SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 3
Baixar para ler offline
Oración a Xesús ante o Belén
Xesús, fillo de María, Fillo de Deus.
A luz de Nadal chegoume como chegou aos pastores e aos
magos de Oriente.
En Belén, na túa carne tan débil, está todo o amor de Deus.
Na túa carne está aquel amor, aquela tenrura, aquela
esperanza confiada que só Deus é capaz de dar.
Mirándoche deitado no pesebre, acompañado do amor de
María e Xosé, quero pór nas túas mans as miñas ilusións e
os meus temores.
E quero pór nas túas mans o mundo enteiro: a quen máis
quero e a quen non coñezo, aos de preto e aos de lonxe, e,
sobre todo, aos que máis sofren.
Xesús, fillo de María, fillo de Deus, ilumínanos coa claridade
do teu amor, ilumina ao mundo enteiro coa claridade do
teu amor.
Bendición da cea de Nadal
Pai: Hoxe celebramos o Nadal, o día en que o teu Fillo, por amor
a nós, fíxose home e naceu de María.
Ese Neno reúnenos nesta noite, ao redor da mesa que imos
compartir cheos de alegría, porque El fainos sentir máis que
nunca, Familia.
Por iso pedímosche, que nos bendigas e bendigas o pan que o teu
Amor nos ofrece.
E pedímosche por aqueles que non teñen pan, casa ou traballo, por
aqueles que non teñen paz, porque lles faltas Ti.
Por mediación de María, rogámosche que o corazón de cada cristián
sexa un humilde pesebre, onde Xesús poida nacer, e así,
superando todo o que nos divide, construamos un mundo de
irmáns.
Evanxeo
25-dec-2016
Nadal-A
Nadal: Xesús é o MELLOR AGASALLO.
Faise agasallo, cercanía, luz.
1.Ver: O Nadal
-O nadal son días de vacacións, son días de alegría, de panxoliñas,
reunímonos a familia, adornamos a rúa e as igrexas con
nacementos.
-Estes días recibimos agasallos, todos feitos con ilusión e agarimo.
Pero, que é o fundamental do nadal?
2. XULGAR: Deus faise, cercanía, luz
+ No evanxeo deste domingo expresa Xoán que é o esencial do nadal.
Nela celebramos que "O verbo (Deus) era a luz verdadeira, fíxose
carne e que campou entre nós".
+QUE NOS QUIERE DICIR XESÚS?
-Pensade en alguén que vos gustaría que vos visitase estes días e por
que. Pensade tamén un agasallo que vos gustaría recibir.
-Xesús é o AGASALLO do nadal, o mellor agasallo. Deus faise neno
tenro, indefenso. Quere ser agasallo para todos, e tráenos a
salvación, a alegría e a paz.
-Xesús faise COMPAÑEIRO, AMIGO PRÓXIMO. Quere estar ao noso
lado en todas as circunstancias da nosa vida, rir as nosas alegrías,
axudarnos nas dificultades... este é o misterio da encarnación.
-Xesús faise LUZ, a luz do mundo, a luz que nos guía para que xa non
andemos na escuridade senón que vaiamos polo bo camiño.
Como vivir a alegría do evanxeo? Que podemos compartir?
3. ACTUAR: Se alegre, comparte
-Comentamos que o esencial do nadal é que celebramos que vén
Xesús, o mellor agasallo e facémosllo ver aos nosos familiares e
amigos.
-Tratamos de entrar no misterio de Belén, de mirar ao neno do
pesebre e pedímoslle a Xesús que lle sintamos sempre como amigo
próximo, compañeiro, luz e forza.
-Facemos un belén vivente representando o nacemento de Xesús.
-Na parroquia o día 25 bendicimos o belén e encargámonos de
rezar a oración de noiteboa e bendicir a mesa na casa.
ISAÍAS 52, 7-10: Todos os pobos da terra percibirán
a salvación do noso Deus
Que fermosos son sobre os montes os pés do mensaxeiro
de boas novas, que anuncia a fartura, que proclama a
felicidade, que pregoa a salvación, que di: "Sión, o teu
Deus reina! Un grito! Os teus vixías levantan a voz, berran
xubilosos a un tempo: "Todos os ollos contemplarán a
volta do Señor a Sión". Berrade a coro con xúbilo,
ruínas de Xerusalén, que o Señor consolou o seu pobo,
redimiu Xerusalén. O Señor remangou o seu brazo santo
aos ollos de todos os pobos, e todos os confíns da terra
viron a salvación do noso Deus".
 SAL. 97: R/. Os confíns todos da terra percibiron
a vitoria do noso Deus.
HEBREOS 1, 1-6: Deus falounos por medio do
Fillo.
SAN XOÁN 1, 1-5. 9-14 (BREVE): O Verbo fíxose
carne e habitou entre nós.
No principio existía a Palabra, e a Palabra estaba onda
Deus, e a Palabra era Deus.Ela estaba no principio onda
Deus.Todo foi feito por ela,e sen ela non se fixo nada do
que foi feito. Nela estaba a vida,e a vida era a luz dos
homes; a luz aluma na tebra,e a tebra non a deu apagado.
Houbo un homemandado por Deus: o seu nome era Xoán.
Este veu de testemuña para dar testemuño da luz, para que
todos cresen por el. Non era el a luz, senón que veu para
dar testemuño da luz. A Palabra era a verdadeira luz que
aluma a todo home que vén a este mundo. Ela estaba no
mundo, e o mundo foi feito por ela, pero o mundo non a
recoñeceu. Veu á súa propiedade, e os seus non a
acolleron. Pero a cantos a recibiron- aos que cren no seu
nome -deulles o poder de seren fillos de Deus. Estes, non
naceron do sangue, nin da vontade da carne,nin da
vontade do home, senón de Deus.E a Palabra fíxose carne,
e plantou entre nós a súa tenda,e nós vimos a súa
gloria,gloria coma de Unixénito que vén do Pai, cheo de
graza e de verdade. Xoán dá testemuño del, exclamando:
Este évos de quen eu dixen: "O que vén detrás miña, pasa
diante miña, pois existía primeiro ca min". E da súa
abundancia recibimos todos nósgraza e máis graza. Pois a
Lei deuse por medio de Moisés; a graza e a verdade
realizáronse por Xesús Cristo. A Deus ninguén o viu; o
Unixénito, que está no seo do Pai, foi quen nolo revelou.
Evanxeo de nadal a

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

12º domingo tob 2012 natividade de s. xoán bautista
12º domingo tob 2012 natividade de s. xoán bautista12º domingo tob 2012 natividade de s. xoán bautista
12º domingo tob 2012 natividade de s. xoán bautistaNuria M Núñez Elissetche
 

Mais procurados (20)

Pv decembro 2012
Pv decembro 2012Pv decembro 2012
Pv decembro 2012
 
1 nadal b 2011 natividade do señor
1 nadal  b 2011 natividade do señor1 nadal  b 2011 natividade do señor
1 nadal b 2011 natividade do señor
 
9 trindade 2015 b bene pagola
9 trindade 2015 b   bene pagola9 trindade 2015 b   bene pagola
9 trindade 2015 b bene pagola
 
2 sagrada familia a 2013
2 sagrada familia a 20132 sagrada familia a 2013
2 sagrada familia a 2013
 
Figuras e profetas do advento
Figuras e profetas do adventoFiguras e profetas do advento
Figuras e profetas do advento
 
4º advento c 2012
4º advento c 20124º advento c 2012
4º advento c 2012
 
Nadal bautismo do señor ciclo b 2012
Nadal bautismo do señor ciclo  b  2012Nadal bautismo do señor ciclo  b  2012
Nadal bautismo do señor ciclo b 2012
 
3 santa maría nai de deus 2017 b
3 santa maría nai de deus  2017 b3 santa maría nai de deus  2017 b
3 santa maría nai de deus 2017 b
 
4º advento c 2015
4º advento  c  20154º advento  c  2015
4º advento c 2015
 
3º domingo tob 2015
3º domingo tob 20153º domingo tob 2015
3º domingo tob 2015
 
A inmaculada 3
A inmaculada 3A inmaculada 3
A inmaculada 3
 
Aleluia! resucitou o señor!
Aleluia! resucitou o señor!Aleluia! resucitou o señor!
Aleluia! resucitou o señor!
 
4domadviento
4domadviento4domadviento
4domadviento
 
12º domingo tob 2012 natividade de s. xoán bautista
12º domingo tob 2012 natividade de s. xoán bautista12º domingo tob 2012 natividade de s. xoán bautista
12º domingo tob 2012 natividade de s. xoán bautista
 
Vida de san xosé
Vida de san xoséVida de san xosé
Vida de san xosé
 
1º advento b inmaculada 2017
1º advento b inmaculada 20171º advento b inmaculada 2017
1º advento b inmaculada 2017
 
2º advento b 2014 bene pagola
2º advento  b  2014  bene pagola2º advento  b  2014  bene pagola
2º advento b 2014 bene pagola
 
Felicitación de nadal 1
Felicitación de nadal 1Felicitación de nadal 1
Felicitación de nadal 1
 
33º domingo tob 2015
33º domingo tob  201533º domingo tob  2015
33º domingo tob 2015
 
7º santísima trindade c 2016 bene pagola
7º santísima trindade  c 2016 bene pagola7º santísima trindade  c 2016 bene pagola
7º santísima trindade c 2016 bene pagola
 

Destaque

Adoracion 23 marzo._2014 samaria, samaritana, mision
Adoracion 23 marzo._2014 samaria, samaritana, misionAdoracion 23 marzo._2014 samaria, samaritana, mision
Adoracion 23 marzo._2014 samaria, samaritana, misionEdma Torres
 
N 07 Lucha Poder S E F
N 07  Lucha  Poder  S E FN 07  Lucha  Poder  S E F
N 07 Lucha Poder S E Fchucho1943
 
III domingo de cuaresma a- samaritana 24febrero 08
III domingo de cuaresma  a- samaritana 24febrero 08III domingo de cuaresma  a- samaritana 24febrero 08
III domingo de cuaresma a- samaritana 24febrero 08pacomaestro
 
Evangelio 3semana cuaresma-a-samaritana
Evangelio 3semana cuaresma-a-samaritanaEvangelio 3semana cuaresma-a-samaritana
Evangelio 3semana cuaresma-a-samaritanacatequesissantiago
 
III Domingo de Cuaresma - ciclo a
III Domingo de Cuaresma - ciclo aIII Domingo de Cuaresma - ciclo a
III Domingo de Cuaresma - ciclo aCarina Giles
 
Semana santa tema 6 - samaritana y jesus
Semana santa   tema 6 - samaritana y jesusSemana santa   tema 6 - samaritana y jesus
Semana santa tema 6 - samaritana y jesusNovo Tempo
 
La samaritana.
La samaritana.La samaritana.
La samaritana.josezarra
 
La samaritana
La samaritanaLa samaritana
La samaritanaaldogil01
 
1. jesús y la samaritana
1. jesús y la samaritana1. jesús y la samaritana
1. jesús y la samaritanalilicrima
 
EXODO CAP. 4:1-17 (Ex. No. 4A) LAS OBJECIONES DE MOISES AL LLAMADO DE DIOS
EXODO CAP. 4:1-17 (Ex. No. 4A) LAS OBJECIONES DE MOISES AL LLAMADO DE DIOSEXODO CAP. 4:1-17 (Ex. No. 4A) LAS OBJECIONES DE MOISES AL LLAMADO DE DIOS
EXODO CAP. 4:1-17 (Ex. No. 4A) LAS OBJECIONES DE MOISES AL LLAMADO DE DIOSCPV
 
Qué sucede cuando Dios se enoja
Qué sucede cuando Dios se enojaQué sucede cuando Dios se enoja
Qué sucede cuando Dios se enojabalbontin
 
Jesús y la mujer samaritana
Jesús y la mujer samaritanaJesús y la mujer samaritana
Jesús y la mujer samaritanaRaul Ccrs
 
ENSEÑANZAS DEL ENCUENTRO DE NUESTRO SEÑOR JESUCRISTO CON LA MUJER SAMARITANA.
ENSEÑANZAS DEL ENCUENTRO DE NUESTRO SEÑOR JESUCRISTO CON LA MUJER SAMARITANA.ENSEÑANZAS DEL ENCUENTRO DE NUESTRO SEÑOR JESUCRISTO CON LA MUJER SAMARITANA.
ENSEÑANZAS DEL ENCUENTRO DE NUESTRO SEÑOR JESUCRISTO CON LA MUJER SAMARITANA.JORGE ALVITES
 
Las excusas de moises
Las  excusas de moisesLas  excusas de moises
Las excusas de moisespastorandres
 

Destaque (20)

Samaritana
SamaritanaSamaritana
Samaritana
 
Adoracion 23 marzo._2014 samaria, samaritana, mision
Adoracion 23 marzo._2014 samaria, samaritana, misionAdoracion 23 marzo._2014 samaria, samaritana, mision
Adoracion 23 marzo._2014 samaria, samaritana, mision
 
N 07 Lucha Poder S E F
N 07  Lucha  Poder  S E FN 07  Lucha  Poder  S E F
N 07 Lucha Poder S E F
 
Vuelvete al señor
Vuelvete al señorVuelvete al señor
Vuelvete al señor
 
III domingo de cuaresma a- samaritana 24febrero 08
III domingo de cuaresma  a- samaritana 24febrero 08III domingo de cuaresma  a- samaritana 24febrero 08
III domingo de cuaresma a- samaritana 24febrero 08
 
Evangelio 3semana cuaresma-a-samaritana
Evangelio 3semana cuaresma-a-samaritanaEvangelio 3semana cuaresma-a-samaritana
Evangelio 3semana cuaresma-a-samaritana
 
Lucha por el poder
Lucha por el poderLucha por el poder
Lucha por el poder
 
Jesús le revelo a la samaritana que el era el Mesias
Jesús le revelo a la samaritana que el  era el MesiasJesús le revelo a la samaritana que el  era el Mesias
Jesús le revelo a la samaritana que el era el Mesias
 
III Domingo de Cuaresma - ciclo a
III Domingo de Cuaresma - ciclo aIII Domingo de Cuaresma - ciclo a
III Domingo de Cuaresma - ciclo a
 
Semana santa tema 6 - samaritana y jesus
Semana santa   tema 6 - samaritana y jesusSemana santa   tema 6 - samaritana y jesus
Semana santa tema 6 - samaritana y jesus
 
La samaritana.
La samaritana.La samaritana.
La samaritana.
 
47 la mujer samaritana
47 la mujer samaritana47 la mujer samaritana
47 la mujer samaritana
 
La samaritana
La samaritanaLa samaritana
La samaritana
 
1. jesús y la samaritana
1. jesús y la samaritana1. jesús y la samaritana
1. jesús y la samaritana
 
Sesión 09 edurel quinto primaria
Sesión 09 edurel quinto primariaSesión 09 edurel quinto primaria
Sesión 09 edurel quinto primaria
 
EXODO CAP. 4:1-17 (Ex. No. 4A) LAS OBJECIONES DE MOISES AL LLAMADO DE DIOS
EXODO CAP. 4:1-17 (Ex. No. 4A) LAS OBJECIONES DE MOISES AL LLAMADO DE DIOSEXODO CAP. 4:1-17 (Ex. No. 4A) LAS OBJECIONES DE MOISES AL LLAMADO DE DIOS
EXODO CAP. 4:1-17 (Ex. No. 4A) LAS OBJECIONES DE MOISES AL LLAMADO DE DIOS
 
Qué sucede cuando Dios se enoja
Qué sucede cuando Dios se enojaQué sucede cuando Dios se enoja
Qué sucede cuando Dios se enoja
 
Jesús y la mujer samaritana
Jesús y la mujer samaritanaJesús y la mujer samaritana
Jesús y la mujer samaritana
 
ENSEÑANZAS DEL ENCUENTRO DE NUESTRO SEÑOR JESUCRISTO CON LA MUJER SAMARITANA.
ENSEÑANZAS DEL ENCUENTRO DE NUESTRO SEÑOR JESUCRISTO CON LA MUJER SAMARITANA.ENSEÑANZAS DEL ENCUENTRO DE NUESTRO SEÑOR JESUCRISTO CON LA MUJER SAMARITANA.
ENSEÑANZAS DEL ENCUENTRO DE NUESTRO SEÑOR JESUCRISTO CON LA MUJER SAMARITANA.
 
Las excusas de moises
Las  excusas de moisesLas  excusas de moises
Las excusas de moises
 

Semelhante a Evanxeo de nadal a (20)

CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
CELEBRACIÓN 26 DE ABRILCELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
 
Ramos na casa 2020 parroquia os tilos
Ramos na casa 2020 parroquia os tilosRamos na casa 2020 parroquia os tilos
Ramos na casa 2020 parroquia os tilos
 
2º nadal sda. familia b 2011
2º nadal sda. familia  b  20112º nadal sda. familia  b  2011
2º nadal sda. familia b 2011
 
Boletin decembro 2015
Boletin decembro 2015Boletin decembro 2015
Boletin decembro 2015
 
Cancioneiro galego
Cancioneiro galegoCancioneiro galego
Cancioneiro galego
 
17º domingo toc 2013 noso pai
17º domingo toc 2013 noso pai17º domingo toc 2013 noso pai
17º domingo toc 2013 noso pai
 
5 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 20185 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 2018
 
Nadal para todos
Nadal para todosNadal para todos
Nadal para todos
 
Nadal para todos
Nadal para todosNadal para todos
Nadal para todos
 
Canto de nadal
Canto de nadalCanto de nadal
Canto de nadal
 
Credo 1
Credo 1Credo 1
Credo 1
 
Credo 1
Credo 1Credo 1
Credo 1
 
Canto de nadal
Canto de nadalCanto de nadal
Canto de nadal
 
Inmaculada c 2012 bene dioni
Inmaculada c 2012 bene dioniInmaculada c 2012 bene dioni
Inmaculada c 2012 bene dioni
 
2 nadal sda. familia 2014 b
2 nadal sda. familia 2014  b2 nadal sda. familia 2014  b
2 nadal sda. familia 2014 b
 
María no evanxeo
María no evanxeoMaría no evanxeo
María no evanxeo
 
Boletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 newBoletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 new
 
12º domingo toc 2016 pagola
12º domingo toc 2016 pagola12º domingo toc 2016 pagola
12º domingo toc 2016 pagola
 
2 sagrada familia 2017 b
2 sagrada familia 2017  b2 sagrada familia 2017  b
2 sagrada familia 2017 b
 
Coroa de advento a
Coroa de advento aCoroa de advento a
Coroa de advento a
 

Mais de Nuria M Núñez Elissetche (20)

A terra que canta
A terra que cantaA terra que canta
A terra que canta
 
Co tempo
Co tempoCo tempo
Co tempo
 
Dom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagolaDom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagola
 
Domingo 16 ord b
Domingo 16 ord bDomingo 16 ord b
Domingo 16 ord b
 
1º coresma b 2018
1º coresma b 20181º coresma b 2018
1º coresma b 2018
 
6º domingo tob 2018 bene pagola
6º domingo tob 2018  bene  pagola6º domingo tob 2018  bene  pagola
6º domingo tob 2018 bene pagola
 
6º domingo tob 2018
6º domingo tob 20186º domingo tob 2018
6º domingo tob 2018
 
O xardín
O xardínO xardín
O xardín
 
5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola
 
5º domingo tob 2018
5º domingo tob  20185º domingo tob  2018
5º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018
4º domingo tob 20184º domingo tob 2018
4º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018 bene pagola
4º domingo tob 2018  bene pagola4º domingo tob 2018  bene pagola
4º domingo tob 2018 bene pagola
 
Ruxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundoRuxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundo
 
2º domingo tob 2018
2º domingo tob 20182º domingo tob 2018
2º domingo tob 2018
 
2º domingo tob 2018 bene pagola
2º domingo tob  2018  bene pagola2º domingo tob  2018  bene pagola
2º domingo tob 2018 bene pagola
 
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
 
4 epifania b 2018
4 epifania b 20184 epifania b 2018
4 epifania b 2018
 
2º advento 2017 b
2º advento 2017 b2º advento 2017 b
2º advento 2017 b
 
1º domingo advento b
1º domingo advento b1º domingo advento b
1º domingo advento b
 
17º domingo toa 2017 bene pagola
17º domingo toa 2017 bene pagola17º domingo toa 2017 bene pagola
17º domingo toa 2017 bene pagola
 

Evanxeo de nadal a

  • 1. Oración a Xesús ante o Belén Xesús, fillo de María, Fillo de Deus. A luz de Nadal chegoume como chegou aos pastores e aos magos de Oriente. En Belén, na túa carne tan débil, está todo o amor de Deus. Na túa carne está aquel amor, aquela tenrura, aquela esperanza confiada que só Deus é capaz de dar. Mirándoche deitado no pesebre, acompañado do amor de María e Xosé, quero pór nas túas mans as miñas ilusións e os meus temores. E quero pór nas túas mans o mundo enteiro: a quen máis quero e a quen non coñezo, aos de preto e aos de lonxe, e, sobre todo, aos que máis sofren. Xesús, fillo de María, fillo de Deus, ilumínanos coa claridade do teu amor, ilumina ao mundo enteiro coa claridade do teu amor. Bendición da cea de Nadal Pai: Hoxe celebramos o Nadal, o día en que o teu Fillo, por amor a nós, fíxose home e naceu de María. Ese Neno reúnenos nesta noite, ao redor da mesa que imos compartir cheos de alegría, porque El fainos sentir máis que nunca, Familia. Por iso pedímosche, que nos bendigas e bendigas o pan que o teu Amor nos ofrece. E pedímosche por aqueles que non teñen pan, casa ou traballo, por aqueles que non teñen paz, porque lles faltas Ti. Por mediación de María, rogámosche que o corazón de cada cristián sexa un humilde pesebre, onde Xesús poida nacer, e así, superando todo o que nos divide, construamos un mundo de irmáns. Evanxeo 25-dec-2016 Nadal-A
  • 2. Nadal: Xesús é o MELLOR AGASALLO. Faise agasallo, cercanía, luz. 1.Ver: O Nadal -O nadal son días de vacacións, son días de alegría, de panxoliñas, reunímonos a familia, adornamos a rúa e as igrexas con nacementos. -Estes días recibimos agasallos, todos feitos con ilusión e agarimo. Pero, que é o fundamental do nadal? 2. XULGAR: Deus faise, cercanía, luz + No evanxeo deste domingo expresa Xoán que é o esencial do nadal. Nela celebramos que "O verbo (Deus) era a luz verdadeira, fíxose carne e que campou entre nós". +QUE NOS QUIERE DICIR XESÚS? -Pensade en alguén que vos gustaría que vos visitase estes días e por que. Pensade tamén un agasallo que vos gustaría recibir. -Xesús é o AGASALLO do nadal, o mellor agasallo. Deus faise neno tenro, indefenso. Quere ser agasallo para todos, e tráenos a salvación, a alegría e a paz. -Xesús faise COMPAÑEIRO, AMIGO PRÓXIMO. Quere estar ao noso lado en todas as circunstancias da nosa vida, rir as nosas alegrías, axudarnos nas dificultades... este é o misterio da encarnación. -Xesús faise LUZ, a luz do mundo, a luz que nos guía para que xa non andemos na escuridade senón que vaiamos polo bo camiño. Como vivir a alegría do evanxeo? Que podemos compartir? 3. ACTUAR: Se alegre, comparte -Comentamos que o esencial do nadal é que celebramos que vén Xesús, o mellor agasallo e facémosllo ver aos nosos familiares e amigos. -Tratamos de entrar no misterio de Belén, de mirar ao neno do pesebre e pedímoslle a Xesús que lle sintamos sempre como amigo próximo, compañeiro, luz e forza. -Facemos un belén vivente representando o nacemento de Xesús. -Na parroquia o día 25 bendicimos o belén e encargámonos de rezar a oración de noiteboa e bendicir a mesa na casa. ISAÍAS 52, 7-10: Todos os pobos da terra percibirán a salvación do noso Deus Que fermosos son sobre os montes os pés do mensaxeiro de boas novas, que anuncia a fartura, que proclama a felicidade, que pregoa a salvación, que di: "Sión, o teu Deus reina! Un grito! Os teus vixías levantan a voz, berran xubilosos a un tempo: "Todos os ollos contemplarán a volta do Señor a Sión". Berrade a coro con xúbilo, ruínas de Xerusalén, que o Señor consolou o seu pobo, redimiu Xerusalén. O Señor remangou o seu brazo santo aos ollos de todos os pobos, e todos os confíns da terra viron a salvación do noso Deus".  SAL. 97: R/. Os confíns todos da terra percibiron a vitoria do noso Deus. HEBREOS 1, 1-6: Deus falounos por medio do Fillo. SAN XOÁN 1, 1-5. 9-14 (BREVE): O Verbo fíxose carne e habitou entre nós. No principio existía a Palabra, e a Palabra estaba onda Deus, e a Palabra era Deus.Ela estaba no principio onda Deus.Todo foi feito por ela,e sen ela non se fixo nada do que foi feito. Nela estaba a vida,e a vida era a luz dos homes; a luz aluma na tebra,e a tebra non a deu apagado. Houbo un homemandado por Deus: o seu nome era Xoán. Este veu de testemuña para dar testemuño da luz, para que todos cresen por el. Non era el a luz, senón que veu para dar testemuño da luz. A Palabra era a verdadeira luz que aluma a todo home que vén a este mundo. Ela estaba no mundo, e o mundo foi feito por ela, pero o mundo non a recoñeceu. Veu á súa propiedade, e os seus non a acolleron. Pero a cantos a recibiron- aos que cren no seu nome -deulles o poder de seren fillos de Deus. Estes, non naceron do sangue, nin da vontade da carne,nin da vontade do home, senón de Deus.E a Palabra fíxose carne, e plantou entre nós a súa tenda,e nós vimos a súa gloria,gloria coma de Unixénito que vén do Pai, cheo de graza e de verdade. Xoán dá testemuño del, exclamando: Este évos de quen eu dixen: "O que vén detrás miña, pasa diante miña, pois existía primeiro ca min". E da súa abundancia recibimos todos nósgraza e máis graza. Pois a Lei deuse por medio de Moisés; a graza e a verdade realizáronse por Xesús Cristo. A Deus ninguén o viu; o Unixénito, que está no seo do Pai, foi quen nolo revelou.