SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 79
Baixar para ler offline
LÍRICA MEDIEVAL GALEGO-
PORTUGUESA
1º BACHARELATO
ÍNDICE
Lírica
medieval
 1.Nacemento da lírica
 2.Cronoloxía
 3.Poetas: autores e intérpretes
 4.Códices
 5. Corpus poético medieval
 5.1. Cancioneiro profano
 5.2. Cancioneiro relixioso
 6. Xéneros
 6.1. Xéneros maiores
 6.2. Xéneros menores
1
Nacemento
da lírica
•Antes do nacemento da lírica nace a épica: primeiro como cantos e
narracións orais que contaban as fazañas de heroes lendarios:
OS CANTARES ÉPICOS
•Esta tradición xorde desde o mesmo século VIII no mundo cultural
xermánico. Así nas distintas variedades do antigo alemán compóñense
extensos poemas narrativos como:
O Cantar dos Nibelungos ou
O Cantar de Ludovico
Imaxe da 1ª folla do Cantar dos Nibelungos
Adaptación da épica nas linguas romances
É en Francia onde a épica encontra mellor acomodo dando lugar a un
cento de CANTARES DE XESTA, destaca:
A Chanson de Roland de fins do XI
Imaxes de escenas da Chanson de Roland
Adaptación da épica nas linguas romances
Na Península o único poema épico conservado integramente é :
O Cantar de Mio Cid
do que se conserva unha única copia do século XIV
Nace a poesía trobadoresca
 A mediados do XII cambian os gustos
literarios coincidindo cunha relaxación
dos hábitos guerreiros, un refinamento
dos costumes e unha revalorización do
papel social da muller.
É neste ambiente no que xorde unha
puxante poesía lírica en lingua romance
de temática fundamentalmente
amorosa e que segue as regras do amor
cortés:
A POESÍA TROBADORESCA
que ten a súa orixe no sur de Francia,
concretamente no Ducado de Aquitania
en tempos do duque Guillelme IX (1071-
1126), primeiro trobador e primeiro
mecenas.
Ducado de Aquitania
Nace a poesía trobadoresca
 Primeiro el e despois a súa neta Alienor
de Aquitania(1122-1204) protexen as
artes e amparan unha extensa corte
literaria que se converte en exemplo de
refinamento e bo gusto, primeiro para o
resto da nobreza do sur de Francia e
despois para toda Europa.
 Nacerá así a LÍRICA PROVENZAL que
chegou a contar con case 350
trobadores e un corpus lírico de máis
de 2500 composicións.
 Encontrou imitadores axiña:
Nas cortes fronteirizas do reino de Aragón e
do Piemonte italiano xurdiron a escola catalá
e italiana que trobaron en provenzal.
A escola lírica galego-portuguesa
 É neste contexto europeo no que
hai que situar a aparición da escola
lírica galego-portuguesa.
 VÍAS DE PENETRACIÓN DA
POESÍA TROBADORESCA:
1. O camiño de Santiago
2. Os monxes de Cluny
3. Os contactos nobiliares
A escola lírica galego-portuguesa
 A lírica medieval galego-portuguesa é un fenómeno cultural do que van participar as cortes
reais e señoriais do toda a Península (coas excepcións do dominio lingüístico catalán e dos
reinos musulmáns).
Encontramos, pois, trobadores e xograres non só galegos e portugueses , hainos tamén
casteláns, leoneses, aragoneses…
POR QUE?
Hai tres causas fundamentais:
1. O grao de proximidade lingüística entre os romances occidentais da Península.
2. A frecuente identificación entre un determinado romance e un xénero literario: francés e
castelán coa ÉPICA, provenzal e galego-portugués coa LÍRICA
3. O papel preponderante de Galicia e da súa nobreza no conxunto dos reinos occidentais.
2
Cronoloxía
Escola lírica
galego-portuguesa
 Etapa primitiva (1196-1245):
Comprende as composicións máis
antigas das conservadas (a primeira é
“Ora faz ost´o senhor de Navarra” do nobre
portugués afincado na corte aragonesa Joan
Soares de Paiva).
A ela pertencen os poetas máis antigos
dos cancioneiros: Meendinho, Bernal de
Bonaval, Paio Gómez Charinho, Pero da
Ponte, Martín Códax etc.
http://youtu.be/Q_1EDSpz-fE
Cantiga de Meendinho Cantiga de Joao Soares de Paiva
2
Cronoloxía
Escola lírica
galego-portuguesa
 Esplendor ou Idade de ouro
(1245-1354)
 Período afonsino (1245- 1284):
coincide cos reinados de Afonso III
en Portugal e Afonso X en Castela.
O centro difusor do lirismo sitúase na
corte de Toledo
Afonso X
 Período dionisíaco (1284-1325):
Coincide co reinado do rei D.Dinis
de Portugal, mecenas de trobado-
res e trobador destacado á vez.
O centro difusor do lirismo despráza-
se á corte deste rei.
D. Dinís
 Período postdionisíaco (1325-1354):
remata coa morte do Conde
de Barcelos, Pedro de Portugal,
derradeiro mecenas e derradeiro
trobador da escola lírica
galego-portuguesa.
D. Pedro de Portugal
2
Cronoloxía
Escola lírica
galego-castelá
 Decadencia (1354-1445)
A mediados do século XIV os gustos literarios cortesáns
mudan a favor dos LIBROS DE LIÑAXES e da PROSA
HISTÓRICA e de FICCIÓN.
A poesía trobadoresca entra nunha fase de declive, empeza a
ser considerada como unha moda anticuada.
Ata mediados do XV aínda prevalece certo desexo de imitar
os antigos trobadores, consérvanse cantigas deste período de
decadencia nun cancioneiro castelán do século XV:
OCANCIONEIRODE BAENA (1445)
Os poetas e composicións deste período pertencen ao que se
coñece como :
Escola galego-castelá
Son poetas bilingües que escriben en galego e castelán p. ex.
Macías o Namorado
Monumento a Macías o Namorado
1º folio do Cancioneiro de Baena
CANCIONEIRODE BAENA
3
Poetas:
Autores
e
intérpretes
O concepto actual de poeta é inaplicábel á cultura
trobadoresca. No seu lugar atopamos unha rica
variedade de personaxes diferenciados polo:
• Status social
• Nivel cultural
• Rol artístico que desempeñan
TROBADOR
Trobador significa o compositor
de “tropos” (versos).
Ocupaba o nivel máis alto na xerar-
quía social e artística: era poeta e compo-
sitor (autor da letra e da música).
No ámbito galego-portugués eran trobado-
res só os de condición nobre.
Hai trobadores que eran membros da alta
nobreza como: reis ( Afonso X, D. Dinís), infantes
(conde de Barcelos), altas dignidades (Paio Gó-
mez Charinho); aínda que a maioría pertencían a liñaxes
secundarias: Joan García de Guillade, Paio Soares de
Taveirós, Pero D´Ambroa , Afonso Eanes de Coton, etc.
Algúns trobaban por pracer ou refinamento cultural
diante dun público aristocrático, non obstante a maioría
tiñan o seu servizo un ou varios xograres.
3
Poetas:
Autores
e
intérpretes
XOGRARES
O termo “xograr” vén do latín: JOCULATOR
que significa “bromista, simpático”. En
realidade había moitos tipos de xograres,
entre os que se atopaban os bufóns que
tiñan como principal misión entreter
provocando a hilaridade, mais o xograres
propiamente ditos eran os intérpretes das
cantigas.
No ámbito provenzal estaban ao servizo dun
trobador e limitábanse a interpretar as can-
tigas deste.
No ámbito galego-portugués a relación era
máis complexa: en realidade considérabase que
só os trobadores, que eran nobres, podían tro-
bar, porén houbo bastantes xograres (que eran
de orixe humilde) que o fixeron: nos cancio-
neiros aparecen 36 . Pero tal atrevemento non
lles saía de balde. Cítanse co nome ou alcume e lugar
de procedencia: Meendinho, Bernal de Bonaval, Joao
Zorro, etc.
3
Poetas:
Autores
e
intérpretes
SEGREIS
Este personaxe é exclusivo da lírica
peninsular. Trátase dun trobador
profesional que compón e interpreta
cobrando pola súa interpretación.
Procedían da baixa nobreza.
MENESTREIS
Os menestreis eran os instrumentistas.
Só tocaban os instrumentos musicais...
SOLDADEIRAS
Eran as mulleres que danzaban e facían
exercicios ximnásticos durante a interpre-
tación da cantiga.
Tiñan mala reputación.
Unha das máis famosas foi María a
Balteira que era de terras de Betanzos.
4
Códices
O corpus da lírica medieval galego-portuguesa
coñecido na actualidade está formado por:
 máis de 1680 textos profanos
 e 427 relixiosos
pertencentes a máis de 150 poetas distintos.
Chegou a nós a través de 8 manuscritos.
Tendo en conta a época de redacción distingui-
mos:
 Manuscritos contemporáneos á época na que
se
estaba desenvolvendo a produción lírica.
Datados a fins do XIII, principios do XIV
 Apógrafos renacentistas
Copiados nos séculos XVI e XVII a partir de
códices medievais hoxe perdidos
MANUSCRITOS DE FINS DO XIII PRINCIPIOS
DO XIV
oCANCIONEIRODA AJUDA
Chamado así por atoparse no Pazo
portugués da Ajuda, en Lisboa.
Probablemente foi compilado na corte
poética de D. Dinís ou de Afonso X.
Está formado por 310 cantigas de amor de 38
poetas distintos. Non conserva a notación
musical.
http:///blocdelletres.ub.edu/2011/11/28/cantigas-
medievais-galego-portugue
4
Códices
Pazo da Ajuda
4
Códices
 Pergamiño vindel
Esta folla de pergamiño que contén as sete
cantigas de amigo de Martín Códax foi
descuberta a principios do século XX polo
libreiro madrileño Pedro Vindel, de aí o seu
nome, como forro doutro libro.
Actualmente atópase na biblioteca“Pierpont
Morgan” de New York, xa que tras o achádego
de Pedro Vindel foi comprado por un musi-
cólogo que o levou a unha biblioteca sueca,
cando este morreu os seus herdeiros vendé-
ronllo a un bibliófilo que o puxo á venda en
Londres e, tras anos desaparecido, en 1977
reapareceu na biblioteca neoiorquina.
Todas as cantigas, agás unha, conteñen a súa
notación musical.
Pierpont Morgan Library
Pergamiño Vindel
4
Códices
 Pergamiño sharrer
Tamén chamado Manuscrito da Torre de Tombo.
Foi descuberto polo profesor norteamericano
Harvey L. Sharrer en 1990, despois de servir
durante catro séculos de forro para un libro de
rexistros notariais.
Contén sete cantigas de amor do rei D. Dinís
acompañadas da súa notación musical.
Probablemente se trate dunha folla solta dun
cancioneiro hoxe perdido do que non obstante
hai referencias escritas , sería o Livro das trovas
del Rei D. Dinís.
Atópase no Arquivo Nacional da Torre de Tombo
en Lisboa, o lugar no que foi atopado.
Pergamiño Sharrer
Arquivo Nacional da Torre de Tombo
4
Códices
 Cancioneiroda biblioteca nacionalde lisboa
Descuberto a finais do XIX na biblioteca dos condes
Brancuti . Mandado copiar polo humanista italiano
Ángelo Colocci.
É o máis amplo dos cancioneiros da lírica medieval:
1647 cantigas de todos os xéneros de 150 autores
distintos.
Parece que é copia do Livro das cantigas do conde
D. Pedro.
Contén un tratado de poética medieval: A arte de
Trovar que está incompleto.
APÓGRAFOSRENACENTISTAS
Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa
Biblioteca Nacional de Lisboa
Angelo Colocci
4
Códices
 CANCIONEIRODA VATICANA
 CANCIONEIRODE BERKELEY
Estes dous cancioneiros son dúas copias iguais.
O primeiro atópase en Roma, na Biblioteca
Vaticana. Ten 1200 cantigas. O segundo é unha
copia deste descuberta en Madrid en 1857, pero
perdido o seu rastro durante anos ata que se
atopou en 1983 na universidade de Berkeley, en
California.
Son copia mandada facer tamén por Angelo
Colocci ,do mesmo manuscrito medieval.
APÓGRAFOS RENACENTISTAS
Cancioneiro da Vaticana
Biblioteca Vaticana de Roma
Universidad de Berkeley
5
Corpus
poético
medieval
Cancioneiro profano
Está formado por máis de 1680 textos. Clasíficanse en:
 XÉNEROSMAIORES:
de temática amorosa:
 As cantigas de amigo
 As cantigas de amor
de temática satírica:
 Cantigas de escarnio e maldicir
 XÉNEROSMENORES:
 Tenzón
 Pranto
 XÉNEROSCONTAMINADOS:
 Pastorela
Cancioneiro relixioso
427 composicións que constitúen as:
 Cantigas de Sta. María
Cancioneiro profano
 Cancioneiro erótico:
Cantiga de amigo
• Ria Lemaire ,especialista en literatura medieval e autora do libro-disco CORES DO
ATLÂNTICO,( www.coresdoatlantico.com ) expón a súa teoría sobre a autoría feminina
das cantigas de amigo baseadas na tradición oral galego-portuguesa.
 Orixe autóctona: raíces moi antigas (Canción feminina de amor)
 Emparentada coas “kharjas”:
Garid vos, ay yermanellas
Ko´m kontener he mew male!
Sin al-habib non bibreyo:
¿Ad ob l´irey demandare?
 Voz poética feminina
 Dialogadas ou monologadas
 Tema máis reiterado: ausencia do amigo
 Identificación: aparición da palabra “amigo”
 Importancia da natureza e o seu aproveitamento simbólico.
 Clasificación temática:
 Mariñas ou barcarolas
 Cantigas de romaría
 Bailadas ou bailías
 Outros temas
 Características formais
Cantiga de amigo: características
formais
 O refrán
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ay Deus, se verrá cedo!
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ay Deus, se verrá cedo
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ay Deus, se verrá cedo
Se vistes meu amado,
0 por que ey gran coydado?
E ay Deus, se verrá cedo!
Cantiga de amigo: características
formais
 O paralelismo:
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ay Deus, se verrá cedo!
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ay Deus, se verrá cedo
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ay Deus, se verrá cedo
Se vistes meu amado,
0 por que ey gran coydado?
E ay Deus, se verrá cedo!
 Leixaprén:
-Ai flores, ai flores do verde pino,
se sabedes novas do meu amigo?
Ai Deus, e u é?
Ai, flores, ai flores do verde ramo,
se sabedes novas do meu amado?
Ai Deus, e u é?
Se sabedes novas do meu amigo,
aquel que mentiu do que pos comigo?
Ai Deus, e u é?
Se sabedes novas do meu amado
aquel que mentiu do que mi ha jurado?
Ai Deus, e u é?
-Vós me preguntades polo voss´amigo
e eu bem vos digo que é san´e vivo
Ai Deus, e u é?
Vós me preguntades polo voss'amado,
e eu ben vos digo que é viv'e sano.
Ai Deus, e u é?
E eu ben vos digo que é san'e vivo
e seerá vosc'ant'o prazo saído.
Ai Deus, e u é?
E eu ben vos digo que é viv'e sano
e seerá vosc'ant'o prazo passado.
Ai Deus, e u é?
Cantiga de amigo: características
formais
Cantiga de amigo: clasificación temática
http://youtu.be/IhrtApWvyjg
 Bailadas ou bailías: incitaciónaobaile
Bailemosnós jatodastres,aiamigas,
soaquestasavelaneirasfrolidas
equenforvelida,como nós,velidas,
seamigoamar,
soaquestasavelaneirasfrolidas
verrábailar.
Bailemosnós jatodastres,aiirmanas,
soaquesteramodestasavelanas
equenforlouçana,como nós,louçanas
seamig'amar,
soaquesteramodestasavelanas
verrábailar.
Por Deus,ai amigas,mentr'alnonfazemos,
soaquesteramofrolidobailemos
equenben parecer,como nósparecemos,
seamig'amar,
soaquesteramoso'l que nósbailemos
verrábailar.
AirasNunez
Cantiga de amigo: clasificación temática
 Mariñas ou barcarolas:presenza do marque pode ter varias funcións
 Elementodeseparación
 Confidente da amiga
 Simbolizar a paixónamorosa
Son as máis fieis aos modelos tradicionais, conorixe probablemente nalírica
pretrobadoresca.
Os máis importantes cultivadores son, maioritariamente, xograres galegos
Mia irmana fremosa, treides comigo
a la ygreia de Vigo, u e o mar salido.
E miraremos las ondas.
Mia irmana fremosa, treides de grado
a la ygreia de Vigo, u e o marlevado.
E miraremos las ondas.
A la ygreiade Vigo, u e o mar salido,
e verra i mia madre e o meu amigo.
E miraremos las ondas
A la ygreiade Vigo, u e o marlevado,
e verra i mia madre o meu amado
E miraremos las ondas.
Martín Códax
Cantiga de amigo: clasificación temática
 Cantigas de romaría: a amiga acode aunharomaría. Étan importante a festa coma o santuario.
Poysnossasmadresvama SamSimon
de Valde Pradoscandeasqueymar,
nós,asmeninhas,punhemosd'andar
comnossasmadres,e elasenton
queymencandeaspornós eporssy,
e nós,meninhas,baylaremoshy.
Nossosamigostodosláhiran
pornosveer,e andaremosnós,
baylandoant'eles,fremosasencós,
e nossasmadres,poysque alávan,
queymencandeaspornós eporssy,
e nós,meninhas,baylaremoshy.
Nossosamigoshiranporcousir
comobaylamos,epodenveer
baylarmoçasdebom parecer,
e nossasmadres,poyslá querenhir,
queymencandeaspornós eporssy,
e nós,meninhas,baylaremoshy.
Pero Viviaez
Cantiga de amigo: clasificación
temática
Estaclasificaciónnonabranguetodasascantigasdeamigo.Paraasdemaispodería
falarsede:
• Cantigas da fonte
• Cantigas de naie filla
• Cantigas de confidente
• Cantigas de ciúmes
• Etc.
Cantiga de amigo: clasificación
temática
Cantiga da fonte:
Pormui fremosaquesanhudaestou
ameu amigo,que me demandou
que ofoss'eu veer
ala font',u os cervos vanbever.
Nonfac'eutortode milh'assanhar,
pors'atreverel demedemandar
que ofoss'eu veer
ala font',u os cervos vanbever.
Afeitome tenja porsandía,
queel hoje non ven, masenvía
que ofoss'eu veer
ala font',u os cervos vanbever.
Pero Meogo
Cantiga de amigo: clasificación
temática
Cantiga de nai e filla:
Comovivo coitada,madre,pormeu amigo,
cam'enviou mandadoquesevai noferido,
eporel vivo coitada!
Comovivo coitada,madre,pormeu amado,
cam'enviou mandadoque sevai nofossado,
eporel vivo coitada!
Cam'enviou mandadoque sevai no ferido,
eu aSantaCecilia decoraçóno digo,
eporel vivo coitada!
Cam'enviou mandadoque sevai no fossado,
eu aSantaCecilia decoraçóno falo,
eporel vivo coitada!
Martín de Ginzo
Cantiga de amigo:
Clasificación segundo a maior ou menor fidelidade aos modelos
tradicionais
• Cantigade amigo tradicional
(todasas daescolma detextos)
• Cantigade amigo contaminada
• Cantigade amigo trobadoresca
•
Cantiga de amigo contaminada
Amiga, muit´ágran sazon
que se foi d´aquicom el-rei
meuamigo; mais já cuidei
mil vezes no meucoraçon
que algurmorreucom pesar,
pois non tornou migo falar.
Porquetarda tan muito la,
e nuncame tornou veer,
amiga, si veja prazer,
mais de mil vezes cuidei já
que algur morreucom pesar,
pois non tornou migo falar
.
Amiga, o coraçon seu
era de tornarced´aqui
uvisse os meus olhos em mi
por em mil vezes cuid´eu
que algurmorreucom pesar,
pois non tornou migo falar
D.Dinís
Cantiga de amigo trobadoresca
Morr´o meu amigo d´amor
e eu non no lhi creo bem,
e el mi diz logo por em
ca verrá morrer u e u for,
e a mi praz de coraçon
por veer se morre, se non.
Enviou-m´el assi dizer:
que el por mesura de mi
que o leixasse morrer aqui
e o vexa, quando morrer,
e a mi praz de coraçon,
por veer se morre. se non
Mais nunca já crea molher
que por ela morren assi,
ca nunca eu esse tal vi,
e el moira, se lhi prouguer,
e a mi praz de coraçon,
por veer se morre, se non
Cantiga de amigo:
Clasificación segundo o modo poético
• Narrativas: nonsedirixeaningún destinatarioexplícito, predominaa 3ªpersoa.
Exemplos:textos2, 6 e8
• Monologadas:utilizaa1ªpersoa,diríxeseexplicitamentea um destinatario,que
nonintervén.
Exemplos:textos5, 7 e11
• Dialogadas:Hai dúasoumáis voces.Dialogacoanai, oamigo, asamigas,elementos
danatureza...
Exemplos:textos10 e12
Cantiga de amigo: os personaxes
*A amiga
*O amigo
*As irmás e as amigas
*A nai
Cancioneiro profano
Cancioneiro erótico:
Cantiga de amor
Identificación.
Orixe
 A cançó e o código do amor cortés
As nosas cantigas: temas fundamentais
Características formais.
Cantiga de amor
A dona que eu am'e tenho por senhor
amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for,
se nom dade-mi-a morte.
A que tenh'eu por lume d'estes olhos meus
e por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus,
se nom dade-mi-a morte.
Essa que vós fezestes melhor parecer
de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer,
se nom dade-mi-a morte.
Ai, Deus! qui mi-a fezestes mais ca mim amar,
mostrade-mi-a u possa com ela falar,
se nom dade-mi-a morte.
Bernal de
Bonaval
http://sondepoetas.blogspot.com.es/2007/12/dona-que-eu-ame-tenho-por-senhor.html
Identificación:
Fala el.
“Com´ome que ensandeceu,
sennor, con gran pesar que viu
e non foi ledo nen dormiu…”
 Aparece a palabra “senhor” xa nos 1º
versos.
“En gran coita senhor” (texto 4)
“ A mia senhor, que me ten en poder” (texto 3)
“ A dona que eu am´e tenho por senhor” (texto 6)
Cantiga de amor
Orixe:
A cançó
Os nosos poetas son conscientes da débeda coa cançó:
“ Quer´eu en maneira de proençal” (texto 1)
Mais tamén das diferenzas:
Proençais soen mui ben trobar
e dizen eles que é con amor,
mais os que troban no tempo da flor
e non en outro, sei eu ben que non
han tan gran coita no seu coraçon
qual me eu por minha senhor vejo levar.
(…) D. Dinís
Cantiga de amor
O código do amor cortés:
o Idealización absoluta do amor, libre de convencións sociais e
morais
o Vasalaxe amorosa: o home é o vasalo da muller,a súa senhor
o Amor cortés: sinal de distinción social, propio da aristocracia.
o A muller: cúmulo de perfeccións.
o Amor= camiño de elevación moral
o Dura aprendizaxe que debe seguir o namorado:
o FENHEDOR
o PRECADOR
o ENTENDEDOR
o DRUT
o Esta aprendizase remata no JOI
o O namorado debe ter necesariamente a calidade da MESURA.
Cantiga de amor
NA CANTIGA DE AMOR …
• Non hai referencia á natureza
• O namorado nunca é correspondido: así pois non
chega a drut e non hai joi
• Desenvólvense catro temas fundamentais:
ELOXIO DA DONA
DECLARACIÓN DE AMOR DO POETA
RESERVA DA DONA
COITA DE AMOR
Cantiga de amor
Cantiga de amor
Pero Garcia Burgales
Cantiga de amor
Características formais:
 A )COMÚNS COA CANTIGA DE AMIGO
Segundo teñan ou non refrán:
• Cantigas de refrán (textos 4,5,6 e 7)
• Cantigas de mestría (textos 1,2 e 3)
Tipo de rima:
Rima macho (aguda): textos 1,2,3,4,5 e 7
Rima femia (grave): refrán do texto 6
Cantiga de amor
Tipo de cobras segundo a rima:
Cobras unissonans (textos 1,3 e 5)
Cobras doblas (textos 13)
Cobras singulars (textos 2,4,6 e 7)
Cobras alternadas (textos
1,5,6..pax.260-61)
Cantiga de amor
Recursos formais:
Dobre:
“Pois sempre á en vós mesura
e todo ben e cordura,
que Deus fez en vós feitura
qual non fez en mulher nada,
doede-vos por mesura
de min, senhor ben talhada.”
Mordobre:
“Se eu pudesse desamar
a quen me sempre desamou,
e podesse algun mal buscar
a quen me sempre mal buscou!”
Cantiga de amor
Recursos formais:
Fiinda: (texto 4)
“Vi por gram mal de mi,
pois tan coitad´and´eu”
Ata- fiinda: (texto 4)
“En gran coita, senhor,
que peior que mort´é,
vivo per boa fe,
e polo voss´amor
esta coita sofr´eu
por vós, senhor, que eu
Vi polo meu gran mal;
e melhor mi será…”
Cantiga de amor
Recursos formais:
Palabra perduda:
“Deus, meu senhor, se vos prouguer,
vos me tolhede este poder
que eu ei de muito viver;
ca, mentr´eu tal poder ouver
de viver, nunca perderei
esta coita que og´eu ei
d´amor eno meu coraçon.
Ca mi- a faz aver tal molher
que nunca mi-á ren de fazer,
per que eu poss´a perder;
que, enquant´eu viver poder,
por esto a non poderei
perder per ren, mais averei
d´ela mais, con mui gran razon.
Cantiga de amor
Análise de cantigas
A San Servand´, u ora van todas orar,
madre velida, por Deus vin vo-lo rogar
que me leixedes alá ir,
a San Servand´, e se o meu amigo vir,
leda serei, por non mentir.
Pois mi dizen do meu amigo ca i ven,
madre velida e senhor, faredes ben
que me leixedes alá ir,
a San Servand´o e, se o meu amigo vir,
leda serei,por non mentir.
Pois todas i van de grado oraçon fazer
madre velida, por Deus venho-vo-lo dizer
que me leixedes alá ir,
a San Servand´, e se o meu amigo vir
leda serei, por non mentir.
Joao Servando
Análise de cantigas
Que soidade de mia senhor ei
quando me nembra d´ela qual a vi,
e que me nembra que ben a oí
falar; e, por quanto ben d´ela sei,
roqu´eu a Deus que end´á o poder,
que mi a leixe, se lhi prouguer, veer
cedo; ca, pero mi nunca faz ben,
se a non vir, non me posso guardar
d´ensandecer ou morrer con pesar;
e porque ela tod´en poder ten,
rogu´eu a Deus que end´á o poder,
que mi a leixe, se lhi prouguer, veer
cedo; ca tal a fez Nostro Senhor,
de quantas outras no mundo son
non lhi fez par, a la minha fé, non;
e, poi-la fez das melhores melhor,
rogu´eu a Deus que end´á o poder,
que mi a leixe, se lhi prouguer, veer
cedo; ca tal a quiso Deus fazer,
que , se a non vir, non poso viver.
D. Dinís
Cancioneiro profano
Cancioneiro de burlas:
Cantigas de escarnio e
maldicir
Orixe
 O sirventés provenzal
Distinción entre escarnio e maldicir
Temática: clasificación
Características formais.
Cantigas de escarnio e maldicir
Foi un día Lopo jograr
a cas dun infançon cantar;
e mandoulh´ele por don dar
tres couces na garganta;
e fui-lh´escass´a meu cuidar,
segundo com´el canta.
Escasso foi o infançon
en seus couces partir en ton,
ca non deu a Lopo enton,
mais de tres na garganta;
e mais merece o jograron;
segundo com´el canta.
Martim Soares
Cantigas de escarnio e maldicir
Martín jograr, que gran cousa
já sempre con vosco pousa
vossa molher!
Veedes m´andar morrendo,
e vós jazedes fodendo
vossa molher!
Do meu mal non vos doedes,
e moir´eu, e vós fodedes
vossa molher!
J. García de Guillade
Cantigas de escarnio e maldicir
Orixe
O sirventés provenzal é o modelo das
nosas cantigas de burlas: relación
Distinción ESCARNIO e MALDICIR:
“Cantigas de escarnio som aquelas que os trobadores fazem querendo
dizer mal d´alguem en elas e dizen-lho pro palavras cubertas que hajan
dous entendementos… e estas palabras chaman os clérigos
hequivocatio”
“Cantigas de maldizer son aquelas que fazem os trobadores
descubertamente. En elas entram palabras que queren dizer mal e
non aver outro entendimento se non aquel que querem dizer
chaamente”
Arte de Trovar
Cantigas de escarnio e maldicir
Temática
Moito máis variada que no c. amoroso.
Son unha radiografía da sociedade da
época
(achegan valiosa información)
Realizan unha sátira predominantemente
persoal.
Cantigas de escarnio e maldicir
Temática: clasificación
 SÁTIRA POLÍTICA:
 Entrega dos castelos ao conde de Boloña (critícase
os cabaleiros que traizoaron o rei Sancho II apoiando
ao usurpador Afonso III)
 Covardía dos nobres que abandonaron a Afonso X
na guerra de Granada
“D. Foao, que eu sei que á preço de livao,
vedes que fez en guerra –daquesto soo certao:
sol que viu os genetes, come boi que fer tavao,
sacudiu-se e revolveu-se al-
çou rab´e foi sa via a Portugal ”
(…) D. Afonso Mendes de Besteiros
Cantigas de escarnio e maldicir
Temática: clasificación
• SIRVENTÉS MORAL:
“Amigos, cuid´eu que Nostro Senhor
non quer no mundo já mentes parar;
ca o vejo cada dia tornar
de ben en mal e de mal en peior;
ca vejo maos sobr´eles poder;
poren non ei da mia morte pavor”
(…)
Martín Moxa
Cantigas de escarnio e maldicir
Temática: clasificación
 SÁTIRA LITERARIA:
Mala ventura mi veña
se eu pola de Beleña
de amores hei mal
E confóndame S. Marcos
se pola doncela de Arcos
de amores hei mal.
Mal mi veña cada día
se eu por dona María
de amores hei mal
(…) Roi Paes de Ribela
Cantigas de escarnio e maldicir
Temática: clasificación
 SÁTIRA LITERARIA:
 Ciclo das amas ou tecedeiras
Esta ama, cuj´e Joan Coelho
per boas mahas que soub´aprender,
cada u for, achará bon conselho:
ca sabe ben fiar e ben tecer
e talha mui ben bragas e camisa;
e nunca vistes molher da sa guisa
que mais limpia vida sabia fazer;
Ant´é oje das molheres preçadas
qie nós sabemos en nosso logar,
ca lava ben e faz boas queijadas
e sabe ben moer e amassar
e sabe muito de boa leiteira
(…) Fernao Garcia Esgaravunha
Cantigas de escarnio e maldicir
Temática: clasificación
 SÁTIRA SOCIAL,DE COSTUMES E PERSOAL
As c. de burlas teñen tendencia a concretar nunha persoa as críticas a
grupos ou costumes sociais:
 Os infanzóns e cabaleiros pobres
 Os cregos, frades e monxas
 Cantigas obscenas (s. todo contra a soldadeira
María a Balteira
SÁTIRA XOGRARESCA
Cantigas de escarnio e maldicir
Temática: clasificación
Sátira contra infanzons e cabaleiros pobres:
“Un infaçon mi ha convidado
que sexa seu xantar loado
par mi, mais eu nono hei guisado;
e direivos por que mi avén:
ca xa des antano hei xurado
que nunca diga de mal ben.”
(…) Airas Nunes
Cantigas contra cregos, frades e monxas:
(escoma de textos, nº 12)
Cantigas de escarnio e maldicir
Temática: clasificación
Cantigas obscenas:
Marinha, en tanto folegares,
tenho eu por desaguisado;
e soo mui maravilhado
de ti, por non rebentares:
ca che tapo eu daquesta minha
boca a ta boca, Marinha;
e con estes narizes meus
tapo eu, Marinha, os teus;
e co´as maos as orelhas,
os olhos e as sobrencelhas;
tapo- t´ao primeiro sono
da mima pissa o teu cono
como me non vej´a nenguu,
e dos colhoes esse cu.
Como non rebentas, Marinha?
Afonso Eanes de Coton
Cantigas de escarnio e maldicir
CARACTERÍSTICAS FORMAIS
A única novidade é que estas
cantigas presentan a maioría unha estrutura
característica:
• Na 1ª cobra preséntase o motivo central da composición
(se é sátira persoal cítase polo seu nome o personaxe
satirizado)
• Nas restantes amplifícase a burla inicial ou glosase
mediante recursos paralelísticos
• En moitas ten grande importancia a narratividade
(desenvolven unha pequena anécdota argumental)
Ex. Textos da escolma.

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Societat del segle xiv xv i la seua literatura
Societat del segle xiv xv i la seua literaturaSocietat del segle xiv xv i la seua literatura
Societat del segle xiv xv i la seua literaturaLuis J. Castaño
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillasxenevra
 
La Poesía Trovadoresca
La Poesía TrovadorescaLa Poesía Trovadoresca
La Poesía TrovadorescaSimona Spirits
 
Cantigas de escarnio[1]
Cantigas de escarnio[1]Cantigas de escarnio[1]
Cantigas de escarnio[1]Loli Cid Cid
 
O galego na Idade Media
O galego na Idade MediaO galego na Idade Media
O galego na Idade MediaMarlou
 
Literatura catalana. Els gèneres de postguerra
Literatura catalana. Els gèneres de postguerraLiteratura catalana. Els gèneres de postguerra
Literatura catalana. Els gèneres de postguerraLluis Rius
 
La Romània i les llengües romàniques
La Romània i les llengües romàniquesLa Romània i les llengües romàniques
La Romània i les llengües romàniquesrutri
 
Xéneros%20menores.[1]
Xéneros%20menores.[1]Xéneros%20menores.[1]
Xéneros%20menores.[1]Loli Cid Cid
 
La literatura prerrenacentista (S. XV)
La literatura prerrenacentista (S. XV)La literatura prerrenacentista (S. XV)
La literatura prerrenacentista (S. XV)Rosa Malrás
 
SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosMarlou
 

Mais procurados (20)

Societat del segle xiv xv i la seua literatura
Societat del segle xiv xv i la seua literaturaSocietat del segle xiv xv i la seua literatura
Societat del segle xiv xv i la seua literatura
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillas
 
Cantiga de escarnio
Cantiga de escarnioCantiga de escarnio
Cantiga de escarnio
 
La Poesia Trobadoresca
La Poesia TrobadorescaLa Poesia Trobadoresca
La Poesia Trobadoresca
 
La Poesía Trovadoresca
La Poesía TrovadorescaLa Poesía Trovadoresca
La Poesía Trovadoresca
 
Literatura catalana dels segles XVI, XVII I XVIII
Literatura catalana dels segles XVI, XVII I XVIIILiteratura catalana dels segles XVI, XVII I XVIII
Literatura catalana dels segles XVI, XVII I XVIII
 
O prerrexurdimento
O prerrexurdimentoO prerrexurdimento
O prerrexurdimento
 
Cantigas de escarnio[1]
Cantigas de escarnio[1]Cantigas de escarnio[1]
Cantigas de escarnio[1]
 
Llama de amor viva, comentario
Llama de amor viva, comentarioLlama de amor viva, comentario
Llama de amor viva, comentario
 
O galego na Idade Media
O galego na Idade MediaO galego na Idade Media
O galego na Idade Media
 
Literatura catalana. Els gèneres de postguerra
Literatura catalana. Els gèneres de postguerraLiteratura catalana. Els gèneres de postguerra
Literatura catalana. Els gèneres de postguerra
 
La Romània i les llengües romàniques
La Romània i les llengües romàniquesLa Romània i les llengües romàniques
La Romània i les llengües romàniques
 
Xéneros%20menores.[1]
Xéneros%20menores.[1]Xéneros%20menores.[1]
Xéneros%20menores.[1]
 
Prerrenacimiento
PrerrenacimientoPrerrenacimiento
Prerrenacimiento
 
Ausias march
Ausias marchAusias march
Ausias march
 
4. La poesía trovadoresca
4. La poesía trovadoresca4. La poesía trovadoresca
4. La poesía trovadoresca
 
La literatura prerrenacentista (S. XV)
La literatura prerrenacentista (S. XV)La literatura prerrenacentista (S. XV)
La literatura prerrenacentista (S. XV)
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 
SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textos
 
Lírica culta medieval
Lírica culta medievalLírica culta medieval
Lírica culta medieval
 

Destaque

Lírica medieval galego-portuguesa
Lírica medieval galego-portuguesaLírica medieval galego-portuguesa
Lírica medieval galego-portuguesatominho
 
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)Román Landín
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia LingüísticaPropostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia LingüísticaRomán Landín
 
A literatura medieval
A literatura medievalA literatura medieval
A literatura medievalanagagon
 
A Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade MediaA Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade MediaRomán Landín
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoxoanseca
 
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...Román Landín
 
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito.
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito. Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito.
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito. Román Landín
 
Xentilicios
XentiliciosXentilicios
XentiliciosSanti P
 
Unha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüEUnha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüERomán Landín
 
Comentario Da Cantiga Medieval
Comentario Da Cantiga MedievalComentario Da Cantiga Medieval
Comentario Da Cantiga Medievalmaer
 

Destaque (20)

Lírica medieval galego-portuguesa
Lírica medieval galego-portuguesaLírica medieval galego-portuguesa
Lírica medieval galego-portuguesa
 
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)
 
Cantiga de amor 3º eso
Cantiga de amor 3º esoCantiga de amor 3º eso
Cantiga de amor 3º eso
 
Guías de lectura
Guías de lecturaGuías de lectura
Guías de lectura
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia LingüísticaPropostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Cantigas de santa maría
Cantigas de santa maríaCantigas de santa maría
Cantigas de santa maría
 
A literatura medieval
A literatura medievalA literatura medieval
A literatura medieval
 
A Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade MediaA Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade Media
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
 
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito.
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito. Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito.
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito.
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
A narrativa medieval
A narrativa medievalA narrativa medieval
A narrativa medieval
 
Rosalía de castro, 3º ESO
Rosalía de castro, 3º ESORosalía de castro, 3º ESO
Rosalía de castro, 3º ESO
 
Tema 2 de 3º eso
Tema 2 de 3º esoTema 2 de 3º eso
Tema 2 de 3º eso
 
Xentilicios
XentiliciosXentilicios
Xentilicios
 
Unha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüEUnha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüE
 
Comentario Da Cantiga Medieval
Comentario Da Cantiga MedievalComentario Da Cantiga Medieval
Comentario Da Cantiga Medieval
 

Semelhante a Lírica medieval galego portuguesa

Literatura galego portuguesa
Literatura galego portuguesaLiteratura galego portuguesa
Literatura galego portuguesaSusana Ferreiro
 
Lite.medieval 3ºeso
Lite.medieval 3ºesoLite.medieval 3ºeso
Lite.medieval 3ºesoMarlou
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medievalxenevra
 
1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf
1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf
1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdfAitorRivasRodrguez
 
Etapas De La Lirica Medieval
Etapas De La Lirica MedievalEtapas De La Lirica Medieval
Etapas De La Lirica MedievalManulourenzo
 
Compositores galegos do século xix
Compositores galegos do século xixCompositores galegos do século xix
Compositores galegos do século xixmussalmad
 
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02anagagon
 
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02anagagon
 
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosmarloga
 
Galicia na Idade Media
Galicia na Idade MediaGalicia na Idade Media
Galicia na Idade MediasusanaNB
 
Guía de Lectura "Entre teatros e currais"
Guía de Lectura "Entre teatros e currais"Guía de Lectura "Entre teatros e currais"
Guía de Lectura "Entre teatros e currais"Bibliotecadicoruna
 
Literatura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptx
Literatura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptxLiteratura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptx
Literatura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptxMoniVL1
 

Semelhante a Lírica medieval galego portuguesa (20)

Literatura galego portuguesa
Literatura galego portuguesaLiteratura galego portuguesa
Literatura galego portuguesa
 
A lírica medieval
A lírica medievalA lírica medieval
A lírica medieval
 
Lite.medieval 3ºeso
Lite.medieval 3ºesoLite.medieval 3ºeso
Lite.medieval 3ºeso
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medieval
 
1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf
1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf
1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf
 
O renacemento en españa
O renacemento en españaO renacemento en españa
O renacemento en españa
 
noriega
norieganoriega
noriega
 
Etapas De La Lirica Medieval
Etapas De La Lirica MedievalEtapas De La Lirica Medieval
Etapas De La Lirica Medieval
 
Compositores galegos do século xix
Compositores galegos do século xixCompositores galegos do século xix
Compositores galegos do século xix
 
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
 
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
 
Séculos escuros e ilustración
Séculos escuros e ilustraciónSéculos escuros e ilustración
Séculos escuros e ilustración
 
Historia da Música - Idade Media
Historia da Música -  Idade MediaHistoria da Música -  Idade Media
Historia da Música - Idade Media
 
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
 
As Cantigas De
As Cantigas DeAs Cantigas De
As Cantigas De
 
Galicia na Idade Media
Galicia na Idade MediaGalicia na Idade Media
Galicia na Idade Media
 
Guía de Lectura "Entre teatros e currais"
Guía de Lectura "Entre teatros e currais"Guía de Lectura "Entre teatros e currais"
Guía de Lectura "Entre teatros e currais"
 
Literatura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptx
Literatura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptxLiteratura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptx
Literatura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptx
 
Literatura 9
Literatura 9Literatura 9
Literatura 9
 
Literatura latina
Literatura latinaLiteratura latina
Literatura latina
 

Lírica medieval galego portuguesa

  • 2. ÍNDICE Lírica medieval  1.Nacemento da lírica  2.Cronoloxía  3.Poetas: autores e intérpretes  4.Códices  5. Corpus poético medieval  5.1. Cancioneiro profano  5.2. Cancioneiro relixioso  6. Xéneros  6.1. Xéneros maiores  6.2. Xéneros menores
  • 3. 1 Nacemento da lírica •Antes do nacemento da lírica nace a épica: primeiro como cantos e narracións orais que contaban as fazañas de heroes lendarios: OS CANTARES ÉPICOS •Esta tradición xorde desde o mesmo século VIII no mundo cultural xermánico. Así nas distintas variedades do antigo alemán compóñense extensos poemas narrativos como: O Cantar dos Nibelungos ou O Cantar de Ludovico Imaxe da 1ª folla do Cantar dos Nibelungos
  • 4. Adaptación da épica nas linguas romances É en Francia onde a épica encontra mellor acomodo dando lugar a un cento de CANTARES DE XESTA, destaca: A Chanson de Roland de fins do XI Imaxes de escenas da Chanson de Roland
  • 5. Adaptación da épica nas linguas romances Na Península o único poema épico conservado integramente é : O Cantar de Mio Cid do que se conserva unha única copia do século XIV
  • 6. Nace a poesía trobadoresca  A mediados do XII cambian os gustos literarios coincidindo cunha relaxación dos hábitos guerreiros, un refinamento dos costumes e unha revalorización do papel social da muller. É neste ambiente no que xorde unha puxante poesía lírica en lingua romance de temática fundamentalmente amorosa e que segue as regras do amor cortés: A POESÍA TROBADORESCA que ten a súa orixe no sur de Francia, concretamente no Ducado de Aquitania en tempos do duque Guillelme IX (1071- 1126), primeiro trobador e primeiro mecenas. Ducado de Aquitania
  • 7. Nace a poesía trobadoresca  Primeiro el e despois a súa neta Alienor de Aquitania(1122-1204) protexen as artes e amparan unha extensa corte literaria que se converte en exemplo de refinamento e bo gusto, primeiro para o resto da nobreza do sur de Francia e despois para toda Europa.  Nacerá así a LÍRICA PROVENZAL que chegou a contar con case 350 trobadores e un corpus lírico de máis de 2500 composicións.  Encontrou imitadores axiña: Nas cortes fronteirizas do reino de Aragón e do Piemonte italiano xurdiron a escola catalá e italiana que trobaron en provenzal.
  • 8. A escola lírica galego-portuguesa  É neste contexto europeo no que hai que situar a aparición da escola lírica galego-portuguesa.  VÍAS DE PENETRACIÓN DA POESÍA TROBADORESCA: 1. O camiño de Santiago 2. Os monxes de Cluny 3. Os contactos nobiliares
  • 9. A escola lírica galego-portuguesa  A lírica medieval galego-portuguesa é un fenómeno cultural do que van participar as cortes reais e señoriais do toda a Península (coas excepcións do dominio lingüístico catalán e dos reinos musulmáns). Encontramos, pois, trobadores e xograres non só galegos e portugueses , hainos tamén casteláns, leoneses, aragoneses… POR QUE? Hai tres causas fundamentais: 1. O grao de proximidade lingüística entre os romances occidentais da Península. 2. A frecuente identificación entre un determinado romance e un xénero literario: francés e castelán coa ÉPICA, provenzal e galego-portugués coa LÍRICA 3. O papel preponderante de Galicia e da súa nobreza no conxunto dos reinos occidentais.
  • 10. 2 Cronoloxía Escola lírica galego-portuguesa  Etapa primitiva (1196-1245): Comprende as composicións máis antigas das conservadas (a primeira é “Ora faz ost´o senhor de Navarra” do nobre portugués afincado na corte aragonesa Joan Soares de Paiva). A ela pertencen os poetas máis antigos dos cancioneiros: Meendinho, Bernal de Bonaval, Paio Gómez Charinho, Pero da Ponte, Martín Códax etc. http://youtu.be/Q_1EDSpz-fE
  • 11. Cantiga de Meendinho Cantiga de Joao Soares de Paiva
  • 12. 2 Cronoloxía Escola lírica galego-portuguesa  Esplendor ou Idade de ouro (1245-1354)  Período afonsino (1245- 1284): coincide cos reinados de Afonso III en Portugal e Afonso X en Castela. O centro difusor do lirismo sitúase na corte de Toledo Afonso X  Período dionisíaco (1284-1325): Coincide co reinado do rei D.Dinis de Portugal, mecenas de trobado- res e trobador destacado á vez. O centro difusor do lirismo despráza- se á corte deste rei. D. Dinís  Período postdionisíaco (1325-1354): remata coa morte do Conde de Barcelos, Pedro de Portugal, derradeiro mecenas e derradeiro trobador da escola lírica galego-portuguesa. D. Pedro de Portugal
  • 13. 2 Cronoloxía Escola lírica galego-castelá  Decadencia (1354-1445) A mediados do século XIV os gustos literarios cortesáns mudan a favor dos LIBROS DE LIÑAXES e da PROSA HISTÓRICA e de FICCIÓN. A poesía trobadoresca entra nunha fase de declive, empeza a ser considerada como unha moda anticuada. Ata mediados do XV aínda prevalece certo desexo de imitar os antigos trobadores, consérvanse cantigas deste período de decadencia nun cancioneiro castelán do século XV: OCANCIONEIRODE BAENA (1445) Os poetas e composicións deste período pertencen ao que se coñece como : Escola galego-castelá Son poetas bilingües que escriben en galego e castelán p. ex. Macías o Namorado
  • 14. Monumento a Macías o Namorado
  • 15. 1º folio do Cancioneiro de Baena CANCIONEIRODE BAENA
  • 16. 3 Poetas: Autores e intérpretes O concepto actual de poeta é inaplicábel á cultura trobadoresca. No seu lugar atopamos unha rica variedade de personaxes diferenciados polo: • Status social • Nivel cultural • Rol artístico que desempeñan TROBADOR Trobador significa o compositor de “tropos” (versos). Ocupaba o nivel máis alto na xerar- quía social e artística: era poeta e compo- sitor (autor da letra e da música). No ámbito galego-portugués eran trobado- res só os de condición nobre. Hai trobadores que eran membros da alta nobreza como: reis ( Afonso X, D. Dinís), infantes (conde de Barcelos), altas dignidades (Paio Gó- mez Charinho); aínda que a maioría pertencían a liñaxes secundarias: Joan García de Guillade, Paio Soares de Taveirós, Pero D´Ambroa , Afonso Eanes de Coton, etc. Algúns trobaban por pracer ou refinamento cultural diante dun público aristocrático, non obstante a maioría tiñan o seu servizo un ou varios xograres.
  • 17. 3 Poetas: Autores e intérpretes XOGRARES O termo “xograr” vén do latín: JOCULATOR que significa “bromista, simpático”. En realidade había moitos tipos de xograres, entre os que se atopaban os bufóns que tiñan como principal misión entreter provocando a hilaridade, mais o xograres propiamente ditos eran os intérpretes das cantigas. No ámbito provenzal estaban ao servizo dun trobador e limitábanse a interpretar as can- tigas deste. No ámbito galego-portugués a relación era máis complexa: en realidade considérabase que só os trobadores, que eran nobres, podían tro- bar, porén houbo bastantes xograres (que eran de orixe humilde) que o fixeron: nos cancio- neiros aparecen 36 . Pero tal atrevemento non lles saía de balde. Cítanse co nome ou alcume e lugar de procedencia: Meendinho, Bernal de Bonaval, Joao Zorro, etc.
  • 18. 3 Poetas: Autores e intérpretes SEGREIS Este personaxe é exclusivo da lírica peninsular. Trátase dun trobador profesional que compón e interpreta cobrando pola súa interpretación. Procedían da baixa nobreza. MENESTREIS Os menestreis eran os instrumentistas. Só tocaban os instrumentos musicais... SOLDADEIRAS Eran as mulleres que danzaban e facían exercicios ximnásticos durante a interpre- tación da cantiga. Tiñan mala reputación. Unha das máis famosas foi María a Balteira que era de terras de Betanzos.
  • 19. 4 Códices O corpus da lírica medieval galego-portuguesa coñecido na actualidade está formado por:  máis de 1680 textos profanos  e 427 relixiosos pertencentes a máis de 150 poetas distintos. Chegou a nós a través de 8 manuscritos. Tendo en conta a época de redacción distingui- mos:  Manuscritos contemporáneos á época na que se estaba desenvolvendo a produción lírica. Datados a fins do XIII, principios do XIV  Apógrafos renacentistas Copiados nos séculos XVI e XVII a partir de códices medievais hoxe perdidos
  • 20. MANUSCRITOS DE FINS DO XIII PRINCIPIOS DO XIV oCANCIONEIRODA AJUDA Chamado así por atoparse no Pazo portugués da Ajuda, en Lisboa. Probablemente foi compilado na corte poética de D. Dinís ou de Afonso X. Está formado por 310 cantigas de amor de 38 poetas distintos. Non conserva a notación musical. http:///blocdelletres.ub.edu/2011/11/28/cantigas- medievais-galego-portugue 4 Códices
  • 22. 4 Códices  Pergamiño vindel Esta folla de pergamiño que contén as sete cantigas de amigo de Martín Códax foi descuberta a principios do século XX polo libreiro madrileño Pedro Vindel, de aí o seu nome, como forro doutro libro. Actualmente atópase na biblioteca“Pierpont Morgan” de New York, xa que tras o achádego de Pedro Vindel foi comprado por un musi- cólogo que o levou a unha biblioteca sueca, cando este morreu os seus herdeiros vendé- ronllo a un bibliófilo que o puxo á venda en Londres e, tras anos desaparecido, en 1977 reapareceu na biblioteca neoiorquina. Todas as cantigas, agás unha, conteñen a súa notación musical.
  • 25. 4 Códices  Pergamiño sharrer Tamén chamado Manuscrito da Torre de Tombo. Foi descuberto polo profesor norteamericano Harvey L. Sharrer en 1990, despois de servir durante catro séculos de forro para un libro de rexistros notariais. Contén sete cantigas de amor do rei D. Dinís acompañadas da súa notación musical. Probablemente se trate dunha folla solta dun cancioneiro hoxe perdido do que non obstante hai referencias escritas , sería o Livro das trovas del Rei D. Dinís. Atópase no Arquivo Nacional da Torre de Tombo en Lisboa, o lugar no que foi atopado.
  • 27. Arquivo Nacional da Torre de Tombo
  • 28. 4 Códices  Cancioneiroda biblioteca nacionalde lisboa Descuberto a finais do XIX na biblioteca dos condes Brancuti . Mandado copiar polo humanista italiano Ángelo Colocci. É o máis amplo dos cancioneiros da lírica medieval: 1647 cantigas de todos os xéneros de 150 autores distintos. Parece que é copia do Livro das cantigas do conde D. Pedro. Contén un tratado de poética medieval: A arte de Trovar que está incompleto. APÓGRAFOSRENACENTISTAS
  • 29. Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa
  • 32. 4 Códices  CANCIONEIRODA VATICANA  CANCIONEIRODE BERKELEY Estes dous cancioneiros son dúas copias iguais. O primeiro atópase en Roma, na Biblioteca Vaticana. Ten 1200 cantigas. O segundo é unha copia deste descuberta en Madrid en 1857, pero perdido o seu rastro durante anos ata que se atopou en 1983 na universidade de Berkeley, en California. Son copia mandada facer tamén por Angelo Colocci ,do mesmo manuscrito medieval. APÓGRAFOS RENACENTISTAS
  • 36. 5 Corpus poético medieval Cancioneiro profano Está formado por máis de 1680 textos. Clasíficanse en:  XÉNEROSMAIORES: de temática amorosa:  As cantigas de amigo  As cantigas de amor de temática satírica:  Cantigas de escarnio e maldicir  XÉNEROSMENORES:  Tenzón  Pranto  XÉNEROSCONTAMINADOS:  Pastorela Cancioneiro relixioso 427 composicións que constitúen as:  Cantigas de Sta. María
  • 37. Cancioneiro profano  Cancioneiro erótico: Cantiga de amigo • Ria Lemaire ,especialista en literatura medieval e autora do libro-disco CORES DO ATLÂNTICO,( www.coresdoatlantico.com ) expón a súa teoría sobre a autoría feminina das cantigas de amigo baseadas na tradición oral galego-portuguesa.  Orixe autóctona: raíces moi antigas (Canción feminina de amor)  Emparentada coas “kharjas”: Garid vos, ay yermanellas Ko´m kontener he mew male! Sin al-habib non bibreyo: ¿Ad ob l´irey demandare?  Voz poética feminina  Dialogadas ou monologadas  Tema máis reiterado: ausencia do amigo  Identificación: aparición da palabra “amigo”  Importancia da natureza e o seu aproveitamento simbólico.  Clasificación temática:  Mariñas ou barcarolas  Cantigas de romaría  Bailadas ou bailías  Outros temas  Características formais
  • 38. Cantiga de amigo: características formais  O refrán Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ay Deus, se verrá cedo! Ondas do mar levado, se vistes meu amado? E ay Deus, se verrá cedo Se vistes meu amigo, o por que eu sospiro? E ay Deus, se verrá cedo Se vistes meu amado, 0 por que ey gran coydado? E ay Deus, se verrá cedo!
  • 39. Cantiga de amigo: características formais  O paralelismo: Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ay Deus, se verrá cedo! Ondas do mar levado, se vistes meu amado? E ay Deus, se verrá cedo Se vistes meu amigo, o por que eu sospiro? E ay Deus, se verrá cedo Se vistes meu amado, 0 por que ey gran coydado? E ay Deus, se verrá cedo!
  • 40.  Leixaprén: -Ai flores, ai flores do verde pino, se sabedes novas do meu amigo? Ai Deus, e u é? Ai, flores, ai flores do verde ramo, se sabedes novas do meu amado? Ai Deus, e u é? Se sabedes novas do meu amigo, aquel que mentiu do que pos comigo? Ai Deus, e u é? Se sabedes novas do meu amado aquel que mentiu do que mi ha jurado? Ai Deus, e u é? -Vós me preguntades polo voss´amigo e eu bem vos digo que é san´e vivo Ai Deus, e u é? Vós me preguntades polo voss'amado, e eu ben vos digo que é viv'e sano. Ai Deus, e u é? E eu ben vos digo que é san'e vivo e seerá vosc'ant'o prazo saído. Ai Deus, e u é? E eu ben vos digo que é viv'e sano e seerá vosc'ant'o prazo passado. Ai Deus, e u é? Cantiga de amigo: características formais
  • 41. Cantiga de amigo: clasificación temática http://youtu.be/IhrtApWvyjg  Bailadas ou bailías: incitaciónaobaile Bailemosnós jatodastres,aiamigas, soaquestasavelaneirasfrolidas equenforvelida,como nós,velidas, seamigoamar, soaquestasavelaneirasfrolidas verrábailar. Bailemosnós jatodastres,aiirmanas, soaquesteramodestasavelanas equenforlouçana,como nós,louçanas seamig'amar, soaquesteramodestasavelanas verrábailar. Por Deus,ai amigas,mentr'alnonfazemos, soaquesteramofrolidobailemos equenben parecer,como nósparecemos, seamig'amar, soaquesteramoso'l que nósbailemos verrábailar. AirasNunez
  • 42. Cantiga de amigo: clasificación temática  Mariñas ou barcarolas:presenza do marque pode ter varias funcións  Elementodeseparación  Confidente da amiga  Simbolizar a paixónamorosa Son as máis fieis aos modelos tradicionais, conorixe probablemente nalírica pretrobadoresca. Os máis importantes cultivadores son, maioritariamente, xograres galegos Mia irmana fremosa, treides comigo a la ygreia de Vigo, u e o mar salido. E miraremos las ondas. Mia irmana fremosa, treides de grado a la ygreia de Vigo, u e o marlevado. E miraremos las ondas. A la ygreiade Vigo, u e o mar salido, e verra i mia madre e o meu amigo. E miraremos las ondas A la ygreiade Vigo, u e o marlevado, e verra i mia madre o meu amado E miraremos las ondas. Martín Códax
  • 43. Cantiga de amigo: clasificación temática  Cantigas de romaría: a amiga acode aunharomaría. Étan importante a festa coma o santuario. Poysnossasmadresvama SamSimon de Valde Pradoscandeasqueymar, nós,asmeninhas,punhemosd'andar comnossasmadres,e elasenton queymencandeaspornós eporssy, e nós,meninhas,baylaremoshy. Nossosamigostodosláhiran pornosveer,e andaremosnós, baylandoant'eles,fremosasencós, e nossasmadres,poysque alávan, queymencandeaspornós eporssy, e nós,meninhas,baylaremoshy. Nossosamigoshiranporcousir comobaylamos,epodenveer baylarmoçasdebom parecer, e nossasmadres,poyslá querenhir, queymencandeaspornós eporssy, e nós,meninhas,baylaremoshy. Pero Viviaez
  • 44. Cantiga de amigo: clasificación temática Estaclasificaciónnonabranguetodasascantigasdeamigo.Paraasdemaispodería falarsede: • Cantigas da fonte • Cantigas de naie filla • Cantigas de confidente • Cantigas de ciúmes • Etc.
  • 45. Cantiga de amigo: clasificación temática Cantiga da fonte: Pormui fremosaquesanhudaestou ameu amigo,que me demandou que ofoss'eu veer ala font',u os cervos vanbever. Nonfac'eutortode milh'assanhar, pors'atreverel demedemandar que ofoss'eu veer ala font',u os cervos vanbever. Afeitome tenja porsandía, queel hoje non ven, masenvía que ofoss'eu veer ala font',u os cervos vanbever. Pero Meogo
  • 46. Cantiga de amigo: clasificación temática Cantiga de nai e filla: Comovivo coitada,madre,pormeu amigo, cam'enviou mandadoquesevai noferido, eporel vivo coitada! Comovivo coitada,madre,pormeu amado, cam'enviou mandadoque sevai nofossado, eporel vivo coitada! Cam'enviou mandadoque sevai no ferido, eu aSantaCecilia decoraçóno digo, eporel vivo coitada! Cam'enviou mandadoque sevai no fossado, eu aSantaCecilia decoraçóno falo, eporel vivo coitada! Martín de Ginzo
  • 47. Cantiga de amigo: Clasificación segundo a maior ou menor fidelidade aos modelos tradicionais • Cantigade amigo tradicional (todasas daescolma detextos) • Cantigade amigo contaminada • Cantigade amigo trobadoresca •
  • 48. Cantiga de amigo contaminada Amiga, muit´ágran sazon que se foi d´aquicom el-rei meuamigo; mais já cuidei mil vezes no meucoraçon que algurmorreucom pesar, pois non tornou migo falar. Porquetarda tan muito la, e nuncame tornou veer, amiga, si veja prazer, mais de mil vezes cuidei já que algur morreucom pesar, pois non tornou migo falar . Amiga, o coraçon seu era de tornarced´aqui uvisse os meus olhos em mi por em mil vezes cuid´eu que algurmorreucom pesar, pois non tornou migo falar D.Dinís
  • 49. Cantiga de amigo trobadoresca Morr´o meu amigo d´amor e eu non no lhi creo bem, e el mi diz logo por em ca verrá morrer u e u for, e a mi praz de coraçon por veer se morre, se non. Enviou-m´el assi dizer: que el por mesura de mi que o leixasse morrer aqui e o vexa, quando morrer, e a mi praz de coraçon, por veer se morre. se non Mais nunca já crea molher que por ela morren assi, ca nunca eu esse tal vi, e el moira, se lhi prouguer, e a mi praz de coraçon, por veer se morre, se non
  • 50. Cantiga de amigo: Clasificación segundo o modo poético • Narrativas: nonsedirixeaningún destinatarioexplícito, predominaa 3ªpersoa. Exemplos:textos2, 6 e8 • Monologadas:utilizaa1ªpersoa,diríxeseexplicitamentea um destinatario,que nonintervén. Exemplos:textos5, 7 e11 • Dialogadas:Hai dúasoumáis voces.Dialogacoanai, oamigo, asamigas,elementos danatureza... Exemplos:textos10 e12
  • 51. Cantiga de amigo: os personaxes *A amiga *O amigo *As irmás e as amigas *A nai
  • 52. Cancioneiro profano Cancioneiro erótico: Cantiga de amor Identificación. Orixe  A cançó e o código do amor cortés As nosas cantigas: temas fundamentais Características formais.
  • 53. Cantiga de amor A dona que eu am'e tenho por senhor amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for, se nom dade-mi-a morte. A que tenh'eu por lume d'estes olhos meus e por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus, se nom dade-mi-a morte. Essa que vós fezestes melhor parecer de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer, se nom dade-mi-a morte. Ai, Deus! qui mi-a fezestes mais ca mim amar, mostrade-mi-a u possa com ela falar, se nom dade-mi-a morte. Bernal de Bonaval http://sondepoetas.blogspot.com.es/2007/12/dona-que-eu-ame-tenho-por-senhor.html
  • 54. Identificación: Fala el. “Com´ome que ensandeceu, sennor, con gran pesar que viu e non foi ledo nen dormiu…”  Aparece a palabra “senhor” xa nos 1º versos. “En gran coita senhor” (texto 4) “ A mia senhor, que me ten en poder” (texto 3) “ A dona que eu am´e tenho por senhor” (texto 6) Cantiga de amor
  • 55. Orixe: A cançó Os nosos poetas son conscientes da débeda coa cançó: “ Quer´eu en maneira de proençal” (texto 1) Mais tamén das diferenzas: Proençais soen mui ben trobar e dizen eles que é con amor, mais os que troban no tempo da flor e non en outro, sei eu ben que non han tan gran coita no seu coraçon qual me eu por minha senhor vejo levar. (…) D. Dinís Cantiga de amor
  • 56. O código do amor cortés: o Idealización absoluta do amor, libre de convencións sociais e morais o Vasalaxe amorosa: o home é o vasalo da muller,a súa senhor o Amor cortés: sinal de distinción social, propio da aristocracia. o A muller: cúmulo de perfeccións. o Amor= camiño de elevación moral o Dura aprendizaxe que debe seguir o namorado: o FENHEDOR o PRECADOR o ENTENDEDOR o DRUT o Esta aprendizase remata no JOI o O namorado debe ter necesariamente a calidade da MESURA. Cantiga de amor
  • 57. NA CANTIGA DE AMOR … • Non hai referencia á natureza • O namorado nunca é correspondido: así pois non chega a drut e non hai joi • Desenvólvense catro temas fundamentais: ELOXIO DA DONA DECLARACIÓN DE AMOR DO POETA RESERVA DA DONA COITA DE AMOR Cantiga de amor
  • 60. Características formais:  A )COMÚNS COA CANTIGA DE AMIGO Segundo teñan ou non refrán: • Cantigas de refrán (textos 4,5,6 e 7) • Cantigas de mestría (textos 1,2 e 3) Tipo de rima: Rima macho (aguda): textos 1,2,3,4,5 e 7 Rima femia (grave): refrán do texto 6 Cantiga de amor
  • 61. Tipo de cobras segundo a rima: Cobras unissonans (textos 1,3 e 5) Cobras doblas (textos 13) Cobras singulars (textos 2,4,6 e 7) Cobras alternadas (textos 1,5,6..pax.260-61) Cantiga de amor
  • 62. Recursos formais: Dobre: “Pois sempre á en vós mesura e todo ben e cordura, que Deus fez en vós feitura qual non fez en mulher nada, doede-vos por mesura de min, senhor ben talhada.” Mordobre: “Se eu pudesse desamar a quen me sempre desamou, e podesse algun mal buscar a quen me sempre mal buscou!” Cantiga de amor
  • 63. Recursos formais: Fiinda: (texto 4) “Vi por gram mal de mi, pois tan coitad´and´eu” Ata- fiinda: (texto 4) “En gran coita, senhor, que peior que mort´é, vivo per boa fe, e polo voss´amor esta coita sofr´eu por vós, senhor, que eu Vi polo meu gran mal; e melhor mi será…” Cantiga de amor
  • 64. Recursos formais: Palabra perduda: “Deus, meu senhor, se vos prouguer, vos me tolhede este poder que eu ei de muito viver; ca, mentr´eu tal poder ouver de viver, nunca perderei esta coita que og´eu ei d´amor eno meu coraçon. Ca mi- a faz aver tal molher que nunca mi-á ren de fazer, per que eu poss´a perder; que, enquant´eu viver poder, por esto a non poderei perder per ren, mais averei d´ela mais, con mui gran razon. Cantiga de amor
  • 65. Análise de cantigas A San Servand´, u ora van todas orar, madre velida, por Deus vin vo-lo rogar que me leixedes alá ir, a San Servand´, e se o meu amigo vir, leda serei, por non mentir. Pois mi dizen do meu amigo ca i ven, madre velida e senhor, faredes ben que me leixedes alá ir, a San Servand´o e, se o meu amigo vir, leda serei,por non mentir. Pois todas i van de grado oraçon fazer madre velida, por Deus venho-vo-lo dizer que me leixedes alá ir, a San Servand´, e se o meu amigo vir leda serei, por non mentir. Joao Servando
  • 66. Análise de cantigas Que soidade de mia senhor ei quando me nembra d´ela qual a vi, e que me nembra que ben a oí falar; e, por quanto ben d´ela sei, roqu´eu a Deus que end´á o poder, que mi a leixe, se lhi prouguer, veer cedo; ca, pero mi nunca faz ben, se a non vir, non me posso guardar d´ensandecer ou morrer con pesar; e porque ela tod´en poder ten, rogu´eu a Deus que end´á o poder, que mi a leixe, se lhi prouguer, veer cedo; ca tal a fez Nostro Senhor, de quantas outras no mundo son non lhi fez par, a la minha fé, non; e, poi-la fez das melhores melhor, rogu´eu a Deus que end´á o poder, que mi a leixe, se lhi prouguer, veer cedo; ca tal a quiso Deus fazer, que , se a non vir, non poso viver. D. Dinís
  • 67. Cancioneiro profano Cancioneiro de burlas: Cantigas de escarnio e maldicir Orixe  O sirventés provenzal Distinción entre escarnio e maldicir Temática: clasificación Características formais.
  • 68. Cantigas de escarnio e maldicir Foi un día Lopo jograr a cas dun infançon cantar; e mandoulh´ele por don dar tres couces na garganta; e fui-lh´escass´a meu cuidar, segundo com´el canta. Escasso foi o infançon en seus couces partir en ton, ca non deu a Lopo enton, mais de tres na garganta; e mais merece o jograron; segundo com´el canta. Martim Soares
  • 69. Cantigas de escarnio e maldicir Martín jograr, que gran cousa já sempre con vosco pousa vossa molher! Veedes m´andar morrendo, e vós jazedes fodendo vossa molher! Do meu mal non vos doedes, e moir´eu, e vós fodedes vossa molher! J. García de Guillade
  • 70. Cantigas de escarnio e maldicir Orixe O sirventés provenzal é o modelo das nosas cantigas de burlas: relación Distinción ESCARNIO e MALDICIR: “Cantigas de escarnio som aquelas que os trobadores fazem querendo dizer mal d´alguem en elas e dizen-lho pro palavras cubertas que hajan dous entendementos… e estas palabras chaman os clérigos hequivocatio” “Cantigas de maldizer son aquelas que fazem os trobadores descubertamente. En elas entram palabras que queren dizer mal e non aver outro entendimento se non aquel que querem dizer chaamente” Arte de Trovar
  • 71. Cantigas de escarnio e maldicir Temática Moito máis variada que no c. amoroso. Son unha radiografía da sociedade da época (achegan valiosa información) Realizan unha sátira predominantemente persoal.
  • 72. Cantigas de escarnio e maldicir Temática: clasificación  SÁTIRA POLÍTICA:  Entrega dos castelos ao conde de Boloña (critícase os cabaleiros que traizoaron o rei Sancho II apoiando ao usurpador Afonso III)  Covardía dos nobres que abandonaron a Afonso X na guerra de Granada “D. Foao, que eu sei que á preço de livao, vedes que fez en guerra –daquesto soo certao: sol que viu os genetes, come boi que fer tavao, sacudiu-se e revolveu-se al- çou rab´e foi sa via a Portugal ” (…) D. Afonso Mendes de Besteiros
  • 73. Cantigas de escarnio e maldicir Temática: clasificación • SIRVENTÉS MORAL: “Amigos, cuid´eu que Nostro Senhor non quer no mundo já mentes parar; ca o vejo cada dia tornar de ben en mal e de mal en peior; ca vejo maos sobr´eles poder; poren non ei da mia morte pavor” (…) Martín Moxa
  • 74. Cantigas de escarnio e maldicir Temática: clasificación  SÁTIRA LITERARIA: Mala ventura mi veña se eu pola de Beleña de amores hei mal E confóndame S. Marcos se pola doncela de Arcos de amores hei mal. Mal mi veña cada día se eu por dona María de amores hei mal (…) Roi Paes de Ribela
  • 75. Cantigas de escarnio e maldicir Temática: clasificación  SÁTIRA LITERARIA:  Ciclo das amas ou tecedeiras Esta ama, cuj´e Joan Coelho per boas mahas que soub´aprender, cada u for, achará bon conselho: ca sabe ben fiar e ben tecer e talha mui ben bragas e camisa; e nunca vistes molher da sa guisa que mais limpia vida sabia fazer; Ant´é oje das molheres preçadas qie nós sabemos en nosso logar, ca lava ben e faz boas queijadas e sabe ben moer e amassar e sabe muito de boa leiteira (…) Fernao Garcia Esgaravunha
  • 76. Cantigas de escarnio e maldicir Temática: clasificación  SÁTIRA SOCIAL,DE COSTUMES E PERSOAL As c. de burlas teñen tendencia a concretar nunha persoa as críticas a grupos ou costumes sociais:  Os infanzóns e cabaleiros pobres  Os cregos, frades e monxas  Cantigas obscenas (s. todo contra a soldadeira María a Balteira SÁTIRA XOGRARESCA
  • 77. Cantigas de escarnio e maldicir Temática: clasificación Sátira contra infanzons e cabaleiros pobres: “Un infaçon mi ha convidado que sexa seu xantar loado par mi, mais eu nono hei guisado; e direivos por que mi avén: ca xa des antano hei xurado que nunca diga de mal ben.” (…) Airas Nunes Cantigas contra cregos, frades e monxas: (escoma de textos, nº 12)
  • 78. Cantigas de escarnio e maldicir Temática: clasificación Cantigas obscenas: Marinha, en tanto folegares, tenho eu por desaguisado; e soo mui maravilhado de ti, por non rebentares: ca che tapo eu daquesta minha boca a ta boca, Marinha; e con estes narizes meus tapo eu, Marinha, os teus; e co´as maos as orelhas, os olhos e as sobrencelhas; tapo- t´ao primeiro sono da mima pissa o teu cono como me non vej´a nenguu, e dos colhoes esse cu. Como non rebentas, Marinha? Afonso Eanes de Coton
  • 79. Cantigas de escarnio e maldicir CARACTERÍSTICAS FORMAIS A única novidade é que estas cantigas presentan a maioría unha estrutura característica: • Na 1ª cobra preséntase o motivo central da composición (se é sátira persoal cítase polo seu nome o personaxe satirizado) • Nas restantes amplifícase a burla inicial ou glosase mediante recursos paralelísticos • En moitas ten grande importancia a narratividade (desenvolven unha pequena anécdota argumental) Ex. Textos da escolma.