SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 38
Baixar para ler offline
Eu son Manuel María.
Nacín no 29, o 6 de Outono,
en Outeiro de Rei da Terra Chá.
Son dunha caste rexa de labregos
Fieles á súa terra e ao seu Deus.
Agora son un namorado.
Eu son Manuel María,
Cantor da Terra Chá que algunhos din.
Cantor da terra chá que leva un
clavada nas entrañas,
Penso eu.
Eu son Manuel María,
labrego con algo de poeta.
Por eso gardo as albas
no fondo dos meus ollos
e ando de vagar o meu camiño,
e pídolles ás cousas a súa tenrura
e aos homes pídolles verdade.
Non teño máis tarefa:
Son unha humilde folla que salaia
Na noite escura movida polo vento.
Eu son Manuel María,
Un son tan só, lonxano e feble.
Documentos persoais, 1958
Manuel María cos seus pais e irmáns en 1940.
Na casa familiar seu pai tiña os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
Manuel María Fernández Teixeiro nace en
Outeiro de Rei da Terra Chá (Lugo) o 6 de
outubro de 1929, no seo dunha familia de
labregos ben acomodada.
Prepara o ingreso no Instituto cun mestre co
que le e comenta textos poéticos galegos.
Inicia o Bacharelato no curso 1942-43 no
Instituto Masculino de Lugo. En maio de
1943, morre o seu pai e faise cargo da súa
educación o seu tío paterno, párroco e
profesor de Filosofía no Instituto.
Sempre que pode, retorna a Outeiro de Rei,
onde se integra no mundo labrego e
aprende a facer versos cun magnífico
narrador oral que traballa na súa casa como
xornaleiro, Manuel de Paderna.
Manuel María aos 11 anos,
altura á que decubriu a
literatura galega a través da
antoloxíaa de Ánxel María de las
Casas e da Literatura Gallega de
Carré Aldao.
Manuel María con 16 anos no internado dos Maristas (1945) e,
posteriormente , no equipo de futbol do instituto de Lugo (1949).
Con só dezanove anos
pronuncia no Círculo das
Artes de Lugo a súa
primeira conferencia,
que lle permitirá intégrase
nas tertulias (únicos foros
de debate que naquela
época escapaban ao
control do poder) do café
Méndez Núñez, nas que
participan escritores
como Luis Pimentel, Ánxel
Xohán, Ánxel Fole, Ramón
Piñeiro, Aquilino Iglesia
Alvariño, Álvaro
Cunqueiro ou Carballo
Calero.
Convértese en editor da
revista Xistral e escribe o
seu primeiro poema,
Cantiga derradeira. Ese
verán escribe tamén o
seu primeiro poemario
(surrealista, onírico,
imaxinista, existencialista,
saudosista…), Muiñeiro
de brétemas, que sairá
ao ano seguinte (1950)
na colección Benito Soto
e que marcará a
aparición dunha nova
corrente poética na lírica
galega: a Escola da Tebra.
Mariñeiro de luares
só sinto o teu influxo,
ai amor, a sotavento.
¡Ás veces vou muiñando
o teu querer nun muíño
que me move a barlovento!
Ramón
Lorenzo
Alexandr
e
Cribeiro
Tras fracasar nos exames de Filosofía e
Letras (mesmo suspende Literatura), o
seu tío obrígao a estudar Dereito; da dor
pola renuncia á carreira que quería
nacen os versos de Morrendo a cada
intre (1950).
A morte, atropelado por un coche, do
seu irmán máis novo prodúcelle unha
profunda crise íntima e relixiosa que o
leva a escribir Libro de pregos (1951),
que non publicará até 1962.
En 1954 publica Advento, que escribira
entre estes dous libros anteriores.
Tamén publica un libro de contos e catro
obras de teatro, entre as que destaca
Barriga verde (1968).
Inquirín a miña inocencia no cabalo
sen brida do meu verso.
Neste verán apático rachei flores
coa miña carraxe de verdade verbeneira.
Miña nai confesoume que eu tiña
unha alma moi moderna.
As miñas verbas tiveron agullas
secretas para aquel xoven profesor
que me suspendeu literatura.
Agacheime de min mesmo algunha vez
e respirei ávidos ventos nacidos
máis aló da cursi primavera.
Escribireille lindas cartas
á miña simpática monada:
pomba de verbas sen sentido.
De aquí para diante seguirei facendo
versos, cumprirei 50 anos
e morrerei unha noite de inverno
sen silencio de estrelas nin de flores.
Quixera poder escribir un poema sinxelo,
emocionado, puro e branco.
Un poema perfecto, ausente de ritmo,
case sen palabras.
Un poema leve e fino que conteña todas
as dimensiós imprecisas do meu ser.
¡Se puidera escribir un gran poema
-espírito, carne, lume- que pechara
as miñas tristezas, as propias bágoas!
Sei que nunca endexamais lograrei
un poema puro, puro, total e misterioso.
¡Se fora capaz de despir o meu espírito
nun máxico poema
feito só de amor, de luz e de nostalxia!
¡Teño medo!
¡De todo canto
ollo
case nada
comprendo...!
¡E tremo...!
¡Tremo,
Señor,
como a folliña
movida polo vento!
Fai o servizo militar en
Compostela, onde coincide con
Uxío Novoneyra.
Manterá unha grande relación cos
galeguistas, especialmente con
Otero Pedrayo e Carlos
Maside,quen o achega á
realidade do pensamento
marxista.
Publica o seu segundo poemario e
gaña o Premio Castelao de Poesía
do Centro Galego de Bos Aires.
No verán de 1953 escribe a
primeira redacción de Terra Chá,
que é un verdadeiro reencontro
coa vida chairega e coas súas
raigames labregas.
Con Uxío Novoneyra e Ramón Piñeiro en
Compostela
¡Hei de ir á Feira do Monte,
á de Rábade e á de Castro!
¡Hei de ir á Feira do Monte
anque teña que ir de arrastro!
Despois, se o tempo deixa,
a Moimenta irei mercar.
¡Vendín en Vilalba a Teixa,
quedei sen vaca para arar!
¡Hei de ir á Feira do Monte
que é pró domingo que vén!
¡E ti, miña dona, disponte,
que te hei de levar tamén!
Uxío Novoneyra, Ramón
Piñeiro, A. Bonet, Pura
Vázquez, Manuel María e
Carlos Maside, en
Compostela, 1952.
En 1956 Manuel
María coñece a
Saleta Goi.
Casan en Lugo
tres anos máis
tarde e pouco
despois
instálanse os
dous en
Monforte de
Lemos, onde o
poeta exercerá a
actividade
profesional de
Procurador até a
súa xubilación.
Entre 1959 e 1963 mantén unha
grande relación con Vicente
Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas...
e asiste ás primeiras reunións
para reorganizar o nacionalismo
galego, un proceso político no
que é clave a figura de Méndez
Ferrín. É a época do Consello da
Mocedade e da ruptura co
piñeirismo. Intensifica, así
mesmo, a súa creación, non só
como poeta, senón tamén como
narrador e dramaturgo. Desta
época cómpre destacar libros
como Documentos persoaes
(1958) e Mar Maior (1963).
Guía comercial
Dende agora os poetas non precisan
andar ollando a lúa para inspirarse,
abóndalles con ler
os nosos ANUNCIOS POR PALABRAS:
"Véndense angurias, estrelas,
albas, lúas e solpores.
Véndense diccionarios da rima
tenros como nata.
Temos almas de flores
e chíos de paxaros.
Todo moi barato. Damos 30 prazos.
Remesamos os pedidos a reembolso,
en gran velocidade e porte pago."
Están fóra da lei
as estrelas, a Primavera,
as flores e os paxaros.
Dáse este bando en tal e cal
para que se cumpra
de orde do alcalde.
Asinado, carimbado e rubricado.
Bando
Prohíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque si
as rosas do xardín municipal.
Dende agora as pombas teñen
que pedir licenza para voar.
Prohíbeselle á lúa
andar ceiba de noite polo ceo.
A lúa é unha tola que anda espida
dando mal exemplo ás nenas castas
e aos fillos de familia.
Pagarán trabucos os poetas.
Prohíbese soñar de 10 a 11.
Prohíbese tamén derramar bágoas.
Pódese chorar tan só cando hai sequía
pra que non fiquen baldeiros os pantanos.
Un só se pode emocionar
os Xoves e os Domingos
cando toca
a Banda do Concello no quiosco.
¿Que importa, irmao, que morra o día
se a súa morte
abre en nós a esperanza do mencer?
Non temas.
Aínda o paxaron ten canciós
e as estrelas se alcenden cada noite.
Verbas a un irmao
Escoita, irmao, as miñas verbas:
son sinxelas e impuras
como as verbas feridas
co coitelo dos beizos, cada día.
Vouche dicir tan só que teño
a miña mao tendida
aberta, núa e viva como o mar.
Que teño, irmao, maduro o corazón
para gardar nel as verbas túas.
Que a vida é moi fermosa
aínda que hai homes
que teñen os beizos emporcados
con verbas de falsía,
e o corazón podre polo odio,
e as maos pingando sangue,
e agachados, no fondo dos seus petos,
en vixía,
coitelos e pistolas asasinas.
Manuel María está
comprometido coa resistencia
cultural que caracterizou as
primeiras etapas da ditadura e
que agora se incrementa:
•Aparecen os primeiros
partidos nacionalistas galegos,
a Unión do Povo Galego (UPG)
e o Partido Socialista Galego
(PSG).
•Desenvólvense as primeiras
folgas obreiras, a loita labrega
contra FENOSA e as revoltas na
Universidade.
•Participa na
presentación de
Raimon e da Nova
Canción Galega
•Participa na
creación da colección
de poesía Val de
Lemos.
•Pariticipa na edición
de discos en
colaboración coa
discográfica EDIGSA
•Inaugura a Libraría
Xistral
Nestes anos a súa literatura é
cada vez máis comprometida e
combativa: Os soños na
gaiola, Versos para un país
de minifundios, Versos para
cantar en feiras e romaxes,
Remol, Canciós do lusco ao
fusco…
Tamén publica dúas narracións
e tres obras dramáticas entre
as que destaca Aventuras e
desventuras dunha espiña de
toxo chamada Berenguela
(1979).
En 1975 presenta a súa
renuncia como membro
correspondente da Real
Academia Galega dada
a total ineficacia desta
institución en defensa
da lingua galega.
Dona a propiedade de
Edicións Xistral ao recén
creado Frente Cultural
da AN-PG, organización
da que Manuel María
será un activo militante.
GALICIA
Galicia docemente
Está ollando ó mar:
¡ten vales e montañas
E terras pra labrar!
Ten portos, mariñeiros
Cidades e labregos
¡cargados de traballos
Cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
Velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,
Na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos:
A terra o mar, o vento...
¡pro hai outra galicia
Que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
A xente e mais a fala.
¡si buscas a galicia
En ti tes que atopa- la!
Galicia somos nós:
A xente e mais a fala.
¡si buscas a galicia
En ti tes que atopa- la!
MANUAL PARA DEPRENDER PARA
SEÑORITO
Aínda que un non sexa moi bonito
non é difícil chegar a señorito.
Primeiro hai que odiar o comunismo,
e pensar somentes en un mismo,
non facerlle moito caso aos pais,
tratar con certo desprecio aos demais.
Hai que ter en conta o que convén,
adequirir modales finos,
codearse só con "xente ben",
aproveitados, cucos e cretinos,
ser socio de todos os casinos,
mercar sempre autos deportivos
e traxes e corbatas elegantes,
coñecer toda clás de aperitivos,
saberse comportar nos restaurantes,
distinguir os wiskis ao cheiralos,
entender de bridge e de canasta,
de golf, de tenis e cabalos,
non alternar con xente doutra casta.
Tamén é convenente ter querida,
xantar e cear sempre a deshoras,
abusar o que se poida da bebida
e ser moi galante coas señoras.
Non falar galego endexamais
(é idioma do pobo, moi vulgar),
vivir do que súan os demais,
¡e denantes morrer que traballar!
CANCIÓN PRA CANTAR TODOS OS DÍAS
Hai que defender o idioma como sexa:
con rabia, con furor, a metrallazos.
Hai que defender a fala en loita rexa
con tanques, avións e a puñetazos.
Hai que ser duros, peleóns, intransixentes
cos que teñen vocación de señoritos,
cos porcos desertores repelentes,
cos cabras, cos castróns e cos cabritos.
Temos que pelexar cos renegados,
cos que intentan borrar a nosa fala.
Temos que loitar cos desleigados
que desexan matala e enterrala.
Seríamos, sen fala, unhos ninguén,
unhas cantas galiñas desplumadas.
Os nosos inimigos saben ben
que as palabras vencen ás espadas.
O idioma somos nós, povo comun,
vencello que nos xungue e ten en pé,
herencia secular de cada un,
fogar no que arde acesa a nosa fe.
Coa chegada da democracia,
Manuel María regresa ao amor e
á Terra Chá como temas de
creación literaria.
Inicia un novo rumbo poético
con Poemas ao Outono.
Manterá o seu compromiso
activo co nacionalismo galego,
así o recolle o seu poemario
Poemas para construír unha
patria.
Formará parte das candidaturas
ao Senado e ao Concello de
Monforte.
POEMA DO ALLEADO
Son un bilingüista
moi apaixonado,
un colonialista
ben colonizado.
Teño lingua nai,
e unha lingua pai
e unha lingua filla
que marabilla.
... ... ... ... ... ...
Son un alleado
fino e progresista
ben domesticado.
¡Son un castrapista
como está mandado!
Nestes anos escribe e
publica a súa poesía máis
intimista e humanista.
Medra a súa produción
dramática, até 16 obras.
E continúa a súa
produción en prosa, até 7
novas obras.
Participa activamente nas
actividades da
Asociación Socio-
Pedagóxica Galega e da
Asociación de Escritores
en Lingua Galega.
Viaxa por por
Europa.
Recibe homenaxes
e premios.
Especialmente
significativos foron
a homenaxe que a
AS-PG lle tributou
no Teatro Rosalía
de Castro en 1995 e
a entrada como
académico
numerario na Real
Academia Galega
en 2003.
A FALA
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
En 1998 Manuel
María e Saleta
deciden vivir na
Coruña, onde
pasa os seus
últimos anos e
onde manterá
unha tertulia no
Kirs.
Tamén manterá
o seu activismo
cultural, político
e social até o
final.
Publicará as súas
derradeiras obras:
Brétemas do
muiñeiro, Os carreiros
do soño e Elexías á
miña vida pequeniña.
En 2001 publícase a
súa Obra Poética
Completa, da man da
editorial Espiral
Maior, que dirixe
Miguel Anxo Fernán
Vello.
Os meus inimigos
cando falan de min
poñen xofre nas súas verbas,
tan íntimas,
tan sinxelas,
tan saídas dese anaco de carne
que leva por nome corazón.
E eu case son feliz
coas súas intrigas,
coa súa dozura,
coa súa morte que non ma dan a min
por covardía.
O seu sorriso amargo
esvara pola miña carne como un peixe,
e as súas frases amarelas finxen rosas
cando me chaman amorosamente
"meu querido amigo“.
Eu e mais eles
imos andando distraídos pola vida,
imos ao mesmo café,
ao mesmo cinema,
e agachamos as mesmas mentiras
debaixo dos mesmos estúpidos sorrisos:
e ás veces até me convidan a fumar
cerimoniosamente.
Os meus inimigos cando me acoitelen
aínda me han de seguir chamando
"meu querido amigo".
O 8 de setembro de 2004
falece na Coruña.
O seu corpo foi velado no
Panteón de Galegos
Ilustres e enterrado en
Outeiro de Rei no medio
dunha multitude de
galegos e galegas que
quixeron dar o seu
derradeiro adeus ao poeta
nacional de Galiza.
Deixou tras de si arredor
de 1500 versos espallados
em 49 obras poéticas, 13
narracións, 26 obras
dramáticas e 10 ensaios.
ENDL do IES Félix Muriel - Rianxo
•Para elaborar esta presentación…
•Casa Museo Manuel María (Imaxes e contidos)
•Real Academia Galega (Biografía)
•365 días para Manuel María (Textos)
•Son de poetas (Música)
Para saber máis…
•Primavera das Letras
•Mercedes Queixas
•Para atopar todos os recursos…
•CENDLG

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papeltudense
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4ºxenevra
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emiliocallobre
 
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e LuísMáis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luístrafegandoronseis
 
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)Marlou
 
Vicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e PaulaVicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e Paulatrafegandoronseis
 
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e ÁlvaroVicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvarotrafegandoronseis
 
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Marlou
 
Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)Marlou
 
Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Amparo Cereixo
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón CabanillasXoán Díaz
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroXoán Díaz
 
Castelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e DavidCastelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e Davidtrafegandoronseis
 

Mais procurados (20)

Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4º
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e LuísMáis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
 
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
 
Vicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e PaulaVicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e Paula
 
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e ÁlvaroVicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
 
Tania González
Tania GonzálezTania González
Tania González
 
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
 
Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)
 
Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 
Castelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e DavidCastelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e David
 
Resumen
ResumenResumen
Resumen
 
María Mariño
María  MariñoMaría  Mariño
María Mariño
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
Concepcion arenal (ana e enma)
Concepcion arenal (ana e enma)Concepcion arenal (ana e enma)
Concepcion arenal (ana e enma)
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 

Destaque

Febreiro
FebreiroFebreiro
FebreiroMarlou
 
Xaneiro
XaneiroXaneiro
XaneiroMarlou
 
Calendario 2017
Calendario 2017Calendario 2017
Calendario 2017Marlou
 
Antoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtasAntoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtasradiorasca
 
Manuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasManuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasmonadela
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillasmariasorey
 
LOMCE (Lei Wert)
LOMCE (Lei Wert)LOMCE (Lei Wert)
LOMCE (Lei Wert)Marlou
 
O camiño da LOMCE (Federación de ANPAS de Compostela)
O camiño da LOMCE (Federación de ANPAS de Compostela)O camiño da LOMCE (Federación de ANPAS de Compostela)
O camiño da LOMCE (Federación de ANPAS de Compostela)Marlou
 
Roteiro da esmorga
Roteiro da esmorgaRoteiro da esmorga
Roteiro da esmorgaMarlou
 
Manuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra ChaManuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra Chamonadela
 
Guía para a lectura de A ESMORGA
Guía para a lectura de A ESMORGAGuía para a lectura de A ESMORGA
Guía para a lectura de A ESMORGAMarlou
 
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...Román Landín
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguasMarlou
 
O texto argumentativo
O texto argumentativoO texto argumentativo
O texto argumentativoMarlou
 
O texto
O textoO texto
O textoMarlou
 
A situación do galego en Rianxo durante a Idade Media (por Paula Cambeses)
A situación do galego en Rianxo durante a Idade Media (por Paula Cambeses)A situación do galego en Rianxo durante a Idade Media (por Paula Cambeses)
A situación do galego en Rianxo durante a Idade Media (por Paula Cambeses)Marlou
 

Destaque (17)

Febreiro
FebreiroFebreiro
Febreiro
 
Marzo
MarzoMarzo
Marzo
 
Xaneiro
XaneiroXaneiro
Xaneiro
 
Calendario 2017
Calendario 2017Calendario 2017
Calendario 2017
 
Antoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtasAntoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtas
 
Manuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasManuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantas
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 
LOMCE (Lei Wert)
LOMCE (Lei Wert)LOMCE (Lei Wert)
LOMCE (Lei Wert)
 
O camiño da LOMCE (Federación de ANPAS de Compostela)
O camiño da LOMCE (Federación de ANPAS de Compostela)O camiño da LOMCE (Federación de ANPAS de Compostela)
O camiño da LOMCE (Federación de ANPAS de Compostela)
 
Roteiro da esmorga
Roteiro da esmorgaRoteiro da esmorga
Roteiro da esmorga
 
Manuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra ChaManuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra Cha
 
Guía para a lectura de A ESMORGA
Guía para a lectura de A ESMORGAGuía para a lectura de A ESMORGA
Guía para a lectura de A ESMORGA
 
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguas
 
O texto argumentativo
O texto argumentativoO texto argumentativo
O texto argumentativo
 
O texto
O textoO texto
O texto
 
A situación do galego en Rianxo durante a Idade Media (por Paula Cambeses)
A situación do galego en Rianxo durante a Idade Media (por Paula Cambeses)A situación do galego en Rianxo durante a Idade Media (por Paula Cambeses)
A situación do galego en Rianxo durante a Idade Media (por Paula Cambeses)
 

Semelhante a Manuel María. Letras Galegas. 2016

Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obramonadela
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegotudense
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castroboello
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivoAna Moreda
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivastudense
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
DÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍADÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍAFiz
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillasxenevra
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel MaríaXenza
 
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro Rosalía de Castro
Rosalía de Castro bibliolois
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismoxenevra
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel MaríaReme Rbm
 

Semelhante a Manuel María. Letras Galegas. 2016 (20)

Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galego
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castro
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivo
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
DÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍADÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍA
 
Letrasfinal
LetrasfinalLetrasfinal
Letrasfinal
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillas
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro Rosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismo
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 

Mais de Marlou

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaMarlou
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Marlou
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoMarlou
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Marlou
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEEMarlou
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)Marlou
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)Marlou
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleresMarlou
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Marlou
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
MilicianosMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Marlou
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroMarlou
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Marlou
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en GalizaMarlou
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártirMarlou
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_GalizaMarlou
 
Decembro
DecembroDecembro
DecembroMarlou
 

Mais de Marlou (20)

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre Xonxa
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelato
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleres
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
Milicianos
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negro
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en Galiza
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártir
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_Galiza
 
Decembro
DecembroDecembro
Decembro
 

Manuel María. Letras Galegas. 2016

  • 1.
  • 2. Eu son Manuel María. Nacín no 29, o 6 de Outono, en Outeiro de Rei da Terra Chá. Son dunha caste rexa de labregos Fieles á súa terra e ao seu Deus. Agora son un namorado. Eu son Manuel María, Cantor da Terra Chá que algunhos din. Cantor da terra chá que leva un clavada nas entrañas, Penso eu. Eu son Manuel María, labrego con algo de poeta. Por eso gardo as albas no fondo dos meus ollos e ando de vagar o meu camiño, e pídolles ás cousas a súa tenrura e aos homes pídolles verdade. Non teño máis tarefa: Son unha humilde folla que salaia Na noite escura movida polo vento. Eu son Manuel María, Un son tan só, lonxano e feble. Documentos persoais, 1958
  • 3. Manuel María cos seus pais e irmáns en 1940. Na casa familiar seu pai tiña os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
  • 4. Manuel María Fernández Teixeiro nace en Outeiro de Rei da Terra Chá (Lugo) o 6 de outubro de 1929, no seo dunha familia de labregos ben acomodada. Prepara o ingreso no Instituto cun mestre co que le e comenta textos poéticos galegos. Inicia o Bacharelato no curso 1942-43 no Instituto Masculino de Lugo. En maio de 1943, morre o seu pai e faise cargo da súa educación o seu tío paterno, párroco e profesor de Filosofía no Instituto. Sempre que pode, retorna a Outeiro de Rei, onde se integra no mundo labrego e aprende a facer versos cun magnífico narrador oral que traballa na súa casa como xornaleiro, Manuel de Paderna. Manuel María aos 11 anos, altura á que decubriu a literatura galega a través da antoloxíaa de Ánxel María de las Casas e da Literatura Gallega de Carré Aldao.
  • 5. Manuel María con 16 anos no internado dos Maristas (1945) e, posteriormente , no equipo de futbol do instituto de Lugo (1949).
  • 6. Con só dezanove anos pronuncia no Círculo das Artes de Lugo a súa primeira conferencia, que lle permitirá intégrase nas tertulias (únicos foros de debate que naquela época escapaban ao control do poder) do café Méndez Núñez, nas que participan escritores como Luis Pimentel, Ánxel Xohán, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro ou Carballo Calero.
  • 7. Convértese en editor da revista Xistral e escribe o seu primeiro poema, Cantiga derradeira. Ese verán escribe tamén o seu primeiro poemario (surrealista, onírico, imaxinista, existencialista, saudosista…), Muiñeiro de brétemas, que sairá ao ano seguinte (1950) na colección Benito Soto e que marcará a aparición dunha nova corrente poética na lírica galega: a Escola da Tebra. Mariñeiro de luares só sinto o teu influxo, ai amor, a sotavento. ¡Ás veces vou muiñando o teu querer nun muíño que me move a barlovento! Ramón Lorenzo Alexandr e Cribeiro
  • 8. Tras fracasar nos exames de Filosofía e Letras (mesmo suspende Literatura), o seu tío obrígao a estudar Dereito; da dor pola renuncia á carreira que quería nacen os versos de Morrendo a cada intre (1950). A morte, atropelado por un coche, do seu irmán máis novo prodúcelle unha profunda crise íntima e relixiosa que o leva a escribir Libro de pregos (1951), que non publicará até 1962. En 1954 publica Advento, que escribira entre estes dous libros anteriores. Tamén publica un libro de contos e catro obras de teatro, entre as que destaca Barriga verde (1968).
  • 9. Inquirín a miña inocencia no cabalo sen brida do meu verso. Neste verán apático rachei flores coa miña carraxe de verdade verbeneira. Miña nai confesoume que eu tiña unha alma moi moderna. As miñas verbas tiveron agullas secretas para aquel xoven profesor que me suspendeu literatura. Agacheime de min mesmo algunha vez e respirei ávidos ventos nacidos máis aló da cursi primavera. Escribireille lindas cartas á miña simpática monada: pomba de verbas sen sentido. De aquí para diante seguirei facendo versos, cumprirei 50 anos e morrerei unha noite de inverno sen silencio de estrelas nin de flores.
  • 10. Quixera poder escribir un poema sinxelo, emocionado, puro e branco. Un poema perfecto, ausente de ritmo, case sen palabras. Un poema leve e fino que conteña todas as dimensiós imprecisas do meu ser. ¡Se puidera escribir un gran poema -espírito, carne, lume- que pechara as miñas tristezas, as propias bágoas! Sei que nunca endexamais lograrei un poema puro, puro, total e misterioso. ¡Se fora capaz de despir o meu espírito nun máxico poema feito só de amor, de luz e de nostalxia!
  • 11. ¡Teño medo! ¡De todo canto ollo case nada comprendo...! ¡E tremo...! ¡Tremo, Señor, como a folliña movida polo vento!
  • 12. Fai o servizo militar en Compostela, onde coincide con Uxío Novoneyra. Manterá unha grande relación cos galeguistas, especialmente con Otero Pedrayo e Carlos Maside,quen o achega á realidade do pensamento marxista. Publica o seu segundo poemario e gaña o Premio Castelao de Poesía do Centro Galego de Bos Aires. No verán de 1953 escribe a primeira redacción de Terra Chá, que é un verdadeiro reencontro coa vida chairega e coas súas raigames labregas. Con Uxío Novoneyra e Ramón Piñeiro en Compostela
  • 13. ¡Hei de ir á Feira do Monte, á de Rábade e á de Castro! ¡Hei de ir á Feira do Monte anque teña que ir de arrastro! Despois, se o tempo deixa, a Moimenta irei mercar. ¡Vendín en Vilalba a Teixa, quedei sen vaca para arar! ¡Hei de ir á Feira do Monte que é pró domingo que vén! ¡E ti, miña dona, disponte, que te hei de levar tamén!
  • 14. Uxío Novoneyra, Ramón Piñeiro, A. Bonet, Pura Vázquez, Manuel María e Carlos Maside, en Compostela, 1952. En 1956 Manuel María coñece a Saleta Goi. Casan en Lugo tres anos máis tarde e pouco despois instálanse os dous en Monforte de Lemos, onde o poeta exercerá a actividade profesional de Procurador até a súa xubilación.
  • 15. Entre 1959 e 1963 mantén unha grande relación con Vicente Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas... e asiste ás primeiras reunións para reorganizar o nacionalismo galego, un proceso político no que é clave a figura de Méndez Ferrín. É a época do Consello da Mocedade e da ruptura co piñeirismo. Intensifica, así mesmo, a súa creación, non só como poeta, senón tamén como narrador e dramaturgo. Desta época cómpre destacar libros como Documentos persoaes (1958) e Mar Maior (1963).
  • 16. Guía comercial Dende agora os poetas non precisan andar ollando a lúa para inspirarse, abóndalles con ler os nosos ANUNCIOS POR PALABRAS: "Véndense angurias, estrelas, albas, lúas e solpores. Véndense diccionarios da rima tenros como nata. Temos almas de flores e chíos de paxaros. Todo moi barato. Damos 30 prazos. Remesamos os pedidos a reembolso, en gran velocidade e porte pago."
  • 17. Están fóra da lei as estrelas, a Primavera, as flores e os paxaros. Dáse este bando en tal e cal para que se cumpra de orde do alcalde. Asinado, carimbado e rubricado. Bando Prohíbese, por orde da Alcaldía, que medren porque si as rosas do xardín municipal. Dende agora as pombas teñen que pedir licenza para voar. Prohíbeselle á lúa andar ceiba de noite polo ceo. A lúa é unha tola que anda espida dando mal exemplo ás nenas castas e aos fillos de familia. Pagarán trabucos os poetas. Prohíbese soñar de 10 a 11. Prohíbese tamén derramar bágoas. Pódese chorar tan só cando hai sequía pra que non fiquen baldeiros os pantanos. Un só se pode emocionar os Xoves e os Domingos cando toca a Banda do Concello no quiosco.
  • 18. ¿Que importa, irmao, que morra o día se a súa morte abre en nós a esperanza do mencer? Non temas. Aínda o paxaron ten canciós e as estrelas se alcenden cada noite. Verbas a un irmao Escoita, irmao, as miñas verbas: son sinxelas e impuras como as verbas feridas co coitelo dos beizos, cada día. Vouche dicir tan só que teño a miña mao tendida aberta, núa e viva como o mar. Que teño, irmao, maduro o corazón para gardar nel as verbas túas. Que a vida é moi fermosa aínda que hai homes que teñen os beizos emporcados con verbas de falsía, e o corazón podre polo odio, e as maos pingando sangue, e agachados, no fondo dos seus petos, en vixía, coitelos e pistolas asasinas.
  • 19. Manuel María está comprometido coa resistencia cultural que caracterizou as primeiras etapas da ditadura e que agora se incrementa: •Aparecen os primeiros partidos nacionalistas galegos, a Unión do Povo Galego (UPG) e o Partido Socialista Galego (PSG). •Desenvólvense as primeiras folgas obreiras, a loita labrega contra FENOSA e as revoltas na Universidade.
  • 20. •Participa na presentación de Raimon e da Nova Canción Galega •Participa na creación da colección de poesía Val de Lemos. •Pariticipa na edición de discos en colaboración coa discográfica EDIGSA •Inaugura a Libraría Xistral
  • 21. Nestes anos a súa literatura é cada vez máis comprometida e combativa: Os soños na gaiola, Versos para un país de minifundios, Versos para cantar en feiras e romaxes, Remol, Canciós do lusco ao fusco… Tamén publica dúas narracións e tres obras dramáticas entre as que destaca Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela (1979).
  • 22. En 1975 presenta a súa renuncia como membro correspondente da Real Academia Galega dada a total ineficacia desta institución en defensa da lingua galega. Dona a propiedade de Edicións Xistral ao recén creado Frente Cultural da AN-PG, organización da que Manuel María será un activo militante.
  • 23. GALICIA Galicia docemente Está ollando ó mar: ¡ten vales e montañas E terras pra labrar! Ten portos, mariñeiros Cidades e labregos ¡cargados de traballos Cargados de trafegos! Galicia é unha nai Velliña, soñadora: ¡na voz da gaita rise, Na voz da gaita chora! Galicia é o que vemos: A terra o mar, o vento... ¡pro hai outra galicia Que vai no sentimento! Galicia somos nós: A xente e mais a fala. ¡si buscas a galicia En ti tes que atopa- la! Galicia somos nós: A xente e mais a fala. ¡si buscas a galicia En ti tes que atopa- la!
  • 24. MANUAL PARA DEPRENDER PARA SEÑORITO Aínda que un non sexa moi bonito non é difícil chegar a señorito. Primeiro hai que odiar o comunismo, e pensar somentes en un mismo, non facerlle moito caso aos pais, tratar con certo desprecio aos demais. Hai que ter en conta o que convén, adequirir modales finos, codearse só con "xente ben", aproveitados, cucos e cretinos, ser socio de todos os casinos, mercar sempre autos deportivos e traxes e corbatas elegantes, coñecer toda clás de aperitivos, saberse comportar nos restaurantes, distinguir os wiskis ao cheiralos, entender de bridge e de canasta, de golf, de tenis e cabalos, non alternar con xente doutra casta. Tamén é convenente ter querida, xantar e cear sempre a deshoras, abusar o que se poida da bebida e ser moi galante coas señoras. Non falar galego endexamais (é idioma do pobo, moi vulgar), vivir do que súan os demais, ¡e denantes morrer que traballar!
  • 25. CANCIÓN PRA CANTAR TODOS OS DÍAS Hai que defender o idioma como sexa: con rabia, con furor, a metrallazos. Hai que defender a fala en loita rexa con tanques, avións e a puñetazos. Hai que ser duros, peleóns, intransixentes cos que teñen vocación de señoritos, cos porcos desertores repelentes, cos cabras, cos castróns e cos cabritos. Temos que pelexar cos renegados, cos que intentan borrar a nosa fala. Temos que loitar cos desleigados que desexan matala e enterrala. Seríamos, sen fala, unhos ninguén, unhas cantas galiñas desplumadas. Os nosos inimigos saben ben que as palabras vencen ás espadas. O idioma somos nós, povo comun, vencello que nos xungue e ten en pé, herencia secular de cada un, fogar no que arde acesa a nosa fe.
  • 26. Coa chegada da democracia, Manuel María regresa ao amor e á Terra Chá como temas de creación literaria. Inicia un novo rumbo poético con Poemas ao Outono. Manterá o seu compromiso activo co nacionalismo galego, así o recolle o seu poemario Poemas para construír unha patria. Formará parte das candidaturas ao Senado e ao Concello de Monforte.
  • 27. POEMA DO ALLEADO Son un bilingüista moi apaixonado, un colonialista ben colonizado. Teño lingua nai, e unha lingua pai e unha lingua filla que marabilla. ... ... ... ... ... ... Son un alleado fino e progresista ben domesticado. ¡Son un castrapista como está mandado!
  • 28. Nestes anos escribe e publica a súa poesía máis intimista e humanista. Medra a súa produción dramática, até 16 obras. E continúa a súa produción en prosa, até 7 novas obras. Participa activamente nas actividades da Asociación Socio- Pedagóxica Galega e da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • 29. Viaxa por por Europa. Recibe homenaxes e premios. Especialmente significativos foron a homenaxe que a AS-PG lle tributou no Teatro Rosalía de Castro en 1995 e a entrada como académico numerario na Real Academia Galega en 2003.
  • 30. A FALA O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa. O idioma é a forza que nos xungue e sostén. ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén! O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte da que agroma a máis forte irmandade. Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer. ¡Precisamos a lingua se queremos vencer!
  • 31. En 1998 Manuel María e Saleta deciden vivir na Coruña, onde pasa os seus últimos anos e onde manterá unha tertulia no Kirs. Tamén manterá o seu activismo cultural, político e social até o final.
  • 32. Publicará as súas derradeiras obras: Brétemas do muiñeiro, Os carreiros do soño e Elexías á miña vida pequeniña. En 2001 publícase a súa Obra Poética Completa, da man da editorial Espiral Maior, que dirixe Miguel Anxo Fernán Vello.
  • 33. Os meus inimigos cando falan de min poñen xofre nas súas verbas, tan íntimas, tan sinxelas, tan saídas dese anaco de carne que leva por nome corazón. E eu case son feliz coas súas intrigas, coa súa dozura, coa súa morte que non ma dan a min por covardía. O seu sorriso amargo esvara pola miña carne como un peixe, e as súas frases amarelas finxen rosas cando me chaman amorosamente "meu querido amigo“. Eu e mais eles imos andando distraídos pola vida, imos ao mesmo café, ao mesmo cinema, e agachamos as mesmas mentiras debaixo dos mesmos estúpidos sorrisos: e ás veces até me convidan a fumar cerimoniosamente. Os meus inimigos cando me acoitelen aínda me han de seguir chamando "meu querido amigo".
  • 34. O 8 de setembro de 2004 falece na Coruña. O seu corpo foi velado no Panteón de Galegos Ilustres e enterrado en Outeiro de Rei no medio dunha multitude de galegos e galegas que quixeron dar o seu derradeiro adeus ao poeta nacional de Galiza. Deixou tras de si arredor de 1500 versos espallados em 49 obras poéticas, 13 narracións, 26 obras dramáticas e 10 ensaios.
  • 35. ENDL do IES Félix Muriel - Rianxo
  • 36.
  • 37.
  • 38. •Para elaborar esta presentación… •Casa Museo Manuel María (Imaxes e contidos) •Real Academia Galega (Biografía) •365 días para Manuel María (Textos) •Son de poetas (Música) Para saber máis… •Primavera das Letras •Mercedes Queixas •Para atopar todos os recursos… •CENDLG