1. Música: Mozart, Sinfonia, 11
Presentación: B. Areskurrinaga HC
Euskaraz. D. Amundarain
José Antonio Pagola
10 maio 2015
6º Pascua
Xoán 15, 9-17
Non
desviarnos do
Amor
2. O evanxelista Xoán pon na boca de Xesús
un longo discurso de despedida no que se recollen
cunha intensidade especial algúns trazos
fundamentais que recordarán os seus discípulos
ao longo dos tempos, para ser fieis á súa persoa e
ao seu proxeecto.
Tamén nos nosos días.
3. ««Permanecede no meu amorPermanecede no meu amor».».
É o primeiro. Non se trata só de vivir nunha
relixión, senón de vivir no amor con que nos
ama Xesús, o amor que recibe do Pai.
4. Ser cristián non é, en primeiro lugar, un asunto doutrinal,
senón unha cuestión de amor.
Ao longo dos séculos, os discípulos coñecerán incertezas,
conflitos e dificultades de toda orde.
O importante será sempre non desviarse do amor.
5. Permanecer no amor de Xesús non é
algo teórico nin baleiro de contido.
Consiste en
«gardar os seus mandamentos»,
que El mesmo resume enseguida no
mandato do amor fraterno:
«Este é o meu mandamento;
que vos amedes uns a outros
como eu vos amei».
6. O cristián encontraO cristián encontra
na súa relixión moitos mandamentos.na súa relixión moitos mandamentos.
A súa orixe, a súa natureza e a súaA súa orixe, a súa natureza e a súa
importancia son diversos e desiguais.importancia son diversos e desiguais.
Co paso do tempo, as normasCo paso do tempo, as normas
multiplícanse.multiplícanse.
7. Só do mandato do amor di Xesús:Só do mandato do amor di Xesús:
««Este mandato é o meuEste mandato é o meu».».
En calquera época e situación, oEn calquera época e situación, o
decisivo para o cristianismo é nondecisivo para o cristianismo é non
saírse do amor fraterno.saírse do amor fraterno.
8. Xesús non presenta este mandato do amor comoXesús non presenta este mandato do amor como
unha lei que ha de rexer a nosa vida facéndoa máisunha lei que ha de rexer a nosa vida facéndoa máis
dura e pesada, senón como unha fonte de ledicia:dura e pesada, senón como unha fonte de ledicia:
««Fálavos disto para que a miña alegría esteaFálavos disto para que a miña alegría estea
en vós e a vosa alegría chegue á plenitudeen vós e a vosa alegría chegue á plenitude».».
9. Cando entre nós falta
verdadeiro amor, créase
un baleiro que nada nin
ninguén pode encher de
ledicia.
10. Sen amor non é posible dar pasos cara a unSen amor non é posible dar pasos cara a un
cristianismo máis aberto, cordial, alegre, sinxelocristianismo máis aberto, cordial, alegre, sinxelo
e amable onde poidamos vivir como «e amable onde poidamos vivir como «amigosamigos» de» de
Xesús, segundo a expresión evanxélica.Xesús, segundo a expresión evanxélica.
11. Non saberemos como xerar ledicia.Non saberemos como xerar ledicia.
Aínda sen querelo, seguiremosAínda sen querelo, seguiremos
cultivando un cristianismo triste,cultivando un cristianismo triste,
cheo de queixas, resentimentos,cheo de queixas, resentimentos,
lamentos e desazón.lamentos e desazón.
12. Ao noso cristianismo fáltalle, con
frecuencia, a alegría do que se fai e
se vive con amor.
13. Ao noso seguimento de XesucristoAo noso seguimento de Xesucristo
fáltalle o entusiasmo da innovación, efáltalle o entusiasmo da innovación, e
sóbralle a tristeza do que se repite sen asóbralle a tristeza do que se repite sen a
convicción de estar reproducindo o queconvicción de estar reproducindo o que
Xesús quería de nós.Xesús quería de nós.
14. NON DESVIARNOS DO AMOR
O evanxelista Xoán pon na boca de Xesús un longo discurso de despedida no que se
recollen cunha intensidade especial algúns trazos fundamentais que recordarán os seus
discípulos ao longo dos tempos, para ser fieis á súa persoa e ao seu proxecto. Tamén nos nosos
días.
«Permanecede no meu amor». É o primeiro. Non se trata só de vivir nunha relixión, senón de
vivir no amor con que nos ama Xesús, o amor que recibe do Pai. Ser cristián non é en primeiro
lugar un asunto doutrinal, senón unha cuestión de amor. Ao longo dos séculos, os discípulos
coñecerán incertezas, conflitos e dificultades de toda orde. O importante será sempre non
desviarse do amor.
Permanecer no amor de Xesús non é algo teórico nin baleiro de contido. Consiste en
«gardar os seus mandamentos», que El mesmo resume enseguida no mandato do amor fraterno:
«Este é o meu mandamento; que vos amedes uns a outros como eu vos amei». O cristián
encontra na súa relixión moitos mandamentos. A súa orixe, a súa natureza e a súa importancia
son diversas e desiguais. Co paso do tempo, as normas multiplícanse. Só do mandato do amor di
Xesús: «Este mandato é o meu». En calquera época e situación, o decisivo para o cristianismo é
non saírse do amor fraterno.
Xesús non presenta este mandato do amor como unha lei que ha de rexer a nosa vida
facéndoa máis dura e pesada, senón como unha fonte de ledicia: «Fálovos disto para que a miña
alegría estea en vós e a vosa alegría chegue á plenitude». Cando entre nós falta verdadeiro amor,
créase un baleiro que nada nin ninguén pode encher de ledicia.
Sen amor non é posible dar pasos cara a un cristianismo máis aberto, cordial, alegre,
sinxelo e amable onde poidamos vivir como «amigos» de Xesús, segundo a expresión evanxélica.
Non saberemos como xerar ledicia. Aínda sen querelo, seguiremos cultivando un cristianismo
triste, cheo de queixas, resentimentos, lamentos e desazón.
Ao noso cristianismo fáltalle, con frecuencia, a alegría do que se fai e se vive con amor. Ao
noso seguimento de Xesucristo fáltalle o entusiasmo da innovación, e sóbralle a tristeza do que
se repite sen a convicción de estar reproducindo o que Xesús quería de nós.
José Antonio Pagola