2. DESTRIPANDO Ó ORDENADOR P.D. Non é un bicho máis raro que o noso alumnado e a el podémolo destripar. Sen medo.
3. O ORDENADOR Chamamos ordenador a unha máquina capaz de procesar información, é dicir, de recibir datos, facer cálculos con eles e presenta os resultados. Polo simple feito de ser unha máquina nunca poderá substituir ao profesorado. Nós metemos os datos, é unha ferramenta que nós temos e que empregamos cando queremos acadar algún fin específico cos nosos alumnos, e depende de nós que iso ocorra e, segundo o empeño que poñamos e a ilusión que poñamos terá mellor ou peor resultado... método didáctico, ó fin e ó cabo.
12. PROGRAMAS SISTEMA OPERATIVO: A parte física dun ordenador non é máis que unha serie de pezas electrónicas conectadas entre si mediante cables. Para poder facer un traballo útil é preciso que haxa un programa que dea instruccións ó hardware e lle indique como debe funcionar. Este programa é o SISTEMA OPERATIVO . É por isto que o sistema operativo dun ordenador sexa a parte fundamental de solftware do mesmo.
13. FUNCIÓNS DO SISTEMA OPERATIVO: Coordinar o traballo do ordenador: controla e distribúe os recursos do hardware (memoria, disco duro, microprocesador, …) para que poidan funcionar outros programas: xogos, procesadores de texto, escoitar música mentres se escribe un correo, … Tamén é o encargado de controlar os periféricos que están conectados ó ordenador. Organizar a información : os ordenadores gardan a información en forma de arquivos (un documento de texto, unha foto, un programa, …) e, como hai miles, o sistema operativo gárdaos en forma de carpetas que poden conter varios arquivos ou varias carpetas. Determinar a interfaz gráfica de usuario do ordenador : ó iniciar o ordenador aparécenos a pantalla do sistema operativo e a través dela interactuamos co ordenador: iniciamos ou pechamos programas, buscamos arquivos, … A maneira coa que se presentan na pantallas as iconas, botóns, gráficos e textos denomínase tecnicamente interfaz gráfica de usuario e é moi importante pois, en función da súa calidade, poderemos traballar máis comodamente e ser máis ou menos produtivos.
14. TIPOS DE SISTEMAS OPERATIVOS: Hai varios sistemas operativos pero, actualmente, os máis empregados son Windows e Linux. Ambos dispoñen dun entorno gráfico similar e son moi sinxelos e intuitivos. Windows: é un sistema operativo comercial, propiedade de Microsoft e polo que hai que pagar se se quere empregar. Desenrolou toda unha familia de Sistemas Operativos que foron evolucionando dende os primeiros Windows 3.11 ata o actual Windows Sete. Linux : é un sistema operativo de libre distribución e gratuíto. Isto convérteo nunha alternativa a Windows que cada vez está tendo máis auxe entre os usuarios. Hai varias empresas e institucións que elaboran e manteñen diferentes versións ou distribucións de Linux. A administración pública de Galicia ten a súa propia chamada Trisquel.