SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO
 GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011-
                       prexuízos sobre a lingua galega. 2012)

               PREXUÍZO 1. O GALEGO É UNHA LINGUA BRUTA, SOA MAL.


       A afirmación de que o galego é unha lingua que soa mal leva implícito o feito de que
haxa línguas que s, pólo contrario, soan bem,

        HAI LINGUAS QUE SOAN BEN E LINGUAS QUE SOAN MAL?

          LINGUAS QUE SOAN BEN                            LINGUAS QUE SOAN MAL




        CUESTIÓNS:
   1.   Que teñen en común as línguas da primeira columna? E as da segunda columna?
   2.   En que pensas cando opinas sobre as línguas da primeira columna? E sobre as da
        segunda?
   3.    Busca imaxes que asocies ás línguas da primeira columna e imaxes para ás da
        segunda.
   4.   Cal é o prexuízo que se esconde detrás?
   5.   Explica que é o racismo e que é o nazismo, partindo das seguintes afirmacións:
               -O racismo consiste en desprezar, denigrar ou minusvalorar o que é diferente.
               -Os nazis vían o mundo desde os prexuízos.

        INFORMACIÓN:
        1. Averigua a orixe das palabras: bárbaros, bérberes, bables e algarabía.
        2. Averigua que queren dicir estas expresións: “catalán cerrado”e “galego cerrado”.
           Como se di “español cerrado”?
        3. Cal é o prexuízo que se esconde detrás?

        CONCLUSIÓN:
                Nas películas de Tarzán retrátase a conxunción de dous mundos opostos: o dos
        brancos-ingleses e o dos non brancos-indíxenas. Nas películas deberían aparecer
        retratadas as dúas lenguas destes dous grupos, pero aparecen tres: tamén a de Tarzán.
        Pero Tarzán foi un bebé que se perdera na selva antes de aprender a falar, polo que o
        lóxico sería que non falase ningunha, xa que os idiomas son un herdo cultural (Falamos
        porque os nosos pais nos transmiten ese coñecemento, pero se a un neno se lle priva
        dese contacto con persoas que falan, entón non aprenden ningunha lingua). Pero
        Tarzán falaba. Así que laguen tivo que ensinarlle ou el escoltar a laguen. Os únicos
        habitantes da selva eran os non negros-indíxenas, polo que a única lingua que podía
        falar era a deste grupo. Mais Tarzán falaba unha lingua distinta á dos indígenas, un
        idioma propio que resultaba comprensible polo espectador: Ancagua, Chita, ancagua!
               -POR QUE TARZÁN NO FALA A ÚNICA LINGUA QUE PODERÍA TER
               APRENDIDO NA SELVA? CAL É O PREXUÍZO QUE SE ESCONDE DETRÁS?

                          DESPREZAR O GALEGO É SER RACISTA!
Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO
 GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011-
                       prexuízos sobre a lingua galega. 2012)

       PREXUÍZO 2. APRENDER GALEGO É UNHA PERDA DE TEMPO, SE TODOS
              FALASEMOS INGLÉS NON HABERÍA PROBLEMAS PARA ENTENDERSE.

Esta afirmación esconde dúas: unha é unha aparente verdade e a outra é unha mentira:
          a) Se todos falásemos inglés non habería problemas para entenderse.
          b) Aprender galego é unha perda de tempo

         ONDE SE AGOCHA A MENTIRA?
        Tres amigos deciden ir cear xuntos. Van a un bo restaurante. Comen e beben e, cando
rematan, piden a conta. O camareiro dilles que son 250€. Cada un deles saca da súa carteira
un billete de 100€. Entre os tres xuntan un total de 300€.
        Unha vez que pagan, sóbranlles 50€. O gasto foi de 250€, pero como xuntaron 300€
entre os tres, sóbranlles 50€. Dado que o camareiro se mostra moi amable, deciden darlle
una propina de 20€. Neste momento sóbranlles aínda 30€, e como son tres amigos acordan
que cada un deles recuperará 10€. De modo que cada un garda na súa carteira un billete de
10€. O custo da celebración foi, pois, para cada un dos amigos, de 90€: 100€ que cada quen
puxo, menos 10€ que recuperou. Polo tanto, en total, entre os tres gastaron na cea
90+90+90=270€ máis os 20€ de propina para o camareiro: 290€.
Se gastaron 290€ pero xuntaran 300€, onde van os 10€ que faltan?

CONCLUSIÓN:
       Igual que na afirmación do PREXUÍZO 2, o problema está mal formulado: Xúntase unha
verdade aparente cunha mentira cativa!
       Os 20€ da propina do camareiro xa estaban incluídos nos 270€ totais que gastaran os
tres amigos, pois a cea custáralles 250€. Non gastaran 290€, senón 270€. Sobráranlles 30€
dos 300€ que xuntaran para pagar.

                 CAL É A MENTIRA QUE SE AGOCHA NA AFIRMACIÓN DO
           PREXUÍZO 2.b: APRENDER GALEGO É UNHA PERDA DE TEMPO!?

      Nunca aprender foi unha perda de tempo. Os vellos sempre dixeron : O SABER NON
OCUPA LUGAR. Mais a xente que entrou en contacto coa informática parece que desenvolveu
o prexuízo do disco duro do ordenador . Resulta que conciben o seu cerobre coma un lugar
limitado para almacenar datos, cunha capacidade de memoria finita. Polo tanto teñen que
seleccionar o que aprenden ( o que gardan no disco duro) non vaia ser que se lles esgote a
súa capacidade.
       Esta concepción é totalmente contraria ao feito en como funciona realmente a mente
humana, pois esta, cada vez que adquire un coñecemento, aumenta a súa capacidade, mellora
o seu funcionamento. A frase dos nosos maiores debería ser O SABER CREA LUGAR!
     Os nenos das comunidades bilingües teñen vantaxe sobre os nenos das comunidades
       monolingües á hora de aprender novas linguas.
     Cantas máis linguas se saben, máis doado é aprender outras linguas.
     Cantas máis linguas se saben, máis doado é adquirir outros coñecementos:
       matemáticas, física, filosofía, arquitectura, bioloxía…

      REIVINDICAR O DESCOÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA É DE PALETOS!
Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO
 GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011-
                       prexuízos sobre a lingua galega. 2012)
           CAL É A VERDADE APARENTE QUE SE AGOCHA NA AFIRMACIÓN DO
         PREXUÍZO 2.a: SE TODOS FALÁSEMOS INGLÉS NON HABERÍA PROBLEMAS
                                PARA ENTENDERSE!?

       O mito da lingua común é unha idea relacionada co mito da torre de Babel e a
consideración da fragmentación lingüística coma un castigo divino (dentro do credo cristián).
En vez de ver a existencia de 5 mil linguas no planeta como símbolo de outras tantas culturas
e, polo tanto, como unha variadísima e grandísima riqueza humana, deféndese un
ESPERANTO cómodo, práctico para entendernos entre todos os habitantes da terra.
Deféndese a UNIFORMIDADE, que leva necesariamente ao pensamento único, á falta de
liberdade para ser diferente, e de aí ao fascismo.

            É O ESPERANTO (O INGLÉS) A SOLUCIÓN?
         Imaxina que todos os dirixentes de todos os países da Terra se poñen de acordo para usar
      unha única lingua: a mesma para todos/as.

       Se non somos capaces de conseguir que 870 millóns de persoas hoxe deixen de pasar fame,
        como conseguiríamos establecer a mesma lingua en todo o planeta?
       Se o 20% da poboación mundial é analfabeta, como conseguir que todos/as utilicen, saiban,
        coñezan unha mesma lingua (que non é a súa)?
       Para que lugar/es do mundo queremos una única lingua?
       Cal é a lingua única que queremos? O inglés? E por que non o español, que ten máis
        falantes que o inglés? E por que non o chinés, que é a lingua máis falada do mundo e a
        futura lingua do comercio e das finanzas? E cal chinés?
       Gustarianos un mundo así?

         Cando a Castelao lle preguntaron que pensaba sobre o mito da lingua única, respondeu algo
      parecido a isto: Os cabalos das estepas rusas, os cabalos da Pampa arxentina, os cabalos
      da meseta castellana e os cabalos de Sabucedo en Galiza rinchan igual. Será porque os
      animais están no idioma universal, na linguaxe única? Por que, entón, o ser humano
      quere descender na escala da evolución e ser un animal?

            É A UNIFORMIDADE UNHA TENDENCIA NATURAL?
         A tendencia natural é a fragmentación lingüística, o feito de que dunhas linguas
      xurdan outras é inherente a todas as linguas do planeta. Esa tendencia á fragmentación non é
      cousa do pasado. Hoxe, a pesar de internet e do mundo globalizado, esa tendencia natural
      mantense:
                 Os filmes estadounidenses non se dobran ao español, senón ao español de
                    España, ao español de México, ao español de Arxentina…
                 Os correctores ortográficos de Word ofrecen 19 variantes para o español, dezaoito
                    para o inglés, dezaseis para o árabe, quince para o francés…

       Sería posible a uniformidade lingüística, é dicir, que unha lingua se mantivese sempre
        idéntica a través do tempo e do espazo?
       Sería posible que a lingua única (o inglés, o esperante) non se fragmentara?
       Sería posible que todos/as falasemos igual?
       Quereríamos falar todos igual? Pensar todos igual? Ser todos idénticos?

  REIVINDICAR UNHA ÚNICA LINGUA OBRÍGANOS A DEIXAR DE SER GALEGOS/AS!
        DEBEMOS SER IGUAIS EN DEREITOS E DEBERES, MAIS NON EN SERES!
Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO
 GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011-
                       prexuízos sobre a lingua galega. 2012)
 PREXUÍZO 3. FALAR GALEGO CANDO HAI ALGUÉN QUE NON O FALA É DE MALA
            EDUCACIÓN.

      Esta afirmación parécelle evidente a moita xente, mais non sempre o evidente é o
acertado.

      POR QUE É FALSA A EVIDENCIA?
        Un día alguén díxome:
 -Imaxina que corres nunha carreira e que chegando á meta fas un esforzo por gañar e
 adiantas o que vai de segundo. En que posición te sitúas?
        A miña resposta foi:
 -De primeira!
        Pareceume evidente. Se adiantaba ao segundo poñíame de primeiro.
        De tan evidente, a miña afirmación resultou falsa!

       A Landeiras, unha aldea de montaña cos pés na ría de Arousa, chegou un día
 un médico. Viña de Santiago, onde estudara e empezara a traballar na consulta de
 outro médico máis vello. Mais o xove médico non nacera en Santiago, senón en
 Cacheiras, outra aldea perto de Compostela. En Landeiras eramos, comigo, 40
 veciños/as. Todos/as falabamos galego. Mais cando o médico estaba presente,
 todos/as nós remexíamos un español acastrapado, por educación!

        Segundo os datos do Atlas Sociolingüístico de Galicia, fala galego
 habitualmente o 75% da poboación e o 25% fala castelán normalmente. Segundo isto,
 unha de cada catro persoas fala español en Galicia e tres de cada catro falan galego.
 Por suposto, en Galicia todos os que falan galego comprenden e falan tamén español.
 E todos os que falan español comprenden aínda que non falen galego. Polo tanto a
 comunicación é posible aínda que cada quen empregue unha lingua distinta.
        Se tres de cada catro galegos falan galego e só un fala español, tres de cada
 catro conversas fanse en galego e só unha en español. É dicir, o galego debería estar
 presente no 75% das conversas e o español no 25% restante.
      Por que, entón, o resultado é tan diferente que o galego só está
 presente no 32% das conversas, mentres que o castelán está
 presente no 68%? Talvez o galego está a morrer de boa educación!?


          REIVINDICAR A BOA EDUCACIÓN SÓ PARA OS GALEGO-FALANTES
         É UNHA FORMA DE ELIMINAR O GALEGO DAS RELACIÓNS SOCIAIS!
Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO
 GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011-
                       prexuízos sobre a lingua galega. 2012)
PREXUÍZO 4. O GALEGO NON O DAMOS FALADO BEN...

     Esta afirmación percibe a figura, mais deixa escapar o fondo. Cal é o fondo? Que se
agocha detrás da afirmación inacabada?

       QUE SE AGOCHA DETRÁS? QUE VES?




           Copa de
           Rubin. Ilusión
           óptica.

                      1.           2.                         3.


       1._______________
       2._______________
       3._______________
       4._______________
       5._______________
                                  4.                               5.
                                       Edgar Rubin, Percepción. Figura e fondo.
       CUESTIÓNS:
      Que custa ver máis a figura ou o fondo?
      Que é máis doado percibir: a apariencia ou a realidade que se agocha detrás?
      Por que os españois non dan falado ben outras linguas?
      Por que os franceses, ingleses, estadounidenses, cando andan polo mundo só se
       expresan na súa lingua e non se molestan nunca en aprender outras linguas ou en
       facerse entender polos seus interlocutores?
      Que se agocha detrás da afirmación inacabada? O galego non o damos falado
       ben…pero________________si!

       TRADUCE O SEGUINTE PARÁGRAFO AO CASTELÁN:
               A miña moza vaicheme                        __________________________________
        aprender a cociñar. Estou farto de                 __________________________________
        ir comer fóra. O que non sei é se                  __________________________________
        darei feito a receita do raxo con                  __________________________________
        pan reseso.                                        ____________
                                                           __________________________________
                                                           ___
           REIVINDICAR QUE FALAMOS MELLOR O ESPAÑOL QUE O GALEGO
                       É IGNORAR A NOSA PROPIA REALIDADE.
                É TER UNHA TALLA “XL” E INSISTIR EN USAR UNHA “S”!
Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO
GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011-
                      prexuízos sobre a lingua galega. 2012)
           PREXUÍZO 5. O GALEGO É UNHA LINGUA IMPOSTA.


         PREXUÍZO 6. O GALEGO É UNHA LINGUA MINORITARIA.


            PREXUÍZO 7. O GALEGO NON O FALA NINGUÉN.

More Related Content

What's hot

O galego no mundo. A lusofonía.
O galego no mundo. A lusofonía.O galego no mundo. A lusofonía.
O galego no mundo. A lusofonía.Marlou
 
Manifesto Rag
Manifesto RagManifesto Rag
Manifesto Ragcenlf
 
Oferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lglOferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lglMarlou
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014TeacherBelen
 
Os PrexuíZos LingüíSticos
Os PrexuíZos LingüíSticosOs PrexuíZos LingüíSticos
Os PrexuíZos LingüíSticosecursocig
 
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Coordinadora Galega ENDL
 
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)A profa Pilar Ponte
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosnoagaliza
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguasMartaGlezTic
 

What's hot (11)

O galego no mundo. A lusofonía.
O galego no mundo. A lusofonía.O galego no mundo. A lusofonía.
O galego no mundo. A lusofonía.
 
Manifesto Rag
Manifesto RagManifesto Rag
Manifesto Rag
 
Oferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lglOferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lgl
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014
 
Os PrexuíZos LingüíSticos
Os PrexuíZos LingüíSticosOs PrexuíZos LingüíSticos
Os PrexuíZos LingüíSticos
 
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
 
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguas
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Tema 1 lingua galega
Tema 1 lingua galegaTema 1 lingua galega
Tema 1 lingua galega
 

Similar to Prexuízos

E C O L O XÍ A D A S L I N G U A S
E C O L O XÍ A  D A S  L I N G U A SE C O L O XÍ A  D A S  L I N G U A S
E C O L O XÍ A D A S L I N G U A SMarlou
 
Nº 15 novembro 2009 en galego,...máis e mellor
Nº 15 novembro 2009  en galego,...máis e mellorNº 15 novembro 2009  en galego,...máis e mellor
Nº 15 novembro 2009 en galego,...máis e mellorceiprandufe
 
Texto argumentativo
Texto argumentativo Texto argumentativo
Texto argumentativo Marlou
 
Decalogo para ser linguisticamente sostibles
Decalogo para ser linguisticamente sostiblesDecalogo para ser linguisticamente sostibles
Decalogo para ser linguisticamente sostiblesmosteirin
 
Actividades diversidade lingüística
Actividades diversidade lingüísticaActividades diversidade lingüística
Actividades diversidade lingüísticaLoli Cid Cid
 
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno VillarGuía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno VillarCoordinadora Galega ENDL
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizosxenevra
 
Cultura clásica: indoeuropeo e linguas indoeuropeas.
Cultura clásica: indoeuropeo e linguas indoeuropeas.Cultura clásica: indoeuropeo e linguas indoeuropeas.
Cultura clásica: indoeuropeo e linguas indoeuropeas.alasdesirena
 
Plurilingüismo
PlurilingüismoPlurilingüismo
PlurilingüismoMarlou
 
Prexuízos lingüísticos
Prexuízos lingüísticosPrexuízos lingüísticos
Prexuízos lingüísticosInma xove
 
As funcións sociais da lingua
As funcións sociais da linguaAs funcións sociais da lingua
As funcións sociais da linguaxenevra
 
9. amor á terra
9.  amor á terra9.  amor á terra
9. amor á terrasatelite1
 
Nº 18 marzo 2010 en galego,...máis e mellor
Nº 18 marzo 2010  en galego,...máis e mellorNº 18 marzo 2010  en galego,...máis e mellor
Nº 18 marzo 2010 en galego,...máis e mellorceiprandufe
 
Apuntes lingua
Apuntes linguaApuntes lingua
Apuntes linguaxenevra
 

Similar to Prexuízos (20)

E C O L O XÍ A D A S L I N G U A S
E C O L O XÍ A  D A S  L I N G U A SE C O L O XÍ A  D A S  L I N G U A S
E C O L O XÍ A D A S L I N G U A S
 
Nº 15 novembro 2009 en galego,...máis e mellor
Nº 15 novembro 2009  en galego,...máis e mellorNº 15 novembro 2009  en galego,...máis e mellor
Nº 15 novembro 2009 en galego,...máis e mellor
 
Texto argumentativo
Texto argumentativo Texto argumentativo
Texto argumentativo
 
Decalogo para ser linguisticamente sostibles
Decalogo para ser linguisticamente sostiblesDecalogo para ser linguisticamente sostibles
Decalogo para ser linguisticamente sostibles
 
Actividades diversidade lingüística
Actividades diversidade lingüísticaActividades diversidade lingüística
Actividades diversidade lingüística
 
2ºEso Ud 04
2ºEso Ud 042ºEso Ud 04
2ºEso Ud 04
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno VillarGuía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
Cultura clásica: indoeuropeo e linguas indoeuropeas.
Cultura clásica: indoeuropeo e linguas indoeuropeas.Cultura clásica: indoeuropeo e linguas indoeuropeas.
Cultura clásica: indoeuropeo e linguas indoeuropeas.
 
Plurilingüismo
PlurilingüismoPlurilingüismo
Plurilingüismo
 
Prexuízos lingüísticos
Prexuízos lingüísticosPrexuízos lingüísticos
Prexuízos lingüísticos
 
As funcións sociais da lingua
As funcións sociais da linguaAs funcións sociais da lingua
As funcións sociais da lingua
 
9. amor á terra
9.  amor á terra9.  amor á terra
9. amor á terra
 
Nº 18 marzo 2010 en galego,...máis e mellor
Nº 18 marzo 2010  en galego,...máis e mellorNº 18 marzo 2010  en galego,...máis e mellor
Nº 18 marzo 2010 en galego,...máis e mellor
 
Apuntes lingua
Apuntes linguaApuntes lingua
Apuntes lingua
 
En galego, máis e mellor!
En galego, máis e mellor!En galego, máis e mellor!
En galego, máis e mellor!
 
Galego
GalegoGalego
Galego
 
Escoita...é o silencio
Escoita...é o silencioEscoita...é o silencio
Escoita...é o silencio
 
Escoita é O Silencio
Escoita   é O SilencioEscoita   é O Silencio
Escoita é O Silencio
 

More from Marlou

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaMarlou
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Marlou
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoMarlou
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Marlou
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEEMarlou
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)Marlou
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)Marlou
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleresMarlou
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Marlou
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
MilicianosMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Marlou
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroMarlou
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Marlou
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en GalizaMarlou
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártirMarlou
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_GalizaMarlou
 
Decembro
DecembroDecembro
DecembroMarlou
 

More from Marlou (20)

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre Xonxa
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelato
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleres
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
Milicianos
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negro
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en Galiza
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártir
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_Galiza
 
Decembro
DecembroDecembro
Decembro
 

Prexuízos

  • 1. Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011- prexuízos sobre a lingua galega. 2012) PREXUÍZO 1. O GALEGO É UNHA LINGUA BRUTA, SOA MAL. A afirmación de que o galego é unha lingua que soa mal leva implícito o feito de que haxa línguas que s, pólo contrario, soan bem, HAI LINGUAS QUE SOAN BEN E LINGUAS QUE SOAN MAL? LINGUAS QUE SOAN BEN LINGUAS QUE SOAN MAL CUESTIÓNS: 1. Que teñen en común as línguas da primeira columna? E as da segunda columna? 2. En que pensas cando opinas sobre as línguas da primeira columna? E sobre as da segunda? 3. Busca imaxes que asocies ás línguas da primeira columna e imaxes para ás da segunda. 4. Cal é o prexuízo que se esconde detrás? 5. Explica que é o racismo e que é o nazismo, partindo das seguintes afirmacións: -O racismo consiste en desprezar, denigrar ou minusvalorar o que é diferente. -Os nazis vían o mundo desde os prexuízos. INFORMACIÓN: 1. Averigua a orixe das palabras: bárbaros, bérberes, bables e algarabía. 2. Averigua que queren dicir estas expresións: “catalán cerrado”e “galego cerrado”. Como se di “español cerrado”? 3. Cal é o prexuízo que se esconde detrás? CONCLUSIÓN: Nas películas de Tarzán retrátase a conxunción de dous mundos opostos: o dos brancos-ingleses e o dos non brancos-indíxenas. Nas películas deberían aparecer retratadas as dúas lenguas destes dous grupos, pero aparecen tres: tamén a de Tarzán. Pero Tarzán foi un bebé que se perdera na selva antes de aprender a falar, polo que o lóxico sería que non falase ningunha, xa que os idiomas son un herdo cultural (Falamos porque os nosos pais nos transmiten ese coñecemento, pero se a un neno se lle priva dese contacto con persoas que falan, entón non aprenden ningunha lingua). Pero Tarzán falaba. Así que laguen tivo que ensinarlle ou el escoltar a laguen. Os únicos habitantes da selva eran os non negros-indíxenas, polo que a única lingua que podía falar era a deste grupo. Mais Tarzán falaba unha lingua distinta á dos indígenas, un idioma propio que resultaba comprensible polo espectador: Ancagua, Chita, ancagua! -POR QUE TARZÁN NO FALA A ÚNICA LINGUA QUE PODERÍA TER APRENDIDO NA SELVA? CAL É O PREXUÍZO QUE SE ESCONDE DETRÁS? DESPREZAR O GALEGO É SER RACISTA!
  • 2. Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011- prexuízos sobre a lingua galega. 2012) PREXUÍZO 2. APRENDER GALEGO É UNHA PERDA DE TEMPO, SE TODOS FALASEMOS INGLÉS NON HABERÍA PROBLEMAS PARA ENTENDERSE. Esta afirmación esconde dúas: unha é unha aparente verdade e a outra é unha mentira: a) Se todos falásemos inglés non habería problemas para entenderse. b) Aprender galego é unha perda de tempo ONDE SE AGOCHA A MENTIRA? Tres amigos deciden ir cear xuntos. Van a un bo restaurante. Comen e beben e, cando rematan, piden a conta. O camareiro dilles que son 250€. Cada un deles saca da súa carteira un billete de 100€. Entre os tres xuntan un total de 300€. Unha vez que pagan, sóbranlles 50€. O gasto foi de 250€, pero como xuntaron 300€ entre os tres, sóbranlles 50€. Dado que o camareiro se mostra moi amable, deciden darlle una propina de 20€. Neste momento sóbranlles aínda 30€, e como son tres amigos acordan que cada un deles recuperará 10€. De modo que cada un garda na súa carteira un billete de 10€. O custo da celebración foi, pois, para cada un dos amigos, de 90€: 100€ que cada quen puxo, menos 10€ que recuperou. Polo tanto, en total, entre os tres gastaron na cea 90+90+90=270€ máis os 20€ de propina para o camareiro: 290€. Se gastaron 290€ pero xuntaran 300€, onde van os 10€ que faltan? CONCLUSIÓN: Igual que na afirmación do PREXUÍZO 2, o problema está mal formulado: Xúntase unha verdade aparente cunha mentira cativa! Os 20€ da propina do camareiro xa estaban incluídos nos 270€ totais que gastaran os tres amigos, pois a cea custáralles 250€. Non gastaran 290€, senón 270€. Sobráranlles 30€ dos 300€ que xuntaran para pagar. CAL É A MENTIRA QUE SE AGOCHA NA AFIRMACIÓN DO PREXUÍZO 2.b: APRENDER GALEGO É UNHA PERDA DE TEMPO!? Nunca aprender foi unha perda de tempo. Os vellos sempre dixeron : O SABER NON OCUPA LUGAR. Mais a xente que entrou en contacto coa informática parece que desenvolveu o prexuízo do disco duro do ordenador . Resulta que conciben o seu cerobre coma un lugar limitado para almacenar datos, cunha capacidade de memoria finita. Polo tanto teñen que seleccionar o que aprenden ( o que gardan no disco duro) non vaia ser que se lles esgote a súa capacidade. Esta concepción é totalmente contraria ao feito en como funciona realmente a mente humana, pois esta, cada vez que adquire un coñecemento, aumenta a súa capacidade, mellora o seu funcionamento. A frase dos nosos maiores debería ser O SABER CREA LUGAR!  Os nenos das comunidades bilingües teñen vantaxe sobre os nenos das comunidades monolingües á hora de aprender novas linguas.  Cantas máis linguas se saben, máis doado é aprender outras linguas.  Cantas máis linguas se saben, máis doado é adquirir outros coñecementos: matemáticas, física, filosofía, arquitectura, bioloxía… REIVINDICAR O DESCOÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA É DE PALETOS!
  • 3. Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011- prexuízos sobre a lingua galega. 2012) CAL É A VERDADE APARENTE QUE SE AGOCHA NA AFIRMACIÓN DO PREXUÍZO 2.a: SE TODOS FALÁSEMOS INGLÉS NON HABERÍA PROBLEMAS PARA ENTENDERSE!? O mito da lingua común é unha idea relacionada co mito da torre de Babel e a consideración da fragmentación lingüística coma un castigo divino (dentro do credo cristián). En vez de ver a existencia de 5 mil linguas no planeta como símbolo de outras tantas culturas e, polo tanto, como unha variadísima e grandísima riqueza humana, deféndese un ESPERANTO cómodo, práctico para entendernos entre todos os habitantes da terra. Deféndese a UNIFORMIDADE, que leva necesariamente ao pensamento único, á falta de liberdade para ser diferente, e de aí ao fascismo. É O ESPERANTO (O INGLÉS) A SOLUCIÓN? Imaxina que todos os dirixentes de todos os países da Terra se poñen de acordo para usar unha única lingua: a mesma para todos/as.  Se non somos capaces de conseguir que 870 millóns de persoas hoxe deixen de pasar fame, como conseguiríamos establecer a mesma lingua en todo o planeta?  Se o 20% da poboación mundial é analfabeta, como conseguir que todos/as utilicen, saiban, coñezan unha mesma lingua (que non é a súa)?  Para que lugar/es do mundo queremos una única lingua?  Cal é a lingua única que queremos? O inglés? E por que non o español, que ten máis falantes que o inglés? E por que non o chinés, que é a lingua máis falada do mundo e a futura lingua do comercio e das finanzas? E cal chinés?  Gustarianos un mundo así? Cando a Castelao lle preguntaron que pensaba sobre o mito da lingua única, respondeu algo parecido a isto: Os cabalos das estepas rusas, os cabalos da Pampa arxentina, os cabalos da meseta castellana e os cabalos de Sabucedo en Galiza rinchan igual. Será porque os animais están no idioma universal, na linguaxe única? Por que, entón, o ser humano quere descender na escala da evolución e ser un animal? É A UNIFORMIDADE UNHA TENDENCIA NATURAL? A tendencia natural é a fragmentación lingüística, o feito de que dunhas linguas xurdan outras é inherente a todas as linguas do planeta. Esa tendencia á fragmentación non é cousa do pasado. Hoxe, a pesar de internet e do mundo globalizado, esa tendencia natural mantense:  Os filmes estadounidenses non se dobran ao español, senón ao español de España, ao español de México, ao español de Arxentina…  Os correctores ortográficos de Word ofrecen 19 variantes para o español, dezaoito para o inglés, dezaseis para o árabe, quince para o francés…  Sería posible a uniformidade lingüística, é dicir, que unha lingua se mantivese sempre idéntica a través do tempo e do espazo?  Sería posible que a lingua única (o inglés, o esperante) non se fragmentara?  Sería posible que todos/as falasemos igual?  Quereríamos falar todos igual? Pensar todos igual? Ser todos idénticos? REIVINDICAR UNHA ÚNICA LINGUA OBRÍGANOS A DEIXAR DE SER GALEGOS/AS! DEBEMOS SER IGUAIS EN DEREITOS E DEBERES, MAIS NON EN SERES!
  • 4. Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011- prexuízos sobre a lingua galega. 2012) PREXUÍZO 3. FALAR GALEGO CANDO HAI ALGUÉN QUE NON O FALA É DE MALA EDUCACIÓN. Esta afirmación parécelle evidente a moita xente, mais non sempre o evidente é o acertado. POR QUE É FALSA A EVIDENCIA? Un día alguén díxome: -Imaxina que corres nunha carreira e que chegando á meta fas un esforzo por gañar e adiantas o que vai de segundo. En que posición te sitúas? A miña resposta foi: -De primeira! Pareceume evidente. Se adiantaba ao segundo poñíame de primeiro. De tan evidente, a miña afirmación resultou falsa! A Landeiras, unha aldea de montaña cos pés na ría de Arousa, chegou un día un médico. Viña de Santiago, onde estudara e empezara a traballar na consulta de outro médico máis vello. Mais o xove médico non nacera en Santiago, senón en Cacheiras, outra aldea perto de Compostela. En Landeiras eramos, comigo, 40 veciños/as. Todos/as falabamos galego. Mais cando o médico estaba presente, todos/as nós remexíamos un español acastrapado, por educación! Segundo os datos do Atlas Sociolingüístico de Galicia, fala galego habitualmente o 75% da poboación e o 25% fala castelán normalmente. Segundo isto, unha de cada catro persoas fala español en Galicia e tres de cada catro falan galego. Por suposto, en Galicia todos os que falan galego comprenden e falan tamén español. E todos os que falan español comprenden aínda que non falen galego. Polo tanto a comunicación é posible aínda que cada quen empregue unha lingua distinta. Se tres de cada catro galegos falan galego e só un fala español, tres de cada catro conversas fanse en galego e só unha en español. É dicir, o galego debería estar presente no 75% das conversas e o español no 25% restante. Por que, entón, o resultado é tan diferente que o galego só está presente no 32% das conversas, mentres que o castelán está presente no 68%? Talvez o galego está a morrer de boa educación!? REIVINDICAR A BOA EDUCACIÓN SÓ PARA OS GALEGO-FALANTES É UNHA FORMA DE ELIMINAR O GALEGO DAS RELACIÓNS SOCIAIS!
  • 5. Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011- prexuízos sobre a lingua galega. 2012) PREXUÍZO 4. O GALEGO NON O DAMOS FALADO BEN... Esta afirmación percibe a figura, mais deixa escapar o fondo. Cal é o fondo? Que se agocha detrás da afirmación inacabada? QUE SE AGOCHA DETRÁS? QUE VES? Copa de Rubin. Ilusión óptica. 1. 2. 3. 1._______________ 2._______________ 3._______________ 4._______________ 5._______________ 4. 5. Edgar Rubin, Percepción. Figura e fondo. CUESTIÓNS:  Que custa ver máis a figura ou o fondo?  Que é máis doado percibir: a apariencia ou a realidade que se agocha detrás?  Por que os españois non dan falado ben outras linguas?  Por que os franceses, ingleses, estadounidenses, cando andan polo mundo só se expresan na súa lingua e non se molestan nunca en aprender outras linguas ou en facerse entender polos seus interlocutores?  Que se agocha detrás da afirmación inacabada? O galego non o damos falado ben…pero________________si! TRADUCE O SEGUINTE PARÁGRAFO AO CASTELÁN: A miña moza vaicheme __________________________________ aprender a cociñar. Estou farto de __________________________________ ir comer fóra. O que non sei é se __________________________________ darei feito a receita do raxo con __________________________________ pan reseso. ____________ __________________________________ ___ REIVINDICAR QUE FALAMOS MELLOR O ESPAÑOL QUE O GALEGO É IGNORAR A NOSA PROPIA REALIDADE. É TER UNHA TALLA “XL” E INSISTIR EN USAR UNHA “S”!
  • 6. Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011- prexuízos sobre a lingua galega. 2012) PREXUÍZO 5. O GALEGO É UNHA LINGUA IMPOSTA. PREXUÍZO 6. O GALEGO É UNHA LINGUA MINORITARIA. PREXUÍZO 7. O GALEGO NON O FALA NINGUÉN.