir, unha mámoa e mailo castro de Paraños
MAMOAS En Moraña contamos con estas construcións megalíticas de destino funerario que consisten nunha gran lousa de pedra asentada sobre varias verticais, cubertas ou semicubertas polo terreo, é que foron violadas e derrubadas dende antigo pola ansia de atopar supostos e incertos tesouros. Hai que destacar polo seu interese e mesmo toponimia o campo de mámoas do Deitadeiro, no monte de Chaián. Neste emprazamento existen catro mámoas, unha delas moi desfeita. Esta concentración de mámoas dáse tamén nos límites do Concello de Moraña e Campo Lameiro, no monte Laceira e no de Ardegán, preto de Rozas. A máis doada de visitar é a de Santa Lucía, á beira da rúa 7, fronte ao Colexio Público.
Mámoa do monte Laceira e do Deitadeiro  ( S. Martiño de Laxe)  GA36031023                       GA36031024                       GA36031025                        GA36031026   Lonxitude: 8º 33´40"           Lonxitude: 8º 33´44"                      Lonxitude: 8º33´39                        Lonxitude: 8º 33´33" Latitude:  42º 36´18"           Latitude:  42º 36´17"            Latitude: 42º 36´16"           Latitude: 42º 36´27" Altitude:196m.s.n.m.            Altitude:196m.s.n.m.           Altitude:193m.s.n.m.             Altitude:191m.s.n.m. Mámoa de Santa Lucía  (Santa Lucía)  GA36031013 Lonxitude: 8º 33´20" Latitude:  42º 35´11" Altitude: 140 m.s.n.m. Mámoa do monte Ardegán   (Longás - Santa Xusta)  GA36031027   Lonxitude: 8º 33´55" Latitude:  42º 34´17" Altitude: 376 m.s.n.m.
Mámoa de Paraños     (S. Martiño de Gargantáns)  GA36031012 Lonxitude: 8º 35´08" Latitude:  42º 34´13" Altitude: 240 m.s.n.m. * 2000 a.c., situado a 100 m. en dirección N do menhir (Lapa de Gargantáns). Mámoa 1 de monte Laceira   (Monte Laceira - Laxe)  GA36031017 Lonxitude: 8º 32´54" Latitude:  42º 35´09" Altitude: 344 m.s.n.m. Mámoa 2 de monte Laceira   (Monte Laceira - Laxe)  GA36031018   Lonxitude: 8º 32´57" Latitude:  42º 35´10" Altitude: 340 m.s.n.m. Mámoa 3 de monte Laceira   (Monte Laceira - Laxe)  GA36031019   Lonxitude: 8º 33´00" Latitude:  42º 35´11" Altitude: 340 m.s.n.m. Mámoa 4 de monte Laceira   (Monte Laceira - Laxe)  GA36031020   Lonxitude: 8º 33´05" Latitude: 42º 35´11" Altitude: 344 m.s.n.m.
CASTROS
A Moraña pre-romana xa contaba cun bo número de poboados castrexos que dende a súa posición privilexiada dominaban o val e permitían a defensa aos seus moradores. Un dos máis antigos pode ser o  monte Castelo,  na parroquia de Cosoirado, moi preto de S. Antoniño do Monte, en Campo Lameiro. Habitados en épocas máis tardías, o  Castro de Rebón,  cun trazado fermoso e unha muralla artificial ao sur, faino recoñecible ao lonxe. O  Castro de Paraños  ou  “Monte da Mena” , chamado así pola existencia dunha cova subterránea, e unha pedra chamada  Pena da Auga  onde se conservaba a auga todo o ano, conta cunha importante extensión e forma conxunto co menhir A Lapa, unha mámoa e máis lonxe uns petróglifos. O  Castro de Santa Cruz de Lamas , no lugar da Igrexa, conta cun camiño de entrada, a chamada  Corredoira do Castro  e nel atopáronse diversos restos de cerámica, tegulas e un muíño de man. Na mesma parroquia, no lugar do Silvoso, está o  Castro de Cernadas , de pequeno tamaño e desdebuxado pola vexetación. Na Laxe, encóntrase o  Castro de Querguizo , por riba deste lugar. E xa por último, cabe mencionar emprazamentos de pequeno tamaño coma  Castriño , na Amil, ou o da  Chan  que perderon a feitura polos traballos de asentamento posterior.
VIDA CULTURAL
Aínda que se trate dun municipio pequeno, Moraña ten as súas necesidades básicas cubertas e ofrece un servizo acorde co seu tamaño aos habitantes que o integran. Dispón dun colexio, varias escolas de educación infantil, a Casa de Cultura, e o Centro de Interpretación do Patrimonio. Asociacións, corais e grupos folclóricos son algunhas das múltiples iniciativas do concello a prol da cultura. Ademais das diferentes actividades que se desenvolven ao longo do ano, como cursos, charlas e conferencias, o concello dispón dunha biblioteca aberta ao público, cun servizo de préstamo de libros. É aquí onde se levan a cabo obradoiros de lectura, manualidades, teatro, contacontos, etc, para nenas e nenos de diversas idades. Tamén conforma a actividade cultural deste concello a Escola de Música, onde varios profesores e profesoras de música imparten clases de diversas materias (Linguaxe Musical, Música e Movemento I, Música e Movemento II, etc.) e instrumentos (guitarra, trompeta, saxofón, piano, clarinete e frauta) en diferentes aulas da Casa da Cultura. ACTIVIDADES CULTURAIS
O Concello de Moraña ofrece un marco perfecto para a práctica deportiva. Merecen especial atención os pavillóns, o ximnasio, a piscina e varios campos de fútbol de terra e herba ao disposición de usuarios e usuarias que así o desexen para desenvolver a ampla actividade deportiva que oferta o concello.  INSTALACIONS En canto a instalacións deportivas o concello ten dous pavillóns e un ximnasio situados ao lado do colexio; tres campos de fútbol, un de herba, onde xoga o equipo local, situado en Mirallos, e dous de terra, un ao lado do colexio e outro situado no lugar de Corrigatos. Tamén hai unha piscina municipal ao aire libre situada no lugar da Bouza (Santa Xusta), cunha piscina de adultos  e outra de nenos  que dispón de vestiarios e duchas e que só permanece aberta ao público en tempada de verán  Moraña conta cunha  Escola de Fútbol  onde aprenden a xogar a este deporte a categoría de  prebenxamíns , que integran a nenos e nenas de idades comprendidas entre 6 e 10 anos. Ademais desta escola está o  Moraña C.F , que engloba as categorías de  Benxamín ,  Alevín ,  Infantil ,  Cadete  e  Xuvenil ; o Equipo  Senior Moraña C.F , recén ascendido a  Segunda Rexional ;  e un Equipo de  Fútbol-Sala Feminino . Por último, o concello tamén conta cun  Equipo de Veteranos .
FESTAS
FESTAS ANCESTRAIS A historia de Moraña confórmana toda unha serie de feitos legados en forma de lendas e costumes tradicionais que chegaron ata os nosos días, converténdose moitos en feitos de singular importancia na vida deste concello. Manifestacións populares cunhas profundas raíces relixiosas nuns casos ou de antigas celebracións pagás noutras, que se celebran baixo fermosas e singulares carballeiras, que propicia esa sensación de antigüidade e misterio e que son hoxe en día un signo de identidade que dinamiza a vida cultural de Moraña.    A Rapa das Bestas.  Traballo gandeiro convertido en festa dende tempos remotos, celébrase no monte do Acibal (Amil) preto do Marco da Estada, onde se unen os concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro e Moraña na fin de semana seguinte á rapa de Sabucedo. Caracterizada pola súa espectacularidade, esta festa ten raíces moi antigas. Un grupo de mozos do lugar, con gran pericia e valentía, soben ao monte Acibal, onde campan libres e salvaxes un bo número de cabalos. A riqueza paisaxística do lugar e a espectacularidade do agrupamento do gando, é aproveitado para atraer a un gran número de visitantes. Aparte das magníficas vistas panorámicas dende o cume do Acibal, todo o seu contorno evócanos unha serie de cultos ancestrais e pagáns practicados polos antepasados. O primeiro paso é ir agrupando e dirixindo os cabalos a unha zona denominada O Pastizal, extenso prado chan e cercado de aproximadamente 19 hectáreas, onde un gran número de público se agrupa para, unha vez reunidas tódalas reses, ver como os apeitadores montan, arrocan e marcan as bestas e cabalos, córtaselle as crins ás bestas, e márcanse os poldros para logo volver a soltalos ao seu medio salvaxe ata o próximo ano.
TURISMO
Ademais do comentado nos apartados de historia e Moraña rupestre, Moraña conta con outras paraxes e lugares para poder visitar e gozar ao aire libre. Altas montañas, lexendarias carballeiras esparexidas por todo o municipio, curso dos ríos e fermosos saltos de auga, ademais de outras alternativas, compoñen a oferta paisaxística deste concello.  AS CARBALLEIRAS   Carballeira de Santa Xusta:  situada na parroquia de Santa Xusta, no lugar da Igrexa, posúe máis de 450 carballos que se extenden sobre unha superficie de 25.400 metros cadrados. Hai un camiño empedrado que sobe dende o lugar de Lameiro ata o lugar da Igrexa, onde hai unha planicie desde a que se pode divisar parte  do concello. Posúe ademais dúas fontes e un palco de música.  Carballeira de Santa Lucía:  situada na parroquia de Saiáns, no lugar de Santa Lucía, concretamente a 100 m da Casa do Concello, está formada por 77 carballos. Ten unha extensión de 3.900 metros cadrados e é a carballeira onde se celebra a famosa Festa do Carneiro ó Espeto.
Carballeira da Buzaca:  está situada na parroquia de San Lourenzo   Campo da Feira Vella:  está situada na parroquia de Saiáns ao lado do Centro de Saúde e posúe 24 carballos.  Campo de Antón:  está situada en Santa Cruz de Lamas   Campo de Lebón:  está situada na parroquia de Saiáns, no lugar de Corrigatos.
Muiños das Laxes:  situado no lugar das Laxes (Rebón), o río orixina abruptos saltos de auga que se aproveitaron para a creación de varios muíños. O acusado desnivel e as grandes rochas de granito crean unha imaxe impoñente nun contorno espectacular .  Muíños de Arxeo:  no río Cornide desemboca o Arxeo, e no seu leito hai unha serie de muíños nun contorno de sorprendentes bosques de especies autóctonas . MUIÑOS
O miradoiro do monte Acibal:  Está situado na parroquia de Amil, na estrada que a une coa capital da provincia. Desde o mirador pódense contemplar vistas da ría de Pontevedra e a ría de Arousa. Moi preto do mirador encóntrase a zona do Pastizal, prado extenso de singular beleza, rodeado de cercas de madeira e con mesas de pedra, ideais para comidas campestres. Aquí celébrase, a mediados de xullo, a Festa da Rapa das Bestas.  O miradoiro do monte Ardegán:  está situado entre a parroquia de Santa Xusta e San Martiño de Gargantáns, na estrada autonómica Caldas-Campo Lameiro. Pódense observar excelentes paisaxes do municipio e hai que destacar a importancia dos restos arqueolóxicos do lugar.  O miradoiro de Cerdeiras:  está situado na parroquia de S. Lourenzo, no lugar de Cerdeiras, na estrada autonómica PO-221 Caldas-Campo Lameiro. Nel poden contemplarse magníficas vistas da ría de Arousa.  O miradoiro do monte Castelo:  situado na parroquia de Cosoirado, nel pódense contemplar fermosas paisaxes da maior parte do municipio e tamén da beira coruñesa da ría de Arousa.  OS MIRADOIROS
 
 
 
 
 
[object Object]

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Marlou
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanovamonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarriamonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradantamonadela
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 
Serra do Laboreiro
Serra do LaboreiroSerra do Laboreiro
Serra do Laboreiromonadela
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1ardillas
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Trabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andreaTrabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andreaceipdeandrade4
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanzamonadela
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallasmonadela
 
LIC Serra do Cando
LIC Serra do CandoLIC Serra do Cando
LIC Serra do Candomonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 

Mais procurados (20)

Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
Serra do Laboreiro
Serra do LaboreiroSerra do Laboreiro
Serra do Laboreiro
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Betanzos
BetanzosBetanzos
Betanzos
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Trabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andreaTrabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andrea
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanza
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallas
 
LIC Serra do Cando
LIC Serra do CandoLIC Serra do Cando
LIC Serra do Cando
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 

Destaque

Los Retos Que Enfrenta El DiseñAdor GráFico En
Los Retos Que Enfrenta El DiseñAdor GráFico EnLos Retos Que Enfrenta El DiseñAdor GráFico En
Los Retos Que Enfrenta El DiseñAdor GráFico Envichitoss
 
Yếu tố nguy cơ bệnh mỡ máu người cao tuổi
Yếu tố nguy cơ bệnh mỡ máu người cao tuổiYếu tố nguy cơ bệnh mỡ máu người cao tuổi
Yếu tố nguy cơ bệnh mỡ máu người cao tuổilorenzo245
 
Duy trì nồng độ testosterone bằng lối sống hợp lý và khoa học
Duy trì nồng độ testosterone bằng lối sống hợp lý và khoa họcDuy trì nồng độ testosterone bằng lối sống hợp lý và khoa học
Duy trì nồng độ testosterone bằng lối sống hợp lý và khoa họctaina342
 
Sebastiao Salgado
Sebastiao SalgadoSebastiao Salgado
Sebastiao Salgadocapmarvel33
 
JOURNEY TO TRUE DEMOCRACY IN AFRICA
JOURNEY TO TRUE DEMOCRACY IN AFRICAJOURNEY TO TRUE DEMOCRACY IN AFRICA
JOURNEY TO TRUE DEMOCRACY IN AFRICATrueDemocracy
 
Huyết áp cao là nguyên nhân gây đột quỵ, tai biến mạch máu não
Huyết áp cao là nguyên nhân gây đột quỵ, tai biến mạch máu nãoHuyết áp cao là nguyên nhân gây đột quỵ, tai biến mạch máu não
Huyết áp cao là nguyên nhân gây đột quỵ, tai biến mạch máu nãowillia309
 
ở đâu bán đồng hồ casio khuyến mãi 2014
ở đâu bán đồng hồ casio khuyến mãi 2014ở đâu bán đồng hồ casio khuyến mãi 2014
ở đâu bán đồng hồ casio khuyến mãi 2014cristen613
 
Systems administrator performance appraisal
Systems administrator performance appraisalSystems administrator performance appraisal
Systems administrator performance appraisalmillycoleman572
 

Destaque (10)

Healthcare PR 360
Healthcare PR 360Healthcare PR 360
Healthcare PR 360
 
Los Retos Que Enfrenta El DiseñAdor GráFico En
Los Retos Que Enfrenta El DiseñAdor GráFico EnLos Retos Que Enfrenta El DiseñAdor GráFico En
Los Retos Que Enfrenta El DiseñAdor GráFico En
 
Yếu tố nguy cơ bệnh mỡ máu người cao tuổi
Yếu tố nguy cơ bệnh mỡ máu người cao tuổiYếu tố nguy cơ bệnh mỡ máu người cao tuổi
Yếu tố nguy cơ bệnh mỡ máu người cao tuổi
 
Duy trì nồng độ testosterone bằng lối sống hợp lý và khoa học
Duy trì nồng độ testosterone bằng lối sống hợp lý và khoa họcDuy trì nồng độ testosterone bằng lối sống hợp lý và khoa học
Duy trì nồng độ testosterone bằng lối sống hợp lý và khoa học
 
Sebastiao Salgado
Sebastiao SalgadoSebastiao Salgado
Sebastiao Salgado
 
JOURNEY TO TRUE DEMOCRACY IN AFRICA
JOURNEY TO TRUE DEMOCRACY IN AFRICAJOURNEY TO TRUE DEMOCRACY IN AFRICA
JOURNEY TO TRUE DEMOCRACY IN AFRICA
 
Huyết áp cao là nguyên nhân gây đột quỵ, tai biến mạch máu não
Huyết áp cao là nguyên nhân gây đột quỵ, tai biến mạch máu nãoHuyết áp cao là nguyên nhân gây đột quỵ, tai biến mạch máu não
Huyết áp cao là nguyên nhân gây đột quỵ, tai biến mạch máu não
 
ở đâu bán đồng hồ casio khuyến mãi 2014
ở đâu bán đồng hồ casio khuyến mãi 2014ở đâu bán đồng hồ casio khuyến mãi 2014
ở đâu bán đồng hồ casio khuyến mãi 2014
 
Systems administrator performance appraisal
Systems administrator performance appraisalSystems administrator performance appraisal
Systems administrator performance appraisal
 
Kaká processa revista gay
Kaká processa revista gayKaká processa revista gay
Kaká processa revista gay
 

Semelhante a PresentacióN1

Semelhante a PresentacióN1 (20)

Zas
ZasZas
Zas
 
Zas
ZasZas
Zas
 
A historia de Caldelas
A historia de CaldelasA historia de Caldelas
A historia de Caldelas
 
Viaxe pola nosa historia
Viaxe pola nosa historiaViaxe pola nosa historia
Viaxe pola nosa historia
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Muros
 
Baixo Miño
Baixo MiñoBaixo Miño
Baixo Miño
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
silleda
silledasilleda
silleda
 
silleda
silledasilleda
silleda
 
Lourenza
LourenzaLourenza
Lourenza
 
Lourenza
LourenzaLourenza
Lourenza
 
Lourenza
LourenzaLourenza
Lourenza
 
Historia de Caldas de Reis
Historia de Caldas de ReisHistoria de Caldas de Reis
Historia de Caldas de Reis
 
Caldas de reis
Caldas de reisCaldas de reis
Caldas de reis
 
Carballo
CarballoCarballo
Carballo
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldas
 
Moeche
MoecheMoeche
Moeche
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 

PresentacióN1

  • 2. Moraña pertenece a la comunidad autonoma de galicia en la provincia de Pontevedra. Su superficie es de 41,50 km² . Su poblacion en el INE del 07 es de 4.309 habitantes . Sua densidade e de 103,83 hab./km² . Su gentilicio es Morañés . Este municipio está formado por 9 parroquias, Amil (San Mamede), Cosoirado (Santa María), Gargantáns (San Martiño), Lamas (Santa Cruz), Laxe (San Martiño), Rebón (San Pedro), Saiáns (San Salvador), San Lourenzo de Moraña (San Lourenzo) y Santa Xusta de Moraña (Santa Xusta).
  • 3. A combinación do seu relevo e clima tradúcese nunha vexetación que se caracteriza por prados, bosques de eucaliptos, pinos con árbores de ribeira e unha gran cantidade de árbores autóctonas , principalmente grupos de centenarios carballos que conforman unha paisaxe de singular beleza da que gozan morañeses e morañesas, e visitantes. Nos vínculos da dereita tedes máis información de interese sobre a xeografía morañesa. XEOGRAFIA
  • 4. A historia de Moraña materialízase na abundancia de restos antigos e manifestacións artísticas , que exemplifican o carácter antigo do asentamento humano nestas terras (restos arqueolóxicos, como petróglifos, menhires, dolmens, castros) datados ao redor de 3500 - 2000 a.c., e que se caracterizan polo traballo da pedra, abundante na zona. Estes pobos indíxenas viron chegar aos romanos a través da Vía XIX Bracara-Asturicam, que desde Tui viña polo interior e chega a Caldas de Reis por Campo Lameiro e Moraña (estela romana no cemiterio de Gargantáns), máis ou menos seguindo a actual estrada autonómica. Denominaron a estas terras Moraniam , según se deduce das actas do Concilio de Lugo (ano 569) onde se enclavaba como territorio limítrofe co dos celenos (Caldas) e que pertencía á sé episcopal de Iria-Flavia. O primeiro dato escrito sobre Moraña atópase nos documentos do Concilio de Braga no ano 572 . O rei Arximiro concédelle ao bispo de Iria, Andrés, unha serie de lugares onde figuraba, Moraniam, todos pertencentes ata entón á sede metropolitana de Braga. Tampouco se sabe como estes lugares formaron o condado de Moraña, pero no ano 958 o rei de Galicia Ordoño IV fai doazón das vilas de Moimenta e Parada no condado de Moraña ao bispo Viliulfo de Tui. En 1019 o rei Alfonso V confirmou tódalas millas, condados e posesións que os seus predecesores tiñan doado á Igrexa de Santiago, entre os que figuraban: Salnés, Kaldas, Trollanes, Moraneam … Ata o século XII non se coñece nada desta terra, e será a partir deste século cando aparecen mostras do románico , as ábsidas das igrexas parroquiais de Rebón e Gargantáns. A partir de 1600 os datos xa son máis abundantes, as memorias do cardeal Xerónimo del Hoyo, arcebispo de Santiago, mostran unha visión da organización parroquial, economía e número de veciños daquel entón. Durante a Idade Media o concello foi lugar de paso entre Santiago de Compostela, Pontevedra e Portugal. Pertencente á antiga provincia de Santiago e adscrito no Antigo Réxime ás xurisdicións de Amil e Peñaflor , o territorio morañés repartiuse en dous concellos: Saiáns e Moraña . Desapareceu o primeiro en 1836 , cando se anexionou ao de Moraña e quedou este configurado cos seus lindes actuais. Arquitectura cronoloxica
  • 5.
  • 6. Casona de Rial: situada na parroquia de Santa Xusta, é de orixe medieval. O escudo que exhibe na súa fachada encóntrase en perfecto estado de conservación e ten un importante valor histórico. Na súa orixe foi propiedade dunha familia nobre da época. ARQUITECTURA CIVIL Casas Brasonadas: son antigas casonas de pedra como se reflicte nos seus escudos de armas esculpidos nas súas fachadas. Casona da Rapeira: de orixe medieval, posúe un valioso escudo de armas, símbolo de toda unha xerarquía familiar que reflicte a grandeza e riqueza dos seus antigos propietarios. Está situada na parroquia de Santa Xusta Casona de Sorrego: é unha casa-torre de antiga fortaleza feudal con escudo de armas situada na parroquia de San Lourenzo.
  • 7. Torre Medieval de Amil: situada xunto á Casa reitoral de Amil, considérase que este importante baluarte arquitectónico podería estar datado na Idade Media, debido á súa forma arredondada. Crese que antigamente existía outra torre de similares características, hoxe desaparecida. Pazo da Buzaca: á marxe dereita da estrada autonómica que leva a Campo Lameiro, concretamente na parroquia de San Lourenzo, levántase este pazo do século XVIII sobre a base dunha fortaleza almenada de época medieval. Neste pazo existe unha das mellores labras heráldicas de Galicia coas armas da familia "Varela de Cerda", unha das máis ilustres da época con posesións por toda a comarca. A orixe da familia propietaria remóntase a descendentes de Ramiro I de Aragón e á súa dona Ermisinda, da Casa Real de Francia. Na actualidade funciona como establecemento de turismo rural. Ten trece habitacións, dúas delas suites, e piscina ao aire libre. O edificio principal está formado por tres espazos: A casa grande: dependencias onde residían os señores. A galería: antigas cortes da propiedade. A caza: pequena dependencia de dúas plantas onde residían os caseiros. Recibe este nome porque dende ela se contemplan os montes onde se adoitaba cazar. A propiedade está circundada por un antigo muro de pedra que rodea uns 40.000 metros cadrados de xardíns e horta, onde se erixen unha torre, un pombal e dous hórreos de máis de 10 m de longo.
  • 8. Pazo de San Roque: pertencente á parroquia de San Pedro de Rebón, está situado seguindo o desvío cara a Amil na carretera de Porráns á Amil. Pazo da Toxeiriña: pertencente á parroquia de Santa Cruz de Lamas conta cunha planta en Z e está composta de tres corpos, unha escalinata de acceso con balaustrada e unha galería apoiada en pilastras. Nunha leira de mediana extensión con xardíns amplos, o pazo posúe unha galería con máis de trinta ventás, salóns enormes e moitas habitacións. Na actualidade está rehabilitado e habitado. Fonte medieval de Santa Xusta: fonte milagreira situada detrás da Igrexa Parroquial de Santa Xusta que data do século XVI. Parece ser que foi descuberta a principios dos anos trinta, despois de estar soterrada moitos anos, froito da revelación dunha muller aparecida ao párroco. A sona das súas augas curativas, pois tiña propiedades milagreiras curando feridas e outros males, extendeuse por toda a xeografía galega e achegaba a multitude de persoas para saborear a auga que curaba tódolos males. Mesmo se chegou a comercializar como xabón dentro e fóra de Galicia. Esta atracción durou algúns anos na década dos trinta e supuxo un importante movemento económico para a zona. Non obstante, as autoridades provinciais da época consideraban perigosa a auga da fonte e ordenaron que se cortara a subministración dun manancial que, segundo eles viña de debaixo do cemiterio.
  • 9. Fonte de Rozavella: situada no lugar de Rozavella, Amil, esta fonte foi construída polo arrieiro D. Sebastián de Castro. Ante a dificultade de obter a auga no lugar onde vivía para manter os seus animais e familia, optou por cavar unha pequena mina nas inmediacións do seu fogar e imploroulle á virxe a necesidade de atopar a auga tan desexada. A virxe cumpriulle este desexo, pois comezou a abrollar auga en abundancia, e este en xesto de agradecemento mandou realizar unha imaxe da virxe en pedra e a continuación construíu a fonte de pedra nese lugar presidida pola imaxe da virxe. Casas reitorais: Casa Reitoral de Amil, Casa Reitoral de Cosoirado, Casa Reitoral de Saiáns, Casa-Torre dos Soto (San Lourenzo).
  • 10. A historia de Moraña materialízase na abundancia de restos antigos e manifestacións artísticas e está repleta de achados prehistóricos e unha importante cultura megalítica. As mámoas, menhires, dolmens, castros e petróglifos abundan neste concello. MORAÑA RUPESTRE
  • 12. Lapa de San Martiño de Gargantáns. Consiste nunha pedra colocada en posición vertical, típica construción da cultura megalítica do NO europeo e cuxa función exacta se descoñece. Relaciónana con signos funerarios, relixiosos ou conmemorativos, antigas lindes territoriais entre tribos ou tamén hai quen afirma que puidese ser un monumento dedicado ao sol. Está situado na parroquia de Gargantáns, nunha zona de importantes restos arqueolóxicos, onde tamén se encontran un castro, unha mámoa e unha rocha con petróglifos. Este menhir seccionado que pode datarse entre 3000-2000 a.c, descríbese como monolito de 1,92 m de altura, de gran simplicidade e forma cónica con gravados en ámbalas dúas caras e numerosas fosetas e trazados sinxelos. Crese que non se asenta sobre o seu sitio orixinal e que foi trasladado aí (por motivos descoñecidos) en tempo inmemorial, pois ten a base cortada, polo que seguramente aínda tiña máis altura. Foi descuberto en 1958 e por ser único nas súas características en Galicia e pola súa importancia, foi escollido como elemento predominante no escudo do Concello.
  • 13. Cabeza de San Pedro. É unha desconcertante escultura situada a 300 m de altitude na ladeira norte do monte Acibal que funciona como marco ou fito separador entre as parroquias de Rebón e Amil. Está situada nunha faldra do monte, nunha forte pendente que dende o río Gundeiro sobe por unha devasa. Crese que é da Idade de Bronce e presenta semellanzas con estatuas-lapa das illas de Córcega e Cerdeña. Para esculpir a cara empregouse un tetón natural da laxa. Os ollos están representados por dúas lixeiras fochas, o nariz por un suco en ferradura e a boca, algo inclinada, por outro suco mal trazado. Descubriuna en 1962 o mestre Carlos Paratcha.
  • 15. Moraña non é unha excepción na súa contorna, coma outros concellos do arco atlántico, e ten mostras desta arte rupestre tan autóctona de Galicia. Dende as primeiras descricións feitas polo mestre de Laxe, D. Carlos Paratcha, hai máis de 40 anos, e polos arqueólogos do Museo de Pontevedra, temos constancia de abundantes localizacións, con moi variada temática na súas formas. Hai que dicir que os incendios e os elementos meteorolóxicos foron facendo mella en moitos deles, polo que o seu estado de conservación non é o desexado. A súa temática e deseño é variada, e destacan pola súa abundancia os motivos de círculos concéntricos con ou sen radio. Espirais, debuxos xeométricos combinados con fosetas e punteados, ou algúns con formas de cadros de xogo son outros dos deseños que podemos atopar. Os máis chamativos son os que presentan figuras de cuadrúpedes, con cabalos ou cérvidos e nalgúns dos casos con varias figuras en ringleira e nun deles un cabalo cun disco unido á cola. As localizacións máis numerosas están no monte Ardegán. Un grupo importante, o chamado Chan de deus atópase na parte norte deste monte, moi preto do lugar de Conles. Seguindo unha pista forestal que sobe polo monte atopamos o Outeiro das Pías, e máis ao sur, xa no cumio do monte os dous grupos Do Cotaredo. Na caída do monte cara a Soar podemos atopar o chamado pai fillo nai, nome que recibe polo seu deseño parecido ao do popular xogo. E na caída do monte cara a Longás atopamos ata catro ou cinco localizacións coas mostras máis interesantes. Hai que mencionar o petróglifo das veigas da Lapa, cuxo interese máis que o seu deseño está por atoparse nun radio de 300 m. xunto co menhir, unha mámoa e mailo castro de Paraños
  • 16. MAMOAS En Moraña contamos con estas construcións megalíticas de destino funerario que consisten nunha gran lousa de pedra asentada sobre varias verticais, cubertas ou semicubertas polo terreo, é que foron violadas e derrubadas dende antigo pola ansia de atopar supostos e incertos tesouros. Hai que destacar polo seu interese e mesmo toponimia o campo de mámoas do Deitadeiro, no monte de Chaián. Neste emprazamento existen catro mámoas, unha delas moi desfeita. Esta concentración de mámoas dáse tamén nos límites do Concello de Moraña e Campo Lameiro, no monte Laceira e no de Ardegán, preto de Rozas. A máis doada de visitar é a de Santa Lucía, á beira da rúa 7, fronte ao Colexio Público.
  • 17. Mámoa do monte Laceira e do Deitadeiro  ( S. Martiño de Laxe) GA36031023                       GA36031024                       GA36031025                        GA36031026 Lonxitude: 8º 33´40"           Lonxitude: 8º 33´44"                      Lonxitude: 8º33´39                        Lonxitude: 8º 33´33" Latitude:  42º 36´18"           Latitude:  42º 36´17"            Latitude: 42º 36´16"           Latitude: 42º 36´27" Altitude:196m.s.n.m.           Altitude:196m.s.n.m.           Altitude:193m.s.n.m.            Altitude:191m.s.n.m. Mámoa de Santa Lucía (Santa Lucía) GA36031013 Lonxitude: 8º 33´20" Latitude:  42º 35´11" Altitude: 140 m.s.n.m. Mámoa do monte Ardegán   (Longás - Santa Xusta) GA36031027 Lonxitude: 8º 33´55" Latitude:  42º 34´17" Altitude: 376 m.s.n.m.
  • 18. Mámoa de Paraños     (S. Martiño de Gargantáns) GA36031012 Lonxitude: 8º 35´08" Latitude:  42º 34´13" Altitude: 240 m.s.n.m. * 2000 a.c., situado a 100 m. en dirección N do menhir (Lapa de Gargantáns). Mámoa 1 de monte Laceira   (Monte Laceira - Laxe) GA36031017 Lonxitude: 8º 32´54" Latitude:  42º 35´09" Altitude: 344 m.s.n.m. Mámoa 2 de monte Laceira   (Monte Laceira - Laxe) GA36031018 Lonxitude: 8º 32´57" Latitude:  42º 35´10" Altitude: 340 m.s.n.m. Mámoa 3 de monte Laceira   (Monte Laceira - Laxe) GA36031019 Lonxitude: 8º 33´00" Latitude:  42º 35´11" Altitude: 340 m.s.n.m. Mámoa 4 de monte Laceira   (Monte Laceira - Laxe) GA36031020 Lonxitude: 8º 33´05" Latitude: 42º 35´11" Altitude: 344 m.s.n.m.
  • 20. A Moraña pre-romana xa contaba cun bo número de poboados castrexos que dende a súa posición privilexiada dominaban o val e permitían a defensa aos seus moradores. Un dos máis antigos pode ser o monte Castelo, na parroquia de Cosoirado, moi preto de S. Antoniño do Monte, en Campo Lameiro. Habitados en épocas máis tardías, o Castro de Rebón, cun trazado fermoso e unha muralla artificial ao sur, faino recoñecible ao lonxe. O Castro de Paraños ou “Monte da Mena” , chamado así pola existencia dunha cova subterránea, e unha pedra chamada Pena da Auga onde se conservaba a auga todo o ano, conta cunha importante extensión e forma conxunto co menhir A Lapa, unha mámoa e máis lonxe uns petróglifos. O Castro de Santa Cruz de Lamas , no lugar da Igrexa, conta cun camiño de entrada, a chamada Corredoira do Castro e nel atopáronse diversos restos de cerámica, tegulas e un muíño de man. Na mesma parroquia, no lugar do Silvoso, está o Castro de Cernadas , de pequeno tamaño e desdebuxado pola vexetación. Na Laxe, encóntrase o Castro de Querguizo , por riba deste lugar. E xa por último, cabe mencionar emprazamentos de pequeno tamaño coma Castriño , na Amil, ou o da Chan que perderon a feitura polos traballos de asentamento posterior.
  • 22. Aínda que se trate dun municipio pequeno, Moraña ten as súas necesidades básicas cubertas e ofrece un servizo acorde co seu tamaño aos habitantes que o integran. Dispón dun colexio, varias escolas de educación infantil, a Casa de Cultura, e o Centro de Interpretación do Patrimonio. Asociacións, corais e grupos folclóricos son algunhas das múltiples iniciativas do concello a prol da cultura. Ademais das diferentes actividades que se desenvolven ao longo do ano, como cursos, charlas e conferencias, o concello dispón dunha biblioteca aberta ao público, cun servizo de préstamo de libros. É aquí onde se levan a cabo obradoiros de lectura, manualidades, teatro, contacontos, etc, para nenas e nenos de diversas idades. Tamén conforma a actividade cultural deste concello a Escola de Música, onde varios profesores e profesoras de música imparten clases de diversas materias (Linguaxe Musical, Música e Movemento I, Música e Movemento II, etc.) e instrumentos (guitarra, trompeta, saxofón, piano, clarinete e frauta) en diferentes aulas da Casa da Cultura. ACTIVIDADES CULTURAIS
  • 23. O Concello de Moraña ofrece un marco perfecto para a práctica deportiva. Merecen especial atención os pavillóns, o ximnasio, a piscina e varios campos de fútbol de terra e herba ao disposición de usuarios e usuarias que así o desexen para desenvolver a ampla actividade deportiva que oferta o concello. INSTALACIONS En canto a instalacións deportivas o concello ten dous pavillóns e un ximnasio situados ao lado do colexio; tres campos de fútbol, un de herba, onde xoga o equipo local, situado en Mirallos, e dous de terra, un ao lado do colexio e outro situado no lugar de Corrigatos. Tamén hai unha piscina municipal ao aire libre situada no lugar da Bouza (Santa Xusta), cunha piscina de adultos e outra de nenos que dispón de vestiarios e duchas e que só permanece aberta ao público en tempada de verán Moraña conta cunha Escola de Fútbol onde aprenden a xogar a este deporte a categoría de prebenxamíns , que integran a nenos e nenas de idades comprendidas entre 6 e 10 anos. Ademais desta escola está o Moraña C.F , que engloba as categorías de Benxamín , Alevín , Infantil , Cadete e Xuvenil ; o Equipo Senior Moraña C.F , recén ascendido a Segunda Rexional ;  e un Equipo de Fútbol-Sala Feminino . Por último, o concello tamén conta cun Equipo de Veteranos .
  • 25. FESTAS ANCESTRAIS A historia de Moraña confórmana toda unha serie de feitos legados en forma de lendas e costumes tradicionais que chegaron ata os nosos días, converténdose moitos en feitos de singular importancia na vida deste concello. Manifestacións populares cunhas profundas raíces relixiosas nuns casos ou de antigas celebracións pagás noutras, que se celebran baixo fermosas e singulares carballeiras, que propicia esa sensación de antigüidade e misterio e que son hoxe en día un signo de identidade que dinamiza a vida cultural de Moraña.    A Rapa das Bestas. Traballo gandeiro convertido en festa dende tempos remotos, celébrase no monte do Acibal (Amil) preto do Marco da Estada, onde se unen os concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro e Moraña na fin de semana seguinte á rapa de Sabucedo. Caracterizada pola súa espectacularidade, esta festa ten raíces moi antigas. Un grupo de mozos do lugar, con gran pericia e valentía, soben ao monte Acibal, onde campan libres e salvaxes un bo número de cabalos. A riqueza paisaxística do lugar e a espectacularidade do agrupamento do gando, é aproveitado para atraer a un gran número de visitantes. Aparte das magníficas vistas panorámicas dende o cume do Acibal, todo o seu contorno evócanos unha serie de cultos ancestrais e pagáns practicados polos antepasados. O primeiro paso é ir agrupando e dirixindo os cabalos a unha zona denominada O Pastizal, extenso prado chan e cercado de aproximadamente 19 hectáreas, onde un gran número de público se agrupa para, unha vez reunidas tódalas reses, ver como os apeitadores montan, arrocan e marcan as bestas e cabalos, córtaselle as crins ás bestas, e márcanse os poldros para logo volver a soltalos ao seu medio salvaxe ata o próximo ano.
  • 27. Ademais do comentado nos apartados de historia e Moraña rupestre, Moraña conta con outras paraxes e lugares para poder visitar e gozar ao aire libre. Altas montañas, lexendarias carballeiras esparexidas por todo o municipio, curso dos ríos e fermosos saltos de auga, ademais de outras alternativas, compoñen a oferta paisaxística deste concello. AS CARBALLEIRAS Carballeira de Santa Xusta: situada na parroquia de Santa Xusta, no lugar da Igrexa, posúe máis de 450 carballos que se extenden sobre unha superficie de 25.400 metros cadrados. Hai un camiño empedrado que sobe dende o lugar de Lameiro ata o lugar da Igrexa, onde hai unha planicie desde a que se pode divisar parte  do concello. Posúe ademais dúas fontes e un palco de música. Carballeira de Santa Lucía: situada na parroquia de Saiáns, no lugar de Santa Lucía, concretamente a 100 m da Casa do Concello, está formada por 77 carballos. Ten unha extensión de 3.900 metros cadrados e é a carballeira onde se celebra a famosa Festa do Carneiro ó Espeto.
  • 28. Carballeira da Buzaca: está situada na parroquia de San Lourenzo Campo da Feira Vella: está situada na parroquia de Saiáns ao lado do Centro de Saúde e posúe 24 carballos. Campo de Antón: está situada en Santa Cruz de Lamas Campo de Lebón: está situada na parroquia de Saiáns, no lugar de Corrigatos.
  • 29. Muiños das Laxes: situado no lugar das Laxes (Rebón), o río orixina abruptos saltos de auga que se aproveitaron para a creación de varios muíños. O acusado desnivel e as grandes rochas de granito crean unha imaxe impoñente nun contorno espectacular . Muíños de Arxeo: no río Cornide desemboca o Arxeo, e no seu leito hai unha serie de muíños nun contorno de sorprendentes bosques de especies autóctonas . MUIÑOS
  • 30. O miradoiro do monte Acibal: Está situado na parroquia de Amil, na estrada que a une coa capital da provincia. Desde o mirador pódense contemplar vistas da ría de Pontevedra e a ría de Arousa. Moi preto do mirador encóntrase a zona do Pastizal, prado extenso de singular beleza, rodeado de cercas de madeira e con mesas de pedra, ideais para comidas campestres. Aquí celébrase, a mediados de xullo, a Festa da Rapa das Bestas. O miradoiro do monte Ardegán: está situado entre a parroquia de Santa Xusta e San Martiño de Gargantáns, na estrada autonómica Caldas-Campo Lameiro. Pódense observar excelentes paisaxes do municipio e hai que destacar a importancia dos restos arqueolóxicos do lugar. O miradoiro de Cerdeiras: está situado na parroquia de S. Lourenzo, no lugar de Cerdeiras, na estrada autonómica PO-221 Caldas-Campo Lameiro. Nel poden contemplarse magníficas vistas da ría de Arousa. O miradoiro do monte Castelo: situado na parroquia de Cosoirado, nel pódense contemplar fermosas paisaxes da maior parte do municipio e tamén da beira coruñesa da ría de Arousa. OS MIRADOIROS
  • 31.  
  • 32.  
  • 33.  
  • 34.  
  • 35.  
  • 36.