SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 6
Lingua e Literatura Galega   3ºeso



                  ANÁLISE E COMENTARIO DUN TEXTO


OBXECTIVOS:
1. Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade
académica.
2. Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos
distintos contextos da actividade social, laboral e cultural.
3. Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e
analizar información e máis para redactar ou expoñer textos propios do ámbito
académico.
4. Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de
uso lingüístico para comprender textos orais e escritos e máis para escribir e
falar con adecuación, coherencia e corrección.

CONTIDOS:
     1. COMUNICACIÓN.
Tema 2 : Os textos e os seus tipos.

COMPETENCIAS:
    1. C. EN COMUNICACIÓN
          -Saber escoitar.
          - Saber escribir.
          -Saber falar.
                  -Saber ler.
    2. C. PARA APRENDER A APRENDER
          -Ler comprensivamente.
          -Elaborar resumos e esquemas que organicen as ideas.
          -Interpretar as informacións lcas. dos dicionarios.
          -Expor conclusións sobre tarefas académicas...
          -Autocorrección.
          -Autoavaliación e coavaliación.

      3. C. DIXITAL E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN
            -Uso de diccionarios, de enciclopedias e de xornais dixitais.
            -Produción de textos propios tras a selección, análise crítica,
            esquematización e síntese da información.
      4. C. NA AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL
            -Manter unha actitude crítica ante as mensaxes recibidas.
            -Localizar a información.
            -Usar autonomamente os medios de comunicación social (lectura
      do xornal)
      5. C. SOCIAL E CIDADÁ
            -Comentar de xeito crítico distintos tipos de textos (procedentes
            dos medios de comunicación, orais ou escritos)
VOCABULARIO ESPECÍFICO:
-Resumo, sinopse, argumento, esquema, guión.
-Tema. Redacción.
-Título. Subtítulo.
-Comentario crítico.

MATERIAL:
-Textos tirados de libros de texto, de artigos dos xornais, de Internet e de obras
de ensaio.
-Libro de apoio: O Xornal. páx. 23-24, 25; 43-44, 45.

ACTIVIDADES:

   1. Elaboración de resumos, sinopses, argumentos, esquemas, temas,
      comentarios…

   2. Elaboración de definicións adecuadas para o vocabulario específico do
      tema.

   3. Traballo coa prensa cotiá.

AVALIACIÓN: A través de cada unha das actividades.
Lingua e Literatura Galega   3ºeso

                   ANÁLISE E COMENTARIO DUN TEXTO



                          I. O RESUMO / A SÍNTESE

1.- Finalidade

      A finalidade do resumo é reducir a extensión do texto, presentando as
súas ideas esenciais sen comentalas. Debe constituír unha síntese coherente
que posibilite a comprensión global do texto sen recorrer á súa lectura íntegra.
Baséase na identificación do fundamental e no rexeitamento do superfluo ou do
secundario.

2.- Proceso

       a) Lectura comprensiva do texto
       b) Subliñado das súas ideas principais
       c) Elaboración, a partir das ideas seleccionadas, dun novo texto no que
se expoñan, coa maior economía verbal posíbel, os contidos esenciais o texto
a analizar. Nesta fase de redacción, á par do proceso de selección (eliminación
do menos pertinente) será con frecuencia útil o proceso de xeneralización
(substitución de afirmacións particulares por unha máis xeral que as inclúa).
       É fundamental que a redacción do resumo sexa coherente, presentando
unha sintaxe correcta e unha escolla de léxico e textualidade propias dun nivel
de lingua culto.

3.- Erros máis frecuentes

       1. Incorrecta identificación das ideas expostas: destácanse elementos
secundarios en lugar dos principais
       2. Atención irregular ás diversas ideas: o resumo está descompensado,
ao deterse con prolixi-dade nalgunha(s) idea(s) importante(s) e abordar de
maneira demasiado sucinta algunha(s) outras(s)
       3. Extensión insuficiente: non se recollen ideas importantes
       4. Extensión excesiva: recóllense elementos superfluos
       5. Falta de obxectividade: introdúcense comentarios persoais
       6. Inintelixibilidade: o resumo no pode ser entendido sen recorrer ao
texto analizado; o resumo non funciona como elemento autónomo
       7. Falta de elaboración persoal na redacción: o resumo está construído
a partir dunha suma de frases literais do texto, seleccionadas de xeito
discontinuo, sen presentar coherencia interna
       8. Redacción defectuosa:
- Erros de ortografía: acentuación inexistente, puntuación defectuosa, abuso de
abrevia- turas...
- Selección de léxico inadecuada: uso de expresións coloquiais sen xustificar,
repetición de palabras, emprego incorrecto de termos...
- Sintaxe incorrecta: oracións incompletas, existencia de anacolutos...
- Textualidade de desenvolvemento non horizontal: exposición de tipo
esquemático, uso de guións, asteriscos, frechas...
- Deficiente estruturación das ideas: desorde dos contidos, falta de unión entre
as partes...


                                  II. O TEMA

1. Finalidade

       A identificación do tema consiste na síntese condensada nunha ou dúas
liñas do asunto sobre o que trata o texto.

2. Proceso

       Despois dunha lectura comprensiva, trátase de condensar ao máximo a
idea central ao redor da cal xira a totalidade do texto, centrándoa nun único
punto ou, como máximo, en dúas ideas confrontadas en coordinación.
       A expresión do tema pode ser unha oración simple breve. Pero é
normalmente máis recomendábel o uso dunha frase nominal na que o núcleo
apareza precisado por un ou varios modificadores.
Exemplos de temas:
- A insubmisión é unha alternativa lexítima fronte ao abuso de poder do Estado
- O exterminio dos nativos nixerianos como consecuencia dos intereses
internacionais
- A capacidade de creación e destrución do home moderno
- O poder da televisión e a súa incidencia no cambio das condutas sociais

3. Erros máis frecuentes

       1. Identificación do tema cun título ("A insubmisión", "Os nativos
nixerianos", "Creación e destrución", "A televisión")
       2. Extensión excesiva, de xeito que o tema se converte nun pequeno
resumo ("A insub- misión, a pesar de encontrarse á marxe da legalidade, é
unha actitude lexítima porque permite salvagardar o dereito fundamental do
individuo a obrar segundo a súa conciencia e oporse á opresión abusiva dos
resortes do Estado"). En ningún caso debe sobrepasar a extensión de dúas
liñas.
       3. Existencia de varios elementos sen relación aparente ("Os nativos
nixerianos; as relacións internacionais")
       4. Incorrecta identificación da idea central do texto


                                III. O TÍTULO

       A finalidade do título é centrar o contido do texto, sen precisar ningún
tipo de pormenores. De maior brevidade que o tema, unicamente orienta o
lector sobre o asunto que vai ser tratado. Sirvan como exemplos os citados no
apartado (2.3)
IV. O ESQUEMA / A ESTRUTURA
1. Finalidade

       O obxectivo do esquema é presentar de manera visual e sintética a
estrutura dos contidos dun texto. Cando se pregunta pola estrutura pódese
facer tamén referencia aos aspectos tratados no tema Tipos de texto:
analizante, sintetizante, encadrada ou presentación, desenvolvemento,
conclusión. Pero en ningún caso se pode reducir a isto. Hai sempre que
mostrar as relacións de xerarquía existentes entre as diferentes ideas que
conforman o texto.

2. Proceso

        1. Lectura comprensiva do texto e subliñado das ideas principais
        2. Selección das ideas en bruto segundo a súa orde de aparición no
texto
      3. Ordenamento das ideas seleccionadas, facendo notar as relacións
xerárquicas existentes entre elas. A exposición debe ser sintética, con frases
ou oracións que non superen a extensión dunha liña. Nesta fase é
recomendable empregar unha orga- nización numérica que siga o seguinte
modelo:

         1. Idea principal
           1.1. Idea subordinada á principal
           1.2. Idea subordinada á principal
                    1.2.1. Idea subordinada á idea subordinada á principal
         2. Idea principal
                    2.1. Idea subordinada á principal
                  2.2. Idea subordinada á principal

3. Problemas e erros máis frecuentes

       1. Exceso de elementos subliñados
       2. Dificultade para identificar as ideas máis importantes
       3. Incapacidade para estabelecer as relacións existentes entre as
diversas ideas
       4. Uso de frases demasiado longas ou excesivo esquematismo
       5. Esquemas vacíos de contido (do tipo introdución / desenvolvemento /
conclusión)
       6. Descrición das partes do texto seleccionando os elementos principais
na orde en que aparecen no texto, sen expor as conexións existentes entre
eles
       7. Presenza de elementos non verbais (frechas, símbolos diversos) e de
abreviaturas inxustificadas
V. COMENTARIO CRÍTICO
                         (Preparación para 4ºESO)


   1. Finalidade

      No apartado do comentario crítico débense xulgar as afirmacións do
texto e a visión do autor sobre o tema, confrontándoas cos propios
coñecementos e opinións.
      Na exposición do comentario é especialmente importante o coidado da
expresión e da organización das ideas (claridade, distribución de ideas en
parágrafos...)

   2. Proceso

1º) Seleccionar os contidos principais do texto, especialmente aqueles que
presenten unha maior carga polémica (no caso de que non aparezan xa
seleccionados na propia formulación da pregunta: “comentar a seguinte
afirmación/idea/fragmento...”)
 2ºDescifrar e valorar o punto de vista do autor e os mecanismos dos que se
serve para a exposición das súas ideas:

* Manifesta as súas opinións de maneira clara e directa ou a través de
ironía, ambi- güidades, demagoxia, reiteracións, contradiccións...
* Subxectividade ou obxectividade: baséase exclusivamente nas propias
ideas ou presenta datos que testemuñen as súas afirmacións; é parcial ou
imparcial; está ou non directa- mente involucrado no asunto do que fala...
* É rigoroso no tratamento do tema ou incorre en falsidades,
terxiversacións...
* Tenta ou non convencer ao lector, presentando argumentos que o
involucren afectiva- mente
* Aborda o tema de maneira completa ou deixa aspectos esenciais sen
desenvolver

3º) Cotexar as ideas de autor coas propias, mediante un dobre proceso:
      a) Extensión: sen afastarse dos puntos tocados polo autor, presentar
      novas argumentacións que corroboren aquelas afirmacións do autor
      coas que se está de acordo
      b) Confrontación: rebater aquelas ideas ou argumentos cos que se estea
      descon-forme, expoñendo a propia visión razoadamente

3. Erros máis frecuentes

      - Limitarse a realizar unha paráfrase do texto
      - Tomar o texto como pretexto para argumentacións digresivas
      - Comentar aspectos non especificamente de contido
      - Disentir sistematicamente das ideas do autor
      - Ausencia de ideas propias

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a Análise de textos

Comentario crítico
Comentario críticoComentario crítico
Comentario crítico
Marlou
 
Guía como realizar un traballo escrito
Guía como realizar un traballo escritoGuía como realizar un traballo escrito
Guía como realizar un traballo escrito
Ies Faro das lúas
 

Semelhante a Análise de textos (20)

Unha biblioteca con clase
Unha biblioteca con clase Unha biblioteca con clase
Unha biblioteca con clase
 
Comentario de Textos Históricos
Comentario de Textos HistóricosComentario de Textos Históricos
Comentario de Textos Históricos
 
A redacion normas
A redacion normasA redacion normas
A redacion normas
 
Comentario crítico
Comentario críticoComentario crítico
Comentario crítico
 
Secuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na redeSecuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na rede
 
Cómo estudiar un tema
Cómo estudiar un tema Cómo estudiar un tema
Cómo estudiar un tema
 
Construír un texto 3
Construír un texto 3Construír un texto 3
Construír un texto 3
 
Ensaiosubversivo
EnsaiosubversivoEnsaiosubversivo
Ensaiosubversivo
 
Boas Practicas
Boas PracticasBoas Practicas
Boas Practicas
 
Boas prácticas Climantica
Boas prácticas ClimanticaBoas prácticas Climantica
Boas prácticas Climantica
 
O texto expositivo
O texto expositivoO texto expositivo
O texto expositivo
 
O texto expositivo
O texto expositivoO texto expositivo
O texto expositivo
 
Viva o comic 6º (2)
Viva o comic 6º (2)Viva o comic 6º (2)
Viva o comic 6º (2)
 
Comentario de texto
Comentario de textoComentario de texto
Comentario de texto
 
Comprension Lectora Mellora Exitoescolar
Comprension Lectora Mellora ExitoescolarComprension Lectora Mellora Exitoescolar
Comprension Lectora Mellora Exitoescolar
 
Pcpiprogram
PcpiprogramPcpiprogram
Pcpiprogram
 
Guía como realizar un traballo escrito
Guía como realizar un traballo escritoGuía como realizar un traballo escrito
Guía como realizar un traballo escrito
 
Actividades construtivistas con textos 2 (1).pptx
Actividades construtivistas con textos 2 (1).pptxActividades construtivistas con textos 2 (1).pptx
Actividades construtivistas con textos 2 (1).pptx
 
Proxectos e dinamización
Proxectos e dinamizaciónProxectos e dinamización
Proxectos e dinamización
 
Síntese da programación 1º ESO
Síntese da programación 1º ESOSíntese da programación 1º ESO
Síntese da programación 1º ESO
 

Mais de Marlou

Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Marlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Marlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Marlou
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18
Marlou
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negro
Marlou
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Marlou
 

Mais de Marlou (20)

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre Xonxa
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelato
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleres
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
Milicianos
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negro
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en Galiza
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártir
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_Galiza
 
Decembro
DecembroDecembro
Decembro
 

Análise de textos

  • 1. Lingua e Literatura Galega 3ºeso ANÁLISE E COMENTARIO DUN TEXTO OBXECTIVOS: 1. Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade académica. 2. Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural. 3. Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e analizar información e máis para redactar ou expoñer textos propios do ámbito académico. 4. Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico para comprender textos orais e escritos e máis para escribir e falar con adecuación, coherencia e corrección. CONTIDOS: 1. COMUNICACIÓN. Tema 2 : Os textos e os seus tipos. COMPETENCIAS: 1. C. EN COMUNICACIÓN -Saber escoitar. - Saber escribir. -Saber falar. -Saber ler. 2. C. PARA APRENDER A APRENDER -Ler comprensivamente. -Elaborar resumos e esquemas que organicen as ideas. -Interpretar as informacións lcas. dos dicionarios. -Expor conclusións sobre tarefas académicas... -Autocorrección. -Autoavaliación e coavaliación. 3. C. DIXITAL E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN -Uso de diccionarios, de enciclopedias e de xornais dixitais. -Produción de textos propios tras a selección, análise crítica, esquematización e síntese da información. 4. C. NA AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL -Manter unha actitude crítica ante as mensaxes recibidas. -Localizar a información. -Usar autonomamente os medios de comunicación social (lectura do xornal) 5. C. SOCIAL E CIDADÁ -Comentar de xeito crítico distintos tipos de textos (procedentes dos medios de comunicación, orais ou escritos)
  • 2. VOCABULARIO ESPECÍFICO: -Resumo, sinopse, argumento, esquema, guión. -Tema. Redacción. -Título. Subtítulo. -Comentario crítico. MATERIAL: -Textos tirados de libros de texto, de artigos dos xornais, de Internet e de obras de ensaio. -Libro de apoio: O Xornal. páx. 23-24, 25; 43-44, 45. ACTIVIDADES: 1. Elaboración de resumos, sinopses, argumentos, esquemas, temas, comentarios… 2. Elaboración de definicións adecuadas para o vocabulario específico do tema. 3. Traballo coa prensa cotiá. AVALIACIÓN: A través de cada unha das actividades.
  • 3. Lingua e Literatura Galega 3ºeso ANÁLISE E COMENTARIO DUN TEXTO I. O RESUMO / A SÍNTESE 1.- Finalidade A finalidade do resumo é reducir a extensión do texto, presentando as súas ideas esenciais sen comentalas. Debe constituír unha síntese coherente que posibilite a comprensión global do texto sen recorrer á súa lectura íntegra. Baséase na identificación do fundamental e no rexeitamento do superfluo ou do secundario. 2.- Proceso a) Lectura comprensiva do texto b) Subliñado das súas ideas principais c) Elaboración, a partir das ideas seleccionadas, dun novo texto no que se expoñan, coa maior economía verbal posíbel, os contidos esenciais o texto a analizar. Nesta fase de redacción, á par do proceso de selección (eliminación do menos pertinente) será con frecuencia útil o proceso de xeneralización (substitución de afirmacións particulares por unha máis xeral que as inclúa). É fundamental que a redacción do resumo sexa coherente, presentando unha sintaxe correcta e unha escolla de léxico e textualidade propias dun nivel de lingua culto. 3.- Erros máis frecuentes 1. Incorrecta identificación das ideas expostas: destácanse elementos secundarios en lugar dos principais 2. Atención irregular ás diversas ideas: o resumo está descompensado, ao deterse con prolixi-dade nalgunha(s) idea(s) importante(s) e abordar de maneira demasiado sucinta algunha(s) outras(s) 3. Extensión insuficiente: non se recollen ideas importantes 4. Extensión excesiva: recóllense elementos superfluos 5. Falta de obxectividade: introdúcense comentarios persoais 6. Inintelixibilidade: o resumo no pode ser entendido sen recorrer ao texto analizado; o resumo non funciona como elemento autónomo 7. Falta de elaboración persoal na redacción: o resumo está construído a partir dunha suma de frases literais do texto, seleccionadas de xeito discontinuo, sen presentar coherencia interna 8. Redacción defectuosa: - Erros de ortografía: acentuación inexistente, puntuación defectuosa, abuso de abrevia- turas... - Selección de léxico inadecuada: uso de expresións coloquiais sen xustificar, repetición de palabras, emprego incorrecto de termos... - Sintaxe incorrecta: oracións incompletas, existencia de anacolutos...
  • 4. - Textualidade de desenvolvemento non horizontal: exposición de tipo esquemático, uso de guións, asteriscos, frechas... - Deficiente estruturación das ideas: desorde dos contidos, falta de unión entre as partes... II. O TEMA 1. Finalidade A identificación do tema consiste na síntese condensada nunha ou dúas liñas do asunto sobre o que trata o texto. 2. Proceso Despois dunha lectura comprensiva, trátase de condensar ao máximo a idea central ao redor da cal xira a totalidade do texto, centrándoa nun único punto ou, como máximo, en dúas ideas confrontadas en coordinación. A expresión do tema pode ser unha oración simple breve. Pero é normalmente máis recomendábel o uso dunha frase nominal na que o núcleo apareza precisado por un ou varios modificadores. Exemplos de temas: - A insubmisión é unha alternativa lexítima fronte ao abuso de poder do Estado - O exterminio dos nativos nixerianos como consecuencia dos intereses internacionais - A capacidade de creación e destrución do home moderno - O poder da televisión e a súa incidencia no cambio das condutas sociais 3. Erros máis frecuentes 1. Identificación do tema cun título ("A insubmisión", "Os nativos nixerianos", "Creación e destrución", "A televisión") 2. Extensión excesiva, de xeito que o tema se converte nun pequeno resumo ("A insub- misión, a pesar de encontrarse á marxe da legalidade, é unha actitude lexítima porque permite salvagardar o dereito fundamental do individuo a obrar segundo a súa conciencia e oporse á opresión abusiva dos resortes do Estado"). En ningún caso debe sobrepasar a extensión de dúas liñas. 3. Existencia de varios elementos sen relación aparente ("Os nativos nixerianos; as relacións internacionais") 4. Incorrecta identificación da idea central do texto III. O TÍTULO A finalidade do título é centrar o contido do texto, sen precisar ningún tipo de pormenores. De maior brevidade que o tema, unicamente orienta o lector sobre o asunto que vai ser tratado. Sirvan como exemplos os citados no apartado (2.3)
  • 5. IV. O ESQUEMA / A ESTRUTURA 1. Finalidade O obxectivo do esquema é presentar de manera visual e sintética a estrutura dos contidos dun texto. Cando se pregunta pola estrutura pódese facer tamén referencia aos aspectos tratados no tema Tipos de texto: analizante, sintetizante, encadrada ou presentación, desenvolvemento, conclusión. Pero en ningún caso se pode reducir a isto. Hai sempre que mostrar as relacións de xerarquía existentes entre as diferentes ideas que conforman o texto. 2. Proceso 1. Lectura comprensiva do texto e subliñado das ideas principais 2. Selección das ideas en bruto segundo a súa orde de aparición no texto 3. Ordenamento das ideas seleccionadas, facendo notar as relacións xerárquicas existentes entre elas. A exposición debe ser sintética, con frases ou oracións que non superen a extensión dunha liña. Nesta fase é recomendable empregar unha orga- nización numérica que siga o seguinte modelo: 1. Idea principal 1.1. Idea subordinada á principal 1.2. Idea subordinada á principal 1.2.1. Idea subordinada á idea subordinada á principal 2. Idea principal 2.1. Idea subordinada á principal 2.2. Idea subordinada á principal 3. Problemas e erros máis frecuentes 1. Exceso de elementos subliñados 2. Dificultade para identificar as ideas máis importantes 3. Incapacidade para estabelecer as relacións existentes entre as diversas ideas 4. Uso de frases demasiado longas ou excesivo esquematismo 5. Esquemas vacíos de contido (do tipo introdución / desenvolvemento / conclusión) 6. Descrición das partes do texto seleccionando os elementos principais na orde en que aparecen no texto, sen expor as conexións existentes entre eles 7. Presenza de elementos non verbais (frechas, símbolos diversos) e de abreviaturas inxustificadas
  • 6. V. COMENTARIO CRÍTICO (Preparación para 4ºESO) 1. Finalidade No apartado do comentario crítico débense xulgar as afirmacións do texto e a visión do autor sobre o tema, confrontándoas cos propios coñecementos e opinións. Na exposición do comentario é especialmente importante o coidado da expresión e da organización das ideas (claridade, distribución de ideas en parágrafos...) 2. Proceso 1º) Seleccionar os contidos principais do texto, especialmente aqueles que presenten unha maior carga polémica (no caso de que non aparezan xa seleccionados na propia formulación da pregunta: “comentar a seguinte afirmación/idea/fragmento...”) 2ºDescifrar e valorar o punto de vista do autor e os mecanismos dos que se serve para a exposición das súas ideas: * Manifesta as súas opinións de maneira clara e directa ou a través de ironía, ambi- güidades, demagoxia, reiteracións, contradiccións... * Subxectividade ou obxectividade: baséase exclusivamente nas propias ideas ou presenta datos que testemuñen as súas afirmacións; é parcial ou imparcial; está ou non directa- mente involucrado no asunto do que fala... * É rigoroso no tratamento do tema ou incorre en falsidades, terxiversacións... * Tenta ou non convencer ao lector, presentando argumentos que o involucren afectiva- mente * Aborda o tema de maneira completa ou deixa aspectos esenciais sen desenvolver 3º) Cotexar as ideas de autor coas propias, mediante un dobre proceso: a) Extensión: sen afastarse dos puntos tocados polo autor, presentar novas argumentacións que corroboren aquelas afirmacións do autor coas que se está de acordo b) Confrontación: rebater aquelas ideas ou argumentos cos que se estea descon-forme, expoñendo a propia visión razoadamente 3. Erros máis frecuentes - Limitarse a realizar unha paráfrase do texto - Tomar o texto como pretexto para argumentacións digresivas - Comentar aspectos non especificamente de contido - Disentir sistematicamente das ideas do autor - Ausencia de ideas propias