SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 12
Baixar para ler offline
Linguas de diáspora
Índice

   1. ¿Que é unha lingua de diáspora?. Diferenciación entre cales se consideran neste
      texto linguas de diáspora e cales non.
   2. Escolma e descrición das seguintes linguas de diáspora: sefardí, arromanés,
      meglenorromanés e romaní. Situación en que se atopan.

Bibliografía

Caballero Rodríguez, O. “Aproximación sociolingüística a la comunidad gitana rom de
Colombia” en Condicionamiento de la Expresión a Necesidades Mnemotécnicas en los
Relatos de la Tradición oral de la Comunidad Gitana Rom de Colombia, FORMA Y
FUNCIÓN 14 (2001), páginas 67-82. Departamento de Lingüística, Universidad
Nacional de Colombia, Bogotá. D.C.

Costas, X.H. “O Arromanés e meglenorromanés” en Guía das linguas de Europa,
Santiago de Compostela, 2002, Edicións Positivas.

Jiménez González, N. “¿El romanó, el caló, el romanó-kaló o el gitañol? Cincuenta y
tres notas sociolingüísticas en torno a los gitanos españoles” en Anales de Historia
Contemporánea, 2009, Nº 25. Edicións da Universidade de Murcia. P. 149-161.

Matras, Y.; Reershemius, G. “Standardization Beyond the State: The Cases of
Yiddish, Kurdish and Romani” en Standardization of nacional languages/ Symposium
on language standardization, Von Gleich, U.; Wolff, E. (eds.). Hamburgo, 2-3 Febreiro
1991. Unesco Institute for Education, 1991. P. 103-123.

Salinas Catalá, J. “Un viaje a través de la historia de la escolarización de las gitanas y
gitanos españoles” en Anales de Historia Contemporánea, 2009, Nº 25. Edicións da
Universidade de Murcia. P. 165-166.

Bibliografía consultada para o sefardí:
http://www.proyectos-saluda.org/index.php?
option=com_content&task=view&id=2434&Itemid=122
http://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_judeoespa%C3%B1ol
http://www.vallenajerilla.com/berceo/florilegio/vidalsephiha/ladino1.htm
http://www.proel.org/index.php?
pagina=mundo/indoeuro/italico/romance/iberorromance/judeoespa
http://www.lateinamerika.uni-
koeln.de/fileadmin/bilder/ip_2010/m.nieweglowska_trabajo.pdf




                                                                                             2
¿Que é unha lingua de diáspora?. Diferenciación entre cales se consideran
neste texto linguas de diáspora e cales non.
       Entendo neste texto como linguas de diáspora aquelas que pertencen a unha
comunidade de persoas que está espallada por distintas rexións da xeografía terrestre e
que as súas linguas non están recoñecidas oficialmente nos distintos estados onde están
integradas esas comunidades (nin recoñecidas oficialmente no lugar de orixe). Algunhas
nun momento da historia foron comunidades emigradas, outras simplemente están
dacabalo entre fronteiras políticas distintas (e non recoñecidas en ningún dos países
onde está distribuída a comunidade). É dicir, distingo dous tipos de linguas de diáspora:
(i) a migración dunha comunidade de falantes dunha mesma lingua cara a destinos
distintos e asentándose nese destino coa preservación da lingua e cultura de orixe,
formando nese novo destino unha propia comunidade lingüística e cultural non
recoñecidas; (ii) linguas que quedaron partidas por fronteiras administrativas, que non
están recoñecidas e que son minorizadas nos estados en que se reparten.
       “Linguas de diáspora” é un termo tirado do inglés diaspora languages, onde se
integran estas linguas. Tamén se poden recoñecer como linguas desterritorializadas (por
falárense en varios estados) ou mesmo linguas sen estado.
       Son linguas en situación de minorización, que apenas se serven ou non se serven
de organismos para a súa regulación, defensa ou recoñecemento oficiais. En moitos
casos as comunidades de falantes destas linguas sufriron procesos de marxinación ou
exclusión, polo que o sentimento de identidade foi sempre moi forte para estas persoas.
Isto fixo que a mantenza da lingua e consecuentemente da cultura que acompaña a esa
lingua se fixese posible. Cando falamos de linguas de diáspora podemos estar pensando
en linguas con pouco potencial de falantes ou case extintas, pero vemos que isto é moi
dispar: o romaní, a lingua dos pobos xitanos, calcúlase que ten arredor duns 5 millóns
de falantes. O sefardí ou xudeu-español, e o arromanés, que xunto coas anteriores son
as linguas tratadas neste texto, gozan dunha saúde bastante máis delicada: 150.000 e
300.000? falantes aproximadamente. O meglenorromanés tan só é falado por arredor de
10.000 persoas. Estas catro últimas van ser as linguas sobre as que hei falar.
       Aínda que aquí me remita unicamente a linguas faladas en Europa e mesmo en
Sudamérica (ata onde chega o sefardí e tamén o romaní), a situación de linguas de
diáspora esténdese por Asia, América, e África. A modo de cita cabe destacar a
situación do aleutiano, unha das linguas esquimós, que se fala dende Rusia ata EE UU e



                                                                                       3
Canadá e que non ten ningún rango de recoñecemento oficial. En 1995 posuía 305
falantes (http://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_aleutiano).
       En África a situación de linguas de diáspora é abundante, como en Asia: por
citar algún exemplo como o idioma berta (falado en Sudán e Etiopía, non recoñecido
nin regulado), como o tamazight, falado por xente bérber en Marrocos e Alxeria e que
conta cuns tres millón se medio de falantes. Linguas que están na mesma situación en
Asia: o xavanés, é unha lingua falada por 80 millóns de persoas entre Indonesia,
Malaisia, Timor Oriental, Nova Caledonia e Surinam (Sudamérica) pero que non ten
recoñecemento oficial nin regulación algunha.
       Polo tanto, tan só considero neste traballo como linguas de diáspora aquelas que
non teñen recoñecemento oficial, ou que teñen un lixeiro recoñecemento pero que non
están integradas no sistema educativo e non se promove por parte das administracións
ningunha acción por integrala na sociedade (por exemplo o caso do sefardí, ou o
arromanés, que se recoñece en Macedonia como “lingua minoritaria”, é un
recoñecemento insignificante, tan só de papel e véxase con que categoría ). Sofren todas
o fenómeno da minorización lingüística, e nalgúns casos marxinacións e represións dos
falantes de arromanés, meglenorromanés ou romaní. É dicir, dentro do malo, estas tres
últimas están no eslavón máis baixo, e todas nun grave perigo de desaparición.


       Escolma de linguas de diáspora, descrición das linguas e situación en que se
encontran.
       O sefardí: É unha lingua falada en Israel, Turquía, Bosnia Hercegovina, Grecia,
República de Macedonia, Bulgaria e Marrocos. Conta na actualidade cuns 150.000
falantes. Pertencente á familia indoeuropea, a súa subdivisión é a seguinte: é unha
lingua románica, do grupo occidental, ibérico, coñecida como xudeu-español.
       Está recoñecida por Israel e regulada pola Autoridade Nasionala del Ladino,
situada en Israel. Ladino é un dos nomes polo que se coñece a esta lingua. Comezou a
chamarse así porque se traducía os libros da liturxia hebrea, inintelixibles para moitos
practicantes, á forma latina do castelán medieval. Os sefardís foron os xudeus
expulsados da Península Ibérica que refusaron converterse ó catolicismo (RR CC,
Edicto de Granada, 31 de Marzo de 1492), e que levaron consigo a lingua que falaban e
transmitírona ata a actualidade. Pode dicirse que é un español antigo, que apenas
evolucionou. É unha lingua diferente pero totalmente intelixible.



                                                                                         4
O nome de Sefardí: na tradición xudía e en hebreo Sefarad identifícase coa
Península Ibérica. É un nome biblíco que aparece no contexto de cando a destrución de
Xerusalén, moitos xudeus foron expulsados a Sefarad. Hoxe crese que a identificación
Sefarad- Península Ibérica é falsa. Os sefardís a maioría das veces refírense á súa lingua
como espanyol (grafía propia). O termo “xudeu-español” fíxose necesario para
distinguilo do español moderno.
        Considérase lingua minorizada por estar na actualidade en perigo de morte, pois
a perda nas comunidades sefardís é progresiva quedando restrinxida ó ámbito familiar,
que en moitos casos non o transmite. En Israel acontece o mesmo, aínda que algúns
descendentes están intentando recuperala como apunto máis adiante. Aquí coma en
España o único que hai son institucións que fan algunha promoción da lingua. A
Asociación Nasionala del Ladino (Israel) regula o idioma e edita unha revista en xudeu-
español, Aki Yerushalayim ("Aquí Xerusalén"), a radio Kol en Israel emite en Sefardí;
en España tamén hai un medio de comunicación que promove o xudeu-español: Radio
Exterior de España emite o programa Bozes de Sefarad que leva máis de 20 anos no
aire.
        O profesor Eliezer Papo, da Universidade Ben Gurión (Beerseba, Israel) leva un
importante labor docente de axuda á preservación do xudeu-español, onde nesta
universidade se imparten clases deste idioma..
        http:// www.youtube.com/watch?v=4izbvb4k2R0


        Na actualidade podemos dicir que o xudeu-español é un conxunto dialectal que
presenta dúas modalidades: oral e escrita. A oral divídese en dous grupos: a variante
oriental, falada polos xudeus sefardís que partiron cara a Portugal, Países Baixos, Italia,
Península Balcánica e Imperio Otomán, mantida actualmente en Israel, Turquía e algúns
países balcánicos. En Israel está habendo unha certa recuperación por parte dos
descendentes de sefardís que emigraron a Israel trala creación do novo estado.
        A variante occidental, coñecida como haketía (falada polos xudeus sefardís da
zona norte de Marrocos e cidades españolas de Ceuta e Melilla), con moito préstamo do
árabe. A lingua de tradución do hebreo dos textos sagrados, é o ladino, que tamén se lle
aplica á lingua vernácula pero que en orixe era a forma de designar á tradución de textos
litúrxicos, que tamén se coñece como xudeu-español calco.
        Trala chegada dos sefardís ó Imperio Otomán, permitíuselles preservar a súa
lingua, convertéronse na burguesía dos lugares que habitaban sendo a comunidade máis


                                                                                         5
influínte. Isto propiciou a mantenza da idioma, e fixo que os continuos expulsados
españois ó chegar a estes lugares seguiran mantendo a lingua, ademais de castelanizar
ós xudeus que eran nativos dos lugares do Imperio Otomán. Nesta etapa calcúlase que
podería haber uns 350.000 sefardófonos. No século XIX co auxe dos nacionalismos
comezou a perseguirse, infravalorarse e minorizarse, era a lingua dunha comunidade
non nativa e chocaba coa ideoloxía que comezaba a ter auxe. Co exterminio nazi
morreron o 90% dos falantes. Trala formación do estado de Israel, os sefardís que cara
alí emigraron viron que podían manter a súa lingua dentro dun mundo hebraico e xudeu
e seguírona transmitindo, chegando na actualidade a uns 100.000 falantes en Israel. Uns
15.000 en Turquía e o resto dividido nos restantes países onde se fala, chegando arredor
duns 150.000 falantes na actualidade.
       Desde finais do século XX houbo tímidos intentos de recuperación do xudeu-
español, sobre todo en Israel, de convertelo en académico, onde se conseguiu na
Universidade de Ben Gurión chegar a impartirse. Hai filólogos que optan por
normalizar o sefardí tomando a base do castelán estándar do que se toma numeroso
vocabulario para substituír os préstamos turcos, gregos, franceses e eslavos.
       Hai desconformidade no tocante a este punto, pois moitos ven que a súa
proximidade co castelán actual vaia cedendo terreo e termine por asimilarse totalmente
ó castelán moderno.
       A maioría dos falantes na actualidade son persoas maiores de 60 anos, que non
transmiten a súa lingua na intimidade e por iso se vai perdendo, pois senten que non é
necesaria xa que os seus fillos cobren as súas necesidades coas linguas do territorio
onde está a comunidade.
       Hai publicacións constantes en sefardí e ten unha literatura considerable,
ademais de contar con literatura popular e de tradición oral moi numerosa para a
situación en que está e en que estivo.


       O arromanés: o arromanés, tamén coñecido como macedorromanés (romanés
de Macedonia), é a lingua máis arcaizante con respecto o grupo dacorrománico do que
forma parte. É unha lingua románica, do grupo oriental, onde están as linguas
dacorrománicas (istriorromanés, romanés, arromanés e meglenorromanés). É unha
lingua desprazada, e mesmo negada polos seus falantes, dada a represión que sufriron
no século XX. Non se pode dar unha cifra exacta dos falantes actuais e tampouco
aproximativa, porque as cifras bailan entre 150.000 falantes e 1.500.000. Ten


                                                                                      6
comunidades de falantes en Grecia (quizais a máis numerosa), en Macedonia, en
Bulgaria, en Albania, en Serbia e en Romanía.




       Antes da I Guerra Mundial os arromaneses tiñan os seus propios estados dentro
da Grande Valaquia e Pequena Valaquia (Macedonia e Grecia respectivamente).
Despois da contenda quedaron divididos en catro estados. Tan só foi recoñecido en
Grecia, pero despois da II Guerra Mundial reprimiuno duramente, houbo un proceso de
helenización cultural fortísimo (goberno dos ultranacionacionalistas gregos). A chegada
de refuxiados gregos que foran expulsados de Turquía e instalados no norte de Grecia, o
éxodo ás cidades, a administración grega e a escolarización grega fixeron que as
comunidades arromanesas e meglenorromanesas quedasen estragadas. Os nomes,
apelidos, topónimos... foron helenizados. En 2001 o Tribunal Superior grego condenou
ó activista cultural arromanés Sotiris Bletsas por distribuír documentos oficiais da UE
en que se reclamaban a normalización do arromanés en Grecia. Os arromaneses na súa
maioría practican a relixión Ortodoxa de rito grego, por iso en Albania e Macedonia, os
membros das comunidades arromanesas son considerados gregos de lingua romanesa
(non arromanesa) e incluídos entre as minorías gregas. En Macedonia, Bulgaria e Serbia
son asimilados ás minorías romanesas que hai nestes estados (a pesar de ser recoñecido


                                                                                     7
en Macedonia como lingua minoritaria). En Romanía considéranos “romaneses
retornados”. En resumo, ou son considerados gregos por relixión, ou romaneses por
proximidade lingüística. De aquí podemos tirar a conclusión do misterio que hai en
torno o número de cifras.

       O meglenorromanés: é unha lingua romance oriental (grupo dacorrumano) que
se fala nalgunhas poboacións do norte de Grecia e o sur da República de Macedonia. Os
falantes deste idioma chámanlle á súa lingua vlaheshte (valaco) (en Grecia este nome
ten un matiz pexorativo e despectivo, significa parvo), mentres que en romanés, do cal
moitas veces é considerado un dialecto, chámaselle limba meglenoromână. O megleno-
romanés é falado en 2006 por un intervalo que vai das cinco mil ás doce mil persoas,
principalmente no val do río Meglená, poucos quilómetros ó nordeste de Salónica e
menos falantes hai na República de Macedonia, situados ó pé da fronteira grega
próxima ó Meglená. Cando rematou a Primeira Guerra Mundial uns 1.200 megleno-
romaneses emigraron cara a Romanía establecéndose en Cerna, distrito de Tulcea.
Como ten moita afinidade lingüística co romanés, acabou asimilándose a este idioma en
Romanía. Os meglenorromaneses viven nunha rexión comprendida entre a cidade
macedonia de Gevgelija (con 1500 falantes) e a zona grega de Meglen, nos arredores
das cidades de Notía, Skra, Koúpa, Períklea e en localidades serbias: Jabuka, Kacharevo
e Gudurica, no sueste de Voivódina e próximas a Belgrado. Na zona fronteiriza Grecia –
Macedonia fálano unhas 6.000 persoas. Durante a guerra civil grega (1946-49) os
meglenorromaneses tiveron que marchar a países próximos. Algúns que volveron
establecéronse no sur de Macedonia. Os que quedaron en Grecia tiveron que ocultar os
seus nomes para evitar represalias do goberno dictatorial grego, por iso se pensa que
seguramente se fala máis meglenorromanés do que deitan á luz as estatísticas.

       Os arromaneses e meglenorromaneses teñen por segunda lingua (ou primeira nas
xeracións máis novas) a lingua do estado en que viven. O 24 de xuño de 1977 o
Consello de Europa instou ós países balcánicos a teren en conta ós arromaneses no
momento de asinar, ratificar e aplicar a Carta Europea das Linguas Rexionais e
Minoritarias, pero, na práctica, isto nunca aconteceu. Os movementos culturais
arromaneses sitúanse na emigración (Francia e Estados Unidos), onde fan publicacións
para que cheguen ós territorios desta fala. Ambas as dúas linguas están nunha posición
moi feble e corren grave risco de desaparecer. A Asociación Arromanesa situada en



                                                                                     8
Francia fala de que en Grecia hai arredor de 500.000 – 600.000 arromaneses, pero que
só usan a lingua uns 50.000. A maioría viven en rexións rurais e montañosas. En
Albania a cifra está en trono a uns 300.000, pero só a falan 50.000, situados na costa sur
e na fronteira con Grecia. En Macedonia estímase que hai uns 200.000 arromaneses. Na
actualidade, debido ás negociacións entre albaneses e macedonios, recoñeceuse o
albanés como lingua das zonas de albaneses en Macedonia (30% do territorio), e
recoñeceuse o arromanés como lingua minoritaria e estase a debater a súa entrada no
ámbito escolar. En Bulgaria habería uns 100.000 arromaneses, dos cales entre 10.000 e
40.000 falarían a lingua. En Serbia sitúanse na provincia do norte, en Voivodina. Como
acontece cos meglenorromaneses, aquí tamén son considerados romaneses.

       O romaní: tamén chamado romanó, é a lingua propia da comunidade xitana.
Calcúlase que ten máis de 1.000 anos de existencia e hoxe é falada en Europa, oeste
de Asia, norte de África e América. Conta con cerca de 5 millón de falantes. A lingua
sufriu unha enorme fragmentación e incluso case desaparición nalgúns países dado o
contacto con linguas dos países onde se foi asentando este pobo nómade. O estudo do
romanó permitiu establecer unha orixe indoeuropea do idioma, da rama indoariana.
Pénsase que o pobo é orixinario do norte da India, ou de Paquistán, e tendo en conta os
préstamos lingüísticos que foi incorporando pódese saber cal foi o itinerario seguido
polos xitanos.
       Debido as constantes migracións dos seus falantes, o idioma está moi
fragmentado, en tantas variantes como grupos hai dentro da etnia xitana. A
fragmentación lingüística explícase por diversos factores: (i) o nomadismo practicado
durante séculos polos falantes desta lingua e o maior ou menor contacto de cada unha
das ramas migratorias coas linguas e culturas por onde transitaban; (ii) falta de
normativización das variedades debido ó seu carácter exclusivamente oral; (iii) carencia
de identidade territorial e étnica entre os distintos grupos; (iv) o holocausto nazi tamén
fixo decrecer á poboación xitana.
       En España, por exemplo, a variedade de romanó é o caló, que se atopa en grave
perigo de extinción (como todas as variedades). Ademais o seu uso tan só se restrinxe a
unha noción de identidade, non se usa na comunicación, ten simplemente a súa razón de
ser na identificación de xitano ante outros xitanos. Esta situación varía duns países a
outros: aquí e en Inglaterra as respectivas linguas desprazaron ó romanó practicamente,
pero por exemplo en Albania ou Bulgaria hai xitanos monolingües en romanó; os


                                                                                        9
xitanos manús (que residen en Alemania, Bélxica, Francia, Holanda e Italia), ó igual
que os xitanos kalderás (espallados polo norte de Europa e Sudamérica) son bilingües,
na súa variedade e na lingua do seu país.
       No século XX, na antiga Unión Soviética e na ex-Iugoslavia houbo moita
publicación literaria en romanó, tanto en periódicos como en revistas. Nos países que
naceron da ex-Iugoslavia segue habendo publicación en romanó; e en Romanía agora
está habendo material didáctico en romanó. Emisoras de radio de Alemaña, Austria,
Chequia, Italia e Suecia emiten en romanó, e canles de televisión de Macedonia e
Inglaterra tamén teñen programas nesta lingua. Por outra banda, internet converteuse
nun espazo divulgativo da lingua do pobo xitano. Pola contra, o caló, a variedade
española do romanó, non ten máis que unhas pasaxes bíblicas e algunhas coplas
flamencas e mesmo dicionarios, pero nada máis.
       A Comisión de Lingüística da Unión Romanó Internacional foi a encargada de
levar a cabo a estandarización do idioma dos xitanos. Primeiro procedeuse a realización
dunha enquisa dialectolóxica para saber como eran os dialectos romaníes e a distancia
lingüística entre eles. Consensuáronse criterios de estandarización: flexibilidade no
léxico, flexibilidade na sintaxe e respecto pola ortografía: deseño dun alfabeto (principal
ferramenta aportada pola estandarización). Este proceso segue en marcha cun aumento
progresivo, e cunha publicación en diversos países de métodos de ensino desta forma
culta de romanó.
       En España coñécese moi pouco este estándar, só en círculos restrinxidos. A falta
de integración do pobo xitano na sociedade é un obstáculo que dificulta o seu
coñecemento por parte desta etnia. O castelán impuxo aquí a súa gramática sobre a
lingua xitana, quedando reducido a algunhas palabras de orixe romanó dentro do
castelán.
            Os estudos non só corroboran a multitude de variantes dentro das linguas
romaníes (aínda que segue sendo unha realidade non explorada de todo), senón ademais
as relacións e funcións entre as distintas variantes, o que fai imposible pensar nunha
lingua romanó unificada entre os distintos grupos xitanos, como pretenden algúns
líderes políticos desta etnia.
       Do aquí falado pódese deducir que a flexibilidade lingüística das variedades de
lingua xitana débese a unha necesidade adaptativa: alí onde se sedentarizan, co tempo, a
influencia das linguas dominantes sobre a propia faise evidente nalgúns casos, levando a



                                                                                        10
incorporar características das linguas coas que entran en contacto (estruturas,
expresións, sintaxe...).
          Protección desta lingua:
          Varios países pertencentes ó Consello de Europa firmaron a Carta Europea das
Linguas Minoritarias ou Rexionais comprometéndose a protexer esta lingua. Os que
firmaron en favor de protexela foron Alemaña, Austria, Eslovaquia, Eslovenia,
Finlandia, Montenegro, Países Baixos, Romanía, Serbia e Suecia. Queda sen protexer en
Albania, Bosnia Hercegovina, Bulgaria, Croacia; República Checa, España, Estonia,
Francia, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Macedonia, Moldavia, Noruega,
Polonia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Suíza, Turquía e Ucraína.
Aínda que haxa algunha labor de protección seguen estando minorizadas en todos os
países.


Na miña escolla de linguas de diáspora deixei de lado algunhas linguas como o curdo
ou o yiddish, que buscando información e de acordo co meu criterio a seguir tiven que
descartalas por estaren recoñecidas oficialmente en Iraq e no estado ruso de Oblast,
onde chegaron xa ó ámbito académico elemental.
Todas as linguas minorizadas seguen o mesmo patrón: comunidades desprezadas que
son desprazadas. Os fanatismos ideolóxicos foron e seguen sendo culpables do
pensamento de superioridade sobre as minorías. Todos estamos contaminados de
prexuízos e incluso quen máis contaminados están son os falantes destas linguas.
Todas estas linguas están abocadas á desaparición. O motor de cambio non parece que
vaia suceder, pois tamén como organismo vivo que son as linguas teñen un comezo e un
final. A pena é o final tráxico que lles espera.




                                                                                   11
12

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguasMartaGlezTic
 
As funcións sociais da lingua
As funcións sociais da linguaAs funcións sociais da lingua
As funcións sociais da linguaxenevra
 
Unha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüEUnha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüERomán Landín
 
Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.
Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.
Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.Marlou
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosnoagaliza
 
Diversidade linguistica
Diversidade linguisticaDiversidade linguistica
Diversidade linguisticaLoli Cid Cid
 
tema3_09
tema3_09tema3_09
tema3_09xenevra
 
As linguas e o galego
As linguas e o galegoAs linguas e o galego
As linguas e o galegonoagaliza
 
O plurilingüismo da PI
O plurilingüismo da PIO plurilingüismo da PI
O plurilingüismo da PIMarlou
 
Linguas maioritarias, minoritarias e minorizadas
Linguas maioritarias, minoritarias e minorizadasLinguas maioritarias, minoritarias e minorizadas
Linguas maioritarias, minoritarias e minorizadasAlba Berrecoso González
 
Linguae Latinae Historia
Linguae Latinae HistoriaLinguae Latinae Historia
Linguae Latinae HistoriaAlfonso Blanco
 
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...IreneSeara
 

Mais procurados (15)

Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguas
 
Bilingüismo, conflito lingüístico e diglosia
Bilingüismo, conflito lingüístico e diglosiaBilingüismo, conflito lingüístico e diglosia
Bilingüismo, conflito lingüístico e diglosia
 
As funcións sociais da lingua
As funcións sociais da linguaAs funcións sociais da lingua
As funcións sociais da lingua
 
Indoeuropeos
IndoeuropeosIndoeuropeos
Indoeuropeos
 
Unha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüEUnha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüE
 
Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.
Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.
Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
 
Diversidade linguistica
Diversidade linguisticaDiversidade linguistica
Diversidade linguistica
 
tema3_09
tema3_09tema3_09
tema3_09
 
As linguas e o galego
As linguas e o galegoAs linguas e o galego
As linguas e o galego
 
Situacion Linguas Europa
Situacion Linguas EuropaSituacion Linguas Europa
Situacion Linguas Europa
 
O plurilingüismo da PI
O plurilingüismo da PIO plurilingüismo da PI
O plurilingüismo da PI
 
Linguas maioritarias, minoritarias e minorizadas
Linguas maioritarias, minoritarias e minorizadasLinguas maioritarias, minoritarias e minorizadas
Linguas maioritarias, minoritarias e minorizadas
 
Linguae Latinae Historia
Linguae Latinae HistoriaLinguae Latinae Historia
Linguae Latinae Historia
 
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
 

Semelhante a Linguas de diáspora

2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
2008 Ano das Linguas ENDL do IES de ElviñaCoordinadora Galega ENDL
 
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptx
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptxLingüística xeral 1º bacharelato.pptx
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptxSinoSecundaria1
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguasMartaGlezTic
 
Presentaciónpáxina Jenni
Presentaciónpáxina JenniPresentaciónpáxina Jenni
Presentaciónpáxina JenniJennifer Anllo
 
Trabajo cultura clásica
Trabajo cultura clásicaTrabajo cultura clásica
Trabajo cultura clásicaAlexiiaVa
 
Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.aitorhveiga
 
Plurilingüismo
PlurilingüismoPlurilingüismo
PlurilingüismoMarlou
 
As linguas indoeuropeas
As linguas indoeuropeasAs linguas indoeuropeas
As linguas indoeuropeasdomenechino
 
E C O L O XÍ A D A S L I N G U A S
E C O L O XÍ A  D A S  L I N G U A SE C O L O XÍ A  D A S  L I N G U A S
E C O L O XÍ A D A S L I N G U A SMarlou
 
Apuntes lingua
Apuntes linguaApuntes lingua
Apuntes linguaxenevra
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguasMarlou
 
Presentacion
PresentacionPresentacion
Presentacionfaninha
 
Presentacion
PresentacionPresentacion
Presentacionfaninha
 
XesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro RuibalXesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro Ruibalequipobiblio
 

Semelhante a Linguas de diáspora (20)

2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
 
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptx
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptxLingüística xeral 1º bacharelato.pptx
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptx
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguas
 
Presentaciónpáxina Jenni
Presentaciónpáxina JenniPresentaciónpáxina Jenni
Presentaciónpáxina Jenni
 
Trabajo cultura clásica
Trabajo cultura clásicaTrabajo cultura clásica
Trabajo cultura clásica
 
Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.
 
Traballo leccion 2
Traballo leccion 2Traballo leccion 2
Traballo leccion 2
 
Plurilingüismo
PlurilingüismoPlurilingüismo
Plurilingüismo
 
As linguas indoeuropeas
As linguas indoeuropeasAs linguas indoeuropeas
As linguas indoeuropeas
 
E C O L O XÍ A D A S L I N G U A S
E C O L O XÍ A  D A S  L I N G U A SE C O L O XÍ A  D A S  L I N G U A S
E C O L O XÍ A D A S L I N G U A S
 
2ºEso Ud 04
2ºEso Ud 042ºEso Ud 04
2ºEso Ud 04
 
Apuntes lingua
Apuntes linguaApuntes lingua
Apuntes lingua
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguas
 
Presentacion
PresentacionPresentacion
Presentacion
 
Presentacion
PresentacionPresentacion
Presentacion
 
Escoita...é o silencio
Escoita...é o silencioEscoita...é o silencio
Escoita...é o silencio
 
Escoita é O Silencio
Escoita   é O SilencioEscoita   é O Silencio
Escoita é O Silencio
 
XesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro RuibalXesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro Ruibal
 
O Latín e o Grego
O Latín e o GregoO Latín e o Grego
O Latín e o Grego
 
Familiae Linguarum
Familiae LinguarumFamiliae Linguarum
Familiae Linguarum
 

Linguas de diáspora

  • 2. Índice 1. ¿Que é unha lingua de diáspora?. Diferenciación entre cales se consideran neste texto linguas de diáspora e cales non. 2. Escolma e descrición das seguintes linguas de diáspora: sefardí, arromanés, meglenorromanés e romaní. Situación en que se atopan. Bibliografía Caballero Rodríguez, O. “Aproximación sociolingüística a la comunidad gitana rom de Colombia” en Condicionamiento de la Expresión a Necesidades Mnemotécnicas en los Relatos de la Tradición oral de la Comunidad Gitana Rom de Colombia, FORMA Y FUNCIÓN 14 (2001), páginas 67-82. Departamento de Lingüística, Universidad Nacional de Colombia, Bogotá. D.C. Costas, X.H. “O Arromanés e meglenorromanés” en Guía das linguas de Europa, Santiago de Compostela, 2002, Edicións Positivas. Jiménez González, N. “¿El romanó, el caló, el romanó-kaló o el gitañol? Cincuenta y tres notas sociolingüísticas en torno a los gitanos españoles” en Anales de Historia Contemporánea, 2009, Nº 25. Edicións da Universidade de Murcia. P. 149-161. Matras, Y.; Reershemius, G. “Standardization Beyond the State: The Cases of Yiddish, Kurdish and Romani” en Standardization of nacional languages/ Symposium on language standardization, Von Gleich, U.; Wolff, E. (eds.). Hamburgo, 2-3 Febreiro 1991. Unesco Institute for Education, 1991. P. 103-123. Salinas Catalá, J. “Un viaje a través de la historia de la escolarización de las gitanas y gitanos españoles” en Anales de Historia Contemporánea, 2009, Nº 25. Edicións da Universidade de Murcia. P. 165-166. Bibliografía consultada para o sefardí: http://www.proyectos-saluda.org/index.php? option=com_content&task=view&id=2434&Itemid=122 http://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_judeoespa%C3%B1ol http://www.vallenajerilla.com/berceo/florilegio/vidalsephiha/ladino1.htm http://www.proel.org/index.php? pagina=mundo/indoeuro/italico/romance/iberorromance/judeoespa http://www.lateinamerika.uni- koeln.de/fileadmin/bilder/ip_2010/m.nieweglowska_trabajo.pdf 2
  • 3. ¿Que é unha lingua de diáspora?. Diferenciación entre cales se consideran neste texto linguas de diáspora e cales non. Entendo neste texto como linguas de diáspora aquelas que pertencen a unha comunidade de persoas que está espallada por distintas rexións da xeografía terrestre e que as súas linguas non están recoñecidas oficialmente nos distintos estados onde están integradas esas comunidades (nin recoñecidas oficialmente no lugar de orixe). Algunhas nun momento da historia foron comunidades emigradas, outras simplemente están dacabalo entre fronteiras políticas distintas (e non recoñecidas en ningún dos países onde está distribuída a comunidade). É dicir, distingo dous tipos de linguas de diáspora: (i) a migración dunha comunidade de falantes dunha mesma lingua cara a destinos distintos e asentándose nese destino coa preservación da lingua e cultura de orixe, formando nese novo destino unha propia comunidade lingüística e cultural non recoñecidas; (ii) linguas que quedaron partidas por fronteiras administrativas, que non están recoñecidas e que son minorizadas nos estados en que se reparten. “Linguas de diáspora” é un termo tirado do inglés diaspora languages, onde se integran estas linguas. Tamén se poden recoñecer como linguas desterritorializadas (por falárense en varios estados) ou mesmo linguas sen estado. Son linguas en situación de minorización, que apenas se serven ou non se serven de organismos para a súa regulación, defensa ou recoñecemento oficiais. En moitos casos as comunidades de falantes destas linguas sufriron procesos de marxinación ou exclusión, polo que o sentimento de identidade foi sempre moi forte para estas persoas. Isto fixo que a mantenza da lingua e consecuentemente da cultura que acompaña a esa lingua se fixese posible. Cando falamos de linguas de diáspora podemos estar pensando en linguas con pouco potencial de falantes ou case extintas, pero vemos que isto é moi dispar: o romaní, a lingua dos pobos xitanos, calcúlase que ten arredor duns 5 millóns de falantes. O sefardí ou xudeu-español, e o arromanés, que xunto coas anteriores son as linguas tratadas neste texto, gozan dunha saúde bastante máis delicada: 150.000 e 300.000? falantes aproximadamente. O meglenorromanés tan só é falado por arredor de 10.000 persoas. Estas catro últimas van ser as linguas sobre as que hei falar. Aínda que aquí me remita unicamente a linguas faladas en Europa e mesmo en Sudamérica (ata onde chega o sefardí e tamén o romaní), a situación de linguas de diáspora esténdese por Asia, América, e África. A modo de cita cabe destacar a situación do aleutiano, unha das linguas esquimós, que se fala dende Rusia ata EE UU e 3
  • 4. Canadá e que non ten ningún rango de recoñecemento oficial. En 1995 posuía 305 falantes (http://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_aleutiano). En África a situación de linguas de diáspora é abundante, como en Asia: por citar algún exemplo como o idioma berta (falado en Sudán e Etiopía, non recoñecido nin regulado), como o tamazight, falado por xente bérber en Marrocos e Alxeria e que conta cuns tres millón se medio de falantes. Linguas que están na mesma situación en Asia: o xavanés, é unha lingua falada por 80 millóns de persoas entre Indonesia, Malaisia, Timor Oriental, Nova Caledonia e Surinam (Sudamérica) pero que non ten recoñecemento oficial nin regulación algunha. Polo tanto, tan só considero neste traballo como linguas de diáspora aquelas que non teñen recoñecemento oficial, ou que teñen un lixeiro recoñecemento pero que non están integradas no sistema educativo e non se promove por parte das administracións ningunha acción por integrala na sociedade (por exemplo o caso do sefardí, ou o arromanés, que se recoñece en Macedonia como “lingua minoritaria”, é un recoñecemento insignificante, tan só de papel e véxase con que categoría ). Sofren todas o fenómeno da minorización lingüística, e nalgúns casos marxinacións e represións dos falantes de arromanés, meglenorromanés ou romaní. É dicir, dentro do malo, estas tres últimas están no eslavón máis baixo, e todas nun grave perigo de desaparición. Escolma de linguas de diáspora, descrición das linguas e situación en que se encontran. O sefardí: É unha lingua falada en Israel, Turquía, Bosnia Hercegovina, Grecia, República de Macedonia, Bulgaria e Marrocos. Conta na actualidade cuns 150.000 falantes. Pertencente á familia indoeuropea, a súa subdivisión é a seguinte: é unha lingua románica, do grupo occidental, ibérico, coñecida como xudeu-español. Está recoñecida por Israel e regulada pola Autoridade Nasionala del Ladino, situada en Israel. Ladino é un dos nomes polo que se coñece a esta lingua. Comezou a chamarse así porque se traducía os libros da liturxia hebrea, inintelixibles para moitos practicantes, á forma latina do castelán medieval. Os sefardís foron os xudeus expulsados da Península Ibérica que refusaron converterse ó catolicismo (RR CC, Edicto de Granada, 31 de Marzo de 1492), e que levaron consigo a lingua que falaban e transmitírona ata a actualidade. Pode dicirse que é un español antigo, que apenas evolucionou. É unha lingua diferente pero totalmente intelixible. 4
  • 5. O nome de Sefardí: na tradición xudía e en hebreo Sefarad identifícase coa Península Ibérica. É un nome biblíco que aparece no contexto de cando a destrución de Xerusalén, moitos xudeus foron expulsados a Sefarad. Hoxe crese que a identificación Sefarad- Península Ibérica é falsa. Os sefardís a maioría das veces refírense á súa lingua como espanyol (grafía propia). O termo “xudeu-español” fíxose necesario para distinguilo do español moderno. Considérase lingua minorizada por estar na actualidade en perigo de morte, pois a perda nas comunidades sefardís é progresiva quedando restrinxida ó ámbito familiar, que en moitos casos non o transmite. En Israel acontece o mesmo, aínda que algúns descendentes están intentando recuperala como apunto máis adiante. Aquí coma en España o único que hai son institucións que fan algunha promoción da lingua. A Asociación Nasionala del Ladino (Israel) regula o idioma e edita unha revista en xudeu- español, Aki Yerushalayim ("Aquí Xerusalén"), a radio Kol en Israel emite en Sefardí; en España tamén hai un medio de comunicación que promove o xudeu-español: Radio Exterior de España emite o programa Bozes de Sefarad que leva máis de 20 anos no aire. O profesor Eliezer Papo, da Universidade Ben Gurión (Beerseba, Israel) leva un importante labor docente de axuda á preservación do xudeu-español, onde nesta universidade se imparten clases deste idioma.. http:// www.youtube.com/watch?v=4izbvb4k2R0 Na actualidade podemos dicir que o xudeu-español é un conxunto dialectal que presenta dúas modalidades: oral e escrita. A oral divídese en dous grupos: a variante oriental, falada polos xudeus sefardís que partiron cara a Portugal, Países Baixos, Italia, Península Balcánica e Imperio Otomán, mantida actualmente en Israel, Turquía e algúns países balcánicos. En Israel está habendo unha certa recuperación por parte dos descendentes de sefardís que emigraron a Israel trala creación do novo estado. A variante occidental, coñecida como haketía (falada polos xudeus sefardís da zona norte de Marrocos e cidades españolas de Ceuta e Melilla), con moito préstamo do árabe. A lingua de tradución do hebreo dos textos sagrados, é o ladino, que tamén se lle aplica á lingua vernácula pero que en orixe era a forma de designar á tradución de textos litúrxicos, que tamén se coñece como xudeu-español calco. Trala chegada dos sefardís ó Imperio Otomán, permitíuselles preservar a súa lingua, convertéronse na burguesía dos lugares que habitaban sendo a comunidade máis 5
  • 6. influínte. Isto propiciou a mantenza da idioma, e fixo que os continuos expulsados españois ó chegar a estes lugares seguiran mantendo a lingua, ademais de castelanizar ós xudeus que eran nativos dos lugares do Imperio Otomán. Nesta etapa calcúlase que podería haber uns 350.000 sefardófonos. No século XIX co auxe dos nacionalismos comezou a perseguirse, infravalorarse e minorizarse, era a lingua dunha comunidade non nativa e chocaba coa ideoloxía que comezaba a ter auxe. Co exterminio nazi morreron o 90% dos falantes. Trala formación do estado de Israel, os sefardís que cara alí emigraron viron que podían manter a súa lingua dentro dun mundo hebraico e xudeu e seguírona transmitindo, chegando na actualidade a uns 100.000 falantes en Israel. Uns 15.000 en Turquía e o resto dividido nos restantes países onde se fala, chegando arredor duns 150.000 falantes na actualidade. Desde finais do século XX houbo tímidos intentos de recuperación do xudeu- español, sobre todo en Israel, de convertelo en académico, onde se conseguiu na Universidade de Ben Gurión chegar a impartirse. Hai filólogos que optan por normalizar o sefardí tomando a base do castelán estándar do que se toma numeroso vocabulario para substituír os préstamos turcos, gregos, franceses e eslavos. Hai desconformidade no tocante a este punto, pois moitos ven que a súa proximidade co castelán actual vaia cedendo terreo e termine por asimilarse totalmente ó castelán moderno. A maioría dos falantes na actualidade son persoas maiores de 60 anos, que non transmiten a súa lingua na intimidade e por iso se vai perdendo, pois senten que non é necesaria xa que os seus fillos cobren as súas necesidades coas linguas do territorio onde está a comunidade. Hai publicacións constantes en sefardí e ten unha literatura considerable, ademais de contar con literatura popular e de tradición oral moi numerosa para a situación en que está e en que estivo. O arromanés: o arromanés, tamén coñecido como macedorromanés (romanés de Macedonia), é a lingua máis arcaizante con respecto o grupo dacorrománico do que forma parte. É unha lingua románica, do grupo oriental, onde están as linguas dacorrománicas (istriorromanés, romanés, arromanés e meglenorromanés). É unha lingua desprazada, e mesmo negada polos seus falantes, dada a represión que sufriron no século XX. Non se pode dar unha cifra exacta dos falantes actuais e tampouco aproximativa, porque as cifras bailan entre 150.000 falantes e 1.500.000. Ten 6
  • 7. comunidades de falantes en Grecia (quizais a máis numerosa), en Macedonia, en Bulgaria, en Albania, en Serbia e en Romanía. Antes da I Guerra Mundial os arromaneses tiñan os seus propios estados dentro da Grande Valaquia e Pequena Valaquia (Macedonia e Grecia respectivamente). Despois da contenda quedaron divididos en catro estados. Tan só foi recoñecido en Grecia, pero despois da II Guerra Mundial reprimiuno duramente, houbo un proceso de helenización cultural fortísimo (goberno dos ultranacionacionalistas gregos). A chegada de refuxiados gregos que foran expulsados de Turquía e instalados no norte de Grecia, o éxodo ás cidades, a administración grega e a escolarización grega fixeron que as comunidades arromanesas e meglenorromanesas quedasen estragadas. Os nomes, apelidos, topónimos... foron helenizados. En 2001 o Tribunal Superior grego condenou ó activista cultural arromanés Sotiris Bletsas por distribuír documentos oficiais da UE en que se reclamaban a normalización do arromanés en Grecia. Os arromaneses na súa maioría practican a relixión Ortodoxa de rito grego, por iso en Albania e Macedonia, os membros das comunidades arromanesas son considerados gregos de lingua romanesa (non arromanesa) e incluídos entre as minorías gregas. En Macedonia, Bulgaria e Serbia son asimilados ás minorías romanesas que hai nestes estados (a pesar de ser recoñecido 7
  • 8. en Macedonia como lingua minoritaria). En Romanía considéranos “romaneses retornados”. En resumo, ou son considerados gregos por relixión, ou romaneses por proximidade lingüística. De aquí podemos tirar a conclusión do misterio que hai en torno o número de cifras. O meglenorromanés: é unha lingua romance oriental (grupo dacorrumano) que se fala nalgunhas poboacións do norte de Grecia e o sur da República de Macedonia. Os falantes deste idioma chámanlle á súa lingua vlaheshte (valaco) (en Grecia este nome ten un matiz pexorativo e despectivo, significa parvo), mentres que en romanés, do cal moitas veces é considerado un dialecto, chámaselle limba meglenoromână. O megleno- romanés é falado en 2006 por un intervalo que vai das cinco mil ás doce mil persoas, principalmente no val do río Meglená, poucos quilómetros ó nordeste de Salónica e menos falantes hai na República de Macedonia, situados ó pé da fronteira grega próxima ó Meglená. Cando rematou a Primeira Guerra Mundial uns 1.200 megleno- romaneses emigraron cara a Romanía establecéndose en Cerna, distrito de Tulcea. Como ten moita afinidade lingüística co romanés, acabou asimilándose a este idioma en Romanía. Os meglenorromaneses viven nunha rexión comprendida entre a cidade macedonia de Gevgelija (con 1500 falantes) e a zona grega de Meglen, nos arredores das cidades de Notía, Skra, Koúpa, Períklea e en localidades serbias: Jabuka, Kacharevo e Gudurica, no sueste de Voivódina e próximas a Belgrado. Na zona fronteiriza Grecia – Macedonia fálano unhas 6.000 persoas. Durante a guerra civil grega (1946-49) os meglenorromaneses tiveron que marchar a países próximos. Algúns que volveron establecéronse no sur de Macedonia. Os que quedaron en Grecia tiveron que ocultar os seus nomes para evitar represalias do goberno dictatorial grego, por iso se pensa que seguramente se fala máis meglenorromanés do que deitan á luz as estatísticas. Os arromaneses e meglenorromaneses teñen por segunda lingua (ou primeira nas xeracións máis novas) a lingua do estado en que viven. O 24 de xuño de 1977 o Consello de Europa instou ós países balcánicos a teren en conta ós arromaneses no momento de asinar, ratificar e aplicar a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, pero, na práctica, isto nunca aconteceu. Os movementos culturais arromaneses sitúanse na emigración (Francia e Estados Unidos), onde fan publicacións para que cheguen ós territorios desta fala. Ambas as dúas linguas están nunha posición moi feble e corren grave risco de desaparecer. A Asociación Arromanesa situada en 8
  • 9. Francia fala de que en Grecia hai arredor de 500.000 – 600.000 arromaneses, pero que só usan a lingua uns 50.000. A maioría viven en rexións rurais e montañosas. En Albania a cifra está en trono a uns 300.000, pero só a falan 50.000, situados na costa sur e na fronteira con Grecia. En Macedonia estímase que hai uns 200.000 arromaneses. Na actualidade, debido ás negociacións entre albaneses e macedonios, recoñeceuse o albanés como lingua das zonas de albaneses en Macedonia (30% do territorio), e recoñeceuse o arromanés como lingua minoritaria e estase a debater a súa entrada no ámbito escolar. En Bulgaria habería uns 100.000 arromaneses, dos cales entre 10.000 e 40.000 falarían a lingua. En Serbia sitúanse na provincia do norte, en Voivodina. Como acontece cos meglenorromaneses, aquí tamén son considerados romaneses. O romaní: tamén chamado romanó, é a lingua propia da comunidade xitana. Calcúlase que ten máis de 1.000 anos de existencia e hoxe é falada en Europa, oeste de Asia, norte de África e América. Conta con cerca de 5 millón de falantes. A lingua sufriu unha enorme fragmentación e incluso case desaparición nalgúns países dado o contacto con linguas dos países onde se foi asentando este pobo nómade. O estudo do romanó permitiu establecer unha orixe indoeuropea do idioma, da rama indoariana. Pénsase que o pobo é orixinario do norte da India, ou de Paquistán, e tendo en conta os préstamos lingüísticos que foi incorporando pódese saber cal foi o itinerario seguido polos xitanos. Debido as constantes migracións dos seus falantes, o idioma está moi fragmentado, en tantas variantes como grupos hai dentro da etnia xitana. A fragmentación lingüística explícase por diversos factores: (i) o nomadismo practicado durante séculos polos falantes desta lingua e o maior ou menor contacto de cada unha das ramas migratorias coas linguas e culturas por onde transitaban; (ii) falta de normativización das variedades debido ó seu carácter exclusivamente oral; (iii) carencia de identidade territorial e étnica entre os distintos grupos; (iv) o holocausto nazi tamén fixo decrecer á poboación xitana. En España, por exemplo, a variedade de romanó é o caló, que se atopa en grave perigo de extinción (como todas as variedades). Ademais o seu uso tan só se restrinxe a unha noción de identidade, non se usa na comunicación, ten simplemente a súa razón de ser na identificación de xitano ante outros xitanos. Esta situación varía duns países a outros: aquí e en Inglaterra as respectivas linguas desprazaron ó romanó practicamente, pero por exemplo en Albania ou Bulgaria hai xitanos monolingües en romanó; os 9
  • 10. xitanos manús (que residen en Alemania, Bélxica, Francia, Holanda e Italia), ó igual que os xitanos kalderás (espallados polo norte de Europa e Sudamérica) son bilingües, na súa variedade e na lingua do seu país. No século XX, na antiga Unión Soviética e na ex-Iugoslavia houbo moita publicación literaria en romanó, tanto en periódicos como en revistas. Nos países que naceron da ex-Iugoslavia segue habendo publicación en romanó; e en Romanía agora está habendo material didáctico en romanó. Emisoras de radio de Alemaña, Austria, Chequia, Italia e Suecia emiten en romanó, e canles de televisión de Macedonia e Inglaterra tamén teñen programas nesta lingua. Por outra banda, internet converteuse nun espazo divulgativo da lingua do pobo xitano. Pola contra, o caló, a variedade española do romanó, non ten máis que unhas pasaxes bíblicas e algunhas coplas flamencas e mesmo dicionarios, pero nada máis. A Comisión de Lingüística da Unión Romanó Internacional foi a encargada de levar a cabo a estandarización do idioma dos xitanos. Primeiro procedeuse a realización dunha enquisa dialectolóxica para saber como eran os dialectos romaníes e a distancia lingüística entre eles. Consensuáronse criterios de estandarización: flexibilidade no léxico, flexibilidade na sintaxe e respecto pola ortografía: deseño dun alfabeto (principal ferramenta aportada pola estandarización). Este proceso segue en marcha cun aumento progresivo, e cunha publicación en diversos países de métodos de ensino desta forma culta de romanó. En España coñécese moi pouco este estándar, só en círculos restrinxidos. A falta de integración do pobo xitano na sociedade é un obstáculo que dificulta o seu coñecemento por parte desta etnia. O castelán impuxo aquí a súa gramática sobre a lingua xitana, quedando reducido a algunhas palabras de orixe romanó dentro do castelán. Os estudos non só corroboran a multitude de variantes dentro das linguas romaníes (aínda que segue sendo unha realidade non explorada de todo), senón ademais as relacións e funcións entre as distintas variantes, o que fai imposible pensar nunha lingua romanó unificada entre os distintos grupos xitanos, como pretenden algúns líderes políticos desta etnia. Do aquí falado pódese deducir que a flexibilidade lingüística das variedades de lingua xitana débese a unha necesidade adaptativa: alí onde se sedentarizan, co tempo, a influencia das linguas dominantes sobre a propia faise evidente nalgúns casos, levando a 10
  • 11. incorporar características das linguas coas que entran en contacto (estruturas, expresións, sintaxe...). Protección desta lingua: Varios países pertencentes ó Consello de Europa firmaron a Carta Europea das Linguas Minoritarias ou Rexionais comprometéndose a protexer esta lingua. Os que firmaron en favor de protexela foron Alemaña, Austria, Eslovaquia, Eslovenia, Finlandia, Montenegro, Países Baixos, Romanía, Serbia e Suecia. Queda sen protexer en Albania, Bosnia Hercegovina, Bulgaria, Croacia; República Checa, España, Estonia, Francia, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Macedonia, Moldavia, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Suíza, Turquía e Ucraína. Aínda que haxa algunha labor de protección seguen estando minorizadas en todos os países. Na miña escolla de linguas de diáspora deixei de lado algunhas linguas como o curdo ou o yiddish, que buscando información e de acordo co meu criterio a seguir tiven que descartalas por estaren recoñecidas oficialmente en Iraq e no estado ruso de Oblast, onde chegaron xa ó ámbito académico elemental. Todas as linguas minorizadas seguen o mesmo patrón: comunidades desprezadas que son desprazadas. Os fanatismos ideolóxicos foron e seguen sendo culpables do pensamento de superioridade sobre as minorías. Todos estamos contaminados de prexuízos e incluso quen máis contaminados están son os falantes destas linguas. Todas estas linguas están abocadas á desaparición. O motor de cambio non parece que vaia suceder, pois tamén como organismo vivo que son as linguas teñen un comezo e un final. A pena é o final tráxico que lles espera. 11
  • 12. 12