2. O mundo é como un espello: se lle amosas mala cara, poñerache mala cara; sorrí, e sorrirache. —HERBERT SAMUELS
3. Un sorriso é unha luz na ventá da alma que indica que o corazón está na casa. --ANÓNIMO
4. O sorriso é o alumado da cara e a calefacción do corazón. --BÁRBARA JOHNSON
5. Se non empregas o teu sorriso, es como un home cun millón de euros no banco e sen chequeira. —LES GIBLIN
6. Cando sorrimos a alguén, nove de cada dez veces devólvenos o sorriso; ou sexa que, en definitiva, son dúas as persoas ás que comunicamos alegría e cuxa existencia melloramos. —ANÓNIMO Case todo sorriso é produto doutro sorriso. —FRANK A. CLARK
7. Aínda que hai centos de idiomas no mundo, un sorriso fálaos todos. —ANÓNIMO Os sorrisos son a linguaxe do amor. —DAVID HARE
8. Un sorriso vale mil palabras. Custa menos que un quilovatio e aluma moitísimo máis. —ANÓNIMO
9. Sorríámonos uns a outros. Sorrí á túa esposa, ao teu marido, aos teus fillos, a quen sexa. Sorrir axúdanos a medrar en amor polos demais. —MADRE TAREIXA
13. O que en verdade máis contribúe a darlle sentido á vida, o que menos custa e máis vale é un grato sorriso. —WILBUR D. NESBIT Contén bondade e cortesía mesturadas con amor humano. Vale máis que un millón de euros, e non custa nin un céntimo.
14. Os sorrisos teñen o mesmo efecto na humanidade que o sol nas flores. —JOSEPH ADDISON
15. Se luces un sorriso, terás amigos; en cambio, se andas co cello pregado, non terás máis que engurras. Para que estamos se non para facerlles a vida máis doada aos nosos semellantes? —GEORGE ELIOT