6. O XURAMENTO DOS HORACIOS. 1751 . Tema clásico. Louis David privatiza o episodio e transládao á casa dos Horacios. Tratamento diferente dos xéneros, o rol masculino simboliza o deber público e o rol feminino o deber privado. As mulleres son as coñecedoras das fatais consecuencias, fronte a uns forzados héroes clásicos. Composición en dou grupos: un activo e outro pasivo. Ascendente e anguloso (para o grupo dos homes) e descendente e curvo baixo o dominio da tristura feminina. Hai unha dualidade rítmica e temperamental. É o primeiro manifesto do Neoclasicismo maduro. Non hai elementos anecdóticos, só un fondo arquitectónico. A profundidade dase pola situación das figuras no espazo. A luz ténue e pálida, aumenta o efecto emocional.
10. ROMANTICISMO INGLÉS Características: 1. Mundo do sono e da fantasía 2. Sentimento da Natureza como enigma 3. Interiorización relixiosa 4. Nostalxia polo pasado 5. Sentimento nacionalista. TURNER. Choiva, vapor e velocidade. 1844 Artista precoz que acadou un grande éxito, parte da tradición para superala. Enmarcámolo dentro dunha liña visionaria que desembocará tempo despois no postimpresionismo. Nesta obra aplica os efectos da acuarela ao óleo, ate facer vibrar as cores. Plasma o sentimento e a sensación de movemento antes da experiencia visual. Turner escapa do anecdótico a favor da emoción .
11.
12. ROMANTICISMO ALEMÁN A paisaxe tamén ten un grande protagonismo. Atopámonos con figuras ailladas fronte a unha paisaxe romántica e inmensa que plasma a procura do contacto coa Natureza. FRIEDRICH. Viaxeiro fronte o mar de néboa. 1818. Ensimismamento do persoaxe de costas. O sentimento está na Natureza.
15. INGRES. A grande odalisca. 1814 Obra sen un interese ideolóxico e político, concéntrase nos medios plásticos e formalistas. É un pintor moi académico, destaca o tratamento dos contornos, o debuxo e a ausencia de claroscuro, tamén amosa un coidado no detalle. Gusto polo temas orientais unido á imaxe feminina, para crear un ambiente sensual 8visión inventada de Oriente). Figura feminina que mira ao espectador, obsérvase a desproporción anatómica, modifica a natureza para conseguir a corrección visual. ROMANTICISMO FRANCÉS . TENDENCIA CLASICISTA. Ingres. ROMANTISCISMO PLENO. Delacroix /Géricault
18. ROMANTICISMO PLENO. GÉRICAULT. A balsa da Medusa. 1819. Nesta obra os náufragos avistan o seu barco salvador esperanzados (realmente é unha metáfora da recriminación ao Estado). É unha obra baseada nun feito real, de feito introduce a documentación para realizar un cadro de gran estilo (plasma o rescate do Argus /o motín que se efectuou a bordo / episodio de canibalismo). É un cadro moi meditado que reflexa a concepción romántica, ó tempo que fai partícipe ao espectador do drama. Plasma sentimentos enfrontados esperanza- impotencia/ esperanza-desesperanza. É unha composición con dúas pirámides (dispersión de forzas) xunto a esceas moi expresivas.
21. DELACROIX. Libertade guiando o pobo. 1830 Arquetipo do pintor romántico, saca o máximo partido da composición, introduce contido simbólico e liberación da cor. A libertade é un canto romántico á revolución. É un cadro histórico contemporáneo de grande estilo. A cúspide da composición piramidal, de base inestable e dinámica, é a alegoría da libertade triunfante guia do senso revolucionario. Estructura con base nos cadáveres e mártires da revolución, a obra reflexa os ideais revolucionarios franceses, e plasma tamén as idades do home. Debemos destacar a importancia da luz e o seu reflexo e a variedade de símbolos revolucionarios.
22. REALISMO 1840-1880 Movemento artístico e literario que tiña como fin fundamental a REPRESENTACIÓN OBXECTIVA DA REALIDADE e do cotián. Características: Obxectividade + Mensaxe sociopolítica para o espectador. Critica social compromiso. Presenta ao traballador como héroe. Tamén ofrece unha nova visión do antihéroe. Temática da vida familiar e a intimidade. Temas ao aire libre (precedente Escola de Barbiçon). Contemporaneidade. Novos encadres, que se aproximan ao mundo fotográfico.