SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 7
Baixar para ler offline
PCPI - MSC
ABRIL-2013

TEMA: O DESENVOLVEMENTO NO MUNDO:
DESIGUALDADES NORTE - SUR
I. OS GRANDES CONXUNTOS REXIONAIS: Conflitos político-relixiosos.
VOCABULARIO:
1. Superpotencia. Asociación de estados..
2. Áreas ou conxuntos rexionais.
3. Produto interior bruto (PIB). Índice de desenvolvemento humano (IDH).
4. Renda per cápita.
5. Sector primario, sector secundario e sector terciario.
6. “Catro tigres” do Pacífico.
7. Magreb. Africa subsahariana.
8. Europa Occidental. UE.
9. Federación Rusa.
10. Mercosur. Tratado de Libre Comercio (ALCAN)
ACTIVIDADES:
1. Comentario crítico escrito do texto: China, o xigante asiático.
2. AULA DE INFORMÁTICA:
-Busca en google de información arredor do país elixido para facer o traballo de
investigación e exposición deste trimestre.
3. AULA DE VÍDEO:
-Proxección individual dos distintos documentais sobre os países elixidos para o
-Traballo de Xeografía.
Proxección dos documentais : Trabajo infantil (102) e Invisibles
4. SALA DE PRENSA:
-Busca de información en xornais sobre conflitos político-relixiosos en activo.
4. BIBLIOTECA:
-Busca de información para a realización do Traballo de Xeografía.
-Exercicios sobre mapas de Europa e España.
DEBATE:

Outro mundo é posíbel?
OS CENTROS DE PODER MUNDIAL
Desaparecidos os bloques que dividían ao mundo arredor das dúas superpotencias
(URSS e USA), entramos no s.XXI cunha única superpotencia militar e económica: os EEUU,
pero con varios centros de poder, moi inferiores militarmente, pero cun potencial económico
semellante.
Tres son os principais centros de poder económico do mundo: dous estados, EEUU e
Xapón, e unha asociación de estados, a Unión Europea.
Cada un deles xoga un papel dominante na economía dunha área diferente do planeta e,
conxuntamente, controlan a meirande parte dos intercambios comerciais e financeiros a nivel
mundial.
Outras potencias menores (como Canadá, Australia, China e Rusia) completan a rede
dos principais centros económicos do mundo.
Atendendo ao seu nivel de desenvolvemento e á súa localización xeográfica, podemos
clasificar os países do mundo en grandes áreas ou conxuntos rexionais: América do Norte,
Iberoamérica, Europa Occidental, Europa Oriental, África, Asia Meridional e o Pacífico.
Sumarémoslles dous grandes países de dimensións continentais: Rusia e China.
AMÉRICA DO NORTE
Compoñen esta rexión dous países: Canadá e EEUU. Os dous superan os 9 millóns de
kms cadrados. EEUU ten unha poboación de arredor de 275 millóns de habitantes. Canadá rolda
os 31 millóns. A densidade de poboación é moi baixa nos dous (30 hab. por km cadrado en
EEUU e 4 hab. por km cadrado en Canadá). Máis do 75% da poboación dos dous países é
urbana., polo tanto os dous dispoñen de extensos espazos abertos despoboados. O produto
interior bruto (PIB) de EEUU está perto dos 8 billóns de dólares e o de Canadá sitúase nos
700.000 millóns. Estes dous países forman parte dos países máis ricos do mundo, ou o que é o
mesmo, dos países con maior renda per cápita e co maior índice de desenvolvemento
humano (IDH).
A existencia de abundantes recursos naturais está na base do potencial económico desta
rexión. EEUU e Canadá son os primeiros produtores mundiais de minerais. EEUU é o primeiro
produtor mundial de electricidade, o segundo de petróleo, gas natural e carbón. Canadá é o
terceiro produtor mundial de gas natural, o quinto de electricidade e ocupa un lugar importante
na produción de petróleo e carbón. Con respecto á produción agrícola, EEUU é o segundo
produtor mundial de cereais e o primeiro exportador. Canadá é o terceiro exportador mundial.
Ambos países posúen unha gandaría moi desenvolvida e un importantísimo sector forestal.
Con toda a súa importancia, as actividades do sector primario ocupan unha porcentaxe
moi pequena da poboación activa (o 3% en EEUU e o 5% en Canadá). Isto débese a que se trata
de actividades moi especializadas e mecanizadas.
A industria ocupa en EEUU a cuarta parte da poboación activa e algo menos en Canadá.
Dispoñen dunha importante industria derivada da extracción e aproveitamento dos minerais. A
fabricación de automóbiles e maquinaria forma parte da industria tradicional dos EEUU e de
Canadá. Ademais están a desenvolveren vertixinosamente a industria das novas tecnoloxías:
informática, robótica, microelectrónica, aeronáutica...
Aínda así, EEUU, a pesar dos seus recursos naturais e da súa potentísima riqueza
industrial, ten que importar gran cantidade de materias primas e produtos enerxéticos, o que o
converte no país coa balanza comercial máis deficitaria do planeta.
O PACÍFICO
A parte ocidental do océano Pacífico constitúe unha das rexións máis dinámicas
economicamente falando. Liderada pola economía xaponesa, viviu nas últimas décadas un forte
crecemento económico, especialmente nalgúns países como Corea do Sur, Taiwan, Singapur
e a antiga colonia británica de Hong Kong, na actualidade territorio chinés. Coñecidos como os
“catro tigres” do Pacífico, son os exemplos máis claros dun intenso proceso de
industrialización que tamén afecta, aínda que en menor medida, a outros países como Tailandia,
Malaisia ou Indonesia.
Xapón é un pequeno país de menos de 400.000 kms. cadrados, cunha poboación que
supera os 126 millóns de habitantes e unha densidade de máis de 334 hab. por km. cadrado. Os
recursos naturais dos que dispón son moi reducidos se exceptuamos os produtos da pesca, que
colocan a Xapón como no segundo nivel mundial. A súa actividade económica baséase no
sector secundario (industrial) e no sector terciario (servizos). Para realizar estas actividades
Xapón debe importar boa parte das materias primas que utiliza. Aínda así é o primeiro produtor
mundial de vehículos. Tamén é unha potencia mundial na industria das novas tecnoloxías,
especialmente na robótica e na fabricación de produtos informáticos.
Australia é un país que se atopa no Pacífico sur, cunha economía en expansión. Cunha
densidade de poboación de 2’4 hab. por km. cadrado, Australia dispón de abundantes recursos
naturais. Conta cunha mineiría moi importante e con importantes recursos agrícolas; ademais
conta coa cabana de gando ovino máis numerosa do mundo e , polo tanto, é un dos principais
produtores de lá.
ASIA MERIDIONAL
A economía máis dinámica desta rexión é a de India, o segundo país máis poboado da
terra. Dispón dunha industria moderna e desenvolvida, aínda que máis do 50% da poboación
segue adicada á agricultura tradicional. É a potencia que lidera o progreso dos países pobres do
seu entorno (Paquistán, Bangladesh, Myanmar, Sri Lanka e Nepal).
Pertencen a esta rexión tamén os países de Oriente Próximo e Medio como Iraq, Irán e
Arabia Saudí. Países ricos en petróleo nos que as condicións xeográficas, a concentración da
riqueza en poucas mans e a fuga de beneficios a mans das compañías occidentais, teñen
impedido un desenvolvemento económico adecuado tanto da agricultura como da industria e do
sector servizos, case inexistente. A competencia mundial polo petróleo converteu a esta zona
nun dos maiores focos de tensión a nivel internacional: dúas guerras recentes no Golfo Pérsico,
invasión de Afganistán, invasión de Iraq, guerra palestino-israelí...
IBEROAMÉRICA
A ampla rexión iberoamericana ocupa un papel secundario na economía mundial. O seu
papel é o de exportadora de materias primas como o petróleo. Os intentos de desenvolvemento
autóctonos fracasaron debido ao control dos seus recursos por compañías norteamericanas e á
presión dos EEUU sobre os gobernos nacionais. Algúns están sumidos na pobreza a pesar de
contar cun grande potencial natural. Todos arrastran grandes problemas económicos, políticos e
sociais.
Brasil é a principal potencia rexional, pois conta con 175 millóns de habitantes, e os
maiores recursos naturais do Centro e do Sur de América.
A rexión debátese entre a posibilidade de adoptar formas de integración das súas
economías, como Mercosur (mercado común de América do Sur formado por Brasil,
Arxentina, Uruguai e Paraguai), ou integrarse nun mercado común baixo a hexemonía de EEUU
na liña do Tratado de Libre Comercio (ALCAN) acordado por EEUU, Canadá e México.
ÁFRICA
O continente africano é o máis pobre do planeta. Cunha agricultura moi atrasada, os
seus principais recursos naturais son explotados por compañías pertencentes aos países
desenvolvidos.
Cómpre distinguir entre os países do Norte (Marrocos, Alxeria, Tunicia, Libia,
Mauritania e Exipto) e os países da África Subsahariana. Os países do Norte dispoñen dunha
renda máis elevada, un maior control dos seus recursos e un maior nivel de industria e servizos.
A estabilidade política tamén é maior no Norte que no Sur.
Os países da África negra contan cos rendas por habitante máis baixas do planeta. A súa
poboación é eminentemente agrícola. Os seus recursos están controlados por empresas europeas
ou norteamericanas, apoiadas en gobernos corruptos. A pobreza e a corrupción alimentan
constantes conflitos civís, moitas veces mesturados con enfrontamentos raciais.
EUROPA
Europa Occidental, artellada en torno á UE, constitúe un dos espazos económicos
máis ricos do mundo. Dispón dunha agricultura moderna. A industria dispón de recursos
propios. Aínda que posúe escasos recursos enerxéticos que debe importar. Talvez por iso a súa
balanza comercial é deficitaria. A UE é un dos principais centros mundiais de comercio e
servizos. Conta coa segunda rede viaria do mundo e a primeira flota mundial.
Rusia e Europa Oriental camiñan dun xeito distinto ao Occidente euroeo. Tras a
desintegración da URSS en 1991, formouse a Federación Rusa, liderada por Rusia. A
Federación dispón de inmensos recursos, tanto en Europa como nos seus territorios asiáticos. É
un dos máis importantes produtores mundiais de industrias derivadas da mineiría. Tamén é un
importante produtor agrícola.
Desde a caída dos reximes de socialismo de Estado, cunha economía dirixida polo
propio Estado, Europa Oriental está sometida a profundas transformacións, camiñando cara a
unha economía de mercado, que está a provocar graves problemas económicos, políticos e
sociais, o que conleva períodos de crises asociadas a importantes movementos migratorios cara
ao Oeste.

CUESTIÓNS
1. Elabora un esquema partindo do tema anterior.
2. Cales son os tres grandes centros de poder económico mundial?
3. Por que existe unha única superpotencia?
4. Cales son os principais recursos de América do Norte?
5. Por que é deficitaria a balanza comercial dos EEUU?
6. Cal é a causa do éxito industrial de Xapón?
7. Quen son os “catro tigres”?
8. Cal é a potencia líder de Asia Meridional? Por que?
9. Cales son os principais produtores de petróleo de Oriente Próximo? Son países ricos e
desenvolvidos? Por que?
10. Cal é a principal potencia rexional de America doSur? Que é o Mercosur?
11. Que dúas zonas podemos distinguir en África?
12. Cales son as causas da situación da África negra?
I. OS GRANDES CONXUNTOS REXIONAIS: Conflitos político-relixiosos.

ACTIVIDADE: Elabora un comentario crítico do texto anterior.
I. OS GRANDES CONXUNTOS REXIONAIS: Conflitos político-relixiosos.
OS CONFLITOS ÉTNICOS E RELIXIOSOS
Os conflitos polos recursos ou os derivados da desigualdade apóianse a miúdo
en diferenzas étnicas ou relixiosas. Pobos con culturas ou relixións diferentes
enfróntanse entre si polo acceso a determinados recursos ou para conseguir un sistema
político máis democrático e máis xusto. Estes conflitos están encirrados por situacións
inxustas, nas que o pobo ou comunidade desfavorecida ve negada a súa dignidade e
coutadas as súas posibilidades de mellora e desenvolvemento. Nalgúns destes concflitos
é a intervención soterrada dos Estados poderosos ou das grandes empresas
multinacionais, que buscan impoñer os seus interese económicos, a responsábel do
crecemento da tensión e do desencadeamento da guerra.
a tensión existente entre unha parte do mundo islámico e o occidente cristián, que xa ten
desembocado en guerras en Afganistán e Iraq e que está destrás do atentado contra as
Torres Xemelgas de Nova Iorque o 11 de Setembro de 2001, é o máximo exemplo deste
tipo de conflitos, nos que a loita por recursos importantes como o petróleo se suma ás
diferenzas relixiosas, para dar lugar ao que algúns chaman o “choque de civilizacións”.
ACTIVIDADE: Busca na prensa diaria (na Sala de Prensa) información recente
sobre diferentes conflitos político-relixiosos que se estean a producir actualmente.
Posteriormente elixe un deles e elabora un artigo sobre o mesmo.
I. OS GRANDES CONXUNTOS REXIONAIS: Conflitos político-relixiosos.
OS CONFLITOS ÉTNICOS E RELIXIOSOS
Os conflitos polos recursos ou os derivados da desigualdade apóianse a miúdo
en diferenzas étnicas ou relixiosas. Pobos con culturas ou relixións diferentes
enfróntanse entre si polo acceso a determinados recursos ou para conseguir un sistema
político máis democrático e máis xusto. Estes conflitos están encirrados por situacións
inxustas, nas que o pobo ou comunidade desfavorecida ve negada a súa dignidade e
coutadas as súas posibilidades de mellora e desenvolvemento. Nalgúns destes concflitos
é a intervención soterrada dos Estados poderosos ou das grandes empresas
multinacionais, que buscan impoñer os seus interese económicos, a responsábel do
crecemento da tensión e do desencadeamento da guerra.
a tensión existente entre unha parte do mundo islámico e o occidente cristián, que xa ten
desembocado en guerras en Afganistán e Iraq e que está destrás do atentado contra as
Torres Xemelgas de Nova Iorque o 11 de Setembro de 2001, é o máximo exemplo deste
tipo de conflitos, nos que a loita por recursos importantes como o petróleo se suma ás
diferenzas relixiosas, para dar lugar ao que algúns chaman o “choque de civilizacións”.
ACTIVIDADE: Busca na prensa diaria (na Sala de Prensa) información recente
sobre diferentes conflitos político-relixiosos que se estean a producir actualmente.
Posteriormente elixe un deles e elabora un artigo sobre o mesmo.

Mais conteúdo relacionado

Destaque

Europa
EuropaEuropa
EuropaMarlou
 
Mapa mudo 2
Mapa mudo 2Mapa mudo 2
Mapa mudo 2Marlou
 
Mundo En Guerra
Mundo En GuerraMundo En Guerra
Mundo En GuerraMarlou
 
Mapa mudo 1
Mapa mudo 1Mapa mudo 1
Mapa mudo 1Marlou
 
Esquema
EsquemaEsquema
EsquemaMarlou
 
Fascismos
FascismosFascismos
FascismosMarlou
 
Cuestionario
CuestionarioCuestionario
CuestionarioMarlou
 
As cordas líricas de curros
As cordas líricas de currosAs cordas líricas de curros
As cordas líricas de currosLoli Cid Cid
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimentoguest7b8f3b
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal8397
 
O nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galega
O nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galegaO nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galega
O nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galegaCarlos Piña López
 
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBO nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBmarloga
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimentoxenevra
 
Manuel Curros Enríquez, 3º ESO
Manuel Curros Enríquez, 3º ESOManuel Curros Enríquez, 3º ESO
Manuel Curros Enríquez, 3º ESOtrafegandoronseis
 
Adecuación, coherencia e cohesión
Adecuación, coherencia e cohesiónAdecuación, coherencia e cohesión
Adecuación, coherencia e cohesiónLuciano Fernández
 
Xeografia de Galiza
Xeografia de GalizaXeografia de Galiza
Xeografia de GalizaMarlou
 
O texto argumentativo
O texto argumentativo O texto argumentativo
O texto argumentativo Loli Cid Cid
 

Destaque (20)

Europa
EuropaEuropa
Europa
 
Mapa mudo 2
Mapa mudo 2Mapa mudo 2
Mapa mudo 2
 
Mundo En Guerra
Mundo En GuerraMundo En Guerra
Mundo En Guerra
 
Mapa mudo 1
Mapa mudo 1Mapa mudo 1
Mapa mudo 1
 
Esquema
EsquemaEsquema
Esquema
 
Fascismos
FascismosFascismos
Fascismos
 
Cuestionario
CuestionarioCuestionario
Cuestionario
 
As cordas líricas de curros
As cordas líricas de currosAs cordas líricas de curros
As cordas líricas de curros
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimento
 
pondal
pondalpondal
pondal
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal
 
O nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galega
O nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galegaO nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galega
O nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galega
 
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBO nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
Manuel Curros Enríquez, 3º ESO
Manuel Curros Enríquez, 3º ESOManuel Curros Enríquez, 3º ESO
Manuel Curros Enríquez, 3º ESO
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
Adecuación, coherencia e cohesión
Adecuación, coherencia e cohesiónAdecuación, coherencia e cohesión
Adecuación, coherencia e cohesión
 
Xeografia de Galiza
Xeografia de GalizaXeografia de Galiza
Xeografia de Galiza
 
Co xénero enredado
Co xénero enredadoCo xénero enredado
Co xénero enredado
 
O texto argumentativo
O texto argumentativo O texto argumentativo
O texto argumentativo
 

Semelhante a Os grandes conxuntos rexionais

Semelhante a Os grandes conxuntos rexionais (16)

Globalización
GlobalizaciónGlobalización
Globalización
 
Globalización
GlobalizaciónGlobalización
Globalización
 
Globalizacion
GlobalizacionGlobalizacion
Globalizacion
 
Globalizacion
GlobalizacionGlobalizacion
Globalizacion
 
Globalizacion
GlobalizacionGlobalizacion
Globalizacion
 
Tema 2, Lección 2
Tema 2, Lección 2Tema 2, Lección 2
Tema 2, Lección 2
 
XEO2. Novo esceario xeopolítico. España no sistema e no mundo
XEO2. Novo esceario xeopolítico. España no sistema e no mundoXEO2. Novo esceario xeopolítico. España no sistema e no mundo
XEO2. Novo esceario xeopolítico. España no sistema e no mundo
 
14 o mundo actual
14  o mundo actual14  o mundo actual
14 o mundo actual
 
Tema 14
Tema 14Tema 14
Tema 14
 
TEMA 14
TEMA 14TEMA 14
TEMA 14
 
Europa politica
Europa politicaEuropa politica
Europa politica
 
Tema 6. 3º Eso
Tema 6. 3º EsoTema 6. 3º Eso
Tema 6. 3º Eso
 
UD 13 Prácticos
UD 13 PrácticosUD 13 Prácticos
UD 13 Prácticos
 
Tema 14
Tema 14Tema 14
Tema 14
 
TEMA 14
TEMA 14TEMA 14
TEMA 14
 
A economía en españa
A economía en españaA economía en españa
A economía en españa
 

Mais de Marlou

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaMarlou
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Marlou
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoMarlou
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Marlou
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEEMarlou
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)Marlou
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)Marlou
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleresMarlou
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Marlou
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
MilicianosMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Marlou
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroMarlou
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Marlou
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en GalizaMarlou
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártirMarlou
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_GalizaMarlou
 
Decembro
DecembroDecembro
DecembroMarlou
 

Mais de Marlou (20)

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre Xonxa
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelato
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleres
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
Milicianos
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negro
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en Galiza
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártir
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_Galiza
 
Decembro
DecembroDecembro
Decembro
 

Os grandes conxuntos rexionais

  • 1. PCPI - MSC ABRIL-2013 TEMA: O DESENVOLVEMENTO NO MUNDO: DESIGUALDADES NORTE - SUR I. OS GRANDES CONXUNTOS REXIONAIS: Conflitos político-relixiosos. VOCABULARIO: 1. Superpotencia. Asociación de estados.. 2. Áreas ou conxuntos rexionais. 3. Produto interior bruto (PIB). Índice de desenvolvemento humano (IDH). 4. Renda per cápita. 5. Sector primario, sector secundario e sector terciario. 6. “Catro tigres” do Pacífico. 7. Magreb. Africa subsahariana. 8. Europa Occidental. UE. 9. Federación Rusa. 10. Mercosur. Tratado de Libre Comercio (ALCAN) ACTIVIDADES: 1. Comentario crítico escrito do texto: China, o xigante asiático. 2. AULA DE INFORMÁTICA: -Busca en google de información arredor do país elixido para facer o traballo de investigación e exposición deste trimestre. 3. AULA DE VÍDEO: -Proxección individual dos distintos documentais sobre os países elixidos para o -Traballo de Xeografía. Proxección dos documentais : Trabajo infantil (102) e Invisibles 4. SALA DE PRENSA: -Busca de información en xornais sobre conflitos político-relixiosos en activo. 4. BIBLIOTECA: -Busca de información para a realización do Traballo de Xeografía. -Exercicios sobre mapas de Europa e España. DEBATE: Outro mundo é posíbel?
  • 2. OS CENTROS DE PODER MUNDIAL Desaparecidos os bloques que dividían ao mundo arredor das dúas superpotencias (URSS e USA), entramos no s.XXI cunha única superpotencia militar e económica: os EEUU, pero con varios centros de poder, moi inferiores militarmente, pero cun potencial económico semellante. Tres son os principais centros de poder económico do mundo: dous estados, EEUU e Xapón, e unha asociación de estados, a Unión Europea. Cada un deles xoga un papel dominante na economía dunha área diferente do planeta e, conxuntamente, controlan a meirande parte dos intercambios comerciais e financeiros a nivel mundial. Outras potencias menores (como Canadá, Australia, China e Rusia) completan a rede dos principais centros económicos do mundo. Atendendo ao seu nivel de desenvolvemento e á súa localización xeográfica, podemos clasificar os países do mundo en grandes áreas ou conxuntos rexionais: América do Norte, Iberoamérica, Europa Occidental, Europa Oriental, África, Asia Meridional e o Pacífico. Sumarémoslles dous grandes países de dimensións continentais: Rusia e China. AMÉRICA DO NORTE Compoñen esta rexión dous países: Canadá e EEUU. Os dous superan os 9 millóns de kms cadrados. EEUU ten unha poboación de arredor de 275 millóns de habitantes. Canadá rolda os 31 millóns. A densidade de poboación é moi baixa nos dous (30 hab. por km cadrado en EEUU e 4 hab. por km cadrado en Canadá). Máis do 75% da poboación dos dous países é urbana., polo tanto os dous dispoñen de extensos espazos abertos despoboados. O produto interior bruto (PIB) de EEUU está perto dos 8 billóns de dólares e o de Canadá sitúase nos 700.000 millóns. Estes dous países forman parte dos países máis ricos do mundo, ou o que é o mesmo, dos países con maior renda per cápita e co maior índice de desenvolvemento humano (IDH). A existencia de abundantes recursos naturais está na base do potencial económico desta rexión. EEUU e Canadá son os primeiros produtores mundiais de minerais. EEUU é o primeiro produtor mundial de electricidade, o segundo de petróleo, gas natural e carbón. Canadá é o terceiro produtor mundial de gas natural, o quinto de electricidade e ocupa un lugar importante na produción de petróleo e carbón. Con respecto á produción agrícola, EEUU é o segundo produtor mundial de cereais e o primeiro exportador. Canadá é o terceiro exportador mundial. Ambos países posúen unha gandaría moi desenvolvida e un importantísimo sector forestal. Con toda a súa importancia, as actividades do sector primario ocupan unha porcentaxe moi pequena da poboación activa (o 3% en EEUU e o 5% en Canadá). Isto débese a que se trata de actividades moi especializadas e mecanizadas. A industria ocupa en EEUU a cuarta parte da poboación activa e algo menos en Canadá. Dispoñen dunha importante industria derivada da extracción e aproveitamento dos minerais. A fabricación de automóbiles e maquinaria forma parte da industria tradicional dos EEUU e de Canadá. Ademais están a desenvolveren vertixinosamente a industria das novas tecnoloxías: informática, robótica, microelectrónica, aeronáutica... Aínda así, EEUU, a pesar dos seus recursos naturais e da súa potentísima riqueza industrial, ten que importar gran cantidade de materias primas e produtos enerxéticos, o que o converte no país coa balanza comercial máis deficitaria do planeta. O PACÍFICO A parte ocidental do océano Pacífico constitúe unha das rexións máis dinámicas economicamente falando. Liderada pola economía xaponesa, viviu nas últimas décadas un forte crecemento económico, especialmente nalgúns países como Corea do Sur, Taiwan, Singapur e a antiga colonia británica de Hong Kong, na actualidade territorio chinés. Coñecidos como os “catro tigres” do Pacífico, son os exemplos máis claros dun intenso proceso de
  • 3. industrialización que tamén afecta, aínda que en menor medida, a outros países como Tailandia, Malaisia ou Indonesia. Xapón é un pequeno país de menos de 400.000 kms. cadrados, cunha poboación que supera os 126 millóns de habitantes e unha densidade de máis de 334 hab. por km. cadrado. Os recursos naturais dos que dispón son moi reducidos se exceptuamos os produtos da pesca, que colocan a Xapón como no segundo nivel mundial. A súa actividade económica baséase no sector secundario (industrial) e no sector terciario (servizos). Para realizar estas actividades Xapón debe importar boa parte das materias primas que utiliza. Aínda así é o primeiro produtor mundial de vehículos. Tamén é unha potencia mundial na industria das novas tecnoloxías, especialmente na robótica e na fabricación de produtos informáticos. Australia é un país que se atopa no Pacífico sur, cunha economía en expansión. Cunha densidade de poboación de 2’4 hab. por km. cadrado, Australia dispón de abundantes recursos naturais. Conta cunha mineiría moi importante e con importantes recursos agrícolas; ademais conta coa cabana de gando ovino máis numerosa do mundo e , polo tanto, é un dos principais produtores de lá. ASIA MERIDIONAL A economía máis dinámica desta rexión é a de India, o segundo país máis poboado da terra. Dispón dunha industria moderna e desenvolvida, aínda que máis do 50% da poboación segue adicada á agricultura tradicional. É a potencia que lidera o progreso dos países pobres do seu entorno (Paquistán, Bangladesh, Myanmar, Sri Lanka e Nepal). Pertencen a esta rexión tamén os países de Oriente Próximo e Medio como Iraq, Irán e Arabia Saudí. Países ricos en petróleo nos que as condicións xeográficas, a concentración da riqueza en poucas mans e a fuga de beneficios a mans das compañías occidentais, teñen impedido un desenvolvemento económico adecuado tanto da agricultura como da industria e do sector servizos, case inexistente. A competencia mundial polo petróleo converteu a esta zona nun dos maiores focos de tensión a nivel internacional: dúas guerras recentes no Golfo Pérsico, invasión de Afganistán, invasión de Iraq, guerra palestino-israelí... IBEROAMÉRICA A ampla rexión iberoamericana ocupa un papel secundario na economía mundial. O seu papel é o de exportadora de materias primas como o petróleo. Os intentos de desenvolvemento autóctonos fracasaron debido ao control dos seus recursos por compañías norteamericanas e á presión dos EEUU sobre os gobernos nacionais. Algúns están sumidos na pobreza a pesar de contar cun grande potencial natural. Todos arrastran grandes problemas económicos, políticos e sociais. Brasil é a principal potencia rexional, pois conta con 175 millóns de habitantes, e os maiores recursos naturais do Centro e do Sur de América. A rexión debátese entre a posibilidade de adoptar formas de integración das súas economías, como Mercosur (mercado común de América do Sur formado por Brasil, Arxentina, Uruguai e Paraguai), ou integrarse nun mercado común baixo a hexemonía de EEUU na liña do Tratado de Libre Comercio (ALCAN) acordado por EEUU, Canadá e México. ÁFRICA O continente africano é o máis pobre do planeta. Cunha agricultura moi atrasada, os seus principais recursos naturais son explotados por compañías pertencentes aos países desenvolvidos. Cómpre distinguir entre os países do Norte (Marrocos, Alxeria, Tunicia, Libia, Mauritania e Exipto) e os países da África Subsahariana. Os países do Norte dispoñen dunha renda máis elevada, un maior control dos seus recursos e un maior nivel de industria e servizos. A estabilidade política tamén é maior no Norte que no Sur. Os países da África negra contan cos rendas por habitante máis baixas do planeta. A súa poboación é eminentemente agrícola. Os seus recursos están controlados por empresas europeas
  • 4. ou norteamericanas, apoiadas en gobernos corruptos. A pobreza e a corrupción alimentan constantes conflitos civís, moitas veces mesturados con enfrontamentos raciais. EUROPA Europa Occidental, artellada en torno á UE, constitúe un dos espazos económicos máis ricos do mundo. Dispón dunha agricultura moderna. A industria dispón de recursos propios. Aínda que posúe escasos recursos enerxéticos que debe importar. Talvez por iso a súa balanza comercial é deficitaria. A UE é un dos principais centros mundiais de comercio e servizos. Conta coa segunda rede viaria do mundo e a primeira flota mundial. Rusia e Europa Oriental camiñan dun xeito distinto ao Occidente euroeo. Tras a desintegración da URSS en 1991, formouse a Federación Rusa, liderada por Rusia. A Federación dispón de inmensos recursos, tanto en Europa como nos seus territorios asiáticos. É un dos máis importantes produtores mundiais de industrias derivadas da mineiría. Tamén é un importante produtor agrícola. Desde a caída dos reximes de socialismo de Estado, cunha economía dirixida polo propio Estado, Europa Oriental está sometida a profundas transformacións, camiñando cara a unha economía de mercado, que está a provocar graves problemas económicos, políticos e sociais, o que conleva períodos de crises asociadas a importantes movementos migratorios cara ao Oeste. CUESTIÓNS 1. Elabora un esquema partindo do tema anterior. 2. Cales son os tres grandes centros de poder económico mundial? 3. Por que existe unha única superpotencia? 4. Cales son os principais recursos de América do Norte? 5. Por que é deficitaria a balanza comercial dos EEUU? 6. Cal é a causa do éxito industrial de Xapón? 7. Quen son os “catro tigres”? 8. Cal é a potencia líder de Asia Meridional? Por que? 9. Cales son os principais produtores de petróleo de Oriente Próximo? Son países ricos e desenvolvidos? Por que? 10. Cal é a principal potencia rexional de America doSur? Que é o Mercosur? 11. Que dúas zonas podemos distinguir en África? 12. Cales son as causas da situación da África negra?
  • 5. I. OS GRANDES CONXUNTOS REXIONAIS: Conflitos político-relixiosos. ACTIVIDADE: Elabora un comentario crítico do texto anterior.
  • 6. I. OS GRANDES CONXUNTOS REXIONAIS: Conflitos político-relixiosos. OS CONFLITOS ÉTNICOS E RELIXIOSOS Os conflitos polos recursos ou os derivados da desigualdade apóianse a miúdo en diferenzas étnicas ou relixiosas. Pobos con culturas ou relixións diferentes enfróntanse entre si polo acceso a determinados recursos ou para conseguir un sistema político máis democrático e máis xusto. Estes conflitos están encirrados por situacións inxustas, nas que o pobo ou comunidade desfavorecida ve negada a súa dignidade e coutadas as súas posibilidades de mellora e desenvolvemento. Nalgúns destes concflitos é a intervención soterrada dos Estados poderosos ou das grandes empresas multinacionais, que buscan impoñer os seus interese económicos, a responsábel do crecemento da tensión e do desencadeamento da guerra. a tensión existente entre unha parte do mundo islámico e o occidente cristián, que xa ten desembocado en guerras en Afganistán e Iraq e que está destrás do atentado contra as Torres Xemelgas de Nova Iorque o 11 de Setembro de 2001, é o máximo exemplo deste tipo de conflitos, nos que a loita por recursos importantes como o petróleo se suma ás diferenzas relixiosas, para dar lugar ao que algúns chaman o “choque de civilizacións”. ACTIVIDADE: Busca na prensa diaria (na Sala de Prensa) información recente sobre diferentes conflitos político-relixiosos que se estean a producir actualmente. Posteriormente elixe un deles e elabora un artigo sobre o mesmo.
  • 7. I. OS GRANDES CONXUNTOS REXIONAIS: Conflitos político-relixiosos. OS CONFLITOS ÉTNICOS E RELIXIOSOS Os conflitos polos recursos ou os derivados da desigualdade apóianse a miúdo en diferenzas étnicas ou relixiosas. Pobos con culturas ou relixións diferentes enfróntanse entre si polo acceso a determinados recursos ou para conseguir un sistema político máis democrático e máis xusto. Estes conflitos están encirrados por situacións inxustas, nas que o pobo ou comunidade desfavorecida ve negada a súa dignidade e coutadas as súas posibilidades de mellora e desenvolvemento. Nalgúns destes concflitos é a intervención soterrada dos Estados poderosos ou das grandes empresas multinacionais, que buscan impoñer os seus interese económicos, a responsábel do crecemento da tensión e do desencadeamento da guerra. a tensión existente entre unha parte do mundo islámico e o occidente cristián, que xa ten desembocado en guerras en Afganistán e Iraq e que está destrás do atentado contra as Torres Xemelgas de Nova Iorque o 11 de Setembro de 2001, é o máximo exemplo deste tipo de conflitos, nos que a loita por recursos importantes como o petróleo se suma ás diferenzas relixiosas, para dar lugar ao que algúns chaman o “choque de civilizacións”. ACTIVIDADE: Busca na prensa diaria (na Sala de Prensa) información recente sobre diferentes conflitos político-relixiosos que se estean a producir actualmente. Posteriormente elixe un deles e elabora un artigo sobre o mesmo.