Antón Cortizas - Visita CPI A Xunqueira

390 visualizações

Publicada em

Conocemos un poquito al autor Antón Cortizas que va a venir de visita a nuestro centro. CPI A Xunqueira (Abril 2015)

Publicada em: Educação
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
390
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
152
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
1
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Antón Cortizas - Visita CPI A Xunqueira

  1. 1. VAINOS VISITAR... ANTÓN CORTIZAS AMADO
  2. 2. QUÉN É ANTÓN CORTIZAS?... É un mestre de profesión que naceu en Ferrol en 1954. É un dos autores máis traducidos da literatura Infantil e Xuvenil galega. Escribiu moitos libros, pero deuse a coñecer coa obra “A media muller” co que obtivo o Premio Curuxa de Humor de Fene en 1986. Dende entón non parou de publicar... Memorias dun río (1988), Premio Barco de Vapor 1988; Xiganano ¿onde estás? (1990); O conto dos sete medos (1991), premio Barco de Vapor 1991; O lapis de Rosalía (1992); A bruxa sen curuxa (1993); O merlo de ferro (1995) (Xerais 2013); Os gritos das illas Lobeiras (1995), premio Barco de Vapor 1995; Historias e algún percance todas ditas en romance (1996); Leonel (Xerais 1996); Contos de vento e de nunca acabar (1999); Dominicus o dragón (2001); A merla de trapo (Xerais 2001), Premio Merlín 2001; ¡Cázame ese pensamento! (2001); O coleccionista de sombras (2002), Onde o sol non adormece (Xerais 2003) e Vaia tropa! (Xerais 2011).
  3. 3. Unha das súas facetas máis importantes... É a de investigador... xa que escribiu varios libros moi interesantes... - Chirlosmirlos, é unha enciclopedia dos xogos populares galegos (Xerais 2001), onde podemos atopar máis de catrocentos xogos. Xogos de correr ou de agochar; de grupos e de equipos; de roda; xogos con pelota; xogos das lombas; xogos das bólas ou con peón; xogos das tabas, coios e dados... Vése que o autor é unha persoa moi divertida e con moita imaxinación (De ahí o nome, non?...)!!!
  4. 4. Outras investigacións... - Ao pé da Laxa da Moa, onde fala da tradición oral de Carnota, (Xerais 2010), onde recolle a riqueza literaria oral do concello de Carnota. É abondoso o número de cantares que se recolleron, así como, adiviñas, trabalinguas, contos, lendas e máis refráns. - E tamén está Tastarabás, (XeraIS 2013) que é unha enciclopedia moi interesante sobre brinquedos tradicionais. Alí podemos ver moitos xoguetes elaborados simplemente cós elementos da natureza, dunha maneira tradicional e enxeniosa...
  5. 5. Mirade uns exemplos de xogos populares... Os coñeces?...
  6. 6. E mirade algúns xoguetes que podemos construir...
  7. 7. Mirade e pensade... A maioría dos xoguetes que temos na nosa casa foron comprados nunha tenda... Pero, imaxinade que non temos diñeiro para comprar nada... - Non seríades capaces de construir un xoguete divertido para xogar? - Non seríades capaces de inventar un xogo novo para xogar con vosos amigos no recreo? Seguro que o noso invitado pode contarnos moitas cousas sobre xoguetes e xogos feitos na casa...
  8. 8. Falamos dalgúns libros do autor... Para os máis pequenos... O LÁPIS DE ROSALÍA Rosalía está moi contenta porque ten un lápiz novo e especial para nenas de seis anos. Pero cando ten que escribir no colexio, o lápiz non escribe o que dicta a profesora,polo que recibe máis dunha boa regañina. Ata que a profesora dáse conta de que é o lápiz o desobediente e non a nena...
  9. 9. Para nenos e nenas un pouco máis maiores.. A MERLA DE TRAPO A protagonista é Antonia, unha humilde costureira que traballa nas casas onde a chaman, a cambio da comida e dalgunhas moedas. Cando costuraba deúse conta que había un paxariño que tiña no peteiro un estorbo que lle impedía cantar. Antonia logra que o paxaro cante e a partires de alí a maxia queda nos seus dedos...
  10. 10. Unha nova visita na nosa Biblioteca Visita de Antón Cortizas CPI A Xunqueira – Abril 2015

×