SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 62
Baixar para ler offline
SEXUALIDADE PARTE II




Profesor: Adán Gonçalves
3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES

      3.1. A REGULACIÓN DAS HORMONAS SEXUAIS

 Concepto de Hormona: substancias químicas producidas en glándulas
                Hormona
especializadas (glándulas endócrinas) que son transportadas pola sangue
                          endócrinas
ate o lugar do corpo onde exercen a súa función (órganos e células diana).
                                                                   diana

A Regulación Hormonal: dentro dos distintos tipos de hormonas que existen,
               Hormonal
as hormonas sexuais son as responsables dos cambios anatómicos e
fisiolóxicos que se producen durante o desenvolvemento sexual.
Durante a pubertade o hipotálamo comeza a segregar hormonas que
estimulan a hipófese.
A súa vez a estimulación da hipófese provoca a produción doutras hormonas
(hormonas estimulantes: SH) que viaxan pola sangue ata os ovarios e os
testículos.
Grazas ás hormonas hipofisarias os ovarios comezan a producir óvulos e
hormonas sexuais femininas (estróxenos e proxesterona) e os testículos
                                           proxesterona
producen espermatozoides e as hormonas sexuais masculinas (andróxenos: o
máis importante é a testosterona).
                    testosterona
3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES

      3.1. A REGULACIÓN DAS HORMONAS SEXUAIS

Os estróxenos producen e manteñen os caracteres sexuais femininos e
regulan o ciclo menstrual. Asi mesmo, a proxesterona permite a
implantación do embrión no útero, e dicir, prepara o aparello reprodutor
para a xestación.

Os andróxenos, principalmente a testosterona, producen e manteñen os
caracteres sexuais masculinos.
3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES

  3.1. A REGULACIÓN DAS HORMONAS SEXUAIS
3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES

         3.1. A REGULACIÓN DAS HORMONAS SEXUAIS

                       Cambios nos adolescentes

Homes:
 Aumento do tamaño dos órganos sexuais.
 Aparece o pelo corporal e a barba.
 Increméntase a masa muscular.
 Voz máis grave.
 Primeiras exaculacións.
 Aumenta a secrección de grasa: acné.
3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES

     3.1. A REGULACIÓN DAS HORMONAS SEXUAIS

                     Cambios nos adolescentes


Mulleres:
 Aumento dos órganos sexuais.
 Ensanchamento das cadeiras e desenvolvemento das mamas.
 Aparece o velo púbico e nas axilas.
 Prodúcense as primeiras regras.
Aumenta o contido de grasa nas coxas.
3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES

     3.2. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO

É o encargado de producir as hormonas sexuais masculinas (andróxenos)
e os espermatozoides (gametos masculinos).
Ten tamén a función de levar a cabo a cópula, permitindo así a
fecundación.

Falaremos a continuación das distintas partes que diferenciamos
neste aparello: testículos, vías reprodutoras, pene e glándulas
anexas.
    3.2.1. Testículos
Son as gónadas masculinas. Formadas por uns condutos numerosos e
enrolados chamados túbulos seminíferos en cuxas paredes fórmanse
os espermatozoides.
Hai tamén células produtoras de hormonas sexuais.
Os testículos están fora da cavidade abdominal recubertos dun
repregamneto da pel chamado escroto.
                              escroto
3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES

   3.2. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO

     3.2.2. As vías reprodutoras
 Son os condutos que recollen o transportan os
 espermatozoides cara o exterior. Son:
  Epidídimo: conduto que é a confluencia dos túbulos
 seminiferos de cada testículo. É o lugar de maduración.
  Conduto deferente: continúa o epidídimo e ascende cara o
 interior do abdome. Serve de almacén para os
 espermatozoides (42 días).
  Urétra: conduto compartido co aparello excretor. A última
 parte discorre polo interior do pene.
3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES

   3.2. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO

    3.2.3. Pene

É o órgano copulador masculino. Formado por dúas masas
esponxosas eréctis chamadas corpos cavernosos, situados por
                                       cavernosos
enriba da uretra. Cando existe excitación rechéase de sangue
permitindo a erección e facilitando a penetración na vaxina durante o
coito.
A parte final do pene dilátase formando o glande que posúe
numerosas terminacións nerviosas. É o lugar de saída do aparello
reprodutor e urinario.
O prepucio é un pequeno repregue de pel fina que protexe o
glande. Cando está estreitado fálase de fimose.
O prepucio pode eliminarse cirúrxicamente: circuncisión
3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES

  3.2. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO

    3.2.4. Glándulas
 Asociado ao aparello reprodutor hai glándulas que participan na
 composición final do seme ou que facilitan coas súas secreccións a
 penetración.
  Vesículas seminais: dúas glándulas situadas detrás da vexiga
 urinaria. Desembocan aos condutos deferentes. Producen líquido
 espermático (nutrientes para os espermatozoides).
  Próstata: situada baixo a vexiga, produce o líquido prostático
 (protexe da acidez da vaxina aos espermatozoides e favorece a súa
 mobilidade).
  Glándulas de Cowper: dúas glándulas na base do pene. Segregan
 líquido lubricante que facilita a penetración.
Cuestións:


1. Coñeces algunha razón pola que os testículos teñan que estar fora da
   cavidade abdominal?
2. Sabes por que non é posible unha exaculación e o acto da micción
   simultaneamente?
3. Os pantalóns axustados usados de xeito continuado poden ocasionar
   esterilidade temporal. Cal cre que pode ser a razón?
4. A partir de certa idade a próstata pode aumentar de tamaño. Que
   consecuencias pode ter esta anomalía?
Hixiene do aparello reprodutor masculino

  Limpeza diaria do glande, retirando o prepucio, con xeles
con pH neutro para a pel.

  Evitar roupa axustada que impida os movementos naturais
dos testículos.

  Revisións médica para comprobar o desenvolvemento natural
dos testículos e o pene, fimose e outras problemáticas (p.e.
infeccións urinarias...)
3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES

    3.2. APARELLO REPRODUTOR FEMININO

      3.3.1. Os ovarios

Son as gónadas do aparello reprodutor feminino. Producen os óvulos e as
hormonas femininas.
Na parte externa dos ovarios (cortiza) atópanse os folículos ováricos que
é onde se forman os óvulos. A medida que nos achegamos a superficie do
ovario, os folículos son máis grandes (folículos de Graaf) e conteñen
óvulos xa preparados para ser expulsados.
3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES

       3.2. APARELLO REPRODUTOR FEMININO
         3.3.2. As vías reprodutoras
Son os condutos que interveñen na fecundación e na xestación.
 Trompas de Falopio: dous condutos cunha abertura con forma de funil que
recollen os óvulos liberados polos ovarios e os transportan mediante cilios das
súas paredes ata o útero. É o lugar habitual da fecundación.
 Útero: cavidade na que desembocan as trompas, posúe unha gran capa
muscular e está tapizado por unha mucosa chamada endometrio. Na súa parte
                                                   endometrio
inferior estréitase formando o cérvix que comunica coa vaxina.
 Vaxina: conduto musculosos e elástico que comunica o útero co exterior.
Posúe glándulas que segregan substancias lubricantes para facilitar a
penetración. Na entrada existe unha pequena membrana incompleta ( Himen)
                                                                      Himen
que racha durante as primeiras relacións sexuais.
  Vulva: constitúe o órgano xenital externo da muller. Presenta pregamentos
cutáneos (labios maiores e menores) entre os que se atopa o clítoris (órgano
                            menores
moi sensible formado por un tecido eréctil similar ao do pene).
Cuestión:
1. Cal é a relación na muller entre o aparello urinario e o reprodutor?
2. En que se diferenza, neste sentido, do que ocorre no home?
Hixiene no aparello reprodutor feminino


  Limpeza regular dos xenitais, tendo en conta que o emprego excesivo de
xeles pode danar o medio natural da vaxina (característicamente ácido)
podendo favorecer a aparición de infeccións.
  Emprego de roupa natural que evite as alerxias na rexión vulvar.
  Cambio frecuente da compresa ou tampón durante a menstruación.
  Visita periódica o xinecólogo para o control do ciclo menstrual, o
desenvolvemento mamario e uterino, equilibrio hormonal...
  Hixiene diaria para evitar o paso de xermes dende o ano. A limpeza debe
ser de adianta cara atrás.
3.4. A FORMACIÓN DOS GAMETOS

 3.4.2. A formación de espermatozoides



Os espermatozoides, como xa dixemos, fórmanse nas paredes dos túbulos
seminíferos. O proceso completo dura uns 2 meses, e dende a pubertade
repítese ao longo da vida do home.
Os espermatozoides son de pequeño tamaño, moi móbiles e de vida curta
(viven entre 2-4 días no interior do útero da muller).
Constan dunha cabeza (onde reside o núcleo da célula e polo tanto, o
material xenético), un corpo intermedio (con numerosas mitocondrias) e
unha cola (o flaxelo que permite o seu movemento).
3.4. A FORMACIÓN DOS GAMETOS

3.4.2. A formación de espermatozoides


O seme emítese ao exterior a través da uretra durante a exaculación
(2-6 cm3 , entre 40-250 millóns de espermatozoides por cm 3), ésta
consiste na propulsión ( ata a 50 Km/h) a intervalos do seme, mediante
contraccións reflexas da musculatura abdominal, os condutos
deferentes e a próstata, acompañadas dunha sensación de pracer.
3.4. A FORMACIÓN DOS GAMETOS

3.4.2. A formación dos óvulos


Os óvulos fórmanse nos ovarios, como xa comentamos, a partir dos
folículos.
Os folículos de distintos tamaños corresponden con ovarios en distintos
graos de maduración.
Cando o folículo está maduro rompe a parede e libera o óvulo cara as
trompas de Falopio, a este proceso denomínaselle ovulación.
                                                 ovulación
Un óvulo é unha célula esférica, inmóbil e relativamente grande, xa que
acumula substancias nutritivas de reserva. Posúe un núcleo co seu material
xenético.
Rodeando ao óvulo hai unha serie de envolturas (zona pelúcida e coroa
radiata) que o protexen e producen mucosidade.
O Ciclo Ovárico

A ovulación é un proceso que sucede cada 28 días de xeito alterno en cada un
dos ovarios.
Está regulado polas hormonas sexuais (FSH, LH e proxesterona
principalmente) e a súa finalidade é a maduración e liberación dun óvulo cada
vez. A este proceso cíclico chámaselle ciclo ovárico e ten tres fases:
  Fase folicular (1º-14º día del ciclo): a FSH (hipófise) estimula os folículos.
Os ovarios producen estradiol (un estróxeno).
                    estradio
  Ovulación (12º-14º día): Coincide cun “pico” de LH (hipófise) que provoca a
liberación do óvulo do ovario. (días máis fértiles: 5 antes e 2 despois).
  Fase secretora (16º-28º): despois de expulsado o óvulo fórmase unha masa
de células (corpo lúteo amarelo) que produce e segrega proxesterona. Este
                                                       proxesterona
corpo dexenera en 10-12 días e deixa de producir proxesterona se non hai
fecundación.
O Ciclo Menstrual


De xeito paralelo ao ciclo ovárico as hormonas sexuais (estróxenos) preparan
as paredes internas do útero ante un posible embarazo.
O endometrio engrósase e recóbrese dunha mucosa rica en vasos sanguíneos.
Pola súa banda a proxesterona detén estos cambios e mantén na súa posició ao
endometrio.
Se o óvulo non é fecundado (entre outras cousas diminúen os niveis de
proxesterona) a mucosa uterina despréndese e sae ao exterior a través da
vaxina provocando unha pequena hemorraxia, a menstruación (dura
normalmente entre 3-5 días). Este proceso períodico recibe o nome de ciclo
menstrual ou uterino e tamén o podemolo dividir en tres fases: menstrual (1º-
4º), proliferativa o estroxénica (5º-13º) e secretora ou proxestacional (14º-
28º).
Ciclo Ovárico e Ciclo Menstrual
O Ciclo Menstrual

A primeira menstruación ocorre na pubertade (en media aos 12 anos) e
chámaselle menarquia.
É un proceso natural que marca o inicio da fertilidade da muller, aínda
que as primeiras regras, en moitas ocasións non están asociadas a ciclos
ováricos fértiles.
As mulleres ovulan durante 30-40 anos (perído fértil).
                                              fértil)
A etapa na que cesa a produción de óvulos ven marcada pola aparición de
alteracións hormonais (diminución na produción de estróxenos e
proxesterona) e denomínase menopausia. Nesta etapa as mulleres
                           menopausia
teñen diferentes efectos, xa que as hormonas sexuais tamén
desempeñan labores importantes noutros aspectos fisiolóxicos
(colesterol, prevención da osteoporose...). Algúns dos síntomas máis
habituais son os sofocos, a osteoporese, a sequedade vaxinal, depresión,
irritabilidade...
O Ciclo Menstrual



Se durante o ciclo hai fecundación, a produción de proxesterona continúa e
non se destrúe a mucosa uterina, polo que non hai menstruación.
  Dismenorrea: é o termo utilizado para definir as regras acompañadas de
  Dismenorrea
dor. Afecta ao 50% das mulleres e parace ser debido ao aumento das
prostaglandinas (similares a hormonas).
Para aliviar os síntomas son recomendables fármacos que inhiban a síntese
destas substancias, realizar exercicios moderados, diminuir o consumo de
tabaco e alcohol, tomar líquidos, aplicar calor, evitar as grasas, evitar os
picantes e a sal ...
3.5. O ACTO SEXUAL, A FECUNDACIÓN E O
               DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO


O acto sexual ou coito permite a fecundación. Consiste na penetración do
pene en erección no interior da vaxina.
Mediante determinados estímulos físicos e psíquicos achéganos ao pracer
sexual que desemboca na exaculación, no caso do home, e en contaccións
espasmódicas da vaxina e o útero, no caso da muller.
Ao momento culminante do pracer sexual denominámolo orgasmo.
                                                    orgasmo
A fecundación é a unión do óvulo e o espermatozoide. Esta fusión orixina o
zigoto que dará orixe, por sucesivas divisións, a un novo individuo.
A fecundación ten lugar nas trompas de Falopio. Para que isto suceda, os
espermatozoides depositados na vaxina no coito deben ascender polas
trompas ata atopar ao óvulo.
Trala fecundación o óvulo forma unha membrana impenetrable para os
demais espermatozoides.
O proceso de fecundación remata coa formación do cigoto.
3.5. O ACTO SEXUAL, A FECUNDACIÓN E O
                  DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO

As fases posteriores á formación do cigoto constitúen o desenvolvemento
embrionario.
O primeiro indicio que pode alertar dun embarazo e a falta de menstruación,
aínda que pequenos retrasos entran dentro do normal. Sen embargo, se a
amenorrea persiste no tempo o embarazo é unha posible causa. Outras
causas desta alteración son factores emocionais, menopausia, tumoracións,
problemas hormonais, lactancia...
Unha vez que se formou o cigoto, éste viaxa dende as trompas cara o útero
mentras se vai dividindo mitóticamente ate formar o embrión.
                                                    embrión
O embrión chega o útero nuns 7 días, todos os procesos sucedidos ate este
momento fixéronse a expensas das substancias nutritivas do óvulo, pero para
a continuidade do proceso é preciso que o embrión se implante nas paredes
do útero, é o aniñamento.
              aniñamento
Nalgúns casos, o cigoto pode non implantarse e prodúcese un aborto natura
que soe pasar desapercibido para a muller.
3.5. O ACTO SEXUAL, A FECUNDACIÓN E O
                 DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO


Tras o aniñamento, comeza o proceso de xestación, que durará unhas 40
                                         xestación
semanas. Durante este proceso o embrión sufrirá grandes cambios polos
procesos de diferenciación e especialización celular que orixinarán os novos
tecidos e órganos do feto en formación.
Tamén aparecerán as estruturas encargadas de protexelo ( amnios e líquido
amniótico) e de suministrarlle os nutrientes e retirar os refugallos ( placenta
amniótico
e cordón umbilical).
          umbilical
Considérase viable un feto cando xa ten 23 semanas. Aínda que actualmente
sácanse adiante feto de menos tempo, eso sí cun considerable soporte médico.
3.6. O PARTO

Trala xestación e mediante a regulación hipofisaria, o útero comeza a
realizar contraccións e prodúcese a dilatación do cérvix e da vaxina que
anuncian o nacemento nos próximos días.
Estas contaccións aumentan a súa intensidade e frecuencia ata romper a
bolsa amniótica ( rotura de augas).
                            augas
A partir de aquí quedan poucas horas para o nacemento.
A expulsión do feto a través da vaxina ven precedida de fortes
contraccións. O máis habitual e a saída ao exterior mostrando primeiro a
cabeza.
Tras a saída, córtase o cordón umbilical e colócaselle unha pinza.
Despois duns minutos sae tamén ao exterior a placenta e contráese o
útero detendo a hemorraxia.
Despois do parto a muller regresará ao seu estado fisiolóxico e emocional
normal lentamente.
As veces, hai depresión postparto, un certo estado de especial
                        postparto
sensibilidade que normalmente pasa nunhas semanas.
Por este motivo é esencial o apoio da parella.
4. TÉCNICAS ANTICONCEPTIVAS E REPRODUTIVAS


                 4.1. MÉTODOS ANTICONCEPTIVOS


A Declaración dos Dereitos Humanos de 1948 recolle o dereito a ter unha
planificación familiar.
Ter ou non fillos é unha decisión libre que non se debe ver influída pola
expresión da sexualidade.
Na antigüedade os métodos empregados eran, en xeral, moi pouco ou nada
efectivos; pero na actualidade os avances médicos, científicos e
tecnolóxicos permiten dispor dunha ampla variedade de métodos
anticonceptivos.
4.1.1. Clasificación dos métodos anticonceptivos

      4.1.1.1. Métodos anticonceptivos naturais


Baséanse no cálculo do período fértil do ciclo menstrual, é dicir a
ovulación, para evitar o coito neses días.
Estes métodos presentan unha baixa eficacia debido as alteracións
periódicas que fercuentemente ocorren no ciclo ovárico das mulleres (p.e.
por estrés, alteracións hormonais...)
Son exemplos:
 Oxino: Cálculo dos días fértiles a partir da observación dos ciclos
durante meses.
 Temperatura basal: Mide diariamente a temperatura corporal para
predicir a fertilidade polo aumento de temperatura.
 Billings: Observa cambios no fluxo vaxinal.
4.1.1. Clasificación dos métodos anticonceptivos

     4.1.1.1. Métodos anticonceptivos naturais


   Como se calculan os días fértiles?

 Anota o primeiro día de regra como dia 1 do ciclo. As anotacións
deben ser ao longo de polo menos 12 meses.
 Conta o nº de días que dura o teu ciclo máis longo e o máis curto.
 Resta 11 ao nº de días do ciclo máis longo e 18 do nº de días do
ciclo máis breve.
 Os días comprendidos entre esas dúas cifras son os máis
fértiles.

 Exemplo: Ciclo curto= 26 días e ciclo longo= 31
 31-11= 20 e 26-18= 8
 Os días máis fértiles son entre o 8 e 20 do ciclo desta muller.
4.1.1. Clasificación dos métodos anticonceptivos

      4.1.1.2. Métodos anticonceptivos artificiais


O seu obxectivo é impedir a fecundación, incluso nos días fértiles.
Neste grupo varía moito a súa eficacia e modo de actuación.
Podémolos subdividir en:
 De Barreira e químicos: impiden o encontro entre os gametos.
 Dispositivos intrauterinos: impiden o aniñamento do zigoto e actúan
tamén como espermicidas.
 Métodos cirúrxicos: impiden mediante técnicas cirúrxicas o encontro
entre gametos.
4.1.1. Clasificación dos métodos anticonceptivos
4.1.1. Clasificación dos métodos anticonceptivos
4.1.2. Que debemos ter en conta na elección dun anticonceptivo



A hora de escoller un método anticonceptivo débense ter en conta diversos
factores: a idade da muller, antecedentes médicos, eficacia do método...
Pero antes de todo isto debemos aclarar que existen formas de control da
natalidade que non poden ser consideradas métodos anticonceptivos pola súa
dubidosa eficacia:
  Coitus interuptus
  Realizalo coito durante a menstruación
  Os lavados vaxinais tras o acto sexual
  A utilización de distintas posturas durante o coito
  Practicalo coito por primeira vez
  A ausencia do orgasmo da muller
  Practicalo acto sexual durante a lactancia
4.1.2. Que debemos ter en conta na elección dun anticonceptivo



Debemos ter claro que non existe ningún método que sexa perfecto e
vaia ben a todas as parellas.
Son os membros dunha parella conxuntamente os que deben decidir e é
convinte consultar cun especialista (Planificación familiar) as
posibilidades que existen.
En xeral un método anticonceptivo debe ser:
 Seguro e eficaz
 Aceptado polos membros da parella
 Económico
 Sen efectos ou cos mínimos efectos secundarios
 Reversible
4.1.2. Que debemos ter en conta na elección dun anticonceptivo


Tamén deberíamos ter en conta:
 Se a parella é estable ou si só ten contactos esporádicos. P.e. O DIU non
sería recomendable para unha parella pouco estable, sendo máis indicado o
uso do preservativo ou dos espermicidas. Ademais os condóns protexen das
ETS.
 Idade da muller. P.e. Non debe empregarse a pílula ata que pasen tres anos
da menarquía e tampouco é indicada para mulleres que pasen dos 40 anos ou
con problemas circulatorios.
 Mulleres sen fillos. Neste caso non é recomendable o DIU.
 Mulleres con ciclo irregular. Pouco indicada a abstinencia periódica.
 Os métodos irreversibles na maioría dos casos, como son a vasectomia ou a
ligadura de trompas, precisan dunha gran madurez, e polo tanto, de certa
idade para estar seguros da decisión a tomar.
Cuestións:
1. Elabora unha listaxe dos anticonceptivos segundo a súa
idioneidade no control de embarazos nos adolescentes.
2. Cales cres que son os métodos máis usados entre os xóvenes?
3. Elabora unha listaxe sobre os inconvintes dun embarazo entre
adolescentes.
4. TÉCNICAS ANTICONCEPTIVAS E REPRODUTIVAS


         4.1. ESTERILIDADE E TÉCNICAS REPRODUTIVAS


Unha de cada dez parella españolas presenta problemas de fertilidade.
  Esterilidade: considérase a unha parella estéril, cando tras unha ano
de relacións sexuais sen usar ningún tipo de método anticonceptivo non
acada o embarazo.
A esterilidade pode ser masculina ou feminina.

         Esterilidade masculina                  Esterilidade feminina

       Nº baixo espermatozoides         Ausencia ou problemas de ovulación

     Espermatozoides defectuosos             Obstrucción de trompas

           Incompatibiliadade           Anomalías uterinas que dificultan a
     espermatozoide-moco vaxinal                     implantación
4. TÉCNICAS ANTICONCEPTIVAS E REPRODUTIVAS


          4.1. ESTERILIDADE E TÉCNICAS REPRODUTIVAS

Cando existe esterilidade, a procreación non é posible de xeito natural.
Na actualidade existen técnicas de reprodución asistida que poden chegar a
permitir a concepción.


    Técnicas de reprodución asistida
 1. Estimulación Hormonal
 2. Inseminación Artificial
 3. Fecundación in vitro
 4. Transferencia de gametos
4. TÉCNICAS ANTICONCEPTIVAS E REPRODUTIVAS


          4.1. ESTERILIDADE E TÉCNICAS REPRODUTIVAS


 Estimulación Hormonal: Algunhas mulleres presentan alteracións hormonais
e ovulan irregularmente dificultando a posibilidade dun embarazo.
Coa administración de hormonas estimulantes dos ovarios e posible regular a
produción de óvulos e aumentar as posibilidades de embarazo.
 Inseminación Artificial: Aplicada cando hai un número pequeño de
espermatozoides ou teñen pouca mobilidade; tamén no caso de problemas do
cérvix.
Consiste en introducir, por medio dunha xiringa, os espermatozoides no útero
durante o período próximo á ovulación.
O seme pode proceder da parella ou dun banco de seme.
                                                seme
Antes de aplicar esta técnica é preciso someter a muller a un tratamento
hormonal para estimular a ovulación.
4. TÉCNICAS ANTICONCEPTIVAS E REPRODUTIVAS


        4.1. ESTERILIDADE E TÉCNICAS REPRODUTIVAS


 Fecundación in vitro: A fecundación sucede fora do corpo da muller, nunha
placa de vidrio, onde se poñen en contacto óvulos e espermatozoides.
Tamén precisa estimulación hormonal previa para facilitar a ovulación.
A extracción realízase mediante unha punción no ovario.
Trala fecundación, transfírense algúns ovocitos (embrións incipientes) á
muller. Os que sobran resérvanse en nitróxeno líquido a -196ºC nun banco de
embrións.
Os nenos nacidos por esta técnica coñécense como “nenos probeta”.
 Transferencia de gametos: extráense óvulos e espermatozoides e
introdúcense nas trompas de Falopio para que suceda a fecundación.
4. TÉCNICAS ANTICONCEPTIVAS E REPRODUTIVAS


           4.1. ESTERILIDADE E TÉCNICAS REPRODUTIVAS



A lei actual en España é a lei de reprodución asistida 14/2006 que
modifica a anterior do ano 98.
As principais aportacións desta lei son:
- Permite seleccionar xenéticamente embrións para curar a terceiras
persoas.
- Suprime a limitación de 3 ovocitos.
- Permite donar os embrións para investigación.
5. O ABORTO


Durante as primeiras semanas do embarazo poden producirse alteracións na
xestación que ocasionan que se interrompa, de xeito natural, o embarazo
( aborto espontáneo).
         espontáneo
Este aborto pode ter varias causas:
  Inviabilidade do cogoto
  Infeccións
  Exercicios violentos
  Esforzos físicos
  Disgustos traumáticos...
5. O ABORTO



A interrupción do embarazo tamén pode ser provocado cando a muller non
quere continuar coa xestación (aborto incluido).
                                      incluido
En España rixe na actualidade a a Interrupción Voluntaria do embarazo
(IVE) ríxese pola Lei da salud sexual e reprodutiva 2/2010.
Nesta lei establécese a posibilidade, por parte da muller, de abortar nas
primeiras 14 semanas de xestación.
Asi mesmo é posible alongar este período ata as 22 semanasen casos de
«graves riscos para a vida ou a saúde da nai ou do feto». A partir da vixésima
segunda semana, so se poderá interrumpir o embarazo en dous supostos: que
«se detecten anomalías no feto incompatibles coa vida» ou que «se detecte
no feto unha enfermedade extremadamente grave e incurable no momento do
diagnóstico e así o confirme un comité clínico.
6. NATALIDADE E POBOACIÓN

                 6.1. EXPLOSIÓN DEMOGRÁFICA

Unha explosión demográfica é o aumento elevado nun curto período de
tempo da poboación humana.
Como xa comentamos noutro tema, a máis importante sucede a partir dos
últimos 200 anos consecuencia primeiro da Revolución Industrial do XIX e
dos avances científico-tecnolóxicos e médicos a partir dos anos 20.
Nestes últimos 200 anos pasamos de 1800 millóns de habitantes no planeta
ás 7000 millóns de persoas que o habitamos na actualidade.
Thomas Malthus (demógrafo) decía no século XIX: “a capacidade de
crecemento da poboación humana é infinitamente superior a capacidade de
producir alimentos”.
Por sorte para nós, Malthus non podía predecir os increíbles avances
científicos do século posterior que permitirían o cambio a unha produción
alimentaria industrializada.
6. NATALIDADE E POBOACIÓN

               6.1. EXPLOSIÓN DEMOGRÁFICA

Sen embargo, non debemos perder de vista a realidade.
En primeiro lugar porque a poboación humana segue a crecer a un
ritmo exaserado (76 millóns/ano); e en segundo lugar porque os
avances tecnolóxicos que nos permitiron ate agora producir máis
recursos e aumentar a nosa esperanza de vida teñen consecuencias
negativas como falaremos máis adiante.
Faise necesario establecer dende xa políticas de control da
natalidade que nos permitan mellorar a calidade de vida de todas as
persoas vivan onde vivan e diminuír a presión ecolóxica sobre o noso
planeta.
6. NATALIDADE E POBOACIÓN

                     6.2. CONTROL DA NATALIDADE

Na actualidade o 98% do crecemento poboacional dase nos países en vías de
desenvolvemento. Ésto provoca grandes desigualdades sociais e implica enormes
impactos ambientais.
Nalgúns países (China, India...) aplícanse medidas moi drásticas, como a famosa
medida china unha parella-un fillo que lles permitíu reducir de 6 a 3 fillos por
muller a taxa reprodutiva nos últimos anos.
Outros países, cunha política máis social (Taiwán, México...) tamén conseguiron
unha diminución, aínda que máis paulatina, do incremento poboacional baseando a
súa estratexia en mellorar a sistencia sanitaria, a educación e as oportunidades
económicas e facilitando o acceso a información e a métodos anticonceptivos.
De todos os xeitos, persisten todavía grandes atrancos culturales, relixiosos e
económicos en moitos países para o control da natalidade.
6. NATALIDADE E POBOACIÓN

                   6.3. PREVISIÓNS DE FUTURO


A ONU estima que no ano 2050 a poboación poderá estar entre os 9000 e os
11200 millóns de persoas.
Na actualidade África é o continente que máis aumenta a súa poboación (26%)
mentras que Europa é o único que decrece (-1,6%).
No 2050 o reparto poboacional cambiará e haberá máis persoas nos países en
vías de desenvolvemento (países africanos, China e India) que nos desenvolvidos.
A máis longo prazo é máis dificil de predecir, sobre todo como serán as taxas de
fecundación, pero a ONU establace que no 2150 a poboación moverase entre os
3600 millóns e os 27000 millóns.
Por que esta diferenza entre seguir crecendo ou decrecer?
6. NATALIDADE E POBOACIÓN

                  6.3. PREVISIÓNS DE FUTURO



A razón é evidentemente a taxa reprodutiva. Se ronda os 2 fillos/muller
seremos uns 10800 millóns, se algo maior, pongamos uns 2,6 fillos/muller,
chegaríamos aos 27000 millóns; pero si como parecen indicar as
proxeccións a taxa vese reducida aos 1,6 fillos/muller a poboación
decrecería..
Sen embargo, aínda que as prediccións se cumplan é probable que este
descenso chege demasiado tarde.
6. NATALIDADE E POBOACIÓN

          6.4. POR QUE CONTROLAR A NATALIDADE?


Porque este crecemento demográfico desmedido está a provocar
desigualdades sociais e desequilibrios medioambientais importantes.
Dende o punto de vista socioeconómico crecen as desigualdades porque son
precisamente os países pobres os que teñen máis habitantes, pero menos
recursos ou cando menos mal repartidos.
Dende o punto de vista medioambiental, hai múltiples efectos e en boa
parte os países en vías de desenvolvemento vense afectados en maior
medida por diversas causas: falta de planificación naxestión de recursos,
políticas medioambientais inexistentes, tecnoloxías pouco respetuosas co
medio... En certa medida, é lóxica esta situación, xa que a súa prioridade a
curto plazo e obter recursos.
6. NATALIDADE E POBOACIÓN

          6.4. POR QUE CONTROLAR A NATALIDADE?


Ao fío de todo isto convén lembrar a famosa frase que dixo Indira
Gandhi na Conferencia de Nacións Unidas en Estocolmo no 72 en
referencia a demanda dos países ricos do control da contaminación
polos países pobres: “A pobreza é a peor forma de contaminación”.
En referencia a que, sen resolvero drama da pobreza non se poden
resolver os problemas medioambientais, e tamén como non, como
crítica ao cinismo dos países ricos que se aproveitan dos recursos dos
países subdesenvolvidos, pero non se responsabilizan dos efectos
negativos para as persoas e o medio que supón este feito.
Bibliografía:
- Ástor Camino, Xulio, et al. 1999. “Ciencias medioambientais e da saúde”.
Edicións Xerais de Galicia.Vigo.
- Cabrera Calero, Antonio Mª e Sanz Esteban, Miguel. 2002. “Bioloxia e
Xeoloxía-3º Secundaria”. Proxecto Exedra. Oxford Educación. Madrid.

Webgrafía:
www.acog.org
aparellreproductor.webnode.es  
biologia-lacienciadelavida.blogspot.com  
www.educarchile.cl
www.embarazoymaternidad.info
www. enzocards.blogspot.com
www.fertilab.net  
www.gallospedragliofarm.com
gsdl.bvs.sld.cu
http://humavsnnature.webnode.com.co/ekologia/crecimiento-poblacional-humano/
ies.rayuela.mostoles.educa.madrid.org
recursos.cnice.mec.es  
health.shorehealth.org
scielo.isciii.es
shabias.blogspot.com  
www.wikipedia.org

Mais conteúdo relacionado

Destaque (9)

A célula unidade de vida
A célula unidade de vidaA célula unidade de vida
A célula unidade de vida
 
Base química da vida iii lipidos
Base química da vida iii lipidosBase química da vida iii lipidos
Base química da vida iii lipidos
 
Base química da vida ii glicidos
Base química da vida ii glicidosBase química da vida ii glicidos
Base química da vida ii glicidos
 
Nutrición i
Nutrición iNutrición i
Nutrición i
 
División celular
División celularDivisión celular
División celular
 
Célula ii
Célula iiCélula ii
Célula ii
 
Base química da vida v ácidos nucleicos
Base química da vida v ácidos nucleicosBase química da vida v ácidos nucleicos
Base química da vida v ácidos nucleicos
 
Base química da vida iv proteínas
Base química da vida iv proteínasBase química da vida iv proteínas
Base química da vida iv proteínas
 
Normalización.pptx
 Normalización.pptx  Normalización.pptx
Normalización.pptx
 

Semelhante a Sexualidade parte ii

A reprodución nos animais
A reprodución nos animaisA reprodución nos animais
A reprodución nos animaisirenetraba
 
As funcións en animais
As funcións en animaisAs funcións en animais
As funcións en animaisirenetraba
 
Aparello reprodutor remat
Aparello reprodutor rematAparello reprodutor remat
Aparello reprodutor rematLOPEZMOURENZA
 
A reprodución humana
A reprodución humanaA reprodución humana
A reprodución humanairenetraba
 
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humanoTema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humanomontx189
 
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humanoTema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humanocolegiominmaculada
 
Tema 1 a organizacion do corpo humano
Tema 1 a organizacion do corpo humanoTema 1 a organizacion do corpo humano
Tema 1 a organizacion do corpo humanocolegiominmaculada
 
As funcións de nutrición
As funcións de nutriciónAs funcións de nutrición
As funcións de nutriciónLOPEZMOURENZA
 
Sistema Endócrino e Aparello Locomotor
Sistema Endócrino e Aparello LocomotorSistema Endócrino e Aparello Locomotor
Sistema Endócrino e Aparello Locomotorirenetraba
 

Semelhante a Sexualidade parte ii (20)

Reproducción humana 2017
Reproducción humana 2017Reproducción humana 2017
Reproducción humana 2017
 
A reprodución nos animais
A reprodución nos animaisA reprodución nos animais
A reprodución nos animais
 
Nutricion
NutricionNutricion
Nutricion
 
As funcións en animais
As funcións en animaisAs funcións en animais
As funcións en animais
 
Aparello reprodutor remat
Aparello reprodutor rematAparello reprodutor remat
Aparello reprodutor remat
 
Tema 8. Funcións Vitais dos Animais
Tema 8. Funcións Vitais dos AnimaisTema 8. Funcións Vitais dos Animais
Tema 8. Funcións Vitais dos Animais
 
Reprodución animal
Reprodución animalReprodución animal
Reprodución animal
 
A reprodución humana
A reprodución humanaA reprodución humana
A reprodución humana
 
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humanoTema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
 
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humanoTema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
 
Seres vivos 5ºB
Seres vivos 5ºBSeres vivos 5ºB
Seres vivos 5ºB
 
Tema 1 a organizacion do corpo humano
Tema 1 a organizacion do corpo humanoTema 1 a organizacion do corpo humano
Tema 1 a organizacion do corpo humano
 
As funcións de nutrición
As funcións de nutriciónAs funcións de nutrición
As funcións de nutrición
 
A nutrición
A nutriciónA nutrición
A nutrición
 
A nutrición
A nutriciónA nutrición
A nutrición
 
A nutrición
A nutriciónA nutrición
A nutrición
 
Órganos e aparellos en animais (introdutorio)
Órganos e aparellos en animais (introdutorio)Órganos e aparellos en animais (introdutorio)
Órganos e aparellos en animais (introdutorio)
 
Sistema Endócrino e Aparello Locomotor
Sistema Endócrino e Aparello LocomotorSistema Endócrino e Aparello Locomotor
Sistema Endócrino e Aparello Locomotor
 
Nutrición ii
Nutrición iiNutrición ii
Nutrición ii
 
Nutrición animais
Nutrición animaisNutrición animais
Nutrición animais
 

Mais de Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.

Mais de Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia. (20)

Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Capas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardosCapas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardos
 
Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera
 
O universo e a terra
O universo e a terraO universo e a terra
O universo e a terra
 
A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
A nosa especie mugardos
 
Inmunoloxía
InmunoloxíaInmunoloxía
Inmunoloxía
 
Microorganismos
MicroorganismosMicroorganismos
Microorganismos
 
Evolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboaciónsEvolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboacións
 
Enxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutaciónsEnxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutacións
 
Relación i
Relación iRelación i
Relación i
 
Xenética molecular
Xenética molecularXenética molecular
Xenética molecular
 
Xenética mendeliana
Xenética mendelianaXenética mendeliana
Xenética mendeliana
 
Reprodución celular
Reprodución celularReprodución celular
Reprodución celular
 
Metabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismoMetabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismo
 
Metabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismoMetabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismo
 
Metabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimasMetabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimas
 
Nutrición vexetais
Nutrición vexetaisNutrición vexetais
Nutrición vexetais
 
Célula iii
Célula iiiCélula iii
Célula iii
 
A nosa especie
A nosa especieA nosa especie
A nosa especie
 
Base química da vida i
Base química da vida iBase química da vida i
Base química da vida i
 

Sexualidade parte ii

  • 2. 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.1. A REGULACIÓN DAS HORMONAS SEXUAIS  Concepto de Hormona: substancias químicas producidas en glándulas Hormona especializadas (glándulas endócrinas) que son transportadas pola sangue endócrinas ate o lugar do corpo onde exercen a súa función (órganos e células diana). diana A Regulación Hormonal: dentro dos distintos tipos de hormonas que existen, Hormonal as hormonas sexuais son as responsables dos cambios anatómicos e fisiolóxicos que se producen durante o desenvolvemento sexual. Durante a pubertade o hipotálamo comeza a segregar hormonas que estimulan a hipófese. A súa vez a estimulación da hipófese provoca a produción doutras hormonas (hormonas estimulantes: SH) que viaxan pola sangue ata os ovarios e os testículos. Grazas ás hormonas hipofisarias os ovarios comezan a producir óvulos e hormonas sexuais femininas (estróxenos e proxesterona) e os testículos proxesterona producen espermatozoides e as hormonas sexuais masculinas (andróxenos: o máis importante é a testosterona). testosterona
  • 3. 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.1. A REGULACIÓN DAS HORMONAS SEXUAIS Os estróxenos producen e manteñen os caracteres sexuais femininos e regulan o ciclo menstrual. Asi mesmo, a proxesterona permite a implantación do embrión no útero, e dicir, prepara o aparello reprodutor para a xestación. Os andróxenos, principalmente a testosterona, producen e manteñen os caracteres sexuais masculinos.
  • 4. 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.1. A REGULACIÓN DAS HORMONAS SEXUAIS
  • 5. 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.1. A REGULACIÓN DAS HORMONAS SEXUAIS Cambios nos adolescentes Homes:  Aumento do tamaño dos órganos sexuais.  Aparece o pelo corporal e a barba.  Increméntase a masa muscular.  Voz máis grave.  Primeiras exaculacións.  Aumenta a secrección de grasa: acné.
  • 6. 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.1. A REGULACIÓN DAS HORMONAS SEXUAIS Cambios nos adolescentes Mulleres:  Aumento dos órganos sexuais.  Ensanchamento das cadeiras e desenvolvemento das mamas.  Aparece o velo púbico e nas axilas.  Prodúcense as primeiras regras. Aumenta o contido de grasa nas coxas.
  • 7. 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.2. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO É o encargado de producir as hormonas sexuais masculinas (andróxenos) e os espermatozoides (gametos masculinos). Ten tamén a función de levar a cabo a cópula, permitindo así a fecundación. Falaremos a continuación das distintas partes que diferenciamos neste aparello: testículos, vías reprodutoras, pene e glándulas anexas. 3.2.1. Testículos Son as gónadas masculinas. Formadas por uns condutos numerosos e enrolados chamados túbulos seminíferos en cuxas paredes fórmanse os espermatozoides. Hai tamén células produtoras de hormonas sexuais. Os testículos están fora da cavidade abdominal recubertos dun repregamneto da pel chamado escroto. escroto
  • 8.
  • 9. 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.2. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO 3.2.2. As vías reprodutoras Son os condutos que recollen o transportan os espermatozoides cara o exterior. Son:  Epidídimo: conduto que é a confluencia dos túbulos seminiferos de cada testículo. É o lugar de maduración.  Conduto deferente: continúa o epidídimo e ascende cara o interior do abdome. Serve de almacén para os espermatozoides (42 días).  Urétra: conduto compartido co aparello excretor. A última parte discorre polo interior do pene.
  • 10. 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.2. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO 3.2.3. Pene É o órgano copulador masculino. Formado por dúas masas esponxosas eréctis chamadas corpos cavernosos, situados por cavernosos enriba da uretra. Cando existe excitación rechéase de sangue permitindo a erección e facilitando a penetración na vaxina durante o coito. A parte final do pene dilátase formando o glande que posúe numerosas terminacións nerviosas. É o lugar de saída do aparello reprodutor e urinario. O prepucio é un pequeno repregue de pel fina que protexe o glande. Cando está estreitado fálase de fimose. O prepucio pode eliminarse cirúrxicamente: circuncisión
  • 11. 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.2. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO 3.2.4. Glándulas Asociado ao aparello reprodutor hai glándulas que participan na composición final do seme ou que facilitan coas súas secreccións a penetración.  Vesículas seminais: dúas glándulas situadas detrás da vexiga urinaria. Desembocan aos condutos deferentes. Producen líquido espermático (nutrientes para os espermatozoides).  Próstata: situada baixo a vexiga, produce o líquido prostático (protexe da acidez da vaxina aos espermatozoides e favorece a súa mobilidade).  Glándulas de Cowper: dúas glándulas na base do pene. Segregan líquido lubricante que facilita a penetración.
  • 12.
  • 13. Cuestións: 1. Coñeces algunha razón pola que os testículos teñan que estar fora da cavidade abdominal? 2. Sabes por que non é posible unha exaculación e o acto da micción simultaneamente? 3. Os pantalóns axustados usados de xeito continuado poden ocasionar esterilidade temporal. Cal cre que pode ser a razón? 4. A partir de certa idade a próstata pode aumentar de tamaño. Que consecuencias pode ter esta anomalía?
  • 14. Hixiene do aparello reprodutor masculino Limpeza diaria do glande, retirando o prepucio, con xeles con pH neutro para a pel. Evitar roupa axustada que impida os movementos naturais dos testículos. Revisións médica para comprobar o desenvolvemento natural dos testículos e o pene, fimose e outras problemáticas (p.e. infeccións urinarias...)
  • 15. 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.2. APARELLO REPRODUTOR FEMININO 3.3.1. Os ovarios Son as gónadas do aparello reprodutor feminino. Producen os óvulos e as hormonas femininas. Na parte externa dos ovarios (cortiza) atópanse os folículos ováricos que é onde se forman os óvulos. A medida que nos achegamos a superficie do ovario, os folículos son máis grandes (folículos de Graaf) e conteñen óvulos xa preparados para ser expulsados.
  • 16. 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.2. APARELLO REPRODUTOR FEMININO 3.3.2. As vías reprodutoras Son os condutos que interveñen na fecundación e na xestación.  Trompas de Falopio: dous condutos cunha abertura con forma de funil que recollen os óvulos liberados polos ovarios e os transportan mediante cilios das súas paredes ata o útero. É o lugar habitual da fecundación.  Útero: cavidade na que desembocan as trompas, posúe unha gran capa muscular e está tapizado por unha mucosa chamada endometrio. Na súa parte endometrio inferior estréitase formando o cérvix que comunica coa vaxina.  Vaxina: conduto musculosos e elástico que comunica o útero co exterior. Posúe glándulas que segregan substancias lubricantes para facilitar a penetración. Na entrada existe unha pequena membrana incompleta ( Himen) Himen que racha durante as primeiras relacións sexuais. Vulva: constitúe o órgano xenital externo da muller. Presenta pregamentos cutáneos (labios maiores e menores) entre os que se atopa o clítoris (órgano menores moi sensible formado por un tecido eréctil similar ao do pene).
  • 17.
  • 18.
  • 19. Cuestión: 1. Cal é a relación na muller entre o aparello urinario e o reprodutor? 2. En que se diferenza, neste sentido, do que ocorre no home?
  • 20. Hixiene no aparello reprodutor feminino Limpeza regular dos xenitais, tendo en conta que o emprego excesivo de xeles pode danar o medio natural da vaxina (característicamente ácido) podendo favorecer a aparición de infeccións. Emprego de roupa natural que evite as alerxias na rexión vulvar. Cambio frecuente da compresa ou tampón durante a menstruación. Visita periódica o xinecólogo para o control do ciclo menstrual, o desenvolvemento mamario e uterino, equilibrio hormonal... Hixiene diaria para evitar o paso de xermes dende o ano. A limpeza debe ser de adianta cara atrás.
  • 21. 3.4. A FORMACIÓN DOS GAMETOS 3.4.2. A formación de espermatozoides Os espermatozoides, como xa dixemos, fórmanse nas paredes dos túbulos seminíferos. O proceso completo dura uns 2 meses, e dende a pubertade repítese ao longo da vida do home. Os espermatozoides son de pequeño tamaño, moi móbiles e de vida curta (viven entre 2-4 días no interior do útero da muller). Constan dunha cabeza (onde reside o núcleo da célula e polo tanto, o material xenético), un corpo intermedio (con numerosas mitocondrias) e unha cola (o flaxelo que permite o seu movemento).
  • 22.
  • 23. 3.4. A FORMACIÓN DOS GAMETOS 3.4.2. A formación de espermatozoides O seme emítese ao exterior a través da uretra durante a exaculación (2-6 cm3 , entre 40-250 millóns de espermatozoides por cm 3), ésta consiste na propulsión ( ata a 50 Km/h) a intervalos do seme, mediante contraccións reflexas da musculatura abdominal, os condutos deferentes e a próstata, acompañadas dunha sensación de pracer.
  • 24. 3.4. A FORMACIÓN DOS GAMETOS 3.4.2. A formación dos óvulos Os óvulos fórmanse nos ovarios, como xa comentamos, a partir dos folículos. Os folículos de distintos tamaños corresponden con ovarios en distintos graos de maduración. Cando o folículo está maduro rompe a parede e libera o óvulo cara as trompas de Falopio, a este proceso denomínaselle ovulación. ovulación Un óvulo é unha célula esférica, inmóbil e relativamente grande, xa que acumula substancias nutritivas de reserva. Posúe un núcleo co seu material xenético. Rodeando ao óvulo hai unha serie de envolturas (zona pelúcida e coroa radiata) que o protexen e producen mucosidade.
  • 25. O Ciclo Ovárico A ovulación é un proceso que sucede cada 28 días de xeito alterno en cada un dos ovarios. Está regulado polas hormonas sexuais (FSH, LH e proxesterona principalmente) e a súa finalidade é a maduración e liberación dun óvulo cada vez. A este proceso cíclico chámaselle ciclo ovárico e ten tres fases: Fase folicular (1º-14º día del ciclo): a FSH (hipófise) estimula os folículos. Os ovarios producen estradiol (un estróxeno). estradio Ovulación (12º-14º día): Coincide cun “pico” de LH (hipófise) que provoca a liberación do óvulo do ovario. (días máis fértiles: 5 antes e 2 despois). Fase secretora (16º-28º): despois de expulsado o óvulo fórmase unha masa de células (corpo lúteo amarelo) que produce e segrega proxesterona. Este proxesterona corpo dexenera en 10-12 días e deixa de producir proxesterona se non hai fecundación.
  • 26. O Ciclo Menstrual De xeito paralelo ao ciclo ovárico as hormonas sexuais (estróxenos) preparan as paredes internas do útero ante un posible embarazo. O endometrio engrósase e recóbrese dunha mucosa rica en vasos sanguíneos. Pola súa banda a proxesterona detén estos cambios e mantén na súa posició ao endometrio. Se o óvulo non é fecundado (entre outras cousas diminúen os niveis de proxesterona) a mucosa uterina despréndese e sae ao exterior a través da vaxina provocando unha pequena hemorraxia, a menstruación (dura normalmente entre 3-5 días). Este proceso períodico recibe o nome de ciclo menstrual ou uterino e tamén o podemolo dividir en tres fases: menstrual (1º- 4º), proliferativa o estroxénica (5º-13º) e secretora ou proxestacional (14º- 28º).
  • 27. Ciclo Ovárico e Ciclo Menstrual
  • 28. O Ciclo Menstrual A primeira menstruación ocorre na pubertade (en media aos 12 anos) e chámaselle menarquia. É un proceso natural que marca o inicio da fertilidade da muller, aínda que as primeiras regras, en moitas ocasións non están asociadas a ciclos ováricos fértiles. As mulleres ovulan durante 30-40 anos (perído fértil). fértil) A etapa na que cesa a produción de óvulos ven marcada pola aparición de alteracións hormonais (diminución na produción de estróxenos e proxesterona) e denomínase menopausia. Nesta etapa as mulleres menopausia teñen diferentes efectos, xa que as hormonas sexuais tamén desempeñan labores importantes noutros aspectos fisiolóxicos (colesterol, prevención da osteoporose...). Algúns dos síntomas máis habituais son os sofocos, a osteoporese, a sequedade vaxinal, depresión, irritabilidade...
  • 29. O Ciclo Menstrual Se durante o ciclo hai fecundación, a produción de proxesterona continúa e non se destrúe a mucosa uterina, polo que non hai menstruación. Dismenorrea: é o termo utilizado para definir as regras acompañadas de Dismenorrea dor. Afecta ao 50% das mulleres e parace ser debido ao aumento das prostaglandinas (similares a hormonas). Para aliviar os síntomas son recomendables fármacos que inhiban a síntese destas substancias, realizar exercicios moderados, diminuir o consumo de tabaco e alcohol, tomar líquidos, aplicar calor, evitar as grasas, evitar os picantes e a sal ...
  • 30. 3.5. O ACTO SEXUAL, A FECUNDACIÓN E O DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO O acto sexual ou coito permite a fecundación. Consiste na penetración do pene en erección no interior da vaxina. Mediante determinados estímulos físicos e psíquicos achéganos ao pracer sexual que desemboca na exaculación, no caso do home, e en contaccións espasmódicas da vaxina e o útero, no caso da muller. Ao momento culminante do pracer sexual denominámolo orgasmo. orgasmo A fecundación é a unión do óvulo e o espermatozoide. Esta fusión orixina o zigoto que dará orixe, por sucesivas divisións, a un novo individuo. A fecundación ten lugar nas trompas de Falopio. Para que isto suceda, os espermatozoides depositados na vaxina no coito deben ascender polas trompas ata atopar ao óvulo. Trala fecundación o óvulo forma unha membrana impenetrable para os demais espermatozoides. O proceso de fecundación remata coa formación do cigoto.
  • 31. 3.5. O ACTO SEXUAL, A FECUNDACIÓN E O DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO As fases posteriores á formación do cigoto constitúen o desenvolvemento embrionario. O primeiro indicio que pode alertar dun embarazo e a falta de menstruación, aínda que pequenos retrasos entran dentro do normal. Sen embargo, se a amenorrea persiste no tempo o embarazo é unha posible causa. Outras causas desta alteración son factores emocionais, menopausia, tumoracións, problemas hormonais, lactancia... Unha vez que se formou o cigoto, éste viaxa dende as trompas cara o útero mentras se vai dividindo mitóticamente ate formar o embrión. embrión O embrión chega o útero nuns 7 días, todos os procesos sucedidos ate este momento fixéronse a expensas das substancias nutritivas do óvulo, pero para a continuidade do proceso é preciso que o embrión se implante nas paredes do útero, é o aniñamento. aniñamento Nalgúns casos, o cigoto pode non implantarse e prodúcese un aborto natura que soe pasar desapercibido para a muller.
  • 32.
  • 33. 3.5. O ACTO SEXUAL, A FECUNDACIÓN E O DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO Tras o aniñamento, comeza o proceso de xestación, que durará unhas 40 xestación semanas. Durante este proceso o embrión sufrirá grandes cambios polos procesos de diferenciación e especialización celular que orixinarán os novos tecidos e órganos do feto en formación. Tamén aparecerán as estruturas encargadas de protexelo ( amnios e líquido amniótico) e de suministrarlle os nutrientes e retirar os refugallos ( placenta amniótico e cordón umbilical). umbilical Considérase viable un feto cando xa ten 23 semanas. Aínda que actualmente sácanse adiante feto de menos tempo, eso sí cun considerable soporte médico.
  • 34.
  • 35. 3.6. O PARTO Trala xestación e mediante a regulación hipofisaria, o útero comeza a realizar contraccións e prodúcese a dilatación do cérvix e da vaxina que anuncian o nacemento nos próximos días. Estas contaccións aumentan a súa intensidade e frecuencia ata romper a bolsa amniótica ( rotura de augas). augas A partir de aquí quedan poucas horas para o nacemento. A expulsión do feto a través da vaxina ven precedida de fortes contraccións. O máis habitual e a saída ao exterior mostrando primeiro a cabeza. Tras a saída, córtase o cordón umbilical e colócaselle unha pinza. Despois duns minutos sae tamén ao exterior a placenta e contráese o útero detendo a hemorraxia. Despois do parto a muller regresará ao seu estado fisiolóxico e emocional normal lentamente. As veces, hai depresión postparto, un certo estado de especial postparto sensibilidade que normalmente pasa nunhas semanas. Por este motivo é esencial o apoio da parella.
  • 36.
  • 37. 4. TÉCNICAS ANTICONCEPTIVAS E REPRODUTIVAS 4.1. MÉTODOS ANTICONCEPTIVOS A Declaración dos Dereitos Humanos de 1948 recolle o dereito a ter unha planificación familiar. Ter ou non fillos é unha decisión libre que non se debe ver influída pola expresión da sexualidade. Na antigüedade os métodos empregados eran, en xeral, moi pouco ou nada efectivos; pero na actualidade os avances médicos, científicos e tecnolóxicos permiten dispor dunha ampla variedade de métodos anticonceptivos.
  • 38. 4.1.1. Clasificación dos métodos anticonceptivos 4.1.1.1. Métodos anticonceptivos naturais Baséanse no cálculo do período fértil do ciclo menstrual, é dicir a ovulación, para evitar o coito neses días. Estes métodos presentan unha baixa eficacia debido as alteracións periódicas que fercuentemente ocorren no ciclo ovárico das mulleres (p.e. por estrés, alteracións hormonais...) Son exemplos:  Oxino: Cálculo dos días fértiles a partir da observación dos ciclos durante meses.  Temperatura basal: Mide diariamente a temperatura corporal para predicir a fertilidade polo aumento de temperatura.  Billings: Observa cambios no fluxo vaxinal.
  • 39. 4.1.1. Clasificación dos métodos anticonceptivos 4.1.1.1. Métodos anticonceptivos naturais  Como se calculan os días fértiles?  Anota o primeiro día de regra como dia 1 do ciclo. As anotacións deben ser ao longo de polo menos 12 meses.  Conta o nº de días que dura o teu ciclo máis longo e o máis curto.  Resta 11 ao nº de días do ciclo máis longo e 18 do nº de días do ciclo máis breve.  Os días comprendidos entre esas dúas cifras son os máis fértiles. Exemplo: Ciclo curto= 26 días e ciclo longo= 31 31-11= 20 e 26-18= 8 Os días máis fértiles son entre o 8 e 20 do ciclo desta muller.
  • 40. 4.1.1. Clasificación dos métodos anticonceptivos 4.1.1.2. Métodos anticonceptivos artificiais O seu obxectivo é impedir a fecundación, incluso nos días fértiles. Neste grupo varía moito a súa eficacia e modo de actuación. Podémolos subdividir en:  De Barreira e químicos: impiden o encontro entre os gametos.  Dispositivos intrauterinos: impiden o aniñamento do zigoto e actúan tamén como espermicidas.  Métodos cirúrxicos: impiden mediante técnicas cirúrxicas o encontro entre gametos.
  • 41. 4.1.1. Clasificación dos métodos anticonceptivos
  • 42. 4.1.1. Clasificación dos métodos anticonceptivos
  • 43. 4.1.2. Que debemos ter en conta na elección dun anticonceptivo A hora de escoller un método anticonceptivo débense ter en conta diversos factores: a idade da muller, antecedentes médicos, eficacia do método... Pero antes de todo isto debemos aclarar que existen formas de control da natalidade que non poden ser consideradas métodos anticonceptivos pola súa dubidosa eficacia: Coitus interuptus Realizalo coito durante a menstruación Os lavados vaxinais tras o acto sexual A utilización de distintas posturas durante o coito Practicalo coito por primeira vez A ausencia do orgasmo da muller Practicalo acto sexual durante a lactancia
  • 44. 4.1.2. Que debemos ter en conta na elección dun anticonceptivo Debemos ter claro que non existe ningún método que sexa perfecto e vaia ben a todas as parellas. Son os membros dunha parella conxuntamente os que deben decidir e é convinte consultar cun especialista (Planificación familiar) as posibilidades que existen. En xeral un método anticonceptivo debe ser: Seguro e eficaz Aceptado polos membros da parella Económico Sen efectos ou cos mínimos efectos secundarios Reversible
  • 45. 4.1.2. Que debemos ter en conta na elección dun anticonceptivo Tamén deberíamos ter en conta: Se a parella é estable ou si só ten contactos esporádicos. P.e. O DIU non sería recomendable para unha parella pouco estable, sendo máis indicado o uso do preservativo ou dos espermicidas. Ademais os condóns protexen das ETS. Idade da muller. P.e. Non debe empregarse a pílula ata que pasen tres anos da menarquía e tampouco é indicada para mulleres que pasen dos 40 anos ou con problemas circulatorios. Mulleres sen fillos. Neste caso non é recomendable o DIU. Mulleres con ciclo irregular. Pouco indicada a abstinencia periódica. Os métodos irreversibles na maioría dos casos, como son a vasectomia ou a ligadura de trompas, precisan dunha gran madurez, e polo tanto, de certa idade para estar seguros da decisión a tomar.
  • 46. Cuestións: 1. Elabora unha listaxe dos anticonceptivos segundo a súa idioneidade no control de embarazos nos adolescentes. 2. Cales cres que son os métodos máis usados entre os xóvenes? 3. Elabora unha listaxe sobre os inconvintes dun embarazo entre adolescentes.
  • 47. 4. TÉCNICAS ANTICONCEPTIVAS E REPRODUTIVAS 4.1. ESTERILIDADE E TÉCNICAS REPRODUTIVAS Unha de cada dez parella españolas presenta problemas de fertilidade. Esterilidade: considérase a unha parella estéril, cando tras unha ano de relacións sexuais sen usar ningún tipo de método anticonceptivo non acada o embarazo. A esterilidade pode ser masculina ou feminina. Esterilidade masculina Esterilidade feminina Nº baixo espermatozoides Ausencia ou problemas de ovulación Espermatozoides defectuosos Obstrucción de trompas Incompatibiliadade Anomalías uterinas que dificultan a espermatozoide-moco vaxinal implantación
  • 48. 4. TÉCNICAS ANTICONCEPTIVAS E REPRODUTIVAS 4.1. ESTERILIDADE E TÉCNICAS REPRODUTIVAS Cando existe esterilidade, a procreación non é posible de xeito natural. Na actualidade existen técnicas de reprodución asistida que poden chegar a permitir a concepción. Técnicas de reprodución asistida 1. Estimulación Hormonal 2. Inseminación Artificial 3. Fecundación in vitro 4. Transferencia de gametos
  • 49. 4. TÉCNICAS ANTICONCEPTIVAS E REPRODUTIVAS 4.1. ESTERILIDADE E TÉCNICAS REPRODUTIVAS Estimulación Hormonal: Algunhas mulleres presentan alteracións hormonais e ovulan irregularmente dificultando a posibilidade dun embarazo. Coa administración de hormonas estimulantes dos ovarios e posible regular a produción de óvulos e aumentar as posibilidades de embarazo. Inseminación Artificial: Aplicada cando hai un número pequeño de espermatozoides ou teñen pouca mobilidade; tamén no caso de problemas do cérvix. Consiste en introducir, por medio dunha xiringa, os espermatozoides no útero durante o período próximo á ovulación. O seme pode proceder da parella ou dun banco de seme. seme Antes de aplicar esta técnica é preciso someter a muller a un tratamento hormonal para estimular a ovulación.
  • 50. 4. TÉCNICAS ANTICONCEPTIVAS E REPRODUTIVAS 4.1. ESTERILIDADE E TÉCNICAS REPRODUTIVAS Fecundación in vitro: A fecundación sucede fora do corpo da muller, nunha placa de vidrio, onde se poñen en contacto óvulos e espermatozoides. Tamén precisa estimulación hormonal previa para facilitar a ovulación. A extracción realízase mediante unha punción no ovario. Trala fecundación, transfírense algúns ovocitos (embrións incipientes) á muller. Os que sobran resérvanse en nitróxeno líquido a -196ºC nun banco de embrións. Os nenos nacidos por esta técnica coñécense como “nenos probeta”. Transferencia de gametos: extráense óvulos e espermatozoides e introdúcense nas trompas de Falopio para que suceda a fecundación.
  • 51. 4. TÉCNICAS ANTICONCEPTIVAS E REPRODUTIVAS 4.1. ESTERILIDADE E TÉCNICAS REPRODUTIVAS A lei actual en España é a lei de reprodución asistida 14/2006 que modifica a anterior do ano 98. As principais aportacións desta lei son: - Permite seleccionar xenéticamente embrións para curar a terceiras persoas. - Suprime a limitación de 3 ovocitos. - Permite donar os embrións para investigación.
  • 52. 5. O ABORTO Durante as primeiras semanas do embarazo poden producirse alteracións na xestación que ocasionan que se interrompa, de xeito natural, o embarazo ( aborto espontáneo). espontáneo Este aborto pode ter varias causas: Inviabilidade do cogoto Infeccións Exercicios violentos Esforzos físicos Disgustos traumáticos...
  • 53. 5. O ABORTO A interrupción do embarazo tamén pode ser provocado cando a muller non quere continuar coa xestación (aborto incluido). incluido En España rixe na actualidade a a Interrupción Voluntaria do embarazo (IVE) ríxese pola Lei da salud sexual e reprodutiva 2/2010. Nesta lei establécese a posibilidade, por parte da muller, de abortar nas primeiras 14 semanas de xestación. Asi mesmo é posible alongar este período ata as 22 semanasen casos de «graves riscos para a vida ou a saúde da nai ou do feto». A partir da vixésima segunda semana, so se poderá interrumpir o embarazo en dous supostos: que «se detecten anomalías no feto incompatibles coa vida» ou que «se detecte no feto unha enfermedade extremadamente grave e incurable no momento do diagnóstico e así o confirme un comité clínico.
  • 54. 6. NATALIDADE E POBOACIÓN 6.1. EXPLOSIÓN DEMOGRÁFICA Unha explosión demográfica é o aumento elevado nun curto período de tempo da poboación humana. Como xa comentamos noutro tema, a máis importante sucede a partir dos últimos 200 anos consecuencia primeiro da Revolución Industrial do XIX e dos avances científico-tecnolóxicos e médicos a partir dos anos 20. Nestes últimos 200 anos pasamos de 1800 millóns de habitantes no planeta ás 7000 millóns de persoas que o habitamos na actualidade. Thomas Malthus (demógrafo) decía no século XIX: “a capacidade de crecemento da poboación humana é infinitamente superior a capacidade de producir alimentos”. Por sorte para nós, Malthus non podía predecir os increíbles avances científicos do século posterior que permitirían o cambio a unha produción alimentaria industrializada.
  • 55. 6. NATALIDADE E POBOACIÓN 6.1. EXPLOSIÓN DEMOGRÁFICA Sen embargo, non debemos perder de vista a realidade. En primeiro lugar porque a poboación humana segue a crecer a un ritmo exaserado (76 millóns/ano); e en segundo lugar porque os avances tecnolóxicos que nos permitiron ate agora producir máis recursos e aumentar a nosa esperanza de vida teñen consecuencias negativas como falaremos máis adiante. Faise necesario establecer dende xa políticas de control da natalidade que nos permitan mellorar a calidade de vida de todas as persoas vivan onde vivan e diminuír a presión ecolóxica sobre o noso planeta.
  • 56. 6. NATALIDADE E POBOACIÓN 6.2. CONTROL DA NATALIDADE Na actualidade o 98% do crecemento poboacional dase nos países en vías de desenvolvemento. Ésto provoca grandes desigualdades sociais e implica enormes impactos ambientais. Nalgúns países (China, India...) aplícanse medidas moi drásticas, como a famosa medida china unha parella-un fillo que lles permitíu reducir de 6 a 3 fillos por muller a taxa reprodutiva nos últimos anos. Outros países, cunha política máis social (Taiwán, México...) tamén conseguiron unha diminución, aínda que máis paulatina, do incremento poboacional baseando a súa estratexia en mellorar a sistencia sanitaria, a educación e as oportunidades económicas e facilitando o acceso a información e a métodos anticonceptivos. De todos os xeitos, persisten todavía grandes atrancos culturales, relixiosos e económicos en moitos países para o control da natalidade.
  • 57.
  • 58. 6. NATALIDADE E POBOACIÓN 6.3. PREVISIÓNS DE FUTURO A ONU estima que no ano 2050 a poboación poderá estar entre os 9000 e os 11200 millóns de persoas. Na actualidade África é o continente que máis aumenta a súa poboación (26%) mentras que Europa é o único que decrece (-1,6%). No 2050 o reparto poboacional cambiará e haberá máis persoas nos países en vías de desenvolvemento (países africanos, China e India) que nos desenvolvidos. A máis longo prazo é máis dificil de predecir, sobre todo como serán as taxas de fecundación, pero a ONU establace que no 2150 a poboación moverase entre os 3600 millóns e os 27000 millóns. Por que esta diferenza entre seguir crecendo ou decrecer?
  • 59. 6. NATALIDADE E POBOACIÓN 6.3. PREVISIÓNS DE FUTURO A razón é evidentemente a taxa reprodutiva. Se ronda os 2 fillos/muller seremos uns 10800 millóns, se algo maior, pongamos uns 2,6 fillos/muller, chegaríamos aos 27000 millóns; pero si como parecen indicar as proxeccións a taxa vese reducida aos 1,6 fillos/muller a poboación decrecería.. Sen embargo, aínda que as prediccións se cumplan é probable que este descenso chege demasiado tarde.
  • 60. 6. NATALIDADE E POBOACIÓN 6.4. POR QUE CONTROLAR A NATALIDADE? Porque este crecemento demográfico desmedido está a provocar desigualdades sociais e desequilibrios medioambientais importantes. Dende o punto de vista socioeconómico crecen as desigualdades porque son precisamente os países pobres os que teñen máis habitantes, pero menos recursos ou cando menos mal repartidos. Dende o punto de vista medioambiental, hai múltiples efectos e en boa parte os países en vías de desenvolvemento vense afectados en maior medida por diversas causas: falta de planificación naxestión de recursos, políticas medioambientais inexistentes, tecnoloxías pouco respetuosas co medio... En certa medida, é lóxica esta situación, xa que a súa prioridade a curto plazo e obter recursos.
  • 61. 6. NATALIDADE E POBOACIÓN 6.4. POR QUE CONTROLAR A NATALIDADE? Ao fío de todo isto convén lembrar a famosa frase que dixo Indira Gandhi na Conferencia de Nacións Unidas en Estocolmo no 72 en referencia a demanda dos países ricos do control da contaminación polos países pobres: “A pobreza é a peor forma de contaminación”. En referencia a que, sen resolvero drama da pobreza non se poden resolver os problemas medioambientais, e tamén como non, como crítica ao cinismo dos países ricos que se aproveitan dos recursos dos países subdesenvolvidos, pero non se responsabilizan dos efectos negativos para as persoas e o medio que supón este feito.
  • 62. Bibliografía: - Ástor Camino, Xulio, et al. 1999. “Ciencias medioambientais e da saúde”. Edicións Xerais de Galicia.Vigo. - Cabrera Calero, Antonio Mª e Sanz Esteban, Miguel. 2002. “Bioloxia e Xeoloxía-3º Secundaria”. Proxecto Exedra. Oxford Educación. Madrid. Webgrafía: www.acog.org aparellreproductor.webnode.es   biologia-lacienciadelavida.blogspot.com   www.educarchile.cl www.embarazoymaternidad.info www. enzocards.blogspot.com www.fertilab.net   www.gallospedragliofarm.com gsdl.bvs.sld.cu http://humavsnnature.webnode.com.co/ekologia/crecimiento-poblacional-humano/ ies.rayuela.mostoles.educa.madrid.org recursos.cnice.mec.es   health.shorehealth.org scielo.isciii.es shabias.blogspot.com   www.wikipedia.org