2. En 1996 Vieiros sumábase á rede Vieiros foi o primeiro xornal electrónico galego. Naceu a partir dun sistema de buscador que, ao xeito de Yahoo!, recollía as novidades que se producían nas webs do país.
3.
4. En xaneiro de 1997 esas noticias da internet galega amplían espectro e comezan a publicarse con vontade de ser un referente do que acontecía en Galiza. Estreábamonos daquela coa colaboración do doutor padronés Xosé Ramón Bustelo, da Universidade Estatal de Nova York, que nos falaba dos mecanismos polos que o oncoxene 'vav' lles transmite instrucións canceríxenas ás células sas.
5.
6.
7.
8.
9. Despois vivimos algúns cambios, como o paso ao sistema de edición automática en febreiro de 1999, que nos permitiu cambiar a aparencia e a estrutura da redacción, ou a aposta polo software libre co paso á linguaxe .php no noso oitavo aniversario, e que nos deu a fasquía que temos agora. Pero tamén houbo cambios na linguaxe. Cando o estudo sobre medios electrónicos aínda estaba comezando, en Vieiros xa tiñamos que reflexionar sobre o uso do hipertexto, como ordenar estilisticamente as ligazóns, axustarnos aos espazos e aos tempos comunicativos. Un esforzo e unha aprendizaxe na que aínda estamos metidos.
10.
11.
12. Díaz Pardo en Vieiros: O primeiro chat dos internautas galegos cun persoeiro público