2. Ola! Son un can guía e quero ensinarte como debes actuar cando te atopes comigo en compañía do meu amo cego.
3. Antes que nada, déixame dicirche que son un can de traballo, non unha mascota. Canto máis me ignores, mellor será para o meu amo e para min.
4. O meu comportamento e o meu trato son totalmente diferentes aos doutros cans e debo ser respectado na miña dobre función de guía e fiel compañeiro do meu amo cego.
5. Por favor, non me toques nin me aloumiñes cando me encontre traballando, ou sexa cando me vexas co arnés posto. Se o fas pódome distraer e eu non debo fallar xamais.
6. O máis axeitado, daquela, é ignorarme. Pero non por iso vaias sentir temor ningún! Os cans guía estamos adestrados e nunca seriamos capaces de facerche dano sen motivo.
7. Eso si. Se traes contigo outro can, por favor, contrólao para evitar que chegue a producirse algún accidente cando pase ao meu lado ou ao lado do meu amo cego.
8. Por favor, non me ofrezas lambetadas nin alimentos: o meu amo cego xa se encarga diso con esmero. Estou ben alimentado e teño un horario prefixado para ir comer.
9. Cando te dirixas a unha persoa cega que se acompaña por un can guía coma min, fálalle directamente a el e non a min.
10. Se un cego con can guía chegase a solicitarche axuda, achégate polo lado dereito, de modo que eu quede á esquerda.
11. Ordenarame entón que te siga, ou ben pedirache que lle ofrezas o teu cóbado esquerdo. En tal caso ha facerme un sinal para indicarme que estou temporalmente fóra de servizo.
12. Se un cego con can guía te pregunta direccións, dálle indicacións claras do sentido en que debe xirar ou seguir para situarse no lugar ao que se dirixe.
13. Non corras nin tomes do brazo a unha persoa cega en compañía dun can guía sen antes falarlle. Tampouco toques o meu arnés, xa que o mesmo é só para o amo cego a quen acompaño.
14. Os cans guía temos lugares e horarios predeterminados para evacuar os nosos esfínteres.
15. Eu, como can guía, estou habituado para viaxar en todo medio de transporte, colocado aos pés do meu amo cego sen causar molestias aos pasaxeiros, tanto dentro como fóra do país.
16. En virtude do seu riguroso adestramento, os cans guía están habituados e capacitados para acceder e permanecer xunto aos seus respectivos amos en todo tipo de establecementos, tanto de saúde como en centros comerciais, restaurantes, supermercados, cafeterías, cines, teatros, centros de estudo ou traballo, etc., sen causar alteración ao normal funcionamento dos mesmos nin molestias ao persoal ou ao público.
17. Nos lugares de traballo, os usuarios de cans guía encóntranse capacitados para exercer as súas funcións con eles ao seu lado. Acorde ao adestramento que reciben, os cans guía nunca vagan ao seu arbitrio polos recintos, senón que permanecen situados aos pés do seu amo cego. Os cans guía teñen o mesmo dereito que estes para gozar de libre acceso a todos os lugares públicos.